SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 93
UNIDADE 6.
Á ÉPOCA DO
IMPERIALISMO
A época do imperialismo
4. As consecuencias da colonización
5. A fin dos imperios coloniais
6. Descolonización. Terceiro mundo
1. O imperialismo e as súas causas
2. Conquista, organización e explotación das colonias
3. A repartición do mundo
7. As causas da Primeira Guerra Mundial
8. A Gran Guerra
9. A organización da paz
Introdución
• Durante o derradeiro terzo do século XIX e os primeiros
anos do XX, os países industrializados do mundo viviron
unha etapa de prosperidade económica.
• As grandes potencias espalláronse e constituíron enormes
imperios coloniais.
• Na primeira década do século XX, as rivalidades
económicas, coloniais e nacionais entre os países
europeos afloraron.
• Iniciouse unha escalada de tensións e de armamento que
desembocou na Primeira Guerra Mundial (1914-1918).
1. O imperialismo e as súas causas
1.1. A Europa dominante
1.2. As causas do colonialismo
1.1. A Europa dominante
• No derradeiro terzo do século XIX, a Segunda Revolución
Industrial transformou a economía das principais
potencias europeas.
• As innovacións técnicas, as novas formas de
organización do traballo e o crecemento da banca
permitiron un aumento da produción e do comercio e
unha mellora dos transportes.
• Europa lanzouse ao dominio do mundo, aproveitando a
súa superioridade técnica, financeira e militar.
• Os países máis avanzados ocuparon territorios en África
e Asia, principalmente, e crearon imperios coloniais.
1.2. As causas do colonialismo
• Económico: os países de Europa necesitaban vender o
excedente da súa produción. Debían mercar materias primas e
fontes de enerxía máis baratas.
• Demográfico: exceso de poboación europea o que provocou
dificultades para atopar traballo e tensións sociais. O
colonialismo válvula de escape.
• Político: as fronteiras de Europa estabilizáranse a finais do
século XIX e a expansión territorial debía facerse sobre rexións
extraeuropeas.
• Ideolóxico: O nacionalismo conservador defendía a
superioridade dalgunhas nacións e o dereito destas a
impoñérense sobre outros pobos. Misión civilizadora. Algúns
intelectuais, sindicalistas e políticos, sobre todo socialistas
denunciaron a situación brutal e inhumana do colonialismo.
Migracións europeas a finais do século XIX
O peso de Europa en 1914
Habitantes (1800) 140 millóns
Habitantes (1914) 460 millóns
Exportacións 60%
Produción industrial 52%
Aceiro 49%
Carbón 48%
Trigo 51%
Ferrocarril 15%
Flota mercante 79%
Premios nobel 93%
Capitais 88%
Poboación 27%
2. Conquista, organización e explotación
das colonias
2.1. Exploración e conquista
2.2. A organización colonial
2.1. Exploración e conquista
• A mediados do século XIX, a busca dos europeos de
territorios onde expandirse propiciou unha serie de viaxes
científicas e exploracións xeográficas.
• Británicos e franceses realizaron as primeiras
expedicións. Percorreron e cartografaron África central.
• Unha vez coñecido o territorio, a conquista foi rápida e
doada.
• A superioridade militar e técnica europea era tan grande
que a resistencia indíxena resultou bastante débil.
• Os europeos utilizaron as rivalidades internas entre as
tribos e etnias dos territorios ocupados para enfrontalas
entre si.
1869. Apertura da canle de Suez
2.2. A organización colonial
• A colonia era organizada para ser controlada e administrada
pola metrópole. Podemos distinguir tres clases de colonias:
• Colonias de explotación. Nelas a metrópole dedicouse á
explotación económica. Non tiñan goberno propio e os
europeos exercían nelas unha política de ocupación.
• Colonias de poboamento. Eran colonias que recibían
poboación branca que emigraba para establecerse de forma
permanente. (Exemplo: Canadá, Australia, Nova Zelandia,
África do Sur).
• Protectorados. Eran territorios que, tras a ocupación
europea, mantiveron a organización estatal, o goberno
indíxena e un aparato administrativo propio. (Exemplo:
Marrocos, Exipto)
3. A repartición do mundo
3.1. A “repartición de África”
3.2. A ocupación de Asia
3.3. O Imperio británico
3.4. O Imperio francés e outros imperios
3.5. Estados Unidos e Xapón
3.1. A “repartición de África”
• A partir de 1870 iniciouse a colonización de África. Foi a máis rápida e
brutal e significou o dominio total do continente.
• Británicos e franceses tiveron vantaxe porque posuían bases en África
dende o século XVIII (tamén Portugal, dende moitos séculos atrás, estaba
nesta situación).
• Ambos os dous países soñaron con crear imperios continuos: de Norte a
Sur os británicos; de Oeste a Leste os franceses.
• O rei de Bélxica, Leopoldo II, creou o Estado Libre do Congo que a súa
morte legou a Bélxica.
• O choque de intereses entre potencias rivais impulsou a convocatoria da
Conferencia de Berlín (1885), onde se decidiron as normas e as zonas que
ocuparía cada unha.
• Alemaña e Italia, que se incorporan tardiamente no reparto colonial,
entrarán en conflito coas potencias tradicionais.
Pouco a pouco,
o mapa de África foi
“enchéndose de cores
políticas”
SITUACIÓN
DE ÁFRICA
TRALA 1ª G.M.
A idea de Cecil Rhodes
De unir O Cabo con Alexandría
(eixe norte-sur) chocará coa
Pretensión francesa de unir Dakar
con Somalia (eixe oeste-este)
O IMPERIO FRÁNCES E INGLÉS EN CONFLITO EN ÁFRICA
O doutor Livingstone, supoño.
Encontro de Stanley e Livingstone
perto do Lago Vitoria
O mapa de cor Rosa
portugués
entra en conflito
coas pretensións
de Cecil Rhodes
para Gran Bretaña
Conferencia de Berlín (1885)
Sentou as bases
do reparto de África
Posesións españolas
en África: Guinea Ecuatorial,
Protectorado de Marrocos e
Sahara Occidental
3.2. A ocupación de Asia
• Asia foi ocupada tanto polas potencias europeas
occidentais como por outros países desexosos de
expandirse (Rusia, EE.UU. e Xapón)
• Os británicos dende a India anexionáronse Birmania e
enfrontáronse con Rusia polo control de Afganistán. Máis
tarde ocuparon Malaisia. Francia centrouse en Indochina.
• En China, todas as potencias colonialistas querían estar
presentes nun mercado tan importante e, a través das
guerras do opio (1840-1858), forzaron a apertura do
comercio. Esta foi contestada con diversas revoltas
sociais como a dos bóxeres (1899).
3.3. O Imperio británico
• A finais do século XIX, Gran Bretaña posuía o
maior imperio colonial do mundo: da India a
África. O seu obxectivo era o control das rutas
comerciais marítimas.
• A principal colonia de explotación de Gran
Bretaña foi a India. A súa conquista iniciárase no
século XVIII, por parte da Compañía das Indias
Orientais.
• Non obstante, a monarquía decidiu facerse cargo
da colonia e a raíña Vitoria foi proclamada
emperatriz da India (1876).
Liñas de expansión do imperio británico e francés a finais do s. XIX
3.4. Francia e outros imperios
• A 2ª potencia colonial era Francia. O seu
emplazamento está situado
maioritariamente en África do Norte e
Sueste Asiático.
• A súa competencia foi enorme con outros
imperios, sobre todo con Gran Bretaña en
África.
• Outras potencias eran Rusia, Países
Baixos, Bélxica, Portugal e, en menor
medida, Alemaña, Italia e España.
3.5. Estados Unidos e Xapón
• Estados Unidos e Xapón foron as dúas únicas
potencias extraeuropeas que iniciaron, a finais
do século XIX, unha expansión colonial.
• Estados Unidos levouna a cabo en dúas
direccións: cara ao Pacífico e cara ao Caribe. (da
Doutrina Monroe ao Big Stick)
• Xapón, apoiado por Gran Bretaña, interveu para
deter o avance ruso na provincia chinesa de
Manchuria, e ocupou as illas Kuriles, Corea e
Formosa (Taiwán).
Construción
da canle
de Panamá
4. As consecuencias da colonización
4.1. A introdución de avances europeos nas
colonias
4.2. As transformacións económicas
4.3. Os cambios sociais e culturais
4.1. A introdución de avances europeos nas colonias
• As potencias colonizadoras introduciron algúns avances
nos territorios coloniais: portos, estradas, ferrocarrís, etc.
• Puxeron novas terras en cultivo e crearon industrias, aínda
que todo iso fose en beneficio propio.
• A introdución de medidas hixiénicas e a construción de
novos hospitais permitiron a redución das epidemias.
• Como consecuencia disto, a mortalidade descendeu e a
poboación aumentou.
• Os europeos crearon escolas nun intento de
aculturización, de impoñer as formas de vida dos
