SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 54
Descargar para leer sin conexión
A DINÁMICA EXTERNA
DO PLANETA
Profesor: Adán Gonçalves
INTRODUCIÓN
Durante o século XVIII tentouse atopar unha explicación a uns enormes
bloques de pedra abandonados dispersos por Centroeuropa e
Norteamérica. A súa composición era moi diferente á das rochas de
arredor e as veces xacía no medio dunha chaira co evidentes signos de
que foran levados ata alí. Pero que podería transportar bloques de
toneladas durante Km?
O naturalista John Playfair resumiu as investigacións que nos levaron ao
achado do axente implicado “…as máquinas máis poderosas que utiliza a
natureza,…son os glaciares, eses ríos de xeo… en movemento perpetuo”,
poñendo en evidencia que nun pasado non moi afastado o xeo recubría
gran parte de Europa e Norteamérica.
Glaciar en Alaska
Bloques erráticos
A DINÁMICA TERRESTRE
O noso planeta nun principio foi unha bola fundida
incandescente que pouco a pouco foise arrefiando e
solidificando (formáronse as rochas).
Tampouco había mares, e a atmosfera primitiva non tiña
osíxeno.
E por suposto, non había vida.
Na actualidade segue a cambiar, de feito, a Terra está en
contínuo cambio dende que se orixinou hai uns 4600 m.a. xunto
co resto do sistema solar.
Hoxe sabemos que a maioría dos cambios suceden de xeito
gradual, e incluso as consecuencias das catástrofes
planetarias soen dilatarse no tempo.
Por eso en moitos casos estos cambios pásannos
desapercibidos.
Os procesos que modifican o noso planeta chámanse en
conxunto Dinámica terrestre.
QUE É A DINÁMICA TERRESTRE?
A dinámica terrestre é o conxunto de procesos que fan
cambiar o noso planeta na escala de tempo xeolóxico.
Estos procesos poden ter orixe nunha enerxía externa (o
sol) e fálase de Dinámica externa ou ter a súa orixe na
enerxía procedente do interior terrestre e fálase de
Dinámica interna.
A dinámica externa do
planeta
Meteorización
Características
Clasificación
Factores
Modelado do relevo
Axentes atmosféricos
Características
Axentes xeolóxicos
Vento
Glaciares
Augas salvaxes
Ríos
Augas subterráneas
Mar
Rochas sedimentarias
Características
Clasificación
Procesos
Erosión
Transporte
Sedimentación
DE QUE IMOS FALAR
1. A METEORIZACIÓN DAS ROCHAS.
AXENTES ATMOSFÉRICOS
A superficie terrestre atópase exposta a actuación dos
diversos axentes atmosféricos que orixinan o deterioro
das rochas.
Os fragmentos de rochas de calquera tamaño,
composición e procedencia denomínanse clastos.
Os axentes atmosféricos que provocan esta fragmentación son:
 A chuvia e a neve: mollan as rochas e producen
- A disolución das rochas.
- Reaccións químicas que alteran as rochas
 Os cambios de temperatura: producen a dilatación e contración das
rochas que pode fendelas.
 A conxelación da auga: a auga que se infiltra nas fendas das rochas,
pode conxelarse, entón aumenta de volume e rompe as rochas.
O resultado da disgregación das rochas son as acumulacións de clastos
nas ladeiras dos relevos chamadas pedreiras ou penedías.
Meteorización: conxunto de procesos debidos aos axentes atmosféricos
que provocan a disgregación das rochas in situ.
Pedreira
Fragmentación
das rochas
Clastos
Chuvia e
neve
Cambios de temperatura
Conxelación da auga
DIA NOITE
METEORIZACIÓN
OS AXENTES ATMOSFÉRICOS
A meteorización é máis eficaz na zonas con:
Climas moi fríos (Conxelación-Desconxelación)
Atmosfera contaminada
(Chuvia ácida)
Cambios de temperatura bruscos
Características da Meteorización
En todo caso, non todas as rochas se meteorizan coa mesma facilidade.
TIPOS DE METEORIZACIÓN
 Meteorización mecánica: Prodúcese cando a rocha se fragmenta debido
a:
- Dilatacións e contracións pola temperatura
- Tensións pola conxelación da auga (Xelifracción)
- Impactos das rochas ao caer.
 Meteorización química: débese a digregación das rochas por reaccións
químicas que alteran os minerais que a forman.
 Meteorización biolóxica: fragmentación pola actuación dos seres vivos.
- Raíces de plantas.
- Substancias dos organismos que alteran as rochas.
2. OS PROCESOS DE METEORIZACIÓN
El agua penetra en las grietasLa roca se fracturaEl agua se congela y aumenta de volumen
Tipos de procesos de meteorización
PROCESO DE GELIFRACCIÓN
Meteorización mecánica Meteorización química
Minerales de arcilla
Meteorización biológica
Raíces de los
vegetales
Factores que inflúen na Meteorización
A eficacia dos procesos de meteorización depende de dous factores:
 A temperatura
 A humidade
Se o ambiente é húmido e cálido as reaccións químicas son moi
efectivas e ten tamén moita importancia a biolóxica.
En ambientes fríos e secos as rochas poden fragmentarse, pero
permanecen químicamente inalteradas.
Factores que inflúen na meteorización
Meteorización mecánica Meteorización química
Ambiente húmedo
Meteorización biolóxica
Temperaturas
cambiantes
Ambiente
húmedo e
caluroso
3. A MODELAXE DO RELEVO. OS AXENTES
XEOLÓXICOS
IMPORTANTE!: neste tema imos establecer a diferenza entre dous
termos que soen confundirse: axentes atmosféricos e axentes
xeolóxicos.
Quen é quen?
Evidentemente, son dous termos moi relacionados, pero hai
diferenzas salientables.
Os axentes atmosféricos, como vimos, son fundamentalmente a
chuvia, a neve, as diferenzas de temperaturas e a conxelación da
auga, e asócianse a disgregación das rochas in situ.
Os axentes xeolóxicos son fundamentalmente o vento, os glaciares,
as augas salvaxes, os ríos, as augas subterráneas e o mar e están
asociados aos procesos de erosión, transporte e sedimentación.
3. A MODELAXE DO RELEVO. OS AXENTES
XEOLÓXICOS
Existen moitos tipos de paisaxes e todas elas foron modeladas pola
acción dos axentes xeolóxicos. Por tanto,…
…Os axentes xeolóxicos son os mecanismos que de xeito natural
modelan a paisaxe, transportan materiais e acumúlanos en forma de
sedimentos.
Procesos
Todos os axentes xeolóxicos realizan os seguintes procesos:
 Erosión: é a retirada de materiais dende o seu lugar de orixe.
- O axente xeolóxico pode arrastrar os fragmentos de rocha
resultado da meteorización.
- O axente xeolóxico pode arrancar directamente os fragmentos
