Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
O super axente macedonio
1. “O Super Axente Macedonio”
Os personaxes do conto son:
Macedonio
Fridiña
Amorodo
Pavía
Pizzini
O axente Macedonio é unha clementina que vive nun ático no centro da cidade de Cherryland. Nesta casa tamén vive unha osiña branca e gordecha chamada Fridiña, os dous lévanse moi ben e comparten tarefas da casa: Fridiña fai a comida e Macedonio en ter a casa limpa.
Pero non todo é tan a apacible na vida do axente, xa que unha mañá tan cedo tan cedo que nin a luminosa chatola espertara do seu sono, chamárono.
Esta chamada inesperada era do Intendente Paraguaio que parecía moi alporizado. A conversa era a seguinte:
I.Paraguaio - ¿Axente Macedonio?
A. Macedonio – Si, ¿Qué desexaba Intendente?
I. Paraguaio – Preciso que veña inmediatamente a comisaría.
A. Macedonio - ¿Pero é tan grave o problema?
I. Paraguaio- ¡Si!
Macedonio colgou o teléfono, vestiuse a xa quería marchar, pero Fridiña díxolle: “Pódese saber , onde vai sen almorzar?”. E Macedonio díxolle pondo cara triste “A comisaría ”.
Fridiña como boa compañeira que era fíxolle un gran almorzo: zume de piña, unha cunca de leite con pan e dúas pezas de froita, e sen que se dera conta púxolle no peto unha peza de froita para a media mañá.
Cando rematou de comer foi a comisaría como fume de carozo e falou co Intendente Paraguaio.
I. Paraguaio – Bos días, Macedonio.
A. Macedonio – Xa chegei, dígame o caso.
I.Paraguaio – Está ben, o clan do señor Pizzini roubou a froita e o peixe do zoo, así os animais non poderán comer.
A. Macedonio – Non se preocupe solucionaremos o problema, pero … ¡Necesitarei reforzos!
I. Paraguaio – Non fai falla que mos pida porque xa llos puxen serán o garda Amorodo e a garda Pavía.
Alí mesmo reuníronse Macedonio, Amorodo e Pavía e foron ata o zoo a mirar pistas sobre o caso.
Chegaron e buscaron o coidador dos animais e el díxolles a hora en que o Clan de Pizzini roubara a comida. Cando xa coñecían iso decidiron separarse e despois reunirse na entrada do propio zoo.
Pasada xa media hora, por fin apareceu unha pista, tan pronto como a viu a garda Pavía foi correndo a entrada do zoo.
G.Pavía - ¡Axente Macedonio! ¡Axente Macedonio!
A. Macedonio - ¿Qué pasou Pavía?
G. Pavía - ¡Teño unha pista! ¡Teño unha pista!
A. Macedonio – ¡Moi ben!, non me esperaba menos de ti.
G. Pavía – Teña aquí e ten
A. Macedonio - ¡Non pode ser!
G. Pavía e Amorodo - ¿Qué di esa tarxeta?
A. Macedonio – Nada emocionante, Pizzini pediume que quedaramos no barrio do “Baúl Verde ”.
Cando llo dixeron Pavía a Amorodo ían todos caladiños, caladiños pero Macedonio ía ledo como unhas chocas. E comentou: “ ¿Qué vos parece se vides comer a miña casa?”
Macedonio e os seus reforzos chegaron a súa casa e alí estaba Fridiña facendo a comida.
Macedonio e os seus convidados puxeron a mesa e de contado comeron a rica ensalada de pasta, a auga e o iogurt caseiro. Mentres tanto fixeron un plan para capturar a Pizzini. E este era así: Cando Pizzini dixera a palabra “trampa”, Amorodo que estaría na rúa Florida avisaría a Pavía e esta chamaría a comisaría.
¡Xa era a hora!, e Macedonio dirixiuse onde Pizzini.
Pizzini – Vaia, vaia Macedonio ¡Viñeches!
A.Macedonio – Non era menos
Pizzini – Xa vexo que caíches na miña trampa.
Pizzini ía facer a trampa pero afortunadamente Amorodo estaba alí cerca e atrapouno. Como “castigo” Pizzini tivo que axudarlle ó coidador dos animais do zoo, sendo a súa misión darlle de comer ós animais.
Como un día tiña fame e o único que tiña a man era un plátano meteulle unha dentada a dixo: “¡Que rico e doce está!” E a partir dese momento fíxose un afeccionado ós plátanos.