SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 9
Descargar para leer sin conexión
Literatura Galega
                             do Século XX e da Actualidade
                               Suso de Toro



                                      Entrevista
                               IES Manuel García Barros
                                      A Estrada
                                                              Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                      Fotos: © Todos os dereitos reservados
martes 15 de enero de 2013
Suso de Toro

              1.     Como lembra Vostede aqueles anos de xuventude naquela fervente Compostela de fins da ditadura? E dos seus primeiros anos
                     universitarios xusto antes da caída do ditador? Até que punto aquela etapa puido marcar a súa obra literaria posterior? Foi o
                     ambiente familiar ou o social o que puido marcar que tanto Vostede coma seu irmán se adicasen á escrita?
               Recoñezo que aqueles anos tan espesos, con cousas boas e malas, foron o momento no que vivín a vida con maior intensidade. Eu
               lembro aquel tempo con regusto agredoce, a dozura da xuventude que vive a vida como unha aventura até a fin e tamén o
               amargo daquela sociedade encerrada e afogada nunha cousa sinistra e miserábel. Eu desde rapaz sempre tiven dúas veas que
               sempre estiveron aí, dunha banda querer cambiar a vida para eliminar inxustizas e, doutra banda, vivir unha vida dedicado á
               arte. E dentro da arte eu dubidaba entre ser pintor ou escritor, e de certo que me tomei iso moi en serio e fixen o que puiden
               por formarme e “preparme” nos dous campos. Finalmente logo de comezar a debuxar e a escribir, perdín escritos daquela época
               naturalmente, cruzóuseme a outra vea, e entrei nunha militancia política moi intensa que me fixo abandonar calquera outra
               cousa. Seguín así varios anos aínda despois da morte de Franco e non me puxen de novo a intentar o de escribir até o comezo dos
               anos oitenta.
                  A miña memoria daqueles anos é distinta da da maioría de persoas que viviron eses anos en Santiago como estudantes, pois eu
               era veciño da cidade, ademais de estudar traballaba servindo nun negocio familiar moi concorrido e iso tróuxome moitos
               problemas como militante político que precisaba da clandestinidade. Foi algo duro, lembro situacións abondo miserábeis, como
               ter que despachar bebida aos mesmos policías que me detiveran un mes antes por exemplo. Ou que un cliente e veciño canalla a
               mesma mañá na que fusilaron a cinco mozos antifascistas viñese a sinalarme co dedo e a berrar diante dos demais clientes, “¡aos
               comunistas había que fusilalos a todos!”. Era unha situación difícil para a miña familia, aos meus pais non lles facía gracia
               ningunha. Aínda que lembro unha vez que un veciño, que tiña un fillo preso por roubar, acusou ao meu pai de ter fillos
               comunistas e o meu pai contestoulle: “os meus fillos serán comunistas pero son boas persoas, axudan aos seus pais e ademais non
               rouban”. Lembrar iso aínda hoxe me fai sorrir de orgullo polo meu pai.

              2.     Como podería xustificar a súa inclinación cara unha carreira universitaria nun principio bastante allea a un desenvolvemento
                     literario? Tivo que botar man algunhas veces dos seus coñecementos universitarios á hora de escribir unha obra literaria?
               Eu o que quería estudar era Belas Artes, o que ocorre é que cando o falei na casa os meus pais me dixeron que non me podían
               pagar unha carreira en Madrid, Barcelona ou calquera outro sitio e que lles facía falta na casa; que escollese  unha carreira das
               que  había en Santiago, como os meus irmáns. Entón pensei a última hora e sen información ningunha en estudar Filoloxía por
               estudar galego, mais cando cheguei alí primeiro vin que non habendo aínda a licenciatura en galego portugués só habería
               algunhas asignaturas de galego e aínda por riba encontrábame coa asignatura de francés e eu estudara inglés, como eu nese
               momento non era nada bo estudante acordei cambiarme para a facultade do lado onde estudaba un moi amigo meu. E fun para
               Xeografía e Historia, posteriormente escollín a rama de Arte, mais non foi por un interese xa que eu estudara arte
               contemporánea pola miña conta e non aprezaba nada o que nos aprendían na facultade. Non sei dicir se fun completamente xusto
               na valoración do que alí nos aprendían, eu penso máis ben que tiña razón.




martes 15 de enero de 2013
BernardinoToro
                                                                                                                          Suso de Graña

              3.     Deducimos pola maior parte das súas obras que case seguro que Vostede é unha persoa afeccionada ao cinema. Pode esta
                     afección condicionar a escrita e a temática dunha obra narrativa? Ou máis ben o de que unha obra se poida adaptar a cinema
                     é algo que xurda a posteriori? Desde logo que o ocorrido con “Todo é silencio” de Manuel Rivas podería ser ilustrativo deste
                     feito de interdependencia literatura-cinema aínda que o proceso for ao revés, ou non?

