SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 101
Descargar para leer sin conexión
Profesor: Adán Gonçalves
O ESTUDO DOS ECOSISTEMAS
©www.adelaleiro.com
1. O MEDIO NATURAL
O medio natural ou medio está definido polo conxunto de condicións ou
factores ambientais que existen nun lugar.
Os factores ambientais que determinan a distribución e abundancia dunha
especie denomínanse factores limitantes.
Cada especie admite un intervalo, entre un máximo e un mínimo, nos valores de
cada factor ambiental. Este intervalo denomínase zona de tolerancia.
Dentro da zona de tolerancia existe unha zona óptima na que a especie
sobrevive mellor.
A medida que nos afastamos dos valores óptimos a especie ten máis
dificultades para reproducirse ata valores que impiden a supervivencia da
mesma.
Hai dous tipos de factores ambientais: abióticos e bióticos.
FACTORES DUN ECOSISTEMA
BIÓTICOS ABIÓTICOS
Algúns factores abióticos poden ser:
 A temperatura
 A luz
 A humidade
 A salinidade
 A presión
 A cantidade de osíxeno
 A estacionalidade
 O substrato onde viven os organismos (fondo arenoso ou rochoso, solo pobre
ou fértil...)
A continuación, observa as distintas imaxes de ecosistemas e indica cales pensas
que son os factores abióticos máis relevantes en cada caso.
1.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS
IMAXE 1
IMAXE 2
IMAXE 3
IMAXE 4
IMAXE 5
IMAXE 6
IMAXE 7
IMAXE 8
IMAXE 9
IMAXE 10
2.2. OS SERES VIVOS: FACTORES BIÓTICOS
Os factores bióticos dun ecosistema son os seres vivos (biocenose ou comunidade)
que nos atopamos nese ecosistema e as asociacións ou relacións que establecen
entre sí.
Podemos falar de dous tipos de asociacións: intraespecíficas (entre individuos da
mesma especie) e interespecíficas (entre individuos de distintas especies).
ACTIVIDADE: Pensade durante 5 minutos en asociacións entre seres vivos que
podemos atoparnos na natureza. Imaxina como se poden relacionar individuos da
mesma e de distintas especies.
1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS
Entre organismos da mesma especie:
 FAMILIAR: conxunto de individuos con alto grao de parentesco que conviven e se axudan
mutuamente no coidado das crías, a obtención do alimento e/ou a defensa. Ex. Leóns
 COLONIAL: constituidas por organismos unidos e comunicados entre eles orixinados
todos a partir dun mesmo proxenitor. Ex. Corais.
 GREGARIA: reunión de individuos de distintas familias para conseguir un obxectivo
concreto. Ex. Banco de peixes, manada de ñúes.
 SOCIAL: está integrada por individuos que presentan diferencias anatómicas e
fisiolóxicas e entre os cales existe división do traballo e xerarquía. Ex. Abellas, formigas...
 COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA: todos os individuos dunha especie loitan entre sí
polos recursos do medio .Ex. Loita polo alimento, loita dos machos polas femias, loita polo
espacio...
FAMILIA
1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS
COLONIA
1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS
GREGARISMO
1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS
SOCIEDADE
Tamaño: Obreiras, raíña e zánganos
1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS
COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA
1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS
1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS
Son as que se establecen entre individuos de distintas especies.
 COMPETENCIA INTERESPECÍFICA: individuos de distintas especies loitan por
recurso (alimento ou espazo). p.e. O coello e a lebre.
 DEPREDACIÓN: o individuo dunha especie (presa) serve de alimento ó de outra
especie. (predador) p.e.: a foca e os peixes.
 MUTUALISMO: individuos de distintas especies que se relacionan e obteñen un
beneficio mutuo. Cando a relación perpetúase no tempo e hai dependencia, fálase
de simbiose. p.e. Un líque.
