O CANCRO

CONCEPTO

DESCRIPCIÓN

DIAGNÓSTICO-SÍNTOMAS

TRATAMENT...
1-CONCEPTO Cancro ou cáncer é o nome do concepto médico dunha neoplasia maligna, que se refire xenéricamente ás doenzas en...
2-DESCRICIÓN Os tumores neoplásicos son calquera masa de células que xurde por división inapropriada dunha célula nai orix...
Tumores benignos As neoplasias benignas en xeral non se transforman en malignas e poden polo tanto manterse no corpo do pa...
Desenrrolo e propagación do cancro
3-DIAGNÓSTICO-SÍNTOMAS 3.1-SÍNTOMAS Inicialmente o cancro produce síntomas xeralmente inespecificos ou ata pode ser asinto...
3.2-DIAGNÓSTICO ANATOMÍA PATOLÓXICA O aspecto microscópico das neoplasias malignas é variado. A maioría diferenciase pouco...
4-TRATAMENTO A dificuldade do tratamento do cancro consiste en distinguir entre as células malignas e as células normais d...
NOVAS TÉCNICAS: Ultimamente desenvolvéronse algúns fármacos específicos que diminúen a actividade dalgunhas proteínas cuxa...
TERAPIA PALIATIVA:En casos en que non haxa cura, a única cousa a facer é mellorar a calidade e duración da curta vida, con...
5-INCIDENCIA Factores de risco inclúen xeografía (máis cancro da pel en países tropicais que en nórdicos), etnia, hábitos ...
(2000-2005) nos países do Europa e América do Norte. Cancros máis frecuentes no home : Carcinoma da Próstata , Pulmón , Co...
6-PREVENCIÓN

Educación e hábitos saudables

O exceso de consumo de graxas animais parece proclivi...

Quimioprevención: E a utilización de determinados axentes químicos, naturais ou sintéticos, para revertir, suprimi...
Próxima SlideShare
Cargando en…5

O Cancro

1.640 visualizaciones

Publicado el

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
• Sé el primero en comentar

• Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
1.640
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
5
Acciones
Compartido
0
Descargas
0
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

