SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 48
Descargar para leer sin conexión
ASOCIACIÓNSOCIOCULTURAL“ASCM”
MEMORIA2012-EIVANº30
2
3
En 1987 nacía en Ferrol a Asociación Sociocultural “ASCM” cun marcado
obxectivo: lograr a plena integración das persoas con discapacidade en
todos os ámbitos. Vintecinco anos despois, a ASCM continúa loitando por
acadar este obxectivo a través da realización de diversas actividades, para
elo ofrecemos servizos de formación, información e integración laboral,
transporte adaptado, accesibilidade, deporte adaptado, e educación entre
outros.
A nosa traxectoria social, aválanos como unha das entidades
pioneiras na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade en
Galicia. A nosa labor veuse recoñecida pola Xunta de Galicia ao declarar
a nosa asociación “de utilidade pública” (DOG mércores 11 de agosto
de 2010 -Orden de 4 de agosto de 2010 Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza).
Con esta memoria anual, a Asociación non só pretende manter
informados aos socios/as dos eventos organizados ano tras ano, senón
que trata tamén de expoñer á cidadanía en xeral as áreas sociais nas
que é necesario seguir traballando. Ademais, neste ano 2012, a ASCM
celebrou o seu 25º aniversario, polo que foi un ano moi especial no que
se levaron a cabo moitas actividades para conmemorar tal data.
Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade, nalgún
momento da nosa vida, xa sexa temporal ou permanente, e porque é unha
realidade que pode cambiar a vida nun segundo: un accidente laboral,
doméstico,de tráfico... pode truncar a nosa forma de ver as cousas.
¡Se te pos nese lugar, quererás apoiar e participar!
ÍNDICE
Quen somos
Saúda do presidente da Deputación
Saúda do presidente	
Xunta directiva
Onde estamos
Accesibilidade
Transporte adaptado
Orientación e intermediación laboral
Educación e formación
Deporte adaptado
25 Aniversario
Voluntariado
Lecer e tempo libre
Muller
Infancia e maiores
Actividades
Información e asesoramento
Divulgación e sensibilización
Financiadores
3
5
6	
7
8
10
12
14
16
20
24
26
30
32
36
38
42
44
46
5
Cada vez que
teño a oportunidade
de compartir algo de
tempo con membros
ou traballadores
da Asociación
Sociocultural de
Minusválidos saco
a mesma conclusión. O moito que son
capaces de facer con tan pouco.
E, agora, despois de coñecer a memoria
das actividades realizadas no ano 2012,
aínda me cambia ese pensamento. Non
sodes capaces de facer moito con pouco,
senónquesodescapacesdefacermoitísimo,
máis do que os demais imaxinamos.
E o facedes por vós, pero tamén por todos
nós, por toda unha sociedade que, a través
do voso traballo desinteresado, vemos como
cada problema se converte nunha solución
e cada obstáculo nun reto que ides superar.
AAsociaciónSocioculturaldeMinusválidos
de Ferrol é hoxe unha referencia para toda
unhacomarcaemesmoparatodaaprovincia
da Coruña. O traballo dos seus membros da
sentido a moitas vidas, a moitas vidas que
atopan no afán de superación un motivo
para seguir adiante, a moitas vidas que
saben que o único reto imposible de superar
é o medo a non conseguir as cousas. Todo
o demais, vós o demostrades, é posible se
hai ganas de facelo.
A Deputación da Coruña sabe do voso
mérito.
O Concello de Ferrol sabe do voso mérito.
E por iso, para recoñecelo, decidimos
que levarades este ano a Insignia de Ouro
da cidade, un premio máis que merecido
e que tan só demostra minimamente o
agradecemento da sociedade a todos vós.
Desde a Deputación da Coruña estamos
convencidos de que a vosa dedicación
merece todo o apoio que desde as
Administracións poidamos ofrecer. Por
iso, estamos encantados de pór o noso
granito de area para que poidades seguir
demostrando, durante moitos anos máis,
que a discapacidade é unha condición e
nunca unha limitación.
Grazas por recordalo cada día.
Diego Calvo Pouso
SAÚDA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN
6
Xa tedes nas vosas mans a memoria
do ano 2012 da ASCM. Un ano moi
especial marcado pola data do noso 25
aniversario.
Un ano máis, aproveito para
agradecervos o apoio prestado nestes
25 anos de traballo a favor das persoas
con discapacidade, 25 anos cheos de
logros que debo compartir con todos
e todas as que deixaron pegada nesta
traxectoria, pois eles son en gran
medida os causantes deste mérito, que
comezou cunha decisión valente, e que
continua co esforzo de moitas persoas
implicadas na causa.
A ASCM aglutina a 2000 socios
e medio centenar de voluntarios e
voluntarias, unha Xunta Directiva
composta por seis persoas, unha
xerente e unha plantilla actual de trece
traballadores e traballadoras, que
traballan ó servizo das persoas con
discapacidade en tarefas moi distintas
e á vez moi necesarias.
Aínda que a meta queda lonxe, xa
está máis preto que onte, pois as
barreiras que non deixan medrar son
as que un mesmo se pon, as que pon a
vida supéranse con esforzo.
As persoas, do mesmo xeito que as
aves, son diferentes no seu voo, pero
iguais no seu dereito a voar. A maior
discapacidade é non darse conta de
que todos e todas somos iguais.
En nome de todas as persoas con
discapacidade membros da ASCM,
dos traballadores e traballadoras, do
grupo de voluntariado, e no meu propio:
¡¡¡GRAZAS!!!
SAÚDA DO
PRESIDENTE
Presidente
Ángel Gárate Roca
Vicepresidente
Manuel S. Rguez
Sanesteban
Tesoureiro
Álvaro Illobre
Saavedra
Secretario
Antonio Vázquez
Deibe
Vogal
Abelardo Teijido
Lage
Vogal
Basilio Durán
Cupeiro
XUNTA
DIRECTIVA
7
8
ONDE ESTAMOS
R/Fernando VI Bloque 2 Baixos 18-19
Tlf: 981 35 14 30 Fax: 981 35 14 50
Email: ascm.ferrol@ascmferrol.com
FERROL
Estrada de Castela 256, Baixo
Tlf: 981 38 53 66 Fax: 981 38 67 22
Email: ascmnaron@ascmferrol.com
NARÓN
9
10
Este servizo, está destinado a
informar, asesorar e desenrolar
actuacións en materia de axudas
técnicas, accesibilidade e eliminación
de barreiras arquitectónicas.
Esta área encárgase de resolver as
dúbidas que teñen os nosos usuarios
con respecto a accesibilidade.
Ademais tamén se estudan e analizan
as diferentes barreiras arquitectónicas
e urbanísticas con que conta a
comarca de Ferrolterra, tanto no
ámbito urbanístico como de transporte,
facendo as oportunas demandas ante
os organismos competentes.
O ámbito de actuación do servizo
de accesibilidade non é por tanto
soamente no campo urbanístico,
seno tamén nas barreiras sociais
que debemos superar realizando
campañas de sensibilización e
concienciación.
O desexo da entidade é o de poder
concienciar á cidadanía en xeral, e
especialmente ás administracións
públicas, sobre a necesidade de facer
unhacidadeaccesible,eliminandoagran
cantidade de barreiras arquitectónicas
que existen na actualidade; rúas con
beirarrúas estreitas por onde non
caben as cadeiras de rodas, beirarrúas
sen acceso ós pasos de peóns, bordos
moi altos, edificios públicos que non
son accesibles…, e un longo etcétera
que temos que intentar eliminar ou polo
menos paliar. Por iso, un dos principais
obxectivos da ASCM é acadar unha
cidade accesible para todos.
A área de accesibilidade tamén
puxo en marcha un blogue no
que se publicarán, entre outras
cousas, as fotografías-denuncia
(accesibilidadascm.blogspot.com).
ACCESIBILIDADE
11
12
A ASCM, coa colaboración dos
Servizos Sociais do Concello de Ferrol,
Narón e a Deputación da Coruña, puxo
en marcha un servizo de transporte
adaptado para o desprazamento das
persoas con movilidade reducida que
non poidan utilizar o transporte público,
atendendo a un total de 387 usuarios.
Durante o ano 2012 realizáronse
diferentes servizos de transporte
para realizar diversos trámites
administrativos e o traslado a varios
centros especializados, o que fomenta
a independencia e autonomía das
persoas con mobilidade reducida.
Cubrindo así o que hoxe en día non
se está a cubrir co transporte público e
atendendo ás necesidades das persoas
con movilidade reducida.
Durante este ano foron 103.000 os
km que se recorreron para dar esta
cobertura.
Obxectivos :
* * Fomentar a independencia e
autonomía das persoas con
mobilidade reducida.
* * Garantir a escolarización das
persoas con mobilidade reducida.
* * Cubrir o servizo que hoxe non