colonizadores. Tamén se intentou impoñer o cristianismo
e as crenzas occidentais.
4.2. As transformacións económicas
• Nas colonias impuxéronse os intereses económicos dos
colonizadores. A maioría da poboación indíxena quedou
sometida e as súas condicións de vida empeoraron.
• Potenciáronse as grandes plantacións de produtos que
beneficiaban a metrópole: cacao, café, algodón, froitas, etc.
• Os nativos debían traballar nas plantacións para subsistir, e
ademais tiñan que comprar os alimentos, porque se impuxo
unha economía monetaria e de mercado.
• A artesanía local arruinouse debido á competencia dos
produtos industriais importados desde a metrópole, a prezos
baratos e en grandes cantidades.
• A colonización implicou algunha cousa positiva no
sentido de que aos pobos africanos nos permitiu
entrar no mundo moderno. O proceso colonizador
achegounos aspectos culturais que, a pesar de
seren estranxeiros, se poden considerar fecundos.
• Vin construír ferrocarrís, pero (...) o negro substituía
a máquina, o camión, o guindastre. Esgotados,
maltratados polos capataces, lonxe de calquera
vixilancia, pálidos, famentos desesperados, os
negros morrían en masa (...).
• Leopold S. Senghor, presidente de Senegal
4. As consecuencias da colonización:
a explotación económica
4.3. Os cambios sociais e culturais
• A estrutura social tamén cambiou como
resultado da imposición dos novos
modelos coloniais.
• As sociedades coloniais reflectían unha
profunda segregación. Os funcionarios e
colonos da metrópole adoitaban vivir en
luxosas residencias, en contraste coa
miseria dos indíxenas.
• O impacto da cultura occidental fíxolles
perder a identidade ás culturas indíxenas.
5. A fin dos imperios coloniais
5.1. As causas da descolonización
5.2. O proceso descolonizador
5.3. O conflito de Oriente Medio
Tema 10. páx. 218-221
5.1. As causas da descolonización
• O desexo de independencia da maioría da poboación das
colonias.
• A puxanza dos movementos nacionalistas.
• A diminución do prestixio das potencias coloniais.
(Exemplo Xapón en Asia)
• A expansión dunha opinión internacional contraria á
colonización. (Carta do Atlántico, 1941; Declaración da
ONU, 1946; Declaración Universal dos Dereitos Humanos,
1948: dereito á autodeterminación)
• O apoio á descolonización das dúas grandes potencias
(EE.UU. e URSS).
5.2. O proceso descolonizador
• A primeira etapa iniciouse en Asia tras a fin da Segunda Guerra
Mundial, cando os movementos nacionalistas se opuxeron ao
retorno á situación anterior. 1947: India, 1949: Indonesia; 1954:
Vietnam proclama a independencia despois dunha guerra de nove
anos contra Francia.
• A segunda etapa afectou o Norte de África e iniciouse en 1951,
cando a colonia italiana de Libia accedeu á soberanía. 1956:
Marrocos e Tunes por Francia que intentou manter Alxeria
(independencia en 1962).
• A terceira fase afectou a África subsahariana e estendeuse entre
1955 e 1965, cando a maioría das colonias británicas, francesas e
belgas se proclamaron independentes.
• A derradeira fase afectou o Cono Sur africano e foi tardía. Angola
e Mozambique de Portugal, 1975 e Namibia de Sudáfrica en 1990.
En Sudáfrica, declarada independente en 1961, impúxose un
réxime de apartheid ata 1993.
Etapas da descolonización (1945-1994)
Mandela
SukarnoGandhi
Nehru
Senghor Nasser
6.3. O conflito de Oriente Medio
• Palestina era un protectorado británico habitado por
musulmáns, pero cun importante continxente de xudeus.
• En 1945, as milicias xudías palestinas levantáronse para forzar
a retirada dos ingleses e facer presión a favor da creación dun
Estado xudeu que acollese aos sobreviventes do holocausto
nazi.
• En 1947, unha resolución da ONU propuxo a partición en dous
Estados, un xudeu e outro palestino e en 1948 , Ben Gurion,
proclamou o Estado de Israel.
• Os palestinos e os seus veciños musulmáns non recoñeceron
o novo Estado israelí, formaron a Liga Árabe (Exipto, Siria,
Arabia Saudita, Líbano, Iraq, Xordania...) e desencadearon a
primeira guerra árabe-israelí (1948-1949), que rematou coa
adquisición de novos territorios palestinos por parte de Israel.
6.3. O conflito de Oriente Medio
• O final deste conflito non trouxo unha paz consensuada e
en 1956, estalou unha segunda guerra, que foi seguida
dunha terceira en 1967 (guerra dos sete días). En todas
elas se impuxo Israel, que estendeu a súa zona de
ocupación.
• Para defender os intereses dos palestinos, en 1964 creouse
a OLP (Organización para a Liberación de Palestina),
dirixida por Yaser Arafat, que fomentou o terrorismo contra
Israel e os seus aliados. A partir do ano 1974, esta
organización abandonou a violencia e apostou pola vía da
negociación.
• En 1993 acordouse a creación en Israel dun territorio
autónomo baixo autoridade palestina. Así e todo, os
enfrontamentos proseguen e a convivencia entre xudeus e
palestinos contiúa a ser moi conflitiva.
Aprende analizar un conflito bélico
Aprende a estudar os feitos, analizar mapas e a cronoloxía
a) FORMULACIÓN DO CONFLITO (1948-1949) MAPA 1
• A que responde a partición?
• Como se dividiu o territorio palestino?
• Quen habitaba ese territorio anteriormente? MAPA 2
• Por que se iniciou unha guerra en 1948-1949. A quen
enfrontou?
b) DESENVOLVEMENTO DO CONFLITO (1949-1973)
• Observa a cronoloxía:
• Cantas guerras houbo entre 1949 e 1973?
• Cal foi o resultado?
• Cando se creou a OLP? Cales eran os obxectivos?
• Cando mudou de estratexia?
• MAPA 3 Que territorios incorporou Israel en 1967?
• Cando foi abandonada a península do Sinaí? Por que?
c) OS INTENTOS DE CHEGAR Á PAZ (1995) MAPA 4
• Que tipo de territorios apecen por 1ª vez neste mapa?
• A que responden? Cando se asionou o 1º acordo de paz
• Entre israelíes e palestinos? Que condicións fixaron?
CRONOLOXÍA
1949 1ª guerra árabe-israelí 1973 4ª guerra (Yom Kippur)
1956 2ª guerra árabe israelía 1978 Exipto recoñece a Israel. Israel
deixa o Sinaí
1967 3ª guerra (Guerra dos 6
días)
1993 Conferencia de Washington.
Territorios autónomos e
negociación do Estado
palestino
6. Descolonización e Terceiro Mundo
6.1. O xurdimento do Terceiro Mundo
6.2. O neocolonialismo, unha herdanza
colonial
6.3. Disputas étnicas e territoriais
7.1. O xurdimento do Terceiro Mundo
• A maioría dos novos Estados xurdidos da descolonización sentíanse
marxinados da política internacional. Dentro da bipolarización en
bloques durante a Guerra Fría (EE.UU. e a URSS). Pretendían decidir
sobre o seu destino e vencer a pobreza.
• Con estes obxectivos, reuniuse en 1955 a Conferencia de Bandung,
que acolleu a representantes de 29 países africanos e asiáticos
recentemente descolonizados.
• En Bandung acordouse a condena do colonialismo, a soberanía e
igualdade das nacións, arranxos dos conflitos pola vía pacífica, o
rexeitamento da inxerencia nos asuntos internos dos Estados, axuda
económica e cultural aos países afroasiáticos xunto con outras
medidas.
• A conferencia estableceu unha alianza de estados independentes de
corrente neutral e non aliñada. Como resultado, na conferencia de
Belgrado (1961) estableceuse o Movemento de Países Non Aliñados.
Nasser, Tito e Nehru
Na conferencia
de Bandung, 1955
Conferencia de Bandung
7.2. O neocolonialismo, unha herdanza colonial
• O neocolonialismo era unha nova forma de dominio
que implicaba unha dependencia económica e
cultural da antiga metrópole por parte dos países
descolonizados.
• A estrutura económica dos novos países era débil.
Debían exportar materias primas e importar produtos
industriais.
• Esa dependencia comercial é o intercambio desigual.
• Como consecuencia disto, estes países sofren unha
forte dependencia financeira e tecnolóxica do
exterior.
As desigualdades económicas no mundo
Intermon Oxfam
Manos Unidas
Médicos sen fronteiras
7.3. Disputas étnicas e territoriais
• O trazado das fronteiras dos países que se independizaban
respondía a intereses coloniais e, con frecuencia, estes
países agrupaban a tribos e etnias diversas.
• Ademais, algúns dos novos dirixentes instauraron gobernos
ditatoriais e corruptos, sustentados polo exército, que
satisfacían os intereses das vellas metrópoles.
• Nalgúns países xurdiron movementos revolucionarios para
facerse co poder, o que desencadeou a guerra civil en moitos
deles.
• A violencia, a represión e mais a corrupción impuxéronse
