SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Bebeteca
Esmeralda
Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿por qué de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sin ti!
(Nimbos, Xosé María Díaz Castro)
LETRAS GALEGAS 2014
Xosé María Díaz Castro
(1914 – 1990)
Biblioteca de la Diputación
de A Coruña
A Real Academia Galega, na súa sesión plenaria do 21
de xuño de 2013, acordou dedicar, coincidindo co centenario
do autor, o Día das Letras Galegas de 2014 a Xosé María
Díaz Castro (1914–1990). .
O presidente da RAG destacou a Díaz Castro como “un
poeta clásico e telúrico”.
Quen foi homenaxeado?
Rosalía de Castro (1963), Castelao, Eduardo Pondal,
Francisco Añón Paz, Curros Enríquez, López Cuevillas, Antonio
Noriega Varela, Valladares Núñez, Gonzalo López Abente,
Valentín Lamas Carvajal, Manuel Lago González, Viqueira
Cortón, Manuel Pintos Villar, Ramón Cabanillas, Antón Vilar
Ponte, Antonio López Ferreiro, Manuel Antonio, Alfonso X O
Sabio, Vicente Risco, Luís Amado Carballo, Manuel Leiras
Pulpeiro, Cotarelo Valledor, Antón Losada Diéguez, Aquilino
Iglesia Alvariño, Francisca H. Garrido, Ramón Otero Pedrayo,
Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Fermín
Bouza-Brey, Blanco-Amor, Luís Seoane, Rafael Dieste, Xesús
Ferro Couselo, Ánxel Fole, Martín Codax, Roberto Blanco Torres,
Manuel Murguía, Eladio Rodríguez, Frei Martín Sarmiento, Antón
Avilés de Taramancos, Xaquín Lorenzo Fernández, Xesús Varela
Vázquez, Manuel Lugrís, María Mariño, Xosé Mª Álvarez
Blázquez, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Lois Pereiro e
Valentín Paz Andrade, Roberto Vidal Bolaño, Xosé María Díaz
Castro (2014).
Por que o 17 de maio?
O 20 de marzo de 1963 Manuel Gómez Román, Xesús
Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, membros da RAG,
presentaron nesta institución que se declarase o 17 de maio de cada
ano “Día das Letras Galegas” como data para recoller o latexo
material da actividade intelectual galega.
Ese ano celebrábase o centenario da publicación dos
“Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, considerada a primeira
obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea.
Propúxose o 17 de maio, ao ignorarse a data de publicación
do libro, por ser nese día cando Rosalía llo dedicou ao poeta
Fernán Caballero.
Por que Xosé María Díaz Castro?
Porque, como dixo Ramón González-Alegre, director da revista
Alba, Xosé María foi “un poeta de verdade”. A súa poesía salienta pola
economía expresiva, depurada técnica, intimismo e, por un fondo
espiritualismo cristián que se combina cun certo panteísmo.
Facedor dunha poesía rural e labrega como é a vida dos seus
veciños de aldea, a súa poética clásica, que se incluíu na célebre
Xeración do 36, reflexiona sobre a existencia do ser humano, a relixión
e a natureza.
Tamén, Alfonso Blanco Torrado, non dubida en dicir que Díaz
Castro é un dos poetas máis importantes da Galicia de posguerra. De
feito, o seu libro Nimbos representa, segundo palabras de Méndez
Ferrín, “un dos cumes da poesía galega posterior á guerra civil”,
chegando a se converter nunha obra de gran influencia na poesía galega
contemporánea, que con apenas medio século ás súas costas, xa se
considera un libro clásico da poesía galega.
Por outra banda, non podemos esquecer, tampouco, o seu gran
labor coma tradutor.
En definitiva, Díaz Castro contribuíu brillantemente a tornar
máis visible a tradición literaria galega, e por iso se lle dedica este 17
de maio, o Día das Letras Galegas.
Quen é Xosé María Díaz Castro?
Xosé María Díaz Castro naceu, en febreiro de 1914, na
parroquia dos Vilares (Guitiriz) no seo dunha familia labrega. Fillo de
Isidro Díaz Calvo e María Manuela Castro López, foi o terceiro de
catro irmáns (Antonio, María e Serafín).
Estudou na escola “habanera”, ata ingresar no seminario
conciliar de Mondoñedo en 1929. Foi chamado a filas pola súa quinta, e
destinárono ao corpo de sanidade militar na Coruña. Despois dunha
semana na fronte de Asturias, na Guerra Civil, pasou destinado á clínica
militar do Hospital de Pontevedra.
Pasados os anos da guerra volve ao seminario, pero só uns
meses. Acada o título de bacharelato en 1945, e logo licénciase en
Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca, especializándose en
linguas modernas. Comeza, entón, a súa etapa de profesor de linguas no
colexio privado León XIII de Vilagarcía de Arousa.
En 1948 marcha para Madrid, onde traballou como tradutor no
Ministerio da Gobernación. Máis tarde, exerceu en diversos organismos
oficiais como o Consello Superior de Investigacións Científicas ou o
Instituto de Cultura Hispánica, onde estivo ata 1966, encargado de
servizos de tradución de francés, inglés, alemán, italiano, portugués,
holandés e linguas escandinavas.
O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG.
Entrementres, en 1954, aos 40 anos, casa con María Teresa
Zubizarreta Bengoechea, con quen tivo tres fillos, José Mari, Maite e
Íñigo.
Á súa xubilación, retornará a Galicia. Falece en Lugo en
outubro de 1990.
Con que obras conta?
Gañador do primeiro premio de Poesía Galega nos Xogos
Florais de Betanzos de 1946, Díaz Castro foi autor dun único libro, o
poemario Nimbos (1961), que consta de 32 poemas agrupados en sete
epígrafes. Neste libro reclama, sobre todo no poema Penélope, o
espertar dunha Galicia durmida.
Se ben, publicou poemas ou artigos de crítica e ensaio en
diversas publicacións como Lluvia de rosas, Estafeta literaria, La
Noche, Cartel, Sonata Gallega, Alba, Ínsula ou Dorna. Ademais,
deixou un amplo caudal de obra inédita, como os cadernos de poesía:
Follas verdes e Follas ô aire, así como o poemario Sombras radiantes
e Melodía.
Por outra banda, Díaz Castro, foi un constante tradutor tanto ao
español coma ao galego, e tamén desde estas dúas linguas a outras
como o inglés e o francés, de textos poéticos de autores galegos como
Rosalía, Iglesia Alvariño, Bouza Brey ou el mesmo. Este é o caso da
colaboración coa profesora e crítica Françoise Pechère para compoñer o
volume Terre d’Espagne, que inclúe un amplo abano de poemas
galegos, vascos, cataláns e casteláns, coa pretensión de representar, a
diversidade cultural de España.