se está cubrindo co transporte
público.
* * Atender as necesidades das
persoas con dificultades para
desprazarse.
TRANSPORTE ADAPTADO
13
14
A “ASCM” considera, dende os seus
comezos, a integración laboral como
un eixe importante para a integración
normalizada e plena das persoas
con discapacidade, apostando na
década dos noventa polo emprego
protexido a través dos Centros
Especiais de Emprego, nos que hoxe
en día están a traballar 43 persoas con
discapacidade, o que supón un 67%
dos empregos existentes. Na comarca
de Ferrolterra, a ASCM creou o 75%
dos centros especiais de emprego.
O servizo ten como obxectivo final
a integración laboral das persoas con
discapacidade na empresa ordinaria,
orientando, asesorando e axudando ás
persoas con discapacidade para a súa
inserción no mundo laboral, e tamén
para ofrecer información ás empresas
sobre os incentivos e subvencións ás
que pode acceder ó contratar a persoas
con discapacidade.
Na actualidade, o servizo céntrase
fundamentalmente en realizar un
estudo individualizado de cada
demandante de emprego, realizar
currículums, orientación formativa e
formación a través da realización de
talleres de inserción laboral.
Tamén actúa de mediador entre
as empresas e os demandantes de
emprego, e ten en marcha un blog de
orientación laboral (http://orientacion-
laboral-ascm.blogspot.com.es/).
Ademais encárgase da busca activa
de ofertas de emprego (na prensa,
Internet, ETTs…).
Aintegraciónlaboraldaspersonascon
discapacidade segue a ser difícil polo
que é todo un reto seguir traballando
cos demandantes de emprego, xa que
actualmente a situación económica é
bastante perxudicial, especialmente
cos colectivos máis vulnerables.
ORIENTACIÓN E
INTERMEDIACIÓN
LABORAL
15
O noso servizo de Orientación e
Intermediación laboral contou en 2012
con 831 persoas con discapacidade
en idade laboral (entre 18-65 anos), e
207 persoas coas que traballamos de
forma constante, das cales 64 están
actualmente traballando.
É moi importante que
as persoas que estén
incluidas na nosa bolsa
de emprego manteñan
sempre actualizados os
datos do seu currículo.
16
Na súa labor de promover a
formación destinada a conseguir a
integración social e laboral, a ASCM
realizou un curso de Cultura Xeral
Básica para Adultos e varios cursos
sobre novas tecnoloxías: introducción
á informática, informática xeral, correo
electrónico e redes sociais; tendo
en conta que nos movemos nunha
sociedade da comunicación onde
as novas tecnoloxías son esenciais,
tanto para comunicación e relacións
sociais, como para atopar traballo
ou realizar trámites administrativos
ou compras online. As persoas con
diversidade funcional seguen sen
estar familiarizadas cos cambios
tecnolóxicos.
As actividades formativas da
ASCM están destinadas ás persoas
asociadas e á cidadanía en xeral,
coa finalidade de desenvolver unha
acción integradora. Neste sentido,
organizáronse diversos cursos e
obradoiros como:
“Primeiros Auxilios”.
“Manexo e mantemento de
cadeiras de rodas”, co obxectivo de
familiarizarse co manexo das cadeiras
de rodas dos propios usuarios e dos
seus coidadores.
“Voluntariado e discapacidade” e
“Curso básico de voluntariado” para
formar ás persoas voluntarias.
“Habilidades sociais”, co obxectivo
de dar pautas para a súa mellora.
E “Resolución de conflictos”.
Ademais disto, os voluntarios e
o personal da ASCM realiza unha
formación continua apoiándose
en plataformas como Voluntariado
Galego, Voluntariado Dixital ou a
Fundación Luis Vives.
Nestes cursos participaron arredor
de 200 alumnos.
EDUCACIÓN E
FORMACIÓN
17
18
19
20
Neste ano a nosa Asociación e os
nosos clubs continuaron a desenrolar
un gran número de actividades,
ampliando a participación das persoas
con diversidade funcional e o persoal
voluntario nelas.
A Boccia é un xogo de precisión e
de estratexia que ofrece a persoas
con grandes discapacidades a
posibilidade de achegarse á práctica
deportiva. A ASCM leva competindo
na Boccia dende hai varios anos e na
súa traxectoria vai obtendo resultados
moi positivos. Tamén hai que resaltar
a grande importancia que ten o
persoal voluntario no desenrolo do
deporte da Boccia.
O ano pasado comezamos coa
sección de tiro con arco co mellor
tirador galego, Guillermo Rodríguez,
e parece que a semente do tiro está
medrando, pois o curso de iniciación
feito en novembro e decembro foi
todo un éxito.
Por outra parte, o Club ADM
convertiuse no segundo con maior
número de licencias en tenis en
cadeira de rodas a nivel nacional, e
conta con 7 deportistas na disciplina.
Dentro da oferta tamén se atopan
baloncesto en cadeira de rodas (Club
Basketmi), tenis de mesa, tiro e
natación (piscina terapéutica).
Tamén merece mención especial
a organización dunha nova edición
do Rallye Social puntuable para
o Campionato de España de
Automovilismo FEDDF e creando o
primeiro Open Ferrolterra de Rutas
Turísticas co resto das escuderías da
comarca.
Así como a celebración da I Xornada
de Deporte Adaptado, que tivo lugar
en novembro.
DEPORTE
ADAPTADO
CAMPIONATO NACIONAL DE BOCCIA
21
Organizado polo Club ADM coa colaboración
do voluntariado da ASCM (FERROL, 14-17 XUÑO 2012)
22
23
24
Celebramos o noso 25 aniversario
cunha gala que tivo lugar o venres
25 de maio de 2012 na sala de
congresos de FIMO, co seu aforo ao
completo.
Entre as persoas asistentes
estaban a Conselleira de Traballo e
Benestar, Beatriz Mato, o Deputado
Provincial, Miguel de Santiago, e
os alcaldes de Ferrol, Fene, Ares,
Cabanas e Cedeira.
O acto serviu para agraceder o
traballo e a axuda recibida durante
todos estos anos por parte de socios,
amigos, colaboradores e entidades
públicas e privadas, grazas aos que
a ASCM poido celebrar as súas
bodas de prata.
A gala completa pode verse na nosa
canle de YouTube “CanalASCM”.
25
ANIVERSARIO
25
26
Rexistrada como Entidade de Acción
Voluntaria no ano 2000, a Asociación
contou sempre coa colaboración e
apoio de persoas que, cedendo o
seu tempo de maneira desinteresada,
axudan a que as persoas con
discapacidade participen activamente
na sociedade.
A ASCM conta con máis de 50
voluntarios, dos cales un 90% ten
algún tipo de discapacidade. Ademais
de ter comprobado ao longo do tempo
que o seu nivel de motivación é
altísimo, o traballo de voluntariado é
moi positivo para este colectivo.
A ASCM asume a responsabilidade
de darlle ao voluntario unha formación
básica e específica. A formación
é, sen dúbida algo imprescindible,
pois ademais de darlle seguridade,
optimiza o traballo do voluntario.
Pero sobre todo, e o que é máis
importante, enriquece á persoa e lle
aporta profesionalidade.
Neste momento de crise, os
voluntarios conforman o motor
principal da ASCM, participando na
organización de eventos e actividades
propias e alleas, coma o caso do
proxecto“Ferrolterra12:docedíaspola
integración” de AECOFE empresarias
Ferrol, no que os nosos voluntarios
tiveron un papel moi destacado ou o
programa de Voluntariado Dixital da
Xunta de Galicia.
Por todo isto, so queda dar as
grazas a todos eles, xa que sin o seu
esforzo e dedicación todo isto non
sería posible, pero, en especial, a
Edita Carballeira, elixida Voluntaria
do Ano neste 2012.
¡¡¡GRAZAS A TOD@S!!!
VOLUNTARIADO
27
28
29
30
Durante o 2012 a ASCM organizou
un total de cinco visitas culturais e
didácticas ás exposicións que se
organizaron en Ferrol. Máis de 80
persoas participaron nestas visitas.
Exposición itinerante “Galicia,
conservando a natureza”, instalada
na Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol.
Esta exposición permitiu achegar a
gran diversidade e singularidade dos
nosos espazos naturais protexidos.
Exposición itinerante “Aves de
Galicia” instalada na Aula de Ecoloxía
Urbana de Ferrol. Permitiu achegar
aos asistentes ao medio natural a
través dun dos seus elementos máis
rechamantes: as aves.
Exposición Wildlife, no Centro
Sociocultural Novacaixagalicia.
A través das fotografías fíxose un
percorrido para coñecer o xeito de
vida de moitas especies salvaxes.
A Fundación Novacaixagalicia en
Ferrol acolleu tamén a exposición
que mostra 100 gravados de Dalí. “A
divina comedia de Salvador Dalí”
BBVA organizou en Ferrol a
