Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Solicitude para o Xefe de Estudos
1. María Prado Fernández, Antía Torre Rodríguez, Javier Pájaro Lorenzo e David Teijeiro González,
de 13 e 14 anos de idade, estudantes de 2ºESO no Colexio Salesianos Vigo, rúa Venezuela nº 7.
EXPOÑEN:
1º Imos facer unha titoría co alumnado de 1º da E.S.O. explicándolles como actúa unha
asociación contra a violencia de xénero, para o que imos invitar a unha profesional que
traballe na asociación asemade imos repartirlles uns folletos con información sobre a violencia
de xénero ( que é, como previr, etc.)
Por todo o anterior SOLICITAN:
Que nos sexa concedido o permiso para invitar a profesional e amosarlles a presentación aos
nenos e nenas de 1º da ESO.
Que nos sexa concedido o permiso para repartir os folletos.
Vigo, 24 de Marzo de 2014-03-24
Asdo:, María Prado Fernández, Antía Torre Rodríguez, Javier Pájaro Lorenzo e David Teijeiro
González
Sr. Javier Ejido, Xefe de estudos. Colexio Salesianos Vigo