• Me gusta
  • Guardar
Sector Primario
Próxima SlideShare
Cargando en...5
×

Sector Primario

  • 725 reproducciones
Subido el

 

Más en: Educación
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    ¿Está seguro?
    Tu mensaje aparecerá aquí
    Sea el primero en comentar
    Be the first to like this
Sin descargas

reproducciones

reproducciones totales
725
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
3

Acciones

Compartido
Descargas
0
Comentarios
0
Me gusta
0

Insertados 0

No embeds

Denunciar contenido

Marcada como inapropiada Marcar como inapropiada
Marcar como inapropiada

Seleccione la razón para marcar esta presentación como inapropiada.

Cancelar
    No notes for slide

Transcript

  • 1. XEOGRAFÍA DE ESPAÑA Eva 2º BACH www.aulasabertas.blogspot.com
  • 2. 1) Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos.2) A estrutura agraria e as súas transformacións recentes (U.E.)3) O desenvolvemento da gandería española e as súas transformacións.4) A explotación dos bosques.5) As paisaxes agrarias: atlántica, mediterránea, de interior, canaria e de montaña.6) A pesca e os espazos pesqueiros.
  • 3. Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes. A grandes trazos, identifícanse catro grandes tipos de usos do solo. As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total). Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total). As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total). Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que conste o 17% da superficie total).
  • 4. 2007
  • 5.  Ocupadas por diferentes cultivos Comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total). Grandes cuncas e vales interiores, de relevo predominantemente chan ou ondulado (vales do Ebro, Douro, Texo, Guadiana e Guadalquivir) Depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e Guadix en Granada, Antequera en Málaga) Litoral mediterráneo. Escasas tanto nas rexións do norte peninsular, coma na áreas de montaña e o arquipélago canario. Neste último, as condicións climáticas topográficas ou a escasa fertilidade do solo dificultaron sempre a súa posta en cultivo, ou ben produciuse o seu abandono recente debido aos seus escasos rendementos ou á competencia doutros usos.
  • 6.  Ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total) Destinados á produción de herba para alimento do gando Ocupan as áreas máis húmidas, topograficamente accidentadas ou con solos de pouca calidade para o cultivo Pódense distinguir tres tipos de situacións: as pradarías permanentes, os pastos estacionais e os pastos de altura
  • 7.  AS PRADARÍAS PERMANENTES constitúen o uso máis característico do solo nas rexións de clima oceánico próximas ao litoral cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e están asociadas a unha importante gandaría vacúa. No oeste da Península Ibérica predominan os PASTOS ESTACIONAIS, verdes nos períodos chuviosos, pero que secan no verán; isto permitiu manter unha gandaría máis diversificada (bovina, ovina e porcina) e de carácter extensivo. Nos cumes das principais cordilleiras, onde desaparece o bosque polas baixas temperaturas e a pobreza dos solos, aparecen os PASTOS DE ALTURA, utilizados tradicionalmente por unha gandaría transhumante -principalmente ovina- que se traslada a eles no verán desde as terras máis baixas e cálidas.
  • 8.  Bosques de especies caducifolias ou perennifolias Ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total). A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así como nas principais cadeas montañosas da Península e os arquipélagos, que son tamén as áreas menos transformadas pola acción humana. Permiten a explotación da madeira e doutros produtos complementarios (cortiza, froitos), así como a súa utilización para a caza.
  • 9.  Suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que constitúe o 17% da superficie total) Terreos ermos improdutivos Áreas urbanizadas Áreas ocupadas por infraestruturas (como son aeroportos, portos, estradas, ferrocarrís) Espazos hídricos de auga doce e non mariños (lagos, ríos e encoros)
  • 10.  O mapa actual de usos do solo permite diferenciar unha serie de grandes conxuntos. Todas as rexións do norte peninsular, as principais cadeas montañosas e o oeste da Meseta están dominadas por usos forestais, prados e pastos, cunha escasa proporción de terras labradas. As condicións climáticas, a pouca calidade de boa parte dos solos e as pendentes son a clave desta situación, que está reforzada nalgúns casos pola estrutura da propiedade: grandes latifundios privados nas devesas occidentais, e montes públicos en moitas áreas de montaña ou pequenas explotacións gandeiras nas rexións do Cantábrico. En cambio, as grandes chairas interiores (Douro, Texo, Guadiana, Ebro e Guadalquivir), xunto a outros litorais de menor dimensión foron cavadas ao longo da Historia e están ocupadas case na súa totalidade por terras de cultivo con escasa presenza de bosques e pastos. En Canarias e algunhas áreas de especial dificultade para a súa ocupación, predominan as terras baldías ou ermas.
  • 11. En España distínguense tres dominios: O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e oeste peninsular, degradándose cara ao interior. O dominio mediterráneo, localizado no resto da Península e as illas Baleares. Caracterízase pola existencia dunha estación seca no verán, e mostra un predominio de terras labradas. O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na aridez o principal factor limitante para os cultivos e o bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos alisios.
  • 12. Outra divisoria é a existente entre áreas montañosas e chairas. Nas áreas montañosas, as condicións especiais de elevada altitude e pendente, solos pouco profundos e descenso térmico favorecen un uso do solo para pastos e bosques. En cambio, nas chairas, a ocupación humana foi historicamente máis intensa, polo que predominan as terras cultivadas. Exceptúanse as penechairas occidentais, onde os solos son de pouca calidade, o que explica o seu uso para pastos e non para cultivos.
