SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 87
Descargar para leer sin conexión
OS ECOSISTEMAS DA TERRA
Profesor: Adán Gonçalves
INTRODUCIÓN
As expedicións científicas dos séculos XVIII e XIX
sentaron as bases do coñecemento da estreita
relación que manteñen as plantas e os animais ao
distribuírse conxuntamente en determinadas rexións
xeográficas.
Nestas expedicións recopiláronse numerosos novos
datos xeolóxicos, botánicos e zoolóxicos.
Un dos naturalistas máis destacados foi Alexander
von Humboldt, quen investigou a interacción entre os
procesos naturais e os seres vivos. De orixe alemán,
as súas viaxes levarono por América e Asia.
A. Von Humboldt
INTRODUCIÓN
Nesta viaxes descubriu un principio
ecolóxico importante que é a relación
existente entre a latitude e a altitude, ao
describrir que subir unha montaña é
análogo a viaxar dende o ecuador cara ao
norte ou ao sur.
Foi polo tanto unha figura clave nos
estudos de distribución xeográfica das
especies e a súa relación co clima e o solo.
1. Que tipo de factores , bióticos ou abióticos,
consideraba fundamentais Humboldt para explicar
a distribución das especies?
2. Cales son eses factores?
3. Que principio ecolóxico descubriu Humboldt?
4. Se che ocorren máis factores esenciais na
distribución dos organismos?
INTRODUCIÓN
INTRODUCIÓN
O certo é que si existen outros factores que
inflúen de maneira determinante na distribución
xeográfica das especies.
Así, outro destacado naturalista e aventureiro
posterior, Charles Darwin atribuía un papel
fundamental aos factores bióticos, é dicir as
características dos propios seres vivos
(evolución, adaptación…) e os factores históricos
(historia da Terra, aparición xeográfica dunha
especie…)
C. Darwin
BIOMAS: OS ECOSISTEMAS DA TERRA
Un bioma é un conxunto de comunidades (biocenoses) que ocupan
unha área cunhas características xeográficas e climáticas
determinadas (biótopos).
Podemos diferenciar entre biomas terrestres e acuáticos.
Os grandes biomas distribúense dun xeito uniforme no planeta
dependendo da latitude e da altitude, é dicir, das características
climáticas.
1. BIOMAS TERRESTRES
Os ecosistemas terrestres son aqueles nos que os seres vivos poden vivir
sobre terra firma, rodeados de aire. Teñen menor extensión que os
acuáticos, pero debido a heteroxeneidade dos factores abióticos
proporcionan unha grande diversidade de seres vivos.
Os factores abióticos máis importantes nestes medios terrestres son : a
temperatura, a luz e a humidade.
1. BIOMAS TERRESTRES
 Temperatura: un mesmo lugar pode acadar grandes variacións estacionais.
Ademais a temperatura descende coa altitude e aumenta dende os polos ata o
ecuador. Asemade, o mar ten un efecto termorregulador e as zonas costeiras
teñen menor variación.
 Luz: importantísima para os vexetais. Nos animais inflúe nas funcións vitais
(comportamento, fisioloxía, …)
 Humidade: é a cantidade de auga que contén o aire. É esencial para a vida.
Segundo as condicións climáticas diferéncianse tres grandes zonas en cada
hemisferio: zona fría (dos polos ata os círculos polares), zona temperada
(entre os círculos polares e os trópicos) e zona cálida (entre os trópicos).
Zona fría
Zona fría
Zona templada
Zona templada
Zonacálida
Ecuador
Trópico de Cáncer
Trópico de Capricornio
ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA
BIOMAS DE CLIMAS FRÍOS
Deserto polar e tundra Taiga
BIOMAS
DE CLIMAS
TEMPLADOS
Bosque caducifolio Bosque mediterráneo Estepa
Deserto Sabana Selva tropical
BIOMAS
DE CLIMAS
CÁLIDOS
1. BIOMAS TERRESTRES
Bosque ecuatorial e bosque tropical
Desertos fríos:
Os polos. Xeos permanentes.
Baixas precipitacións e temperaturas.
Fauna característica: pinguíns (hemisferio sur) e oso polar (hemisferio norte).
Sen vexetación.
1. BIOMAS TERRESTRES
Tundra:
Temperaturas baixas e escasas precipitacións
Solo conxelado (permafrost), no verán desconxélase a parte superior.
Flora: brións e liques e algunhas herbáceas e gramíneas.
Fauna: lemmings, raposo ártico, reno, lobo gris, perdiz nival...
Climas fríos
Taiga:
Precipitacións abundantes en forma de neve. Invernos longos e fríos.
Bosque de coníferas: abetos, piñeiros e piceas.
Fauna: lince, oso, alce, reno, lebre ártica, lobo.
1. BIOMAS TERRESTRES
Climas fríos
1. BIOMAS TERRESTRES
Climas temperados
Estepas:
Chuvias escasas e irregulares. Veráns secos e calurosos e invernos longos e
fríos.
Flora: herbáceas (gramíneas) e árbores dispersos.
Fauna: bisontes, gacelas, cabalos salvaxes, grandes rapaces, réptiles,
coiotes.
Bosque caducifolio:
Chuvias abundantes todo ano. Estacións marcadas.
Bosques de carballos, faias e castiñeiros. (Bosque atlántico)
Fauna: oso, raposo, gato montés, lobo, esquío, porco bravo, rapaces
nocturnas.
1. BIOMAS TERRESTRES
Bosque mediterráneo:
Clima mediterráneo (3 meses de sequía estival). Mediterráneo, e zonas de
Chile, Sudáfrica e Australia.
Flora: Sobreiras, aciñeiras, matogueiras e plantas aromáticas (romeiro,
tomillo...)
Fauna: corzos, xabaríns, coellos, réptiles, insectos, xenetas, gran variedade
de aves.
Climas temperados
1. BIOMAS TERRESTRES
Climas cálidos
Bosque tropical e ecuatorial:
No ecuador e arredores. Precipitacións moi abundantes (no tropical unha
estación máis seca).
Flora: típicas selvas. Plantas epífitas (plantas que viven sobre outras, pero non
son parasitos: orquídeas, bromelias, brións...) e gabeadoras como as lianas, e
grandes árbores de folla perenne.
Fauna: gorilas, chimpancés, monos aulladores, tucáns, anacondas, iguanas.
1. BIOMAS TERRESTRES
Climas cálidos
Desertos cálidos:
Escasez de chuvias. Diferenza marcada de temperatura día-noite.
Vexetación xerofítica (adaptada a falta de auga): cactos e euforbias.
Fauna: camelos, dromedarios, lagartos, canguros...
Sabana:
Altas temperaturas con pouca variación anual. Precipitacións moi
irregulares (estación seca longa e húmida curta).
Flora: herbas, matogueiras e algunha árbore (acacias).
Fauna: gacela, ñús, cebras, leóns, guepardos, leopardos, elefantes.
2. ECOSISTEMAS TERRESTRES NATURAIS
Alta Montaña (Galicia: Pena Trevinca e Os Ancares)
 Grandes diferenzas de temperatura entre o verán e o inverno (cuberto de
neve nos meses máis fríos).
 A escaseza de alimento no inverno provoca a migración ou a hibernacíón de
moitos animais.
Bosque caducifolios (Galicia: Fragas do Eume e O Caurel)
 Formados fundamentalmente por árbores de folla caduca (faias, bidueiros,
carballos, …) Moita riqueza, solo fértil que alberga moitos seres vivos.
 Típicos do clima oceánico. No norte penínsular, en Galicia sobre todo Lugo.
2. ECOSISTEMAS TERRESTRES NATURAIS
© www.adelaleiro.com
É o tipo de bosque que lle corresponde a Galicia pola súa situación.
Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado
sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes
da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques.
Acollen aos animais máis grandes da fauna galega.
As fragas son os bosques naturais de maior diversidade.
BOSQUE CADUCIFOLIO
Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións
asociadas ás zonas húmidas de altitude media.
©www.adelaleiro.com
©fundacionmatrix.blogspot.es
As fragas son bosques caducifolios antigos e ben conservados como este que vemos das
Fragas do Eume en Pontedeume (A Coruña)‫‏‬
©wwwadelaleiro.com
Carballeiras. Bosques de carballos cun aproveitamento silvo-pastoral.
Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas.
©www.adelaleiro.com
Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociadas aos
terreos calcarios. Os máis importantes atópanse en Ancares, O
Courel e Serra de Meira.
Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no
sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e
escuras nas montañas de Ancares e o Courel.
©www.adelaleiro.com
2. ECOSISTEMAS TERRESTRES NATURAIS
Outros exemplos son:
 O Bosque Mediterráneo (as reboleiras) en Galicia
limitado a zona suroriental (Ourense sobre todo) con predominio de
árbores como a sobreira e aciñeira e arbustos como o érbedo.
 A Matogueira galega de toxo, uces e queiruga que alberga
unha grande biodiversidade. Favorecidos polo ser humano, xa que
antigamente os toxos e xestas empregábanse para facerlle a cama ao
gando e para o estrume. Moi abundantes por exemplo en Serra de Queixa
(Ourense).
©www.adelaleiro.com
REBOLEIRAS
BOSQUE MEDITERRÁNEO
Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é
o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con
algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas.
FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva , cantroxo, orquídeas...
FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, xeneta,
gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
©www.adelaleiro.com
Aciñeira (Quercus ilex).