1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS
 PARASITISMO: relación entre individuos de distintas especies, na
que un individuo (parásito) vive a expensas da outra (hóspede), pero sen
darlle morte, polo menos de xeito inmediato. p.e. Unha carracha e un
can.
 COMENSALISMO: unha soa das especies (comensal) benefíciase,
sen que a outra (hóspede) resulte afectada pola súa presenza ou acción.
p.e. A quenlla e a rémora.
 INQUILINISMO: un individuo (o inquilino) refúxiase no corpo
doutro sen prexudicalo. P.e. O cangrexo ermitaño.
COMPETENCIA
INTERESPECÍFICA
1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS
DEPREDACIÓN
http://verdeesvida-utilizalas3r.blogspot.com/
1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS
MUTUALISMO
(SIMBIOSE)
http://elrenglon.com/mutualismo-y-simbiosis.php
http://www.moonmentum.com/blog/navio/evolucion-y-
simbiosis
1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS
PARASITISMO
ACCÉSIT RELACIONES INTERESPECÍFICAS
Juan Carlos Martínez - Parasitismo
1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS
COMENSALISMO
http://cuartodediver.blogspot.com/2009/02/comensalismo-pez-remona-y-
tiburon.html
http:imedea//www..uib.es/bc/gep/images/stories/news/
buitre%20basurero%20camia.jpg
1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS
Os ecosistemas terrestres son aqueles nos que os seres vivos poden vivir
sobre terra firme, rodeados de aire. Teñen menor extensión que os
acuáticos, pero debido a heteroxeneidade dos factores abióticos
proporcionan unha grande diversidade de seres vivos.
Os factores abióticos máis importantes nestes medios terrestres son : a
temperatura, a luz e a humidade atmosférica.
O solo é o soporte físico sobre o que se desenvolve a vida terrestre.
2. O MEDIO TERRESTRE
 Temperatura: un mesmo lugar pode acadar grandes variacións estacionais.
Ademais a temperatura descende coa altitude e aumenta dende os polos ata o
ecuador. Asemade, o mar ten un efecto termorregulador e as zonas costeiras
teñen menor variación.
 Luz: É a principal fonte de enerxía na maioría dos ecosistemas (fotosíntese).
A radiación solar é maior nas zonas de alta montaña e aumenta dos polos cara o
ecuador. En xeral a marxe vital de temperaturas: de 0 a 50 ºC.
 Humidade atmosférica: é a cantidade de auga que contén o aire. É esencial
para a vida. Os organismos terrestres precisan auga para levar a cabo as
funcións vitais, un dos principais problemas neste medios é evitar as perdas de
auga, por iso moitos seres vivos posúen estruturas para captala ou evitar a
desecación.
As distintas especies están adaptadas ao medio no que viven e presentan
adaptacións anatómicas, fisiolóxicas e comportamentais ao medio no que viven.
3. AS ADAPTACIÓNS AO MEDIO TERRESTRE
ADAPTACIÓNS VEXETAIS ANIMAIS
HUMIDADE
Zonas Secas: follas pequenas ou
como espiñas para reducir as perdas
por evaporación (Xerófilas)
Zonas húmidas: epidermes finas e
moitos estomas (Hidrófilas)
Zonas secas: caparazóns ou escamas
que evitan a sequedade (réptiles);
exoesqueleto de artrópodos.
LUZ
Crecen na procura da luz
(fototropismos). Estratificación dos
fotosintéticos.
Actividade de día ( a maioría) ou de
noite ( morcegos, polillas...)
TEMPERATURA
Plantas anuais (deixan as
sementes na época desfavorable).
Árbores caducifolios.
As sementes poden resistir ata -
25ºC
Poiquilotermos: non regulan a súa
temperatura corporal (peixes,
anfibios e réptiles)
Homeotermos: regulan a súa
temperatura corporal. (aves
(plumas) e mamíferos (pelo))
4. O MEDIO ACUÁTICO
Os ecosistemas acuáticos son aqueles nos que os seres vivos atópanse rodeados
de auga. Hai dous tipos: mariños e de auga doce.
