SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 9
Descargar para leer sin conexión
Literatura Galega
                               do Século XX e da Actualidade

                               Domingo Villar


                                        Entrevista
                                 IES Manuel García Barros
                                        A Estrada


                                                                Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                        Fotos: © Todos os dereitos reservados
miércoles 9 de enero de 2013
Domingo Villar
               1.     Naceu Vostede nos últimos anos do franquismo. Como lembra aqueles primeiros anos de vida naquel Vigo efervescente?
                      Puideron influír no seu compromiso coa nosa lingua, coa nosa cultura?
                Franco morreu cando eu tiña cinco anos, así que pouco me lembro daquelo. Crecín nun Vigo en reconversión e, en efecto, cunha
                grande efervescencia cultural que era máis evidente no eido da música ca nos outros, polo menos así o percibía eu daquela.


               2.     Cando contaba Vostede cuns 13 anos publicouse a considerada primeira novela negra en galego (“Crime en Compostela”). Foi
                      Vostede lector desde xove de novela negra? Que pode aportar este xénero á nosa narrativa?

                É curioso que o morto do meu primeiro libro se chame Reigosa, como o autor de Crime en Compostela. Bauticeino así sen
                decatarme da coincidencia, pero Carlos Reigosa ten o convencemento freudiano de que todo foi unha escusa para matar ao pai (o
                pai da novela negra galega, enténdese) ás primeiras de cambio.
                O certo é que Carlos Reigosa é un escritor soberbio e un home encantador e sabio. O mesmo ten razón.
                O máis interesante da novela negra, ao meu ver, é que retrata a sociedade na que se desenrolan os crimes e a investigación que o
                autor vai narrando. Isto vale para amosar como é a vida en Galicia ou en Bangkok. Calquera esceario e bo.

                3.     Andou a súa pluma en aventuras de novela negra antes de “Ollos de auga”? De ser certo, por
                       que ficaron estes intentos no anonimato? Que lle acontece cando a súa “investigación” de
                       escritor se estanca?

                Ollos de auga é a primeira historia de largo alento que escribín. Sempre, dende neno, escribira
                contos, historias breves. Lembro que para un traballo fin de curso en Historia, na universidade, fíxen
                un conto satírico coas andanzas dunha concubina de Nerón. A catedrática quedou perplexa, sen saber
                se reprenderme ou felicitarme. Ao final apiadouse de min e aproboume con boa nota.
                Sempre estou a escribir. Se non é unha novela son notas para futuros libros, contos para os meus
                fillos, cousiñas que escribo para min…




                                                                                                                          Fonte: As Miñas Lecturas




miércoles 9 de enero de 2013
Domingo Villar

               4.     Que autor ou autores influíron na súa obra e en que medida? Gustaríalle que o comparasen con Vázquez Montalbán para a
                      nosa literatura?

                Vázquez Montalbán non era só un escritor de novela negra. Pepe Carvalho deulle cartos e sona, pero Vázquez Montalbán foi moito
                máis ca iso. Era un xornalista agudo e valente, narrador, ensaísta e, por riba de todo iso, un poeta extraordinario. Foi o membro
                máis sobranceiro dos nove novísimos, o grupo poético no que coincidiu con xente como Azúa, Gimferrer ou Panero.
                Manolo Vázquez Montalbán era un mestre, un sabio, un intelectual. Eu son só un home que conta historias. Non caben as
                comparacións.


               5.     Agora que Vostede soe estar fóra de Galiza, mudou a súa visión cara Galiza e os galegos? Aproxímase esta visión ou difire
                      ostensiblemente da do “Aragonés”?

                A miña visión é máis ou menos a mesma que tiven sempre. Gústame a miña terra e a xente que vive nela, e o feito de levar moitos
                anos lonxe non fixo outra cousa que reforzar esa idea.
                A visión que ten o aragonés non é de todo inventada: a miña muller é aragonesa coma Estévez. Ela fíxome ver que algúns dos
                tópicos teñen un fondo de realidade.