da rocha da que forman parte e arrastralos (disgregación con
movemento)
A erosión ao longo de millóns de anos produce grandes modificacións no
relevo: escava vales, desgasta montañas, fai retroceder cantís…
A modelaxe do relevo corresponde aos cambios que a erosión dos axentes
xeolóxicos produce na paisaxe.
Cada axente xeolóxico orixina unha paisaxe carácterística.
Non todos os axentes erosionan coa mesma rapidez. A eficacia do
proceso erosivo ven dada por:
 A enerxía do axente xeolóxico: por exemplo non é o mesmo un río
caudaloso que un regato.
 A resistencia das rochas: non son iguais as arxilas que o granito.
Enerxía do axente
xeolóxico
A erosión
Fervenzas
Río Cabriel (Cuenca)
Resistencia das
rochas
Modelaxe do
relevo
Procesos
 Transporte: todos os axentes xeolóxicos teñen capacidade para transportar
clastos. O transporte pode suceder de dous xeitos:
- Transporte polo fondo: o axente xeolóxico ( a ondanada, unha
corrente de auga ou de aire ou xeo) producen o movemento dos clastos
polo chan (arrastrándoos ou facendoos rodar).
- Transporte en suspensión: os clastos son transportados sen tocar o
chan, ou ben caendo e sendo levantados de novo unha e outra vez
(saltación).
O transporte
Transporte polo fondo Transporte en suspensión
Os clastos redondéanse
Os clastos non
tocan o chan
Saltación
Os clastos son arrastrados
Tormenta de pó
Procesos
 Sedimentación: prodúcese no momento en que o axente xeolóxico deposita
os clastos nun lugar ao perder a súa capacidade para continuar o transporte.
As veces, un axente perde temporalmente a súa capacidade de transporte e
deposita os sedimentos, cando a recupera de novo volve a transportalos. Pore
exemplo un río nunha enchente.
Cando un axente deposita os seus materiais é frecuente que sexan recollidos
por outro que de novo os pon en movemento. Por exemplo os depósitos dun río
transportados polo mar.
A sedimentación
Depositanse
os clastos
grosos
Area depositada
polo vento
Clastos depositados
por glaciar
4. CLASIFICACIÓN DOS AXENTES XEOLÓXICOS
Hai seis axentes xeolóxicos fundamentais:
 Vento
 Glaciares
 Augas salvaxes
 Ríos
 Augas subterráneas
 Mar
O motor que mobiliza estes axentes é o SOL xunto coa GRAVIDADE.
A orixe dos axentes xeolóxicos
5. O VENTO
A capacidade erosiva do vento é bastante reducida, salvo en zonas onde non
hai vexetación, existen materiais finos (arxilas e areas) e hai ventos
constantes. A acción do vento orixina diversas estruturas:
Columna de areaA Barjanes
B
Ergs
Regs
C
D
Rocas en
forma de
cogomelo
 Deflación: é o proceso polo cal o
vento levanta a arxila e a area.
Esto orixina as columnas de area.
COLUMNA DE AREAA
 Erg: son os desertos de area. A
acumulación de area produce dunas,
se teñen forma de media lúa
chámanse Barjanes
ERGB
Dunas
Barján
 Reg: campos de pedra formados
por deflación.
REGC
A area transportada polo vento realiza
un “lixado” chamado abrasión eólica
Como os grans máis
grandes van a
menor altura, as
rochas erosiónanse
máis pola base
orixinando a forma
de cogomelo.
ROCHAS EN FORMA DE
COGOMELOD
Por último, o pó transportado polo vento
pode tamén formar extensos depósitos
chamados loess.
6. OS GLACIARES
Os glaciares son masas de xeo que se desprazan dende a zona de acumulación de
neve ata aquelas onde o xeo se funde.
- Prodúcense en zonas onde a neve non chega a fundirse en verán e vaise
acumulando. Ao acumularse a neve comprímese e transformase en xeo a
certa profundidade. (Dous procesos: Acumulación + Compresión).
- Estas zonas son as zonas polares e as de alta montaña.
Tipos de Glaciares:
- Glaciar de casquete: aquel no que o xeo recobre miles de km e tapa o
relevo.
- Glaciar alpino: aquel no que o xeo encáuzase entre as montañas. A zona
onde se acumula chámase circo glaciario e discorren entre as montañas
cara a zonas topográficamente máis baixas formando as linguas de xeo
debido a gravidade.
A capacidade de erosión e transporte dos glaciares é enorme.
Os glaciares
A B
D
C
Relevos
escarpados
Val en U
Lingua
Circo
 Relevos escarpados: debidos a
que o xeo produce unha intensa
meteorización mecánica sobre
as rochas
 En circos glaciarios a neve acumúlase
e transformase en xeo.
 O circo forma unha lingua glaciar. As
linguas arrastran grandes cantidades
de materiais chamadas morenas
(laterais, centrais e frontais).
 As linguas excavan vales en
forma de U
Vales glaciares nos que se observa a forma de U do seu perfil transversal
Estrías glaciarias: os materiais que constitúen a morena de fondo (materiais
arrastrados baixo o glaciar), actúan como unha lima sobre as rochas que forman
o cauce, orixinando estrías no sentido de avance do glaciar. Estas estrías son
visibles o desaparacer a lingua glaciar
7. AUGAS SALVAXES
As augas salvaxes son aquelas que discorren pola superficie, en zonas onde o
clima é seco e a vexetación escasa, cando chove de xeito torrencial e a auga nos
se infiltra no terreo.
Constitúen un axente xeolóxico cunha grande capacidade erosiva.
A auga forma sucos ou regos no terreo que van afondando e orixinan barrancos.
En zonas de forte pendente a erosión é moi intensa e fórmanse cárcavas,
formadas por sucos profundos que deixan entre eles cristas e columnas sen
erosionar (as chemineas de fadas). Todas estas estruturas son características
de terreos brandos, tipo arxila, máis fáciles de erosionar.
Chemineas de fadas
A miúdo estos regos ou sucos conflúen ata desembocar nun único cauce,
fórmanse entón un arroio que unicamente leva auga despois dunha forte
choiva. Nos arroios diferenciamos tres partes:
 Conca de recepción: é o lugar onde se reciben todalas augas, hai unha
forte erosión é o zona onde aparecen se as hai as cárcavas.
 Canal de desaugadoiro: é o cauce principal do arroio ou torrente.
 Cono de dexección: onde o arroio deposita materiais. Se o cono é moi
grande e ocupa unha grande extensión soe chamarse abano aluvial.
Abano aluvial
As augas salvaxes
A
B
C
Abano aluvial
Canal de desaugadoiro
Conca de recepciónCárcavas
Cono de dexección
Chemineas de fadas
8. OS RÍOS
Os ríos son cursos permanentes de auga que van confluíndo uns nos outros
ata formar unha corrente principal que desemboca no mar.
