6. PEDÍAN MOITOS REGALOS AOS MAGOS DE ORIENTE...
... PERO ERA UN TANTO ESTRAÑO,
XA QUE ENTRE OS REGALOS,
NON HABÍA NINGÚN PARA O NOSO FILLO.
7. Outros, adquirían elaborados regalos, envolvíanos en vistosos papeis
E logo, colocábanos debaixo dunha árbore.
Si, unha árbore, XOSÉ, dentro das súas casas.
Esta xente decorara a árbore, e as pólas estaban cheas de adornos brillantes
Había unha figura no alto da árbore,
que me pareceu que era un anxo realmente fermoso.
8. Logo vin unha mesa esplendidamente servida
con pratos deliciosos, e moitos viños; todo parecía exquisito.
E todos estaban contentos.
Pero nós, non estabamos invitados.
9. Toda a xente se vía feliz, sorrinte e emocionada polos regalos
que se intercambiaban uns a outros, pero sabes, XOSÉ?
non quedaba ningún regalo para Xesús.
Dábame a impresión de que ninguén o coñecía,
porque nunca mencionaban o seu nombre.
10. Non che parece estraño, que a xente traballe e gaste tanto en preparativos,
para celebrar o día de anos de alguén que nin sequera mencionan
e que dá a impresión de que nin o coñecen?
11. Tiven a estraña sensación de que se o noso fillo
tivese entrado neses fogares para a celebración,
sería un completo intruso.
12. Todo se vía fermoso e a xente aparentemente era feliz,
pero, sabes XOSÉ?, como nai de Xesús
sentía enormes desexos de chorar, porque moitos esquecían
o verdadeiro significado do Nadal.
13. Menos mal que só foi un mal soño,
pero que terrible sería se isto se convertese en
realidade!
14. Grazas, noso Deus!,
por enviarnos a teu único Fillo, para que sexa habitante da terra,
cidadán do mundo, home como todos os homes.
Contemplando as obras do teu amor
só nos queda exclamar:
Que grande estiveches connosco!
FIN