  • 13. Oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e Mediterráneo Galicia. Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm. Continentalizado: Temperaturas con amplitude térmica baixa na costa pola precipitacións entre influencia do mar e moderada cara ao interior. 800‐300 mm. Temperaturas con amplitude de 16 º C , ou máis, por ausencia de influencia mariña. Interior peninsular, menos a zona media do val do Ebro.Dominio Mediterráneo marítimo:climático de precipitacións entremontaña:Terri 800‐300 mm. Temperaturastorios a máis con amplitudes moderadasde 1.000 m. por influencia do marPrecipitacións entre 12 e 15/16 ºC;superiores a veráns calorosos. Costa1. 000 mm. mediterránea peninsularTemperatura (menos o SE), a costamedia inferior subatlántica, Baleares,a 10ºC e o Ceuta e Melillainverno frío(algún mes Mediterráneo Secopróximo oubaixo 0ºC) subdesértico: precipitacións inferiores a 300 mm. Temperaturas variables en función da Subtropical: Precipitacións moi latitude e da distancia escasa nas zonas baixas. Temperaturas cálidas todo o ano nas ao mar. SE peninsular e zonas baixas, que descenden coa zona media do val do altura, e escasa amplitude térmica. Ebro.
  • 14.  Na economía de subsistencia, cultivos, pastos e bosque complementábanse, poñéndose en uso a maior superficie de terra posible para asegurar a alimentación da poboación. O desenvolvemento da economía de mercado, desde hai máis dun século, conduciu ao abandono das terras de cultivo pouco rendibles e a súa substitución por pastos destinados a alimentar o cada vez máis demandado gando; tamén produciu a destrución de certos bosques compensada coa repoboación doutros, o que produciu cambios no mapa de usos do solo.
  • 15.  Nos territorios dominados pola gran propiedade, son habituais os usos extensivos con poucos rendementos por hectárea, pero con investimentos de traballo e capital escasos, que os fan rendibles.A pequena propiedade asóciase a usos máis intensivos do solo para poder subsistir con pouca terra, pero maiores rendementos.
  • 16. TRAZOS CARACTERÍSTICOS DAS ACTIVIDADES AGRARIAS EN GALICIA: Predominaa pequena propiedade ou minifundio Aspropiedades están formadas por numerosas parcelas ou leirasA maioría dos propietarios están en idade a avanzada  freo a innovación tecnolóxica das explotacións
  • 17.  A maior parte do territorio español aínda segue ocupado por terras labradas, pese que a proporción de agricultores e a importancia relativa desta actividade na economía son xa moi escasas. O valor paisaxístico e ambiental da agricultura é hoxe tan importante coma o económico ou o laboral. Existe unha ampla variedade de cultivos, pero poden identificarse algúns tipos básicos tanto en función da súa distinta evolución, coma das paisaxes as que dan lugar.
  • 18. • Unha primeira distinción establécese entre áreas dominadas porcultivos leñosos ou herbáceos.. Os CULTIVOS LEÑOSOS están representados por plantas arbóreas ouarbustivas, que permanecen no campo tras a colleita anual. Destacandous característicos da a cultura mediterránea: o oliveiral (queocupa 2,3 millóns de hectáreas) e o viñedo (1,2 millóns), pero taménse inclúen diversas froiteiras. A súa evolución recente foi positiva,pois aumentou a súa superficie e as rendas obtidas, destacando amellora da calidade dos produtos e a súa distribución a través dasdenominacións de orixe.• Os CULTIVOS HERBÁCEOS esixen a súa sementeira anual e inclúen,principalmente cereais como trigo, cebada, centeo, avea e millo(nunha superficie de 6,5 millói de hectáreas), as leguminosas(feixóns, garavanzos, lentellas etc.) e a pataca, hortalizas e outroscultivos industriais (remolacha azucreira, tabaco, forraxeiras etc).Os cultivos herbáceos son os que ocupan maior superficie, pero a súaprodutividade por hectárea resulta bastante baixa (salvo no caso dashortalizas) e teñen problemas de competitividade fronte a produtosdoutros países. Por iso, moitos deles reciben axudas para o seumantemento, aínda que o seu futuro é incerto.
  • 19. Unha segunda diferenza prodúcese entre áreas de regadío e de secano:• As ÁREAS DE REGADÍO ocupan unha quinta parte das terras cultivadas, peronelas xéranse dous terzos da produción agrícola total, debido aos altosrendementos que se obteñen. Aínda que existen regadíos nos vales dosgrandes ríos interiores, a máxima intensidade no cultivo conséguese en áreascon elevada insolación e sen xeadas invernais, como as do litoralmediterráneo e Canarias. Ao seren estas deficitarias en recursos hídricossuperficiais, acódese a extraer augas subterráneas e, nalgúns casos, aotransvasamento doutras cuncas (como o que une o Texo e o Segura) ou adesalgadura de auga mariña. Existen máis de sete mil comunidades deregadores, que, tratan de asegurar unha repartición controlada dese recurso.A competencia territorial pola auga e os custos ambientais derivados dasobreexplotación de acuíferos obrigaron a substituír de forma progresiva arega por inundación a partir de canles e regos, aínda maioritaria, polaaspersión ou a rega localizada por goteo, que aforran auga.As ÁREAS DE SECANO son amplamente dominantes segundo a superficieocupada, pero a súa produtividade é moi inferior e está sometida, ademais, amaiores variacións interanuais por secas, xeadas, episodios de chuviastorrenciais, sarabia etc. A clásica triloxía mediterránea, formada porcereais, viñedo e oliveira, aínda ocupa a maior parte destas áreas. Paraevitar o esgotamento do solo das terras de secano, ocupadas na súa maioríapolo cereal, foi habitual a alternancia deste con períodos de barbeito, en quese deixa a terra sen cultivar para que recupere a súa fertilidade (barbeitobranco), ou se ocupa con cultivos de ciclo curto e que achegan nutrientes aosolo, como as leguminosas ou o xirasol (barbeito sementado).
  • 20. Principais cultivos Comunidades que destacan pola súa produciónCEREAIS Orxo, trigo e millo Castela e León, Castela A mancha e AragónOLIVEIRA Oliva Andalucía (Xaén e Córdoba)VIÑEDO Vide Castela A mancha , Comunidade Valenciana, Cataluña, Andalucía e A RioxaÁRBORES Laranxas, limóns, Comunidade ValencianaFROITEIRAS mandarinasCÍTRICASÁRBORES Maceiras, cerdeiras, Cataluña, Comunidade Valenciana,FROITEIRAS NON melocotoeiros MurciaCÍTRICASFLORES Caravel, rosa Andalucía, Galicia, Murcia, Canarias, Comunidade ValencianaHORTALIZAS DE Tomate, pemento, Andalucía (Murcia)INVERNADOIRO
  • 21. Comunidades que destacan pola súa produción encereais, viñedo e oliveira
  • 22. Páx. 261