exposición ‘Billetes tridimensionais:
arte numismático sen barreiras’.
Ademais disto, a ASCM puxo en
marcha a finais deste ano a área de
lecer, que se encarga de programar
saídas e actividades lúdicas para
todos os usuarios, como participar na
Ruta dos Pinchos de Neda ou visitar o
Belén da OJE.
LECER E
TEMPO LIBRE
31
32
Muller e discapacidade.
A ASCM é membro da Comisión
da Muller de COAMIFICOA, que é
unha área de traballo desde a que
se pretende informar e intermediar
coas mulleres con discapacidade no
ámbito dos seus dereitos específicos,
como mulleres que, ademáis,
padecen unha discapacidade física.
A asociación participa no proxecto
“Nosotras tomamos la palabra” co
fin de recopilar datos informativos
sobre a situación da “muller e
discapacidade” a nivel autonómico
e/ou provincial, para finalmente
realizar un informe de investigación
nacional (en colaboración con outras
comunidades autónomas); ademais
de realizar actividades específicas
como debates sobre diversos temas,
obradoiros para mulleres, etc.
No 2012 adicamos unha xornada en
conmemoración ao Día Internacional
da Muller, cunha solta de globos. E
unha representación da ASCM tamén
participou nos actos organizados
polos concellos de Ferrol e Narón.
Acto contra violencia de xénero
(Ferrol): O Concello de Ferrol fixo un
novo acto en repulsa contra a violencia
de xénero, que no mes de xullo
centrouse na dobre discriminación
das mulleres con discapacidade.
Trala plantación de rosas nos
xardíns de San Francisco, en recordo
das vítimas do maltrato machista,
unha representación da ASCM e
outras entidades e particulares
concentráronse fronte ao Concello
e asistiron á lectura dun manifestó,
realizado por residentes do CAMF.
Día Internacional “Contra a
Violencia de Xénero”: Foi na propia
ASCM onde se levaron a cabo
actividades relacionadas con este
día; nelas participaron activamente
voluntarios/as da ASCM.
Ademais disto, a ASCM celebrou
nas súas instalacións unha xornada de
Tapper Sex para romper con moitos
mitos da sexualidade e discapacidade.
MULLER
33
34
35
36
Dentro da chamada Área de
Infancia, coa axuda dun pequeno
grupo de voluntarios/as da ASCM,
estase elaborando un Catálogo de
Xogos Adaptados, con fin de poder
utilizar en futuras actividades, e no
momento que se requira.
Ademáis, outro grupo de voluntarios/
as comezou cun Estudo de
Investigación sobre a adaptabilidade
dos Parques Infantís da comarca de
Ferrolterra co obxectivo de poder
comprobar se están ou non adaptados
para nenos e nenas con algún tipo de
discapacidade física.
Unha das actividades levadas a cabo
pola ASCM, na que a participación
é exclusivamente de nenos/as con
algún tipo de discapacidade foi a
denominada “psicomotricidade e
deporte infantil”. Esta actividade
axúdalles a estar sans física e
mentalmente a pesares das súas
discapacidades, tamén a relacionarse
dunha forma máis igualitaria
con outros membros con outras
deficiencias. Satisface necesidades
básicas de crecemento persoal e de
relación cos demais que lle axudan
a descubrir as súas capacidades,
disfrutando das superacións.
A Área de Maiores, composta por
un grupo de voluntarios/as, elaborou
un catálogo de xogos adaptados,
destinado a persoas maiores. Neste
catálogo, incorporáronse xogos de
habilidades, axilidade, coordinación,
memoria, entre outros.
Neste ano, o grupo de Teatro ASCM
representou unha das súas obras
nos centros xerontológicos Geriatros
Laraxe e EUXA de Narón.
Tanto para infancia como para
maiores, realizamos actividades
específicas para os centros que así o
demandan, como charlas en colexios
ou visitas a centros de maiores.
INFANCIA E
MAIORES
37
38
A ASCM ten a disposición dos seus
usuarios unha ampla oferta de todo
tipo de actividades.
Actividades dirixidas por voluntarios:
* * Meditación: onde se aprenden
técnicas de relaxación.
* * Cociña natural: combinación de
alimentos e elaboración dunha
dieta saudable.
* * Manualidades: onde se realizan
traballos con material reciclado
principalmente.
* * Labores: bolillos, calceta,
bordado, ganchillo…
* * Pintura en teas: decoración de
todo tipo de obxectos con tea.
* * Ornamentación floral: xarróns,
ramos e todo tipo de centros.
* * Teatro: Grupo de Teatro ASCM.
* * Comparsa: “Os Colludos”.
Ademais disto, levamos a cabo
un ciclo de “cine e discapacidade”,
no que unha vez ao mes se
proxecta unha película relacionada
coa discapacidade, e despois se
establece unha charla-coloquio para
falar sobre ela.
Outras actividades:
•	 Formación.
•	 Lecer e tempo libre.
•	 Muller.
•	 Infancia e maiores.
•	 Deporte.
•	 Voluntariado.
ACTIVIDADES
39
40
41
42
O obxectivo xeral deste
departamento é ofrecer información
e asesoramento aos socios sobre as
vantaxes e outras medidas de apoio
para persoas con discapacidade,
como son:
* * Información en xeral.
* * Recoñecemento, declaración
e cualificación do grado de
discapacidade.
* * Beneficios fiscais.
* * Prestacións económicas,
sociais e sanitarias, ás que
poden acceder as persoas con
mobilidade reducida.
* * Adaptacións no fogar.
* * Información sobre trámites
administrativos (como solicitar
os certificados de minusvalía
ou dependencia, tarxetas de
estacionamento, adaptación no
fogar, compra de vehículos, etc).
* * Información sobre subvencións
e axudas dos organismos
públicos, así como a súa
realización, xestiones e entrega
ante as administracións públicas.
* * Información sobre aspectos
xurídicos (presentación de
denuncias, recursos, dereitos
das persoas con discapacidade)
Cada un dos departamentos
que conforman este servizo (legal,
accesibilidade, emprego…) encárgase
despois de resolver cada unha das
dúbidas, trámites ou problemas que
teñen os nosos usuarios.
Durante o 2012 o noso Servizo
de Información, Asesoramento e
Orientación atendeu a máis de 5.000
consultas relacionadas con temas
de discapacidade en todos os seus
ámbitos.
INFORMACIÓN E
ASESORAMENTO
0
200
400
600
800
1000
1200
Nº de consultas por mes
enero
febrero
marzo
abril
mayo
junio
julio
agosto
sept
octubre
nov
0 200 400 600 800 1000 1200 1400
ASCM
Barreiras
Muller
Autoemprego
Educación
CEE
Certif.Minusvalía
Emprego
Formación
Vivenda
Axudas económicas
Asociacionismo
Lecer
Voluntariado - Talleres
Transporte
Teatro
Outras
Temas consultados
43
44
Dende a ASCM faise un grande
esforzo por ter presenza nos medios,
coa finalidade de informar, denunciar
e facer presión para que a realidade
non sexa algo descoñecido para a
cidadanía. Isto compleméntase coa
presenza en Internet (páxina web,
blogues e redes sociais) e carteis,
dípticos e trípticos varios. Do mesmo
xeito, a ASCM desenvolve unha labor
fundamental na organización e/ou
participación en xornadas e congresos
sobre discapacidade.
Tamén se traballa dende a
entidade dun xeito presencial e
coa colaboracón do Equipo de
Voluntariado da ASCM en contacto
directo a través de charlas nos
colexios, co obxectivo de sensibilizar
aos máis novos sobre a problemática
das persoas discapacitadas no seu
entorno habitual.
Neste 2012 comezamos a participar
no proxecto “Móviles Solidarios”, que
consiste na recollida de móviles en
desuso para que o seu valor sexa
doado á ASCM. Toda a información
en www.movilessolidarios.com
Enderezos web:
PÁXINA WEB:
www.ascmferrol.com/
BLOGUES:
Blogue de noticias: noticias-ascm.
blogspot.com.es/
Blogue de voluntariado:
voluntariadoascm.blogspot.com.es/
Blogue de accesibilidade:
accesibilidadascm.blogspot.com.es
Blogue de orientación laboral:
orientacion-laboral-ascm.blogspot.
com.es/
REDES SOCIAIS:
Facebook:www.facebook.com/
asociacion.deminusvalidos
Twitter: twitter.com/ASCM_Ferrol
DIVULGACIÓN E
SENSIBILIZACIÓN
45
46
FINANCIADORES
A Asociación Sociocultural “ASCM” recibe, para o seu financiamento, achegas
de administracións e organismos públicos, privados, aportacións dos socios/as e
donativos.
PÚBLICOS:
PRIVADOS:
Empresas
Particulares
FAITE SOCIO/A
¡SÓ 20 €/ANO!
OU COLABORA CO TEU DONATIVO EN:
NOVAGALICIA BANCO:
2080 0227 05 3040004945
CAJA MADRID:
2038 4005 62 6000042224
LA CAIXA:
2100 1456 67 0200048161
BANCO POPULAR:
0097 8985 41 0600058203
TEÑAS ALGÚN TIPO DE DISCAPACIDADE
OU NON, PODES FACERTE SOCIO POR...
Memoria 2012