O Cancro

1. 1. O CANCRO

CONCEPTO

DESCRIPCIÓN

DIAGNÓSTICO-SÍNTOMAS

TRATAMENTO

INCIDENCIA DA ENFERMIDADE

PREVENCIÓN

2. 2. 1-CONCEPTO Cancro ou cáncer é o nome do concepto médico dunha neoplasia maligna, que se refire xenéricamente ás doenzas en que determinado grupo de células do corpo se divide de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida.
3. 3. 2-DESCRICIÓN Os tumores neoplásicos son calquera masa de células que xurde por división inapropriada dunha célula nai orixinal , na cal a expresión dos xenes que regulaban esa división están alterados. Cancro é entendido como a grave situación patolóxica clínica que se xera por unha neoplasia, a cal se clasifica como maligna debido á situación clínica que orixina, potencialmente fatal. Tumores malignos O tumor maligno ou cancro distínguese do tumor benigno principalmente porque pon a vida do doente en risco. A gran maioría dos tumores malignos é invasivo, e a súa infiltración progresiva en estruturas adxacentes, ou distantes a través de metastases é o que cría disfuncións nos órganos invadidos e mais reaccións inmunitarias ás lesións, que levan á insuficiencia ou mala función de órganos vitais e á morte.
4. 4. Tumores benignos As neoplasias benignas en xeral non se transforman en malignas e poden polo tanto manterse no corpo do paciente, mais xeralmente recoméndase a retirada por motivos estéticos. Sen embargo, en casos raros as neoplasias de comportamento benigno poden levar á morte, se o seu crecemento, por azar, comprimise mecanicamente unha arteria, vea ou nervo importante. Metástase As células cancerosas poden tamén soltarse do tecido neoplásico orixinal e, a través da corrente sanguínea, linfática ou a través doutros líquidos instalarse noutros órganos distantes da localización inicial, as metástases. A metastasización constitúe a fase do cáncer cuxo tratamento é máis difícil e cando é obtido menos éxito na recuperación dos pacientes. O paciente con cáncer debe, sempre que se poida, ser operado o máis axiña posíbel para a extracción do tecido ou do órgano afectado.
5. 5. Desenrrolo e propagación do cancro
6. 6. 3-DIAGNÓSTICO-SÍNTOMAS 3.1-SÍNTOMAS Inicialmente o cancro produce síntomas xeralmente inespecificos ou ata pode ser asintomático. Síntomas como masa localizada, sangramento urinario, intestinal ou na tose son suxestivas. O cansazo e maila falta de apetito son universais. Os síntomas característicos na fase avanzada son os da caqueixa. Esta caracterizase pola perda rápida de peso, anemia, cansazo crónico, falta de apetito e perda da masa muscular.
7. 7. 3.2-DIAGNÓSTICO ANATOMÍA PATOLÓXICA O aspecto microscópico das neoplasias malignas é variado. A maioría diferenciase pouco. Sen embargo, algúns tipos de cancro poden presentar un aspecto ben diferenciado, por veces ata funcional. Algunhas características xerais que distinguen células neoplásicas probabelmente malignas de células normais ou benignas: pleomorfismo celular (varias formas de células no mesmo tecido); grandes núcleos relativamente ao citoplasma; núcleos con formas diversas; células xigantes con varios núcleos; nucleólos prominentes; mitoses en elevado numero; áreas de necrose e/ou apoptose extensas. As indicacións da anatomía patolóxica baséanse, máis que en diagnósticos exactos definitivos, en probabilidades de prognóstico de acordo coas características. Estas probabilidades foron determinadas en estudos exhaustivos.
8. 8. 4-TRATAMENTO A dificuldade do tratamento do cancro consiste en distinguir entre as células malignas e as células normais do corpo. Ambas proveñen da mesma orixe e son moi semellantes, de aí que o sistema inmunitario non recoñece a ameaza. O tratamento da maioría dos cancros consiste na combinación de varias destas técnicas e non só nunha. CIRURXÍA: a resección cirúrxica é posíbel se a masa estivese ben delimitada e fose minimamente invasiva, , mais xa é imposíbel se o tumor estiver espallado por todo o corpo, ou en órganos vitais que non poden ser cortados. QUIMIOTERAPIA:Baséase no feito das células tumorais se dividen moito máis axiña que as normais. Inxéctanse velenos no doente que interfiren coa síntese do ADN e matan as células en división. RADIOTERAPIA:Tamén ataca ás células de crecemento rápido. As células tumorais, como teñen déficit de proteínas reparadoras do ADN , son máis vulnerábeis a doses de radiación de alta enerxía (raios X e gama).
9. 9. NOVAS TÉCNICAS: Ultimamente desenvolvéronse algúns fármacos específicos que diminúen a actividade dalgunhas proteínas cuxa alta actividade é importante na proliferación dalgúns tipos de cancro. A utilización de toxinas acoladas a anticorpos específicos de proteínas membranares comúns na superficie das células do tumor mais non de células normais tamén ten tido certo éxito. TERAPIAS ALTERNATIVAS: Moitos pacientes con prognóstico sombrío escollen terapias alternativas ou non-occidentais. Sen embargo, non hai proba algunha de que esas terapias melloren o prognóstico; a pesar de tamén non seren xeralmente nocivas, poden ser efectuadas por quen considerar paralelamente ao tratamento convencional. Substituír o tratamento convencional polo alternativo sería porén altamente desaconsellábel, xa que a medicina moderna xa consegue mellorar o prognóstico e ata curar moitas formas de cancro, e é imposíbel dicir ao certo como reaccionará un doente á terapia convencional.
10. 10. TERAPIA PALIATIVA:En casos en que non haxa cura, a única cousa a facer é mellorar a calidade e duración da curta vida, con operacións cirúrxicas locais para retirar masas especialmente incómodas e maila morfina e outros opioides para controlar a dor. Con todo, existen raros casos de difícil explicación en que ocorreron mellorías significativas en doentes de fase terminal .
11. 11. 5-INCIDENCIA Factores de risco inclúen xeografía (máis cancro da pel en países tropicais que en nórdicos), etnia, hábitos alimenticios, idade avanzada e xenes hereditarios que causan predisposición para o cancro. En países desenvolvidos o cancro compete coas doenzas cardiovasculares encanto causa de morte principal.
12. 12. (2000-2005) nos países do Europa e América do Norte. Cancros máis frecuentes no home : Carcinoma da Próstata , Pulmón , Colon e Recto, Linfomas e leucemias non Hodgkins , Vexiga ,Melanoma maligno, Boca e farinxe, Páncreas, Ril Cancros máis mortais no home : Pulmón , Colon e Recto, Próstata , Leucemias e Linfomas non Hodgkins , Páncreas , Vexiga, Fígado, Ril, Esófago Cancros máis frecuentes na Muller : Mama , Pulmón , Colon e Recto , Útero,Tiroide, Páncreas, Cancros máis mortais na Muller : Pulmón , Mama , Colon e Recto , Linfomas e leucemias non Hodgkins , Páncreas Ovario , Útero En Portugal os datos son semellantes á excepción do cancro do estómago que é moito máis común.
13. 13. 6-PREVENCIÓN

Educación e hábitos saudables

O exceso de consumo de graxas animais parece proclivizador para cancros de seno.

O escaso consumo de fibras vexetais ralentiza a actividade do tracto dixestivo o cal provoca que se acumulen toxinas nos intestinos.

Evitar a exposición prolongada ao Sol.

O sedentarismo e en particular o sobrepeso e proclivizador dos cancros.

Atender as enfermidades gastrointestinais comuns.

Observar o desenrrolo de lunares en especial os nevos de cores

14. 14.

Quimioprevención: E a utilización de determinados axentes químicos, naturais ou sintéticos, para revertir, suprimir ou impedir a carcinoxénese antes do desenrrolo dunha neoplasia maligna.

As practicas sexuais deben ser seguras, moitas enfermidades de transmisión sexual poden dexenerar en cancros.

A vida emotiva incide en factores anticanceríxenos ou, polo contrario, canceríxenos. Anticanceríxeno cando o estado anímico do individuo e alegre ou de felicidade; ou os canceríxenos cando o estado emotivo baixan a capacidade do sistema inmune.

Vacinación: as vacinas para determinados virus, poden previr determinados tipos de cancro.

Observouse que un déficit crónico de vitamina D,predispon ao ser humano a ser afectado por diversos tipos de cancro.