  • 23. Tanto a distribución dos tipos de cultivo coma o seu nivel de tecnificación ou o seu reflexo na paisaxe, vense moi influidos pola estrutura agraria de cada territorio, que inclúe cuestións como:A repartición da propiedade da terra As características das explotacións agrariasO réxime de tenza
  • 24. Unha propiedade agraria é unha unidade xurídica cuxas terras pertencen ao mesrno dono. En España, persisten importantes contrastes herdados entre: Latifundios de gran tamaño, habitualmente traballados de forma extensiva por xornaleiros asalariados de baixos ingresos, predominantes na metade sur peninsular, sobre todo en Andalucía e Estremadura. Minifundios de moi pequeno tamaño, resultado de sucesivas fragmentacións por herdanza, predominantes nas rexións do norte, o litoral mediterráneo e as illas. Galicia e Comunidade Valenciana.
  • 25.  OS MINIFUNDIOS foron tradicionalmente o tipo de explotacións que predominaban en Galicia, nas provincias da Submeseta Norte e, sobre todo, na Comunidade Valenciana. O campo galego experimentou nas últimas décadas un forte proceso de modernización grazas á progresiva mecanización; as políticas de concentración parcelaria, que ampliaron o tamaño das explotacións; e as normativas comunitarias que Galicia tivo que acetar para poder competir nos mercados con produtos de maior calidade. Existe unha tendencia ao crecemento da superficie media destes minifundios como consecuencia dunha política de concentración parcelaria e do éxodo rural. Nos minifundios destacan as terras labradas e especialmente o regadío.
  • 26.  Unha explotación agraria é unha unidade económica que agrupa todas as parcelas traballadas por un mesmo agricultor ou gandeiro, xunto as instalacións complementarias (granxas, almacéns, silos,,.), aínda que non todas as térras sexan da súa propiedade e estean dispersas polo territorio. En España contabilízanse hoxe un millón de explotacións agrarias, cifra moi inferior aos 2,9 millóns censadas en 1962. Unha parte dese descenso débese ao abandono de terras polos que se xubilaron, emigraron ou cambiaron de actividade. Pero tamén é resultado dun proceso de concentración, por venda ou arrendamento de parte desas terras aos que permanecen no campo.
  • 27.  Esa concentración permitiu a elevación do tamaño medio das explotacións a 24,8 hectáreas, pero aínda existen fortes contrastes: a metade non chega as 5 hectáreas, mentres so un 5% supera as 100 hectáreas: aínda que reúnen máis da metade da terra e dos ingresos obtidos. O resultado é unha dualidade cada vez maior entre: Explotacións familiares moi pequenas e pouco rendibles, en progresivo abandono ou traballadas so a tempo parcial ao non permitiren uns ingresos suficientes, o que supón unha baixa produtividade. Empresas agrarias, ben de particulares, sociedades ou cooperativas, que teñen maior dimensión, estanse modernizando e son rendibles, o que permite aumentara súa produción e manter os empregados.
  • 28.  Existen importantes diferenzas rexionais en canto ao tamaño medio das súas explotacións agrarias: As rexións dominadas por cultivos de secaño ou devesas presentan explotacións de maior tamaño medio: máis de 50 hectáreas en Castela e León, ou máis de 30 en Aragón, Cástela- A Mancha, Estremadura e Madrid. As rexións húmidas e de especialización gandeira, xunto aos regadíos do litoral mediterráneo e as illas, contan con explotacións máis pequenas: menos de 12 hectáreas de media en Galicia, País Vasco ou Murcia, e de 5 hectáreas na Comunidade Valenciana e Canarias.
  • 29.  Se se considera o total de explotacións, a España agrícola identifícase con Andalucía, as dúas Gástelas e Estremadura, xunto co litoral mediterráneo e Galicia. En cambio, o seu número é moi reducido en rexións altamente urbanizadas como Madrid, nas rexións do Cantábrico e nos arquipélagos. Por outra parte, se o que se representa é o seu tamaño medio, a diferenza básica é a que divide as rexións con predominio da agricultura de secano (Meseta e val do Ebro), que presentan explotacións máis grandes, fronte ao seu menor tamaño nas rexións con maior importancia do regadío. A división da térra por herdanza en rexións como Galicia, que tiveron no seu día unha alta densidade de poboación rural, tamén xustifica a súa pequeña dimensión.
  • 30.  Establece a relación existente entre propiedade e explotación ou uso da terra. Pode distinguirse entre: Tenza directa, cando a explotación é traballada polos seus propietarios, con ou sen asalariados. Arrendamento, cando se explotan terras alleas a cambio-do pagamento dunha renda anual: é moi frecuente en rexións onde boa parte dos propietarios emigraron, e explotan as súas térras quen permanecen. Parzaría, cando se fai a cambio dunha porcentaxe da colleita obtida, situación que tende a desaparecer. Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa, e so o 30% en tenza indirecta (arrendamento ou parzaría). Esa proporción tende a reducirse polo abandono de moitas pequenas explotacións familiares (hai medio século, supoñía máis do 75%). Aumentan, en cambio, as terras arrendadas debido á emigración ou cambio de actividade -supoñen xa un 28% do total (13% hai medio século)- con valores máximos en Castela e León (44,1%) e a Comunidade de Madrid (32,4%). En cambio, case desapareceu o sistema de parzaría (so un 2% do total).
  • 31. Crecente importancia do cooperativismo agrario Un medio para conseguir explotacións agrarias rendibles de dimensión suficiente foi a creación de cooperativas, en que os propietarios son os socios ou cooperativistas, e poñen as súas terras ou a súa produción en común. Nalgúns casos compártense as tarefas do campo, pero predominan as dedicadas a transformar os produtos (elaboración de viños e aceites, por exemplo) e comercializalos. España hai arredor de 4000 cooperativas agrarias, que xa xeran o 45% da produción final agraria. Son especialmente numerosas en Andalucía, Castela- A Mancha e Comunidade Valenciana.