               Na vida e na arte desde logo non hai que temer tanto contaminármonos que nos paralice.
               Non temo que me luxo o cinema ou a pintura, como non temo que a literatura se luxe pola
               vida e as impurezas. Polo contrario, na arte amo a impureza porque está viva, o que está
               perfecto está morto. O cinema, como a todo o mundo, tenme influido de modo
               inconsciente e tamén de modo moi consciente, hai no século XX unha corrente enteira de
               literatura contaminada desa grande arte que é o cinema. O cinema é unha maravilla. Por
               outro lado hai unha relación moi estreita entre varios libros meus e proxectos
               cinematográficos.


              4.     Como podería xustificar que comezando con vinte anos a escribir teatro                    Suso de Toro co seu libro
                     practicamente non publicase case nada deste xénero e se inclinase claramente cara
                     ao xénero narrativo?                                                                            Sete palabras.

               Porque comecei a rabuñar unhas cuartillas, horrorosas, para unha compañía amadora, o teatro haino que escribir para ser
               representado, non para a lectura solitaria. Con todo dous ou tres libros meus foron adaptados ao teatro e escribín unha comedia,
               “Unha rosa é  unha rosa”, para  unha compañía teatral. Que logo se publicase en libro é unha consecuencia, o que importa no
               teatro son os actores e actrices nun escenario.


              5.     A súa obra narrativa moitas veces reconverteuse para ser levada ao cinema e outras veces ao escenario teatral. Realmente as
                     fronteiras entre estes xéneros son tan simples ou iso é debido a outras circunstancias puntuais?

               Penso que é debido a que a miña escrita é precisamente moi cinematográfica e moi teatral. Hai anos que comprendín que o que
               adoro é escribir para que actores e actrices digan as miñas palabras. Penso que a verdadeira vida da literatura é cando é
               pronunciada en voz alta.




martes 15 de enero de 2013
BernardinoToro
                                                                                                                            Suso de Graña

              6.     Como enxerga o seu futuro literario un escritor ao que lle conceden premio tras premio cada un máis importante, que os
                     críticos lle cualifican unha obra súa como das mellores novelas da literatura galega? Impón este feito á hora de se enfrontar a
                     novos retos literarios ou é máis ben un pulo?
               Renunciei ao futuro, retireime. Se publicase algo algún día, caso de ter tempo e  estar animado a publicar,
               daquela non había ser con ansia de chegar a moitos lectores, o xusto únicamente para que o editor e mais
               eu quedásemos contentos.

              7.     Vostede que fixo guións para a TV, nunca se plantexou retomar un destes guións para unha nova novela?

               Teño algún argumento para unha serie de TV por algures, nalgún ordenador, mais… E “Trece Badaladas”
               naceu inicialmente para ser unha serie de TV, o que ocorre é que non houbo quen lle interesase. Foi lástima
               porque traballara moito na serie e daría unha serie linda. Mais hai o que hai, este país é como é e eu tamén
               son como son.

              8.     En cal das dúas facetas se sente máis a gusto, como tertuliano nun medio de comunicación ou ben
                     mergullado na escrita dunha novela? Ter que improvisar e argumentar nunha tertulia é máis doado           Obra de Suso de
                     para unha persoa coma Vostede afeita a imaxinar, a xogar coa lingua e coas técnicas literarias?           Toro levada a TV

               Todo ten a súa dignidade e o seu sentido se se fai de boa fe e querendo que sexa de utilidade. Nas tertulias na Ser contrastei
               puntos de vista con persoas intelixentes e informadas que pensaban distinto e moi distinto de min, iso tamén me fixo máis
               intelixente. Se se ten un chisco de humildade aprendes de todo e de todos. Agora que o que me deu orgullo íntimo e cando
               escribía algo do que me sentía orgulloso.