como normas de convivencia nuns réximes políticos onde
non se respectan os dereitos humanos.
7.3. Disputas étnicas e territoriais
Bokassa Bokassa (documental en francés)
Nosa Señora da Paz Yamusukro
Rúas de Yamousukro
Nosa Señora da Paz Yamousukro
Hutus e tutsis
Ruanda hutus e tutsis
COLONIAS ACTUAIS
METRÓPOLE COLONIA SITUACIÓN EXTENSIÓN POBOACIÓN
MARROCOS SAHARA OCCIDENTAL ÁFRICA 266.000 382.617
AUSTRALIA ASHMORE E CARTIER ( ÍNDICO 5,2 km2
AUSTRALIA CHRISTMAS ( ÍNDICO 134,6 km2 1.275
AUSTRALIA I. COCOS (KEELING) ÍNDICO 14,2 km2 647
AUSTRALIA HEARD E MCDONALD ÍNDICO 417 km2
AUSTRALIA I. MAR DO CORAL (OP) PACÍFICO 3 km2 3
AUSTRALIA NORFOLK (OP) PACÍFICO 34,4 km2 2.665
DINAMARCA ILLAS FEROE (OA) ATLÁNTICO 1399 km2 48.065
DINAMARCA GROENLANDIA (OA) ATLÁNTICO 2175516 km2 55.385
EE_UU BAKER E HOWLAND (OP) PACÍFICO 1,4 km2
EE_UU GUAM (OP) PACÍFICO 549 km2 133.152
EE_UU JARVIS (OP) PACÍFICO 4,5 km2
EE_UU JOHNSTON (OP) PACÍFICO 2,8 km2 1.375
EE_UU KINGMAN (OP) PACÍFICO 1 km2
EE_UU MARIANAS SEP, ILLAS (OP PACÍFICO 457 km2 48.581
EE_UU MIDWAY, ILLAS (OP) PACÍFICO 5,2 km2 453
EE_UU NAVASSA (ANTILLAS) ANTILLAS 5,2 km2
EE_UU PALMIRA (OP) PACÍFICO 12 km2
EE_UU PUERTO RICO (ANTILLAS) ANTILLAS 8959 km2 3.600.000
EE_UU SAMOA AMERICANA (OP) PACÍFICO 195 km2 50.923
EE_UU ILLAS VÍRXENES (ANT) ANTILLAS 355 km2 101.809
EE_UU WAKE (OP) PACÍFICO 6,5 km2 302
METRÓPOLE COLONIA SITUACIÓN EXTENSIÓN POBOACIÓN
FRANCIA GUADALUPE (ANTILLAS) ANTILLAS 1780 km2 422.114
FRANCIA GUAYANA FRANCESA AMÉRICA 90996 km2 133.376
FRANCIA MARTINICA (ANTILLAS) ANTILLAS 1100 km2 387.656
FRANCIA MAYOTTE (OP) PACÍFICO 374 km2 89.938
FRANCIA NOVA CALEDONIA (OP) PACÍFICO 178056 km2 19.103
FRANCIA POLINESIA FRANCESA (OP PACÍFICO 4165 km2 210.333
FRANCIA REUNIÓN (OI) ÍNDICO 2512 km2 639.622
FRANCIA
SAINT PIERRE E MIQUELON
(OA) ATLÁNTICO 242 km2 6.652
FRANCIA WALLIS E FUTUNA (OP) PACÍFICO 274 km2 14.175
NORUEGA BOUVET (OA) ATLÁNTICO 58 km2
NORUEGA JAN MAYEN (OA) ATLÁNTICO 381 km2
NORUEGA PEDRO I (ANTÁRTIDA) ANTÁRTIDA 180 km2
NORUEGA SVALBARD (OGA) ÁRTICO 62906 km2 3.209
NOVA ZELANDIA ILLAS COOK PACÍFICO 293 km2 18.903
NOVA ZELANDIA NIUE PACÍFICO 264 km2 2.321
NOVA ZELANDIA TOKEALU PACÍFICO 10,4 km2 1.544
PAÍSES BAIXOS ANTILLAS HOLANDESAS ANTILLAS 800 km2 191.311
PAÍSES BAIXOS ARUBA (ANTILLAS) ANTILLAS 194 km2 62.365
METRÓPOLE COLONIA SITUACIÓN EXTENSIÓN POBOACIÓN
REÍNO UNIDO ANGUILLA (ANTILLAS) ANTILLAS 96 km2 8.960
REÍNO UNIDO ASCENSIÓN (OA) ATLÁNTICO 88 km2 1.099
REÍNO UNIDO BERMUDA (OA) ATLÁNTICO 53 km2 60.686
REÍNO UNIDO ILLAS CAIMÁN (ANTILLAS) ANTILLAS 259 km2 25.355
REÍNO UNIDO
ILLAS XEORXIAS DO SUR E
SANDWICH DO SUR (OA) ATLÁNTICO 3592 km2
REÍNO UNIDO XIBRALTAR EUROPA 5,8 km2 28.074
REÍNO UNIDO GUERNESEI (I. DO CANAL) ATLÁNTICO 65 km2 58.867
REÍNO UNIDO JERSEY (I. DO CANAL) ATLÁNTICO 116 km2 82.809
REÍNO UNIDO MALVINAS (ILLAS) (OA) ATLÁNTICO 12173 km2 2.121
REÍNO UNIDO ILLAS MAN ATLÁNTICO 572 km2 69.788
REÍNO UNIDO MONTSERRAT(ANTILLAS) ANTILLAS 102 km2 11.852
REÍNO UNIDO ILLAS PITCAIRN (OP) PACÍFICO 4,6 km2 55
REÍNO UNIDO SANTA ELENA (OA) ATLÁNTICO 122 km2 6.720
REÍNO UNIDO TERR. BRIT. OCE. ÍNDICO ÍNDICO 60 km2 3.400
REÍNO UNIDO TRISTÁN DA CUNHA (OA) ATLÁNTICO 98 km2 297
REÍNO UNIDO TURKS E CAICOS (ANTI) ANTILLAS 430 km2 12.350
REÍNO UNIDO I. VÍRXENES BRITÁNICAS ANTILLAS 153 km2 16.644
8. As causas da Primeira Guerra Mundial
8.1. Colonialismo e nacionalismo
8.2. Carreira de armamentos e alianzas
8.3. O estalido da guerra
8.1. Colonialismo e nacionalismo
• Entre as causas do enfrontamento
salientaron:
• A rivalidade entre as potencias
coloniais.
• A exaltación nacionalista.
• O conflito dos Balcáns.
8.1.1. Rivalidades entre as potencias coloniais
• A finais do século XIX, a política alemana
varía: pásase do realpolitik de Bismarck,
baseado na unificación de Alemaña e no
seu equilibrio en Europa pola vía
diplomática ao weltpolitik do kaiser
Guillerme II, baseado no rearme
armamentístico e unha política colonial
ofensiva.
• Os conflitos entre os imperios rivais
tiveron o seu escenario preferente en
Marrocos (1905 e 1911). Alemaña, que
contaba con escasas colonias na zona,
quixo impoñerse a Francia e Gran
Posesións alemanas en África que serán administradas por Gran Bretaña
por mandato da Sociedade de Nacións despois da 1ª Guerra Mundial.
África
do
Suroeste
8.1.2. Exaltación nacionalista
• A derrota de Francia na guerra franco-
prusiana (Sedán 1871) que supuxo a perda
da rexión de Alsacia e Lorena a favor de
Alemaña crea unha situación de
resentimento e revanchismo impulsado
polas clases dirixentes políticas dos
respectivos países.
• Alemaña e Gran Bretaña tamén terán unha
rivalidade polo control das rutas
marítimas e o comercio internacional.
Alsacia e Lorena
será unha das
Causas da 1ª G.M.
Fases da unificación
alemana
8.1.3. O conflito dos Balcáns
• Foco de tensións dende mediados do XIX.
• Mosaico de etnias, culturas e relixións moitas veces mesturadas. Ata mediados do
s. XIX estivo ocupado polo imperio turco.
• Pobos sometidos aos turcos independizáronse durante este século: Grecia,
Serbia, Romanía, Bulgaria, Montenegro.
• O imperio Austrohúngaro, imperio multinacional formado por unha minoría
xermánica dominante e múltiples nacionalidades sometidas (húngaros, checos,
eslovacos, croatas, serbios, italianos...) desexaba ocupar a rexión. Acusaba a
Serbia de apoiar as protestas do serbios que vivían dentro do seu imperio.
• Os serbios (eslavos) estaban protexidos por Rusia que defendía os intereses de
tódolos pobos eslavos (paneslavismo), como o seu pla de afianzar o seu poder na
zona e ocupar os estreitos do Bósforo e os Dardanelos, que abrirían o
Mediterráneo ás súas flotas (conflito con Turquía e Gran Bretaña).
• 1ª crise balcánica: 1908 Austria ocupa Bosnia, Rusia deixou ben claro que estaba
disposta a se enfrontar a Austria no caso de que houbese un conflito armado.
• 2ª crise balcánica: 1912-1913: expulsión dos Balcáns dos turcos que só quedan
con Estambul. Grecia queda con Tracia, Serbia con Macedonia, Romanía con
Dobrudja e independízase Albania.
Limites do Imperio turco ata 1912
8.2. Carreira de armamentos e alianzas
A Europa da Paz Armada
• O malestar existente entre as grandes potencias orixinou
unha carreira de armamentos. Investiuse moito diñeiro en
fabricar armas, construír barcos de guerra e adestrar as
súas tropas.
• Así mesmo, todas as potencias se lanzaron a un complexo
sistema de alianzas militares para prepararse para un
posible enfrontamento.
• En 1882, Alemaña, Austria-Hungría e Italia asinaron a
Tripla Alianza.
• Francia, temerosa do poderío militar alemán, aliouse con
Rusia e mellorou as súas relacións con Gran Bretaña. As
tres potencias acabaron asinando o Triplo Acordo (1907).
Europa durante a Primeira Guerra Mundial
Sátira sobre a
Tripla Alianza
Berlanga e o Imperio Austrohúngaro:
Los jueves milagros
El verdugo
8.3. O estalido da guerra
• O 28 de xuño de 1914 foi asasinado en Saraxevo o
herdeiro do Imperio austrohúngaro, Francisco Fernando.
• Austria declaroulle a guerra a Serbia, convencida de que
era o momento de acabar con ela e estender o seu dominio
polos Balcáns.
• Rusia interveu para protexer a Serbia, e Alemaña, aliada de
Austria, declaroulles a guerra a Rusia e a Francia.
• Os acontecementos precipitáronse, e nunha semana, os
países foron declarándose a guerra.
• Gran Bretaña tamén o fixo cando, nas primeiras campañas
militares, os exércitos alemáns invadiron Bélxica.
Asasinato do
Herdeiro ao trono
Do imperio austrohúngaro
Francisco Fernando por un
Estudante serbio en Saraxevo
(Bosnia).
Considerado o detonante da 1ª G.M.
IMPERIOS CENTRAIS ALIADOS
Austria-Hungría acusa ó Goberno de Serbia
do asasinato o 28 VI. Ultimato 23 VII.
Declaración o 28-VII.
Alemaña: aliada de Austria-Hungría dende
1879 dirixe un ultimato a Rusia 31-VII para
que paralize a mobilización e a Francia para
que permanezca neutral. Ante a falta de
resposta declara a guerra o 1-VIII a Rusia e 3-
VIII a Francia o 4 invade Bélxica.
Turquía: receloso dos rusos, apoio dos
intereses alemáns: investimentos destes en
Turquia. XI-1914.
Bulgaria: prexudicada en 1913 logo da 2ª
guerra balcánica. Desexa recuperar os
territorios que tivo que ceder a Romanía,
Grecia e Serbia; mantense neutral nun
principio, pero logo, a cambio da Macedonia