 Rede de drenaxe: está formada polo río principal e os seus afluentes.
 Conca hidrográfica: é a area que aporta auga a unha rede de drenaxe.
A capacidade de erosión dun río depende do caudal e da pendente.
A acción xeolóxica dun río produce as seguintes estruturas:
 Desfiladeiros: vales fluviais estreitos e profundos cando os ríos discorren
por zonas de moita pendente.
 Vales en V: vales cuxas pareedes van perdendo a inclinación vertical porque
as paredes laterais son erosionadas polas augas salvaxes.
 Vales en artesa: prodúcense en zonas de menor pendente onde o río perde
capacidade erosiva, esto fai que comeze a trazar curvas (meandros) que fan
retrocedes as paredes do val.
 Penachaira: superficie plana orixinada tras millóns de anos na que os vales
de fondo plano vanse ampliando uníndose uns a outros.
 Chaira de inundación: extensión de terreo susceptible de ser inundada ao
subir o nivel do río.
 Delta: orixínanase cando o río deposita materiais na súa desembocadura
máis rápido do que os retira a ondada.
DESFILADEIROS VAL EN V
FORMACIÓN DE MEANDROS
VAL EN ARTESA
APORTE DE SEDIMENTOS
FORMACIÓN DUN DELTA
9. AS AUGAS SUBTERRÁNEAS
Unha parte da auga en superficie pode infiltrarse no terreo constituíndo as
augas subterráneas. A situación varía dependendo do tipo de rocha implicada.
 Rochas non solubles: a auga infiltrada agóchase nos poros da rocha formando
acuíferos (acumulación de auga que podemos aproveitar mediante pozos).
 Rochas solubles: a auga infiltrada pode disolver as rochas formando
diferentes estruturas.
Modelaxe cásrtica:
É o conxunto das pegadas subterráneas e superficiais producidas pola disolución
das rochas. Só se produce, por tanto, en rochas solubles como as rochas
calcáreas ou o xeso.
Cando a auga ten dióxido de carbono disolto ten carácter ácido que pode
disolver a calcita (mineral do carbonato cálcico) que forma as rochas calcáreas e
o xeso.
Na modelaxe cárstica podemos observar varias estruturas:
 Covas: cavidades subterráneas producidas pola disolución das rochas. Se
forman grandes cavidades soese falar de salas ou grutas . O goteo
constante da auga carbonatada orixina depósitos de carbonato de calcio no
teito (estalactitas) ou do solo (estalagmitas).
 Simas: condutos verticais que conectan coa superficie.
 Dolinas: depresións no terreo debidas ao afundimento das grutas.
As augas subterráneas
A
B
C
Sima
Dolina
Gruta
DOLINA
SALA OU GRUTA
ESTALACTITAS E ESTALAGMITAS
10. O MAR
O mar actúa como un axente xeolóxico debido a tres movementos:
 A ondada que é producida polo vento
 As correntes mariñas orixinadas polas diferenzas de temperatura ou
salinidade ou por ventos moi constantes
 As mareas debidas a influenza gravitatoria da Lúa e o Sol sobre o noso
planeta.
O mar produce:
 A erosión das costas que orixinan o retroceso dos acantilados producindo
extensas plataformas de abrasión.
 A trituración das rochas e cunchas dos seres vivos producindo unha area
fina que pode acumularse formando praias , frechas e tómbolos.
 Praias: acumulación da area debido a trituración das rochas por parte do
mar xunto coas aportacións dos ríos.
 Frechas: barras areentas paralelas á costa.
 Tómbolos: cordóns areentos que unen unha illa coa costa.
O transporte de area ao longo da costa realízano as correntes de deriva
producidas polo vento cando sopra nunha dirección predominante oblicua á
costa.
10. O MAR
O mar
A
B
C
Plataforma de abrasión
Acantilado
Praia
Tómbolo
Frecha
11. AS ROCHAS SEDIMENTARIAS
Os sedimentos transportados polos axentes xeolóxicos acaban acumulándose en
concas sedimentarias.
- As concas sedimentarias son zonas deprimidas da codia terrestre
onde se acumulan os sedimentos. O seu fondo afúndese lentamente debido aos
sedimentos que se amorean en capas.
- As capas de sedimentos chámanse estratos e chegan a formar
espesores de miles de metros a medida que a conca afunde.
Os materiais enterrados van ser transformados por tres factores:
 A gran presión, o peso dos materais.
 Unha temperatura elevada, da calor interna da Terra.
 A circulación da auga, que disolve e fai cristalizar minerais.
LITIFICACIÓN OU
DIAXÉNESE
Conca sedimentaría
Estratos
TEMPERATURA
CIRCULACIÓN
DA AUGA
PRESIÓN
Rocha
sedimentaria
Estos tres factores fan que os sedimentos compacten pouco a pouco e solden entre sí
formando as rochas sedimentarias. O proceso de transformación dos sedimentos para
formar unha rocha sedimentaria denomínaselle litificación ou diaxénese.
Rochas sedimentarias
Calcaria (Caliza) de
carbonato cálcico e
cunchas
Arxilita (Arcillita) de arxilas
(tamaño pequeño de gran)
Arenita (Arenisca) de area
(tamaño medio de gran)
Conglomerado, de gravas
(tamaño grande de gran)
Xeso (Yeso) de xeso
mineral
Algunhas rochas sedimentarias
Algunhas rochas sedimentarias
Tamén podemos destacar pola súa importancia económica as rochas
sedimentarias de orixe orgánica: petróleo, carbón e gas natural.
 Petróleo: Acumulación de materia orgánica debido a unha grande
mortandade de plancto mariño de xeito xunto con material tipo arxila.
Non se acumula en estratos e só é aproveitable comercialmente se escapa
da rocha nai (impermeable) a unha rocha almacén (permeable).
 Carbón: acumulación de materia orgánica vexetal xunto con sedimento en
zonas pantanosas, lagunares e deltaicas que sofre un proceso especial de
diaxénese denominado carbonización.
 Gas natural: orixínase habitualmente xunto co petróleo, mestúrase con
outros gases para dar lugar ao produto que utilizamos.
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
 http://abanicosaluviales.weebly.com/
 https://cienciasdelanaturaleza.files.wordpress.com/2012/03/tema-8_la-
dinamica-externa-del-planeta.pdf
 http://elgenmeme.com/post/117129078060/chiste-geol%C3%B3gico-p
 http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/3ESO/Agentes_
1/ampliaterreno.htm
 https://sites.google.com/site/sjcalasanzciencias2/la-dinamica-externa-del-
planeta/los-agentes-geologicos/el-mar
 http://es.slideshare.net/adaneco/dinmica-terrestre-35473911
 http://es.slideshare.net/ItziarOlaizola/2ccnn08edit?from_action=save

