SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 4
Descargar para leer sin conexión
PROXECTO ABALAR-ARES Blanca Cortizas
Formato de parágrafo
Son propiedades do formato do parágrafo todas aquelas características do texto que, sen
ser necesariamente comúns a toda a páxina, afectan a extensións de texto superiores ao
caracter e a palabra. Por exemplo, non ten sentido falar do espazo interlineal dunha
palabra ou un carácter, pero tampouco é esta unha característica da páxina, posto que
unha mesma páxina pode ter parágrafos con diferentes espazos interlineais. Trátase, pois,
dunha propiedade do formato do parágrafo.
Entre as propiedades aplicadas máis a miúdo destacan as seguintes:
• As sangrías: esquerda, dereita e de primeira liña. Non confundades a sangría coa
marxe: a marxe é a distancia entre o borde da páxina e a zona rectangular onde
se escribe, e é un atributo da páxina; a sangría, en cambio, é a distancia entre o
extremo da liña e a marxe da páxina, e pode variar dun parágrafo a outro.
• O espazo entre parágrafos e entre as liñas do parágrafo.
• A aliñación de texto: á esquerda, á dereita, centrado ou xustificado.
• A numeración e as viñetas
• O control do fluxo do texto (separación silábica, saltos anteriores e posteriores,
liñas orfas e viúvas, etc.)
• Os bordes do parágrafo
• A cor do fondo do parágrafo
Podemos considerar tres métodos para dar formato aos parágrafos: co menú, coa barra de
obxectos e co teclado. En todos os casos:
1. Selecciona primeiro os parágrafos aos que desexas aplicar o formato; se non
seleccionas ningún, o formato aplicarase ao parágrafo onde estea situado o cursor.
2. Aplica o formato empregando o método que che resulte máis cómodo ou que estea
dispoñible (hai propiedades de formato que non se poden aplicar por medio da
barra de obxectos nin do teclado).
• Dar formato co menú
1. Abre o cadro de diálogo Parágrafo. Tes dúas formas de facelo.
1.1 Seleccionar Formato->Párrafo.
1.2 Seleccionar a opción Parágrafo do menú contextual que se abre
pulsando o botón secundario do rato.
2. No cadro de diálogo Parágrafo selecciona os formatos que desexas
aplicar.
Observa que se accede ás diferentes propiedades a través de oito fichas diferentes. Pulsa
o botón Axuda para obter información acerca das propiedades. Pulsa Aceptar para aplicar
o formato e pechar o cadro de diálogo.
• Dar formato coa barra de obxectos de texto
Os seguintes formatos de parágrafo pódense aplicar (ou quitar) directamente
pulsando sobre o botón correspondente da barra de obxectos de texto: aliñación
esquerda, centrada, dereita e xustificada; numeración, viñetas,reducir e aumentar a
sangría esquerda e cor de fondo.
PROXECTO ABALAR-ARES Blanca Cortizas
• Dar formato co teclado
Algunhas propiedades teñen as súas propias combinacións de teclas, por exemplo:
aliñación centrada Ctrl E, aliñación dereita Ctrl D, aliñación xustificada Ctrl J. Para
máis información, consulta o tema de axuda Combinacións de teclas en
OpenOffice.org .
Formato e estilos de páxina
Son propiedades do formato de páxina as seguintes:
• O tamaño e orientación do papel
• As marxes
• A cor ou imaxe de fondo
• Os bordes da páxina
• O encabezamento e pé de páxina
• O deseño de columnas
• A configuración das notas a pé de páxina
Obviamente, todo procesador de textos debe permitir aplicar formatos distintos a
páxinas ou grupos de páxinas diferentes. OpenOffice.org Writer faino de forma moi
