2. Euloxio R. Ruibal
1. A súa adolescencia estivo enmarcada na mediada ditadura. Até que punto estas vivencias e experiencias influíron na súa obra e
no seu compromiso futuro? Cal foi a circunstancia que vostede non publicase até os fins desta ditatura?
Hai todo un proceso de concienciación que provén da infancia e se completa, reafirma e incita á acción na adolescencia. Os
comentarios escoitados no fogar (moitos propiciados pola prensa, radio ou televisión), as conversas cos amigos e compañeiros,
lecturas, observacións da realidade circundante, etc., quizais constitúan os máis importantes. A participación, ademais, en grupos
de teatro ou a asistencia ao cine club (no que, como xa sabedes, había presentación e proxección dun filme de asegurada calidade,
seguidas dun coloquio) foi, seguramente, determinante na conformación do compromiso (ético-estético) ao que vos referides.
Non publiquei até 1974 (Zardigot, Galaxia) porque a miña obra estaba formada fundamentalmente por guións de cinema ou por
obras de aprendizaxe. Tampouco era doado publicar se non se dispuña dun recoñecemento literario.
2. Nacer nun concello próximo á Compostela na que se estaba a vivir un novo rexurdimento tanto literario como social fixo que
xermolase en Vostede o espírito galeguista e literario?
Penso que non. Eu vin para Santiago de neno e aquí fixen xa os estudos de
primaria. Mantiña relación con Ordes, iso si, a onde acudía polas vacacións, ás
festas ou a xuntanzas familiares. Eu ía a Ordes divertirme. Claro que sempre
queda un pouso… No idioma, fundamentalmente no idioma. Na miña familia
sempre se falou galego.
3. Desde moi xove aparece Vostede inmiscido na escena teatral galega, xa
como participante, xa como creador de grupos de teatro (Obradoiro). Será
que reviviu en Vostede a necesidade dun novo teatro en Galiza, dunha
renovación? Ou será máis ben que para aquela época este xénero literario
for máis necesario como ocorrera a comezos do século?
A min o que me gustaba era participar nas montaxes teatrais. Foi onde ampliei e
(re)orientei as miñas lecturas, onde aprendín a ser (auto)crítico, onde sentín a
necesidade de coñecer as diferentes poéticas, onde aumentaron tódalas miñas
inquedanzas tanto no eido socio-político como no artístico.
miércoles 23 de enero de 2013
3. Euloxio R. Ruibal
4. Que supón para un escritor ser o primeiro gañador dun novo certame (Abrente, Teatro infantil O Facho)? É un consciente
neses intres da repercusión futura, máxime no de Ribadavia que deu incluso lugar a unha denominación xeracional?
Abriume moitas portas. Permitiume coñecer a Ricard Salvat, e xa, máis tarde, a Xavier Fábregas (quizais o crítico que máis me
apoiou e animou; promoveu, por certo, a tradución ao catalán e logo a estrea dunha peza infantil miña en Barcelona, que logo
itinerou por Cataluña; tentou que se traducise a esa lingua Zardigot… Mágoa que morrese tan novo.), José Monleón, Moisés Pérez
Coterillo, Ricardo Doménech, Alves Costa… Eu aquí en Galicia xa coñecía a Eduardo Blanco-Amor, García-Bodaño, Méndez Ferrín,
Xavier Carro, Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Díaz Pardo… Todos me axudaron e deron azos para continuar como dramaturgo.
Daquela, eu non era consciente, claro. Podía intuír algo, pero tanto a precariedade entón imperante como a incerteza política non
me permitían moito optimismo.
5. Dende a súa ollada contemporánea, como xulgaría Vostede as Mostras de Teatro de Ribadavia para a nosa dramaturxia actual?
Penso que foron determinantes. Déronlle un pulo de grande relevancia. Xa forman parte da nosa historia cultural. Sen a súa
existencia, a nosa dramaturxia actual talvez fose abondo diferente. Pero isto correspóndelle estudalo aos especialistas.
6. Chámanos a atención o espazo dunha decada de ausencia de obra súa
(77-87). Sería que Vostede enxergou na sociedade democrática galega
aquilo que amosou na súa obra satírica “Azos de esguello” gañadora do
Álvaro Cunqueiro do ano 89?