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

A terra sara martinez
A terra sara martinezA terra sara martinez
A terra sara martinezencarnavilla
 
Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoirenetraba
 
O relevo e os procesos xeolóxicos externos
O relevo e os procesos xeolóxicos externosO relevo e os procesos xeolóxicos externos
O relevo e os procesos xeolóxicos externosirenetraba
 
Tectónica de placas
Tectónica de placasTectónica de placas
Tectónica de placasalfresvi
 
Tema 11 Estudamos a historia do noso planeta
Tema 11 Estudamos a historia do noso planetaTema 11 Estudamos a historia do noso planeta
Tema 11 Estudamos a historia do noso planetairenetraba
 
O noso planeta, a terra corrixido
O noso planeta, a terra corrixidoO noso planeta, a terra corrixido
O noso planeta, a terra corrixidomperille
 
Vocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoprofesor historia
 
02c o relevo terresstre video
02c o relevo terresstre video02c o relevo terresstre video
02c o relevo terresstre videoroberto
 
A historia do noso planeta
A historia do noso planetaA historia do noso planeta
A historia do noso planetairenetraba
 
Axentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestreAxentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestresabelahermo
 
A estrutura e dinámica da terra
A estrutura e dinámica da terraA estrutura e dinámica da terra
A estrutura e dinámica da terrairenetraba
 
Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)naturaxiz
 
terremotos e volcáns
 terremotos e volcáns terremotos e volcáns
terremotos e volcánscerredo
 
O relevo e a súa modelaxe
O relevo e a súa modelaxe O relevo e a súa modelaxe
O relevo e a súa modelaxe irenetraba
 
Unidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placasUnidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placasmartamosquera
 
Tema 9 O relevo e a paisaxe
Tema 9 O relevo e a paisaxeTema 9 O relevo e a paisaxe
Tema 9 O relevo e a paisaxeirenetraba
 

La actualidad más candente (20)

A terra sara martinez
A terra sara martinezA terra sara martinez
A terra sara martinez
 
Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámico
 
Enerxía Interna
Enerxía InternaEnerxía Interna
Enerxía Interna
 
O relevo e os procesos xeolóxicos externos
O relevo e os procesos xeolóxicos externosO relevo e os procesos xeolóxicos externos
O relevo e os procesos xeolóxicos externos
 
Tectónica de placas
Tectónica de placasTectónica de placas
Tectónica de placas
 
Relevo 2016
Relevo 2016Relevo 2016
Relevo 2016
 
Tema 11 Estudamos a historia do noso planeta
Tema 11 Estudamos a historia do noso planetaTema 11 Estudamos a historia do noso planeta
Tema 11 Estudamos a historia do noso planeta
 
A Terra. Características e estrutura do noso planeta.
A Terra. Características e estrutura do noso planeta.A Terra. Características e estrutura do noso planeta.
A Terra. Características e estrutura do noso planeta.
 
