CONDICIÓN FÍSICA: AS CAPACIDADES FÍSICAS BÁSICAS                                  CONCEPTO DE CAPACIDADES FÍSICASAs capaci...
FACTORES NON MODIFICABLES:- Xenes ou herdanza : todos temos unha información xenética que di a estatura, ollos verdesou ma...
* Tendencia a luxacións.* Risco de arrincamentos e deformacións óseas.* Falta de tensión.* aumenta a laxitude muscular (ex...
- Forza resistencia : Remar, correr costa arriba...                       AS CALIDADES FÍSICAS CONDICIONAIS : RESISTENCIAC...
- Resistencia anaeróbica: cando o exercicio é intenso e supón un grande esforzo. Os músculos necesi-tan máis osíxeno do qu...
A) SISTEMAS CONTÍNUOSA carreira contínuaEste sistema permítenos desenvolver principalmente a resistencia aeróbica que debe...
Son aqueles sistemas que nos permiten aumentar a intensidade do esforzo fraccionando este noutros demaior intensidade, int...
Pista anaeróbicaÉ un adestramento principalmente anaeróbico (é dicir, moi intenso). Trátase de realizar un percorrido va-r...
AS CALIDADES FÍSICAS : OS SEUS BENEFICIOSRESISTENCIA: - Fortalécenos o corazón, é dicir, fai que o corazón sexa máis grand...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Condición física trabajo miriam pasar a gallego

215 visualizaciones

Publicado el

0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
215
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
2
Acciones
Compartido
0
Descargas
1
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Condición física trabajo miriam pasar a gallego

  1. 1. CONDICIÓN FÍSICA: AS CAPACIDADES FÍSICAS BÁSICAS CONCEPTO DE CAPACIDADES FÍSICASAs capacidades físicas básicas son condicións internas de cada organismo, determinadas xenéticamen-te, que se melloran por medio de entrenamento ou preparación física e permiten realizar actividades moto-ras, xa sexan cotidiás (limpar o teu dormitorio) ou deportivas (natación).Son condicionais por varias razón :a) desenvólvense mediante o proceso de acondicionamento físicob) condicionan o rendemento deportivoEstas capacidades dinse que son básicas porque son as compoñentes das demais calidades que se de-nominan resultantes e porque son o soporte físico das calidades máis complexas. CLASIFICACIÓN DAS CAPACIDADES FÍSICASAS CALIDADES FÍSICAS CONDICIONAIS Estas calidades, son características que a persoa posúe innatas (que as posuímos dende que nace-mos evanse desenvolvendo progresivamente) e que se poden medir e mellorar co adestramento.- Resistencia- Velocidade- Forza.- Flexibilidade.As calidades físicas condicionais pódense medir e comprobar con iso, se imos progresando co adestra-mento. Para medir as calidades físicas existen unhas probas ou test que nos indican o grao de desenvol-vemento de cada calidade.AS CALIDADES FÍSICAS COORDINATIVASNeste tipos de calidades físicas, a coordinación xoga un papel fundamental. A COORDINACIÓN permíte-nos realizar movementos de forma ordenada e eficaz, e cunha gasto de enerxía axeitado á acción execu-tada.- A capacidade de acoplamento ou sincronización : é a capacidade para coordinar movementos de par-tes do corpo, movementos individuais.Exemplo: levantar un dedo e globais (andar)- A capacidade de orientación : é a capacidade para determinar e cambiar a posición e o movemento docorpo no espazo e no tempo.Exemplo: recibir un pase dun compañeiro mentres nos movemos- A capacidade de diferenciación : é a capacidade para lograr unha alta exactitude e economía finade movemento.Exemplo: escribir- A capacidade de equilibrio : é a capacidade do corpo para mantelo nunha posición óptima segundo asesixencias do movemento ou da postura.Exemplo: andar por enriba dun banco- A capacidade de adaptación : é a capacidade para situarse axeitadamente nunha situación motora (pin-chacarneiro), implica responder de forma precisa.Exemplo: realizar todos os pasos adecuados para que a realización do pinchacarneiro sexa correcta- A capacidade rítmica (ritmo) : é a capacidade de comprender e transmitir os cambios co corpo nunhasecuencia de movemento.Exemplo: intercambiar saltos coa perna esquerda e coa dereita- A capacidade de reacción : é a capacidade de iniciar rapidamente e de realizar de forma axeitada ac-ciones motoras en curto tempo a un sinal.Exemplo: levantar un brazo rapidamente ao sinal do asubíoA condición física é necesaria para realizar as nosas actividades cotiás ou físicas. Ter unha boacondición física permítenos realizar tarefas ou esforzos co gasto de enerxía abondo para evitar chegará fatiga e, ademais evitar lesións.A Condición Física depende dunha serie de capacidades ou calidades físicas que se favorecen co ades-tramento. Non todas as persoas teñen a mesma condición física; está determinada por uns factores nonmodificables e outros modificables :
  2. 2. FACTORES NON MODIFICABLES:- Xenes ou herdanza : todos temos unha información xenética que di a estatura, ollos verdesou marróns, etc.- Idade : a maior idade o organismo irá perdendo preparación fronte ao exercicio.- Sexo : os rapaces son máis fortes e as rapazas máis flexibles.FACTORES MODIFICABLES :- Adestramento : é o conxunto de exercicios que nos permite mellorar nas nosas capacidades físicas.- Hábitos de saúde : fumar, mala alimentación, obesidade, sedentarismo,no realizar un bo quentamen-to..., son factores moi negativos para a nosa condición física e nós podemos poñerlle solución. AS CALIDADES FÍSICAS CONDICIONAIS : FLEXIBILIDADECONCEPTO É a capacidade física que nos permite realizar os movementos na súa máxima amplitude, xa sexa dunhaparte específica do corpo ou de todo el. A flexibilidade é a única calidade física básica que decrece coaidade. O grao de flexibilidade que posúe unha persoa depende de dúas compoñentes básicas:a) a elasticidade muscular, que é a capacidade que teñen os músculos de que se o alonga e acurtarsesen que se deforme e poida volver á súa forma orixinal.b) A mobilidade articular, que é o grao de movemento que posúe unha articulación e varía en función dotipo de articulación e de cada persoa.O desenvolvemento desta calidade física é fundamental tanto para manter unhas condicións de vida sau-dable como para a práctica deportiva. Quizais é unha das calidades máis descoidadas nos procesos deadestramento pero que na actualidade esta presente en case todos os adestramentos dos deportistas.VANTAXES E INCONVENIENTES DO TRABALLO DA FLEXIBILIDADEVANTAXES :* previr lesións.* facilita a coordinación muscular.* favorece a contracción muscular (sobre todo en exercicios de forza e velocidade).* Medio de concentración.* favorece a relaxación muscular tras os esforzos intensos.* diminúe a tensión e a rixidez.INCONVENIENTES (exceso de flexibilidad) :
  3. 3. * Tendencia a luxacións.* Risco de arrincamentos e deformacións óseas.* Falta de tensión.