              9.     Cales cre Vostede que son as concomitancias entre Tic Tac e Círculo para iren da man tanto na súa adaptación ao teatro
                     coma para seren conxuntadas na obra O príncipe manco?

               Penso que si, e pode que un volumen que agrupe a eses dous libros sexa a miña obra de maior peso. Aínda que ás veces un libro máis
               simple é máis duro e duradeiro, nunca se sabe.




martes 15 de enero de 2013
BernardinoToro
                                                                                                                          Suso de Graña


              10.    Que lle falta á nosa literatura galega para que escritoras e escritores poidan dedicarse a ela dunha maneira practicamente
                     profesional? Que papel deberían desempeñar os organismos públicos para que se puider normalizar este aspecto da nosa
                     literatura? Que pensa do dito de Borges cando di que “escribir non é un oficio, é un destino”?

               Falta case todo. Nos anos oitenta defendín iso e chamáronme de todo, precisamente. Falta sociedade e faltou un poder político que
               dese lexitimidade e apoio práctico aos libros. A miña experiencia, como a doutros escritores, é que no teu país non tés o apoio da
               administración a diferencia dos outros países do mundo, polo que todo é costa arriba. Aínda por riba o que pode ocorrer, é ocorreu,
               é que sexas perseguido. Que xa é.

              11.    Pode ser contraproducente para un escritor a súa participación en tertulias nas que a fin de contas ten que amosar o seu
                     posicionamento ideolóxico? Até que punto influíu no seu futuro literario unha obra coma Madera de Zapatero? E o seu
                     posicionamento público a raíz do Prestige?


               Paguei un prezo alto como profesional e pagárono os meus libros de literatura, claro é. Mais se non digo o que penso non son eu.
               Antes tamén apoiei públicamente e con todo o que podía ao PSG-Esquerda Galega e a Camilo Nogueira. E antes fun militante
               político e sindical…Non teño medo a luxarme e a tomar partido se vexo algo co que me identifico e precisa pulo.


              12.    Coida Vostede que se debería apostar pola tradución da nosa literatura a outros idiomas como medio para espallar a nosa arte
                     literaria ao estranxeiro ou será que aínda non existe suficiente calidade para saír ao exterior?

               Claro que hai libros en galego malos, como en calquera outra lingua. Mira que hai merda e media escrita en castelán, que é unha
               grande lingua literaria.




martes 15 de enero de 2013
Suso de Toro

              13.    Que sensacións experimentou Vostede ao ver investigadores literarios dos máis variados lugares, culturas... a estudar a súa
                     obra?

               Pois unha cousa que aprendín neses anos de aventura nos que viaxaba a lugares de mérito recoñecido noutros países e me recibían
               con respecto é que no meu país o que se di quererme non me querían moito. E tamén que as cousas que nos parecen imponentes e
               tremendas cando chegas ali son máis domésticas do que semellan e teñen a mesma dimensión humana que en calquera outro lugar.
               Hai catedráticos norteamericanos, franceses ou alemáns moi intelixentes mais eu teño amigos gandeiros que o son aínda máis. E non
               é unha pose, para min o coñecemento son moitas cousas, e mal escritor é alguén que acredita de máis nos libros e non trata coa
               vida.


                                        Suso de Toro




              14.    Como enxerga Vostede o presente e o futuro da nosa literatura? Que lle falta para dar ese chimpo que todos agardamos?

               Eu son pesimista a curto prazo para a literatura toda. Vai vivir unha transformación moi grande debido aos cambios nas nosas vidas
               e non sei de que maneira vai sobrevivir. Internet e o estarmos conectados sempre xa lle quitou espazo á literatura nas nosas vidas.
               Sobre iso teño cousas escritas e publicadas en libros, artigos.