serbia, apoia, ós Centrais dende o X-1915.
Serbia: nega a intervención da policía. 25-VII
mobilización xeral.
Rusia: mobilización parcial fronte a Austria 29-VII
e 30 VII mobilización total ante a entrada de
Alemaña. O trunfo da revolución soviética X 1917,
supón a retirada da guerra por parte destes.
Francia: aliada a Rusia dende 1892. Decreta o 1-
VIII mobilización xeral.
Gran Bretaña: 5-VIII ante a invasión de Bélxica e
a entrada no territorio francés.
Xapón: 23-VIII. Pretexto o pacto cos británicos en
1902. Realidade: ocupación do espacio colonial
alemán no Pacífico.
Italia: 23-V-1915. Territorio de língua italiana en
poder de Austria e costa Dálmata.
Portugal: 9-III-1916. Defensa das súas colonias e
alianza cos ingleses.
Romanía: promesas de Transilvania. 27-VIII-
1916.
EE_UU: potencia asociada non aliada.
Consecuencia da guerra submarina. 6-IV-1917.
Grecia: obrigada e compensacións no imperio
turco entra o 27-VI-1917.
8.2. A Grande Guerra
9. A Gran Guerra
9.1. A guerra de movementos
9.2. A guerra de trincheiras
9.3. A crise de 1917 e a fin da guerra
9.4. A guerra na retagarda
9.1. A guerra de movementos
• Os exércitos alemáns atacaron Francia, entrando
por Bélxica e Luxemburgo, para vencela
rapidamente e poder dirixir logo todos os seus
esforzos á fronte rusa.
• Ao principio esta táctica semellou funcionar pero
os exércitos francés e inglés conseguiron
reorganizarse e deter o avance do exército alemán
na batalla do Marne.
• Na fronte oriental, os alemáns tamén avanzaron ao
principio rapidamente, pero os rusos reaccionaron
e chegaron ás fronteiras do Imperio austríaco.
Guerra de trincheiras
9.2. A guerra de trincheiras
• Tras os primeiros movementos, as frontes
inmobilizáronse. Na fronte occidental abríronse trincheiras
desde Suíza ata o mar do Norte e iniciouse unha fase dura
de guerra.
• Fíxose necesaria a busca de novos aliados que achegasen
máis soldados á guerra.
• En 1915, Italia interveu a favor dos aliados e Bulgaria e o
Imperio turco axudaron as potencias centrais, sen que a
guerra semellase ter un bando vencedor.
• En 1916, os alemáns lanzaron unha ofensiva para romper a
fronte francesa, na batalla de Verdún. O saldo foi 1.000.000
de mortos aliados e 800.000 alemáns.
Guerra de trincheiras Senderos de Gloria
9.3. A crise de 1917 e a fin da guerra
• Durante 1917 triunfou en Rusia a Revolución bolxevique e os
revolucionarios, preocupados polos seus problemas internos,
asinaron a paz con Alemaña e retiráronse da guerra (Tratado de
Brest-Litovsk).
• O abandono de Rusia foi compensado coa intervención de
Estados Unidos que, despois do afundimento do transatlántico
Lusitania por un submarino alemán, decidiu entrar en guerra.
• En 1918, na fronte Leste, británicos, franceses e italianos
derrotaron a Austria e os seus aliados. O Imperio austrohúngaro
e o turco pediron o armisticio e os combates cesaron.
• No Oeste, os alemáns foron derrotados. O 11 de novembro de
1918 asinouse o armisticio. En Alemaña o káiser Guillerme II
marcha para Holanda e proclamouse a república.
9.4. A guerra na retagarda
• A Primeira Guerra Mundial foi un conflito de novo tipo pola
mobilización de moitos recursos e pola implicación da
poboación, civil e militar.
• Os medios técnicos, en transporte e armamento,
ocasionaban moitos mortos, mutilados e demasiada
destrución.
• Os contendentes reconverteron as súas industrias para
fabricar armamento, pediron préstamos e substituíron a
man de obra masculina por mulleres.
• Utilizáronse modernas técnicas de propaganda para
mobilizar a opinión pública.
A incorporación da muller á
industria pesada supuxo un
avance na reclamación dos seus
dereitos laborais e políticos
10. A organización da paz
10.1. O Tratado de Versalles
10.2. Un novo mapa de Europa
10.3. A Sociedade de Nacións
10.1. O Tratado de Versalles
• O tratado máis importante foi o da paz con Alemaña. Asinouse en
Versalles e os vencedores impuxéronlle duras condicións:
• Declarábase Alemaña única culpable do estalido do conflito e
obrigábaselle a pagar fortes reparacións de guerra (en diñeiro e en
produtos).
• Desmantelábase case por completo todo o seu exército, así como a súa
mariña e prohibíaselle rearmarse. Arrebatábaselle o seu imperio colonial,
repartido entre Gran Bretaña e Francia por mandato da Sociedade de
Nacións.
• Devolvíanselle os seus territorios de Alsacia e Lorena a Francia; Schleswig
a Dinamarca; e dous cantóns a Bélxica. A Posnania e unha parte da Prusia
occidental entregáronselle a Polonia.
• Trátase dunha paz humillante, o cal habería de reavivir o seu nacionalismo
e o desexo dunha revancha no futuro.
Orlando
(Italia)
Wilson
(EE.UU.)
Clemanceau
(Francia)
Lloyd George
(Gran Bretaña)
Salón dos espellos
do palacio de Versalles
onde se asinou a paz
con Alemaña en 1919
10.2. Un novo mapa de Europa
• Ademais do Tratado de Versalles, outra serie de tratados ocupáronse do resto de
vencidos (tratado de Saint Germain (1919); fronte a Austria; tratado de Neuilly (1919)
fronte Bulgaria; tratado de Trianon (1920), fronte Hungría; tratado de Sèvres (1920)
fronte Turquía.
• O presidente de Estados Unidos, Wilson (14 puntos), propuxera que cada nación
tiña dereito a formar un Estado independente (co seu idioma, costumes e historia).
• Os antigos imperios derrubáronse:
• O Imperio ruso perdeu case toda a súa costa no Báltico e cedeulle grandes
extensións á nova Polonia.
• O Imperio turco desapareceu case por completo. Quedando reducido só a Turquía.
Apareceron Iraq, Siria e Palestina, aínda que administrados como protectorados por
ingleses e franceses.
• O Imperio austrohúngaro desintegrouse e no seu lugar xurdiron novos Estados:
Checoslovaquia, Hungría e Austria. Serbia medrou quedando como Iuguslavia.
• Para illar á Rusia revolucionaria creáronse grandes estados tapón: gran Polonia e
gran Romanía, aínda que para iso tivesen que reunir a Estados de diversas
nacionalidades.
Aprende analizar as consecuencias
dun conflito bélico
Os tratados de paz, principalmente o de
Versalles, supuxeron a remodelación do
mapa europeo de entreguerras. Isto
traerá consecuencias. Para analizar o
mapa de bes ter en conta:
a) A REMODELACIÓN DE EUROPA
• Observa e explica os cambios
territoriais:
• Cesión dos alemáns.
• División do imperio austrohúngaro.
• Perdas do imperio Ruso.
• Enumera os Estados que naceron trala
1ª G.M.
• Que Estados aumentaron o seu
territorio.
b) CONDICIÓNS IMPOSTAS A ALEMAÑA
• Analiza o esquema (outra diapositiva) e
explica as condicións e reparacións
que se lle impuxeron a Alemaña no
Tratado de Versalles.
• Explica porque o tratado de Versalles
non foi un tratado de paz senón unha
imposición dos vencedores.
• Quen foron os seus principais
beneficiarios?
TRATADO DE VERSALLES
REPARACIÓNS DE GUERRA
CONDICIÓNS POLÍTICAS
•Cesión de territorios alemáns:
•Alsacia-Lorena (a Francia)
•Corredor de Danzing (Polonia)
•Eupen e Malmedy (Bélxica)
•Schleswig (Dinamarca)
•Disgregación do Imperio Austrohúngaro
•(T. St. Germain e Trianon)
CONDICIÓNS MILITARES
•Abolición do servizo militar
•Redución a 100.000 homes o exército
•alemán e desarme vixiado pola SDN.
•Ocupación da beira esquerda do Rin.
•Demilitarización da beira dereita 50 km
DESTRUCIÓN DO IMPERIO COLONIAL E O SEU COMERCIO
•Cesión de tódolos dereitos e títulos das posesións ultramarinas.
•Cesión da meirande parte da flota mercante alemá.
PAGAMENTO DAS INDEMNIZACIÓNS DE GUERRA
•Cesión do Sarre e Silesia.
•Pagamento de reparacións: 6.500 millóns de libras.
EUROPA TRALA PAZ DE PARÍS
DISOLUCIÓN DO IMPERIO TURCO
POSESIÓNS ALEMÁS PERDIDAS NO PACÍFICO
7.3. A Sociedade de Nacións
• Por proposta do presidente Wilson creouse unha nova
organización, a Sociedade de Nacións (SDN), que debía
garantir a paz, fomentar a cooperación internacional, etc.
• A sede instalouse en Xenebra e quedaron establecidos
dous organismos: a Asemblea e un Consello.
• Pero o panorama de destrución, miseria, débedas, etc.,
dificultou o labor da nova institución.
• O feito de que Estados Unidos non se integrase na SDN,
nin tampouco moitos países descontentos cos resultados
da paz, especialmente Alemaña e Italia, converteu a SDN
nunha organización de vencedores.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoAgrela Elvixeo
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaAgrela Elvixeo
 