Algo pode haber diso. Nunca o tiña matinado. Nese tempo escribín pouco e a
miña idea dun cinema galego (que debía comezar por crear unha canteira
viva de documentalistas) esfarelouse de vez. Por outra banda, inaugurei por
aquel entón (1975 e 1978) dúas galerías de arte (unha, Citania, resistiu até
os nosos días); como podedes imaxinarvos, tiña traballo abondo coa súa
xestión. (De tódolos xeitos, as contas non están ben botadas. Hai, en efecto,
un baleiro, pero diferente. Publiquei unha peza en homenaxe a Seoane
(Grial, 1979) e A marquesiña encantada está datada en 1986. Alguén escribiu Euloxio R.Ruibal
que houbo un silencio dunha década e xa non o imos modificar por moito que
teimemos. E tampouco, polo demais, sei se paga a pena.)
miércoles 23 de enero de 2013
4. Euloxio R. Ruibal
7. Tan agoireiro era, ou aínda é, Vostede para amosar o seu diagnóstico socio-político na súa obra “Azos de esguello” para que
aínda hoxe en día sexa, como dixo Vostede, “unha obra que anticipaba unha situación que hoxe se está a reproducir con máis
forza”? Considera que esta súa obra, o mesmo que outras obras nacidas en plena democracia, foron obxecto de censura
encuberta?
Si, foron censuradas; unhas en Galicia de forma encuberta (comprobeino), como Azos de esguello, e outras abertamente, en
Madrid. Zardigot, por exemplo tivo problemas coa censura centralista (foi burlada con habelencia por Teatro Circo para
representala) e outras, como O cabodano, prohibíronse totalmente pola censura previa, a do texto (había, como é sabido, unha
segunda, a da montaxe). A censura actual, que non existe legalmente, pero si na realidade, é moito máis raposeira. E non deixa
rastro. Se non lle interesa ao poder (político, económico, militar, xudicial…) que se represente, abonda con poñerlle chatas
estéticas á obra, ou con concederlle unha axuda insuficiente…
Non creo que teña nada de agoireiro, aínda que haxa por aí quen o diga (o profesor e crítico Anxo Abuín, por exemplo, referíndose
tamén a Maremia). Con observar un chisco a realidade… E isto é o que debe facer todo escritor.
8. Que importancia lle concede Vostede ao teatro infantil e xuvenil para a nosa literatura?
É unha das nosas grandes carencias. Merece moitísima máis atención por parte de tódolos axentes socioculturais implicados.
Calquera sabe que aí, no teatro representado por nenos ou mozos, ou na existencia de obras pensadas expresamente para eles
(conforman un público do máis intelixente e sensíbel), xogamos unha parte importante do futuro da nosa cultura.
9. Tan renovador foi Vostede na súa obra teatral para ser considerado como un dos renovadores do noso teatro? Onde cre Vostede
que radicou esa renovación?
Gustaríame que fose certo iso. Moitas grazas. Eu limiteime a tentar escribir un teatro cunha temática actual, un teatro para o
público noso. O teatro que coñecín por medio de lecturas, vídeos (e algún filme) ou representacións nos teatros europeos (e algún
americano) necesariamente tiveron que influír na conformación da miña vertente estética. Eu niso non son moi consciente, non me
autoanalizo. Non sei… Nin me interesa. Considero que condiciona. Procuro ser, dentro do posíbel, intuitivo, escribir libremente sen
nada que me limite. O que me importa no momento de escribir é a creatividade. Sen esquecer o destinatario, por suposto.
miércoles 23 de enero de 2013
5. Euloxio R. Ruibal
10. Que pegada deixaron en Vostede importantes autores da nosa dramaturxia como Castelao ou Blanco Amor? E Valle Inclán?
Houbo outros influxos? Até que punto se hoxe vivise Valle Inclán non sería quen da parar de facer “esperpentos”?
Eu non sei o que faría Valle, mesmo é posíbel que crease outra estética máis eficaz para este século, pero tedes toda a razón do
mundo en que non daría feito, “acumularíaselle o choio”. “Esperpentos” hóuboos sempre, pero os que estamos a padecer semellan
insuperábeis. E quizais non coñezamos nin a décima parte dos existentes…!
Mais vaiamos coa vosa pregunta. Gústame a “farsa para caretas“ de Castelao; tamén, as farsas de Eduardo Blanco-Amor. Entre os
escritores galegos, interésanme así mesmo Rafael Dieste e Otero Pedrayo. Parécenme notabéis as obras de Xaime Quintanilla e
Manteiga, sobre todo se as situamos no contexto en que foron escritas. A unha altura moito maior, por suposto, atópase Valle-Inclán. É
grandioso, fascinante, único…!