Como funciona-a-terra
Como funciona-a-terraComo funciona-a-terra
Como funciona-a-terra
 
O noso planeta, a terra corrixido
O noso planeta, a terra corrixidoO noso planeta, a terra corrixido
O noso planeta, a terra corrixido
 
Vocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevo
 
02c o relevo terresstre video
02c o relevo terresstre video02c o relevo terresstre video
02c o relevo terresstre video
 
A historia do noso planeta
A historia do noso planetaA historia do noso planeta
A historia do noso planeta
 
Axentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestreAxentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestre
 
A estrutura e dinámica da terra
A estrutura e dinámica da terraA estrutura e dinámica da terra
A estrutura e dinámica da terra
 
Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)Xeomorfoloxia (por axentes)
Xeomorfoloxia (por axentes)
 
terremotos e volcáns
 terremotos e volcáns terremotos e volcáns
terremotos e volcáns
 
O relevo e a súa modelaxe
O relevo e a súa modelaxe O relevo e a súa modelaxe
O relevo e a súa modelaxe
 
Unidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placasUnidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placas
 
Tema 9 O relevo e a paisaxe
Tema 9 O relevo e a paisaxeTema 9 O relevo e a paisaxe
Tema 9 O relevo e a paisaxe
 

Destacado (20)

Módulo 3 ESA natureza
Módulo 3 ESA natureza Módulo 3 ESA natureza
Módulo 3 ESA natureza
 
Ciclo celular e división celular
Ciclo celular e división celularCiclo celular e división celular
Ciclo celular e división celular
 
Célula maría casares
Célula maría casaresCélula maría casares
Célula maría casares
 
Ciclo celular
Ciclo celularCiclo celular
Ciclo celular
 
A división celular
A división celularA división celular
A división celular
 
Meiose: sentido biolóxico e fases
Meiose: sentido biolóxico e fasesMeiose: sentido biolóxico e fases
Meiose: sentido biolóxico e fases
 
Saúde cmc
Saúde cmcSaúde cmc
Saúde cmc
 
Meiose
MeioseMeiose
Meiose
 
Funcións de relación e reproducción da célula
Funcións de relación e reproducción da célulaFuncións de relación e reproducción da célula
Funcións de relación e reproducción da célula
 
Resume da Mitose
Resume da MitoseResume da Mitose
Resume da Mitose
 
Mitosis y meiosis
Mitosis y meiosisMitosis y meiosis
Mitosis y meiosis
 
By g tema 5 (2ª parte) la célula
By g tema 5 (2ª parte) la célulaBy g tema 5 (2ª parte) la célula
By g tema 5 (2ª parte) la célula
 
A célula
A célulaA célula
A célula
 
A información xenética
A información xenéticaA información xenética
A información xenética
 
Meiosis
MeiosisMeiosis
Meiosis
 
01 La célula
01 La célula01 La célula
01 La célula
 
Divicion Celular
Divicion CelularDivicion Celular
Divicion Celular
 
A herdanza xenética
A herdanza xenéticaA herdanza xenética
A herdanza xenética
 
Proyecto genoma humano
Proyecto genoma humano Proyecto genoma humano
Proyecto genoma humano
 
Ppt de meiosis
Ppt de meiosisPpt de meiosis
Ppt de meiosis
 

Similar a A dinámica externa do planeta

Similar a A dinámica externa do planeta (20)

Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externos
 
Procesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externosProcesos xeolóxicos externos
Procesos xeolóxicos externos
 
Tema 1. o relevo terrestre
Tema 1. o relevo terrestreTema 1. o relevo terrestre
Tema 1. o relevo terrestre
 
Paisaxe e relevo
Paisaxe e relevoPaisaxe e relevo
Paisaxe e relevo
 
Paisaxe e relevo
Paisaxe e relevoPaisaxe e relevo
Paisaxe e relevo
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
 
U. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraU. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terra
 
Procesos sedimentarios
Procesos sedimentariosProcesos sedimentarios
Procesos sedimentarios
 
O noso planeta
O noso planetaO noso planeta
O noso planeta
 
Proc. GeolóGicos Internos
Proc. GeolóGicos InternosProc. GeolóGicos Internos
Proc. GeolóGicos Internos
 
Tema 10 A historia do noso planeta
Tema 10  A historia do noso planetaTema 10  A historia do noso planeta
Tema 10 A historia do noso planeta
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
PreentacióN.SesióN1.A
PreentacióN.SesióN1.APreentacióN.SesióN1.A
PreentacióN.SesióN1.A
 
Tema 2 o relevo
Tema 2 o relevoTema 2 o relevo
Tema 2 o relevo
 
Manifestacions da-dinamica-litosferica
Manifestacions da-dinamica-litosfericaManifestacions da-dinamica-litosferica
Manifestacions da-dinamica-litosferica
 
Tema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasTema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placas
 
Xeomorfoloxía litolóxica
Xeomorfoloxía litolóxicaXeomorfoloxía litolóxica
Xeomorfoloxía litolóxica
 
As rochas e o relevo
As rochas e o relevoAs rochas e o relevo
As rochas e o relevo
 
