SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 16
Amante tocada pola antropofaxia
ÍNDICE
Asubío para dentro.........................................................................4

A lascivia........................................................................................5

Tesme horizontal............................................................................6

Quérote íntimo................................................................................7

Coido que son unha lesma.............................................................8

A miña boca....................................................................................9

É unha tenra sensación.................................................................10

Son unha gata en celo...................................................................11

As túas mans gabean....................................................................12

Existe unha ecuación de posibilidades .........................................13

Tes a capacidade de imbuírme................................................. ...14
Asubío para dentro e marco unha tese
nos pregues dun abdome
Hai informes deliberados
que atravesan as canles
dos embigos que se bican sen présa
Asubío para dentro e acado
a linguaxe íntegra que nos representa




            4
A lascivia corre unha maratón
e fertilízame nas horas en que
acolle este meu territorio
                posúeme
xemo como unha cadela quente
e asumo a certeza deste amor
                por secuencias




                5
Tesme horizontal, espida, espasmódica
Mollada entre as sabas
tesme en contacto co teu sexo
            en posición de amar
A túa lingua succióname enteira
                 lingua retráctil
Sinto que as cóxegas acurtan as distancias
Estoupa de pracer o clítoris
             téñote en min
                    mergullado
                      Non hai palabras




               6
Quérote íntimo
    acomodado na lentura
               do meu pube




           7
Coido que son unha lesma
imprégname no teu cuspe
Lámbeme coma unha pucha
e átame a carón do teu monte
                 que teño fame




           8
A miña boca afaise á humidade
da achegada lingua e compartimos
                           fluídos
coma peixes vermellos, ledos
no interior do noso acuario
As noites afanse aos meus dedos
Eles teñen o privilexio de acadar
                    un si bemol
na superficie quente do teu peito




            9
É unha tenra sensación
pousar os meus labios nos teus
enchouparme no interior
quedar pendurada da túa boca
                         amor
ese é un doce xogo de equilibrios
             ao que estou afeita
seino, dende que fiquei sen bragas
                      diante túa
e aterrei convulsa no teu ventre
dende aquela, seino
estou convencida da analoxía
que teño coas limachas




           10
Son unha gata en celo, posúote
Iranse perpetuando, con vehemencia
as miñas pegadas na túa pel
Arrólome, miañando involucrada
nunha melodía que precede á cópula
Como preámbulo bailo sen saia
                    e agardo
a mutua penetración ao lírico universo
                       dos abrazos
Son comedora de carne
amante tocada pola antropofaxia
                   aproxímate
que morro por meterche o dente




            11
As túas mans gabean pola miña nudez
e eu atopo un milleiro de razóns para
                           estar aquí
Rompo as unllas
na obsesiva tarefa de descubrirte a
                       rabuñaduras
Ocúpome de ti, ben o sabes
Teño a psicopatía do tacto
Déitate ao meu carón e fagámolo amor
Debúxame as liñas, o poema
que atravesa a corrente do meu sangue
porque o meu pube é a base cóncava
con acceso directo aos teus abrazos
           Entra en min, mainamente
como a choiva miúda de antonte




               12
Existe unha ecuación de posibilidades
                          no teu pube
                           estou segura
aproxímome de poutelas
e déitome enriba de ti quente
                   fervemos
sinto que podo atraparte
mergullarme na cafeína do teu sexo
                        na gabeta
onde afondan os instintos animais
                   que nos arrodean
Son as 10 e un cuarto
e os resultados abránguense maxicamente
coma paporroibos que te sobrevoan...




              13
Tes a capacidade de imbuírme
Semello un apéndice
apegado ao teu corpo
Quero permanecer así...
polo tanto, permito que me devores
déixome, non poño obxección
                    engúleme
pecha a fiestra para que non poida
                       saír de ti
e tríscame os dentes nos beizos
que son o teu molete de pantrigo




           14
Este poemario acadou o primeiro premio de poesía
       no XXII Certame de Poesía “Rosalía
      de Castro” 2008 Cornellá ( Barcelona)
Amante tocada pola antropofaxia

Más contenido relacionado

Destacado

Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida Cruz Martinez
 
O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia  O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia Cruz Martinez
 
رضا شهاب المكّي الشروق
رضا شهاب المكّي    الشروقرضا شهاب المكّي    الشروق
رضا شهاب المكّي الشروقSonia Charbti
 
من هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّةمن هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّةSonia Charbti
 
