2. ADOPCIÓN DA DECLARACIÓN
O 10 de decembro de 1.948, aprobouse a
Declaración Universal dos Dereitos Humanos
solicitando ós Estados Membros que
publicaran dito texto e que fose “distribuído,
exposto, lido e comentado nas escolas e
centros de ensino , sen distinción fundada na
condición política dos países ou dos
territorios.”
3. Os dereitos humanos non son un invento
moderno. O desexo dun mundo máis xusto,
máis libre e máis solidario constituíron un
obxectivo común dende que o ser humano
existe.
Os antecedentes históricos máis
determinantes son as declaracións resultantes
das revolucións modernas en Inglaterra e
Francia.
4. CREACIÓN DA O.N.U.
Rematada a Segunda Guerra Mundial
fundouse en San Francisco (USA) a ONU-
Organización das Nacións Unidas- para evitar
que se produciran acontecementos bélicos
tan terribles como viñan de suceder durante a
primeira metade do século XX.
Entre os propósitos da ONU sinaláronse a
cooperación internacional no respecto ós
dereitos humanos e ás liberdades
fundamentais de tódalas persoas.
5. DEREITOS CONTIDOS NA
DECLARACIÓN
1) Dereitos civís:
Dereito á vida, á liberdade e á seguridade.
Prohibición da escravitude.
Dereito a non sufrir torturas nin malos tratos.
Igualdade ante a lei.
Dereito a unha xustiza imparcial.
Dereito a non ser detido , encarcerado ou desterrado
arbitrariamente.
Dereito á presunción de inocencia.
6. DEREITOS CONTIDOS NA
DECLARACIÓN
2) Dereitos do individuo nas súas
relacións cos grupos sociais:
Dereito a non sufrir inxerencias na súa vida
privada.
Dereito á libre circulación e á emigración.
Dereito de asilo.
Dereito a unha nacionalidade.
Dereito ó matrimonio.
Dereito á propiedade individual e colectiva.
7. DEREITOS CONTIDOS NA
DECLARACIÓN
3) Dereitos políticos:
Dereito á liberdade de pensamento,
conciencia e relixión.
Dereito á liberdade de opinión e de expresión.
Dereito á liberdade de reunión e de
asociación pacífica.
Dereito a participar no goberno directamente
ou a través dos seus representantes.
8. DEREITOS CONTIDOS NA
DECLARACIÓN
4)Dereitos económicos, sociais e
culturais.
Dereito á seguridade social e a unha
economía digna.
Dereito ó tempo libre.
Dereito a un nivel de vida digno.
Dereito á educación.
Dereito á cultura.
9. DEREITOS CONTIDOS NA
DECLARACIÓN
5) Dereitos referentes á sociedade e ó
individuo.
Dereito a unha orde social e internacional
onde se fagan efectivos os dereitos
humanos.
Deberes de toda persoa con respecto á súa
comunidade.
Restricións ós dereitos.
10. AS CARACTERÍSTICAS MÁIS
IMPORTANTES SON A
UNIVERSALIDADE E A
INDIVISIBILIDADE, ISTO É, QUE
TÓDOLOS SERES HUMANOS TEÑEN
TODOS E CADA UN DOS DEREITOS
RECOÑECIDOS NA DECLARACIÓN.
11. MÁIS DE 60 ANOS DESPOIS
DA APROBACIÓN DA
DECLARACIÓN UNIVERSAL
DOS DEREITOS HUMANOS
SEGUE A SER
INCUMPRIDA…..
12. “El mundo es eso. Un montón de gente, un
mar de fueguitos.
Cada persona brilla con luz propia entre todas
las demás. No hay dos fuegos iguales. Hay
fuegos grandes y chicos y fuegos de todos
los colores. Hay gente de fuego sereno, que
ni se entera del viento, y gente de fuego
loco, que llena el aire de chispas. Algunos
fuegos, fuegos bobos, no alumbran ni
queman; pero otros arden la vida con tantas
ganas que no se puede mirarlos sin
parpadear, y quien se acerca , se enciende”.
(Eduardo Galeano)