  • 32.  As áreas rurais españolas cunha importante presenza de actividades agrarias enfróntanse desde hai décadas a importantes problemas: - Escasa competitividade dunha parte dos produtos, que só poden ser rendibles para o agricultor grazas ás políticas de subvención e ao establecemento de prezos protexidos. - Progresivo despoboamento e envellecemento das áreas rurais españolas. - Redución dos empregos agrarios debido aos procesos de mecanización e o abandono de terras pouco produtivas. - Ingresos medios inferiores aos que obteñen os que traballan na industria ou nos servizos. - Crecentes impactos ambientais ao aumentar a demanda de o uso, ás veces excesivo, de agroquímicos que contaminan solos e acuíferos.
  • 33.  Desde a entrada na Unión Europea, a maioría das accións dirixidas á promoción do sector agrario español proveñen da Política Agraria Común (PAC) cunha serie de accións: - Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos. - Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción. - Apoio á forestación de terras agrícolas e á agricultura e gandería ecolóxicas. -Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos agricultores. - Apoio á diversificación económica do mundo rural. - Axudas especiais para áreas de montaña e zonas desfavorecidas. Pese a ser a clave que permite manter hoxe activas boa parte das explotacións agrarias, a PAC enfróntase a certas críticas: - Absorbe parte importante do orzamento total comunitario, o que non corresponde ao peso relativo do sector. - Supón un proteccionismo do seu mercado interior, que frea as posibilidades de que países do Terceiro Mundo exporten a el os seus produtos, moitas veces máis baratos. - Como as axudas se vinculan ao tamaño da explotación, favorece unha partición moi desigual: só un 20% das exportacións repartiu o 80% das axudas.
  • 34.  http://www.youtube.com/watch?feature=pla yer_embedded&v=PZCVJHek3kU http://sociaisvigo.blogspot.com/2012/01/o- sector-primario.html http://www.youtube.com/watch?v=enKSLIVC hx8&feature=player_embedded#!
  • 35. Páx. 265-266
  • 36. Nos últimos anos, a gandaría coñeceu un notable desenvolvemento en España, e hoxe en día representa un 40% da produción final agraria, fronte ao 60% da agricultura. Esta crecente importancia veu acompañada por: Un cambio das funcións asignadas á actividade gandeira, que de ser só un complemento da agricultura, aumentou a súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus produtos. A modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras técnicas no seu funcionamento. Coa mecanización e a tecnificación incrementouse notablemente a produción. Unha diferente evolución das especies en función da súa rendibilidade e das limitacións ao seu aumento impostas polas políticas agrarias. Obtiveronse razas selectas que proporcionan elevados rendementos. Importantes modificacións na súa distribución territorial, que resulta cada vez menos dependente das condicións naturais, ao aumentar a importancia da gandaría estabulada.
  • 37.  A gandaría tiña como funcións principais as de fornecer de animais de labor as tarefas agrícolas (gando bovino e equino) e a produción de la (gando ovino). A produción de carne e leite para a alimentación era complementaria, ao seren produtos que só unha parte da poboación podía incluír como parte habitual da súa dieta. O gando bovino era máis frecuente nas rexións húmidas, e o ovino e caprino nas secas, pero resultaba frecuente certa mestura de especies no territorio. O gando porcino e aviario era bastante habitual, en pequenas cantidades, dentro das explotacións familiares.
  • 38.  Case desapareceu a utilización de animais de labor ante o avance da mecanización, e tamén perdeu importancia a produción de la ante os baixos prezos e o aumento das importacións. Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos. Pola contra, case desapareceron algunhas prácticas seculares como a transhumancia estacional dos rabaños, entre os pastos de montaña no verán e os de chaira no inverno, que foron a base da prosperidade económica de numerosas comarcas hoxe en declive. A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o que vai unido ao forte aumento do consumo de carne, leite e ovos. Iso supuxo, a miúdo, a substitución das razas autóctonas por outras de maior produción e por conseguinte, maior rendibilidade. As necesidades do mercado obrigaron á especialización e á intensificación das explotacións.
  • 39.  Os diversos tipos de especies tiveron un crecemento moi desigual, que tamén modificou a súa distribución espacial. A evolución nos últimos tempos, así como as medidas tomadas pola PAC, comportaron un claro descenso do bovino e un incremento do porcino e do avícola. Tamén provocaron o aumento da cunicultura e da apicultura.
  • 40.  Localízase principalmente en Galicia, Principado de Asturias, Cantabria e zona pirenaica. Conta con 6,5 millóns de cabezas O 80% das cabezas destínanse a produción de carne e coiros; destacan as razas charolesa e limusina, que alcanzan maior peso ca as razas autóctonas. Localízanse, sobre todo, nas áreas montañosas e nas devesas occidentais, aínda que as granxas intensivas para a engorda de becerros proliferaron tamén en territorios con escaseza de pastos, totalmente dependentes da compra de pensos. O outro 20% do gando vacún dedícase á produción de leite, pero a súa evolución foi máis negativa ante a competencia doutros países europeos e o establecemento de cotas leiteiras pola PAC, que eliminaron moitas explotacións familiares de moi pequeno tamaño. Dentro deste sector, que se localiza especialmente nas rexións cantábricas, predomina a raza frisoa.
  • 41.  Descensono consumo de carne de vacún e dos produtos lácteos derivados Cotas lácteas impostas pola UE que limitan a produción de leite e provocan a diminución do número de vacas de leite
  • 42.  Localízase, sobre todo, en Estremadura, Aragón, Navarra e na zona da Meseta. A súa distribución é bastante dispersa con maior importancia no interior peninsular, onde aproveitan pastos estacionais: Castela- A Mancha, Gástela e León, Estremadura e Aragón suman o 70% do total. Conta con 24 millóns de cabezas Sufriu un forte retroceso hai catro décadas ao caer o prezo da la e emigraren moitos pastores. Nos últimos anos foise recuperando ao aumentar a demanda de carne de cordeiro e leite para fabricar queixos. Hai unha gran variedade de razas segundo rexións
  • 43. O éxodo rural  redución do número de pastores Reduciónda superficie destinada a pastos para o gando ou a repoboación forestal Escasarendibilidade que proporciona a súa explotación