Social Media Marketing
Social Media MarketingSocial Media Marketing
Social Media MarketingSquareberry
 
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5قوى تونس الحرّة بيان رقم 5
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5Sonia Charbti
 
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّة
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّةالأرضية السياسية لقوى تونس الحرّة
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّةSonia Charbti
 
رضا شهاب المكّي الشروق
رضا شهاب المكّي    الشروقرضا شهاب المكّي    الشروق
رضا شهاب المكّي الشروقSonia Charbti
 
الثورة المضادة عبدالسلام حمدي
الثورة المضادة   عبدالسلام حمديالثورة المضادة   عبدالسلام حمدي
الثورة المضادة عبدالسلام حمديSonia Charbti
 
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante Cruz Martinez
 
Social Media for Churches
Social Media for Churches Social Media for Churches
Social Media for Churches Squareberry
 
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6قوى تونس الحرّة بيان رقم 6
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6Sonia Charbti
 
مشـروع إعلان مبادئ للدستور قوى تونس الحرّة
مشـروع إعلان مبادئ للدستور   قوى تونس الحرّةمشـروع إعلان مبادئ للدستور   قوى تونس الحرّة
مشـروع إعلان مبادئ للدستور قوى تونس الحرّةSonia Charbti
 
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6قوى تونس الحرّة بيان رقم 6
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6Sonia Charbti
 
MY FUTURE VACATIONS
MY FUTURE VACATIONSMY FUTURE VACATIONS
MY FUTURE VACATIONSCar Zr
 
من هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّةمن هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّةSonia Charbti
 
Social Media for Schools
Social Media for Schools Social Media for Schools
Social Media for Schools Squareberry
 
MBS CMO Presentation
MBS CMO PresentationMBS CMO Presentation
MBS CMO Presentationnashy2k
 
Toyota-Tesla merger presentation
Toyota-Tesla merger presentationToyota-Tesla merger presentation
Toyota-Tesla merger presentationnashy2k
 

Destacado (20)

Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida
 
O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia  O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia
 
CFO Whitepaper
CFO WhitepaperCFO Whitepaper
CFO Whitepaper
 
رضا شهاب المكّي الشروق
رضا شهاب المكّي    الشروقرضا شهاب المكّي    الشروق
رضا شهاب المكّي الشروق
 
من هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّةمن هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّة
 
Social Media Marketing
Social Media MarketingSocial Media Marketing
Social Media Marketing
 
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5قوى تونس الحرّة بيان رقم 5
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5
 
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّة
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّةالأرضية السياسية لقوى تونس الحرّة
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّة
 
رضا شهاب المكّي الشروق
رضا شهاب المكّي    الشروقرضا شهاب المكّي    الشروق
رضا شهاب المكّي الشروق
 
الثورة المضادة عبدالسلام حمدي
الثورة المضادة   عبدالسلام حمديالثورة المضادة   عبدالسلام حمدي
الثورة المضادة عبدالسلام حمدي
 
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
 
Social Media for Churches
Social Media for Churches Social Media for Churches
Social Media for Churches
 
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6قوى تونس الحرّة بيان رقم 6
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6
 
مشـروع إعلان مبادئ للدستور قوى تونس الحرّة
مشـروع إعلان مبادئ للدستور   قوى تونس الحرّةمشـروع إعلان مبادئ للدستور   قوى تونس الحرّة
مشـروع إعلان مبادئ للدستور قوى تونس الحرّة
 
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6قوى تونس الحرّة بيان رقم 6
قوى تونس الحرّة بيان رقم 6
 
MY FUTURE VACATIONS
MY FUTURE VACATIONSMY FUTURE VACATIONS
MY FUTURE VACATIONS
 
من هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّةمن هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّة
 
Social Media for Schools
Social Media for Schools Social Media for Schools
Social Media for Schools
 
MBS CMO Presentation
MBS CMO PresentationMBS CMO Presentation
MBS CMO Presentation
 
Toyota-Tesla merger presentation
Toyota-Tesla merger presentationToyota-Tesla merger presentation
Toyota-Tesla merger presentation
 

Similar a Amante tocada pola antropofaxia

Atraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonasAtraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonasCruz Martinez
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010cenlf
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimentalisabelcota
 
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011luzjares
 
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011luzjares
 
Recital Poesía
Recital PoesíaRecital Poesía
Recital Poesíaluzjares
 
A coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatricesA coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatricesCruz Martinez
 