* aumenta a laxitude muscular (excesivo alongamento de músculos e tendóns que diminúen a capacidadecontráctil destes).FACTORES QUE INFLUEN NA FLEXIBILIDADE Dentro destes temos :- Biolóxicos ou intrínsecos (a herdanza) : o sexo, a idade, nivel de coordinación muscular,…- Extrínsecos : a hora do día, costumes sociais, modalidade deportiva, a temperatura ambiente, o graode cansazo muscular,…INDICACIÓNS METODOLÓXICAS NO TRABALLO DA FLEXIBILIDADEa) a flexibilidade debe traballarse de forma específica.b) débense mesturar os diferentes sistemas de adestramento.c) É primordial o seu traballo despois dun adestramento de forza que permita relaxar a musculatura.d) Débese traballar de forma multilateral (exercicios de forma simétrica).e) non superar nunca o albor da dor.f) en adestramento de flexibilidade deberase realizar de forma continuada e a ser posible diariog) a súa falta de traballo repercute de forma negativa en: Deformacións posturais, aumento de lesións efalta de percorrido articular. Ex. Diminución da coordinación, limitación de amplitude en xestos técnicos..SISTEMAS DE ADESTRAMENTO DA FLEXIBILIDADEPodemos dividilos en métodos activos e métodos pasivos. En xeral, o traballo da flexibilidade vén dadopolo alongamento dos músculos e tendóns, co fin de dar máis mobilidade articular a cada unha das articu-lacións e facilitar a extensibilidade destes. O sistema activo é o máis utilizado no inicio do adestramentomentres que o pasivo é máis aplicado ao final deste. Centrarémonos nos métodos pasivos porque quizaisson os máis interesantes dende o punto de vista da mellora da flexibilidade.- Stretching : o método consiste en realizar unha tensión muscular durante varios segundos despois tie-ne un período de relaxación muscular para rematar cunha extensión pasiva intensa.- PNF : é similar ao anterior pero coa salvidade que é axudado por un compañeiro. Tensión (20 se-gundos) + relaxación (2-3 segundos) + estiramento ou tensión (mesmo tempo que a tensión) AS CALIDADES FÍSICAS CONDICIONAIS : FORZAÉ a capacidade muscular de realizar un tensión fronte a unha resistencia. Exemplo: levantar unha caixade cartón chea de libros.É unha capacidade doada de mellorar. Exemplo: levantar dúas garrafas de 2 litros de auga varias ve-ces cos brazos estendidos.Hai varios tipos de forza:- Forza máxima : Levantamento de pesos (halterofilia)- Forza explosiva : Realizar un saque de voleibol ou de tenis, lanzamento de xavelina...
  4. 4. - Forza resistencia : Remar, correr costa arriba... AS CALIDADES FÍSICAS CONDICIONAIS : RESISTENCIACONCEPTOÉ a capacidade física de manter un determinado tipo de esforzo eficaz o maior tempo posible, sen que afatiga que se vai producir, nos repercuta no rendemento físico. Co seu adestramento conseguimos que afatiga apareza máis tarde. Os principais órganos implicados no traballo de resisten-cia son: o corazóncomo órgano central do sistema circulatorio do sangue (é o motor do noso corpo) e os pulmóns que sonos encargados da respiración, os cales nos permiten osixenar, a sangue para levala ao resto do corpo.CONCEPTOS ASOCIADOS :- Consumo de osígeno máximo (VO2 max.) : considérase como a capacidade de consumo máximo deosíxeno do suxeito. O devandito consumo aumenta co adestramento e diminúe co sedentarismo. Pode-mos dicir que a capacidade de absorción de osixeno do suxeito determinaranos en boa medida a súa ca-pacidade de resistencia (principalmente a Resistencia aeróbica)- Déficit de osígeno : é a diferenza entre o osíxeno que require o organismo e un determinado esforzo eo osíxeno que se consume. (falta de alento cando realizamos algunha actividade)- Débeda de osígeno : é a cantidade de osixeno consumido en repouso despois dun esforzo. Polo tantopodemos dicir que o déficit de osíxeno se compensará ao finalizar o esforzo no período de recuperaciónTIPOS DE RESISTENCIA - Resistencia aeróbica : cando o esforzo non é moi elevado e o osíxeno que chega aos músculos é su-ficiente para xerar enerxía. Por exemplo, andar á présa pola praia, ir en bicicleta de xeito suave porterreo chairo, correr suavemente...