Rebolo
(Quercus pubescens)‫‏‬
Érbedo (Arbutus unedo).
©www.adelaleiro.com
MATOGUEIRA-MONTE BAIXO
Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do
30% do territorio, a maior parte dos terreos sen cultivar e as partes
máis altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a
zona.
©www.adelaleiro.com
FLORA:
Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas,
breixos, queirugas, abrodias, arandeiras...
O toxo (Ulex...) é a planta máis
común nas zonas baixas. Todos os
toxos son arbustos espiñentos
comúns en Galicia. Foron moi
usados sobre todo para estrar as
cortes do gando de onde se sacaba
máis tarde para abonar as leiras.
©www.adelaleiro.com
FAUNA:
Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco,
lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas...
Perdices
Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse na
herba para alimentarse doutros insectos. Fregando
as as produce un son característico.
Os saltóns vense no verán nos lugares secos.
Aliméntanse de vexetais.
©www.adelaleiro.com
Carqueixa (Pterospartum tridentatum).
Vive en terreos pobres e soleados.
Xesta (Cytisus striatus).
Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas castes
de breixos en todas as matogueiras.
Os arandos (Vaccinium myrtillus)
maduran ao abrigo dos piornos.
©www.adelaleiro.com
3. ECOSISTEMAS TERRESTRES HUMANIZADOS
Cultivos (Campiña galega: Comarca da Ulloa)
 Terreos cultivados con herbáceas (gramíneas fundamentalmente) que
albergan especies particulares. En Galicia están en regresión.
 As características do biótopo varían atendendo ao clima e o tipo de cultivo
(regadío ou secano)
 Son moi importantes as lindes destes cultivos onde aparecen as silvas por
ser sitios de aniñamento, refuxio e alimento para moitos animais.
SEBES E BEIRAIS
Liñas de vexetación que rodean os cultivos nas que perviven especies
que foron desaloxadas do seu medio natural. Estas formacións
supoñen unha oportunidade de supervivencia para moitas especies
vexetais e animais. Manteñen a biodiversidade das zonas cultivadas e
sérvenlle de refuxio aos animais silvestres.
©www.adelaleiro.com
3. ECOSISTEMAS TERRESTRES HUMANIZADOS
Parques e xardíns
 O medio urbano alberga flora e fauna capaz de convivir co ser humano.
 Moitas veces supoñen a observación de especies alóctonas.
 Deben xestionarse axeitadamente para evitar problemas de especies
invasoras.
3. ECOSISTEMAS TERRESTRES HUMANIZADOS
Outros ecosistemas con forte influenza humana en Galicia son:
Os Bosques de repoboación, son os piñeirais e
eucaliptais plantados polo home, moi difundidos por toda a costa galega.
Moita menor diversidade que os bosques autóctonos porque son
monocultivos.
Os encoros, que poden presentar unha riqueza moi importante
para as aves acuáticas. Por exemplo Encoro de Cecebre (A Coruña).
PIÑEIRAIS
Plantacións de piñeiros. Na zonas baixas e preto da costa están
constituídos por piñeiro galego e piñeiro de repoboación e nas
altas, do interior, por piñeiro silvestre.
Debaixo dos piñeiros, a falta de luz impide o desenvolvemento de
moitas especies. So se desenvolven ben os fentos e algunhas
herbas. Por ser máis pobre en especies vexetais a fauna é menos
variada que a do bosque caducifolio.
©www.adelaleiro.com
EUCALIPTAIS
Os eucaliptos foron introducidos como cultivo hai pouco máis dun
século. Na actualidade cobren grandes superficies que presentan,
pola falta de auga e as secrecións das propias árbores, o terreo case
espido, no que apenas se desenvolven máis que algunhas herbas e
arbustos residuais resistentes.
A especie máis abundante é o Eucaliptus globulus
©www.adelaleiro.com
ENCOROS
Grandes masas de auga doce contidas por unha presa. As
caracteríticas son unha mestura das dos ríos e as dos lagos.
©www.adelaleiro.co
Lique (Lichina pigmaea), vive xusto na
línea a onde chega o mar.
Prixel do mar (Crithmum
maritimum). Vive en rochas
abrigadas.
Herba de namorar (Armeria maritima).
Reúne todas as características necesarias
para sobrevivir nestes lugares: raíces
longas, forma compacta, follas con pelos,
…
©www.adelaleiro.com
ANEXO:ECOSISTEMAS TERRESTRES EXCLUSIVOS
DE COSTA: ACANTILADOS
PRAIAS
Son zonas baixas co terreo formado por area ou
materiais miúdos soltos polo que as plantas teñen
moita dificultade para suxeitarse e os animais
poucos sitios nos que agocharse.
©www.adelaleiro.com
ANEXO:ECOSISTEMAS TERRESTRES EXCLUSIVOS
DE COSTA: PRAIAS E DUNAS
Adaptacións especiais ao
forte vento, salinidade,
sequidade, insolación…
DUNAS
Son un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida
porque están formadas por material solto en movemento no que
a auga é escasa e están sometidos a unha forte insolación e
exposición ao vento. Son medios moi fráxiles que se alteran
gravemente pola acción humana. Exemplos: Dunas de
Corrubedo e a Lanzanda.
©www.adelaleiro.com
ANEXO:ECOSISTEMAS TERRESTRES EXCLUSIVOS
DE COSTA: PRAIAS E DUNAS
Arenaria do mar (Honkenya
peploides).
A planta das praias que vive
máis preto do mar.
Cardo mariño. (Eryngium maritimum).
Desenvólvese nos primeiros
amoreamentos de area que se forman po
enriba da liña de marea.
Feo (Ammophila arenaria), medra na parte
máis alta da duna móbil, onde o vento
bate con máis forza. Coas longas raíces e
talos subterráneos contribúe a fixar a
area.
©www.adelaleiro.com
4. BIOMAS ACUÁTICOS
Os ecosistemas acuáticos son aqueles nos que os seres vivos atópanse rodeados
de auga. Hai dous tipos: mariños e de auga doce.
Os factores abióticos máis importantes nestes biomas acuáticos son: a luz, a
temperatura, a presión, a salinidade e a cantidade de osíxeno.
 A luz: condiciona a presenza dos organismos fotosintéticos. Diminúe coa
profundidade, falamos de zona fótica (iluminada) e zona afótica (sen luz).
 A temperatura: menos variable que nos biomas terrestres. Varía segundo a
distancia a costa e a profundidade.
 A presión: aumenta coa profundidade.
 A salinidade: nas augas mariñas o contido é estable, nas continentais varía
máis por exemplo dependendo do solo polo que circula o río.
 Cantidade de osíxeno: menor que en biomas terrestres.
4. BIOMAS ACUÁTICOS
A vida nas augas: Plancto, Necto e Bentos
4. BIOMAS ACUÁTICOS
4. BIOMAS ACUÁTICOS
5. ECOSISTEMAS MARIÑOS
Zona intermareal, biótopo que queda mergullado e sometido á
ondanada en marea alta e descuberto en marea baixa, moitos animais
entéranse entón na area ou ocupan as charcas.
COSTA ROCHOSA
FLORA:
Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar...
Golfos (Laminaria ochroleuca).
Algas pardas que poden acadar
máis de 2 m de lonxitude e forman
bosques submariños no infralitoral
exposto.
Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que viven
na zona intermareal da costa protexida e resisten
ben a desecación
©www.adelaleiro.com
Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están
perfectamente adaptados á vida nas rochas, teñen
cunchas fortes e órganos de suxección.
FAUNA:
Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas,
ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes...
Os percebes (Pollicipes cornucopia) son
crustáceos cirripedos que viven fixos nas
rochas batidas na zona intermareal.
©www.adelaleiro.com
Arneirón (Balanus spp).
5. ECOSISTEMAS MARIÑOS
Fondos areentos pouco profundos, chega a luz e hai osíxeno
por estar batido, crecen algas e plantas.
FAUNA:
Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola,
ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos...
Coquina (Donax vitatus). Un molusco
abundante nos fondos areosos das
praias de mar aberto.
Ourizo de area
(Echinocardium
cordatum). Vive
enterrado ata 20 cm
de profundidade na
area das praias
expostas.
Navalla (Ensis ensis).
Vive enterrada
verticalmente en fondos
de area fina.
Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos
están adaptados á vida nos fondos areosos.
Arola (Lutratia lutraria). Molusco bivalvo
que pode acadar os 13 cm de lonxitude.
Vive en fondos de area e grava ata os 100
m de profundidade.
©www.adelaleiro.com
Raia (Raja clavata). Vive en fondos de
area e fango ata 500 de profundidade.
Pode acadar 1 m de lonxitude.
Xiba ou chopo (Sepia officinalis). Molusco cefalópodo que vive en
zonas de area e fango con vexetación. Nace preto da costa e vaise
alonxando dela segundo medra.
©www.adelaleiro.com
5. ECOSISTEMAS MARIÑOS
A rexión oceánica, É a que se atopa lonxe das costas onde se
superan os 200 m de fondo e poden chegar aos 4.000 de media. A súa
importancia ven dada pola riqueza da vida que acolle e, sobre todo, porque os
organismos que constitúen o fitoplanto son, polo seu número, os máis grandes
produtores de osíxeno do planeta.
Nesta zona só poden vivir os seres que aboian libremente e os bos nadadores,