Similar a Amante tocada pola antropofaxia (13)

Atraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonasAtraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonas
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Tempo2
Tempo2Tempo2
Tempo2
 
Tempo1
Tempo1Tempo1
Tempo1
 
Yolanda Castaño
Yolanda CastañoYolanda Castaño
Yolanda Castaño
 
Poesía
Poesía Poesía
Poesía
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimental
 
Tempo
TempoTempo
Tempo
 
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco 2011
 
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011
Recital Poesía IES Monte Carrasco Maio 2011
 
Recital Poesía
Recital PoesíaRecital Poesía
Recital Poesía
 
A coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatricesA coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatrices
 

Amante tocada pola antropofaxia

  • 1. Amante tocada pola antropofaxia
  • 2.
  • 3. ÍNDICE Asubío para dentro.........................................................................4 A lascivia........................................................................................5 Tesme horizontal............................................................................6 Quérote íntimo................................................................................7 Coido que son unha lesma.............................................................8 A miña boca....................................................................................9 É unha tenra sensación.................................................................10 Son unha gata en celo...................................................................11 As túas mans gabean....................................................................12 Existe unha ecuación de posibilidades .........................................13 Tes a capacidade de imbuírme................................................. ...14
  • 4. Asubío para dentro e marco unha tese nos pregues dun abdome Hai informes deliberados que atravesan as canles dos embigos que se bican sen présa Asubío para dentro e acado a linguaxe íntegra que nos representa 4
  • 5. A lascivia corre unha maratón e fertilízame nas horas en que acolle este meu territorio posúeme xemo como unha cadela quente e asumo a certeza deste amor por secuencias 5
  • 6. Tesme horizontal, espida, espasmódica Mollada entre as sabas tesme en contacto co teu sexo en posición de amar A túa lingua succióname enteira lingua retráctil Sinto que as cóxegas acurtan as distancias Estoupa de pracer o clítoris téñote en min mergullado Non hai palabras 6
  • 7. Quérote íntimo acomodado na lentura do meu pube 7
  • 8. Coido que son unha lesma imprégname no teu cuspe Lámbeme coma unha pucha e átame a carón do teu monte que teño fame 8
  • 9. A miña boca afaise á humidade da achegada lingua e compartimos fluídos coma peixes vermellos, ledos no interior do noso acuario As noites afanse aos meus dedos Eles teñen o privilexio de acadar un si bemol na superficie quente do teu peito 9
  • 10. É unha tenra sensación pousar os meus labios nos teus enchouparme no interior quedar pendurada da túa boca amor ese é un doce xogo de equilibrios ao que estou afeita seino, dende que fiquei sen bragas diante túa e aterrei convulsa no teu ventre dende aquela, seino estou convencida da analoxía que teño coas limachas 10
  • 11. Son unha gata en celo, posúote Iranse perpetuando, con vehemencia as miñas pegadas na túa pel Arrólome, miañando involucrada nunha melodía que precede á cópula Como preámbulo bailo sen saia e agardo a mutua penetración ao lírico universo dos abrazos Son comedora de carne amante tocada pola antropofaxia aproxímate que morro por meterche o dente 11
  • 12. As túas mans gabean pola miña nudez e eu atopo un milleiro de razóns para estar aquí Rompo as unllas na obsesiva tarefa de descubrirte a rabuñaduras Ocúpome de ti, ben o sabes Teño a psicopatía do tacto Déitate ao meu carón e fagámolo amor Debúxame as liñas, o poema que atravesa a corrente do meu sangue porque o meu pube é a base cóncava con acceso directo aos teus abrazos Entra en min, mainamente como a choiva miúda de antonte 12
  • 13. Existe unha ecuación de posibilidades no teu pube estou segura aproxímome de poutelas e déitome enriba de ti quente fervemos sinto que podo atraparte mergullarme na cafeína do teu sexo na gabeta onde afondan os instintos animais que nos arrodean Son as 10 e un cuarto e os resultados abránguense maxicamente coma paporroibos que te sobrevoan... 13
  • 14. Tes a capacidade de imbuírme Semello un apéndice apegado ao teu corpo Quero permanecer así... polo tanto, permito que me devores déixome, non poño obxección engúleme pecha a fiestra para que non poida saír de ti e tríscame os dentes nos beizos que son o teu molete de pantrigo 14
  • 15. Este poemario acadou o primeiro premio de poesía no XXII Certame de Poesía “Rosalía de Castro” 2008 Cornellá ( Barcelona)