  5. 5. - Resistencia anaeróbica: cando o exercicio é intenso e supón un grande esforzo. Os músculos necesi-tan máis osíxeno do que chega e, polo tanto, hai que abandonar a actividade a nun curto período de tem-po. Por exemplo, ao correr tras o can que se nos escapou, correr 100 metros lisos...BENEFICIOS DO TRABALLO DE RESISTENCIA- Aumento do volume cardíaco (permite recibir máis sangue e en consecuencia expulsar máis sangue encada latexo).- permite fortalecer e engrosar as paredes do corazón (coa resistencia aeróbica faise máis grande en ta-maño e coa resistencia anaeróbica as paredes do corazón fanse máis fortes, en grosor).- diminúe a frecuencia cardíaca en repouso, xa que a cantidade de sangue que envía o ventrículo ao con-traerse en maior, o que nos permite que o corazón traballe menos ao día ( menos latidos) con menos la-texos envía máis sangue.- Permítenos recuperar mellor nos períodos de descanso.- incrementa a irrigación sanguínea e a capilarización, o cal permite un maior intercambio de sangue eosíxeno.- activa o metabolismo en xeral.SISTEMAS DE ADESTRAMENTO PARA O DESENVOLVEMENTO DA RESISTENCIAEstEs sistemas podémoloss dividir en :a) sistemas contínuos : que son aqueles que se realizan durante un amplo período de tempo de formacontinuada. Non existen pausas no desenvolvemento destes e polo tanto a intensidade de traballo vai sermedia ou baixa. Temos: carreira continua, o fartlek, adestramento total..b) Sistemas fraccionados : son aqueles que nos permiten aumentar a intensidade do esforzo, fracció-nase o traballo a realizar para permitir aumentar a intensidade, intercalando neles pausas de recupera-ción. Temos principalmenteinterval training e sistema por repeticións,c) sistemas mixtos : é unha combinación dos dous sistemas anteriores. Temos : circuítos, dunas, costas
  6. 6. A) SISTEMAS CONTÍNUOSA carreira contínuaEste sistema permítenos desenvolver principalmente a resistencia aeróbica que debe ter como condi-ción que o exercicio sexa de baixa ou mediana intensidade, onde as pulsacións (intensidade) deben osci-lar entre as 120 e 160 por minuto. Antes de internarnos neste sistema e para aquelas persoas que nonestán afeitas a realizar actividade física habitual, é aconsellable empezar con camiñadas, marchas ou tro-tes de forma progresiva en canto á distancia, desniveis e intensidade na carreira. A mellora da saúde docorazón (órgano central da circulación do sangue e "motor" do corpo humano) xérase cando este latexa aunha frecuencia de pulsacións entre o 65% e o 85% da súa frecuencia cardíaca máxima, é a chamadaZONA DE ACTIVIDADE. A frecuencia cardíaca máxima calcúlase restando de 220 menos a idade dosuxeito (220-idade). A zona de actividade ou de saúde encóntrase localizada entre os valores do 65 e85% desa FCMax. O método de carreira continua desenvólvese mediante unha carreira sen interrupción,en terreo chairo e ao longo do tempo, o cal, adoita oscilar entre os 15 minutos e os 30-40 minutos en per-soas amater e 60 minutos (ou máis) en corredores/ás consolidados. Durante a carreira ha de haber unequilibrio entre a achega de osixeno e o gasto de osíxeno,Debemos de encontrarnos cómodos sen ter enningún momento a sensación de cansazo e cunha respiración cómoda. Se este aparecese pasaremos acamiñar ata recuperarnos. É importante gozar co adestramento.Como determinamos o ritmo de carreira? Iso podémolo controlar coa toma de pulsacións cada 6 segun-dos e multiplicándoo por 10. En ningún "caso" deberá superar as 160 pulsacións por minuto dentro doámbito educativo. Podemos distinguir dous tipos de carreira continua: unha a ritmo lento (5 minutos e oquilómetro) e outra a ritmo medio (entre 415 e 430" o quilómetro). Dependendo das características dosuxeito (principio da individualización). A súa principal fonte de enerxía é a través dos ácidos graxos (agraxa) que se converte en ATP a través da cadea aeróbica por iso é moi recomendable paraadelgazar.O Fartlek (Constantes cambios de ritmo)É un sistema continuo de orixe nórdica que consiste en correr sen