  • 44.  Críanse de xeito intensivo en Cataluña, Castela e León, Aragón e na Rexión de Murcia, onde proliferan as granxas onde se realiza a engorda rápida de animais Mantense a importancia da raza ibérica, criada de forma extensiva nas devesas salmantinas, estremeñas e onubenses, que xera produtos de alta calidade e crecente demanda nacional e internacional. Conta con preto de 24 millóns de cabezas Experimentou un rápido crecemento nas últimas décadas.
  • 45.  Baixo prezo da súa carne Sistemade cría intensiva (cría estabulada e expansión dos pensos) para lograr un maior rendemento
  • 46.  O gando aviario É O QUE REXISTROU UN MAIOR AUMENTO NOS ÚLTIMOS TEMPOS, con granxas que funcionan como verdadeiras fábricas automatizadas que chegan a superar, en ocasións, os 50 000 animais, a partir do consumo intensivo de pensos e un sistema de produción continua. O aumento rexistrado no consumo de carne de polo e ovos ten a súa orixe na expansión das granxas avícolas, mentres outros tipos de granxas (pavos, paspallases, avestruces, parrulos etc.) teñen escasa importancia ata o momento. Cataluña, Castela e León e Aragón son as CCAA nas que máis abundan as explotacións de cría avícola intensiva.
  • 47.  Andalucía e a Meseta Terreos áridos ou montañosos con pastos escasos e de pouca calidade, como os do sueste peninsular e Canarias. Conta con 3 millóns de cabezas Sempre foi complementario do ovino Utilizado para a fabricación de queixos e consumo de carne. Maila ao seu descenso a produción mantense grazas a demanda do leite de cabra para a fabricación de queixos artesanais.
  • 48.  Repoboación forestal nas zonas onde antes estaban as cabras Consumo xeneralizado de leite de vaca en vez do de cabra
  • 49. Páx. 266-267
  • 50.  Coidado e explotación dos bosques. Os principais produtos que se obteñen da explotación forestal son a madeira, a cortiza, a resina, os piñóns, as bagas, os froitos silvestres e os cogomelos. Destaca ademais o uso cinexético das zonas forestais. A explotación forestal en España realízase principalmente nos bosques atlánticos e do norte situados no Macizo Galaico, na Cordilleira Cantábrica, nos Pirineos, no Sistema Central e nos Montes de Toledo.
  • 51. A explotación forestal en España, a pesar do incremento dos rendementos nos últimos anos, está moi por debaixo do que se obtén no norte de Europa. En España existen 26 millóns de hectáreas cualificadas como montes, que non están cultivadas nin ocupadas por prados e pastos, o que representa algo máis da metade do territorio. Dentro dese conxunto, os bosques ocupan uns 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total). O peso económico destas actividades en España é moi inferior ao das actividades agrarias. Nalgunhas comarcas, o aproveitamento dos recursos forestais ten importancia.
  • 52.  Obtención de madeira para carpintaría, fabricación de mobles, construción, fabricación de pasta de papel, ou uso de leña e carbón vexetal como combustible. Produción de cortiza, utilizada na fabricación de rollas e paneis illantes, dos que os países ibéricos son principais produtores mundiais. Obtense das sobreiras de Andalucía, Estremadura e Cataluña. A súa produción exportase a toda Europa. Resina, utilizada como materia prima na fabricación de pinturas e colas. Procede sobre todo dos bosques do Val do Douro. Recolección de alimentos como castañas, landras, piñas, bagas, froitos silvestres, cogomelos etc. Uso cinexético: a caza, tanto maior (xabaril, corzo, rebezo, cabra hispánica) coma menor (perdiz, paspallás, coello, lebre...), regulada polos coutos e a expedición de licenzas de caza e pesca. Actividade tradicional que hoxe está en auxe. Algúns bosques constitúen un recurso turístico de grande importancia.
  • 53. É a máis importante forma de explotación dos bosques de España A utilización económica de bosques e montes varía segundo o tipo de propiedade: dous terzos do total son propiedade privada, caracterizada pola súa gran fragmentación (media de 3 hectáreas), o que dificulta unha explotación forestal racional e rendible; e o terzo restante é de propiedade pública, cun tamaño moi superior (500 hectáreas), teñen grande importancia na conservación das áreas forestais, porque permaneceron á marxe dos intereses do mercado. A principal rexión produtora de madeira é Galicia, de onde se extrae case a metade da madeira obtida no país, seguida polas rexións do Cantábrico (20% do total) e as áreas montañosas de Cástela e León (10%). A produción madeireira en España está a reducirse de forma lenta na última década. A causa atópase no aumento das importacións. Máis da cuarta parte da madeira que se consome en España procede xa de importacións, tanto procedentes de países tropicais (Brasil, Congo etc.) coma nórdicos (Rusia, Canadá etc.). As principais especies explotadas pódense dividir en dous grandes grupos: as frondosas na metade occidental da Península Ibérica (aciñeiras, sobreiras, carballos, faias, castiñeiros, nogueiras etc.); e as coníferas na metade oriental da Península e nas illas (piñeiros piñoneiros, resineiro, carrasco canario, sabina albar).
  • 54.  Na metade occidental da Península Ibérica (aciñeiras, sobreiras, carballos, faias, castiñeiros, nogueiras etc.), con climas de maior humidade e suavidade térmica. Ofrecen, na súa maioría, madeiras de calidade pola súa resistencia, que alcanzan un elevado prezo e se utilizan para a fabricación de mobles e na construción. Especies de crecemento lento, polo que a súa explotación debe ser controlada. Na actualidade, preténdese fomentar a repoboación con estas especies alí onde son autóctonas, fronte a piñeiros e eucaliptos, de maior crecemento madeirable, pero que esgotan e acidifican o solo con máis rapidez, sofren un maior risco de incendio e os seus produtos teñen menor valor no mercado.
  • 55. Bosque pernnifolio
  • 56. Bosque caducifolio
  • 57.  Na metade oriental da Península e ñas illas Diferentes especies segundo o grao de aridez e o tipo de solo: piñeiros piñoneiros, resineiro, carrasco, de Córsega ou canario, sabina albar etc... Ocupan unha superficie lixeiramente superior, en parte, por beneficiárense dunha política de repoboacións masivas desde o pasado século, que apostou por especies de rápido crecemento como ocorre con boa parte dos piñeirais. Ofrecen, polo xeral, madeiras brandas, de calidade escasa ou media, que se destinan a industria de taboleiros e aglomerados, á fabricación de mobles baratos, así como á produción de pasta de papel.