Ademais do repertorio das grandes obras do teatro clásico universal (gregas, isabelinas, españolas), interesáronme (e aínda me
interesan, claro) Chejov, Synge, Brecht, Genet, Ghelderode, Weiss, Camus, Miller, Pirandello, Beckett, Pinter, Müller… E aínda algúns
máis.
Pero tamén cómpre referirse aos espectáculos. A min as montaxes que máis me
impresionaron foron dúas de Marat-Sade, de P. Weiss: tanto a de Marsillach, como
a de Peter Brook (versión cinematográfica). Entre outras varias, lembro con
especial emoción Cemiterio de coches, de Arrabal, con dirección de Víctor García;
e deste mesmo director, As criadas de Genet, e Yerma de Lorca. O círculo de xiz,
de Brecht, dirixida por José Luis Alonso, foi unha magnífica posta en escena que
me fixo comprender moito mellor a estética do grande autor alemán. Máis tarde
completaríase con Galileo Galilei, escenificada por Vitez. Tamén, aínda que xa
posteriomente, A tempestade, dirixida por Brook. Xa, máis adiante, fascináronme
montaxes de Benno Besson, Wilson, Vitez, Bergman, Kantor, Pascual, Lavelli… E
non quixera esquecer o teatro independente. Trouxeron a Galicia espectáculos de
enorme interese. Grupos como Los Goliardos, Joglars… e outros varios, foron
imprescindíbeis para adentrarme no rico e suxerente mundo do teatro con arelas
anovadoras.
Non me preocupo polas influencias. Non sei que respostar a isto. Non é doado
para min. Podo falar do que me gusta ou interesa, pero logo igual non ten moito
que ver cunha relación intertextual.
miércoles 23 de enero de 2013
6. Euloxio R. Ruibal
11. Que función teñen para a nosa normalización literaria organismos coma a AELG (da que Vostede foi presidente) ou a propia RAG
(á que Vostede pertence na actualidade)?
A AELG é unha asociación para a defensa dos intereses profesionais dos escritores de Galicia que se expresan en galego. Isto xa
xustificaría a súa existencia. Pero é moito máis. Organiza actos culturais, promove a escrita e a cultura do país, realiza intercambios
con outras nacións, defende todo o que teña que ver coa literatura e as demais artes, mantense en primeira liña na defensa do noso
idioma…
A RAG, como institución centenaria que é, posúe un extraordinario legado arquivístico e bibliógráfico dunha relevante importancia
tanto pola cantidade como polos seus valores intrínsicos. E este legado ten que custodialo e conservalo en óptimas condicións, para
poñelo a disposición dos estudosos. Pero ademais de todo o que atinxe ao patrimonio material, posúe a responsabilidade da
normativización lingüística oficial (aínda que tamén a defensa e promoción do idioma), a confección dos diferentes dicionarios… Non
debemos esquecer a proxección do seu labor na sociedade: correspóndelle á RAG a defensa, promoción e fomento, asesoramento,
estudo científico e investigación da lingua e da cultura galegas. E isto, procurando sintetizar. Poderiámonos extender aínda máis, pero
abonde só con salientar que se trata dun labor calado e laborioso de catalogación, arquivo, custodia, estudo, publicacións moi
específicas… A RAG non organiza normalmente actos culturais, non é a súa misión, pero non debemos esquecer o enorme potencial
promotor e divulgador que se proxecta por medio da promulgación e celebración do Día Das Letras Galegas, que ocasiona un inmenso
movemento literario (e artístico), dunha repercusión de incalculábeis dimensións, por toda a xeografía galega (e mesmo no exterior),
especialmente durante os días que preceden ou seguen ao 17 de maio de cada ano; pero que logo en realidade abranguen ou propician
tamén, en maior ou menor medida, outras variadas actividades tódolos meses. A RAG, ademais, participa sempre ou colabora nas
conmemoracións de todo tipo de aniversarios correspondentes a eminentes galeguistas do noso pasado. Entre os actos deste tipo
cómpre que lembremos os máis recentes, os dedicados a Añón, Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro, Seoane…
12. Tocou Vostede algo a narrativa e nada a lírica. Cales cre que son as causas? Tan cómodo se sente escribindo teatro como para
case obviar outros xéneros?
Pois si. Isto foi certo até hai unhas semanas. Pero xa non o é: acabo de presentar hai uns días Caderno de Ordes, un pequeño
poemario dedicado totalmente aos meus eidos nativos. Non atopei mellor maneira de homenaxear ás xentes de meu.