Más contenido relacionado

Similar a Memoria 2012

Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16cacharila
 
Posicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego finalPosicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego finalsatelite1
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergiosatelite1
 
Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014 Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014 AsocXaruma
 
A rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 novA rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 novsatelite1
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1odesvanmarita
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventudeomixboiro
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfvilabarreiro
 
Actividade ugacota rede eusumo 2012
Actividade ugacota rede eusumo 2012Actividade ugacota rede eusumo 2012
Actividade ugacota rede eusumo 2012UGACOTA
 
Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1Charo García
 

Similar a Memoria 2012 (20)

Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13
 
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y TicPropuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
 
Diptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugoDiptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugo
 
Diptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugoDiptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugo
 
Diptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugoDiptico xornada coop usc lugo
Diptico xornada coop usc lugo
 
Posicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego finalPosicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego final
 
40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio40 anos vivindo a escola sergio
40 anos vivindo a escola sergio
 
Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014 Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014
 
A rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 novA rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 nov
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventude
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
 
Programa electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do PorriñoPrograma electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do Porriño
 
Actividade ugacota rede eusumo 2012
Actividade ugacota rede eusumo 2012Actividade ugacota rede eusumo 2012
Actividade ugacota rede eusumo 2012
 
Memorias 2016 fag
Memorias 2016 fagMemorias 2016 fag
Memorias 2016 fag
 
Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1
 

Más de Asociación Sociocultural ASCM

Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.
Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.
Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.Asociación Sociocultural ASCM
 

Más de Asociación Sociocultural ASCM (20)

Plan de Voluntariado ASCM (2020)
Plan de Voluntariado ASCM (2020)Plan de Voluntariado ASCM (2020)
Plan de Voluntariado ASCM (2020)
 
Bases XI Edición Premio "Carro de Prata"
Bases XI Edición Premio "Carro de Prata"Bases XI Edición Premio "Carro de Prata"
Bases XI Edición Premio "Carro de Prata"
 
Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.
Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.
Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.
 