e, na profundidade, os que son capaces de soportar a falta de luz e as grandes
presións.
FLORA:
Algas, sobre todo as microscópicas (fitoplanto).
©www.adelaleiro.com
FAUNA:
Balea, cachalote, golfiño, atún, bonito, xurelo, sardiña, cigala,
tiburón, pescada, bacallao, augamares, cigala, cangrexo real,
calamar e polbo xigantes...
Peixe pescador. Vive nas profundidades abisais.
Como consecuencia da falta de luz non presenta
pigmentación.
Pescada (Merlucius merlucius). Vive entre os 100 e
os 1.000 m de profundidade, aínda que cando é
nova achégase moito á costa. Pode acadar 1 m de
longo e pesar máis de 10 kg.
Bonito (Tunnus alalunga). Pode chegar a
medir 1 m e pesar entre 9 e 10 kg.
Quenlla (Prionace glauca). Un tiburón que
pode acadar os 4 m de lonxitude.
©www.adelaleiro.com
6. ECOSISTEMAS DE AUGA DOCE
Ríos e regatos, se non están contaminados son transparentes e con
alto contido en osíxeno disolto debido á axitación da auga. Se a auga queda
remansada aumenta a temperatura e diminúe o osíxeno.
RÍOS
Son ecosistemas acuáticos moi variados en función da temperatura
do movemento da auga, e da profundidade. Por iso, posúen tamén
unha grande variedade de hábitats para a fauna e flora.
©www.adelaleiro.com
FLORA:
Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos,
molinia, chantaxe de auga....
Herba lameiriña (Callitriche satagnalis)‫‏‬
Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica)‫‏‬ Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)‫‏‬
©www.adelaleiro.com
FAUNA:
Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita,
anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo,
patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas,
mexillón de río...
A londra (Lutra lutra) caza peixes nos
ríos limpos.
A troita (Salmo trutta) é o peixe que
podemos atopar en todas as zonas do
curso do río. Ra patilonga
©www.adelaleiro.com
©www.adelaleiro.com
6. ECOSISTEMAS DE AUGA DOCE
Os Bosques de ribeira formados por salgueiros, ameneiros e
abeleiras que se desenvolven nas marxes dos nosos ríos.
Flora característica: ameneiros, salgueiros, abeleiras, fentos, brións...
Fauna: merlo rieiro, lavandeiras, anfibios (como a saramaganta), escaravellos...
Salgueiro (Salix atrocinerea Brot.)‫‏‬
http://www.rios-galegos.com/vidario3.htm
Ameneiro (Alnus glutinosa)‫‏‬
©www.adelaleiro.com
6. ECOSISTEMAS DE AUGA DOCE
Lagoas e marismas, nalgún casos salgadas se están preto da costa.
Pouca profundidade, incluso secas na época estival. Pouco osíxeno polo
remansado da auga.
QUE SON AS ZONAS HÚMIDAS?
Son zonas de transición entre os ecosistemas terrestres e acuáticos:
 Esteiro: extensións próximas ás desembocaduras dos ríos.
 Marismas: terreos baixos que se inundan coa preamar.
 Gándaras, brañas e turbeiras: terreos alagados. Posúen matogueiras
moi especiais constituíndo hábitats protexidos pola U.E. son as
chamadas uceiras húmidas atlánticas.
 Lagoas e charcas, hainas de auga doce (Lagoa de Cospeito) ou litorais
(Louro), teñen grande biodiversidade, pero no noso país durante boa
parte do século XX foron desecadas por consideralas prexudiciais.
LAGOAS E HUMIDAIS
GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS
Podemos consideralas como
elementos en distinta fase do
proceso de colmatación (recheo
natural producido nas lagoas
polos restos que van caíndo e as
achegas dos ríos) de zonas
húmidas pechadas.
Presentan un tipo de vexetación
en sucesión entre os vexetais
acuáticos, de ribeira e tipicamente
terrestres da zona na que se
atopan.
Evolución desde unha lagoa
a unha braña
Gándara
Braña
Lagoa
©www.adelaleiro.com
©www.adelaleiro.com
FLORA:
Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios,
rorelas, breixos, pinguícola...
Pinguicula... planta carnívora das
brañas de monte.
Os narcisos
(Narcisus...)
florecen nos
lugares húmidos.
A rorela (Drosera...) é unha planta
carnívora común nas brañas.
O salgueiro (Salix cinerea) é a
árbore máis común das zonas
húmidas.
Eneas ou palla real (Typha latifolia).
©www.adelaleiro.com
FAUNA:
Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía,
espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga,
escaravellos de auga, caracois, lapas...
Lavanco real (Anas plathyrrynchos),
macho e femia.
A galiñola negra (Fulica atra) é común en todos
os lugares onde exista unha pequena lagoa
rodeada de vexetación.
©wwww.adelaleiro.com
Aeshna. O máis grande dos
cabalos do demo.
Ra verde (Rana perezi)‫‏‬
©www.adelaleiro.com
AS RÍAS: UN ECOSISTEMA MOI GALEGO
En realidade as nosas rías son unha mestura de ecositemas cunha grande
riqueza biolóxica debido a combinación das augas mariñas e o seu
afloramento coas achegas dos ríos, presentando ademais diferenzas en canto
a profundidade e o batido das súas augas.
Sustenta amplos bosques de algas (golfos) onde viven invertebrados como os
ourizos, polbos, nécoras… e peixes como o congro, lorchos, maragotas…
7. O SOLO COMO ECOSISTEMA
O solo é a capa máis superficial que recobre a codia terrestre e está
constituída por rochas máis ou menos alteradas e os seres vivos que viven
nel.
Biotopo do solo:
- Compoñentes inorgánicos: sólidos (gravas, areas, limos e arxilas), líquidos
(auga con sales) e gasosos (aire nos poros).
- Temperatura e humidade máis constante que no exterior.
- Carencia de luz, excepto na superficie.
7. O SOLO COMO ECOSISTEMA
Biocenose do solo:
- Plantas que contribúen na erosión das rochas.
- Pequenos animais (toupas, anélidos, insectos...) esenciais na aireación.
- Bacterias e fungos que descompoñen a materia orgánica e forman o humus.
Formación dun solo
7. O SOLO COMO ECOSISTEMA
7. O SOLO COMO ECOSISTEMA
8. ESPAZOS NATURAIS
Os espazos naturais protexidos son territorios nos que se limita o tipo de
actividades ou usos que se poden realizar neles (novas construcións,
verteduras, industria....)
Si se poden desenvolver actividades tradicionais.
A súa principal finalidade é a conservación.
Existen distintas categorías de conservación: parques nacionais, parques
naturais, reservas naturais, paisaxes protexidas...
8. ESPAZOS NATURAIS
REDE NATURA
A Rede Natura 2000 foi creada pola UE para preservar espazos cun especial
interese en cada rexión.
Dentro da rede diferéncianse as zonas LIC (Lugar de importancia comunitaria) e as
ZEPAS (zona de especial protección para as aves).
Galicia forma parte da rexión bioxeográfica atlántica europea e posúe algún tipo
de protección no 13% do seu territorio.
9. BIODIVERSIDADE
A biodiversidade é a variedade de especies que habitan ou habitaron o noso
planeta.
Se falamos da biodiversidade dun ecosistema, nos referimos a cantidade de
organismos diferentes que habitan nese ecosistema.
Se a biodiversidade dun ecosistema é alta, o número de especies é grande e
ningunha supón a maior parte da biomasa.
Se a biodiversidade é baixa, o ecosistema ten pouca variedade de especies e
unha ou unhas poucas constitúen a maior parte da biomasa.
É moi importante conservar e protexer a biodiversidade dos ecosistemas xa
que a variedade de especies permite manter o equilibrio ecolóxico do planeta
e proporcionanos recursos.
8. BIODIVERSIDADE
Extinción por
acción humana
9. ADAPTACIÓN E EVOLUCIÓN
A adaptación é o conxunto de características (fisiolóxicas, anatómicas,
comportamentais) dos seres vivos que lles permiten adecuarse ao medio no que
viven.
A evolución son os cambios que suceden nos organismos ao longo de millóns de
anos.
A biodiversidade é unha consecuencia da evolución da vida na Terra, unhas
especies xurdiron doutras e as actuais son diferentes das antigas.
9.1. Adaptaciones nos ecosistemas terrestres
VEXETAIS ANIMAIS
HUMEDADE
Zonas Secas: follas pequenas ou
como espiñas para reducir as
perdas por evaporación
Zonas secas: caparazóns ou
escamas que evitan a sequedade
(réptiles)
LUZ
Crecen na procura da luz
Actividade de día ( a maioría) ou
de noite ( morcegos, polillas...)
TEMPERATURA
Poiquilotermos: non regulan a súa
temperatura corporal (peixes,
anfibios e réptiles)
Homeotermos: regulan a súa
temperatura corporal. (aves
(plumas) e mamíferos (pelo))
9.2. Adaptaciones nos ecosistemas acuáticos
VEXETAIS ANIMAIS
LUZ
A fotosíntese só se realiza nas
zonas superficiais
Nas zonas abisais os animais
posúen mecanismos propios de
produción de luz
MOVEMENTO DA AUGA Fixadas ao substrato
Agochados nas rochas ou
enterrados. Formas redondeadas
e esqueletos duros.
DENSIDADE DA AUGA
Forma hidrodinámica dos animais
nadadores.
Moitos peixes posúen vexiga
natatoria que lles axuda a flotar.
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
 www.adelaleiro.com
 www.quimicaweb.net
 http://es.slideshare.net/adaneco/ecosistemas-ii
 http://es.slideshare.net/adaneco/os-ecosistemas-32845795?related=1
 http://es.slideshare.net/Alberkar/los-ecosistemas-de-la-tierra-2012-11416786
 varinia.es