Os factores abióticos máis importantes nestes biomas acuáticos son: a luz, a
temperatura, a salinidade, a cantidade de osíxeno, a presión hidrostática, a
viscosidade, a densidade e os movementos de auga.
 A luz: condiciona a presenza dos organismos fotosintéticos. Neste medio a
cantidade de luz depende de dous factores a transparencia e a profundidade.
A transparencia é menor que no aire e a luz diminúe coa profundidade,
falamos de zona fótica (iluminada) e zona afótica (sen luz).
 A temperatura: menos variable que nos medios terrestres. Varía segundo a
distancia a costa e a profundidade. Dela dependen o osíxeno e as correntes.
 A salinidade: é a concentración de sales disoltos. Nas augas mariñas o
contido é estable, nas continentais varía máis por exemplo dependendo do
solo polo que circula o río. A maioría dos seres vivos están adaptados a
marxes estreitos de salinidade.
 A cantidade de osíxeno disolto: depende da axitación, da temperatura e
da profundidade. É maior en augas frías.
 Presión hidrostática: Aumenta 1 atm. cada 100 m de profundidade. Inflúe
no metabolismo (aumenta a presión polos gases) e no desprazamento.
 Viscosidade: facilita a suspensión, pero dificulta o movemento.
 Densidade: relacionada coa flotabilidade (extensións corporais = máis
flotabilidade).
 Movementos da auga: importantes na costa e nos tramos altos dos ríos.
A vida nas augas: Plancto, Necto e Bentos
5. ADAPTACIÓNS AO MEDIO ACUÁTICO
ADAPTACIÓNS
ANIMAIS
DISPOÑIBILIDADE DE
OSÍXENO
Os mamíferos mariños almacenan osíxeno grazas á mioglobina das
súas células musculares.
SALINIDADE
O salmón ou a anguía viven tanto no mar como nos ríos porque son
capaces de regular, mediante procesos osmóticos, a súa
concentración interna de sales.
DENSIDADE DA AUGA
Forma hidrodinámica dos animais nadadores.
Moitos peixes posúen vexiga natatoria que lles axuda a flotar.
ADAPTACIÓNS VEXETAIS ANIMAIS
LUZ
A auga absorbe de xeito desigual
as radiacións, os fotosintéticos
distribúense dependendo da
capacidade dos seus pigmentos
para captar a luz. Onde non hai luz
non hai fotosíntese.
Nas zonas abisais os animais
posúen mecanismos propios de
produción de luz (bioluminiscencia)
MOVEMENTO DA AUGA
Fixadas ao substrato e con talos
flexibles (Posidonia)
Agochados nas rochas ou
enterrados. Formas redondeadas
e aplanadas e esqueletos duros.
Mecanismos de suxección
(ventosas).
ELEVADA DENSIDADE E
VISCOSIDADE DA AUGA
Plantas e algas con vesículas
aeríferas que as manteñen
verticais facilitando a captación
da luz (Kelp)
Forma hidrodinámica dos animais
nadadores.
Moitos peixes posúen vexiga
natatoria que lles axuda a flotar e
a soportar os cambiosde presión.
6. A BIOSFERA, OS ECOSISTEMAS E OS BIOMAS
A Ecoloxía é a ciencia que estuda a composición e o funcionamento dos
ecosistemas.
Todos os seres vivos pertencen a algunha especie, é dicir, cada un dos tipos
de seres vivos que existen.
Os individuos dunha especie normalmente non están illados, senón que
habitan un área determinada formando unha poboación.
Polo xeral, as poboacións tampouco están illadas. O conxunto de poboacións
de distintas especies que comparten un territorio e establecen relacións
entre elas denomínase comunidade ou biocenose.
