1. Jorge Peteiro Vázquez naceu en 1959 en A Coruña.
Realiza os seus estudos nos Jesuitas e recibe formación en cine,
debuxo e pintura. Entre 1973 e 1977 participa en grupos de
teatro independente, na creación dun dos primeiros fanzines da
cidade e pinta os seus primeiros murais.
En 1977 ingresa en psicoloxía e empresariais, Universidade de
Santiago de Compostela, onde se integra en diversos grupos de
clara tendencia contracultural. Viaxa por museos e cidades de
Italia, Francia e España, hasta radicar en 1979 na Escuoa de Belas
Artes de San Carlos, Valencia, na que se licencia.
2. En 1981 é incluido na mostra 'Centenario Picasso', e expón en
Valencia cos Colectivos 'Glop' e 'Tolerados y Cómplices'. Na súa
primeira Exposición individual, 1984 na Sala Caixa Galicia, o
crítico Fernando Mon afirma: "Peteiro está en posesión dunhas
ideas moi claras sobre a dominación da paisaxe e,
particularmente, sobre a esencialidade da luz".
Jorge Peteiro exerce como profesor de Instituto nas localidades
galegas de Ortigueira, Ribeira, La Puebla, Cambados e Betanzos.
Nestes anos de experimentación, asenta as súas bases teóricas e
pictóricas. Á vez, expón e é incluido en mostras colectivas. En
1989 a súa pintura é considerada "singular e independiente en
criterios estéticos" e "un novo valor da plástica galega". A súa
obra 'Bahía de La Coruña' é adquirida pola 'I Mostra Unión
Fenosa'. Peteiro finalizará este período de exploración
abandonando a docencia, para trasladarse a Nova York onde
reside, pinta, observa e expón.
3. En 1992 Peteiro instala o seu estudio na Coruña, a súa obra é
recoñecida e contrastada pola boa acollida de crítica e galerías
de arte en Galicia, Madrid, Mallorca, Nova York, Porto e Valencia;
con máis de trinta exposicións individuais e importantes mostras
colectivas.
As súas pinturas e esculturas podémolas atopar en Museos e
Coleccións. Se ben é de reseñar, a grande afluencia de público e
a adhesión do coleccionismo privado e institucional ás
exposicións de Peteiro. Este acercamento non é casual, os
críticos recoñecen que "a súa pintura incorporou novos
conceptos no tratamento da cor e innovadores equilibrios de
composición, coa capacidade de transmitir sensacións de alegría,
paz, misterio e dinamismo".
4. En 1998 Peteiro presenta na 'Estación Marítima' da Coruña, 30
obras de grande formato, que se expoñen en Santiago e Madrid.
Os críticos outorgan títulos como: "las formas de la alegría" en El
País; "el valor de los ismos" en ABC"; "armas ingenuas" en La Voz
de Galicia; "triunfa a imaxinación" en O Correo Galego;
"innovador de la plástica gallega" en El Ideal Gallego;
"irreductible calidad sintética" en El Cultural; "mágica e
ilusionista" e "Peteiro, un nombre relevante en el panorama del
arte actual" en El punto de las Artes.
Por encarga do Concello de Segovia, 1999, na Sala Municipal 'La
Alhóndiga', Peteiro realiza unha nova exposición de grande
formato, contando co respaldo da crítica e coleccionistas. Jesús
Mazariegos escribe: "Este pintor con algo de mago chamán y
algo de druida sanador, concibe el arte como un instrumento
5. para curar la melancolía social de la tribu moderna". Neste ano
expón na Coruña e Bilbao a súa obra serigráfica, realizada entre
1996 e 1999. En xulio de 2000, sendo Santiago de Compostela
Capital da cultura Europea, a Consellería de Cultura da Xunta de
Galicia, organiza unha grande exposición na "Casa da Parra".
As súas últimas exposicións se desenvolven en distintas capitales
do estado español; en salas institucionais como a Sala Bergara
BBVA de Barcelona, na Sala de Cultura Yaiza de Lanzarote e no
2002 en "La Lonja" do Concello de Alicante. Está institución
amosa, con cincuenta cadros, a primeira exposición retrospectiva
deste pintor. Vinte anos de creación en distintas etapas con un
denominador común.
6. Xosé Ramón Barreiro, Presidente da Real Academia Galega e
Catedrático de Historia Contemporánea, prologa o catálogo da
exposición de Alicante simplicidade, vitalidade e singularidade da
traxectoria de Peteiro. Destaca, como a súa pintura é recoñecible
de inmediato para o espectador galego e universal para calquera
observador, polo valor do seu significado.
Tamén é destacable a presencia da obra de Peteiro en Subastas,
como Durán de Madrid, en Galerías profesionais como Joan
Maneu de Palma de Mallorca e nos numerosos encargos para
institucións, obras de grande formato como a instalada no
Hospital Juan Canalejo da Coruña ou a destinada a residencia
oficial do Presidente da Xunta de Galicia. Algunha das súas obras,
como a escultura que preside a entrada do Acuarium Finisterrae
da Coruña, se convertiron en parte da iconografía da cidade.