martes 15 de enero de 2013
AR IO
                                  TI ON
                             CUES


martes 15 de enero de 2013
obra                                                           Un/
                         u nha                       Unha película de cine                   obra ha auto
                 / -a e os?                                                                      liter       r/-a
           a utor galeg                                                                        Non
                                                                                                       aria
                                                                                                            estra
                                                                                                                  e un
                                                                                                                         ha
       /ha raria                    de
                               se po alía,
                                                   The runaway train”. Ou                           vou
   U n
          lite             non Ros                   pode que “El viaje a                      Sha       ser o nxeiros?
                    to da;    on                                                                   kesp       rixin
                        a,         c     ns                                                                          al,
                  o salí ancias E algú de              ninguna parte”.                                   eare
         To da R repun              .
                               non teatrais                                                                   a eit
                on           ou tos                                                                                 o.
            ar c e quere       tex
        and se ll         s dos eiro.
          ou
                 se  liña unqu                      Un personaxe galego e un
          v erso          C
                                                                                              Un anceio por realizar?
                                                          estranxeiro?
                                                    Adoro a Antolín Faraldo. A Castela         Vivir a vida e que vaian
                                                                                         o
              Un p                                  non lle pode deixar de querer. Agor
                                                                                        a    indo as cousas para a miña
                 erson                                  que Rosalía..., era unha loba
             que       axe l                                                                             xente.
                  se id      itera                  marabillosa. Os personaxes que so
         Cont           entif      rio c                                              n
                              ique o
              estar                               algo para nós non son de país ning
                                                                                      ún,
           un a a isto re           ?               son nosos e nunca son extranxeiros
                 lgo i
                       mpú
                             súlta
                                    me
                                                                 para nós.                      Outro entretemento
                           dico.                                                               ademais da literatura?
                                                                          Un m                        Pasear.
                                                                                onum
                                                                           salien     ento
                                                                                  tábel?
                             Unha obra teatral?                         Santi
                                                                             ago.
                                Macbeth

martes 15 de enero de 2013
Un feito histórico?             Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?
         A derrota da nobreza              Para visitar, Londres. Para descansar, a miña cama.
        galega e de dona Johana
      frente a Isabel, “la católica”,
         na batalla de Toro. E a          Un/ha autor/-a con quen se                            ano
                                                                                                    ?
                                                                                              b
                                                  identifique?                            l/ur ?
          revolución de 1846.                                                         rura taña
                                             Aprendín de moitos, de           Mu ndo mon
                                                                                              meu
                                                                                        /
                                          Joyce, de Faulkner…Tamén                 raia
               Un tipo                                                           P
                                                                                        éo
                             de músi
                                    ca?    de Cela, un personaxe triste            T odo s.
               Toda a m
                               úsica.      mais cunha gran vocación                     paí
                                                    de escritor.
                                                                                                             n   ?
                                                                                                      iració
                                                                                               de insp
                                                                                           e
            Un l
                 u    gar a                   Unha utopía?                       úa font           i
                                                                                                        A
                                                                                                     da. s
                     xeita                                                    as              a a v storia
                 lectu do para                                         C al é         q
                                                                                            r
                                                                                        ue e s hi            s
     Ond               ra?       a           Unha Galiza libre e               Pe nso moita           m oita
         e non                                                                      son fican e
               h
        cone axa telev                        digna que se saca                vida e veri
             xión                                                                 ue s
                   a Int isión nin         adiante e dá traballo aos            q
                        erne                seus e acolle aos que o
                             t.
                                                   precisan.


martes 15 de enero de 2013

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

La actualidad más candente (18)

Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 

Similar a Suso de toro

Similar a Suso de toro (20)

Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 

Más de Asnosasletras

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Más de Asnosasletras (17)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Suso de toro