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de PrataFolleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
 
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de PrataFolleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
 
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
 
Plan Estratégico ASCM
Plan Estratégico ASCMPlan Estratégico ASCM
Plan Estratégico ASCM
 
Mision , Visión y Valores
Mision , Visión y ValoresMision , Visión y Valores
Mision , Visión y Valores
 
Informe auditoría ASCM
Informe auditoría ASCMInforme auditoría ASCM
Informe auditoría ASCM
 
Plan estrategico ascm (2015 2017)
Plan estrategico ascm (2015 2017) Plan estrategico ascm (2015 2017)
Plan estrategico ascm (2015 2017)
 
Bases do concurso +capaz
Bases do concurso +capazBases do concurso +capaz
Bases do concurso +capaz
 
Plan de voluntariado ASCM
Plan de voluntariado ASCMPlan de voluntariado ASCM
Plan de voluntariado ASCM
 
Conclusiones I jornadas Cinofiloterapia ASCM
Conclusiones I jornadas Cinofiloterapia ASCMConclusiones I jornadas Cinofiloterapia ASCM
Conclusiones I jornadas Cinofiloterapia ASCM
 
Xente!! Senta e Sente
Xente!! Senta e Sente Xente!! Senta e Sente
Xente!! Senta e Sente
 
Senta e sente power point
Senta e sente power pointSenta e sente power point
Senta e sente power point
 
Boccia pc´s 1
Boccia pc´s 1Boccia pc´s 1
Boccia pc´s 1
 
Plan voluntariado ascm
Plan voluntariado ascmPlan voluntariado ascm
Plan voluntariado ascm
 
Clasificacion open conductores tras 6 pruebas
Clasificacion open conductores tras 6 pruebasClasificacion open conductores tras 6 pruebas
Clasificacion open conductores tras 6 pruebas
 
Clasificacion open navegantes tras 6 pruebas
Clasificacion open navegantes tras 6 pruebasClasificacion open navegantes tras 6 pruebas
Clasificacion open navegantes tras 6 pruebas
 
Celebración día do discapacitado na FIMO
Celebración día do discapacitado na FIMOCelebración día do discapacitado na FIMO
Celebración día do discapacitado na FIMO
 

