1. Hai uns anos, o fotógrafo Peter Menzel decidiu viaxar polo mundo e retratar 30 familias de 24 países. A idea era fotografar as familias canda a comida que ían consumir nesa semana e tamén tomar nota do gasto de cada unha delas.
2. O libro titúlase Hungry Planet e sinceramente, á parte da calidade fotográfica, sorprenden moito as diferenzas entre países. Reparade nas fotos e máis nos alimentos, no número de persoas que compoñen cada familia e no tipo de produtos.