O período de entreguerras
O período de entreguerrasO período de entreguerras
O período de entreguerrasAgrela Elvixeo
 
Unidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaUnidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaAgrela Elvixeo
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalAgrela Elvixeo
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaAgrela Elvixeo
 
Transición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaTransición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaAgrela Elvixeo
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Agrela Elvixeo
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en Españarubempaul
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaAgrela Elvixeo
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 

La actualidad más candente (20)

Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismo
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia EspañaUnidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
Unidade 3. Reis Católicos. 2º bacharelato historia España
 
O período de entreguerras
O período de entreguerrasO período de entreguerras
O período de entreguerras
 
O franquismo
O franquismoO franquismo
O franquismo
 
O mundo actual
O mundo actualO mundo actual
O mundo actual
 
Unidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaUnidade 8. II República
Unidade 8. II República
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
 
Transición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaTransición e democracia en España
Transición e democracia en España
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018Vocabulario ABAU 2017 2018
Vocabulario ABAU 2017 2018
 
O Imperialismo
O Imperialismo O Imperialismo
O Imperialismo
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en España
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 

Similar a A época do imperialismo. Colonialismo e I Guerra Mundial

Similar a A época do imperialismo. Colonialismo e I Guerra Mundial (20)

Tema 6
Tema 6 Tema 6
Tema 6
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
 
Imperialismo no s. xix
Imperialismo no s. xixImperialismo no s. xix
Imperialismo no s. xix
 
Imperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESAImperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESA
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Sociais tema 6
Sociais tema 6Sociais tema 6
Sociais tema 6
 
Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
Tema 6. o imperialismo (leccións 1, 2, 3)
 
Tema 6 sociais
Tema 6 sociaisTema 6 sociais
Tema 6 sociais
 
Tema 6
Tema 6 Tema 6
Tema 6
 
Tema 4 ciencias sociais
Tema 4 ciencias sociaisTema 4 ciencias sociais
Tema 4 ciencias sociais
 
UNIDADE 5 - 4º E.S.O.
UNIDADE 5 - 4º E.S.O.UNIDADE 5 - 4º E.S.O.
UNIDADE 5 - 4º E.S.O.
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Tema5
Tema5Tema5
Tema5
 
Tema 6 historia
Tema 6  historiaTema 6  historia
Tema 6 historia
 
Tema 6 sociales
Tema 6 socialesTema 6 sociales
Tema 6 sociales
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Gran capitalismo e imperialismo
Gran capitalismo e imperialismoGran capitalismo e imperialismo
Gran capitalismo e imperialismo
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Imperialismo colonial
Imperialismo colonialImperialismo colonial
Imperialismo colonial
 