Memoria 2012

  • 2. 2
  • 3. 3 En 1987 nacía en Ferrol a Asociación Sociocultural “ASCM” cun marcado obxectivo: lograr a plena integración das persoas con discapacidade en todos os ámbitos. Vintecinco anos despois, a ASCM continúa loitando por acadar este obxectivo a través da realización de diversas actividades, para elo ofrecemos servizos de formación, información e integración laboral, transporte adaptado, accesibilidade, deporte adaptado, e educación entre outros. A nosa traxectoria social, aválanos como unha das entidades pioneiras na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade en Galicia. A nosa labor veuse recoñecida pola Xunta de Galicia ao declarar a nosa asociación “de utilidade pública” (DOG mércores 11 de agosto de 2010 -Orden de 4 de agosto de 2010 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza). Con esta memoria anual, a Asociación non só pretende manter informados aos socios/as dos eventos organizados ano tras ano, senón que trata tamén de expoñer á cidadanía en xeral as áreas sociais nas que é necesario seguir traballando. Ademais, neste ano 2012, a ASCM celebrou o seu 25º aniversario, polo que foi un ano moi especial no que se levaron a cabo moitas actividades para conmemorar tal data. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade, nalgún momento da nosa vida, xa sexa temporal ou permanente, e porque é unha realidade que pode cambiar a vida nun segundo: un accidente laboral, doméstico,de tráfico... pode truncar a nosa forma de ver as cousas. ¡Se te pos nese lugar, quererás apoiar e participar!
  • 4. ÍNDICE Quen somos Saúda do presidente da Deputación Saúda do presidente Xunta directiva Onde estamos Accesibilidade Transporte adaptado Orientación e intermediación laboral Educación e formación Deporte adaptado 25 Aniversario Voluntariado Lecer e tempo libre Muller Infancia e maiores Actividades Información e asesoramento Divulgación e sensibilización Financiadores 3 5 6 7 8 10 12 14 16 20 24 26 30 32 36 38 42 44 46
  • 5. 5 Cada vez que teño a oportunidade de compartir algo de tempo con membros ou traballadores da Asociación Sociocultural de Minusválidos saco a mesma conclusión. O moito que son capaces de facer con tan pouco. E, agora, despois de coñecer a memoria das actividades realizadas no ano 2012, aínda me cambia ese pensamento. Non sodes capaces de facer moito con pouco, senónquesodescapacesdefacermoitísimo, máis do que os demais imaxinamos. E o facedes por vós, pero tamén por todos nós, por toda unha sociedade que, a través do voso traballo desinteresado, vemos como cada problema se converte nunha solución e cada obstáculo nun reto que ides superar. AAsociaciónSocioculturaldeMinusválidos de Ferrol é hoxe unha referencia para toda unhacomarcaemesmoparatodaaprovincia da Coruña. O traballo dos seus membros da sentido a moitas vidas, a moitas vidas que atopan no afán de superación un motivo para seguir adiante, a moitas vidas que saben que o único reto imposible de superar é o medo a non conseguir as cousas. Todo o demais, vós o demostrades, é posible se hai ganas de facelo. A Deputación da Coruña sabe do voso mérito. O Concello de Ferrol sabe do voso mérito. E por iso, para recoñecelo, decidimos que levarades este ano a Insignia de Ouro da cidade, un premio máis que merecido e que tan só demostra minimamente o agradecemento da sociedade a todos vós. Desde a Deputación da Coruña estamos convencidos de que a vosa dedicación merece todo o apoio que desde as Administracións poidamos ofrecer. Por iso, estamos encantados de pór o noso granito de area para que poidades seguir demostrando, durante moitos anos máis, que a discapacidade é unha condición e nunca unha limitación. Grazas por recordalo cada día. Diego Calvo Pouso SAÚDA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN
  • 6. 6 Xa tedes nas vosas mans a memoria do ano 2012 da ASCM. Un ano moi especial marcado pola data do noso 25 aniversario. Un ano máis, aproveito para agradecervos o apoio prestado nestes 25 anos de traballo a favor das persoas con discapacidade, 25 anos cheos de logros que debo compartir con todos e todas as que deixaron pegada nesta traxectoria, pois eles son en gran medida os causantes deste mérito, que comezou cunha decisión valente, e que continua co esforzo de moitas persoas implicadas na causa. A ASCM aglutina a 2000 socios e medio centenar de voluntarios e voluntarias, unha Xunta Directiva composta por seis persoas, unha xerente e unha plantilla actual de trece traballadores e traballadoras, que traballan ó servizo das persoas con discapacidade en tarefas moi distintas e á vez moi necesarias. Aínda que a meta queda lonxe, xa está máis preto que onte, pois as barreiras que non deixan medrar son as que un mesmo se pon, as que pon a vida supéranse con esforzo. As persoas, do mesmo xeito que as aves, son diferentes no seu voo, pero iguais no seu dereito a voar. A maior discapacidade é non darse conta de que todos e todas somos iguais. En nome de todas as persoas con discapacidade membros da ASCM, dos traballadores e traballadoras, do grupo de voluntariado, e no meu propio: ¡¡¡GRAZAS!!! SAÚDA DO PRESIDENTE
  • 7. Presidente Ángel Gárate Roca Vicepresidente Manuel S. Rguez Sanesteban Tesoureiro Álvaro Illobre Saavedra Secretario Antonio Vázquez Deibe Vogal Abelardo Teijido Lage Vogal Basilio Durán Cupeiro XUNTA DIRECTIVA 7
  • 8. 8 ONDE ESTAMOS R/Fernando VI Bloque 2 Baixos 18-19 Tlf: 981 35 14 30 Fax: 981 35 14 50 Email: ascm.ferrol@ascmferrol.com FERROL Estrada de Castela 256, Baixo Tlf: 981 38 53 66 Fax: 981 38 67 22 Email: ascmnaron@ascmferrol.com NARÓN
  • 9. 9
  • 10. 10 Este servizo, está destinado a informar, asesorar e desenrolar actuacións en materia de axudas técnicas, accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas. Esta área encárgase de resolver as dúbidas que teñen os nosos usuarios con respecto a accesibilidade. Ademais tamén se estudan e analizan as diferentes barreiras arquitectónicas e urbanísticas con que conta a comarca de Ferrolterra, tanto no ámbito urbanístico como de transporte, facendo as oportunas demandas ante os organismos competentes. O ámbito de actuación do servizo de accesibilidade non é por tanto soamente no campo urbanístico, seno tamén nas barreiras sociais que debemos superar realizando campañas de sensibilización e concienciación. O desexo da entidade é o de poder concienciar á cidadanía en xeral, e especialmente ás administracións públicas, sobre a necesidade de facer unhacidadeaccesible,eliminandoagran cantidade de barreiras arquitectónicas que existen na actualidade; rúas con beirarrúas estreitas por onde non caben as cadeiras de rodas, beirarrúas sen acceso ós pasos de peóns, bordos moi altos, edificios públicos que non son accesibles…, e un longo etcétera que temos que intentar eliminar ou polo menos paliar. Por iso, un dos principais obxectivos da ASCM é acadar unha cidade accesible para todos. A área de accesibilidade tamén puxo en marcha un blogue no que se publicarán, entre outras cousas, as fotografías-denuncia (accesibilidadascm.blogspot.com). ACCESIBILIDADE
  • 11. 11
  • 12. 12 A ASCM, coa colaboración dos Servizos Sociais do Concello de Ferrol, Narón e a Deputación da Coruña, puxo en marcha un servizo de transporte adaptado para o desprazamento das persoas con movilidade reducida que non poidan utilizar o transporte público, atendendo a un total de 387 usuarios. Durante o ano 2012 realizáronse diferentes servizos de transporte para realizar diversos trámites administrativos e o traslado a varios centros especializados, o que fomenta a independencia e autonomía das persoas con mobilidade reducida. Cubrindo así o que hoxe en día non se está a cubrir co transporte público e atendendo ás necesidades das persoas con movilidade reducida. Durante este ano foron 103.000 os km que se recorreron para dar esta cobertura. Obxectivos : * * Fomentar a independencia e autonomía das persoas con mobilidade reducida. * * Garantir a escolarización das persoas con mobilidade reducida. * * Cubrir o servizo que hoxe non se está cubrindo co transporte público. * * Atender as necesidades das persoas con dificultades para desprazarse. TRANSPORTE ADAPTADO