eficiente por medio dos estilos de páxina. Trátase dunha colección personalizable de
formatos predefinidos, organizada de modo que cada páxina do documento se asocia a un
destes formatos e soamente un; se modificamos un estilo de páxina, as modificacións
trasladaranse a todas as páxinas a el asociadas. Por defecto, todas as páxinas dun
documento novo se asocian ao estilo Predeterminado.
• Para modificar o estilo de páxina asociado á páxina actual (a páxina onde
está o cursor, non o punteiro do rato):
1. Abre o cadro de diálogo Estilo de páxina. Hai tres formas de abrilo:
◦ Seleccionar Formato->Página.
◦ Seleccionar a opción Página do menú contextual que se abre pulsando o botón
secundario do rato.
◦ Facer dobre-clic na barra de estado sobre o nome do estilo de páxina.
2.-No cadro de diálogo Página selecciona os formatos que desexas aplicar.
Observa que se accede ás diferentes propiedades a través de oito fichas diferentes.
Pulsa o botón Axuda para obter información acerca das propiedades. Pulsa Aceptar
para aplicar o formato e pechar o cadro de diálogo.
• Para aplicar un estilo de páxina á páxina actual:
1. Se non está visible o Estilista, pulsa o botón Mostrar/ocultar Estilo da
barra de funcións para visualizalo.
2. Na ventá do Estilo, pulsa o botón Estilos de páxina.
3. Fai dobre-clic no estilo que queiras aplicar
PROXECTO ABALAR-ARES Blanca Cortizas
Exercicio 2
Elaboración dun documento: O que tes copiado o outro que queras:
Para empezar, selecciona todo e aplica o formato básico seguinte:
• Formato de carácter: Fonte Tahoma de 12 puntos.
• Formato de parágrafo:
◦ Espazo detrás do parágrafo: 0,80 cm
◦ Interlineado: 1,5 liñas
◦ Aliñación: xustificado
◦ Axuste de orfas e viúvas (na pestana de flujo de texto): 2 liñas
Prepara a portada:
Co cursor ao principio do documento, pulsa a tecla Entrar para inserir un parágrafo baleiro
inicial. Selecciona o título "Proxecto Abalar" ou o que queras e aplica o formato seguinte:
• Formato de parágrafo:
1.Sangría diante: 1 cm
2.Sangría detrás: 1 cm
3.Espacio diante: 1 cm
4.Alineación: centrado
5.Flujo de texto: salto de páxina despois
6.Bordes: horizontal e vertical de 1 punto a 0,15 cm de distancia
• Formato de carácter:
1.Fuente: Arial grosa de 26 puntos
Aplica o estilo de páxina á Primeira páxina
• Modifica o estilo de páxina (fai dobre-clic sobre o nome do estilo na barra de
estado) para poñerlle un borde polos catro lados de 3,55 puntos.
Da formato ao texto restante guiándote por o do estilo de páxina Predeterminado:
▪ Abre o cadro de formato do estilo de páxina (fai dobre-clic no nome do estilo
na barra de estado).
▪ Activa o encabezamento e o pé de páxina e pulsa Aceptar.
▪ Fai clic no recadro do encabezamento, pulsa o tabulador e teclea
"Proxecto Abalar" (ou o nome que queras darlle)
▪ Fai clic no recadro do pé de páxina, pulsa o tabulador, teclea "Páxina",
pulsa a barra espazadora e insire o número de páxina: menú Insertar-
>Campos->Número de páxina.
PROXECTO ABALAR-ARES Blanca Cortizas
Retoques:
• Para que a primeira páxina numerada teña o número 1, pulsa sobre o título "
mmm", abre o cadro de formato de parágrafo (botón dereito do rato) e
configura o salto de páxina diante con estilo de páxina
Predeterminado e n.º de páxina 1.
• Se o título "mmm" te queda nunha páxina e as citas noutra, pulsa sobre o
título, abre o cadro de formato de parágrafo e en Fluxo de texto activa a casa
Mantener parágrafos xuntos.
Importante: Garda ben o exercicio realizado