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (20)

A ecosfera
A ecosferaA ecosfera
A ecosfera
 
Dinámica dos ecosistemas
Dinámica dos ecosistemasDinámica dos ecosistemas
Dinámica dos ecosistemas
 
Traballlo naturais ecosistemas
Traballlo naturais ecosistemasTraballlo naturais ecosistemas
Traballlo naturais ecosistemas
 
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_bAnimais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_b
 
Os ecosistemas
Os ecosistemas Os ecosistemas
Os ecosistemas
 
Tema 11. a ecosfera
Tema 11. a ecosferaTema 11. a ecosfera
Tema 11. a ecosfera
 
Dominios bioclimáticos
Dominios bioclimáticosDominios bioclimáticos
Dominios bioclimáticos
 
Ecosistemas
EcosistemasEcosistemas
Ecosistemas
 
O paxaro bobo
O paxaro boboO paxaro bobo
O paxaro bobo
 
Senegal
SenegalSenegal
Senegal
 
O deserto cálido
O deserto cálidoO deserto cálido
O deserto cálido
 
Os bosques
Os bosquesOs bosques
Os bosques
 
Os ecosistemas (Educación Primaria)
Os ecosistemas (Educación Primaria)Os ecosistemas (Educación Primaria)
Os ecosistemas (Educación Primaria)
 
Ecosistema
EcosistemaEcosistema
Ecosistema
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
Ecosistemas galegos[1]
Ecosistemas galegos[1]Ecosistemas galegos[1]
Ecosistemas galegos[1]
 
Parques nacionales de españa
Parques nacionales de españaParques nacionales de españa
Parques nacionales de españa
 
Os ecosistemas
Os ecosistemasOs ecosistemas
Os ecosistemas
 
Observar é Aprender
Observar é AprenderObservar é Aprender
Observar é Aprender
 
Cambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasCambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemas
 

Similar a Ecosistemas da terra (t6)

Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegosmonadela
 
AS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEAS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEmarichoni
 
Espazos naturais de Galicia
Espazos naturais de GaliciaEspazos naturais de Galicia
Espazos naturais de Galicialuarnafraga
 