interrupción pero variando o ritmo detraballo en diferentes tramos. Para iso podemos aproveitar desniveis, percorridos en zig-zag e todosaqueles terreos que nos permitan unha maior motivación. A velocidade é variable (media-baixa-alta)aproveitando os ritmos baixos para recuperarse. A frecuencia cardíaca xa non permanece constante epode oscilar entre 140 e 180 pulsacións por minuto. Este sistema céntrase na mellora de resisten-cia aeróbica pero nalgúns momentos aparece déficit de osíxeno, o cal nos permitirá traballar a resis-tencia anaeróbica. O tempo de traballo do devandito sistema oscila entre os 15 e 45 minutos en funcióndo nivel do deportista como do obxectivo que se busca co adestramento. A recuperación é activa nostramos suaves. Os ritmos de traballo son: ritmo suave, o cal se realiza ao principio da carreira e tamén seutiliza para recuperar entre esforzo e esforzo. Ritmo medio con recuperacións igual ao tempo empregado.Ritmo forte onde as recuperacións son aproximadamente o dobre do tempo do esforzo.Exemplo : realizar 15 minutos de carreira na cancha de balonmán combinando carreiras a ritmo suavecon intervalos a ritmo forte. Adestramento totalO adestramento total consiste en aproveitar todos os recursos do medio natural para incidir na resis-tencia en todas as súas manifestacións, tanto a nivel orgánico como muscular. Altérnanse carreiras a dife-rentes ritmos e aproveitando desniveis do terreo, con exercicios de diferentes tipos. Non existe pausas e acarreira e os exercicios van encadeados de forma continua. A intensidade de carreira é variable en fun-ción da actividade con intensidades de 160puls/minuto pero hai que ter coidado de non baixar as pulsa-cións por debaixo de 120 puls/min. É un adestramento de longa duración onde se intercalan actividades eexercicios diversos con carreiras, o tempo oscila entre 30 e 60 minutos aproximadamente.O obxectivo do devandito sistema é a mellora da resistencia aeróbica.B). SISTEMAS FRACCIONADOS
  7. 7. Son aqueles sistemas que nos permiten aumentar a intensidade do esforzo fraccionando este noutros demaior intensidade, intercalando pausas de recuperación entre eles. Dentro destes temos:a) por intervalos : fracciónase o esforzo mediante pausas de recuperación incompletas. O deportista de-be iniciar o seguinte esforzo sen estar recuperado de todo.b) De repeticións : fracciónase o esforzo tamén en partes pequenas de traballo, pero a diferenza do an-terior a pausa de recuperación é completa para iniciar a nova repetición en condicións idóneas.Interval TrainingÉ un sistema que consiste en fraccionar unha distancia longa en distancias máis curtas para aumentar aintensidade da carreira. É un traballo que aínda que pode adaptarse para mellorar a resistencia aeróbicao seu deseño favorece principalmente o desenvolvemento da resistencia anaeróbica. Consisten na reali-zación de esforzos repetitivos de intensidade submáxima (75-90%-90) separadas por pausas de recupe-ración. É este aspecto da pausa de recuperación, chamada "pausa útil", o que caracteriza a estes méto-dos. Os beneficios prodúcense na fase de recuperación. Con este sistema as pulsacións non debenbaixar de 120 puls/minuto (recuperación incompleta 1/3 do tempo total). As bases do devandito sistemason :- alternar esforzo e tempo de repouso.- A adaptación do organismo debe ser moi regular e progresiva.- A intensidade do esforzo debe influír sobre o organismo tanto o corazón coma pulmóns e músculos,esixindo deles esforzos intensos seguidos dunha recuperación momentáneaSistema por repeticiónsRepresenta o conxunto de métodos baseados na completa recuperación; as intensidades son elevadas eo número das repeticións é reducido, especialmente nas que activan o mecanismo anaeróbico lactoácido.Por conseguinte, diferénciase do sistemainterválico porque a pausa de recuperación é case completa, en-tendendo por completa aquela que se dá a partir do 95% da recuperación. Nesta modalidade trabállasesobre todo as distancias breves a grande intensidade con recuperación completa, que empregan