2. ÍNDICE
1.A PESCA. TIPOS DE PESCA
2.ONDE SE PESCA?
3.OS PROBLEMAS DA PESCA
4.A EXPLOTACIÓN SUSTENTABLE DOS
RECURSOS MARIÑOS
3. 1.1. A PESCA
Dende tempos remotos, o mar foi unha fonte de recursos para o ser humano.
A pesca baséase no aproveitamento dos recursos animais que ofrece o mar.
Anualmente extrráense dos océanos máis de 100 millóns de toneladas de peixe e marisco.
En función das técnicas empregadas nas capturas, pódense diferenciar dous tipos de
pesca:
A tradicional ou artesanal
A industrial
4. Realízase preto da costa
Emprega a forza humana e diversos
aparellos de pesca de doado
manexo, como por exemplo arcos,
frechas e arpóns ou trampas como
nasas, anzois e redes.
É propia de rexións pouco
desenvoltas. A súa producción é
escasa e serve, basicamnete, para o
autoconsumo, xa que só unha
pequena parte se destina ó mercado.
Nos países ricos, a pesca artesanal
practícase para determinadas
capturas de moito valor como a
langosta.
5. Ten como obxectivo obter un gran
número de capturas.
Necesita:
Recursos económicos, para o
equipamento dos barcos e a
investigación en novos sistemas
de pesca
Unha tecnoloxía avanzada, para
aumentar o número de capturas e
para que a actividade sexa
rendible
Unhas infraestructuras
portuarias, onde desembarcar e
desde onde distribuir a pesca
capturada
6. Segundo o lugar onde se practica a pesca, dstinguimos:
A pesca de baixura
A pesca de altura
A gran pesca
7. A pesca de baixura.
Utiliza barcos pequenos que levan redes e sedelas potentes
Pescan preto da costa e as súas capturas, que desmbarcan na lonxa, son
cada día menores polo esgotamento mariño.
8. A pesca de altura
Practicada polas frotas máis importantes mediante barcos grandes e ben
equipados, que permanecen en alta mar semanas ou meses.
Os barcos levan radares para detectar os bancos de peixes e a dirección e
mais a velocidade a que estes se desprazan; tamén contan con sonares,
para medir a importancia dos bancos detectados. Así mesmo incorporan
instalacións de frío para para conservar o peixe a bordo en condicións
óptimas.
9. A gran pesca
Practicada por países como Xapón ou Rusia, que teñen unidades qu e pescan en
augas moi afastadas xunto a grandes barcos subministradores.
Diariamente saen a pescar embarcacións, que despois volven ao barco
subministrador para descargar a pesca. A continuación o peixe clasifícase e
procédese á salgadura, conxelación ou fabricación de conservas
10. Non todas as zonas do mar son igualmente ricas en pesca. As capturas
son máis abundantes en determinados lugares denominados caladoiros os
cales adoitan situarse en:
Nas zonas onde a plataforma continental é extensa, onde as augas son
pouco profundas, están axitadas por correntes mariñas e teñen
temperaturas favorables para a vida dos peixes (Mar do Norte a Mar de
Xapón)
Nas zonas de contacto entre correntes mariñas frías e cálidas (Mar do
Xapón e costas de Terranova).
Nas zonas costeiras preto das que pasa unha corrente mariña fría, porque
a auga fría ten moito plancto vexetal formado por algas unicelulares que
captan a radiación solar. (costas do Norte de Chile e do Sur do Perú e as
costas do suroeste de África).
11.
12. “Demasiados pescadores
para poucos peixes”
Os dous problemas máis graves
que se presentan actualmente no
sector pesqueiro son: a
sobreexplotación e a falta de
caladoiros pola ampliación das
augas xurisdiccionais.
Outro problema é a crecente
contaminación da auga das
costas, debido ás verteduras
tóxicas industriais e ás frecuentes
mareas negras ocasionadas polos
barcos pesqueiros accidentados
13. O uso de técnicas cada vez máis eficaces
e o número crecente de barcos levaron a
unha sobreexplotación dos recursos
pesqueiros, de forma que se pon en perigo
a reproducción de moitas especies
Numerosas zonas de pesca utilízanse ata
o límite máximo sustentable.
No ano 1950 a pesca mundial apenas
acadaba os 21 millóns de toneladas,
mentres que actualmente se superan os
100 millóns e se capturan máis de 1100
especies de peixes, moluscos e
crustáceos.
14. Algunhas organizacións internacionais
piden que se adopten medidas para
preservar os recursos do mar. Para iso
propoñen:
O uso obrigado de redes de malla
ancha para protexer as crías.
O control do tamaño mínimo das
especies que se capturan.
O establecemento de temporadas de
veda.
A limitación da capacidade das frotas
pesqueiras.
Nun futuro a pesca pódese ver moi
limitada, a menos que o regulamento e
a xestión dos recursos mariños e de
auga doce se melloren de xeito
considerable.
15. A tradición marítima baseábase na libre utilización dos mares, o que equivalía ao
dominio das augas polas potencias navais capaces de aproveitar e explotar os seus
recursos.
Cando Nacións Unidas recoñeceu o dereito de cad país a dispoñer das súas augas
territoriais (200 millas) mariñas, equivalentes a 370 quilómetros), os países con frotas
pesquiras importantez tiveron que abandonar algúns dos seus caladoiros tradicionais.
Tamén tiveron que reducir a súa frota pesqura ou establecer convenios con países moi
afastados dos seus portos de orixe.
16. Os océanos aseguran o 90% das emisións de osíxeno e constitúen unha
reserva alimentaria importante, pero seica se esaxerou sobre a súa capacidade.
Hoxe semella claro que os recursos animais e vexetais que ofrece o mar son
limitados.
Para asegurar unha explotación sustentable dos recursos mariños, considérase
urxente substituír o sistema de depredación por unha explotación intelixente e
regulamentada do mar.
17. Algunhas organizacións internacionais e tamén a Unión Europea traballan neste
sentido. Para iso establecen normativas de pesca severas, ao tempo que
buscan repoboar o mar coa cría artificial de peixes.
Tamén propoñen limitar o número de embarcacións de pesca, aínda que sexa
necesario mercar as frotas e pagarlles un subsidio ás persoas que queden no
paro.
Dentro desta política a acuicultura semella ofrecer alternativas interesantes
18. A acuicultura consiste en substituír a depredación pola cría e engorde de animais e
de plantas mariños, en piscinas e estanques ou en zonas costeiras ben delimitadas
e cerradas.
Esta técnica xa é importante en China, Rusia, Indonesia, India, Estados Unidos e
Xapón. Tamén en Galicia, que é a comunidade autónoma máis punteira nesta
materia.
Actualmente cultívanse algas, e críanse moluscos, crustáceos e peixes, como
linguados, douradas, robalizas… que se alimentan con penso e fariña de peixe