               6.     Poden algúns dos personaxes da súa obra (Alba, o pai...) ter que ver coa súa vida ou con Vostede?

                Por suposto que algúns teñen que ver coa miña vida, pois o oficio de escritor ten moito que ver con ter os ollos e as orellas ben
                abertos.
                O meu pai foi adegueiro, como o pai de Leo Caldas. El aprendeume o amor polo campo e transmitiume que as cousas importantes
                esixen tempo e agarimo.
                O Eligio, a taberna na que para todas as tardes Leo Caldas é a mesma na que paro eu cando estou en Vigo. Por iso o meu
                personaxe e mais eu temos en Carlos, o dono, un amigo común.




miércoles 9 de enero de 2013
Domingo Villar

                7.     Que supón para un escritor novel que a súa primeira novela xa sexa un éxito e que este medre coa
                       segunda? Impón este feito á hora de seguir a escribir?

                Supón unha sorpresa tremenda. Para min e para os meus editores. Eu conformábame con ver o meu
                primeiro libro publicado e mira as voltas que deu a cousa.
                En calquera caso, non teño nada claro que o éxito dun libro se mida en número de exemplares vendidos.
                Iso é éxito comercial, pero éxito literario é outra cousa: terte baleirado escribiendo, terlle dado unha
                parte de ti mesmo aos personaxes, ter andado o camiño con eles…
                Chegar a moitos lectores non supón unha carga. Ao revés, permite escribir coa tranquilidade de saber
                que os personaxes teñen amigos agardando por eles.

                8.     Estraña o feito de que trascendese tanta información sobre a súa próxima novela da triloxía.
                       Como xustifica este feito? Será unha maneira de tranquilizar aos lectores que devecen pola súa
                       lectura ou un simple feito de publicidade?
                                                                                                                                 Fonte: Atlántico


                A culpa é miña. Escribo moi despacio, a documentación lévame meses e logo doulle vinte voltas a cada cousa. O tempo vai correndo
                pero como ando mergullado na novela, pasándoo pipa, nin me entero. Nestes meses teño recibido moitos chamados de xornalistas
                interesándose polo libro e a algún acabei por contarlle algunha cousa.
                O problema é que antes a información que recollía a prensa a levaba o vento. Agora queda toda xunta no google, e pode semellar
                que paso o día falando do asunto, cando a realidade non é así.
                En todo caso, do miolo da historia ninguén sabe nada. Pouco favor faría ó lector revelando a trama.

                9.     Considera Vostede que se pode vivir da literatura ou quizais sexa unha simple utopía, máxime no noso idioma?

                Poder, pódese. Non sei se a cousa durará moito, pero aínda hai escritores que viven das súas obras (poucos) e outros que viven dos
                satélites da literatura (o oficio escritor ábrelles a porta como xuris de premios, columnistas de opinión, editores, tradutores…).
                Como di o meu axente, todo depende dos cartos que precise un para vivir.
                En calquera caso, a literatura non é un traballo, é unha paixón. Non se escribe para facer cartos senón para vivir outras vidas, para
                soñalas, para viaxar, para reflexionar, para vencer os medos… Moitos autores hoxe célebres viviron miserablemente pero sen deixar
                nunca de escribir.




miércoles 9 de enero de 2013
Domingo Villar



                10.    A terceira novela da súa triloxía leva por título “As cruces de pedra”, un título semellante ao duns ensaios de Castelao. Por que
                       ese título? Que supuxo, ou supón, para Vostede o mestre rianxeiro?

                É unha homenaxe a Castelao, claro, un xenio coa capacidade de condensar nunha frase ou nun
                debuxo o sentemento enteiro dun pobo.



                11.    Todas e todos imaxinamos “A praia dos afogados” no cine. Para cando? Que suporá este
                       feito para Vostede?

                A posibilidade de ver os meus personaxes no cinema prodúceme dúas sensacións case que
                contrapostas. Por unha banda, curiosidade por ver os personaxes imaxinados en carne e óso. Por
                outra, bastante medo por se resulta unha trapallada.
                A día de hoxe, non teño claro que finalmente A Praia dos afogados se adapte para o cinema. Hai
                un proxecto, un guión, un equipo artístico proposto…, pero a dificultade para atopar
                financiación vai facer que a meirande parte dos proxectos audiovisuais dos próximos anos queden
                reducidos a iso, a proxectos. Xa veremos que pasa con este.
                                                                                                                             Fonte: La Voz de Galicia


                12.    Que sensación experimentou cando dous ex-ministros (dona Trinidad Jiménez e don Alfredo Pérez Rubalcaba) alabaron e
                       recomendaron a súa novela nunha entrevista da CNN+?