More Related Content

What's hot

Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativaCarlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativarevoltadafreixa
 
Biografía de Carlos Casares
Biografía de Carlos CasaresBiografía de Carlos Casares
Biografía de Carlos Casareslaclasedemiriam
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezRomán Landín
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezRomán Landín
 
Xohana Torres (por Sara García)
Xohana Torres (por Sara García)Xohana Torres (por Sara García)
Xohana Torres (por Sara García)Marlou
 
Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares MouriñoCarlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriñoangelciencia
 
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)Marlou
 
Rosalía esquemas
Rosalía   esquemasRosalía   esquemas
Rosalía esquemasmati2011
 
LETRAS GALEGAS, 2020
LETRAS GALEGAS, 2020LETRAS GALEGAS, 2020
LETRAS GALEGAS, 2020ME PP
 

What's hot (20)

Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativaCarlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
 
Biografía de Carlos Casares
Biografía de Carlos CasaresBiografía de Carlos Casares
Biografía de Carlos Casares
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Adrian garcia
Adrian garciaAdrian garcia
Adrian garcia
 
Xohana Torres (por Sara García)
Xohana Torres (por Sara García)Xohana Torres (por Sara García)
Xohana Torres (por Sara García)
 
Letras galegas 2008
Letras galegas 2008Letras galegas 2008
Letras galegas 2008
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Helena Stümpel
Helena StümpelHelena Stümpel
Helena Stümpel
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Alvarez Blázquez
Alvarez BlázquezAlvarez Blázquez
Alvarez Blázquez
 
Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares MouriñoCarlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriño
 
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
Manuel María Fernández Teixeiro (por Manuel Losada e Ricardo Rial)
 
Rosalía esquemas
Rosalía   esquemasRosalía   esquemas
Rosalía esquemas
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
LETRAS GALEGAS, 2020
LETRAS GALEGAS, 2020LETRAS GALEGAS, 2020
LETRAS GALEGAS, 2020
 

Viewers also liked (8)

Os Nosos Contos, 1º Bloque 2014-2015
Os Nosos Contos, 1º Bloque 2014-2015Os Nosos Contos, 1º Bloque 2014-2015
Os Nosos Contos, 1º Bloque 2014-2015
 
Guía para padres-Bebeteca Forum
Guía para padres-Bebeteca Forum Guía para padres-Bebeteca Forum
Guía para padres-Bebeteca Forum
 
Con mi libro y mi sombrilla : guía
Con mi libro y mi sombrilla : guíaCon mi libro y mi sombrilla : guía
Con mi libro y mi sombrilla : guía
 