Más contenido relacionado

Destacado (10)

JPJ1434 Boundary Cutting for Packet Classification
JPJ1434  Boundary Cutting for Packet ClassificationJPJ1434  Boundary Cutting for Packet Classification
JPJ1434 Boundary Cutting for Packet Classification
 
Quiero volver-a-lo-de-antes
Quiero volver-a-lo-de-antesQuiero volver-a-lo-de-antes
Quiero volver-a-lo-de-antes
 
Rise of the warrior bots
Rise of the warrior botsRise of the warrior bots
Rise of the warrior bots
 
UTH ZTC Presentation
UTH ZTC PresentationUTH ZTC Presentation
UTH ZTC Presentation
 
Luis david gonzález mazo
Luis david gonzález mazoLuis david gonzález mazo
Luis david gonzález mazo
 
Monitores pantallas led
Monitores pantallas ledMonitores pantallas led
Monitores pantallas led
 
Ex Forces Energy Ltd
Ex Forces Energy LtdEx Forces Energy Ltd
Ex Forces Energy Ltd
 
Franz_TestimonialPg2-
Franz_TestimonialPg2-Franz_TestimonialPg2-
Franz_TestimonialPg2-
 
LNV15 Business concept proposal MOOC
LNV15  Business concept proposal MOOCLNV15  Business concept proposal MOOC
LNV15 Business concept proposal MOOC
 
Az én hobbim az olvasás
Az én hobbim az olvasásAz én hobbim az olvasás
Az én hobbim az olvasás
 

Más de BlancaCortizas (9)

Libro do profesorado
Libro do profesoradoLibro do profesorado
Libro do profesorado
 
Folladecálculo1
Folladecálculo1Folladecálculo1
Folladecálculo1
 
Hiperenlaces
HiperenlacesHiperenlaces
Hiperenlaces
 
Impress1
Impress1Impress1
Impress1
 
Exerc oow3
Exerc oow3Exerc oow3
Exerc oow3
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Exercicios openofficewriter
Exercicios openofficewriterExercicios openofficewriter
Exercicios openofficewriter
 
Plan obradoiro abalar-ares
Plan obradoiro abalar-aresPlan obradoiro abalar-ares
Plan obradoiro abalar-ares
 