                O meu pai, que non andaba en horas moi boas, estaba vendo na televisión a entrevista a Rubalcaba e quedou encantado cando o
                escoitou falar de min. Só polo alegrón que lle deu, estoulle moi agradecido.




miércoles 9 de enero de 2013
Domingo Villar


                13.    Cando fixemos o “Roteiro da Praia dos afogados” decatámonos da súa minuciosidade e precisión no tratamento do espazo na
                       súa novela. Ocorre sempre así ou moitas veces se inclina por un espazo inventado?

                Teño inventado espazos literarios en moitos contos, pero é certo que as novelas de Caldas avanzan por lugares reais. Para min é
                un xeito de estar de volta e de visitar co recordo a terra que deixei atrás. Poderíase dicir que a búsqueda de lugares coñecidos
                por min responde a unha cuestión terapéutica.




                                                                    Roteiro da Praia dos Afogados 11/12.
                                                                   Alumnado do IES Manuel Garcia Barros.




                14.    E para finalizarmos, sabemos do seu labor como crítico gastronómico. Que lugar ocupa a nosa gastronomía neste seu
                       apartado? Que prato ou pratos galegos soe recomendar? E preparar?


                Como Leo Caldas, morro por uns bos percebes. Tamén polas vieiras ao forno (sen xamón). Entre os peixes prefiro a raia.
                Penso que non preparo mal a empanada. Como din os de Telepizza, “o segredo está na masa”. Deume a receita Quico, un amigo que
                tiña un bar con sona de facer as masas de empanada máis finas de Vigo. Adoito fágoa de carne, xoubas ou mexillóns.




miércoles 9 de enero de 2013
A R IO
                                     IO N
                                 ES T
                               CU



miércoles 9 de enero de 2013
ra     Un personaxe galego e
                        h a ob
                 -a e un ?              un estranxeiro?              Un p
           u tor/ alegos                                                 erson
     / ha a aria g
   Un liter                 P az /     Antonio Palacios /                    axe l
                                                                                   i
                       dez                                                 iden terario c
                  nán
              Fer a (Ros      a        Leonardo da Vinci        Jim
                                                                       Haw      tifiq
                                                                                      ue?
                                                                                          o qu
                                                                                               e se
            n
        ustí stenci
      Ag esi             .
                                                                           k  ins (
                    ros)                                               illa d        o rap
         R
               A nei                                                          o tes        az d
                                                                                    ouro        ’A
                                                                                         ).
                                            Unha película de cine?
                     nto                      Unha historia
                   me
                onu bel?
           n m ientá                        verdadeira (David
         U
             sal         man
                        Th ur                    Lynch)
                                                                                   a obr
                                                                                         a
                 a                                                             u nh s?
           U   m                                                          - a e xeiro
                                                                       or/ ran               de
                                     Unha obra teatral?             aut est               Con .
                                                                 /ha aria
                                                                n er                / O as)
                                         Hamlet                U it
                                                                  l          ar thy um
                                                                         cC sto (    D
            Cal é a súa fonte de
                                                                      c M ecri
                                                                   ma ont
                                                                Cor M
                inspiración
                  A morriña                                        de