Pn fragas do eume
Pn fragas do eume Pn fragas do eume
Pn fragas do eume iesasorey
 
U 6. climas e paisaxes terra
U 6. climas e paisaxes  terraU 6. climas e paisaxes  terra
U 6. climas e paisaxes terraAgrela Elvixeo
 
Fragas do eume1
Fragas do eume1Fragas do eume1
Fragas do eume1cerredo
 
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galegoU 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galegoAgrela Elvixeo
 
UNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: HidroloxíaUNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: Hidroloxíacamposseijo
 
Arribes do Douro
Arribes do DouroArribes do Douro
Arribes do Douromonadela
 
A_vexetación_en_España
A_vexetación_en_EspañaA_vexetación_en_España
A_vexetación_en_Españagermanvila
 
A vexetación en_españa
A vexetación en_españaA vexetación en_españa
A vexetación en_españagermanvila
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior monadela
 

Similar a Ecosistemas da terra (t6) (20)

Bosque mediterráneo
Bosque mediterráneoBosque mediterráneo
Bosque mediterráneo
 
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
 
ECOSISTEMAS DE ESPAÑA
ECOSISTEMAS DE ESPAÑAECOSISTEMAS DE ESPAÑA
ECOSISTEMAS DE ESPAÑA
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
A selva
A selvaA selva
A selva
 
AS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUMEAS FRAGAS DO EUME
AS FRAGAS DO EUME
 
Espazos naturais de Galicia
Espazos naturais de GaliciaEspazos naturais de Galicia
Espazos naturais de Galicia
 
Pn fragas do eume
Pn fragas do eume Pn fragas do eume
Pn fragas do eume
 
As fragas do eume
As fragas do eumeAs fragas do eume
As fragas do eume
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Ecosistemas2º
Ecosistemas2ºEcosistemas2º
Ecosistemas2º
 
U 6. climas e paisaxes terra
U 6. climas e paisaxes  terraU 6. climas e paisaxes  terra
U 6. climas e paisaxes terra
 
Fragas do eume1
Fragas do eume1Fragas do eume1
Fragas do eume1
 
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galegoU 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
U 7. climas e paisaxes de europa e de españa. o medio físico galego
 
UNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: HidroloxíaUNIDADE 3: Hidroloxía
UNIDADE 3: Hidroloxía
 
Traballo ecosistema
Traballo ecosistemaTraballo ecosistema
Traballo ecosistema
 
Arribes do Douro
Arribes do DouroArribes do Douro
Arribes do Douro
 
A_vexetación_en_España
A_vexetación_en_EspañaA_vexetación_en_España
A_vexetación_en_España
 
A vexetación en_españa
A vexetación en_españaA vexetación en_españa
A vexetación en_españa
 
LIC Monte Maior
LIC Monte Maior LIC Monte Maior
LIC Monte Maior
 

Más de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

Más de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 

Ecosistemas da terra (t6)