Unidade 5
Unidade 5Unidade 5
Unidade 5
 

Más de Agrela Elvixeo

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 

Más de Agrela Elvixeo (20)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 

Último

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

A época do imperialismo. Colonialismo e I Guerra Mundial

  • 1. UNIDADE 6. Á ÉPOCA DO IMPERIALISMO
  • 2. A época do imperialismo 4. As consecuencias da colonización 5. A fin dos imperios coloniais 6. Descolonización. Terceiro mundo 1. O imperialismo e as súas causas 2. Conquista, organización e explotación das colonias 3. A repartición do mundo 7. As causas da Primeira Guerra Mundial 8. A Gran Guerra 9. A organización da paz
  • 3. Introdución • Durante o derradeiro terzo do século XIX e os primeiros anos do XX, os países industrializados do mundo viviron unha etapa de prosperidade económica. • As grandes potencias espalláronse e constituíron enormes imperios coloniais. • Na primeira década do século XX, as rivalidades económicas, coloniais e nacionais entre os países europeos afloraron. • Iniciouse unha escalada de tensións e de armamento que desembocou na Primeira Guerra Mundial (1914-1918).
  • 4. 1. O imperialismo e as súas causas 1.1. A Europa dominante 1.2. As causas do colonialismo
  • 5. 1.1. A Europa dominante • No derradeiro terzo do século XIX, a Segunda Revolución Industrial transformou a economía das principais potencias europeas. • As innovacións técnicas, as novas formas de organización do traballo e o crecemento da banca permitiron un aumento da produción e do comercio e unha mellora dos transportes. • Europa lanzouse ao dominio do mundo, aproveitando a súa superioridade técnica, financeira e militar. • Os países máis avanzados ocuparon territorios en África e Asia, principalmente, e crearon imperios coloniais.
  • 6. 1.2. As causas do colonialismo • Económico: os países de Europa necesitaban vender o excedente da súa produción. Debían mercar materias primas e fontes de enerxía máis baratas. • Demográfico: exceso de poboación europea o que provocou dificultades para atopar traballo e tensións sociais. O colonialismo válvula de escape. • Político: as fronteiras de Europa estabilizáranse a finais do século XIX e a expansión territorial debía facerse sobre rexións extraeuropeas. • Ideolóxico: O nacionalismo conservador defendía a superioridade dalgunhas nacións e o dereito destas a impoñérense sobre outros pobos. Misión civilizadora. Algúns intelectuais, sindicalistas e políticos, sobre todo socialistas denunciaron a situación brutal e inhumana do colonialismo.
  • 7. Migracións europeas a finais do século XIX
  • 8. O peso de Europa en 1914 Habitantes (1800) 140 millóns Habitantes (1914) 460 millóns Exportacións 60% Produción industrial 52% Aceiro 49% Carbón 48% Trigo 51% Ferrocarril 15% Flota mercante 79% Premios nobel 93% Capitais 88% Poboación 27%
  • 9. 2. Conquista, organización e explotación das colonias 2.1. Exploración e conquista 2.2. A organización colonial
  • 10. 2.1. Exploración e conquista • A mediados do século XIX, a busca dos europeos de territorios onde expandirse propiciou unha serie de viaxes científicas e exploracións xeográficas. • Británicos e franceses realizaron as primeiras expedicións. Percorreron e cartografaron África central. • Unha vez coñecido o territorio, a conquista foi rápida e doada. • A superioridade militar e técnica europea era tan grande que a resistencia indíxena resultou bastante débil. • Os europeos utilizaron as rivalidades internas entre as tribos e etnias dos territorios ocupados para enfrontalas entre si.
  • 11. 1869. Apertura da canle de Suez
  • 12. 2.2. A organización colonial • A colonia era organizada para ser controlada e administrada pola metrópole. Podemos distinguir tres clases de colonias: • Colonias de explotación. Nelas a metrópole dedicouse á explotación económica. Non tiñan goberno propio e os europeos exercían nelas unha política de ocupación. • Colonias de poboamento. Eran colonias que recibían poboación branca que emigraba para establecerse de forma permanente. (Exemplo: Canadá, Australia, Nova Zelandia, África do Sur). • Protectorados. Eran territorios que, tras a ocupación europea, mantiveron a organización estatal, o goberno indíxena e un aparato administrativo propio. (Exemplo: Marrocos, Exipto)
  • 13.
  • 14. 3. A repartición do mundo 3.1. A “repartición de África” 3.2. A ocupación de Asia 3.3. O Imperio británico 3.4. O Imperio francés e outros imperios 3.5. Estados Unidos e Xapón
  • 15. 3.1. A “repartición de África” • A partir de 1870 iniciouse a colonización de África. Foi a máis rápida e brutal e significou o dominio total do continente. • Británicos e franceses tiveron vantaxe porque posuían bases en África dende o século XVIII (tamén Portugal, dende moitos séculos atrás, estaba nesta situación). • Ambos os dous países soñaron con crear imperios continuos: de Norte a Sur os británicos; de Oeste a Leste os franceses. • O rei de Bélxica, Leopoldo II, creou o Estado Libre do Congo que a súa morte legou a Bélxica. • O choque de intereses entre potencias rivais impulsou a convocatoria da Conferencia de Berlín (1885), onde se decidiron as normas e as zonas que ocuparía cada unha. • Alemaña e Italia, que se incorporan tardiamente no reparto colonial, entrarán en conflito coas potencias tradicionais.
  • 16.
  • 17. Pouco a pouco, o mapa de África foi “enchéndose de cores políticas”
  • 18.
  • 20. A idea de Cecil Rhodes De unir O Cabo con Alexandría (eixe norte-sur) chocará coa Pretensión francesa de unir Dakar con Somalia (eixe oeste-este)
  • 21. O IMPERIO FRÁNCES E INGLÉS EN CONFLITO EN ÁFRICA
  • 22. O doutor Livingstone, supoño. Encontro de Stanley e Livingstone perto do Lago Vitoria
  • 23. O mapa de cor Rosa portugués entra en conflito coas pretensións de Cecil Rhodes para Gran Bretaña
  • 24. Conferencia de Berlín (1885) Sentou as bases do reparto de África
  • 25. Posesións españolas en África: Guinea Ecuatorial, Protectorado de Marrocos e Sahara Occidental
  • 26. 3.2. A ocupación de Asia • Asia foi ocupada tanto polas potencias europeas occidentais como por outros países desexosos de expandirse (Rusia, EE.UU. e Xapón) • Os británicos dende a India anexionáronse Birmania e enfrontáronse con Rusia polo control de Afganistán. Máis tarde ocuparon Malaisia. Francia centrouse en Indochina. • En China, todas as potencias colonialistas querían estar presentes nun mercado tan importante e, a través das guerras do opio (1840-1858), forzaron a apertura do comercio. Esta foi contestada con diversas revoltas sociais como a dos bóxeres (1899).
  • 27.
  • 28. 3.3. O Imperio británico • A finais do século XIX, Gran Bretaña posuía o maior imperio colonial do mundo: da India a África. O seu obxectivo era o control das rutas comerciais marítimas. • A principal colonia de explotación de Gran Bretaña foi a India. A súa conquista iniciárase no século XVIII, por parte da Compañía das Indias Orientais. • Non obstante, a monarquía decidiu facerse cargo da colonia e a raíña Vitoria foi proclamada emperatriz da India (1876).
  • 29. Liñas de expansión do imperio británico e francés a finais do s. XIX
  • 30. 3.4. Francia e outros imperios • A 2ª potencia colonial era Francia. O seu emplazamento está situado maioritariamente en África do Norte e Sueste Asiático. • A súa competencia foi enorme con outros imperios, sobre todo con Gran Bretaña en África. • Outras potencias eran Rusia, Países Baixos, Bélxica, Portugal e, en menor medida, Alemaña, Italia e España.
  • 31. 3.5. Estados Unidos e Xapón • Estados Unidos e Xapón foron as dúas únicas potencias extraeuropeas que iniciaron, a finais do século XIX, unha expansión colonial. • Estados Unidos levouna a cabo en dúas direccións: cara ao Pacífico e cara ao Caribe. (da Doutrina Monroe ao Big Stick) • Xapón, apoiado por Gran Bretaña, interveu para deter o avance ruso na provincia chinesa de Manchuria, e ocupou as illas Kuriles, Corea e Formosa (Taiwán).
  • 33.
  • 34. 4. As consecuencias da colonización 4.1. A introdución de avances europeos nas colonias 4.2. As transformacións económicas 4.3. Os cambios sociais e culturais
  • 35. 4.1. A introdución de avances europeos nas colonias • As potencias colonizadoras introduciron algúns avances nos territorios coloniais: portos, estradas, ferrocarrís, etc. • Puxeron novas terras en cultivo e crearon industrias, aínda que todo iso fose en beneficio propio. • A introdución de medidas hixiénicas e a construción de novos hospitais permitiron a redución das epidemias. • Como consecuencia disto, a mortalidade descendeu e a poboación aumentou. • Os europeos crearon escolas nun intento de aculturización, de impoñer as formas de vida dos colonizadores. Tamén se intentou impoñer o cristianismo e as crenzas occidentais.
  • 36.
  • 37. 4.2. As transformacións económicas • Nas colonias impuxéronse os intereses económicos dos colonizadores. A maioría da poboación indíxena quedou sometida e as súas condicións de vida empeoraron. • Potenciáronse as grandes plantacións de produtos que beneficiaban a metrópole: cacao, café, algodón, froitas, etc. • Os nativos debían traballar nas plantacións para subsistir, e ademais tiñan que comprar os alimentos, porque se impuxo unha economía monetaria e de mercado. • A artesanía local arruinouse debido á competencia dos produtos industriais importados desde a metrópole, a prezos baratos e en grandes cantidades.
  • 38. • A colonización implicou algunha cousa positiva no sentido de que aos pobos africanos nos permitiu entrar no mundo moderno. O proceso colonizador achegounos aspectos culturais que, a pesar de seren estranxeiros, se poden considerar fecundos. • Vin construír ferrocarrís, pero (...) o negro substituía a máquina, o camión, o guindastre. Esgotados, maltratados polos capataces, lonxe de calquera vixilancia, pálidos, famentos desesperados, os negros morrían en masa (...). • Leopold S. Senghor, presidente de Senegal 4. As consecuencias da colonización: a explotación económica
  • 39. 4.3. Os cambios sociais e culturais • A estrutura social tamén cambiou como resultado da imposición dos novos modelos coloniais. • As sociedades coloniais reflectían unha profunda segregación. Os funcionarios e colonos da metrópole adoitaban vivir en luxosas residencias, en contraste coa miseria dos indíxenas. • O impacto da cultura occidental fíxolles perder a identidade ás culturas indíxenas.
  • 40. 5. A fin dos imperios coloniais 5.1. As causas da descolonización 5.2. O proceso descolonizador 5.3. O conflito de Oriente Medio Tema 10. páx. 218-221
  • 41. 5.1. As causas da descolonización • O desexo de independencia da maioría da poboación das colonias. • A puxanza dos movementos nacionalistas. • A diminución do prestixio das potencias coloniais. (Exemplo Xapón en Asia) • A expansión dunha opinión internacional contraria á colonización. (Carta do Atlántico, 1941; Declaración da ONU, 1946; Declaración Universal dos Dereitos Humanos, 1948: dereito á autodeterminación) • O apoio á descolonización das dúas grandes potencias (EE.UU. e URSS).
