ESTATUS E CLASE SOCIAL: Manipulación e poder
Esta sociedade na que vivimos ten a súa mirada desviada da realidade, quizais...
cambio de estatus era virtual, parecía que pertencía a unha clase media, sen embargo, seguías
sendo clase baixa. Recordemo...
Xa sei que algún pensarán “pero nesa clase media hai xente que ten millóns e millóns de
euros”, si, é posible, pero pensad...
Non cabe falar da industria petrolífera, que o temos moi visto e sabemos por onde van os tiros,
todos o estamos sufrindo.
...
-

Retiramos estes medicamentos do convenio por que hai xenéricos.
As pensión soben un 1% (eu pago un 7% mais)
…

No caso ...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Estatus e clase social manipulación e poder

132 visualizaciones

Publicado el

0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
132
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
7
Acciones
Compartido
0
Descargas
0
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Estatus e clase social manipulación e poder

  1. 1. ESTATUS E CLASE SOCIAL: Manipulación e poder Esta sociedade na que vivimos ten a súa mirada desviada da realidade, quizais por que fomos ensinados desta maneira para o proceso inmediato e o sistema mecánico, non afeitos a mirar máis aló da “recompensa-castigo” o cal limita o noso proceso evolutivo dentro da sociedade corrupta. Isto é un sálvese quen poida. Xa na antiga Roma, tiñan o Circo romano, onde se pelexaban dous ou mais persoas pola súa vida, non era que os observadores estiveran libres de pertencer a ese circo, senón que esa pelexa distraia as súas vidas. A distracción, é un proceso de manipulación que se leva exercendo dende as orixes do ser humano, so que hoxe non son un proceso sinxelo, senón complexo, tan complexo que se sae do que podemos comprender polo entrañado virtual que o compón. Igual que a moita xente lle levou moito tempo comprender a definición de “rede”, e que hoxe en día xa non é o que se definía fai uns anos, non somos capaces de ver esta rede socialestatus que está creada a redor nosa. Estaba claro que despois da IIGM (2º Guerra Mundial), non iamos volver a saír a rúa cos fusiles ó lombo para loitar entre países veciños, isto foi quizais o que aproveitaron para a manipulación social. Hoxe en día so un pais fai isto, e tamén o usa como un medio de distracción do pobo, para sociedade estadounidense, é moi importante seguir tendo o prestixio que os levou a cume do poder durante moitas décadas. Para a sociedade Norteamericana, é moi importante ver como outros países caen aos seus pes, en concreto aqueles países terceiromundistas que non son rivais para eles, de aí que busquen pequenos países aos que atacar, que non son rivais e que van facer medrar a economía interna durante un período de tempo, así como facer medrar o “patriotismo” non deixando de ser este outro método de sumisión ao estado. Despois da IIGM, as clases sociais-estatus social, víronse tocados, atopándonos nunha sociedade pobre-pobre-moi rica, tamén había que ter en conta a poboación (número de habitantes). O crecemento económico, lóxico tras un estado de pobreza absoluta todo ha ser mellor, fixo que o estatus pasase en 50-60 anos a medio-alto-moi alto, está claro que isto non é sostible, se a clase alta é tan numerosa como a media e non hai clase baixa…. Como xa dixen antes, a sociedade estatus, é unha rede, unha rede de redes, é dicir, cada rede abarca un grupo de clase media e clase baixa, a clase media serían os puntos da interconexión e a clase baixa a tea, se suprimimos a clase baixa non hai rede a cal desestabiliza a clase media e vai desaparecer a rede, xa que esa rede seria absorbida por outra maior, noutras palabras, a clase media convertese en clase baixa para suplir esa falla, a clase alta en clase media, e aparece unha nova clase que denominarei moi alta, por pórlle un nome. Algo complexo e difícil de entender, polo que vamos a ir pouco a pouco e tentando aclarar en todo o que se poida. Durante as derradeiras 2,3 décadas, dicíase que calquer traballador podía subir de categoría (clase), pasando da clase baixa a clase media ou da clase media a clase alta. Iso non era certo, a clase traballadora podía adquirir bens, cantidades abismais de bens “material degradable”. Isto é o que pasa hoxe en día, coa desestabilización económica mundial, estes bens deválanse e o que antes era riqueza agora convertese nun lastre, que quero dicir con isto, pois que o ESTATUS E CLASE SOCIAL Manipulación e poder byLino Abelleira is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