Ficha 1
Ficha 1Ficha 1
Ficha 1
 

Último (7)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 

Ex oo2

  • 1. PROXECTO ABALAR-ARES Blanca Cortizas Formato de parágrafo Son propiedades do formato do parágrafo todas aquelas características do texto que, sen ser necesariamente comúns a toda a páxina, afectan a extensións de texto superiores ao caracter e a palabra. Por exemplo, non ten sentido falar do espazo interlineal dunha palabra ou un carácter, pero tampouco é esta unha característica da páxina, posto que unha mesma páxina pode ter parágrafos con diferentes espazos interlineais. Trátase, pois, dunha propiedade do formato do parágrafo. Entre as propiedades aplicadas máis a miúdo destacan as seguintes: • As sangrías: esquerda, dereita e de primeira liña. Non confundades a sangría coa marxe: a marxe é a distancia entre o borde da páxina e a zona rectangular onde se escribe, e é un atributo da páxina; a sangría, en cambio, é a distancia entre o extremo da liña e a marxe da páxina, e pode variar dun parágrafo a outro. • O espazo entre parágrafos e entre as liñas do parágrafo. • A aliñación de texto: á esquerda, á dereita, centrado ou xustificado. • A numeración e as viñetas • O control do fluxo do texto (separación silábica, saltos anteriores e posteriores, liñas orfas e viúvas, etc.) • Os bordes do parágrafo • A cor do fondo do parágrafo Podemos considerar tres métodos para dar formato aos parágrafos: co menú, coa barra de obxectos e co teclado. En todos os casos: 1. Selecciona primeiro os parágrafos aos que desexas aplicar o formato; se non seleccionas ningún, o formato aplicarase ao parágrafo onde estea situado o cursor. 2. Aplica o formato empregando o método que che resulte máis cómodo ou que estea dispoñible (hai propiedades de formato que non se poden aplicar por medio da barra de obxectos nin do teclado). • Dar formato co menú 1. Abre o cadro de diálogo Parágrafo. Tes dúas formas de facelo. 1.1 Seleccionar Formato->Párrafo. 1.2 Seleccionar a opción Parágrafo do menú contextual que se abre pulsando o botón secundario do rato. 2. No cadro de diálogo Parágrafo selecciona os formatos que desexas aplicar. Observa que se accede ás diferentes propiedades a través de oito fichas diferentes. Pulsa o botón Axuda para obter información acerca das propiedades. Pulsa Aceptar para aplicar o formato e pechar o cadro de diálogo. • Dar formato coa barra de obxectos de texto Os seguintes formatos de parágrafo pódense aplicar (ou quitar) directamente pulsando sobre o botón correspondente da barra de obxectos de texto: aliñación esquerda, centrada, dereita e xustificada; numeración, viñetas,reducir e aumentar a sangría esquerda e cor de fondo.
  • 2. PROXECTO ABALAR-ARES Blanca Cortizas • Dar formato co teclado Algunhas propiedades teñen as súas propias combinacións de teclas, por exemplo: aliñación centrada Ctrl E, aliñación dereita Ctrl D, aliñación xustificada Ctrl J. Para máis información, consulta o tema de axuda Combinacións de teclas en OpenOffice.org . Formato e estilos de páxina Son propiedades do formato de páxina as seguintes: • O tamaño e orientación do papel • As marxes • A cor ou imaxe de fondo • Os bordes da páxina • O encabezamento e pé de páxina • O deseño de columnas • A configuración das notas a pé de páxina Obviamente, todo procesador de textos debe permitir aplicar formatos distintos a páxinas ou grupos de páxinas diferentes. OpenOffice.org Writer faino de forma moi eficiente por medio dos estilos de páxina. Trátase dunha colección personalizable de formatos predefinidos, organizada de modo que cada páxina do documento se asocia a un destes formatos e soamente un; se modificamos un estilo de páxina, as modificacións trasladaranse a todas as páxinas a el asociadas. Por defecto, todas as páxinas dun documento novo se asocian ao estilo Predeterminado. • Para modificar o estilo de páxina asociado á páxina actual (a páxina onde está o cursor, non o punteiro do rato): 1. Abre o cadro de diálogo Estilo de páxina. Hai tres formas de abrilo: ◦ Seleccionar Formato->Página. ◦ Seleccionar a opción Página do menú contextual que se abre pulsando o botón secundario do rato. ◦ Facer dobre-clic na barra de estado sobre o nome do estilo de páxina. 2.-No cadro de diálogo Página selecciona os formatos que desexas aplicar. Observa que se accede ás diferentes propiedades a través de oito fichas diferentes. Pulsa o botón Axuda para obter información acerca das propiedades. Pulsa Aceptar para aplicar o formato e pechar o cadro de diálogo. • Para aplicar un estilo de páxina á páxina actual: 1. Se non está visible o Estilista, pulsa o botón Mostrar/ocultar Estilo da barra de funcións para visualizalo. 2. Na ventá do Estilo, pulsa o botón Estilos de páxina. 3. Fai dobre-clic no estilo que queiras aplicar
  • 3. PROXECTO ABALAR-ARES Blanca Cortizas Exercicio 2 Elaboración dun documento: O que tes copiado o outro que queras: Para empezar, selecciona todo e aplica o formato básico seguinte: • Formato de carácter: Fonte Tahoma de 12 puntos. • Formato de parágrafo: ◦ Espazo detrás do parágrafo: 0,80 cm ◦ Interlineado: 1,5 liñas ◦ Aliñación: xustificado ◦ Axuste de orfas e viúvas (na pestana de flujo de texto): 2 liñas Prepara a portada: Co cursor ao principio do documento, pulsa a tecla Entrar para inserir un parágrafo baleiro inicial. Selecciona o título "Proxecto Abalar" ou o que queras e aplica o formato seguinte: • Formato de parágrafo: 1.Sangría diante: 1 cm 2.Sangría detrás: 1 cm 3.Espacio diante: 1 cm 4.Alineación: centrado 5.Flujo de texto: salto de páxina despois 6.Bordes: horizontal e vertical de 1 punto a 0,15 cm de distancia • Formato de carácter: 1.Fuente: Arial grosa de 26 puntos Aplica o estilo de páxina á Primeira páxina • Modifica o estilo de páxina (fai dobre-clic sobre o nome do estilo na barra de estado) para poñerlle un borde polos catro lados de 3,55 puntos. Da formato ao texto restante guiándote por o do estilo de páxina Predeterminado: ▪ Abre o cadro de formato do estilo de páxina (fai dobre-clic no nome do estilo na barra de estado). ▪ Activa o encabezamento e o pé de páxina e pulsa Aceptar. ▪ Fai clic no recadro do encabezamento, pulsa o tabulador e teclea "Proxecto Abalar" (ou o nome que queras darlle) ▪ Fai clic no recadro do pé de páxina, pulsa o tabulador, teclea "Páxina", pulsa a barra espazadora e insire o número de páxina: menú Insertar- >Campos->Número de páxina.
  • 4. PROXECTO ABALAR-ARES Blanca Cortizas Retoques: • Para que a primeira páxina numerada teña o número 1, pulsa sobre o título " mmm", abre o cadro de formato de parágrafo (botón dereito do rato) e configura o salto de páxina diante con estilo de páxina Predeterminado e n.º de páxina 1. • Se o título "mmm" te queda nunha páxina e as citas noutra, pulsa sobre o título, abre o cadro de formato de parágrafo e en Fluxo de texto activa a casa Mantener parágrafos xuntos. Importante: Garda ben o exercicio realizado