  • 58.  Incendios, tras os cales se especula coa terra queimada. Corta incontrolada, ligada a unha industria concreta. Acción antrópica que despraza ao bosque autóctono (faia, aciñeira, carballo, sobreira).- A repoboación con especies non autóctonas de rápido crecemento (piñeiro).As coniferas predominan sobre o resto (52%).- Cultivos forestais non autóctonos (eucalipto).
  • 59. http://www.slideshare.net/isaacbuzo/los-paisajes-agrarios-de-espaa
  • 60. LocalizaciónTercio norte peninsular (Galicia,Cordillera Cantábrica y Pirineos)Relieveaccidentado, montañosoClimaOceánico (abundantes precipitacionestodo el año)Estructura agrariaPoblación muy envejecida.Hábitat intercalar y disperso.Pequeña propiedad (minifundio) y Valle deregímen de explotación directa. Cabuérniga (Cantabria)Parcelas cerradas y mecanización escasa(elevada complejidad por el relieve).Dominio de bosques y prados. Usosprincipalmente ganadero y forestal.
  • 61. AgriculturaEscasa y de secano (abundancia de agua delluvia) localizada en el litoral y el fondo delos valles.Tradicionalmente policultivo desubsistencia. Orientación actual hortícola yforrajera para alimentación del ganado(vacuno semiestabulado).GanaderíaActividad agraria más importante. Leche ycarne.En Galicia dominan las pequeñas y medianasexplotaciones familiares.En el cantábrico la modernización ha sidomayor. Ganadería a tiempo parcial (TP)extensiva.Gran dependencia de las industrias lácteas.Cuotas lecheras de la UE.SilviculturaMadera para mueble y pasta de papel.
  • 62. LocalizaciónCuenca del Duero, Área castellano-manchega, oeste peninsular y depresióndel Ebro.RelieveElevada altitud media.ClimasMediterráneo continentalizado(precipitaciones escasas y heladasabundantes)Estructura agrariaDespoblación interior y abandono de lastierras de peor calidad.Hábitat concentrado, pequeños núcleosal norte, mayores al sur.Minifundio al norte, latifundio al sur.
  • 63. AgriculturaTierras de secano dedicadas al cultivode extensivo de la trilogíamediterránea –trigo, vid y olivo- yregadío intensivo de forrajeras, plantasindustriales, frutas y hortalizas para laindustria agroalimentaria.GanaderíaEn los secanos castellanos y de ladepresión del Ebro dominan laganadería ovina, con importancia de labovina para leche y la porcina.En Extremadura cría extensiva deporcino (dehesas) y ovino.Ganado trashumante en decadenciaSilvicultura Leña, corcho, carbón vegetal. Huertas, Navarra. Depresión del Ebro
  • 64. LocalizaciónCataluña, Levante y Andalucía.Litoral y prelitoral mediterráneo, valle delGuadalquivir e islas Baleares.RelieveDiversos en función de la localización.ClimasMediterráneo de influencia marítima(precipitaciones muy escasas en verano)Estructura agraria:Muy baja densidad de población enhábitat tradicionalmente disperso contendencia a la concentración.Explotaciones: de tamaño variable.En el regadío minifundio.En el secano propiedad pequeña ymediana en Valencia y Murcia, mediana enCataluña y grande en Andalucía.Usos del suelo agrícolas.
  • 65. Agricultura:Tierras de secano dedicadas al cultivo deextensivo de cereales, vid, olivo yalmendros.Regadío intensivo de horticulturatemprana y precoz, fruticulturamediterránea (cítricos) y tropical.Ganadería:Ovina y porcina en Cataluña, ovina en lossecanos y reses bravas en el Guadalquivir.Silvicultura:Escasa, destaca el eucalipto en Huelva.Competencia del turismo y la industriaen disputa por el suelo
  • 66. LocalizaciónIslas CanariasRelieveVolcánico y accidentadoClimasCálido durante todo el año conprecipitaciones escasas e irregularesEstructura agrariaPoblación rural en retroceso por la influenciadel turismo.Poblamiento concentrado en núcleospequeños.Polarización en los tamaños de lasexplotaciones: pequeñas en las zonas mediasy altas y grandes en los regadíos costeros.. Cultivo en terrazas en La Gomera (Canarias)
  • 67. AgriculturaSuperficie cultivada muy escasas, distribuidasentre: áreas litorales (monocultivo paraexportación: plátano, tomate, patataextratemprana), los cultivos bajo plástico ylas nuevas plantaciones tropicales. y las zonas medias y altas del interior de lasislas con una agricultura tradicional desecano orientada al autoconsumo (vid ypatata)GanaderíaEscasa y asociada a la agricultura (caprina yovina)Silviculturamadera, carboneo. Viñas, Canarias
  • 68. LocalizaciónPrincipales cordilleras peninsularesRelieveElevada altitud y pendienteClimasDe montaña (características extremas: amplitudes térmicas anualeselevadas, precipitaciones abundantes y en forma de nieve) Pendiente aterrazada. Las Hurdes.
  • 69. Estructura agrariaMuy baja densidad de población enhábitat disperso con tendencia a ladespoblación.Pequeña propiedad compatibilizadacon bosques y praderas públicas ycomunales.Usos del suelo diversos ycomplementarios.AgriculturaPracticada en el fondo de los vallesen el norte.Al sur se practica el abancalamientopara cultivos como el olivo.GanaderíaExtensiva. Bovino y ovino.En algunos casos trashumancia local.SilviculturaLeña y madera de eucaliptos, pinos ocastaños.
  • 70.  http://webs.ono.com/2geografia/temas/pais ajes_agrarios.pdf http://geografia2bachillerato.wikispaces.co m/Los+usos+agrarios+del+suelo+o+paisajes+a grarios+en+Espa%C3%B1a http://geografia2bachillerato.wikispaces.co m/Los+usos+agrarios+del+suelo+o+paisajes+a grarios+en+Espa%C3%B1a.
  • 71. Páx. 267-272
  • 72. PESCA TRADICIONAL PESCA INDUSTRIAL OU TECNIFICADA OU ARTESANALTécnicas tradicionais Gran volume de capturas para abastecer aos mercados.Aparellos de pesca sinxelos:arcos, frechas, arpóns, nasas, Necesita: recursos económicos, unha tecnoloxíaanzois e redes. avanzada e unhas infraestruturas portuarias.Practícase preto da costa. A pesca de baixura, próxima á costa. Os barcos proven cada día de peixe fresco as lonxas, desdeSistemas superficiais de cerco e onde se distribúe aos mercados locáis ede cebo rexionais.Sistemas de fondo como o A pesca de altura, que se despraza a granarrastre distancia da costa española, aos caladoiros internacionais. Realízana frotas de grandesRedes fixas como as almadrabas barcos con tecnoloxía avanzada, como sonares ou GPS, que lles permiten detectar os bancos de peixes.