  • 42. 5.2. O proceso descolonizador • A primeira etapa iniciouse en Asia tras a fin da Segunda Guerra Mundial, cando os movementos nacionalistas se opuxeron ao retorno á situación anterior. 1947: India, 1949: Indonesia; 1954: Vietnam proclama a independencia despois dunha guerra de nove anos contra Francia. • A segunda etapa afectou o Norte de África e iniciouse en 1951, cando a colonia italiana de Libia accedeu á soberanía. 1956: Marrocos e Tunes por Francia que intentou manter Alxeria (independencia en 1962). • A terceira fase afectou a África subsahariana e estendeuse entre 1955 e 1965, cando a maioría das colonias británicas, francesas e belgas se proclamaron independentes. • A derradeira fase afectou o Cono Sur africano e foi tardía. Angola e Mozambique de Portugal, 1975 e Namibia de Sudáfrica en 1990. En Sudáfrica, declarada independente en 1961, impúxose un réxime de apartheid ata 1993.
  • 45. 6.3. O conflito de Oriente Medio • Palestina era un protectorado británico habitado por musulmáns, pero cun importante continxente de xudeus. • En 1945, as milicias xudías palestinas levantáronse para forzar a retirada dos ingleses e facer presión a favor da creación dun Estado xudeu que acollese aos sobreviventes do holocausto nazi. • En 1947, unha resolución da ONU propuxo a partición en dous Estados, un xudeu e outro palestino e en 1948 , Ben Gurion, proclamou o Estado de Israel. • Os palestinos e os seus veciños musulmáns non recoñeceron o novo Estado israelí, formaron a Liga Árabe (Exipto, Siria, Arabia Saudita, Líbano, Iraq, Xordania...) e desencadearon a primeira guerra árabe-israelí (1948-1949), que rematou coa adquisición de novos territorios palestinos por parte de Israel.
  • 46. 6.3. O conflito de Oriente Medio • O final deste conflito non trouxo unha paz consensuada e en 1956, estalou unha segunda guerra, que foi seguida dunha terceira en 1967 (guerra dos sete días). En todas elas se impuxo Israel, que estendeu a súa zona de ocupación. • Para defender os intereses dos palestinos, en 1964 creouse a OLP (Organización para a Liberación de Palestina), dirixida por Yaser Arafat, que fomentou o terrorismo contra Israel e os seus aliados. A partir do ano 1974, esta organización abandonou a violencia e apostou pola vía da negociación. • En 1993 acordouse a creación en Israel dun territorio autónomo baixo autoridade palestina. Así e todo, os enfrontamentos proseguen e a convivencia entre xudeus e palestinos contiúa a ser moi conflitiva.
  • 47. Aprende analizar un conflito bélico Aprende a estudar os feitos, analizar mapas e a cronoloxía a) FORMULACIÓN DO CONFLITO (1948-1949) MAPA 1 • A que responde a partición? • Como se dividiu o territorio palestino? • Quen habitaba ese territorio anteriormente? MAPA 2 • Por que se iniciou unha guerra en 1948-1949. A quen enfrontou? b) DESENVOLVEMENTO DO CONFLITO (1949-1973) • Observa a cronoloxía: • Cantas guerras houbo entre 1949 e 1973? • Cal foi o resultado? • Cando se creou a OLP? Cales eran os obxectivos? • Cando mudou de estratexia? • MAPA 3 Que territorios incorporou Israel en 1967? • Cando foi abandonada a península do Sinaí? Por que? c) OS INTENTOS DE CHEGAR Á PAZ (1995) MAPA 4 • Que tipo de territorios apecen por 1ª vez neste mapa? • A que responden? Cando se asionou o 1º acordo de paz • Entre israelíes e palestinos? Que condicións fixaron? CRONOLOXÍA 1949 1ª guerra árabe-israelí 1973 4ª guerra (Yom Kippur) 1956 2ª guerra árabe israelía 1978 Exipto recoñece a Israel. Israel deixa o Sinaí 1967 3ª guerra (Guerra dos 6 días) 1993 Conferencia de Washington. Territorios autónomos e negociación do Estado palestino
  • 48.
  • 49. 6. Descolonización e Terceiro Mundo 6.1. O xurdimento do Terceiro Mundo 6.2. O neocolonialismo, unha herdanza colonial 6.3. Disputas étnicas e territoriais
  • 50. 7.1. O xurdimento do Terceiro Mundo • A maioría dos novos Estados xurdidos da descolonización sentíanse marxinados da política internacional. Dentro da bipolarización en bloques durante a Guerra Fría (EE.UU. e a URSS). Pretendían decidir sobre o seu destino e vencer a pobreza. • Con estes obxectivos, reuniuse en 1955 a Conferencia de Bandung, que acolleu a representantes de 29 países africanos e asiáticos recentemente descolonizados. • En Bandung acordouse a condena do colonialismo, a soberanía e igualdade das nacións, arranxos dos conflitos pola vía pacífica, o rexeitamento da inxerencia nos asuntos internos dos Estados, axuda económica e cultural aos países afroasiáticos xunto con outras medidas. • A conferencia estableceu unha alianza de estados independentes de corrente neutral e non aliñada. Como resultado, na conferencia de Belgrado (1961) estableceuse o Movemento de Países Non Aliñados.
  • 51. Nasser, Tito e Nehru Na conferencia de Bandung, 1955 Conferencia de Bandung
  • 52. 7.2. O neocolonialismo, unha herdanza colonial • O neocolonialismo era unha nova forma de dominio que implicaba unha dependencia económica e cultural da antiga metrópole por parte dos países descolonizados. • A estrutura económica dos novos países era débil. Debían exportar materias primas e importar produtos industriais. • Esa dependencia comercial é o intercambio desigual. • Como consecuencia disto, estes países sofren unha forte dependencia financeira e tecnolóxica do exterior.
  • 55. 7.3. Disputas étnicas e territoriais • O trazado das fronteiras dos países que se independizaban respondía a intereses coloniais e, con frecuencia, estes países agrupaban a tribos e etnias diversas. • Ademais, algúns dos novos dirixentes instauraron gobernos ditatoriais e corruptos, sustentados polo exército, que satisfacían os intereses das vellas metrópoles. • Nalgúns países xurdiron movementos revolucionarios para facerse co poder, o que desencadeou a guerra civil en moitos deles. • A violencia, a represión e mais a corrupción impuxéronse como normas de convivencia nuns réximes políticos onde non se respectan os dereitos humanos.
  • 56. 7.3. Disputas étnicas e territoriais Bokassa Bokassa (documental en francés) Nosa Señora da Paz Yamusukro Rúas de Yamousukro Nosa Señora da Paz Yamousukro Hutus e tutsis Ruanda hutus e tutsis
  • 58. METRÓPOLE COLONIA SITUACIÓN EXTENSIÓN POBOACIÓN MARROCOS SAHARA OCCIDENTAL ÁFRICA 266.000 382.617 AUSTRALIA ASHMORE E CARTIER ( ÍNDICO 5,2 km2 AUSTRALIA CHRISTMAS ( ÍNDICO 134,6 km2 1.275 AUSTRALIA I. COCOS (KEELING) ÍNDICO 14,2 km2 647 AUSTRALIA HEARD E MCDONALD ÍNDICO 417 km2 AUSTRALIA I. MAR DO CORAL (OP) PACÍFICO 3 km2 3 AUSTRALIA NORFOLK (OP) PACÍFICO 34,4 km2 2.665 DINAMARCA ILLAS FEROE (OA) ATLÁNTICO 1399 km2 48.065 DINAMARCA GROENLANDIA (OA) ATLÁNTICO 2175516 km2 55.385 EE_UU BAKER E HOWLAND (OP) PACÍFICO 1,4 km2 EE_UU GUAM (OP) PACÍFICO 549 km2 133.152 EE_UU JARVIS (OP) PACÍFICO 4,5 km2 EE_UU JOHNSTON (OP) PACÍFICO 2,8 km2 1.375 EE_UU KINGMAN (OP) PACÍFICO 1 km2 EE_UU MARIANAS SEP, ILLAS (OP PACÍFICO 457 km2 48.581 EE_UU MIDWAY, ILLAS (OP) PACÍFICO 5,2 km2 453 EE_UU NAVASSA (ANTILLAS) ANTILLAS 5,2 km2 EE_UU PALMIRA (OP) PACÍFICO 12 km2 EE_UU PUERTO RICO (ANTILLAS) ANTILLAS 8959 km2 3.600.000 EE_UU SAMOA AMERICANA (OP) PACÍFICO 195 km2 50.923 EE_UU ILLAS VÍRXENES (ANT) ANTILLAS 355 km2 101.809 EE_UU WAKE (OP) PACÍFICO 6,5 km2 302
  • 59. METRÓPOLE COLONIA SITUACIÓN EXTENSIÓN POBOACIÓN FRANCIA GUADALUPE (ANTILLAS) ANTILLAS 1780 km2 422.114 FRANCIA GUAYANA FRANCESA AMÉRICA 90996 km2 133.376 FRANCIA MARTINICA (ANTILLAS) ANTILLAS 1100 km2 387.656 FRANCIA MAYOTTE (OP) PACÍFICO 374 km2 89.938 FRANCIA NOVA CALEDONIA (OP) PACÍFICO 178056 km2 19.103 FRANCIA POLINESIA FRANCESA (OP PACÍFICO 4165 km2 210.333 FRANCIA REUNIÓN (OI) ÍNDICO 2512 km2 639.622 FRANCIA SAINT PIERRE E MIQUELON (OA) ATLÁNTICO 242 km2 6.652 FRANCIA WALLIS E FUTUNA (OP) PACÍFICO 274 km2 14.175 NORUEGA BOUVET (OA) ATLÁNTICO 58 km2 NORUEGA JAN MAYEN (OA) ATLÁNTICO 381 km2 NORUEGA PEDRO I (ANTÁRTIDA) ANTÁRTIDA 180 km2 NORUEGA SVALBARD (OGA) ÁRTICO 62906 km2 3.209 NOVA ZELANDIA ILLAS COOK PACÍFICO 293 km2 18.903 NOVA ZELANDIA NIUE PACÍFICO 264 km2 2.321 NOVA ZELANDIA TOKEALU PACÍFICO 10,4 km2 1.544 PAÍSES BAIXOS ANTILLAS HOLANDESAS ANTILLAS 800 km2 191.311 PAÍSES BAIXOS ARUBA (ANTILLAS) ANTILLAS 194 km2 62.365
  • 60. METRÓPOLE COLONIA SITUACIÓN EXTENSIÓN POBOACIÓN REÍNO UNIDO ANGUILLA (ANTILLAS) ANTILLAS 96 km2 8.960 REÍNO UNIDO ASCENSIÓN (OA) ATLÁNTICO 88 km2 1.099 REÍNO UNIDO BERMUDA (OA) ATLÁNTICO 53 km2 60.686 REÍNO UNIDO ILLAS CAIMÁN (ANTILLAS) ANTILLAS 259 km2 25.355 REÍNO UNIDO ILLAS XEORXIAS DO SUR E SANDWICH DO SUR (OA) ATLÁNTICO 3592 km2 REÍNO UNIDO XIBRALTAR EUROPA 5,8 km2 28.074 REÍNO UNIDO GUERNESEI (I. DO CANAL) ATLÁNTICO 65 km2 58.867 REÍNO UNIDO JERSEY (I. DO CANAL) ATLÁNTICO 116 km2 82.809 REÍNO UNIDO MALVINAS (ILLAS) (OA) ATLÁNTICO 12173 km2 2.121 REÍNO UNIDO ILLAS MAN ATLÁNTICO 572 km2 69.788 REÍNO UNIDO MONTSERRAT(ANTILLAS) ANTILLAS 102 km2 11.852 REÍNO UNIDO ILLAS PITCAIRN (OP) PACÍFICO 4,6 km2 55 REÍNO UNIDO SANTA ELENA (OA) ATLÁNTICO 122 km2 6.720 REÍNO UNIDO TERR. BRIT. OCE. ÍNDICO ÍNDICO 60 km2 3.400 REÍNO UNIDO TRISTÁN DA CUNHA (OA) ATLÁNTICO 98 km2 297 REÍNO UNIDO TURKS E CAICOS (ANTI) ANTILLAS 430 km2 12.350 REÍNO UNIDO I. VÍRXENES BRITÁNICAS ANTILLAS 153 km2 16.644
  • 61. 8. As causas da Primeira Guerra Mundial 8.1. Colonialismo e nacionalismo 8.2. Carreira de armamentos e alianzas 8.3. O estalido da guerra
  • 62. 8.1. Colonialismo e nacionalismo • Entre as causas do enfrontamento salientaron: • A rivalidade entre as potencias coloniais. • A exaltación nacionalista. • O conflito dos Balcáns.
  • 63. 8.1.1. Rivalidades entre as potencias coloniais • A finais do século XIX, a política alemana varía: pásase do realpolitik de Bismarck, baseado na unificación de Alemaña e no seu equilibrio en Europa pola vía diplomática ao weltpolitik do kaiser Guillerme II, baseado no rearme armamentístico e unha política colonial ofensiva. • Os conflitos entre os imperios rivais tiveron o seu escenario preferente en Marrocos (1905 e 1911). Alemaña, que contaba con escasas colonias na zona, quixo impoñerse a Francia e Gran
  • 64. Posesións alemanas en África que serán administradas por Gran Bretaña por mandato da Sociedade de Nacións despois da 1ª Guerra Mundial. África do Suroeste
  • 65. 8.1.2. Exaltación nacionalista • A derrota de Francia na guerra franco- prusiana (Sedán 1871) que supuxo a perda da rexión de Alsacia e Lorena a favor de Alemaña crea unha situación de resentimento e revanchismo impulsado polas clases dirixentes políticas dos respectivos países. • Alemaña e Gran Bretaña tamén terán unha rivalidade polo control das rutas marítimas e o comercio internacional.
  • 66. Alsacia e Lorena será unha das Causas da 1ª G.M. Fases da unificación alemana