O territorio ocupado por unha biocenose e que presenta unhas
características físicas e climáticas chámase biotopo.
O conxunto formado pola biocenose (os seres vivos) e o biotopo (medio
físico onde se asentan) é un ecosistema.
Os ecosistemas non teñen límites definidos. Podemos considerar o estudo
do ecosistema dunha bosta de vaca ou ampliar o estudo ó prado onde se
atopa. De feito,ampliando, a nosa observación a Terra constitúe por si
mesma un enorme ecosistema que chamamos Ecosfera e a súa biocenose é a
Biosfera.
Compoñentes dos ecosistemas
En conclusión, os compoñentes dun ecosistema son a súa comunidade
biolóxica (biocenose) e o lugar onde se asenta (biotopo).
Por iso, os factores dun ecosistema poden ser bióticos ( referidos aos seres
vivos) ou abióticos ( referidos ó medio físico no que os atopamos).
A zona de transición entre dous ecosistemas claramente diferentes recibe
o nome de Ecotón.
BIOMAS: OS ECOSISTEMAS DA TERRA
Un bioma é un conxunto de comunidades (biocenoses) que ocupan unha área
cunhas características xeográficas e climáticas determinadas (biótopo) o que
determina unha fauna e flora específica (biocenose).
Aínda que podemos diferenciar entre biomas terrestres e acuáticos, éste
concepto emprégase habitualmente nos ecosistemas terrestres
Os grandes biomas terrestres distribúense dun xeito uniforme no planeta
dependendo da latitude e da altitude, é dicir, das características climáticas.
Segundo as condicións climáticas diferéncianse tres grandes zonas en cada
hemisferio: zona fría (dos polos ata os círculos polares), zona temperada
(entre os círculos polares e os trópicos) e zona cálida (entre os trópicos).
Zona fría
Zona fría
Zona templada
Zona templada
Zonacálida
Ecuador
Trópico de Cáncer
Trópico de Capricornio
ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA
BIOMAS DE CLIMAS FRÍOS
Deserto polar e tundra Taiga
BIOMAS
DE CLIMAS
TEMPLADOS
Bosque caducifolio Bosque mediterráneo Estepa
Deserto Sabana Selva tropical
BIOMAS
DE CLIMAS
CÁLIDOS
BIOMAS TERRESTRES
Bosque ecuatorial e bosque tropical
BIOMAS ACUÁTICOS
Dentro dos biomas acuáticos podemos falar de bioma doceacuícola e bioma
mariño.
7. HÁBITAT E NICHO ECOLÓXICO
8. O SOLO COMO ECOSISTEMA
O solo é a capa máis superficial da codia terrestre. está formado por
materiais que proveñen da alteración e disgregación das rochas e da
actividade da auga, o aire e os seres vivos.
Pode considerarse unha interfase entre atmosfera, biosfera, xeosfera e
hidrosfera.
É unha mestura de compoñentes inorgánicos e orgánicos.
 Compoñentes inorgánicos: sólidos (gravas, areas, limos e arxilas), líquidos
(auga con sales) e gasosos (aire nos poros).
 Compoñentes orgánicos: os seres vivos e o humus (materia orgánica morta
prodecente da descomposición).
 Biótopo do solo: as características do solo (composición, estrutura...)
dependen dos factores abióticos:
 Clima: participa na formación do solo. Inflúe no tipo de vexetación que a
súa vez determina a materia orgánica do solo.
 Topografía: condiciona a cantidade de auga que penetra no solo e o grao de
erosión. Pendentes elevadas non favorecen a formación do solo.
 Temperatura: altas temperaturas promoven reaccións de descomposición
que aceleran a formación dun solo.
 Luz: excepto na superficie, o solo é un ambiente escuro. Moitos organismos
presentan adaptacións á falta de luz.
 Composición gasosa: ao afondar diminúe o osíxeno e aumenta o dióxido de
carbono.