Bebeteca
BebetecaBebeteca
Bebeteca
 
Bebeteca
BebetecaBebeteca
Bebeteca
 
Bebetecas
BebetecasBebetecas
Bebetecas
 
Bebeteca
BebetecaBebeteca
Bebeteca
 
señas de identidad de juan goytisolo
señas de identidad de juan goytisoloseñas de identidad de juan goytisolo
señas de identidad de juan goytisolo
 

Similar to Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil

Similar to Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil (20)

Diaz Castro
Diaz CastroDiaz Castro
Diaz Castro
 
Dip diaz castro
Dip diaz castroDip diaz castro
Dip diaz castro
 
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
Presentación Díaz Castro
Presentación Díaz CastroPresentación Díaz Castro
Presentación Díaz Castro
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Xosé Filgueira Valverde
Xosé Filgueira ValverdeXosé Filgueira Valverde
Xosé Filgueira Valverde
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Letras Galegas
Letras GalegasLetras Galegas
Letras Galegas
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Negra sombra
Negra sombraNegra sombra
Negra sombra
 
Letras Galegas 2014. Ceip de Arzúa
Letras Galegas 2014.  Ceip de ArzúaLetras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa
Letras Galegas 2014. Ceip de Arzúa
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
DíA Das Letras Galegas
DíA Das Letras GalegasDíA Das Letras Galegas
DíA Das Letras Galegas
 

More from Bibliotecadicoruna

Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdfMarzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdfBibliotecadicoruna
 
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Bibliotecadicoruna
 
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdfBoletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdfBibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBibliotecadicoruna
 
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024Bibliotecadicoruna
 
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...Bibliotecadicoruna
 
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterGuía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterBibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Bibliotecadicoruna
 
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023Bibliotecadicoruna
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfBibliotecadicoruna
 
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdfLibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdfBibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdfBoletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdfBibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023Bibliotecadicoruna
 
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBibliotecadicoruna
 
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023Bibliotecadicoruna
 

More from Bibliotecadicoruna (20)

Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdfMarzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
Marzo 2024 Boletin novidades Biblioteca Provincial Deputación da Coruña.pdf
 
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
Mostra Bibliográfica: #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras_2023.pdf [Guía de Lectura]
 
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades febreiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdfBoletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
Boletín eBiblioDaCoruna febreiro 2024.pdf
 
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades xaneiro 2024. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
 
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
Boletín da EbiblioDaCoruna xaneiro de 2024
 
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
25 anos sen Gonzalo Torrente Ballester : a súa obra na Biblioteca Provincial ...
 
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterGuía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
 
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades decembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna decembro 2023
 
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades novembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna novembro 2023
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
 
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdfLibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
LibrosUnicos_GuiaLectura_Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf
 
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
Boletín de novidades outubro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Cor...
 
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdfBoletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
Boletín de novidades da EbiblioDaCoruna outubro 2023.pdf
 
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
Boletín de novidades setembro 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Co...
 
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
Boletín de novidades EbiblioDaCoruna setembro 2023
 
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da CoruñaBoletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Boletín de novidades agosto 2023. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
 
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023
Boletín novidades EbiblioDaCoruna agosto 2023
 

Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil

  • 1. Bebeteca Esmeralda Herba pequerrechiña que con medo surrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, ¿por qué de ser pequena te me avergonzas ti? O Universo sería máis pequeno sin ti! (Nimbos, Xosé María Díaz Castro) LETRAS GALEGAS 2014 Xosé María Díaz Castro (1914 – 1990) Biblioteca de la Diputación de A Coruña
  • 2. A Real Academia Galega, na súa sesión plenaria do 21 de xuño de 2013, acordou dedicar, coincidindo co centenario do autor, o Día das Letras Galegas de 2014 a Xosé María Díaz Castro (1914–1990). . O presidente da RAG destacou a Díaz Castro como “un poeta clásico e telúrico”. Quen foi homenaxeado? Rosalía de Castro (1963), Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón Paz, Curros Enríquez, López Cuevillas, Antonio Noriega Varela, Valladares Núñez, Gonzalo López Abente, Valentín Lamas Carvajal, Manuel Lago González, Viqueira Cortón, Manuel Pintos Villar, Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte, Antonio López Ferreiro, Manuel Antonio, Alfonso X O Sabio, Vicente Risco, Luís Amado Carballo, Manuel Leiras Pulpeiro, Cotarelo Valledor, Antón Losada Diéguez, Aquilino Iglesia Alvariño, Francisca H. Garrido, Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Fermín Bouza-Brey, Blanco-Amor, Luís Seoane, Rafael Dieste, Xesús Ferro Couselo, Ánxel Fole, Martín Codax, Roberto Blanco Torres, Manuel Murguía, Eladio Rodríguez, Frei Martín Sarmiento, Antón Avilés de Taramancos, Xaquín Lorenzo Fernández, Xesús Varela Vázquez, Manuel Lugrís, María Mariño, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Lois Pereiro e Valentín Paz Andrade, Roberto Vidal Bolaño, Xosé María Díaz Castro (2014).
  • 3. Por que o 17 de maio? O 20 de marzo de 1963 Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, membros da RAG, presentaron nesta institución que se declarase o 17 de maio de cada ano “Día das Letras Galegas” como data para recoller o latexo material da actividade intelectual galega. Ese ano celebrábase o centenario da publicación dos “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, considerada a primeira obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea. Propúxose o 17 de maio, ao ignorarse a data de publicación do libro, por ser nese día cando Rosalía llo dedicou ao poeta Fernán Caballero. Por que Xosé María Díaz Castro? Porque, como dixo Ramón González-Alegre, director da revista Alba, Xosé María foi “un poeta de verdade”. A súa poesía salienta pola economía expresiva, depurada técnica, intimismo e, por un fondo espiritualismo cristián que se combina cun certo panteísmo. Facedor dunha poesía rural e labrega como é a vida dos seus veciños de aldea, a súa poética clásica, que se incluíu na célebre Xeración do 36, reflexiona sobre a existencia do ser humano, a relixión e a natureza. Tamén, Alfonso Blanco Torrado, non dubida en dicir que Díaz Castro é un dos poetas máis importantes da Galicia de posguerra. De feito, o seu libro Nimbos representa, segundo palabras de Méndez Ferrín, “un dos cumes da poesía galega posterior á guerra civil”, chegando a se converter nunha obra de gran influencia na poesía galega contemporánea, que con apenas medio século ás súas costas, xa se considera un libro clásico da poesía galega. Por outra banda, non podemos esquecer, tampouco, o seu gran labor coma tradutor. En definitiva, Díaz Castro contribuíu brillantemente a tornar máis visible a tradición literaria galega, e por iso se lle dedica este 17 de maio, o Día das Letras Galegas.
  • 4. Quen é Xosé María Díaz Castro? Xosé María Díaz Castro naceu, en febreiro de 1914, na parroquia dos Vilares (Guitiriz) no seo dunha familia labrega. Fillo de Isidro Díaz Calvo e María Manuela Castro López, foi o terceiro de catro irmáns (Antonio, María e Serafín). Estudou na escola “habanera”, ata ingresar no seminario conciliar de Mondoñedo en 1929. Foi chamado a filas pola súa quinta, e destinárono ao corpo de sanidade militar na Coruña. Despois dunha semana na fronte de Asturias, na Guerra Civil, pasou destinado á clínica militar do Hospital de Pontevedra. Pasados os anos da guerra volve ao seminario, pero só uns meses. Acada o título de bacharelato en 1945, e logo licénciase en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca, especializándose en linguas modernas. Comeza, entón, a súa etapa de profesor de linguas no colexio privado León XIII de Vilagarcía de Arousa. En 1948 marcha para Madrid, onde traballou como tradutor no Ministerio da Gobernación. Máis tarde, exerceu en diversos organismos oficiais como o Consello Superior de Investigacións Científicas ou o Instituto de Cultura Hispánica, onde estivo ata 1966, encargado de servizos de tradución de francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés e linguas escandinavas. O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG. Entrementres, en 1954, aos 40 anos, casa con María Teresa Zubizarreta Bengoechea, con quen tivo tres fillos, José Mari, Maite e Íñigo. Á súa xubilación, retornará a Galicia. Falece en Lugo en outubro de 1990. Con que obras conta? Gañador do primeiro premio de Poesía Galega nos Xogos Florais de Betanzos de 1946, Díaz Castro foi autor dun único libro, o poemario Nimbos (1961), que consta de 32 poemas agrupados en sete epígrafes. Neste libro reclama, sobre todo no poema Penélope, o espertar dunha Galicia durmida. Se ben, publicou poemas ou artigos de crítica e ensaio en diversas publicacións como Lluvia de rosas, Estafeta literaria, La Noche, Cartel, Sonata Gallega, Alba, Ínsula ou Dorna. Ademais, deixou un amplo caudal de obra inédita, como os cadernos de poesía: Follas verdes e Follas ô aire, así como o poemario Sombras radiantes e Melodía. Por outra banda, Díaz Castro, foi un constante tradutor tanto ao español coma ao galego, e tamén desde estas dúas linguas a outras como o inglés e o francés, de textos poéticos de autores galegos como Rosalía, Iglesia Alvariño, Bouza Brey ou el mesmo. Este é o caso da colaboración coa profesora e crítica Françoise Pechère para compoñer o volume Terre d’Espagne, que inclúe un amplo abano de poemas galegos, vascos, cataláns e casteláns, coa pretensión de representar, a diversidade cultural de España.