  • 67. 8.1.3. O conflito dos Balcáns • Foco de tensións dende mediados do XIX. • Mosaico de etnias, culturas e relixións moitas veces mesturadas. Ata mediados do s. XIX estivo ocupado polo imperio turco. • Pobos sometidos aos turcos independizáronse durante este século: Grecia, Serbia, Romanía, Bulgaria, Montenegro. • O imperio Austrohúngaro, imperio multinacional formado por unha minoría xermánica dominante e múltiples nacionalidades sometidas (húngaros, checos, eslovacos, croatas, serbios, italianos...) desexaba ocupar a rexión. Acusaba a Serbia de apoiar as protestas do serbios que vivían dentro do seu imperio. • Os serbios (eslavos) estaban protexidos por Rusia que defendía os intereses de tódolos pobos eslavos (paneslavismo), como o seu pla de afianzar o seu poder na zona e ocupar os estreitos do Bósforo e os Dardanelos, que abrirían o Mediterráneo ás súas flotas (conflito con Turquía e Gran Bretaña). • 1ª crise balcánica: 1908 Austria ocupa Bosnia, Rusia deixou ben claro que estaba disposta a se enfrontar a Austria no caso de que houbese un conflito armado. • 2ª crise balcánica: 1912-1913: expulsión dos Balcáns dos turcos que só quedan con Estambul. Grecia queda con Tracia, Serbia con Macedonia, Romanía con Dobrudja e independízase Albania.
  • 68. Limites do Imperio turco ata 1912
  • 69. 8.2. Carreira de armamentos e alianzas A Europa da Paz Armada • O malestar existente entre as grandes potencias orixinou unha carreira de armamentos. Investiuse moito diñeiro en fabricar armas, construír barcos de guerra e adestrar as súas tropas. • Así mesmo, todas as potencias se lanzaron a un complexo sistema de alianzas militares para prepararse para un posible enfrontamento. • En 1882, Alemaña, Austria-Hungría e Italia asinaron a Tripla Alianza. • Francia, temerosa do poderío militar alemán, aliouse con Rusia e mellorou as súas relacións con Gran Bretaña. As tres potencias acabaron asinando o Triplo Acordo (1907).
  • 70. Europa durante a Primeira Guerra Mundial
  • 71. Sátira sobre a Tripla Alianza Berlanga e o Imperio Austrohúngaro: Los jueves milagros El verdugo
  • 72. 8.3. O estalido da guerra • O 28 de xuño de 1914 foi asasinado en Saraxevo o herdeiro do Imperio austrohúngaro, Francisco Fernando. • Austria declaroulle a guerra a Serbia, convencida de que era o momento de acabar con ela e estender o seu dominio polos Balcáns. • Rusia interveu para protexer a Serbia, e Alemaña, aliada de Austria, declaroulles a guerra a Rusia e a Francia. • Os acontecementos precipitáronse, e nunha semana, os países foron declarándose a guerra. • Gran Bretaña tamén o fixo cando, nas primeiras campañas militares, os exércitos alemáns invadiron Bélxica.
  • 73. Asasinato do Herdeiro ao trono Do imperio austrohúngaro Francisco Fernando por un Estudante serbio en Saraxevo (Bosnia). Considerado o detonante da 1ª G.M.
  • 74. IMPERIOS CENTRAIS ALIADOS Austria-Hungría acusa ó Goberno de Serbia do asasinato o 28 VI. Ultimato 23 VII. Declaración o 28-VII. Alemaña: aliada de Austria-Hungría dende 1879 dirixe un ultimato a Rusia 31-VII para que paralize a mobilización e a Francia para que permanezca neutral. Ante a falta de resposta declara a guerra o 1-VIII a Rusia e 3- VIII a Francia o 4 invade Bélxica. Turquía: receloso dos rusos, apoio dos intereses alemáns: investimentos destes en Turquia. XI-1914. Bulgaria: prexudicada en 1913 logo da 2ª guerra balcánica. Desexa recuperar os territorios que tivo que ceder a Romanía, Grecia e Serbia; mantense neutral nun principio, pero logo, a cambio da Macedonia serbia, apoia, ós Centrais dende o X-1915. Serbia: nega a intervención da policía. 25-VII mobilización xeral. Rusia: mobilización parcial fronte a Austria 29-VII e 30 VII mobilización total ante a entrada de Alemaña. O trunfo da revolución soviética X 1917, supón a retirada da guerra por parte destes. Francia: aliada a Rusia dende 1892. Decreta o 1- VIII mobilización xeral. Gran Bretaña: 5-VIII ante a invasión de Bélxica e a entrada no territorio francés. Xapón: 23-VIII. Pretexto o pacto cos británicos en 1902. Realidade: ocupación do espacio colonial alemán no Pacífico. Italia: 23-V-1915. Territorio de língua italiana en poder de Austria e costa Dálmata. Portugal: 9-III-1916. Defensa das súas colonias e alianza cos ingleses. Romanía: promesas de Transilvania. 27-VIII- 1916. EE_UU: potencia asociada non aliada. Consecuencia da guerra submarina. 6-IV-1917. Grecia: obrigada e compensacións no imperio turco entra o 27-VI-1917. 8.2. A Grande Guerra
  • 75.
  • 76. 9. A Gran Guerra 9.1. A guerra de movementos 9.2. A guerra de trincheiras 9.3. A crise de 1917 e a fin da guerra 9.4. A guerra na retagarda
  • 77. 9.1. A guerra de movementos • Os exércitos alemáns atacaron Francia, entrando por Bélxica e Luxemburgo, para vencela rapidamente e poder dirixir logo todos os seus esforzos á fronte rusa. • Ao principio esta táctica semellou funcionar pero os exércitos francés e inglés conseguiron reorganizarse e deter o avance do exército alemán na batalla do Marne. • Na fronte oriental, os alemáns tamén avanzaron ao principio rapidamente, pero os rusos reaccionaron e chegaron ás fronteiras do Imperio austríaco.
  • 79. 9.2. A guerra de trincheiras • Tras os primeiros movementos, as frontes inmobilizáronse. Na fronte occidental abríronse trincheiras desde Suíza ata o mar do Norte e iniciouse unha fase dura de guerra. • Fíxose necesaria a busca de novos aliados que achegasen máis soldados á guerra. • En 1915, Italia interveu a favor dos aliados e Bulgaria e o Imperio turco axudaron as potencias centrais, sen que a guerra semellase ter un bando vencedor. • En 1916, os alemáns lanzaron unha ofensiva para romper a fronte francesa, na batalla de Verdún. O saldo foi 1.000.000 de mortos aliados e 800.000 alemáns.
  • 80. Guerra de trincheiras Senderos de Gloria
  • 81. 9.3. A crise de 1917 e a fin da guerra • Durante 1917 triunfou en Rusia a Revolución bolxevique e os revolucionarios, preocupados polos seus problemas internos, asinaron a paz con Alemaña e retiráronse da guerra (Tratado de Brest-Litovsk). • O abandono de Rusia foi compensado coa intervención de Estados Unidos que, despois do afundimento do transatlántico Lusitania por un submarino alemán, decidiu entrar en guerra. • En 1918, na fronte Leste, británicos, franceses e italianos derrotaron a Austria e os seus aliados. O Imperio austrohúngaro e o turco pediron o armisticio e os combates cesaron. • No Oeste, os alemáns foron derrotados. O 11 de novembro de 1918 asinouse o armisticio. En Alemaña o káiser Guillerme II marcha para Holanda e proclamouse a república.
  • 82. 9.4. A guerra na retagarda • A Primeira Guerra Mundial foi un conflito de novo tipo pola mobilización de moitos recursos e pola implicación da poboación, civil e militar. • Os medios técnicos, en transporte e armamento, ocasionaban moitos mortos, mutilados e demasiada destrución. • Os contendentes reconverteron as súas industrias para fabricar armamento, pediron préstamos e substituíron a man de obra masculina por mulleres. • Utilizáronse modernas técnicas de propaganda para mobilizar a opinión pública.
  • 83. A incorporación da muller á industria pesada supuxo un avance na reclamación dos seus dereitos laborais e políticos
  • 84. 10. A organización da paz 10.1. O Tratado de Versalles 10.2. Un novo mapa de Europa 10.3. A Sociedade de Nacións
  • 85. 10.1. O Tratado de Versalles • O tratado máis importante foi o da paz con Alemaña. Asinouse en Versalles e os vencedores impuxéronlle duras condicións: • Declarábase Alemaña única culpable do estalido do conflito e obrigábaselle a pagar fortes reparacións de guerra (en diñeiro e en produtos). • Desmantelábase case por completo todo o seu exército, así como a súa mariña e prohibíaselle rearmarse. Arrebatábaselle o seu imperio colonial, repartido entre Gran Bretaña e Francia por mandato da Sociedade de Nacións. • Devolvíanselle os seus territorios de Alsacia e Lorena a Francia; Schleswig a Dinamarca; e dous cantóns a Bélxica. A Posnania e unha parte da Prusia occidental entregáronselle a Polonia. • Trátase dunha paz humillante, o cal habería de reavivir o seu nacionalismo e o desexo dunha revancha no futuro.
  • 86. Orlando (Italia) Wilson (EE.UU.) Clemanceau (Francia) Lloyd George (Gran Bretaña) Salón dos espellos do palacio de Versalles onde se asinou a paz con Alemaña en 1919
  • 87. 10.2. Un novo mapa de Europa • Ademais do Tratado de Versalles, outra serie de tratados ocupáronse do resto de vencidos (tratado de Saint Germain (1919); fronte a Austria; tratado de Neuilly (1919) fronte Bulgaria; tratado de Trianon (1920), fronte Hungría; tratado de Sèvres (1920) fronte Turquía. • O presidente de Estados Unidos, Wilson (14 puntos), propuxera que cada nación tiña dereito a formar un Estado independente (co seu idioma, costumes e historia). • Os antigos imperios derrubáronse: • O Imperio ruso perdeu case toda a súa costa no Báltico e cedeulle grandes extensións á nova Polonia. • O Imperio turco desapareceu case por completo. Quedando reducido só a Turquía. Apareceron Iraq, Siria e Palestina, aínda que administrados como protectorados por ingleses e franceses. • O Imperio austrohúngaro desintegrouse e no seu lugar xurdiron novos Estados: Checoslovaquia, Hungría e Austria. Serbia medrou quedando como Iuguslavia. • Para illar á Rusia revolucionaria creáronse grandes estados tapón: gran Polonia e gran Romanía, aínda que para iso tivesen que reunir a Estados de diversas nacionalidades.
  • 88. Aprende analizar as consecuencias dun conflito bélico Os tratados de paz, principalmente o de Versalles, supuxeron a remodelación do mapa europeo de entreguerras. Isto traerá consecuencias. Para analizar o mapa de bes ter en conta: a) A REMODELACIÓN DE EUROPA • Observa e explica os cambios territoriais: • Cesión dos alemáns. • División do imperio austrohúngaro. • Perdas do imperio Ruso. • Enumera os Estados que naceron trala 1ª G.M. • Que Estados aumentaron o seu territorio. b) CONDICIÓNS IMPOSTAS A ALEMAÑA • Analiza o esquema (outra diapositiva) e explica as condicións e reparacións que se lle impuxeron a Alemaña no Tratado de Versalles. • Explica porque o tratado de Versalles non foi un tratado de paz senón unha imposición dos vencedores. • Quen foron os seus principais beneficiarios?
  • 89. TRATADO DE VERSALLES REPARACIÓNS DE GUERRA CONDICIÓNS POLÍTICAS •Cesión de territorios alemáns: •Alsacia-Lorena (a Francia) •Corredor de Danzing (Polonia) •Eupen e Malmedy (Bélxica) •Schleswig (Dinamarca) •Disgregación do Imperio Austrohúngaro •(T. St. Germain e Trianon) CONDICIÓNS MILITARES •Abolición do servizo militar •Redución a 100.000 homes o exército •alemán e desarme vixiado pola SDN. •Ocupación da beira esquerda do Rin. •Demilitarización da beira dereita 50 km DESTRUCIÓN DO IMPERIO COLONIAL E O SEU COMERCIO •Cesión de tódolos dereitos e títulos das posesións ultramarinas. •Cesión da meirande parte da flota mercante alemá. PAGAMENTO DAS INDEMNIZACIÓNS DE GUERRA •Cesión do Sarre e Silesia. •Pagamento de reparacións: 6.500 millóns de libras.
  • 90. EUROPA TRALA PAZ DE PARÍS
  • 93. 7.3. A Sociedade de Nacións • Por proposta do presidente Wilson creouse unha nova organización, a Sociedade de Nacións (SDN), que debía garantir a paz, fomentar a cooperación internacional, etc. • A sede instalouse en Xenebra e quedaron establecidos dous organismos: a Asemblea e un Consello. • Pero o panorama de destrución, miseria, débedas, etc., dificultou o labor da nova institución. • O feito de que Estados Unidos non se integrase na SDN, nin tampouco moitos países descontentos cos resultados da paz, especialmente Alemaña e Italia, converteu a SDN nunha organización de vencedores.