A meteorización
A meteorizaciónA meteorización
A meteorización
 
Snowball earth
Snowball earthSnowball earth
Snowball earth
 

Más de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

Más de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 

A dinámica externa do planeta

  • 1. A DINÁMICA EXTERNA DO PLANETA Profesor: Adán Gonçalves
  • 2. INTRODUCIÓN Durante o século XVIII tentouse atopar unha explicación a uns enormes bloques de pedra abandonados dispersos por Centroeuropa e Norteamérica. A súa composición era moi diferente á das rochas de arredor e as veces xacía no medio dunha chaira co evidentes signos de que foran levados ata alí. Pero que podería transportar bloques de toneladas durante Km? O naturalista John Playfair resumiu as investigacións que nos levaron ao achado do axente implicado “…as máquinas máis poderosas que utiliza a natureza,…son os glaciares, eses ríos de xeo… en movemento perpetuo”, poñendo en evidencia que nun pasado non moi afastado o xeo recubría gran parte de Europa e Norteamérica.
  • 4. A DINÁMICA TERRESTRE O noso planeta nun principio foi unha bola fundida incandescente que pouco a pouco foise arrefiando e solidificando (formáronse as rochas). Tampouco había mares, e a atmosfera primitiva non tiña osíxeno. E por suposto, non había vida. Na actualidade segue a cambiar, de feito, a Terra está en contínuo cambio dende que se orixinou hai uns 4600 m.a. xunto co resto do sistema solar.
  • 5. Hoxe sabemos que a maioría dos cambios suceden de xeito gradual, e incluso as consecuencias das catástrofes planetarias soen dilatarse no tempo. Por eso en moitos casos estos cambios pásannos desapercibidos. Os procesos que modifican o noso planeta chámanse en conxunto Dinámica terrestre.
  • 6. QUE É A DINÁMICA TERRESTRE? A dinámica terrestre é o conxunto de procesos que fan cambiar o noso planeta na escala de tempo xeolóxico. Estos procesos poden ter orixe nunha enerxía externa (o sol) e fálase de Dinámica externa ou ter a súa orixe na enerxía procedente do interior terrestre e fálase de Dinámica interna.
  • 7. A dinámica externa do planeta Meteorización Características Clasificación Factores Modelado do relevo Axentes atmosféricos Características Axentes xeolóxicos Vento Glaciares Augas salvaxes Ríos Augas subterráneas Mar Rochas sedimentarias Características Clasificación Procesos Erosión Transporte Sedimentación DE QUE IMOS FALAR
  • 8. 1. A METEORIZACIÓN DAS ROCHAS. AXENTES ATMOSFÉRICOS A superficie terrestre atópase exposta a actuación dos diversos axentes atmosféricos que orixinan o deterioro das rochas. Os fragmentos de rochas de calquera tamaño, composición e procedencia denomínanse clastos.
  • 9. Os axentes atmosféricos que provocan esta fragmentación son:  A chuvia e a neve: mollan as rochas e producen - A disolución das rochas. - Reaccións químicas que alteran as rochas  Os cambios de temperatura: producen a dilatación e contración das rochas que pode fendelas.  A conxelación da auga: a auga que se infiltra nas fendas das rochas, pode conxelarse, entón aumenta de volume e rompe as rochas. O resultado da disgregación das rochas son as acumulacións de clastos nas ladeiras dos relevos chamadas pedreiras ou penedías. Meteorización: conxunto de procesos debidos aos axentes atmosféricos que provocan a disgregación das rochas in situ.
  • 10. Pedreira Fragmentación das rochas Clastos Chuvia e neve Cambios de temperatura Conxelación da auga DIA NOITE METEORIZACIÓN OS AXENTES ATMOSFÉRICOS
  • 11. A meteorización é máis eficaz na zonas con: Climas moi fríos (Conxelación-Desconxelación) Atmosfera contaminada (Chuvia ácida) Cambios de temperatura bruscos Características da Meteorización
  • 12. En todo caso, non todas as rochas se meteorizan coa mesma facilidade. TIPOS DE METEORIZACIÓN  Meteorización mecánica: Prodúcese cando a rocha se fragmenta debido a: - Dilatacións e contracións pola temperatura - Tensións pola conxelación da auga (Xelifracción) - Impactos das rochas ao caer.  Meteorización química: débese a digregación das rochas por reaccións químicas que alteran os minerais que a forman.  Meteorización biolóxica: fragmentación pola actuación dos seres vivos. - Raíces de plantas. - Substancias dos organismos que alteran as rochas. 2. OS PROCESOS DE METEORIZACIÓN
  • 13. El agua penetra en las grietasLa roca se fracturaEl agua se congela y aumenta de volumen Tipos de procesos de meteorización PROCESO DE GELIFRACCIÓN Meteorización mecánica Meteorización química Minerales de arcilla Meteorización biológica Raíces de los vegetales
  • 14. Factores que inflúen na Meteorización A eficacia dos procesos de meteorización depende de dous factores:  A temperatura  A humidade Se o ambiente é húmido e cálido as reaccións químicas son moi efectivas e ten tamén moita importancia a biolóxica. En ambientes fríos e secos as rochas poden fragmentarse, pero permanecen químicamente inalteradas.
  • 15. Factores que inflúen na meteorización Meteorización mecánica Meteorización química Ambiente húmedo Meteorización biolóxica Temperaturas cambiantes Ambiente húmedo e caluroso
  • 16. 3. A MODELAXE DO RELEVO. OS AXENTES XEOLÓXICOS IMPORTANTE!: neste tema imos establecer a diferenza entre dous termos que soen confundirse: axentes atmosféricos e axentes xeolóxicos. Quen é quen? Evidentemente, son dous termos moi relacionados, pero hai diferenzas salientables. Os axentes atmosféricos, como vimos, son fundamentalmente a chuvia, a neve, as diferenzas de temperaturas e a conxelación da auga, e asócianse a disgregación das rochas in situ. Os axentes xeolóxicos son fundamentalmente o vento, os glaciares, as augas salvaxes, os ríos, as augas subterráneas e o mar e están asociados aos procesos de erosión, transporte e sedimentación.
  • 17. 3. A MODELAXE DO RELEVO. OS AXENTES XEOLÓXICOS Existen moitos tipos de paisaxes e todas elas foron modeladas pola acción dos axentes xeolóxicos. Por tanto,… …Os axentes xeolóxicos son os mecanismos que de xeito natural modelan a paisaxe, transportan materiais e acumúlanos en forma de sedimentos.