miércoles 9 de enero de 2013
Un lugar para visitar? e un lugar     Un tipo
          Un feito histórico?                                                                de músi
                                                                                                     ca? Unh
                                                  para descansar?                            canción         a
                                                                                                     ?
        O descubremento                     Escandinavia / Galicia              Depende
                                                                                         do estad
                                                                                ánimo /           o de
          da anestesia.                                                                  Samba e
                                                                               prelúdio            m
                                             Mundo rural/urbano?                        (Viniciu
                                                                                                 s de
                                               Praia/montaña?                        Morais)
                                               Rural pero non
                               i zar?
                      por real            illado / Praia sen moita              Un l
                                                                                       ugar
                 o
       na   ncei          can
                              .            xente nin moita calor.                           a xeita
    U                  un                                                                 lectu do para
                 Ter                                                           Un s            ra?      a
                                                                                    ofá p
                                        Un/ha autor/-a con quen se
                                                                                 chim     reto d
                                              identifique?
                                                                                      enea a
                                  Gústame o xeito de entender                               .
                                                              o oficio
                                    literario de Marina Mayora
                                                                 l.                           a ?
                                                                                       u topí
          Outro entretemento                                                   U nha        e
                                                                                        bos
          ademais da lectura?                                                   T odos sos.
                    Conversar.                                                    xe nero


miércoles 9 de enero de 2013

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

La actualidad más candente (18)

Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 

Destacado

Destacado (13)

Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso MonteroXesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Novela negra
Novela negraNovela negra
Novela negra
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 

Similar a Domingo villar

Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezAsnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsBibliotecaRevoltas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 

Similar a Domingo villar (20)

Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 

Más de Asnosasletras

Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Más de Asnosasletras (11)

Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Domingo villar

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Domingo Villar Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 9 de enero de 2013
  • 2. Domingo Villar 1. Naceu Vostede nos últimos anos do franquismo. Como lembra aqueles primeiros anos de vida naquel Vigo efervescente? Puideron influír no seu compromiso coa nosa lingua, coa nosa cultura? Franco morreu cando eu tiña cinco anos, así que pouco me lembro daquelo. Crecín nun Vigo en reconversión e, en efecto, cunha grande efervescencia cultural que era máis evidente no eido da música ca nos outros, polo menos así o percibía eu daquela. 2. Cando contaba Vostede cuns 13 anos publicouse a considerada primeira novela negra en galego (“Crime en Compostela”). Foi Vostede lector desde xove de novela negra? Que pode aportar este xénero á nosa narrativa? É curioso que o morto do meu primeiro libro se chame Reigosa, como o autor de Crime en Compostela. Bauticeino así sen decatarme da coincidencia, pero Carlos Reigosa ten o convencemento freudiano de que todo foi unha escusa para matar ao pai (o pai da novela negra galega, enténdese) ás primeiras de cambio. O certo é que Carlos Reigosa é un escritor soberbio e un home encantador e sabio. O mesmo ten razón. O máis interesante da novela negra, ao meu ver, é que retrata a sociedade na que se desenrolan os crimes e a investigación que o autor vai narrando. Isto vale para amosar como é a vida en Galicia ou en Bangkok. Calquera esceario e bo. 3. Andou a súa pluma en aventuras de novela negra antes de “Ollos de auga”? De ser certo, por que ficaron estes intentos no anonimato? Que lle acontece cando a súa “investigación” de escritor se estanca? Ollos de auga é a primeira historia de largo alento que escribín. Sempre, dende neno, escribira contos, historias breves. Lembro que para un traballo fin de curso en Historia, na universidade, fíxen un conto satírico coas andanzas dunha concubina de Nerón. A catedrática quedou perplexa, sen saber se reprenderme ou felicitarme. Ao final apiadouse de min e aproboume con boa nota. Sempre estou a escribir. Se non é unha novela son notas para futuros libros, contos para os meus fillos, cousiñas que escribo para min… Fonte: As Miñas Lecturas miércoles 9 de enero de 2013
  • 3. Domingo Villar 4. Que autor ou autores influíron na súa obra e en que medida? Gustaríalle que o comparasen con Vázquez Montalbán para a nosa literatura? Vázquez Montalbán non era só un escritor de novela negra. Pepe Carvalho deulle cartos e sona, pero Vázquez Montalbán foi moito máis ca iso. Era un xornalista agudo e valente, narrador, ensaísta e, por riba de todo iso, un poeta extraordinario. Foi o membro máis sobranceiro dos nove novísimos, o grupo poético no que coincidiu con xente como Azúa, Gimferrer ou Panero. Manolo Vázquez Montalbán era un mestre, un sabio, un intelectual. Eu son só un home que conta historias. Non caben as comparacións. 5. Agora que Vostede soe estar fóra de Galiza, mudou a súa visión cara Galiza e os galegos? Aproxímase esta visión ou difire ostensiblemente da do “Aragonés”? A miña visión é máis ou menos a mesma que tiven sempre. Gústame a miña terra e a xente que vive nela, e o feito de levar moitos anos lonxe non fixo outra cousa que reforzar esa idea. A visión que ten o aragonés non é de todo inventada: a miña muller é aragonesa coma Estévez. Ela fíxome ver que algúns dos tópicos teñen un fondo de realidade. 6. Poden algúns dos personaxes da súa obra (Alba, o pai...) ter que ver coa súa vida ou con Vostede? Por suposto que algúns teñen que ver coa miña vida, pois o oficio de escritor ten moito que ver con ter os ollos e as orellas ben abertos. O meu pai foi adegueiro, como o pai de Leo Caldas. El aprendeume o amor polo campo e transmitiume que as cousas importantes esixen tempo e agarimo. O Eligio, a taberna na que para todas as tardes Leo Caldas é a mesma na que paro eu cando estou en Vigo. Por iso o meu personaxe e mais eu temos en Carlos, o dono, un amigo común. miércoles 9 de enero de 2013
  • 4. Domingo Villar 7. Que supón para un escritor novel que a súa primeira novela xa sexa un éxito e que este medre coa segunda? Impón este feito á hora de seguir a escribir? Supón unha sorpresa tremenda. Para min e para os meus editores. Eu conformábame con ver o meu primeiro libro publicado e mira as voltas que deu a cousa. En calquera caso, non teño nada claro que o éxito dun libro se mida en número de exemplares vendidos. Iso é éxito comercial, pero éxito literario é outra cousa: terte baleirado escribiendo, terlle dado unha parte de ti mesmo aos personaxes, ter andado o camiño con eles… Chegar a moitos lectores non supón unha carga. Ao revés, permite escribir coa tranquilidade de saber que os personaxes teñen amigos agardando por eles. 8. Estraña o feito de que trascendese tanta información sobre a súa próxima novela da triloxía. Como xustifica este feito? Será unha maneira de tranquilizar aos lectores que devecen pola súa lectura ou un simple feito de publicidade? Fonte: Atlántico A culpa é miña. Escribo moi despacio, a documentación lévame meses e logo doulle vinte voltas a cada cousa. O tempo vai correndo pero como ando mergullado na novela, pasándoo pipa, nin me entero. Nestes meses teño recibido moitos chamados de xornalistas interesándose polo libro e a algún acabei por contarlle algunha cousa. O problema é que antes a información que recollía a prensa a levaba o vento. Agora queda toda xunta no google, e pode semellar que paso o día falando do asunto, cando a realidade non é así. En todo caso, do miolo da historia ninguén sabe nada. Pouco favor faría ó lector revelando a trama. 