  • 1. OS ECOSISTEMAS DA TERRA Profesor: Adán Gonçalves
  • 2. INTRODUCIÓN As expedicións científicas dos séculos XVIII e XIX sentaron as bases do coñecemento da estreita relación que manteñen as plantas e os animais ao distribuírse conxuntamente en determinadas rexións xeográficas. Nestas expedicións recopiláronse numerosos novos datos xeolóxicos, botánicos e zoolóxicos. Un dos naturalistas máis destacados foi Alexander von Humboldt, quen investigou a interacción entre os procesos naturais e os seres vivos. De orixe alemán, as súas viaxes levarono por América e Asia. A. Von Humboldt
  • 3. INTRODUCIÓN Nesta viaxes descubriu un principio ecolóxico importante que é a relación existente entre a latitude e a altitude, ao describrir que subir unha montaña é análogo a viaxar dende o ecuador cara ao norte ou ao sur. Foi polo tanto unha figura clave nos estudos de distribución xeográfica das especies e a súa relación co clima e o solo.
  • 4. 1. Que tipo de factores , bióticos ou abióticos, consideraba fundamentais Humboldt para explicar a distribución das especies? 2. Cales son eses factores? 3. Que principio ecolóxico descubriu Humboldt? 4. Se che ocorren máis factores esenciais na distribución dos organismos? INTRODUCIÓN
  • 5. INTRODUCIÓN O certo é que si existen outros factores que inflúen de maneira determinante na distribución xeográfica das especies. Así, outro destacado naturalista e aventureiro posterior, Charles Darwin atribuía un papel fundamental aos factores bióticos, é dicir as características dos propios seres vivos (evolución, adaptación…) e os factores históricos (historia da Terra, aparición xeográfica dunha especie…) C. Darwin
  • 6. BIOMAS: OS ECOSISTEMAS DA TERRA Un bioma é un conxunto de comunidades (biocenoses) que ocupan unha área cunhas características xeográficas e climáticas determinadas (biótopos). Podemos diferenciar entre biomas terrestres e acuáticos. Os grandes biomas distribúense dun xeito uniforme no planeta dependendo da latitude e da altitude, é dicir, das características climáticas.
  • 7. 1. BIOMAS TERRESTRES Os ecosistemas terrestres son aqueles nos que os seres vivos poden vivir sobre terra firma, rodeados de aire. Teñen menor extensión que os acuáticos, pero debido a heteroxeneidade dos factores abióticos proporcionan unha grande diversidade de seres vivos. Os factores abióticos máis importantes nestes medios terrestres son : a temperatura, a luz e a humidade.
  • 8. 1. BIOMAS TERRESTRES  Temperatura: un mesmo lugar pode acadar grandes variacións estacionais. Ademais a temperatura descende coa altitude e aumenta dende os polos ata o ecuador. Asemade, o mar ten un efecto termorregulador e as zonas costeiras teñen menor variación.  Luz: importantísima para os vexetais. Nos animais inflúe nas funcións vitais (comportamento, fisioloxía, …)  Humidade: é a cantidade de auga que contén o aire. É esencial para a vida. Segundo as condicións climáticas diferéncianse tres grandes zonas en cada hemisferio: zona fría (dos polos ata os círculos polares), zona temperada (entre os círculos polares e os trópicos) e zona cálida (entre os trópicos).
  • 9. Zona fría Zona fría Zona templada Zona templada Zonacálida Ecuador Trópico de Cáncer Trópico de Capricornio ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA
  • 10. BIOMAS DE CLIMAS FRÍOS Deserto polar e tundra Taiga BIOMAS DE CLIMAS TEMPLADOS Bosque caducifolio Bosque mediterráneo Estepa Deserto Sabana Selva tropical BIOMAS DE CLIMAS CÁLIDOS 1. BIOMAS TERRESTRES Bosque ecuatorial e bosque tropical
  • 11. Desertos fríos: Os polos. Xeos permanentes. Baixas precipitacións e temperaturas. Fauna característica: pinguíns (hemisferio sur) e oso polar (hemisferio norte). Sen vexetación. 1. BIOMAS TERRESTRES Tundra: Temperaturas baixas e escasas precipitacións Solo conxelado (permafrost), no verán desconxélase a parte superior. Flora: brións e liques e algunhas herbáceas e gramíneas. Fauna: lemmings, raposo ártico, reno, lobo gris, perdiz nival... Climas fríos
  • 12. Taiga: Precipitacións abundantes en forma de neve. Invernos longos e fríos. Bosque de coníferas: abetos, piñeiros e piceas. Fauna: lince, oso, alce, reno, lebre ártica, lobo. 1. BIOMAS TERRESTRES Climas fríos
  • 13. 1. BIOMAS TERRESTRES Climas temperados Estepas: Chuvias escasas e irregulares. Veráns secos e calurosos e invernos longos e fríos. Flora: herbáceas (gramíneas) e árbores dispersos. Fauna: bisontes, gacelas, cabalos salvaxes, grandes rapaces, réptiles, coiotes. Bosque caducifolio: Chuvias abundantes todo ano. Estacións marcadas. Bosques de carballos, faias e castiñeiros. (Bosque atlántico) Fauna: oso, raposo, gato montés, lobo, esquío, porco bravo, rapaces nocturnas.
  • 14. 1. BIOMAS TERRESTRES Bosque mediterráneo: Clima mediterráneo (3 meses de sequía estival). Mediterráneo, e zonas de Chile, Sudáfrica e Australia. Flora: Sobreiras, aciñeiras, matogueiras e plantas aromáticas (romeiro, tomillo...) Fauna: corzos, xabaríns, coellos, réptiles, insectos, xenetas, gran variedade de aves. Climas temperados
  • 15. 1. BIOMAS TERRESTRES Climas cálidos Bosque tropical e ecuatorial: No ecuador e arredores. Precipitacións moi abundantes (no tropical unha estación máis seca). Flora: típicas selvas. Plantas epífitas (plantas que viven sobre outras, pero non son parasitos: orquídeas, bromelias, brións...) e gabeadoras como as lianas, e grandes árbores de folla perenne. Fauna: gorilas, chimpancés, monos aulladores, tucáns, anacondas, iguanas.
  • 16. 1. BIOMAS TERRESTRES Climas cálidos Desertos cálidos: Escasez de chuvias. Diferenza marcada de temperatura día-noite. Vexetación xerofítica (adaptada a falta de auga): cactos e euforbias. Fauna: camelos, dromedarios, lagartos, canguros... Sabana: Altas temperaturas con pouca variación anual. Precipitacións moi irregulares (estación seca longa e húmida curta). Flora: herbas, matogueiras e algunha árbore (acacias). Fauna: gacela, ñús, cebras, leóns, guepardos, leopardos, elefantes.
  • 17. 2. ECOSISTEMAS TERRESTRES NATURAIS Alta Montaña (Galicia: Pena Trevinca e Os Ancares)  Grandes diferenzas de temperatura entre o verán e o inverno (cuberto de neve nos meses máis fríos).  A escaseza de alimento no inverno provoca a migración ou a hibernacíón de moitos animais.
  • 18. Bosque caducifolios (Galicia: Fragas do Eume e O Caurel)  Formados fundamentalmente por árbores de folla caduca (faias, bidueiros, carballos, …) Moita riqueza, solo fértil que alberga moitos seres vivos.  Típicos do clima oceánico. No norte penínsular, en Galicia sobre todo Lugo. 2. ECOSISTEMAS TERRESTRES NATURAIS
  • 19. © www.adelaleiro.com É o tipo de bosque que lle corresponde a Galicia pola súa situación. Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques. Acollen aos animais máis grandes da fauna galega. As fragas son os bosques naturais de maior diversidade. BOSQUE CADUCIFOLIO
  • 20. Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media. ©www.adelaleiro.com
  • 21. ©fundacionmatrix.blogspot.es As fragas son bosques caducifolios antigos e ben conservados como este que vemos das Fragas do Eume en Pontedeume (A Coruña)‫‏‬
  • 22. ©wwwadelaleiro.com Carballeiras. Bosques de carballos cun aproveitamento silvo-pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas.
  • 23. ©www.adelaleiro.com Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociadas aos terreos calcarios. Os máis importantes atópanse en Ancares, O Courel e Serra de Meira.
  • 24. Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e escuras nas montañas de Ancares e o Courel. ©www.adelaleiro.com
  • 25. 2. ECOSISTEMAS TERRESTRES NATURAIS Outros exemplos son:  O Bosque Mediterráneo (as reboleiras) en Galicia limitado a zona suroriental (Ourense sobre todo) con predominio de árbores como a sobreira e aciñeira e arbustos como o érbedo.  A Matogueira galega de toxo, uces e queiruga que alberga unha grande biodiversidade. Favorecidos polo ser humano, xa que antigamente os toxos e xestas empregábanse para facerlle a cama ao gando e para o estrume. Moi abundantes por exemplo en Serra de Queixa (Ourense).
  • 26. ©www.adelaleiro.com REBOLEIRAS BOSQUE MEDITERRÁNEO Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas. FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva , cantroxo, orquídeas... FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, xeneta, gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
  • 29. MATOGUEIRA-MONTE BAIXO Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do 30% do territorio, a maior parte dos terreos sen cultivar e as partes máis altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a zona. ©www.adelaleiro.com
