De 12 a 15 anos




                          CÓMIC
                       El juego de la luna.
                       Enr...
GALEGO
O home do traxe Branco. Ed. Xerais, .- Nun
caloroso día de verán prodúcese un grande incendio
nun bosque de Galicia...
CASTELÁN
                        A la mierda en bicicleta. Gonzalo Moure.
                        Ed. SM.- Javier, un rapa...
El   asesinato    del  profesor     de
                          matemáticas. Esteban Serrano. Nívola.--
                 ...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos

450 visualizaciones

Publicado el

Esta é a proposta do Club de Lectura para o Nadal pensando no alumnado do 1º ciclo da ESO.

Publicado en: Educación, Meditación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
450
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
9
Acciones
Compartido
0
Descargas
1
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos

  1. 1. De 12 a 15 anos CÓMIC El juego de la luna. Enrique Bonet. Ed. Astiberri. Premio Expocómic 2009 á obra nacional e mellor guionista. Relato intemporal, de corte fantástico e fantasmagórico. La isla sin sonrisa. Enrique Fernández. Ed. Glenat. Anque pareza un album ilustrado infantil, en realidade pode servir para un lector de calquera idade, como os grandes clásicos de sempre.
  2. 2. GALEGO O home do traxe Branco. Ed. Xerais, .- Nun caloroso día de verán prodúcese un grande incendio nun bosque de Galicia. Pola noite, uns rapaces descobren unha gran nave. Dela xorden varios buzos escoltando unha estraña criatura anfibia que dá a luz a súa cría. Cando parece que todo finalizou, da nave descende un misterioso home con traxe branco, acompañado dun estraño animal. Quen é ese home? Só este grupo de rapaces descubrirá de onde vén. " O contador de estrelas". Jaureguizar. Obradoiro.- O contador de estrelas é unha novela que narra o peculiar verán vivido por unha adolescente chamada Antía, afeccionada aos avións e aos libros de vampiros.A trama comeza cando descobre que terá que pasar o verán coa súa nai, Rosa, no seu novo posto de traballo. Rosa será a nova emisorista do Servizo Antilumes no Aeródromo de Rozas, na comarca de Lugo, un lugar que se vai ver afectado polos incendios.. "O planeta das curiosidades". Clive Gifford. Ed. Baía.Este libro único, asinado por Clive Gifford, sinala os lugares desde os que máis de 50 0 pioneiros de cada campo -a ciencia e a tecnoloxía, a exploración, o deporte, as artes e o espectáculo... -foron noticia no seu día. Do realmente innovador ao sinxelamente estraño, esta obra revela que coche foi o primeiro en romper a barreira do son, quen comeu, entre outros obxectos, unha avioneta... A praia dos afogados. Domingo Villar.- Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida de plástico. Os veciños falan dun suicidio, mais as primeiras investigacións amosan unha realidade diferente que levará ao inspector a...
  3. 3. CASTELÁN A la mierda en bicicleta. Gonzalo Moure. Ed. SM.- Javier, un rapaz de catorce anos que vive no campo e convértese no novo amigo dos animais nun programa da televisión. Pero ninguén conta con que poida ter ideas propias que poñan en perigo os plans dos adultos. El frío modifica la trayectoria de los peces. Pierre Szalowski. Ed. Grijalbo.- A historia dun neno de 11 anos que recibe a noticia de que os seus pais se queren separar. A verdadeira historia non é a dunha separación senón unha metáfora da vida actual. Unha vida que vivimos moitas veces demasiado á présa, demasiado ocupados nos nosos propios problemas, sen a penas mirar ás persoas... La maldición del arquero. Joan Manuel Gisbert. Ed.Oxford. - Unha temible maldición de sangue cae sobre Arno un novo arqueiro que se dirixe ao castelo real de Turania. É unha arriscada viaxe cheas de situacións perigosas e encontros estraños. ¿Quién me robó mi queso? Spencer Jonson. Ed. Irano. É un conto sobre o cambio que ten lugar nun labirinto onde catro divertidos personaxes buscan "queixo". Cada un de nós ten a súa propia idea do que é o queixo, e vai tras el porque cre que o fai feliz. Se o consegue, case sempre se encariña con el. E se o perde ou o quitan, a experiencia adoita resultar traumática. Veno, vido en bico. Branco Palentina. Ed. Alfaguara.- Esta divertida novela transpórtate no tempo, evidenciando que a xuventude, en calquera época e lugar, ten as mesmas inquietudes.
  4. 4. El asesinato del profesor de matemáticas. Esteban Serrano. Nívola.-- Un profesor propón aos seus alumnos un xogo como exame para aprobar as matemáticas. O venres pola tarde o profesor morre, pero antes de falecer conta aos seus alumnos o sobre que hai no seu peto lles indicarán como buscar o asasino. La Selva de los números. Ricardo Gómez. Ed. Alfaguara. - Hai moito tempo unha tartaruga descobre algo sorprendente: os números. Convencida de que o seu invento era bo e de que a alguén lle viría ben, percorre a selva mostrándollelo a varios animais. ¡ Ojalá no hubiese números! E. Montañés (Nivola).- Trata dun neno, Arturo, que odiaba as matemáticas e un día dixo: " Ogallá non houbese números!". O rei das matemáticas Pitágoras V, decidiu tomar unha decisión precipitada, facendo que ninguén do planeta soubese os números, agás Arturo. A súa misión consistía en aprender os números a alguén para acabar co maleficio. Conseguiuno e, a través diso, decatouse da importancia dos números: xa non tiña problemas coas matemáticas. Ernesto, o aprendiz de matemago. J. Muñoz. Nívola - De pronto apagaron as luces, un potente foco de luz iluminou a entrada de artistas e unha silueta fixo a súa aparición entre a néboa. Cubríase cunha longa capa azul... Charlie y la fábrica de chocolate: Roald Dahl (Alfaguara). Esta historia mostra como ás veces unha decisión pode transformar radicalmente toda unha vida... E isto é xusto o que sucede a Charlie. Os traballos infantís de Dahl están contados usualmente dende o punto de vista dun neno, frecuentemente involucrando a malvados adultos que odian e tratan mal os nenos, e presentando polo menos un bo adulto que contrarresta aos malvados.

×