9. Considera Vostede que se pode vivir da literatura ou quizais sexa unha simple utopía, máxime no noso idioma? Poder, pódese. Non sei se a cousa durará moito, pero aínda hai escritores que viven das súas obras (poucos) e outros que viven dos satélites da literatura (o oficio escritor ábrelles a porta como xuris de premios, columnistas de opinión, editores, tradutores…). Como di o meu axente, todo depende dos cartos que precise un para vivir. En calquera caso, a literatura non é un traballo, é unha paixón. Non se escribe para facer cartos senón para vivir outras vidas, para soñalas, para viaxar, para reflexionar, para vencer os medos… Moitos autores hoxe célebres viviron miserablemente pero sen deixar nunca de escribir. miércoles 9 de enero de 2013
  • 5. Domingo Villar 10. A terceira novela da súa triloxía leva por título “As cruces de pedra”, un título semellante ao duns ensaios de Castelao. Por que ese título? Que supuxo, ou supón, para Vostede o mestre rianxeiro? É unha homenaxe a Castelao, claro, un xenio coa capacidade de condensar nunha frase ou nun debuxo o sentemento enteiro dun pobo. 11. Todas e todos imaxinamos “A praia dos afogados” no cine. Para cando? Que suporá este feito para Vostede? A posibilidade de ver os meus personaxes no cinema prodúceme dúas sensacións case que contrapostas. Por unha banda, curiosidade por ver os personaxes imaxinados en carne e óso. Por outra, bastante medo por se resulta unha trapallada. A día de hoxe, non teño claro que finalmente A Praia dos afogados se adapte para o cinema. Hai un proxecto, un guión, un equipo artístico proposto…, pero a dificultade para atopar financiación vai facer que a meirande parte dos proxectos audiovisuais dos próximos anos queden reducidos a iso, a proxectos. Xa veremos que pasa con este. Fonte: La Voz de Galicia 12. Que sensación experimentou cando dous ex-ministros (dona Trinidad Jiménez e don Alfredo Pérez Rubalcaba) alabaron e recomendaron a súa novela nunha entrevista da CNN+? O meu pai, que non andaba en horas moi boas, estaba vendo na televisión a entrevista a Rubalcaba e quedou encantado cando o escoitou falar de min. Só polo alegrón que lle deu, estoulle moi agradecido. miércoles 9 de enero de 2013
  • 6. Domingo Villar 13. Cando fixemos o “Roteiro da Praia dos afogados” decatámonos da súa minuciosidade e precisión no tratamento do espazo na súa novela. Ocorre sempre así ou moitas veces se inclina por un espazo inventado? Teño inventado espazos literarios en moitos contos, pero é certo que as novelas de Caldas avanzan por lugares reais. Para min é un xeito de estar de volta e de visitar co recordo a terra que deixei atrás. Poderíase dicir que a búsqueda de lugares coñecidos por min responde a unha cuestión terapéutica. Roteiro da Praia dos Afogados 11/12. Alumnado do IES Manuel Garcia Barros. 14. E para finalizarmos, sabemos do seu labor como crítico gastronómico. Que lugar ocupa a nosa gastronomía neste seu apartado? Que prato ou pratos galegos soe recomendar? E preparar? Como Leo Caldas, morro por uns bos percebes. Tamén polas vieiras ao forno (sen xamón). Entre os peixes prefiro a raia. Penso que non preparo mal a empanada. Como din os de Telepizza, “o segredo está na masa”. Deume a receita Quico, un amigo que tiña un bar con sona de facer as masas de empanada máis finas de Vigo. Adoito fágoa de carne, xoubas ou mexillóns. miércoles 9 de enero de 2013
  • 7. A R IO IO N ES T CU miércoles 9 de enero de 2013
  • 8. ra Un personaxe galego e h a ob -a e un ? un estranxeiro? Un p u tor/ alegos erson / ha a aria g Un liter P az / Antonio Palacios / axe l i dez iden terario c nán Fer a (Ros a Leonardo da Vinci Jim Haw tifiq ue? o qu e se n ustí stenci Ag esi . k ins ( ros) illa d o rap R A nei o tes az d ouro ’A ). Unha película de cine? nto Unha historia me onu bel? n m ientá verdadeira (David U sal man Th ur Lynch) a obr a a u nh s? U m - a e xeiro or/ ran de Unha obra teatral? aut est Con . /ha aria n er / O as) Hamlet U it l ar thy um cC sto ( D Cal é a súa fonte de c M ecri ma ont Cor M inspiración A morriña de miércoles 9 de enero de 2013
  • 9. Un lugar para visitar? e un lugar Un tipo Un feito histórico? de músi ca? Unh para descansar? canción a ? O descubremento Escandinavia / Galicia Depende do estad ánimo / o de da anestesia. Samba e prelúdio m Mundo rural/urbano? (Viniciu s de Praia/montaña? Morais) Rural pero non i zar? por real illado / Praia sen moita Un l ugar o na ncei can . xente nin moita calor. a xeita U un lectu do para Ter Un s ra? a ofá p Un/ha autor/-a con quen se chim reto d identifique? enea a Gústame o xeito de entender . o oficio literario de Marina Mayora l. a ? u topí Outro entretemento U nha e bos ademais da lectura? T odos sos. Conversar. xe nero miércoles 9 de enero de 2013