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Suso de Toro Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 15 de enero de 2013
  • 2. Suso de Toro 1. Como lembra Vostede aqueles anos de xuventude naquela fervente Compostela de fins da ditadura? E dos seus primeiros anos universitarios xusto antes da caída do ditador? Até que punto aquela etapa puido marcar a súa obra literaria posterior? Foi o ambiente familiar ou o social o que puido marcar que tanto Vostede coma seu irmán se adicasen á escrita? Recoñezo que aqueles anos tan espesos, con cousas boas e malas, foron o momento no que vivín a vida con maior intensidade. Eu lembro aquel tempo con regusto agredoce, a dozura da xuventude que vive a vida como unha aventura até a fin e tamén o amargo daquela sociedade encerrada e afogada nunha cousa sinistra e miserábel. Eu desde rapaz sempre tiven dúas veas que sempre estiveron aí, dunha banda querer cambiar a vida para eliminar inxustizas e, doutra banda, vivir unha vida dedicado á arte. E dentro da arte eu dubidaba entre ser pintor ou escritor, e de certo que me tomei iso moi en serio e fixen o que puiden por formarme e “preparme” nos dous campos. Finalmente logo de comezar a debuxar e a escribir, perdín escritos daquela época naturalmente, cruzóuseme a outra vea, e entrei nunha militancia política moi intensa que me fixo abandonar calquera outra cousa. Seguín así varios anos aínda despois da morte de Franco e non me puxen de novo a intentar o de escribir até o comezo dos anos oitenta.    A miña memoria daqueles anos é distinta da da maioría de persoas que viviron eses anos en Santiago como estudantes, pois eu era veciño da cidade, ademais de estudar traballaba servindo nun negocio familiar moi concorrido e iso tróuxome moitos problemas como militante político que precisaba da clandestinidade. Foi algo duro, lembro situacións abondo miserábeis, como ter que despachar bebida aos mesmos policías que me detiveran un mes antes por exemplo. Ou que un cliente e veciño canalla a mesma mañá na que fusilaron a cinco mozos antifascistas viñese a sinalarme co dedo e a berrar diante dos demais clientes, “¡aos comunistas había que fusilalos a todos!”. Era unha situación difícil para a miña familia, aos meus pais non lles facía gracia ningunha. Aínda que lembro unha vez que un veciño, que tiña un fillo preso por roubar, acusou ao meu pai de ter fillos comunistas e o meu pai contestoulle: “os meus fillos serán comunistas pero son boas persoas, axudan aos seus pais e ademais non rouban”. Lembrar iso aínda hoxe me fai sorrir de orgullo polo meu pai. 2. Como podería xustificar a súa inclinación cara unha carreira universitaria nun principio bastante allea a un desenvolvemento literario? Tivo que botar man algunhas veces dos seus coñecementos universitarios á hora de escribir unha obra literaria? Eu o que quería estudar era Belas Artes, o que ocorre é que cando o falei na casa os meus pais me dixeron que non me podían pagar unha carreira en Madrid, Barcelona ou calquera outro sitio e que lles facía falta na casa; que escollese  unha carreira das que  había en Santiago, como os meus irmáns. Entón pensei a última hora e sen información ningunha en estudar Filoloxía por estudar galego, mais cando cheguei alí primeiro vin que non habendo aínda a licenciatura en galego portugués só habería algunhas asignaturas de galego e aínda por riba encontrábame coa asignatura de francés e eu estudara inglés, como eu nese momento non era nada bo estudante acordei cambiarme para a facultade do lado onde estudaba un moi amigo meu. E fun para Xeografía e Historia, posteriormente escollín a rama de Arte, mais non foi por un interese xa que eu estudara arte contemporánea pola miña conta e non aprezaba nada o que nos aprendían na facultade. Non sei dicir se fun completamente xusto na valoración do que alí nos aprendían, eu penso máis ben que tiña razón. martes 15 de enero de 2013