 Concentración de sales: depende dos descompoñedores e da alteración das
rochas.
 Biocenose do solo: o solo é o soporte e a fonte de auga e nutrientes para
moitos seres vivos.
 As plantas extraen auga e sales minerais polas raíces
 No solo viven moitas bacterias e fungos que son descompoñedores
 Tamén viven moitos animais insectos, toupas, arañas...
 As miñocas teñen unha especial relevancia xa que coas súas galerías airean o
solo e facilitan o crecemento das raíces, e as súas feces reteñen a auga e son
importantes nutrientes para as plantas.
 Formación dun solo
 Os fenómenos atmosféricos (temperatura) producen a meteorización física da
rocha nai. A rocha proporciona materiais inorgánicos.
 Nos materiais disgregados instálanse seres vivos (liques, carrizas) que
colaboran na disgregación e achegan materia orgánica.
 A comunidade vai aumentando e os restos orgánicos son o alimento de fungos
e bacterias que transformanos no humus.
 Co paso do tempo, nun solo maduro diferéncianse capas que chamamos
horizontes.
o Horizontes do solo: un solo ben formado presenta unha serie de capas
superpostas que denominamos horizontes. Na maioría dos casos son tres:
• Horizonte A: capa máis superficial pola que circula a auga. Adoita a ter
cor escura e humus.
• Horizonte B: onde se acumulan as sales minerais que arrastra a auga
dendo o horizonte A.
• Horizonte C: é a rocha nai alterada.
9. OS PRINCIPAIS ECOSISTEMAS
ACUÁTICOS DE ESPAÑA
Os ecosistemas acuáticos albergan gran parte da biodiversidade deste país.
Destacan os ríos, os lagos, as zonas húmidas e as zonas mariñas.
 Ríos
Discorren por leitos fixos e o seu curso adoita a ser permanente e sofre
variacións de caudal ao longo do ano. Podemos diferenciar neles unha zonación:
 Curso alto: pendente acusada e velocidade de auga alta. Os organismos
desenvolven mecanismos de suxección. Vexetais: carrizas e algas nas rochas.
Moluscos e peixes (salmón e troita).
 Curso medio e baixo: pendente máis suave, menor velocidade da auga. Isto
propicia unha maior diversidade e o establecemento de bosques de ribeira
(ameneiros, bidueiros, abeleiras, salgueiros...).
RÍOS
Son ecosistemas acuáticos moi variados en función da temperatura
do movemento da auga, e da profundidade. Por iso, posúen tamén
unha grande variedade de hábitats para a fauna e flora.
©www.adelaleiro.com
FLORA:
Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos,
molinia, chantaxe de auga....
Herba lameiriña (Callitriche satagnalis)‫‏‬
Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica)‫‏‬ Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)‫‏‬
©www.adelaleiro.com
FAUNA:
Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita,
anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo,
patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas,
mexillón de río...
A londra (Lutra lutra) caza peixes
nos ríos limpos.
A troita (Salmo trutta) é o peixe que
podemos atopar en todas as zonas
do curso do río. Ra patilonga
©www.adelaleiro.com
©www.adelaleiro.com
Os Bosques de ribeira formados por salgueiros, ameneiros e
abeleiras que se desenvolven nas marxes dos nosos ríos.
Flora característica: ameneiros, salgueiros, abeleiras, fentos, brións...
Fauna: merlo rieiro, lavandeiras, anfibios (como a saramaganta), escaravellos...
Salgueiro (Salix atrocinerea Brot.)‫‏‬
http://www.rios-galegos.com/vidario3.htm
Ameneiro (Alnus glutinosa)‫‏‬
©www.adelaleiro.com
 Lagos: masas de augas profundas e permanentes. No noso país soen ser
pequenos e de orixe glaciaria. É un ecosistema moi condicionado pola luz e a
temperatura. Se é suficientemente profundo hai unha zona onde iluminada
(organismos fotosintéticos) e outra onde non chega a luz (se acumula
materia orgánica en descomposición). A temperatura determina a dinámica
dos lagos, cando as augas superficiais arrefrían (outono e inverno) afúdense
e a dos fondos, que é rica en nutrientes, ascende a superficie.