Interésame moito o audiovisual. E escribo de cando en vez algún guión. Pero coido que fundamentalmente son dramaturgo. O groso
da miña obra, tal como dicides, céntrase na dramática. Síntome cómodo escribindo teatro, quizais onde mellor me expreso, pero
gosto de cando en vez xogar ao intrusismo.
miércoles 23 de enero de 2013
7. Euloxio R. Ruibal
13. Vostede desempeña na RAG unha función importante como “Arquiveiro”. Aínda quedan nos baúis da RAG cousas por descubrir?
Que supón para a nosa literatura o fondo existente nesta institución? Que pensa Vostede que de contino a nosa RAG teña que
se estar a queixar da falta de axudas institucionais? Tan pouco representa a Academia para os nosos gobernantes ou máis ben
será causa de pensamento?
Si, actualmente formo parte da Comisión Executiva como arquiveiro-bibliotecario. Seguimos a ter problemas de espazo, pero,
afortunadamente, xa non hai caixas esquecidas ou estradas polo chan adiante. Tanto o arquivo como a biblioteca fóronse
modernizando dende hai xa máis dunha década, antes de eu chegar. Agora, grazas aos profesionais que as atenden, e os
acondicionamentos que se fixeron está todo en moito mellor estado de ordenación e conservación. Cumpría mellorar aínda algúns
aspectos, ampliar instalacions, pero iso xa depende de que nos vaian achegando os fondos necesarios, de que atendan nese sentido
as esforzadas e teimudas peticións de chamamento do noso presidente, Méndez Ferrín, para que os correspondentes gobernos nos
inclúan nos orzamentos cunhas partidas fixas e suficientes para o axeitado funcionamento e modernización da biblioteca, do
arquivo, e outras dependencias administrativas.
14. E para finalizarmos, que futuro lle agoira á nosa lingua e á
nosa literatura en xeral? E en particular ao noso teatro?
Son optimista e desexo seguir séndoo, pero… a realidade é que nos
están esmagando, que a corrente neoliberal reinante, de xinea
fascistoide, non repara en destruír todo canto lles ula a conquista
sociocultural galeguista. O que tanto tempo e esforzo levou
construír (lembremos que estamos a falar dunha institución
centenaria: o futuro da RAG está intimamente unido ó da nosa
cultura), pode ser esfarelado en cuestións de meses. O que non
podemos e determos, ficar de brazos cruzados. E precisamos a
axuda, colaboración e apoio de todos.
De nada vale a RAG sen unha cultura viva na sociedade. E unha
lingua e unha literatura de gran potencialidade son as que lle dan
sentido e razón de ser á RAG. É moi obvio. Por iso precisamos con Euloxio R.Ruibal nunha sesión da
premura unha resistencia activa que poña freo a todo tipo de
ataque, desleixo, esquecemento de obrigas… O teatro, que precisa RAG
de máis medios de todo tipo, leva a peor parte… Unha mágoa.
miércoles 23 de enero de 2013
8. A R IO
IO N
ES T
CU
miércoles 23 de enero de 2013
9. Un personaxe galego e
a obra
e unh un estranxeiro?
Un p
r/-a egos?
auto gal Sinbad. Hamlet, erson
/ha raria
Un lite or. A axe l
i
o-Am Edipo, Don Quixote iden terario c
anc tifiq o qu
o Bl rga
ard smo
ue? e se
Edu e ...
Cal é a súa fonte de
o
Unha película de cine? inspiración
m ent
nu bel?
Cidadán Kane , de
As pequenas cousas da mo tá ago
vida cotiá. O paseo, a Un lien a nti
sa d e S ela
Orson Welles lectura, a conversa cos d ral post
ate Com
amigos… A C de
Un/ha autor/-a e unha obra
Unha obra teatral? literaria estranxeiros?
Marat-Sade , de Peter Juan Rulfo. El llano en
Weiss llamas
miércoles 23 de enero de 2013
10. Un lugar para visitar? e un lugar
Un feito histórico? para descansar? Un tipo
de músi
Praga. O balneario de ca? Unh
A Revolución canción
?
a
francesa. Caldelas (Portugal). Bach. Co
ncertos d
Brander e
burgo.
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Un l
eali zar? ugar
por r Julio Cortázar. axeita
anc
eio e taña lectu do para
U n r a Br
orre cesa.
Calq ra? a
Perc ran uera
f
tran parq
Mundo rural/urbano? quil ue
Praia/montaña? o.
Non son incompatíbeis.
Outro entretemento
uto pía?
ademais da lectura? nha
U
d ade
Pasear, “excursionear”. F elici sal.
un iver
miércoles 23 de enero de 2013