  • 30. FLORA: Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas, breixos, queirugas, abrodias, arandeiras... O toxo (Ulex...) é a planta máis común nas zonas baixas. Todos os toxos son arbustos espiñentos comúns en Galicia. Foron moi usados sobre todo para estrar as cortes do gando de onde se sacaba máis tarde para abonar as leiras. ©www.adelaleiro.com
  • 31. FAUNA: Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco, lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas... Perdices Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse na herba para alimentarse doutros insectos. Fregando as as produce un son característico. Os saltóns vense no verán nos lugares secos. Aliméntanse de vexetais. ©www.adelaleiro.com
  • 32. Carqueixa (Pterospartum tridentatum). Vive en terreos pobres e soleados. Xesta (Cytisus striatus). Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas castes de breixos en todas as matogueiras. Os arandos (Vaccinium myrtillus) maduran ao abrigo dos piornos. ©www.adelaleiro.com
  • 33. 3. ECOSISTEMAS TERRESTRES HUMANIZADOS Cultivos (Campiña galega: Comarca da Ulloa)  Terreos cultivados con herbáceas (gramíneas fundamentalmente) que albergan especies particulares. En Galicia están en regresión.  As características do biótopo varían atendendo ao clima e o tipo de cultivo (regadío ou secano)  Son moi importantes as lindes destes cultivos onde aparecen as silvas por ser sitios de aniñamento, refuxio e alimento para moitos animais.
  • 34. SEBES E BEIRAIS Liñas de vexetación que rodean os cultivos nas que perviven especies que foron desaloxadas do seu medio natural. Estas formacións supoñen unha oportunidade de supervivencia para moitas especies vexetais e animais. Manteñen a biodiversidade das zonas cultivadas e sérvenlle de refuxio aos animais silvestres. ©www.adelaleiro.com
  • 35. 3. ECOSISTEMAS TERRESTRES HUMANIZADOS Parques e xardíns  O medio urbano alberga flora e fauna capaz de convivir co ser humano.  Moitas veces supoñen a observación de especies alóctonas.  Deben xestionarse axeitadamente para evitar problemas de especies invasoras.
  • 36. 3. ECOSISTEMAS TERRESTRES HUMANIZADOS Outros ecosistemas con forte influenza humana en Galicia son: Os Bosques de repoboación, son os piñeirais e eucaliptais plantados polo home, moi difundidos por toda a costa galega. Moita menor diversidade que os bosques autóctonos porque son monocultivos. Os encoros, que poden presentar unha riqueza moi importante para as aves acuáticas. Por exemplo Encoro de Cecebre (A Coruña).
  • 37. PIÑEIRAIS Plantacións de piñeiros. Na zonas baixas e preto da costa están constituídos por piñeiro galego e piñeiro de repoboación e nas altas, do interior, por piñeiro silvestre. Debaixo dos piñeiros, a falta de luz impide o desenvolvemento de moitas especies. So se desenvolven ben os fentos e algunhas herbas. Por ser máis pobre en especies vexetais a fauna é menos variada que a do bosque caducifolio. ©www.adelaleiro.com
  • 38. EUCALIPTAIS Os eucaliptos foron introducidos como cultivo hai pouco máis dun século. Na actualidade cobren grandes superficies que presentan, pola falta de auga e as secrecións das propias árbores, o terreo case espido, no que apenas se desenvolven máis que algunhas herbas e arbustos residuais resistentes. A especie máis abundante é o Eucaliptus globulus ©www.adelaleiro.com
  • 39. ENCOROS Grandes masas de auga doce contidas por unha presa. As caracteríticas son unha mestura das dos ríos e as dos lagos. ©www.adelaleiro.co
  • 40. Lique (Lichina pigmaea), vive xusto na línea a onde chega o mar. Prixel do mar (Crithmum maritimum). Vive en rochas abrigadas. Herba de namorar (Armeria maritima). Reúne todas as características necesarias para sobrevivir nestes lugares: raíces longas, forma compacta, follas con pelos, … ©www.adelaleiro.com ANEXO:ECOSISTEMAS TERRESTRES EXCLUSIVOS DE COSTA: ACANTILADOS
  • 41. PRAIAS Son zonas baixas co terreo formado por area ou materiais miúdos soltos polo que as plantas teñen moita dificultade para suxeitarse e os animais poucos sitios nos que agocharse. ©www.adelaleiro.com ANEXO:ECOSISTEMAS TERRESTRES EXCLUSIVOS DE COSTA: PRAIAS E DUNAS Adaptacións especiais ao forte vento, salinidade, sequidade, insolación…
  • 42. DUNAS Son un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida porque están formadas por material solto en movemento no que a auga é escasa e están sometidos a unha forte insolación e exposición ao vento. Son medios moi fráxiles que se alteran gravemente pola acción humana. Exemplos: Dunas de Corrubedo e a Lanzanda. ©www.adelaleiro.com ANEXO:ECOSISTEMAS TERRESTRES EXCLUSIVOS DE COSTA: PRAIAS E DUNAS
  • 43. Arenaria do mar (Honkenya peploides). A planta das praias que vive máis preto do mar. Cardo mariño. (Eryngium maritimum). Desenvólvese nos primeiros amoreamentos de area que se forman po enriba da liña de marea. Feo (Ammophila arenaria), medra na parte máis alta da duna móbil, onde o vento bate con máis forza. Coas longas raíces e talos subterráneos contribúe a fixar a area. ©www.adelaleiro.com
  • 44. 4. BIOMAS ACUÁTICOS Os ecosistemas acuáticos son aqueles nos que os seres vivos atópanse rodeados de auga. Hai dous tipos: mariños e de auga doce. Os factores abióticos máis importantes nestes biomas acuáticos son: a luz, a temperatura, a presión, a salinidade e a cantidade de osíxeno.  A luz: condiciona a presenza dos organismos fotosintéticos. Diminúe coa profundidade, falamos de zona fótica (iluminada) e zona afótica (sen luz).  A temperatura: menos variable que nos biomas terrestres. Varía segundo a distancia a costa e a profundidade.  A presión: aumenta coa profundidade.  A salinidade: nas augas mariñas o contido é estable, nas continentais varía máis por exemplo dependendo do solo polo que circula o río.  Cantidade de osíxeno: menor que en biomas terrestres.
  • 45. 4. BIOMAS ACUÁTICOS A vida nas augas: Plancto, Necto e Bentos
  • 48. 5. ECOSISTEMAS MARIÑOS Zona intermareal, biótopo que queda mergullado e sometido á ondanada en marea alta e descuberto en marea baixa, moitos animais entéranse entón na area ou ocupan as charcas.
  • 49. COSTA ROCHOSA FLORA: Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar... Golfos (Laminaria ochroleuca). Algas pardas que poden acadar máis de 2 m de lonxitude e forman bosques submariños no infralitoral exposto. Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que viven na zona intermareal da costa protexida e resisten ben a desecación ©www.adelaleiro.com
  • 50. Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están perfectamente adaptados á vida nas rochas, teñen cunchas fortes e órganos de suxección. FAUNA: Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas, ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes... Os percebes (Pollicipes cornucopia) son crustáceos cirripedos que viven fixos nas rochas batidas na zona intermareal. ©www.adelaleiro.com Arneirón (Balanus spp).
  • 51. 5. ECOSISTEMAS MARIÑOS Fondos areentos pouco profundos, chega a luz e hai osíxeno por estar batido, crecen algas e plantas.
  • 52. FAUNA: Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola, ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos... Coquina (Donax vitatus). Un molusco abundante nos fondos areosos das praias de mar aberto. Ourizo de area (Echinocardium cordatum). Vive enterrado ata 20 cm de profundidade na area das praias expostas. Navalla (Ensis ensis). Vive enterrada verticalmente en fondos de area fina. Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos están adaptados á vida nos fondos areosos. Arola (Lutratia lutraria). Molusco bivalvo que pode acadar os 13 cm de lonxitude. Vive en fondos de area e grava ata os 100 m de profundidade. ©www.adelaleiro.com
  • 53. Raia (Raja clavata). Vive en fondos de area e fango ata 500 de profundidade. Pode acadar 1 m de lonxitude. Xiba ou chopo (Sepia officinalis). Molusco cefalópodo que vive en zonas de area e fango con vexetación. Nace preto da costa e vaise alonxando dela segundo medra. ©www.adelaleiro.com
  • 54. 5. ECOSISTEMAS MARIÑOS A rexión oceánica, É a que se atopa lonxe das costas onde se superan os 200 m de fondo e poden chegar aos 4.000 de media. A súa importancia ven dada pola riqueza da vida que acolle e, sobre todo, porque os organismos que constitúen o fitoplanto son, polo seu número, os máis grandes produtores de osíxeno do planeta. Nesta zona só poden vivir os seres que aboian libremente e os bos nadadores, e, na profundidade, os que son capaces de soportar a falta de luz e as grandes presións.