  2. 2. cambio de estatus era virtual, parecía que pertencía a unha clase media, sen embargo, seguías sendo clase baixa. Recordemos que antes dixen que sufriamos un desprazamento de clases. Clase moi alta Clase alta Clase alta Clase media Clase media Clase baixa Clase baixa ANTES AGORA Por outro lado, o cambio de estatus sí seria posible, pero estaría reducido a un grupo limitadísimo, e para acadalo precisase un “comodín”. Este non é máis que unha situación, persoa, condición política que dea a man nun determinado momento. Algo complicado pero que sí seria posible, aínda que limitado a pasar de clase media a clase alta. Cabe dicir que a clase baixa seria un grupo de desfavorecidos por diversos motivos, e que seria unha clase hoxe en día moi reducida. Volvamos a despois da IIGM, eran épocas malas para o estatus, so unha parte da clase alta se mantiña e por riba perdera a clase media, que ocorre entón, este estatus sen clase media tambalease, e pode precipitarse cara a súa desaparición, co cal en coalición, fan unha posta de inversión sacar ao mercado un “capital”, lanzando cara tódolos países implicados ou non na IIGM, e comezando a crear unha clase media manipulable ao seu antollo, o problema aquí xurde cando o capital se autoreproduce, algo co que probablemente non contaban. Tiñan unha necesidade de crear a clase media para autoestabilizarse, que non foron capaces de controlar o capital que eles mesmos lanzaron aos mercados, entón xurde….”estado de benestar”, todo o mundo cre pertencer a unha clase media, erro, so cambiamos a nomenclatura, clase moi alta, clase alta, case media e clase baixa (esta moi reducida), sen embargo, esa clase media e baixa, segue sendo a que fai os traballos primarios e a man de obra barata. ESTATUS E CLASE SOCIAL Manipulación e poder byLino Abelleira is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
  3. 3. Xa sei que algún pensarán “pero nesa clase media hai xente que ten millóns e millóns de euros”, si, é posible, pero pensade o que pode facer unha soa persoa con 50 millóns ou 100 millóns?, podería cambiar o destino do pais? Ese presuposto e insignificante, estamos a falar de capitais que poden reconstruír o mundo nunha década como sucedeu despois da IIGM, e inviable pensar que despois dunha desastre de tal magnitude, se pode empezar a levantar países, obras, estruturas, sociedade, política…. ¿Qué cantidade de capital faría falla para iso? Isto lévame a falar da clase alta ¿quen son?, a clase alta son aqueles que con ou sen diñeiro poden manipular o estatus social dunha poboación, e dicir, aqueles que cunha simple orde poden arruinar un pais ¿Cómo? Especulación e manipulación. Un exemplo da clase alta en España, o goberno autorizou o copago das menciñas e sanidade, entón os que van a este servizo é por que poden pagar un mínimo, se non tes nada non poderás nin pagar as menciñas que ocorre que por agora unha gran parte da poboación pode facer fronte a ese gasto. Onde está esa clase alta? Pois na industria farmacéutica, que agora ten vía libre para estafar e manipular a poboación, pode subir os prezos con liberdade, pode asumir as privatizacións da sanidade e polo tanto ten o control sanitario, o control da saúde dos españois. ¿quen son a clase alta? A industria (farmacéuticas, eléctricas, tecnolóxicas, alimentaria….) Agora que xa sabemos quen son a clase alta vamos ca clase moi alta, esta xamais a coñeceremos, non hai nomes, non hai empresas pero teñen o control total da especulación, son capaces de comprar gobernos, as industrias da clase alta e poderían levar un pais a ruína en poucos días. Para referirnos a esta “clase moi alta” non podemos pensar nunha persoa, nin pensar que é un pais, como USA, non se trataría deso, senón dun “poder superior” capaz de dicirlle a USA o que ten que facer, de forma directa ou indirecta. ¿Cómo? Poñamos por exemplo a industria eléctrica, hoxe en día o prezo da electricidade é desproporcionado, unha enerxía que producimos, pagamos, distribuímos e cuxo mantemento e case nulo e se hai inversións (salvo renovables) fainas o estado…. Tomemos unha empresa, poñámoslle por nome Rusia, compra 3 das empresas enerxéticas que actúan en España, nese momento tería o poder para que o prezo fose libre, o estado non podería facer nada. Outro exemplo, a industria alimentaria, España produce unha cantidade de trigo, pero este non é case consumido en España xa que por ser de outras ou mellores calidades, unha gran parte adicase a exportación. Sen embargo, aínda que non se exportase, non sería suficiente para o consumo español. Se unha macroempresa, chamémoslle Rusia, se adicase a comprar as principais producións mundiais de trigo (dos países do leste) podería nun so mes duplicar o prezo do trigo, en 2 meses cuadriplicalo, e en menos dun ano vendelo a prezo de ouro. Isto seria posible, pero tamén o seria que dita empresa a pesar dos custos, decidise queimalo, nese caso teriamos unha crise alimenticia a nivel mundial. Botándolle un pouco de imaxinación, extrapolemos isto a varios campos, trigo, arroz, millo e outros produtos básicos nun mesmo tempo. ESTATUS E CLASE SOCIAL Manipulación e poder byLino Abelleira is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