  • 18. Procesos Todos os axentes xeolóxicos realizan os seguintes procesos:  Erosión: é a retirada de materiais dende o seu lugar de orixe. - O axente xeolóxico pode arrastrar os fragmentos de rocha resultado da meteorización. - O axente xeolóxico pode arrancar directamente os fragmentos da rocha da que forman parte e arrastralos (disgregación con movemento) A erosión ao longo de millóns de anos produce grandes modificacións no relevo: escava vales, desgasta montañas, fai retroceder cantís… A modelaxe do relevo corresponde aos cambios que a erosión dos axentes xeolóxicos produce na paisaxe.
  • 19. Cada axente xeolóxico orixina unha paisaxe carácterística. Non todos os axentes erosionan coa mesma rapidez. A eficacia do proceso erosivo ven dada por:  A enerxía do axente xeolóxico: por exemplo non é o mesmo un río caudaloso que un regato.  A resistencia das rochas: non son iguais as arxilas que o granito.
  • 20. Enerxía do axente xeolóxico A erosión Fervenzas Río Cabriel (Cuenca) Resistencia das rochas Modelaxe do relevo
  • 21. Procesos  Transporte: todos os axentes xeolóxicos teñen capacidade para transportar clastos. O transporte pode suceder de dous xeitos: - Transporte polo fondo: o axente xeolóxico ( a ondanada, unha corrente de auga ou de aire ou xeo) producen o movemento dos clastos polo chan (arrastrándoos ou facendoos rodar). - Transporte en suspensión: os clastos son transportados sen tocar o chan, ou ben caendo e sendo levantados de novo unha e outra vez (saltación).
  • 22. O transporte Transporte polo fondo Transporte en suspensión Os clastos redondéanse Os clastos non tocan o chan Saltación Os clastos son arrastrados Tormenta de pó
  • 23. Procesos  Sedimentación: prodúcese no momento en que o axente xeolóxico deposita os clastos nun lugar ao perder a súa capacidade para continuar o transporte. As veces, un axente perde temporalmente a súa capacidade de transporte e deposita os sedimentos, cando a recupera de novo volve a transportalos. Pore exemplo un río nunha enchente. Cando un axente deposita os seus materiais é frecuente que sexan recollidos por outro que de novo os pon en movemento. Por exemplo os depósitos dun río transportados polo mar.
  • 24. A sedimentación Depositanse os clastos grosos Area depositada polo vento Clastos depositados por glaciar
  • 25. 4. CLASIFICACIÓN DOS AXENTES XEOLÓXICOS Hai seis axentes xeolóxicos fundamentais:  Vento  Glaciares  Augas salvaxes  Ríos  Augas subterráneas  Mar O motor que mobiliza estes axentes é o SOL xunto coa GRAVIDADE.
  • 26. A orixe dos axentes xeolóxicos
  • 27. 5. O VENTO A capacidade erosiva do vento é bastante reducida, salvo en zonas onde non hai vexetación, existen materiais finos (arxilas e areas) e hai ventos constantes. A acción do vento orixina diversas estruturas: Columna de areaA Barjanes B Ergs Regs C D Rocas en forma de cogomelo
  • 28.  Deflación: é o proceso polo cal o vento levanta a arxila e a area. Esto orixina as columnas de area. COLUMNA DE AREAA  Erg: son os desertos de area. A acumulación de area produce dunas, se teñen forma de media lúa chámanse Barjanes ERGB Dunas Barján  Reg: campos de pedra formados por deflación. REGC A area transportada polo vento realiza un “lixado” chamado abrasión eólica Como os grans máis grandes van a menor altura, as rochas erosiónanse máis pola base orixinando a forma de cogomelo. ROCHAS EN FORMA DE COGOMELOD
  • 29. Por último, o pó transportado polo vento pode tamén formar extensos depósitos chamados loess.
  • 30. 6. OS GLACIARES Os glaciares son masas de xeo que se desprazan dende a zona de acumulación de neve ata aquelas onde o xeo se funde. - Prodúcense en zonas onde a neve non chega a fundirse en verán e vaise acumulando. Ao acumularse a neve comprímese e transformase en xeo a certa profundidade. (Dous procesos: Acumulación + Compresión). - Estas zonas son as zonas polares e as de alta montaña. Tipos de Glaciares: - Glaciar de casquete: aquel no que o xeo recobre miles de km e tapa o relevo. - Glaciar alpino: aquel no que o xeo encáuzase entre as montañas. A zona onde se acumula chámase circo glaciario e discorren entre as montañas cara a zonas topográficamente máis baixas formando as linguas de xeo debido a gravidade. A capacidade de erosión e transporte dos glaciares é enorme.
  • 32.  Relevos escarpados: debidos a que o xeo produce unha intensa meteorización mecánica sobre as rochas  En circos glaciarios a neve acumúlase e transformase en xeo.  O circo forma unha lingua glaciar. As linguas arrastran grandes cantidades de materiais chamadas morenas (laterais, centrais e frontais).  As linguas excavan vales en forma de U
  • 33. Vales glaciares nos que se observa a forma de U do seu perfil transversal
  • 34. Estrías glaciarias: os materiais que constitúen a morena de fondo (materiais arrastrados baixo o glaciar), actúan como unha lima sobre as rochas que forman o cauce, orixinando estrías no sentido de avance do glaciar. Estas estrías son visibles o desaparacer a lingua glaciar
  • 35. 7. AUGAS SALVAXES As augas salvaxes son aquelas que discorren pola superficie, en zonas onde o clima é seco e a vexetación escasa, cando chove de xeito torrencial e a auga nos se infiltra no terreo. Constitúen un axente xeolóxico cunha grande capacidade erosiva. A auga forma sucos ou regos no terreo que van afondando e orixinan barrancos. En zonas de forte pendente a erosión é moi intensa e fórmanse cárcavas, formadas por sucos profundos que deixan entre eles cristas e columnas sen erosionar (as chemineas de fadas). Todas estas estruturas son características de terreos brandos, tipo arxila, máis fáciles de erosionar.
  • 37. A miúdo estos regos ou sucos conflúen ata desembocar nun único cauce, fórmanse entón un arroio que unicamente leva auga despois dunha forte choiva. Nos arroios diferenciamos tres partes:  Conca de recepción: é o lugar onde se reciben todalas augas, hai unha forte erosión é o zona onde aparecen se as hai as cárcavas.  Canal de desaugadoiro: é o cauce principal do arroio ou torrente.  Cono de dexección: onde o arroio deposita materiais. Se o cono é moi grande e ocupa unha grande extensión soe chamarse abano aluvial. Abano aluvial
  • 38. As augas salvaxes A B C Abano aluvial Canal de desaugadoiro Conca de recepciónCárcavas Cono de dexección Chemineas de fadas