  • 73. España é unha potencia pesqueira de segundo nivel no mundo, pero é a máis importante da Unión Europea e a segunda do continente tras Noruega. Mantívose unha antiga tradición pesqueira en boa parte do litoral, o que se relaciona cun elevado consumo de peixe (38 kg. por persoa e ano), moi por riba da media europea e so inferior á do Xapón, Noruega e Portugal. Para cubrir esa demanda de peixe que existe en España, os recursos da plataforma continental próxima as nosas costas son insuficientes, polo que boa parte da frota faena en caladoiros afastados e, como complemento, un 30% do consumo corresponde a importacións. O 90% das capturas corresponden a peixes. As especies máis capturadas foron atún, bonito, bacallau e pescada (un terzo do total) xunto á sardiña, arenque e anchoa. O restante 10% das capturas correspondeu a crustáceos e moluscos. Non obstante, a pesca é unha actividade en declive desde hai tempo: polo descenso do número de mariñeiros, das capturas e dos barcos. Isto obrigou a establecer políticas de apoio á actividade e a fomentar o desenvolvemento da acuicultura, que resulta un complemento á pesca tradicional, afectada por dificultades crecentes, polo que hoxe é obxecto de axudas para potenciar o seu desenvolvemento.
  • 74.  Denomínase así o cultivo de peixes, moluscos e crustáceos en piscifactorías ou bateas flotantes. Coñeceu un rápido crecemento nas dúas últimas décadas, ata producir hoxe máis de 360 000 toneladas anuais, que supera nun 80% a produción obtida en 1990. As principais especies de peixes son a dourada, rodaballo e robaliza (unhas 25 000 t), no caso da acuicultura mariña, xunto á troita (outras 30 0000 t) na acuicultura continental. Pero o volume de produción máis alto corresponde ao cultivo de mexillón nas rías galegas, que alcanza as 250 000 toneladas anuais. As principais rexións produtoras correspóndense coas de maior actividade pesqueira, con Galicia (Rías Baixas sobre todo), Andalucía (golfo de Cádiz e marismas do Guadalquivir) e Canarias á cabeza, aínda que as piscifactorías tamén se estenden polo litoral mediterráneo.
  • 75.  Frota de grande altura (buques de máis de 250 toneladas de rexistro bruto) coma a de altura (de 100 a 250 toneladas) sufriron un importante retroceso como consecuencia da aplicación dos límites territoriais internacionais. A frota litoral ou de baixura (de 20 a 100 toneladas), a pesar de ser a máis numerosa en toneladas, é a que sufriu máis as consecuencias da crise, posto que, por unha parte, necesita investimento para renovarse e, pola outra, a limitación das 200 millas prexudicouna notablemente. A frota familiar ou artesanal (de menos de 20 toneladas), en cambio, puido seguir subsistindo porque, a pesar de pescar menos cantidade, as especies pescadas son de alto valor comercial e moi apreciadas en gastronomía.
  • 76. A actividade pesqueira organizase, principalmente, en dous tipos de espazos; os caladoiros onde se realizan as capturas e os portos onde estas se desembarcan e, en ocasións, se transforman. En relación cos CALADOIROS ou áreas de captura, hai unha distinción básica: - A maior parte da frota está composta por barcos de pequeno tamaño, que se dedican á pesca de baixura nas augas do mar territorial próximas á costa. - Hai 550 grandes buques que se dedican á pesca de altura, faenando en augas comunitarias do Atlántico norte, ou en augas situadas na zona económica exclusiva doutros países, pero que obteñen a metade de todas as capturas. As augas con maiores bancos de pesca son as do Atlántico e as do Índico, onde operan os grandes buques conxeladores. Os PORTOS onde están matriculados o 75% dos barcos pesqueiros son os de Galicia (50%), País Vasco, Canarias e Andalucía que son rexións de longa tradición pesqueira. Cataluña e a Comunidade Valenciana destacan á súa vez entre as rexións mediterráneas. No desembarque da pesca, houbo un proceso de concentración: - A pesca procedente de augas próximas seguese facendo nas lonxas de numerosos portos de todo o litoral español. - A pesca da frota de altura descargase nun número máis reducido de portos, co Palmas de Gran Canaria e Vigo na cabeza. Outros importantes son os da Coruña, Burela, Ribeira, Ondarroa, Bermeo, Huelva ou Barbate no Atlántico, e Alxeciras, Alacant ou Santa Pola no Mediterráneo. Nos grandes portos xorden a miúdo outras actividades relacionadas, como a industria conserveira, os estaleiros para reparación de buques, fábricas de xeo, de redes e artes de pesca.
  • 77.  O litoral español divídese en oito rexións pesqueiras: Cantábrica, Noroeste, Suratlántica, Surmediterránea, Levante, Tramontana, Balear e Canaria Concentración da frota nalgunhas áreas pesqueiras e, en concreto, en determinados portos. Os portos onde están matriculados o 75% dos barcos pesqueiros son os de Galicia (50%), País Vasco, Canarias e Andalucía que son rexións de longa tradición pesqueira. Cataluña e a Comunidade Valenciana destacan á súa vez entre as rexións mediterráneas
  • 78.  A rexión do Noroeste é a máis importante, tanto en cantidade coma en valor da súa pesca, porque reúne máis do 85 % do total da frota. Os seus principais portos son o de Vigo (concentra a frota de grande altura) e o da Coruña (composición máis variada). Os portos que seguen en importancia son os das cidades andaluzas de Huelva e Alxeciras, na rexión Suratlántica. As Palmas, na rexión Canaria, é igualmeme destacable. O litoral mediterráneo. así como as rexións de Levante, Tramontana e Balear, engloban portos de menor importancia, xa que a súa riqueza mariña foi sobreexplotada. Os caladoiros peninsulares están limitados pola escasa superficie da nosa plataforma continental, á vez que sofren a sobreexplotación e están esgotados.
  • 79.  Mediterráneo: a temperatura media é superior a do Atlántico, a salinidade é maior, existe menos fitoplancto (alimento básico dos peixes) e as mareas son case inexistentes  riqueza pesqueira é menor, aínda que destaca a captura de peixes emigrantes (sardina, bocarte, atún e bonito), capturados con aparellos de cerco e de arrastre, así como con redes fixas (almadrabas). Atlántico cántabro: temperatura media é inferior, salinidade é menor, existe máis fitoplancto e teñen lugar mareas  riqueza pesqueira maior. Destacan o atún, o bonito, o peixe espada, a sardina, o bocarte, a meiga, o peixe sapo, a pescada, o ollomol e o xurelo. Costa atlántica andaluza, pesca de sardina, bocarte, ameixa, navalla, lura, gamba e lagostino, que na actualidade acusan síntomas de esgotamento.