  • 13. 13
  • 14. 14 A “ASCM” considera, dende os seus comezos, a integración laboral como un eixe importante para a integración normalizada e plena das persoas con discapacidade, apostando na década dos noventa polo emprego protexido a través dos Centros Especiais de Emprego, nos que hoxe en día están a traballar 43 persoas con discapacidade, o que supón un 67% dos empregos existentes. Na comarca de Ferrolterra, a ASCM creou o 75% dos centros especiais de emprego. O servizo ten como obxectivo final a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, orientando, asesorando e axudando ás persoas con discapacidade para a súa inserción no mundo laboral, e tamén para ofrecer información ás empresas sobre os incentivos e subvencións ás que pode acceder ó contratar a persoas con discapacidade. Na actualidade, o servizo céntrase fundamentalmente en realizar un estudo individualizado de cada demandante de emprego, realizar currículums, orientación formativa e formación a través da realización de talleres de inserción laboral. Tamén actúa de mediador entre as empresas e os demandantes de emprego, e ten en marcha un blog de orientación laboral (http://orientacion- laboral-ascm.blogspot.com.es/). Ademais encárgase da busca activa de ofertas de emprego (na prensa, Internet, ETTs…). Aintegraciónlaboraldaspersonascon discapacidade segue a ser difícil polo que é todo un reto seguir traballando cos demandantes de emprego, xa que actualmente a situación económica é bastante perxudicial, especialmente cos colectivos máis vulnerables. ORIENTACIÓN E INTERMEDIACIÓN LABORAL
  • 15. 15 O noso servizo de Orientación e Intermediación laboral contou en 2012 con 831 persoas con discapacidade en idade laboral (entre 18-65 anos), e 207 persoas coas que traballamos de forma constante, das cales 64 están actualmente traballando. É moi importante que as persoas que estén incluidas na nosa bolsa de emprego manteñan sempre actualizados os datos do seu currículo.
  • 16. 16 Na súa labor de promover a formación destinada a conseguir a integración social e laboral, a ASCM realizou un curso de Cultura Xeral Básica para Adultos e varios cursos sobre novas tecnoloxías: introducción á informática, informática xeral, correo electrónico e redes sociais; tendo en conta que nos movemos nunha sociedade da comunicación onde as novas tecnoloxías son esenciais, tanto para comunicación e relacións sociais, como para atopar traballo ou realizar trámites administrativos ou compras online. As persoas con diversidade funcional seguen sen estar familiarizadas cos cambios tecnolóxicos. As actividades formativas da ASCM están destinadas ás persoas asociadas e á cidadanía en xeral, coa finalidade de desenvolver unha acción integradora. Neste sentido, organizáronse diversos cursos e obradoiros como: “Primeiros Auxilios”. “Manexo e mantemento de cadeiras de rodas”, co obxectivo de familiarizarse co manexo das cadeiras de rodas dos propios usuarios e dos seus coidadores. “Voluntariado e discapacidade” e “Curso básico de voluntariado” para formar ás persoas voluntarias. “Habilidades sociais”, co obxectivo de dar pautas para a súa mellora. E “Resolución de conflictos”. Ademais disto, os voluntarios e o personal da ASCM realiza unha formación continua apoiándose en plataformas como Voluntariado Galego, Voluntariado Dixital ou a Fundación Luis Vives. Nestes cursos participaron arredor de 200 alumnos. EDUCACIÓN E FORMACIÓN
  • 17. 17
  • 18. 18
  • 19. 19
  • 20. 20 Neste ano a nosa Asociación e os nosos clubs continuaron a desenrolar un gran número de actividades, ampliando a participación das persoas con diversidade funcional e o persoal voluntario nelas. A Boccia é un xogo de precisión e de estratexia que ofrece a persoas con grandes discapacidades a posibilidade de achegarse á práctica deportiva. A ASCM leva competindo na Boccia dende hai varios anos e na súa traxectoria vai obtendo resultados moi positivos. Tamén hai que resaltar a grande importancia que ten o persoal voluntario no desenrolo do deporte da Boccia. O ano pasado comezamos coa sección de tiro con arco co mellor tirador galego, Guillermo Rodríguez, e parece que a semente do tiro está medrando, pois o curso de iniciación feito en novembro e decembro foi todo un éxito. Por outra parte, o Club ADM convertiuse no segundo con maior número de licencias en tenis en cadeira de rodas a nivel nacional, e conta con 7 deportistas na disciplina. Dentro da oferta tamén se atopan baloncesto en cadeira de rodas (Club Basketmi), tenis de mesa, tiro e natación (piscina terapéutica). Tamén merece mención especial a organización dunha nova edición do Rallye Social puntuable para o Campionato de España de Automovilismo FEDDF e creando o primeiro Open Ferrolterra de Rutas Turísticas co resto das escuderías da comarca. Así como a celebración da I Xornada de Deporte Adaptado, que tivo lugar en novembro. DEPORTE ADAPTADO
  • 21. CAMPIONATO NACIONAL DE BOCCIA 21 Organizado polo Club ADM coa colaboración do voluntariado da ASCM (FERROL, 14-17 XUÑO 2012)
  • 22. 22
  • 23. 23
  • 24. 24 Celebramos o noso 25 aniversario cunha gala que tivo lugar o venres 25 de maio de 2012 na sala de congresos de FIMO, co seu aforo ao completo. Entre as persoas asistentes estaban a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o Deputado Provincial, Miguel de Santiago, e os alcaldes de Ferrol, Fene, Ares, Cabanas e Cedeira. O acto serviu para agraceder o traballo e a axuda recibida durante todos estos anos por parte de socios, amigos, colaboradores e entidades públicas e privadas, grazas aos que a ASCM poido celebrar as súas bodas de prata. A gala completa pode verse na nosa canle de YouTube “CanalASCM”. 25 ANIVERSARIO
  • 25. 25
  • 26. 26 Rexistrada como Entidade de Acción Voluntaria no ano 2000, a Asociación contou sempre coa colaboración e apoio de persoas que, cedendo o seu tempo de maneira desinteresada, axudan a que as persoas con discapacidade participen activamente na sociedade. A ASCM conta con máis de 50 voluntarios, dos cales un 90% ten algún tipo de discapacidade. Ademais de ter comprobado ao longo do tempo que o seu nivel de motivación é altísimo, o traballo de voluntariado é moi positivo para este colectivo. A ASCM asume a responsabilidade de darlle ao voluntario unha formación básica e específica. A formación é, sen dúbida algo imprescindible, pois ademais de darlle seguridade, optimiza o traballo do voluntario. Pero sobre todo, e o que é máis importante, enriquece á persoa e lle aporta profesionalidade. Neste momento de crise, os voluntarios conforman o motor principal da ASCM, participando na organización de eventos e actividades propias e alleas, coma o caso do proxecto“Ferrolterra12:docedíaspola integración” de AECOFE empresarias Ferrol, no que os nosos voluntarios tiveron un papel moi destacado ou o programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia. Por todo isto, so queda dar as grazas a todos eles, xa que sin o seu esforzo e dedicación todo isto non sería posible, pero, en especial, a Edita Carballeira, elixida Voluntaria do Ano neste 2012. ¡¡¡GRAZAS A TOD@S!!! VOLUNTARIADO
  • 27. 27
  • 28. 28
  • 29. 29
  • 30. 30 Durante o 2012 a ASCM organizou un total de cinco visitas culturais e didácticas ás exposicións que se organizaron en Ferrol. Máis de 80 persoas participaron nestas visitas. Exposición itinerante “Galicia, conservando a natureza”, instalada na Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol. Esta exposición permitiu achegar a gran diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos. Exposición itinerante “Aves de Galicia” instalada na Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol. Permitiu achegar aos asistentes ao medio natural a través dun dos seus elementos máis rechamantes: as aves. Exposición Wildlife, no Centro Sociocultural Novacaixagalicia. A través das fotografías fíxose un percorrido para coñecer o xeito de vida de moitas especies salvaxes. A Fundación Novacaixagalicia en Ferrol acolleu tamén a exposición que mostra 100 gravados de Dalí. “A divina comedia de Salvador Dalí” BBVA organizou en Ferrol a exposición ‘Billetes tridimensionais: arte numismático sen barreiras’. Ademais disto, a ASCM puxo en marcha a finais deste ano a área de lecer, que se encarga de programar saídas e actividades lúdicas para todos os usuarios, como participar na Ruta dos Pinchos de Neda ou visitar o Belén da OJE. LECER E TEMPO LIBRE
