EXERCICIOS OPENOFFICE WRITER
1.- Crear un documento:
Escribe unha nova actual do xornal, ou calquer documento que precises...
4.-Exportar como PDF
O formato PDF úsase moito para compartir documentos para a súa visualización e
impresión. É important...
ou Seleccionar a opción Carácter do menú contextual que se abre pulsando o
botón secundario do rato.
5.2.2. No cadro de di...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Exercicios openofficewriter

395 visualizaciones

Publicado el

0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
395
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
28
Acciones
Compartido
0
Descargas
12
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Exercicios openofficewriter

  1. 1. EXERCICIOS OPENOFFICE WRITER 1.- Crear un documento: Escribe unha nova actual do xornal, ou calquer documento que precises ou queras. (clic en Archivo (arquivo), elixe a opción Gardar como..., porque así elixes ónde queres gardalo e en qué formato) Exemplo: Gardalo como writer-01.odt 2.- Pegar texto 2.1. Selecciona e copia o texto sombreado (clic botón dereito do rato e arrastra ata o final) ou un texto calquera do noso documento: Informática ou computación é a ciencia do tratamento automático da información mediante un computador (chamado tamén ordenador e computadora). Entre as tarefas máis populares que facilitou esta técnología encóntranse: elaborar documentos, enviar e recibir correo electrónico, debuxar, crear efectos visuais e sonoros, maquetación de folletos e libros, manexar a información contable nunha empresa, tocar música, controlar procesos industriais e xogar. 2.2. Pulsa sobre a icona correspondente da barra de tarefas do escritorio para activar o documento novo de OpenOffice.org Writer. 2.3. Pega o texto. Tés catro formas diferentes de facelo. Próbaas todas: • Pulsar o botón Colar (ou Pegar) da barra de funcións. • Seleccionar Editar->Pegar. • Seleccionar a opción Pegar do menú contextual que se abre pulsando o botón dereito do rato. • Pulsar a combinación de teclas Ctrl V. 3.-Gardar o documento 3.1. Garda o documento. Tes tres formas de facelo: * Pulsar o botón Guardar da barra de funcións. * Seleccionar Arquivo->Guardar. * Pulsar a combinación de teclas Ctrl S ou Ctrl G, dependendo do noso idioma. 3.2. Como se trata dun documento novo, abrirase o cadro de diálogo Guardar como, onde deberás indicar o nome con que queres gardalo. Gárdao como writer-01.odt Para iso, teclea writer-01 no cadro de texto Nome de arquivo (non é necesario poñer a extensión) e comproba que a opción seleccionada no cadro Tipo de arquivo sexa Texto en formato OpenDocument (.odt). Por último pulsa o botón Guardar.
  2. 2. 4.-Exportar como PDF O formato PDF úsase moito para compartir documentos para a súa visualización e impresión. É importante para enviar documentos, porque non se pode modificar. 4.1. Exporta o documento como writer-01.pdf. Para iso, selecciona Arquivo->Exportar en formato PDF. Abrirase o cadro de diálogo Exportar, similar ao cadro de diálogo Guardar como que acabamos de ver. Pulsa o botón Exportar. 4.2. Abrirase o cadro de diálogo Opciones PDF, onde podes axustar as opcións de exportación. Pulsa o botón Exportar e listo. * Unha forma máis rápida de exportar o documento en formato PDF, sen pasar polo cadro de diálogo Opciones PDF, consiste simplemente en pulsar o botón Exportar directamente como PDF da barra de funcións e, como no caso anterior, completar o cadro de diálogo Exportar. 5.-Formato de carácter Son propiedades do formato dos carácteres todas aquelas características do documento que afectan, ou poden afectar, a unha extensión de texto inferior ao parágrafo. Por exemplo, o tamaño da fonte pode variar dentro do parágrafo: é, polo tanto, unha propiedade do formato dos carácteres. Entre as propiedades aplicadas máis a miúdo destacan as seguintes: * A familia da fonte (Arial, Times New Roman, etc.) * O tamaño da fonte * O estilo da fonte (regular, grosa, cursiva, etc.) * A decoración e efectos da fonte (subliñado, cor, relevo, etc.) * A posición e orientación dos carácteres * A cor do fondo dos carácteres Podemos considerar tres métodos para dar formato aos carácteres: co menú, coa barra de obxectos e co teclado. En todos os casos: 5.1. Selecciona primeiro o texto ao que desexas aplicar o formato; se non seleccionas nada, o formato aplicarase á palabra onde estea situado o cursor. 5.2. Aplica o formato empregando o método que che resulte máis cómodo ou que estea dispoñible (hai propiedades de formato que non se poden aplicar por medio da barra de obxectos nin do teclado). * Dar formato co menú 5.21. Abre o cadro de diálogo Caracteres. Tes dúas formas de facelo. ou Seleccionar Formato->Carácter.
  3. 3. ou Seleccionar a opción Carácter do menú contextual que se abre pulsando o botón secundario do rato. 5.2.2. No cadro de diálogo Caracteres selecciona os formatos que desexas aplicar. Observa que se accede ás diferentes propiedades a través de cinco fichas diferentes(tipo de letra, tamaño, estilo, alineación e interlineado). Pulsa Aceptar para aplicar o formato e pechar o cadro de diálogo. • Dar formato coa barra de obxectos de texto os seguintes formatos de carácter pódense aplicar (ou quitar) directamente pulsando sobre o botón correspondente da barra de obxectos de texto: familia da fonte, tamaño da fonte, estilo e efectos da fonte (grosa, cursiva e subliñado), cor dos carácteres e cor do fondo dos carácteres. * Dar formato co teclado Algunhas propiedades teñen as súas propias combinacións de teclas, por exemplo: negra Ctrl N, cursiva Ctrl I, subliñado Ctrl U. Para máis información, consulta o tema de axuda Combinacións de teclas en OpenOffice.org. EXERCICIO *O obxectivo é formatar writer-01.odt para que se pareza o máis posible a writer-01.pdf. * O tipo básico debe ser Times New Roman de 12 puntos. Polo tanto, o primeiro que debes facer é seleccionar todo o texto e aplicar este tipo. * Non debes realizar ningunha operación que non sexa aplicar formato de carácteres. Podes usar o cadro de diálogo Caracteres, a Barra de obxectos de texto e as combinacións de teclas. * As cores usadas son Azul claro, Vermello claro e Turquesa. Para aplicalos, mantén pulsado o rato sobre o símbolo Cor do carácter da Barra de obxectos de texto ata que se abra o cadro de selección de cores. Garda o texto novo no formato que queras como writer-02.odt e writer-02.pdf e gárdaos na túa carpeta persoal sen cambiarlles o nome.

×