2.
Índice
▋ Descrición xeral do curso 2
▋ Persoas titoras 2
▋ Obxectivos 2
▋ Competencias profesionais do profesorado 3
▋ Contidos 3
▋ Metodoloxía 5
▋ Seguimento e desenvolvemento do curso 6
▋ Comunicación coas persoas titoras 8
▋ Avaliación 9
▋ Aplicación práctica nas aulas 11
▋ Requirimentos para seguir o curso 11
1
3.
▋ Descrición xeral do curso
Curso dirixido ao profesorado interesado en profundar nos principios básicos da
acción titorial e en coñecer recursos prácticos de cara ao desenvolvemento das súas
funcións como profesoradotitor. Logo dun primeiro módulo de carácter teórico
relacionado cos principios básicos da acción titorial, realízase un repaso a diferentes
temáticas estreitamente vencelladas co traballo diario que o profesoradotitor pode
realizar tanto co seu alumnado como coas familias do mesmo.
▋ Persoas titoras
Paula López Senín
(Profesora de Física e Química e
Xefa de Estudos do IES do
Milladoiro, Ames)
Pilar Rodríguez
Fernández
(Profesora de Debuxo e Profesora
titora no IES do Milladoiro, Ames)
▋ Obxectivos
● Comprender os principios básicos da acción titorial e coñecer a lexislación,
tanto a nivel estatal como autonómico, na que se sustenta.
● Coñecer o papel do profesoradotitor en relación ao alumnado, ao profesorado
e ás familias.
● Coñecer diversos recursos prácticos, de fácil implementación, e relacionados
con temáticas tan diversas como a convivencia, as técnicas de estudo, a
educación emocional, a educación en valores, a educación para a saúde, a
toma de decisións ou a orientación familiar.
● Valorar a importancia de traballar en colaboración coas familias do alumnado
de cara a acadar os obxectivos básicos da acción titorial.
2
4.
▋ Competencias profesionais do profesorado.
Segundo o modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede de Formación da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través deste curso
formaraste prioritariamente nas seguintes competencias e subcompetencias:
● Competencia: Membro dunha organización
Subcompetencia: Acción titorial e atención á diversidade
● Competencia: Membro dunha organización
Subcompetencia: Orientación pedagóxica, académica e profesional
O modelo completo das competencias profesionais docentes pode ser consultado en
diferentes formatos: Acceso ao modelo.
▋ Contidos
Na cabeceira do espazo virtual atoparás un módulo inicial con algunhas
orientacións e consellos en referencia á formación e aprendizaxe na
Rede.
Os contidos do curso estrutúranse en oito módulos diferentes:
1. A acción titorial:
▪ Principios básicos da acción titorial.
▪ Lexislación autonómica e estatal de referencia.
▪ Funcións e actividades do profesorado titor.
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións e recursos web
comentados.
2. Ensinar a convivir:
▪ Principios básicos de Ensinar a Convivir.
3
5.
▪ Recursos para a titoría: Facilitar a adaptación á rutina escolar. O método
DAFO como ferramenta de autocontrol e motivación cara ao estudo. Os
dereitos e deberes do alumnado. Guía para escoller o delegado ou
delegada de clase. As normas da aula...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
3. Aprender a estudar:
▪ Principios básicos.
▪ Recursos para a titoría: A comprensión lectora. O lugar de traballo. O
método de estudo. Os traballos escolares. As exposicións orais.
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
4. A educación emocional:
▪ Principios básicos da educación emocional.
▪ Recursos para a titoría: Os diferentes tipos de intelixencia. As habilidades
sociais. A resolución de conflitos interpersoais. Os diferentes estilos de
comunicación. A comunicación non verbal...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
5. A educación en valores:
▪ Principios básicos da educación en valores.
▪ Recursos para a titoría: Como actuar ante o acoso escolar (dende a
familia e dende o centro). A violencia de Xénero. A coeducación.
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
6. A educación para a saúde:
▪ Principios básicos da educación para a saúde.
▪ Recursos para a titoría: O tabaco. O alcohol. O cannabis. A importancia
4
6.
do exercicio físico. Os trastornos da alimentación...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
7. Ensinar a decidirse:
▪ Principios básicos de ensinar a decidirse.
▪ Recursos para a titoría: O autocoñecemento. O sistema educativo (a
formación profesional, o bacharelato, a universidade...).
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
8. Orientación familiar:
▪ Principios básicos da Orientación familiar.
▪ Recursos para a titoría: Os estilos educativos. Como axudar aos fillos/as
cos estudos. Como actuar ante os problemas de adaptación. A
importancia das normas e os límites. Ensinar a utilizar as novas
tecnoloxías con responsabilidade...
▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos
web comentados.
▋ Metodoloxía
O curso obedece á modalidade de formación a distancia a través da plataforma
Platega. Isto supón que todos os materiais e recursos estarán dispoñibles en dita
plataforma e que a comunicacións e intercambios de información entre o profesorado
participante no mesmo e os titores do curso terán lugar no contexto que ofrece a mesma.
O traballo do profesorado participante neste curso sobre a acción titorial terá unha
dobre vertente:
● Por unha banda, desenvolverase un traballo individual que consistirá na lectura
comprensiva dos materiais que aparecen en cada un dos módulos nos que se
estrutura o curso. Posteriormente cada participante deberá superar o
5
7.
cuestionario de autoavaliación, que versará sobre o contido recollido en ditos
materiais.
● E por outra, cada participante deberá realizar a tarefa obrigatoria deseñada
expresamente para cada cada módulo. Esta tarefa poderá consistir no
realización de reflexións persoais, guións de traballo ou propostas de
intervención. Aproveitando as posibilidades das TIC, queda aberta a
posibilidade de desenvolver algunha tarefa conxunta en pequenos grupos,
ademáis de foros de debate e reflexión e a creación de bases de datos
colaborativas.
En cada módulo haberá un foro habilitado onde os alumnos/as poderán propoñer
dúbidas, comentarios ou suxestións sobre as temáticas que se abordan.
▋ Seguimento e desenvolvemento do curso
Os diferentes contidos do curso estrutúranse en 8 módulos, cunha carga de traballo
total estimada de 60 horas.
Para a superación do curso será preciso:
1. Superar a autoavaliación de cada un dos módulos que integran o curso.
Deberase acadar a puntuación de 8 sobre 10 respostas correctas nun
cuestionario deseñado para cada módulo.
2. Realizar a tarefa que se solicitará en cada módulo a través da participación
no foro de debate e/ou o envío de traballos. As tarefas presentadas serán
cualificadas nos termos apto / non apto, e será obrigatoria a presentación
de todos elas, así como acadar cualificación positiva en 7 das 8 taferas
plantexadas.
Cada módulo estará activo soamente os días que marca a temporalización do curso.
Rematado o prazo asignado a cada módulo non se poderá acceder ao cuestionario de
autoavaliación nin enviar a tarefa prevista para o módulo en cuestión.
6
8.
Tralo remate do último módulo previsto abrirase un período extraordinario de
recuperación para poder realizar os cuestionarios de autoavaliación pendentes e enviar
as tarefas non entregadas ou cualificadas como non apto. Importante sinalar que todos os
módulos poderán ser recuperados a excepción do Módulo inicial, que deberá completarse
dentro do prazo establecido na táboa seguinte:
CADRO DE TEMPORALIZACIÓN DO CURSO
Módulo 0: Benvida e presentación
Actividades Datas
● Tarefa de presentación
do 3 de outubro ao
10 de outubro
(non prorrogable)
Modulo 1: A acción titorial
Actividades Datas
● TAREFA 1: Elaboración da carta de servizos da acción titorial
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 7 de outubro ao
13 de outubro
Módulo 2: Ensinar a convivir
Actividades Datas
● TAREFA 2: Visionado de curtas para a convivencia
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 14 de outubro ao
20 de outubro
Módulo 3: Aprender a estudar
Actividades Datas
● TAREFA 3: Os deberes escolares
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 21 de outubro ao
27 de outubro
Módulo 4: A educación emocional
Actividades Datas
● TAREFA 4: Base de datos colaborativa de recursos de acción
titorial.
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 28 de outubro ao
8 de novembro
7
9.
Módulo 5: A educación en valores
Actividades Datas
● TAREFA 5: Análise e búsqueda de webquest
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 4 de novembro
ao 10 de novembro
Módulo 6: A educación para a saúde
Actividades Datas
● TAREFA 6: Hábitos saudables no alumnado
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 11 de novembro
ao 17 de novembro
Módulo 7: Ensinar a decidirse
Actividades Datas
● TAREFA 7: Poster informativo sobre o sistema educativo
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
18 de novembro ao
24 de novembro
Módulo 8: Orientación familiar
Actividades Datas
● TAREFA 8: Sistemas de comunicación coas familias e de
recollida de información no centro educativo.
● Cuestionario de autoavaliación do módulo
do 25 de novembro
ao 1 de decembro
Período extraordinario de recuperación
do 2 de decembro
ao 11 de decembro
Avaliación do curso Datas
Enquisa de avaliación final do curso
do 12 de decembro
ao 16 de decembro
▋ Comunicación coas persoas titoras do curso
Cada vez que comeza un curso de formación a través da plataforma PLATEGA,
unha das primeiras tarefas que se debe levar a cabo é a de presentarse ao resto da
comunidade de aprendizaxe. Esta presentación realizarase a través do denominado foro
de presentación de participantes.