  • 80.  Os principais caladoiros para a frota española están no Atlántico norte, tanto en augas comunitarias (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma nas proximidades da península da Terra Nova, en Canadá. Pero tamén faena nas proximidades do Sahara occidental, Mauritania e Senegal, estendéndose cara ao Atlántico sur (Angola, Namibia, Malvinas etc.). A crecente competencia doutras frotas obrigou nos últimos anos a que certos buques conxeladores operen agora incluso no océano Indico (Mozambique, Somalia, illas Seicheles), aumentando os custos e riscos do seu traballo.
  • 81.  Noruega e Svalbard Groenlandia Gran Sol Atlántico Norte Terranova Marrocos Mauritania Senegal Cabo Verde Guinea-Bissau Costa de Marfil Guinea Ecuatorial Atlántico interior Angola Namibia Costa do Sur de Chile Illas Malvinas Illas Seychelles Illas Comores Madagascar
  • 82.  Descenso da poboación ocupada e da súa contribución ao PIB dende o ano 1975, o que levou a un envellecemento e falta de formación neste sector. Aínda así na actualidade amosa un tamaño excesivo en relación coas posibilidades de pesca. Crecemento ata mediados dos anos 70 debido a:- aumento da demanda- mellora do nivel adquisitivo- baixo prezo do combustible- libre acceso a caladoiros- facilidades económicas / modernización Descenso dende mediados dos anos 70 debido a varias dificultades:- encarecemento do petróleo- implantación de zonas económicas exclusivas (aparición de conflitos).- esgotamento dos caladoiros- recomendacións europeas de redución de frotas o que levou a: prexubilacións, reconversión a actividades diferentes, traspaso de barcos a terceros países ou creación de sociedades mixtas. Axudas europeas (esixencias de calidade) para renovación e modernización da frota ata 2004.
  • 83.  Boa parte da frota de baixura intégrase en empresas familiares, de carácter artesanal e con recursos escasos, ademais de que a antigüidade dos buques é excesiva (envellecemento da frota). Envellecemento da poboación ocupada na pesca. Esgotamento dos caladoiros nacionais pola súa sobreexplotación Problemas de contaminación dalgunhas augas por verteduras industriais e urbanas ou de petroleiros. Restricións nas augas de numerosos países en que pesca a frota española con cotas máximas anuais e unha limitación no número de licenzas concedidas; esta é a orixe dalgúns conflitos (Marrocos, Mauritania, Canadá etc.).
  • 84. Dependen na a maior parte da Política Pesqueira Comunitaria, existente desde 1983. Entre as medidas inclúense: Prohibición de certas artes de pesca que esgotan os fondos ou do consumo de crías, que impide a rexeneración das especies. Renovación da frota pesqueira, con axudas financeiras ao desmantelamento de barcos antigos e a súa substitución por outros novos. Creación de empresas mixtas nos países en cuxas augas se pesca, que inclúen o emprego dunha certa proporción de pescadores deses países en barcos españois. Fomento da acuicultura e da innovación nos cultivos marinos, para compensar a redución das capturas. Subvencións á diversificación de actividades en áreas onde a actividade pesqueira era predominante, para xerar outros empregos,
  • 85.  Primeira zona pesqueira de España e de Europa en volume de pesca desembarcada, o que se manifesta na dimensión da súa frota, no volume de pesca e no número de postas de traballo que xera (orixinando unha importante actividade económica, que contribúe cun 12% á riqueza económica galega), fomentando outras actividades económicas. A frota pesqueira con porto base en Galicia é a máis importante de todas as rexións europeas e tamén é a maior do Estado (Galicia posúe preto do 40 % dos barcos españois). A maior parte dos buques galegos son de pequeno porte (o 80%) A frota pesqueira galega opera tanto dentro das nosas augas coma fóra do ámbito territorial de Galicia (presente en case todos os caladoiros do mundo). Xunto á pesca, o marisqueo e a acuicultura son dúas actividades con grande importancia en Galicia. O marisqueo xurdiu como un complemento á economía familiar, pero desde os anos 50 experimentou un considerable pulo ao se incrementar a demanda. Pola súa parte, a acuicultura preséntase como unha alternativa á pesca tradicional, ao permitir obter unha maior produtividade sen esgotar os recursos. Galicia é líder neste sector, pois posúe a maior parte dos centros acuicultores de España e da UE. As instalacións concéntranse sobre todo nas Rías Baixas. Tamén hai explotacións de auga doce (de troitas, carpas, anguías...). É unha actividade en crecemento e ten moi boas expectativas de futuro.
  • 86. O sector pesqueiro está a experimentar desde hai décadas unha forte crise: Esgotamento dos caladoiros Límite de 200 millas de augas territoriais como área pesqueira exclusiva de cada país polo cal Galicia tivo que deixar de faenar en zonas onde tradicionalmente o fixera A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) reduciu o número de licencias pesqueiras e a cota de capturas, o que provocou a perda de empregos e a diminución do número de barcos e das especies capturadas Os intereses da frota galega foron deixados a un lado nos convenios pesqueiros que a UE negociou con terceiros países (Canadá, Marrocos...). A contaminación das augas e das costas (o afundimento do Prestige no 2002 tivo consecuencias especialmente tráxicas).
  • 87.  Caladoiros Lugares apropiados para calar ou lanzar as redes de pesca. Concentran os maiores bancos de pesca, e por isto atraen as principáis frotas pesqueiras do mundo. Mar territorial Son as augas que forman parte do territorio dun Estado, igual ca as súas áreas continentais, e que van ata unha distancia de 12 millas desde a costa, onde se ten a propiedade dos recursos marinos e se pode exercer o control de paso de calquera navio. Zona económica exclusiva Augas situadas entre 12 e 200 millas da costa dun país, en que este exerce o control dos seus recursos -incluida a pesca- e pode impedir ou limitar a explotación por buques doutros países, aínda que non a súa libre circulación.