  • 55. FLORA: Algas, sobre todo as microscópicas (fitoplanto). ©www.adelaleiro.com
  • 56. FAUNA: Balea, cachalote, golfiño, atún, bonito, xurelo, sardiña, cigala, tiburón, pescada, bacallao, augamares, cigala, cangrexo real, calamar e polbo xigantes... Peixe pescador. Vive nas profundidades abisais. Como consecuencia da falta de luz non presenta pigmentación. Pescada (Merlucius merlucius). Vive entre os 100 e os 1.000 m de profundidade, aínda que cando é nova achégase moito á costa. Pode acadar 1 m de longo e pesar máis de 10 kg. Bonito (Tunnus alalunga). Pode chegar a medir 1 m e pesar entre 9 e 10 kg. Quenlla (Prionace glauca). Un tiburón que pode acadar os 4 m de lonxitude. ©www.adelaleiro.com
  • 57. 6. ECOSISTEMAS DE AUGA DOCE Ríos e regatos, se non están contaminados son transparentes e con alto contido en osíxeno disolto debido á axitación da auga. Se a auga queda remansada aumenta a temperatura e diminúe o osíxeno.
  • 58. RÍOS Son ecosistemas acuáticos moi variados en función da temperatura do movemento da auga, e da profundidade. Por iso, posúen tamén unha grande variedade de hábitats para a fauna e flora. ©www.adelaleiro.com
  • 59. FLORA: Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos, molinia, chantaxe de auga.... Herba lameiriña (Callitriche satagnalis)‫‏‬ Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica)‫‏‬ Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)‫‏‬ ©www.adelaleiro.com
  • 60. FAUNA: Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita, anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas, mexillón de río... A londra (Lutra lutra) caza peixes nos ríos limpos. A troita (Salmo trutta) é o peixe que podemos atopar en todas as zonas do curso do río. Ra patilonga ©www.adelaleiro.com
  • 61. ©www.adelaleiro.com 6. ECOSISTEMAS DE AUGA DOCE Os Bosques de ribeira formados por salgueiros, ameneiros e abeleiras que se desenvolven nas marxes dos nosos ríos. Flora característica: ameneiros, salgueiros, abeleiras, fentos, brións... Fauna: merlo rieiro, lavandeiras, anfibios (como a saramaganta), escaravellos...
  • 62. Salgueiro (Salix atrocinerea Brot.)‫‏‬ http://www.rios-galegos.com/vidario3.htm
  • 64. 6. ECOSISTEMAS DE AUGA DOCE Lagoas e marismas, nalgún casos salgadas se están preto da costa. Pouca profundidade, incluso secas na época estival. Pouco osíxeno polo remansado da auga.
  • 65. QUE SON AS ZONAS HÚMIDAS? Son zonas de transición entre os ecosistemas terrestres e acuáticos:  Esteiro: extensións próximas ás desembocaduras dos ríos.  Marismas: terreos baixos que se inundan coa preamar.  Gándaras, brañas e turbeiras: terreos alagados. Posúen matogueiras moi especiais constituíndo hábitats protexidos pola U.E. son as chamadas uceiras húmidas atlánticas.  Lagoas e charcas, hainas de auga doce (Lagoa de Cospeito) ou litorais (Louro), teñen grande biodiversidade, pero no noso país durante boa parte do século XX foron desecadas por consideralas prexudiciais.
  • 66. LAGOAS E HUMIDAIS GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS Podemos consideralas como elementos en distinta fase do proceso de colmatación (recheo natural producido nas lagoas polos restos que van caíndo e as achegas dos ríos) de zonas húmidas pechadas. Presentan un tipo de vexetación en sucesión entre os vexetais acuáticos, de ribeira e tipicamente terrestres da zona na que se atopan. Evolución desde unha lagoa a unha braña Gándara Braña Lagoa ©www.adelaleiro.com
  • 67. ©www.adelaleiro.com FLORA: Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios, rorelas, breixos, pinguícola... Pinguicula... planta carnívora das brañas de monte. Os narcisos (Narcisus...) florecen nos lugares húmidos. A rorela (Drosera...) é unha planta carnívora común nas brañas.
  • 68. O salgueiro (Salix cinerea) é a árbore máis común das zonas húmidas. Eneas ou palla real (Typha latifolia). ©www.adelaleiro.com
  • 69. FAUNA: Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía, espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas... Lavanco real (Anas plathyrrynchos), macho e femia. A galiñola negra (Fulica atra) é común en todos os lugares onde exista unha pequena lagoa rodeada de vexetación. ©wwww.adelaleiro.com
  • 70. Aeshna. O máis grande dos cabalos do demo. Ra verde (Rana perezi)‫‏‬ ©www.adelaleiro.com
  • 71. AS RÍAS: UN ECOSISTEMA MOI GALEGO En realidade as nosas rías son unha mestura de ecositemas cunha grande riqueza biolóxica debido a combinación das augas mariñas e o seu afloramento coas achegas dos ríos, presentando ademais diferenzas en canto a profundidade e o batido das súas augas. Sustenta amplos bosques de algas (golfos) onde viven invertebrados como os ourizos, polbos, nécoras… e peixes como o congro, lorchos, maragotas…
  • 72. 7. O SOLO COMO ECOSISTEMA O solo é a capa máis superficial que recobre a codia terrestre e está constituída por rochas máis ou menos alteradas e os seres vivos que viven nel. Biotopo do solo: - Compoñentes inorgánicos: sólidos (gravas, areas, limos e arxilas), líquidos (auga con sales) e gasosos (aire nos poros). - Temperatura e humidade máis constante que no exterior. - Carencia de luz, excepto na superficie.
  • 73. 7. O SOLO COMO ECOSISTEMA Biocenose do solo: - Plantas que contribúen na erosión das rochas. - Pequenos animais (toupas, anélidos, insectos...) esenciais na aireación. - Bacterias e fungos que descompoñen a materia orgánica e forman o humus.
  • 74. Formación dun solo 7. O SOLO COMO ECOSISTEMA
  • 75. 7. O SOLO COMO ECOSISTEMA
  • 76. 8. ESPAZOS NATURAIS Os espazos naturais protexidos son territorios nos que se limita o tipo de actividades ou usos que se poden realizar neles (novas construcións, verteduras, industria....) Si se poden desenvolver actividades tradicionais. A súa principal finalidade é a conservación. Existen distintas categorías de conservación: parques nacionais, parques naturais, reservas naturais, paisaxes protexidas...
  • 77. 8. ESPAZOS NATURAIS REDE NATURA A Rede Natura 2000 foi creada pola UE para preservar espazos cun especial interese en cada rexión. Dentro da rede diferéncianse as zonas LIC (Lugar de importancia comunitaria) e as ZEPAS (zona de especial protección para as aves). Galicia forma parte da rexión bioxeográfica atlántica europea e posúe algún tipo de protección no 13% do seu territorio.
  • 78. 9. BIODIVERSIDADE A biodiversidade é a variedade de especies que habitan ou habitaron o noso planeta. Se falamos da biodiversidade dun ecosistema, nos referimos a cantidade de organismos diferentes que habitan nese ecosistema. Se a biodiversidade dun ecosistema é alta, o número de especies é grande e ningunha supón a maior parte da biomasa. Se a biodiversidade é baixa, o ecosistema ten pouca variedade de especies e unha ou unhas poucas constitúen a maior parte da biomasa. É moi importante conservar e protexer a biodiversidade dos ecosistemas xa que a variedade de especies permite manter o equilibrio ecolóxico do planeta e proporcionanos recursos.
  • 80. 9. ADAPTACIÓN E EVOLUCIÓN A adaptación é o conxunto de características (fisiolóxicas, anatómicas, comportamentais) dos seres vivos que lles permiten adecuarse ao medio no que viven. A evolución son os cambios que suceden nos organismos ao longo de millóns de anos. A biodiversidade é unha consecuencia da evolución da vida na Terra, unhas especies xurdiron doutras e as actuais son diferentes das antigas.
  • 81.
  • 82.
  • 83.
  • 84. 9.1. Adaptaciones nos ecosistemas terrestres VEXETAIS ANIMAIS HUMEDADE Zonas Secas: follas pequenas ou como espiñas para reducir as perdas por evaporación Zonas secas: caparazóns ou escamas que evitan a sequedade (réptiles) LUZ Crecen na procura da luz Actividade de día ( a maioría) ou de noite ( morcegos, polillas...) TEMPERATURA Poiquilotermos: non regulan a súa temperatura corporal (peixes, anfibios e réptiles) Homeotermos: regulan a súa temperatura corporal. (aves (plumas) e mamíferos (pelo))
  • 85. 9.2. Adaptaciones nos ecosistemas acuáticos VEXETAIS ANIMAIS LUZ A fotosíntese só se realiza nas zonas superficiais Nas zonas abisais os animais posúen mecanismos propios de produción de luz MOVEMENTO DA AUGA Fixadas ao substrato Agochados nas rochas ou enterrados. Formas redondeadas e esqueletos duros. DENSIDADE DA AUGA Forma hidrodinámica dos animais nadadores. Moitos peixes posúen vexiga natatoria que lles axuda a flotar.
  • 87. WEBGRAFÍA  www.adelaleiro.com  www.quimicaweb.net  http://es.slideshare.net/adaneco/ecosistemas-ii  http://es.slideshare.net/adaneco/os-ecosistemas-32845795?related=1  http://es.slideshare.net/Alberkar/los-ecosistemas-de-la-tierra-2012-11416786  varinia.es