8
10.
Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto para as persoas titoras do
curso como para o resto de participantes no mesmo.
Para establecer comunicación coas persoas titoras do curso existen varias opcións:
● A través dos foros existentes no propio curso, por exemplo, o foro do módulo
ou foro de avisos e anuncios. A comunicación que se realiza nos foros é
pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler as súas intervencións
no foro ou posts.
● Ou a través do sistema de mensaxería interna da plataforma, tamén coñecido
como Chat. As mensaxes enviadas por este medio son privados entre vostede
e o seu comunicante, xa sexa a persoa titora ou calquera outro/a participante.
En resumo, a comunicación alumno vs titor realizarase sempre a través da
plataforma PLATEGA, mediante o servizo de mensaxería interna (para comunicacións
privadas) ou a través dos foros de dúbidas de cada módulo (comunicación pública).
▋ Avaliación
Os criterios de avaliación especificaranse no enunciado de cada tarefa. Os
participantes poderán consultar as súas cualificacións no apartado correspondente do
curso dentro da plataforma PLATEGA, comprobando deste xeito a súa evolución. O
proceso de retroalimentación realizarase en cada tarefa, a través das cualificacións
acadadas ou ben, cando as persoas titoras así o consideren preciso, con indicacións máis
específicas e persoais, empregando para elo a mensaxería interna da plataforma.
En calquera caso, a corrección das tarefas, en concreto aquelas que resulten
avaliadas negativamente, posibilitará unha nova entrega das mesmas coas modificacións
necesarias para que a avaliación sexa positiva.
9
11.
Ademáis, como indicamos na temporalización do curso, temos programado un
período extraordinario de recuperación daquelas tarefas que sexan calificadas como
non aptas ou que estean sen presentar dentro do prazo establecido como de duración do
módulo.
● Avaliación das tarefas
Tal e como se establece na Orde de 14 de maio de 2013 pola que se regula a
convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación
permanente do profesorado en Galicia (DOG Núm 96 do 22 de maio de 2013) indícase no
seu capítulo V, artigo 23, que “nas actividades de formación en rede será indispensable,
para obter a certificación, a avaliación positiva do 80 % das tarefas propostas, así como a
asistencia á totalidade das sesións presenciais, no caso de que as houbese”.
Indicar que a tarefa proposta nalgúns módulos consta de dúas partes, e que deberán
ser realizadas en conxunto para acadar a cualificación total do módulo.
Achegamos, a continuación un cadro onde se especifica a carga lectiva asignada a
cada unha das tarefas e a escala de avaliación a empregar.
CADRO DE AVALIACIÓN DAS TAREFAS
NOME DA TAREFA % do valor
Especificación da escala
de valoración
TAREFA DE PRESENTACIÓN: Participar nun
foro e editar o perfil dentro da plataforma Platega.
Escala Apto / Non apto
TAREFA1: Redactar unha carta de servizos
dirixida ás familias.
12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 2: Visionar unha curta, realizar un
comentario no foro e redactar unha actividade
guía para o visionado na aula.
12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 3: Participar no debate proposto no foro
e elaborar unhas pautas de orientación para a
organización do tempo de estudo fóra das aulas.
12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 4: Editar unha entrada nunha base de
datos colaborativa de recursos de educación
emocional.
12,5 % Escala Apto / Non apto
10
12.
TAREFA 5: Analizar unha webquest e engadir
unha nova á base de webquest de educación en
valores.
12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 6: Editar un cuestionario para o
alumnado sobre hábitos de vida saudables.
12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 7: Elaborar un poster informativo sobre o
cambio de etapas no sistema educativo.
12,5 % Escala Apto / Non apto
TAREFA 8: Participar no foro de debate sobre
medios de comunicación coas familias, elaborar
un formulario de recollida de información.
12,5 % Escala Apto / Non apto
▋ Aplicación nas aulas
Neste curso non se esixe ningunha realización práctica na aula. Aínda así, a maior
parte dos contidos traballados poden ser aplicados no contexto da clase, moi
especialmente no desenvolvemento de sesións de titoría ou nas xuntanzas e/ou
entrevistas que se leven a cabo coas familias do alumnado. Suxírese que esta posible
posta en práctica se presente nos foros coa finalidade de ser coñecida e comentada por
todo o profesorado participante neste curso de formación.
▋ Requirimentos para seguir o curso
● Ordenador con conexión a internet.
● Software de procesador de textos.
11