  • 39. 8. OS RÍOS Os ríos son cursos permanentes de auga que van confluíndo uns nos outros ata formar unha corrente principal que desemboca no mar.  Rede de drenaxe: está formada polo río principal e os seus afluentes.  Conca hidrográfica: é a area que aporta auga a unha rede de drenaxe. A capacidade de erosión dun río depende do caudal e da pendente.
  • 40. A acción xeolóxica dun río produce as seguintes estruturas:  Desfiladeiros: vales fluviais estreitos e profundos cando os ríos discorren por zonas de moita pendente.  Vales en V: vales cuxas pareedes van perdendo a inclinación vertical porque as paredes laterais son erosionadas polas augas salvaxes.  Vales en artesa: prodúcense en zonas de menor pendente onde o río perde capacidade erosiva, esto fai que comeze a trazar curvas (meandros) que fan retrocedes as paredes do val.  Penachaira: superficie plana orixinada tras millóns de anos na que os vales de fondo plano vanse ampliando uníndose uns a outros.  Chaira de inundación: extensión de terreo susceptible de ser inundada ao subir o nivel do río.  Delta: orixínanase cando o río deposita materiais na súa desembocadura máis rápido do que os retira a ondada.
  • 41. DESFILADEIROS VAL EN V FORMACIÓN DE MEANDROS VAL EN ARTESA APORTE DE SEDIMENTOS FORMACIÓN DUN DELTA
  • 42. 9. AS AUGAS SUBTERRÁNEAS Unha parte da auga en superficie pode infiltrarse no terreo constituíndo as augas subterráneas. A situación varía dependendo do tipo de rocha implicada.  Rochas non solubles: a auga infiltrada agóchase nos poros da rocha formando acuíferos (acumulación de auga que podemos aproveitar mediante pozos).  Rochas solubles: a auga infiltrada pode disolver as rochas formando diferentes estruturas. Modelaxe cásrtica: É o conxunto das pegadas subterráneas e superficiais producidas pola disolución das rochas. Só se produce, por tanto, en rochas solubles como as rochas calcáreas ou o xeso. Cando a auga ten dióxido de carbono disolto ten carácter ácido que pode disolver a calcita (mineral do carbonato cálcico) que forma as rochas calcáreas e o xeso.
  • 43. Na modelaxe cárstica podemos observar varias estruturas:  Covas: cavidades subterráneas producidas pola disolución das rochas. Se forman grandes cavidades soese falar de salas ou grutas . O goteo constante da auga carbonatada orixina depósitos de carbonato de calcio no teito (estalactitas) ou do solo (estalagmitas).  Simas: condutos verticais que conectan coa superficie.  Dolinas: depresións no terreo debidas ao afundimento das grutas.
  • 46. 10. O MAR O mar actúa como un axente xeolóxico debido a tres movementos:  A ondada que é producida polo vento  As correntes mariñas orixinadas polas diferenzas de temperatura ou salinidade ou por ventos moi constantes  As mareas debidas a influenza gravitatoria da Lúa e o Sol sobre o noso planeta. O mar produce:  A erosión das costas que orixinan o retroceso dos acantilados producindo extensas plataformas de abrasión.  A trituración das rochas e cunchas dos seres vivos producindo unha area fina que pode acumularse formando praias , frechas e tómbolos.
  • 47.  Praias: acumulación da area debido a trituración das rochas por parte do mar xunto coas aportacións dos ríos.  Frechas: barras areentas paralelas á costa.  Tómbolos: cordóns areentos que unen unha illa coa costa. O transporte de area ao longo da costa realízano as correntes de deriva producidas polo vento cando sopra nunha dirección predominante oblicua á costa. 10. O MAR
  • 48. O mar A B C Plataforma de abrasión Acantilado Praia Tómbolo Frecha
  • 49. 11. AS ROCHAS SEDIMENTARIAS Os sedimentos transportados polos axentes xeolóxicos acaban acumulándose en concas sedimentarias. - As concas sedimentarias son zonas deprimidas da codia terrestre onde se acumulan os sedimentos. O seu fondo afúndese lentamente debido aos sedimentos que se amorean en capas. - As capas de sedimentos chámanse estratos e chegan a formar espesores de miles de metros a medida que a conca afunde. Os materiais enterrados van ser transformados por tres factores:  A gran presión, o peso dos materais.  Unha temperatura elevada, da calor interna da Terra.  A circulación da auga, que disolve e fai cristalizar minerais.
  • 50. LITIFICACIÓN OU DIAXÉNESE Conca sedimentaría Estratos TEMPERATURA CIRCULACIÓN DA AUGA PRESIÓN Rocha sedimentaria Estos tres factores fan que os sedimentos compacten pouco a pouco e solden entre sí formando as rochas sedimentarias. O proceso de transformación dos sedimentos para formar unha rocha sedimentaria denomínaselle litificación ou diaxénese.
  • 51. Rochas sedimentarias Calcaria (Caliza) de carbonato cálcico e cunchas Arxilita (Arcillita) de arxilas (tamaño pequeño de gran) Arenita (Arenisca) de area (tamaño medio de gran) Conglomerado, de gravas (tamaño grande de gran) Xeso (Yeso) de xeso mineral Algunhas rochas sedimentarias
  • 52. Algunhas rochas sedimentarias Tamén podemos destacar pola súa importancia económica as rochas sedimentarias de orixe orgánica: petróleo, carbón e gas natural.  Petróleo: Acumulación de materia orgánica debido a unha grande mortandade de plancto mariño de xeito xunto con material tipo arxila. Non se acumula en estratos e só é aproveitable comercialmente se escapa da rocha nai (impermeable) a unha rocha almacén (permeable).  Carbón: acumulación de materia orgánica vexetal xunto con sedimento en zonas pantanosas, lagunares e deltaicas que sofre un proceso especial de diaxénese denominado carbonización.  Gas natural: orixínase habitualmente xunto co petróleo, mestúrase con outros gases para dar lugar ao produto que utilizamos.
  • 54. WEBGRAFÍA  http://abanicosaluviales.weebly.com/  https://cienciasdelanaturaleza.files.wordpress.com/2012/03/tema-8_la- dinamica-externa-del-planeta.pdf  http://elgenmeme.com/post/117129078060/chiste-geol%C3%B3gico-p  http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/3ESO/Agentes_ 1/ampliaterreno.htm  https://sites.google.com/site/sjcalasanzciencias2/la-dinamica-externa-del- planeta/los-agentes-geologicos/el-mar  http://es.slideshare.net/adaneco/dinmica-terrestre-35473911  http://es.slideshare.net/ItziarOlaizola/2ccnn08edit?from_action=save