 Zonas húmidas: son aquelas nas que o terreo está saturado de auga ou
inundadas durante unha determinada época do ano. En España e Galicia hai
un bo número de zonas húmidas, son zonas cunha alta biodiversidade.
Sen embargo, ata mediados do século XX foron consideradas zonas
insalubres e sen valor ecolóxico, pola presenza de mosquitos transmisores de
enfermidades e moitas foron desecadas.
A Lagoa de Antela
LAGOAS E HUMIDAIS
GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS
Podemos consideralas como elementos
en distinta fase do proceso de
colmatación (recheo natural producido
nas lagoas polos restos que van caendo
e as achegas dos ríos) de zonas
húmidas pechadas. Iríamos dende a
menor colmatación nas lagoas á maior
colamatación nas turbeiras.
Presentan un tipo de vexetación en
sucesión entre os vexetais acuáticos,
de ribeira e típicamente terrestres da
zona na que se atopan. Evolución desde unha lagoa
a unha braña
Gándara
Braña
Lagoa
©www.adelaleiro.com
©www.adelaleiro.com
FLORA:
Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios,
rorelas, breixos, pinguícola...
Pinguicula... planta carnívora das
brañas de monte.
Os narcisos
(Narcisus...)
florecen nos
lugares húmidos.
A rorela (Drosera...) é unha planta
carnívora común nas brañas.
O salgueiro (Salix cinerea) é a
árbore máis común das
zonas húmidas.
Eneas ou palla real (Typha latifolia).
©www.adelaleiro.com
FAUNA:
Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía,
espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga,
escaravellos de auga, caracois, lapas...
Lavanco real (Anas plathyrrynchos),
macho e femia.
A galiñola negra (Fulica atra) é común en
todos os lugares onde exista unha pequena
lagoa rodeada de vexetación.
©wwww.adelaleiro.com
Aeshna. O máis grande dos
cabalos do demo.
Ra verde (Rana perezi)‫‏‬
©www.adelaleiro.com
AS RÍAS: UN ECOSISTEMA MOI GALEGO
En realidade as nosas rías son unha mestura de ecosistemas cunha grande
riqueza biolóxica debido a combinación das augas mariñas e o seu afloramento
coas achegas dos ríos, presentando ademais diferenzas en canto a
profundidade e o batido das súas augas.
Sustenta amplos bosques de algas (golfos) onde viven invertebrados como os
ourizos, polbos, nécoras… e peixes como o congro, lorchos, maragotas…
As zonas húmidas das rías destacan por
ser refuxio de moitas aves como a
garza real, o corvo mariño ou o
mazarico. Así mesmo son un enclave
importante para a vexetación de
marisma.
 Zonas mariñas: os litorais constitúen áreas de transición entre os
sistemas terrestres e mariños. Reciben a achega de sedimentos e
nutrientes das concas hidrográficas e manteñen unha elevada
biodiversidade. Podemos diferenciar:
 Litoral cantábrico: máis abrupto con numerosos cantís. Bañado por
augas frías con forte influenza da ondada e as mareas. Predominan
fondos rochosos con abundancia de algas (golfos e bochos),
anemones, corais, moluscos, crustáceos, equinodermos. Aquí
incluiríamos a costa galega.
 Litoral mediterráneo: augas máis cálidas. Moitas prais interrompidas
por deltas e albuferas. Predominio de fondos areentos con
abundancia de pradeiras de posidonias (planta endémica que ofrece
hábitat e refuxio a moitos animais).
COSTA ROCHOSA
FLORA:
Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar...
Golfos (Laminaria ochroleuca).