  • 3. BernardinoToro Suso de Graña 3. Deducimos pola maior parte das súas obras que case seguro que Vostede é unha persoa afeccionada ao cinema. Pode esta afección condicionar a escrita e a temática dunha obra narrativa? Ou máis ben o de que unha obra se poida adaptar a cinema é algo que xurda a posteriori? Desde logo que o ocorrido con “Todo é silencio” de Manuel Rivas podería ser ilustrativo deste feito de interdependencia literatura-cinema aínda que o proceso for ao revés, ou non? Na vida e na arte desde logo non hai que temer tanto contaminármonos que nos paralice. Non temo que me luxo o cinema ou a pintura, como non temo que a literatura se luxe pola vida e as impurezas. Polo contrario, na arte amo a impureza porque está viva, o que está perfecto está morto. O cinema, como a todo o mundo, tenme influido de modo inconsciente e tamén de modo moi consciente, hai no século XX unha corrente enteira de literatura contaminada desa grande arte que é o cinema. O cinema é unha maravilla. Por outro lado hai unha relación moi estreita entre varios libros meus e proxectos cinematográficos. 4. Como podería xustificar que comezando con vinte anos a escribir teatro Suso de Toro co seu libro practicamente non publicase case nada deste xénero e se inclinase claramente cara ao xénero narrativo? Sete palabras. Porque comecei a rabuñar unhas cuartillas, horrorosas, para unha compañía amadora, o teatro haino que escribir para ser representado, non para a lectura solitaria. Con todo dous ou tres libros meus foron adaptados ao teatro e escribín unha comedia, “Unha rosa é  unha rosa”, para  unha compañía teatral. Que logo se publicase en libro é unha consecuencia, o que importa no teatro son os actores e actrices nun escenario. 5. A súa obra narrativa moitas veces reconverteuse para ser levada ao cinema e outras veces ao escenario teatral. Realmente as fronteiras entre estes xéneros son tan simples ou iso é debido a outras circunstancias puntuais? Penso que é debido a que a miña escrita é precisamente moi cinematográfica e moi teatral. Hai anos que comprendín que o que adoro é escribir para que actores e actrices digan as miñas palabras. Penso que a verdadeira vida da literatura é cando é pronunciada en voz alta. martes 15 de enero de 2013
  • 4. BernardinoToro Suso de Graña 6. Como enxerga o seu futuro literario un escritor ao que lle conceden premio tras premio cada un máis importante, que os críticos lle cualifican unha obra súa como das mellores novelas da literatura galega? Impón este feito á hora de se enfrontar a novos retos literarios ou é máis ben un pulo? Renunciei ao futuro, retireime. Se publicase algo algún día, caso de ter tempo e  estar animado a publicar, daquela non había ser con ansia de chegar a moitos lectores, o xusto únicamente para que o editor e mais eu quedásemos contentos. 7. Vostede que fixo guións para a TV, nunca se plantexou retomar un destes guións para unha nova novela? Teño algún argumento para unha serie de TV por algures, nalgún ordenador, mais… E “Trece Badaladas” naceu inicialmente para ser unha serie de TV, o que ocorre é que non houbo quen lle interesase. Foi lástima porque traballara moito na serie e daría unha serie linda. Mais hai o que hai, este país é como é e eu tamén son como son. 8. En cal das dúas facetas se sente máis a gusto, como tertuliano nun medio de comunicación ou ben mergullado na escrita dunha novela? Ter que improvisar e argumentar nunha tertulia é máis doado Obra de Suso de para unha persoa coma Vostede afeita a imaxinar, a xogar coa lingua e coas técnicas literarias? Toro levada a TV Todo ten a súa dignidade e o seu sentido se se fai de boa fe e querendo que sexa de utilidade. Nas tertulias na Ser contrastei puntos de vista con persoas intelixentes e informadas que pensaban distinto e moi distinto de min, iso tamén me fixo máis intelixente. Se se ten un chisco de humildade aprendes de todo e de todos. Agora que o que me deu orgullo íntimo e cando escribía algo do que me sentía orgulloso. 9. Cales cre Vostede que son as concomitancias entre Tic Tac e Círculo para iren da man tanto na súa adaptación ao teatro coma para seren conxuntadas na obra O príncipe manco? Penso que si, e pode que un volumen que agrupe a eses dous libros sexa a miña obra de maior peso. Aínda que ás veces un libro máis simple é máis duro e duradeiro, nunca se sabe. martes 15 de enero de 2013
