1. José Antonio Pagola
Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS
Contribúe á renovación evanxélica da
Igrexa. Pásao.
11 de agosto de 2013
19º Tempo ordinario (C)
Lucas 12, 32-48
Música: Bruch,Música: Bruch, Adagio.; present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.AmundarainAdagio.; present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.Amundarain
2. Lucas recompilou
no seu evanxeo
unhas palabras,
cheas de afecto e
cariño, dirixidas
por Xesús aos
seus seguidores e
seguidoras.
Con frecuencia,
adoitan pasar
inadvertidas.
Con todo, lidas hoxe
con atención desde as
nosas parroquias e
comunidades cristiás,
cobran unha
sorprendente
actualidade.
É o que necesitamos
escoitar de Xesús
nestes tempos non
doados para a fe.
3. ““Meu pequeno rabaño”Meu pequeno rabaño”..
Xesús mira con tenrura inmensa o seuXesús mira con tenrura inmensa o seu
pequeno grupo de seguidores.pequeno grupo de seguidores.
Son poucos. Teñen vocación de minoría.Son poucos. Teñen vocación de minoría.
Non han de pensar en grandezas.Non han de pensar en grandezas.
4. Así imaxínaos Xesús
sempre:
como un poco de
“lévedo”
oculto na masa.
Unha pequena
“luz”
no medio da escuridade.
Unha presada de
“sal”
para poñer sabor á vida.
5. Despois de séculos de “imperialismo
cristián”, os discípulos de Xesús temos
que aprender a vivir en minoría.
É un erro ter morriña dunha Igrexa
poderosa e forte.
É un engano buscar poder mundano ou
pretender dominar a sociedade.
6. O evanxeo non se impón pola forza.O evanxeo non se impón pola forza.
Contáxiano os que vivenContáxiano os que viven
ao estilo de Xesúsao estilo de Xesús
facendo a vida máis humana.facendo a vida máis humana.
7. ““Non teñas medo”Non teñas medo”..
É a gran preocupación de Xesús.É a gran preocupación de Xesús.
Non quere ver os seus seguidores paralizados poloNon quere ver os seus seguidores paralizados polo
medo nin afundidos no desalento.medo nin afundidos no desalento.
Non han de perder nunca a confianza e a paz.Non han de perder nunca a confianza e a paz.
8. Tamén hoxe somos un pequenoTamén hoxe somos un pequeno
rabaño, pero podemosrabaño, pero podemos
permanecer moi unidos a Xesús,permanecer moi unidos a Xesús,
o Pastor que nos guía e noso Pastor que nos guía e nos
defende.defende.
El pódenos facer vivirEl pódenos facer vivir
estes temposestes tempos
con pazcon paz..
9. “O voso Pai tivo a ben
darvos o Reino”.
Xesús lémbrallo unha vez máis.
Non han de sentirse orfos.
Teñen a Deus como Pai.
10. El confioulles o seu
proxecto do Reino.
É o seu grande agasallo.
O mellor que temos nas
nosas comunidades: a
tarefa de facer a vida máis
humana e a esperanza de
encamiñar a historia cara
á súa salvación definitiva.
11. “Vendede os vosos bens e dade esmola”.
Os seguidores de Xesús son un pequeno rabaño,
pero nunca han de ser unha seita pechada nos
seus propios intereses. Non vivirán de costas ás
necesidades de ninguén.
12. Serán comunidades de portas abertas.Serán comunidades de portas abertas.
Compartirán os seus bens cos queCompartirán os seus bens cos que
necesitan axuda e solidaridade.necesitan axuda e solidaridade.
Darán esmola, é dicir “misericordia”.Darán esmola, é dicir “misericordia”.
Este é o significado orixinal doEste é o significado orixinal do
termo grego.termo grego.
13. Os cristiáns necesitaremos aínda algúnOs cristiáns necesitaremos aínda algún
tempo para aprender a vivir en minoría notempo para aprender a vivir en minoría no
medio dunha sociedade secular e plural.medio dunha sociedade secular e plural.
14. Pero hai algoPero hai algo
que podemos eque podemos e
debemos facerdebemos facer
sen esperar asen esperar a
nada:nada:
transformar otransformar o
clima que seclima que se
vive nas nosasvive nas nosas
comunidades ecomunidades e
facelo máisfacelo máis
evanxélicoevanxélico.
15. O Papa FranciscoO Papa Francisco
estanos a sinalar oestanos a sinalar o
camiño cos seuscamiño cos seus
xestos e o seu estiloxestos e o seu estilo
de vida.de vida.
16. VIVIR EN MINORÍA
Lucas recompilou no seu evanxeo unhas palabras, cheas de afecto e cariño, dirixidas por Xesús aos
seus seguidores e seguidoras. Con frecuencia, adoitan pasar incadvertidas. Con todo, lidas hoxe con atención
desde as nosas parroquias e comunidades cristiás, cobran unha sorprendente actualidade..É o que necesitamos
escoitar de Xesús nestes tempos non doados para a fe.
“Meu pequeno rabaño”. Xesús mira con tenrura inmensa o seu pequeno grupo de seguidores. Son
poucos. Teñen vocación de minoría. Non han de pensar en grandezas. Así imaxínaos Xesús sempre: como un
pouco de “lévedo” oculto na masa. Unha pequena “luz” no medio da escuridade. Unha presada de “sal” para
poñer sabor á vida.
Despois de séculos de “imperialismo cristián”, os discípulos de Xesús temos que aprender a vivir en
minoría. É un erro ter morriña dunha Igrexa poderosa e forte. É un engano buscar poder mundano ou pretender
dominar a sociedade. O evanxeo non se impón pola forza. Contáxiano os que viven ao estilo de Xesús facendo a
vida máis humana.
“Non teñas medo”. É a gran preocupación de Xesús. Non quere ver os seus seguidores paralizados
polo medo nin afundidos no desalento. Non han de perder nunca a confianza e a paz. Tamén hoxe somos un
pequeno rabaño, pero podemos permanecer moi unidos a Xesús, o Pastor que nos guía e nos defende. El
pódenos facer vivir estes tempos con paz.
“O voso Pai tivo a ben darvos o Eeino”. Xesús lémbrallo unha vez máis. Non han de sentirse orfos.
Teñen a Deus como Pai. El confioulles o seu proxecto do Reino. É o seu grande agasallo. O mellor que temos nas
nosas comunidades: a tarefa de facer a vida máis humana e a esperanza de encamiñar a historia cara á súa
salvación definitiva.
“Vendede os vosos bens e dade esmola”. Os seguidores de Xesús son un pequeno rabaño, pero
nunca han de ser unha seita pechada nos seus propios intereses. Non vivirán de costas ás necesidades de
ninguén. Serán comunidades de portas abertas. Compartirán os seus bens cos que necesitan axuda e
solidaridade. Darán esmola, é dicir “misericordia”. Este é o significado orixinal do termo grego.
Os cristiáns necesitaremos aínda algún tempo para aprender a vivir en minoría no medio dunha
sociedade secular e plural. Pero hai algo que podemos e debemos facer sen esperar a nada: transformar o clima
que se vive nas nosas comunidades e facelo máis evanxélico. O Papa Francisco estanos a sinalar o camiño cos
seus xestos e o seu estilo de vida.
José Antonio Pagola