16 18

420 visualizaciones

Publicado el

Estoutra é a proposta do Club de Lectura do IES Eduardo Blanco Amor para o alumnado entre 16 e 18 anos.

0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
420
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
8
Acciones
Compartido
0
Descargas
1
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

16 18

  1. 1. De 16 a 18 anos CÓMIC "De Profundis". Miguelanxo Prado. Ed. Norma.- Libro baseado na longametraxe do mesmo título. É unha proposta sorprendente. "Insomnios". Guillermo Ortiz. Ed. Diábolo.- Humor gráfico intelixente. Máis de cen personaxes e cada un ten o seu propio xeito de contar ovellas cando non pode durmir.
  2. 2. GALEGO Circe ou o pracer azul", de Begoña Caamaño. Nesta novela editada por Galaxia dentro da Colección Literaria, Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea. "Branco", de Manuel Darriba. Galaxia .- Nun estado policial, dous militares das forzas de represión deteñen e reclúen a unha muller, á que someten a un violento e cruel interrogatorio. Anos despois, o azar fai que os destinos deses dous homes se volvan a cruzar tamén traxicamente "Sete palabras", de Suso de Toro.- Xerais Esta nova novela de Suso de Toro tómanos dá man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dous humildes onde se acrisolan vos diferentes... Sol de Inverno de Rosa Aneiros. E. Xerais. É a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dun personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia…
  3. 3. Castelán Love story, de Erich Segal. “Dulzona”, quizais obra que posúe relambidas frases e tráxico final, pero historia de amor entre universitarios. A rapaza, ademais, bibliotecaria. El dueño de la historia, de Malcolm Bradbury. Outro profesor universitario que escribe novelas sobre profesores universitarios, en ton satírico, e ás veces usando como personaxe... ao seu amigo David Lodge, que fai o propio. Todas las almas, de Javier Marías. Outro que escribe en español sobre as clásicas universidades inglesas, con bastante coñecemento de causa. Tamén hai mortos La caída del Museo Británico, de David Lodge. O autor máis citado deste subxénero, profesor universitario que se ri do seu xénero, describe con boísimo humor as penas do novo aspirante a investigador e docente. Un mundo sin fin (Los pilares de la Tierra II) de Ken Follet (Praza e Janés). É a secuela de Los Pilares de la Tierra, pero non importa en qué orde as leas. Está ambientado na mesma cidade, Kingsbridge, pero ten lugar douscentos anos despois e céntrase nos amores,peste negra odios, paixóns, orgullos e vinganzas do mundo, visto polo medieval autor. La mano de Fátima de I. Falcones (Grijalbo).- El libro relata a apaixonante historia dun novo mourisco na Andalucía do século XVI, atrapado entre dúas relixións e dous amores, en busca da súa liberdade e a do seu pobo. La isla bajo el mar de I. Allende (Praza e Janés).- Esta é a historia de Zarité, unha rapaza mulata que aos nove anos é vendida como escrava. Ao longo da novela viviremos corenta anos da vida de Zarité e o que representou a explotación de escravos na illa no século XVIII, as súas condicións de vida e como loitaron para conseguir a liberdade.
  4. 4. La perla de John Steinbeck. - Unha das narracións máis intensas e conmovedoras da literatura contemporánea, unha auténtica obra mestra. A historia de Kino o pescador, do seu fillo Coyotito e da perla máis fermosa xamais pescada. É un símbolo tráxico que condensa toda unha filosofía da existencia Campos de fresas de Jordi Sierra i Fabra (SM).- Unha novela realista sobre as drogas de deseño e as discotecas. A vida é como un taboleiro de xogos e todo depende das fichas que escollemos. Luciana elixiu mal unha ficha e a súa partida está a punto de rematar... Poderán os seus amigos conseguir que xogue a prórroga? Querido Nadie de Berlie Doherty (SM). - Un relato estarrecedor, sensible e realista, que explora os problemas polos que atravesa unha estudante de dezaoito anos ao enfrontarse a un embarazo non desexado. Querido Nadie, o futuro fillo da nova Helen, transfórmase paulatinamente no invisible culpable das súas contradicións e no único destinatario dun mangado de cartas que, a xeito de pesadelo, retratan paso a paso a perda das súas ilusións. Cuartos oscuros de Juan Madrid (SM) .- Tomás soña moitas veces co seu pai, o seu heroe. Cando este o informa de que vai escapar de prisión, o mozo pretende axudarlle e emprende un longo camiño cheo de aventuras dende Vallecas ata Málaga. As cousas non sairán como o tiñan previsto pero, ao final da viaxe, Tomás daría pasos importantes cara a súa madurez. Trepidante novela de aventuras sobre a fidelidade cara aos pais. Las aventuras del capitán Alatriste (Colección) A. Pérez reverte (Alfaguara).- A historia dun veterano dos terzos de Flandes que malvive como espadachín a soldo no Madrid do século XVII. As súas aventuras apaixonantes somérxennos nas intrigas da Corte dunha España corrupta e en decadencia, as emboscadas en quellas escuras entre o brillo de dous aceiros, as tabernas onde Francisco de Quevedo compón sonetos entre pendencias e botellas de viño, ou os currais de comedias onde as representacións de Lope de Vega rematan a coiteladas. Acción, historia e aventura danse cita nestas páxinas inesquecibles.

×