a fondoas fibras musculares de contracción rápida (CR); neste método dáse unha utilización máis harmoniosadas funcións que actúan na tolerancia aeróbica, nunha nova forma de regulación axeitada para especialis-tas que practican disciplinas arredor do minuto de duración (medio fondo, primeiro quilómetro dende a po-sición inicial de parado no ciclismo, 100 metros de natación nos distintos estilos). Exemplo. Realizar 5 se-ries de 5 repeticións de 40 metros lisos onde a intensidade de traballo sexa alta e a recuperación sexacase completa.C) SISTEMAS MIXTOSSon aqueles sistemas que combinan os dous sistemas anteriores. Dentro destes temos principalmente :os circuítos.Os circuitos Son sistemas de adestramento mixto que nos permiten traballar a resistencia en pequenos espazos co-mo ximnasios, onde o material de traballo esta limitado. O traballo consiste na realización dunha serie deexercicios entre 8 e 12 de forma consecutiva que afecten a todas as partes do corpo. Os exer-cicios deben distribuírse de forma racional (principio orde exercicios) de maneira que non traballen osmesmos grupos musculares seguidos. Características :- o tempo de traballo oscila entre 30-45 segundos.- A recuperación entre postas oscila entre 20-30 segundos.- O número de series é entre 2 e 3 cunha recuperación entre elas de 3 a 5 minutos.- A orientación do circuíto depende da intensidade deste. Poden ser aeróbicos e anaeróbicos.- Os circuítos permiten un constante progreso e control da actividade
  8. 8. Pista anaeróbicaÉ un adestramento principalmente anaeróbico (é dicir, moi intenso). Trátase de realizar un percorrido va-riado utilizando diferentes formas de locomoción (carreira lateral, cuadrupedias, saltos, volteretas,…) esalvando diferentes obstáculos no menor tempo posible. A duración do percorrido oscila entre 130 e 3minutos realizándose á máxima velocidade posible. Este percorrido debe realizarse entre 3 e 4 vecesdeixando unha recuperación de 5 minutos aproximadamente (frecuencia cardíaca non baixe de120 puls/min).Este tipo de traballo non é aconsellable para alumnos da ESO xa que é un traballo principalmente ana-eróbico provocando no organismo os seguintes síntomas: fatiga, acumulación de ácido láctico, dificultadena contracción muscular..). Existen outros sistemas de adestramento como son: as costas, as dunas. … AS CALIDADES FÍSICAS CONDICIONAIS : VELOCIDADE É a capacidade para realizar un ou varios xestos co noso corpo ou partes deste, ou de percorrer unhadistancia no menor tempo posible. Hai varios tipos de velocidades:- Velocidade de desplazamento : permítenos percorrer un espazo no menor tempo posible.- Velocidade de reacción : é a capacidade para responder ante un estímulo ou sinal.- Velocidade xestual : a capacidade para realizar un movemento ou xesto técnico no menor tempo posi-ble.
  9. 9. AS CALIDADES FÍSICAS : OS SEUS BENEFICIOSRESISTENCIA: - Fortalécenos o corazón, é dicir, fai que o corazón sexa máis grande en tamaño e o bombeo de san-gue se maior, cun menor número de latexos.- Mellora a resistencia do noso músculos ante a realización dun esforzo intenso, debido a que reci-ben maior achegue de osíxeno para obter máis enerxía.- Maior capacidade pulmonar. Esta capacidade permítenos osixenarnos mellor.- Prevén a obesidade.FORZA : - Se a musculatura do noso corpo se encontra ben adestrada, imos previr dores de costas.- Evitaremos lesións das nosas articulacións, xa que a musculatura que as rodea está forte.VELOCIDADE : - O traballo da velocidade, vainos permitir ter o noso sistema nervioso adestrado para responder de for-ma efectiva ante calquera situación, xa se nunha actividade física (golpear unha pelota) ou cotidiana (im-pedir que caia unha botella do mesado da cociña ao chan).FLEXIBILIDADE : - Se temos unha boa flexibilidade, imos previr lesións musculares, xa que estes estarán elásticos parapoder realizar calquera movemento que se esixa unha amplitude na súa acción. (saltar un valo) (poñerseun calcetín, rascarnos as costas, atarse os cordóns das zapatillas...)

×