  4. 4. Non cabe falar da industria petrolífera, que o temos moi visto e sabemos por onde van os tiros, todos o estamos sufrindo. Entón cabe pensar ¿Cal é o noso papel na sociedade? Somos a clase baixa, prescindibles pola cantidade que somos, da igual a nosa opinión, os nosos dereitos, temos que mentalizarnos de que o que consideramos como bos actos, dereitos, etc, son simples medios de mellora da produción, non é un estudio oculto, as pequenas empresas tamén o fan, saben que mantendo contentos aos empregados producen mais no seu tempo laboral ¿Poderiamos revelarnos contra o poder? Revolución, Guerra…??? NON, non valería de nada, todo o que reclamemos, manifestemos so nos afecta a nós como persoas, que sí, que poderiamos cambiar o goberno dun pais, pode ser, pero este non é mais que a marioneta de control social. Un goberno libre e elixido polo pobo, si, pero sempre é manipulable, a única forma seria prescindir de todo o coñecido e iniciar dende cero, creando unha determinación prestablecida de estatus e sectores. España conta con 40 millóns de habitantes, dos cales non menos da metade terían que adicarse ao sector primario, un cuarto ao secundario e o resto repartilos no resto de sectores, Isto implicaría que as cidades desaparecerían. Hai que deixar claro que para elo renunciamos a tódolos luxos, xa non temos nada que necesite ser importado, todo ten que ser de produción nacional para poder evitar a manipulación, así que nada de petróleo, tecnoloxía, internet, TV-cine, etc. ¿Pero credes que isto sería posible?, posible si, pero seriamos unha Corea do Norte, unha ameaza mundial, o cal nos poría no punto de mira de tódolos países bélicos por excelencia, presuporían que temos armamento nuclear, que somos terroristas ideolóxicos Non podemos revelarnos contra un poder que controla os poderes políticos das potencias mundiais, que controla as industrias das que somos dependentes, … ninguén estaría disposto a curto prazo a unha inevolución. Isto comentado, é algo que podemos ver no día a día, quizais soe a película, pero se nos fixamos nos medios vemos que hai unha manipulación conductual masiva. Algúns diredes ¿eu non vexo nada?, non podedes esperar ver unha manipulación directa, hai centos de anos de estudios de manipulación social, polo canto hai unha evolución a manipulación será moito mais elaborada. Consiste en múltiples pequenos puntos manipulativos, adicados especificamente a pequenos sectores sociais: - Os traballadores desempregados non terán dereito a sanidade A crise fai suprimir as pagas extras dos funcionarios He necesario unha redución salarial do 5% ESTATUS E CLASE SOCIAL Manipulación e poder byLino Abelleira is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.
  5. 5. - Retiramos estes medicamentos do convenio por que hai xenéricos. As pensión soben un 1% (eu pago un 7% mais) … No caso de USA – PALESTINA: - Teñen armas nucleares Son fanáticos relixiosos Atacaron a USA. Etc. Resultado: non había armas nucleares, son islamitas non católicos, UNHA persoa atacou USA. Tratase de pequenos condicionantes que todos sumados nos permiten facer algo ou nos limitan, orientan cara onde temos que ir, cando temos que ir, como temos que facer.... En resumo, que nos estamos convertendo en marionetas, das marionetas dos que controlan a sociedade e definen o estatus social. Sei que non digo nada, pois non dou solucións, e sendo pesimista, non hai unha solución boa, que nos leve a bo fin. Como todos lestes isto basease na posterioridade da IIGM, o cal implicaría que a solución seria a IIIGM, o problema e que o armamento nuclear non nos deixaría vivir para contalo. Así que mellor sigamos ca boca calada, e deixándonos manipular. OU NON¡ Sen mais, creo que para facervos pensar un pouco xa chega, lédeo e se vos fai pensar, pasádello a outra persoa. Atentamente: Lino Abelleira Linoabelleira@gmail.com ESTATUS E CLASE SOCIAL Manipulación e poder byLino Abelleira is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License.

×