  • 5. BernardinoToro Suso de Graña 10. Que lle falta á nosa literatura galega para que escritoras e escritores poidan dedicarse a ela dunha maneira practicamente profesional? Que papel deberían desempeñar os organismos públicos para que se puider normalizar este aspecto da nosa literatura? Que pensa do dito de Borges cando di que “escribir non é un oficio, é un destino”? Falta case todo. Nos anos oitenta defendín iso e chamáronme de todo, precisamente. Falta sociedade e faltou un poder político que dese lexitimidade e apoio práctico aos libros. A miña experiencia, como a doutros escritores, é que no teu país non tés o apoio da administración a diferencia dos outros países do mundo, polo que todo é costa arriba. Aínda por riba o que pode ocorrer, é ocorreu, é que sexas perseguido. Que xa é. 11. Pode ser contraproducente para un escritor a súa participación en tertulias nas que a fin de contas ten que amosar o seu posicionamento ideolóxico? Até que punto influíu no seu futuro literario unha obra coma Madera de Zapatero? E o seu posicionamento público a raíz do Prestige? Paguei un prezo alto como profesional e pagárono os meus libros de literatura, claro é. Mais se non digo o que penso non son eu. Antes tamén apoiei públicamente e con todo o que podía ao PSG-Esquerda Galega e a Camilo Nogueira. E antes fun militante político e sindical…Non teño medo a luxarme e a tomar partido se vexo algo co que me identifico e precisa pulo. 12. Coida Vostede que se debería apostar pola tradución da nosa literatura a outros idiomas como medio para espallar a nosa arte literaria ao estranxeiro ou será que aínda non existe suficiente calidade para saír ao exterior? Claro que hai libros en galego malos, como en calquera outra lingua. Mira que hai merda e media escrita en castelán, que é unha grande lingua literaria. martes 15 de enero de 2013
  • 6. Suso de Toro 13. Que sensacións experimentou Vostede ao ver investigadores literarios dos máis variados lugares, culturas... a estudar a súa obra? Pois unha cousa que aprendín neses anos de aventura nos que viaxaba a lugares de mérito recoñecido noutros países e me recibían con respecto é que no meu país o que se di quererme non me querían moito. E tamén que as cousas que nos parecen imponentes e tremendas cando chegas ali son máis domésticas do que semellan e teñen a mesma dimensión humana que en calquera outro lugar. Hai catedráticos norteamericanos, franceses ou alemáns moi intelixentes mais eu teño amigos gandeiros que o son aínda máis. E non é unha pose, para min o coñecemento son moitas cousas, e mal escritor é alguén que acredita de máis nos libros e non trata coa vida. Suso de Toro 14. Como enxerga Vostede o presente e o futuro da nosa literatura? Que lle falta para dar ese chimpo que todos agardamos? Eu son pesimista a curto prazo para a literatura toda. Vai vivir unha transformación moi grande debido aos cambios nas nosas vidas e non sei de que maneira vai sobrevivir. Internet e o estarmos conectados sempre xa lle quitou espazo á literatura nas nosas vidas. Sobre iso teño cousas escritas e publicadas en libros, artigos. martes 15 de enero de 2013
  • 7. AR IO TI ON CUES martes 15 de enero de 2013
  • 8. obra Un/ u nha Unha película de cine obra ha auto / -a e os? liter r/-a a utor galeg Non aria estra e un ha /ha raria de se po alía, The runaway train”. Ou vou U n lite non Ros pode que “El viaje a Sha ser o nxeiros? to da; on kesp rixin a, c ns al, o salí ancias E algú de ninguna parte”. eare To da R repun . non teatrais a eit on ou tos o. ar c e quere tex and se ll s dos eiro. ou se liña unqu Un personaxe galego e un v erso C Un anceio por realizar? estranxeiro? Adoro a Antolín Faraldo. A Castela Vivir a vida e que vaian o Un p non lle pode deixar de querer. Agor a indo as cousas para a miña erson que Rosalía..., era unha loba que axe l xente. se id itera marabillosa. Os personaxes que so Cont entif rio c n ique o estar algo para nós non son de país ning ún, un a a isto re ? son nosos e nunca son extranxeiros lgo i mpú súlta me para nós. Outro entretemento dico. ademais da literatura? Un m Pasear. onum salien ento tábel? Unha obra teatral? Santi ago. Macbeth martes 15 de enero de 2013
  • 9. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? A derrota da nobreza Para visitar, Londres. Para descansar, a miña cama. galega e de dona Johana frente a Isabel, “la católica”, na batalla de Toro. E a Un/ha autor/-a con quen se ano ? b identifique? l/ur ? revolución de 1846. rura taña Aprendín de moitos, de Mu ndo mon meu / Joyce, de Faulkner…Tamén raia Un tipo P éo de músi ca? de Cela, un personaxe triste T odo s. Toda a m úsica. mais cunha gran vocación paí de escritor. n ? iració de insp e Un l u gar a Unha utopía? úa font i A da. s xeita as a a v storia lectu do para C al é q r ue e s hi s Ond ra? a Unha Galiza libre e Pe nso moita m oita e non son fican e h cone axa telev digna que se saca vida e veri xión ue s a Int isión nin adiante e dá traballo aos q erne seus e acolle aos que o t. precisan. martes 15 de enero de 2013