  • 31. 31
  • 32. 32 Muller e discapacidade. A ASCM é membro da Comisión da Muller de COAMIFICOA, que é unha área de traballo desde a que se pretende informar e intermediar coas mulleres con discapacidade no ámbito dos seus dereitos específicos, como mulleres que, ademáis, padecen unha discapacidade física. A asociación participa no proxecto “Nosotras tomamos la palabra” co fin de recopilar datos informativos sobre a situación da “muller e discapacidade” a nivel autonómico e/ou provincial, para finalmente realizar un informe de investigación nacional (en colaboración con outras comunidades autónomas); ademais de realizar actividades específicas como debates sobre diversos temas, obradoiros para mulleres, etc. No 2012 adicamos unha xornada en conmemoración ao Día Internacional da Muller, cunha solta de globos. E unha representación da ASCM tamén participou nos actos organizados polos concellos de Ferrol e Narón. Acto contra violencia de xénero (Ferrol): O Concello de Ferrol fixo un novo acto en repulsa contra a violencia de xénero, que no mes de xullo centrouse na dobre discriminación das mulleres con discapacidade. Trala plantación de rosas nos xardíns de San Francisco, en recordo das vítimas do maltrato machista, unha representación da ASCM e outras entidades e particulares concentráronse fronte ao Concello e asistiron á lectura dun manifestó, realizado por residentes do CAMF. Día Internacional “Contra a Violencia de Xénero”: Foi na propia ASCM onde se levaron a cabo actividades relacionadas con este día; nelas participaron activamente voluntarios/as da ASCM. Ademais disto, a ASCM celebrou nas súas instalacións unha xornada de Tapper Sex para romper con moitos mitos da sexualidade e discapacidade. MULLER
  • 33. 33
  • 34. 34
  • 35. 35
  • 36. 36 Dentro da chamada Área de Infancia, coa axuda dun pequeno grupo de voluntarios/as da ASCM, estase elaborando un Catálogo de Xogos Adaptados, con fin de poder utilizar en futuras actividades, e no momento que se requira. Ademáis, outro grupo de voluntarios/ as comezou cun Estudo de Investigación sobre a adaptabilidade dos Parques Infantís da comarca de Ferrolterra co obxectivo de poder comprobar se están ou non adaptados para nenos e nenas con algún tipo de discapacidade física. Unha das actividades levadas a cabo pola ASCM, na que a participación é exclusivamente de nenos/as con algún tipo de discapacidade foi a denominada “psicomotricidade e deporte infantil”. Esta actividade axúdalles a estar sans física e mentalmente a pesares das súas discapacidades, tamén a relacionarse dunha forma máis igualitaria con outros membros con outras deficiencias. Satisface necesidades básicas de crecemento persoal e de relación cos demais que lle axudan a descubrir as súas capacidades, disfrutando das superacións. A Área de Maiores, composta por un grupo de voluntarios/as, elaborou un catálogo de xogos adaptados, destinado a persoas maiores. Neste catálogo, incorporáronse xogos de habilidades, axilidade, coordinación, memoria, entre outros. Neste ano, o grupo de Teatro ASCM representou unha das súas obras nos centros xerontológicos Geriatros Laraxe e EUXA de Narón. Tanto para infancia como para maiores, realizamos actividades específicas para os centros que así o demandan, como charlas en colexios ou visitas a centros de maiores. INFANCIA E MAIORES
  • 37. 37
  • 38. 38 A ASCM ten a disposición dos seus usuarios unha ampla oferta de todo tipo de actividades. Actividades dirixidas por voluntarios: * * Meditación: onde se aprenden técnicas de relaxación. * * Cociña natural: combinación de alimentos e elaboración dunha dieta saudable. * * Manualidades: onde se realizan traballos con material reciclado principalmente. * * Labores: bolillos, calceta, bordado, ganchillo… * * Pintura en teas: decoración de todo tipo de obxectos con tea. * * Ornamentación floral: xarróns, ramos e todo tipo de centros. * * Teatro: Grupo de Teatro ASCM. * * Comparsa: “Os Colludos”. Ademais disto, levamos a cabo un ciclo de “cine e discapacidade”, no que unha vez ao mes se proxecta unha película relacionada coa discapacidade, e despois se establece unha charla-coloquio para falar sobre ela. Outras actividades: • Formación. • Lecer e tempo libre. • Muller. • Infancia e maiores. • Deporte. • Voluntariado. ACTIVIDADES
  • 39. 39
  • 40. 40
  • 41. 41
  • 42. 42 O obxectivo xeral deste departamento é ofrecer información e asesoramento aos socios sobre as vantaxes e outras medidas de apoio para persoas con discapacidade, como son: * * Información en xeral. * * Recoñecemento, declaración e cualificación do grado de discapacidade. * * Beneficios fiscais. * * Prestacións económicas, sociais e sanitarias, ás que poden acceder as persoas con mobilidade reducida. * * Adaptacións no fogar. * * Información sobre trámites administrativos (como solicitar os certificados de minusvalía ou dependencia, tarxetas de estacionamento, adaptación no fogar, compra de vehículos, etc). * * Información sobre subvencións e axudas dos organismos públicos, así como a súa realización, xestiones e entrega ante as administracións públicas. * * Información sobre aspectos xurídicos (presentación de denuncias, recursos, dereitos das persoas con discapacidade) Cada un dos departamentos que conforman este servizo (legal, accesibilidade, emprego…) encárgase despois de resolver cada unha das dúbidas, trámites ou problemas que teñen os nosos usuarios. Durante o 2012 o noso Servizo de Información, Asesoramento e Orientación atendeu a máis de 5.000 consultas relacionadas con temas de discapacidade en todos os seus ámbitos. INFORMACIÓN E ASESORAMENTO
  • 43. 0 200 400 600 800 1000 1200 Nº de consultas por mes enero febrero marzo abril mayo junio julio agosto sept octubre nov 0 200 400 600 800 1000 1200 1400 ASCM Barreiras Muller Autoemprego Educación CEE Certif.Minusvalía Emprego Formación Vivenda Axudas económicas Asociacionismo Lecer Voluntariado - Talleres Transporte Teatro Outras Temas consultados 43
  • 44. 44 Dende a ASCM faise un grande esforzo por ter presenza nos medios, coa finalidade de informar, denunciar e facer presión para que a realidade non sexa algo descoñecido para a cidadanía. Isto compleméntase coa presenza en Internet (páxina web, blogues e redes sociais) e carteis, dípticos e trípticos varios. Do mesmo xeito, a ASCM desenvolve unha labor fundamental na organización e/ou participación en xornadas e congresos sobre discapacidade. Tamén se traballa dende a entidade dun xeito presencial e coa colaboracón do Equipo de Voluntariado da ASCM en contacto directo a través de charlas nos colexios, co obxectivo de sensibilizar aos máis novos sobre a problemática das persoas discapacitadas no seu entorno habitual. Neste 2012 comezamos a participar no proxecto “Móviles Solidarios”, que consiste na recollida de móviles en desuso para que o seu valor sexa doado á ASCM. Toda a información en www.movilessolidarios.com Enderezos web: PÁXINA WEB: www.ascmferrol.com/ BLOGUES: Blogue de noticias: noticias-ascm. blogspot.com.es/ Blogue de voluntariado: voluntariadoascm.blogspot.com.es/ Blogue de accesibilidade: accesibilidadascm.blogspot.com.es Blogue de orientación laboral: orientacion-laboral-ascm.blogspot. com.es/ REDES SOCIAIS: Facebook:www.facebook.com/ asociacion.deminusvalidos Twitter: twitter.com/ASCM_Ferrol DIVULGACIÓN E SENSIBILIZACIÓN
  • 45. 45
  • 46. 46 FINANCIADORES A Asociación Sociocultural “ASCM” recibe, para o seu financiamento, achegas de administracións e organismos públicos, privados, aportacións dos socios/as e donativos. PÚBLICOS: PRIVADOS: Empresas Particulares
  • 47. FAITE SOCIO/A ¡SÓ 20 €/ANO! OU COLABORA CO TEU DONATIVO EN: NOVAGALICIA BANCO: 2080 0227 05 3040004945 CAJA MADRID: 2038 4005 62 6000042224 LA CAIXA: 2100 1456 67 0200048161 BANCO POPULAR: 0097 8985 41 0600058203 TEÑAS ALGÚN TIPO DE DISCAPACIDADE OU NON, PODES FACERTE SOCIO POR...