Algas pardas que poden acadar
máis de 2 m de lonxitude e forman
bosques submariños no
infralitoral exposto.
Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que
viven na zona intermareal da costa protexida e
resisten ben a desecación
©www.adelaleiro.com
Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están
perfectamente adaptados á vida nas rochas, teñen
cunchas fortes e órganos de suxección.
FAUNA:
Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas,
ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes...
Os percebes (Pollicipes cornucopia) son
crustáceos cirripedos que viven fixos nas
rochas batidas na zona intermareal.
©www.adelaleiro.com
Arneirón (Balanus spp).
FAUNA:
Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola,
ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos...
Coquina (Donax vitatus). Un molusco
abundante nos fondos areosos das
praias de mar aberto.
Ourizo de area
(Echinocardium
cordatum). Vive
enterrado ata 20 cm
de profundidade na
area das praias
expostas.
Navalla (Ensis ensis).
Vive enterrada
verticalmente en
fondos de area fina.
Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos
están adaptados á vida nos fondos areosos.
Arola (Lutratia lutraria). Molusco bivalvo
que pode acadar os 13 cm de lonxitude.
Vive en fondos de area e grava ata os
100 m de profundidade.
©www.adelaleiro.com
Lique (Lichina pigmaea), vive xusto na
línea a onde chega o mar.
Prixel do mar (Crithmum
maritimum). Vive en
rochas abrigadas.
Herba de namorar (Armeria maritima).
Reúne todas as características necesarias
para sobrevivir nestes lugares: raíces
longas, forma compacta, follas con pelos,
…
©www.adelaleiro.com
ACANTILADOS
10. OS PRINCIPAIS ECOSISTEMAS
TERRESTRES DE ESPAÑA
España posúe unha grande diversidade, de feito é o pais europeo con maior
biodiversidade, esto débese a diversos factores:
 A localización xeográfica e a orografía que proporcionan gran variedade
de ecosistemas e hábitats.
 Ser ponte de unión entre dous continentes (Europa-África), sendo paso
para numerosas especies migratorias.
 As características diferentes das illas Canarias (illamento.climatoloxía).
 Industralización tardía respecto o resto de Europa que mantivo mellor
conservadas grandes áreas naturais.
Dentro desta biodiversidade destacan pola súa extensión o bosque
atlántico e o bosque mediterráneo.
 Bosque atlántico
É un bosque caducifolio que se estende polo norte e noroeste da Península,
desde Galicia ata Cataluña. É o tipo de bosque característico do clima oceánico
de invernos fríos e veráns temperados con abundantes precipitacións todo o
ano. É o bosque máis típico de Galicia, existen todavía zonas ben conservadas
no noso país sobre todo na provincia de Lugo (as fragas galegas).
Caracterizado por árbores de folla caduca que forman bosques de faias
(faiais) e carballos (carballeiras) acompañados de zonas de bidueiros, freixos e
castiñeiros.
Nestes bosques as especies que medran baixo a cuberta arborea reciben pouca
luz, pero o aporte de materia orgánica da caída das follas permite o
desenvolvemento dun sotobosque con especies arbustivas como os acivros e
abruñeiros, e un estrato herbaceo de fungos e fentos.
© www.adelaleiro.com
É o tipo de bosque que lle corresponde a Galicia pola súa situación.
Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e
variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que
florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e
liques.
Acollen aos animais máis grandes da fauna galega.
As fragas son os bosques naturais de maior diversidade.
BOSQUE CADUCIFOLIO
Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións
asociadas ás zonas húmidas de altitude media.
©www.adelaleiro.com
©fundacionmatrix.blogspot.es
As fragas son bosques caducifolios antigos e ben conservados como este
que vemos das Fragas do Eume en Pontedeume (A Coruña)‫‏‬
©www.adelaleiro.com
Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociadas aos
terreos calcarios. Os máis importantes atópanse en Ancares, O
Courel e Serra de Meira.
Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no
sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e
escuras nas montañas de Ancares e o Courel.
©www.adelaleiro.com
 Bosque mediterráneo
Característico do clima mediterráneo, un clima temperado e húmido no inverno
e moi seco e caloroso no verán (seca estival). Ocupa a maior parte da Península,
pero no noso territorio está emplazado só a provincia de Ourense e o sur de
Lugo e podería considerarse clima oceánico con influenza mediterránea ou de
transición entre os dous climas.
Este bosque está predominado por plantas esclerófilas, é dicir, con
adaptacións a seca como son follas perennes e pequenas, duras, as veces
espiñentas para evitar a perda de auga. Son especies representativas as
aciñeiras, as sobreiras, as oliveiras bravas, os piñeiros. No sotobosque
aparecen arbustos como o érbedo e as xaras e plantas romáticas como o romeu
e a lavanda.
En Galicia o bosque mediterráneo está representado sobre todo polas
reboleiras de rebolos, unha especie de carballo de clima seco.
A fauna nos bosques mediterráneos é rica e variada, raposo, xineta, corzo,
lebre e gran variedade de insectos. Fóra da nosa comunidade aparece lince,
voitre negro ou águia imperial.
Linces en Galicia?
Tamén fóra do noso territorio atopamos as dehesas que son bosques
mediterráneos de aciñeiras e sobreiras que foron aclarados pola acción
humana eliminando parte das árbores e arbustos que foron substituidos por
herba para o gando e que teñen unha gran relevancia ecolóxica e económica.
 En Galicia ademais ten e tivo unha importancia ecolóxica e económica
fundamental a matogueira de toxos e queirugas que ocupa máis do 30%
do noso territorio.
©www.adelaleiro.com
REBOLEIRAS
BOSQUE MEDITERRÁNEO
Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis
abundante é o rebolo, unha especie de carballo propia do clima
seco, con algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de
erbedos e carrascas.
FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva , cantroxo, orquídeas...
FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, xeneta,
gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
©www.adelaleiro.com
Aciñeira (Quercus ilex).
Rebolo
(Quercus pubescens)‫‏‬
Érbedo (Arbutus unedo).
©www.adelaleiro.com
MATOGUEIRA-MONTE BAIXO
Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do
30% do territorio, a maior parte dos terreos sen cultivar e as partes
máis altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a
zona.
©www.adelaleiro.com
FLORA:
Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas,
breixos, queirugas, abrodias, arandeiras...
O toxo (Ulex...) é a planta máis
común nas zonas baixas. Todos os
toxos son arbustos espiñentos
comúns en Galicia. Foron moi
usados sobre todo para estrar as
cortes do gando de onde se
sacaba máis tarde para abonar as
leiras.
©www.adelaleiro.com
FAUNA:
Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco,
lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas...
Perdices
Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse na
herba para alimentarse doutros insectos.
Fregando as as produce un son característico.
Os saltóns vense no verán nos lugares secos.
Aliméntanse de vexetais.
©www.adelaleiro.com
Carqueixa (Pterospartum tridentatum).
Vive en terreos pobres e soleados.
Xesta (Cytisus striatus).
Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas
castes de breixos en todas as matogueiras.
Os arandos (Vaccinium myrtillus)
maduran ao abrigo dos piornos.
©www.adelaleiro.com
11. ALIMENTACIÓN DOS SERES VIVOS
Para que os seres vivos poidan realizar as súas función vitais precisan materia e
enerxía que obteñen dos nutrientes dos alimentos. O conxunto de organismos que
obteñen alimento de xeito similar constitúen un nivel trófico. Podemos
diferenciar tres niveis tróficos:
 PRODUTORES: son os autótrofos (plantas, algas e algunhas bacterias) que
captan a enerxía solar, e mediante a fotosíntese, a empregan en obter materia
orgánica a partir de materia inorgánica.
 CONSUMIDORES: son principalmente os animais, que obteñen a materia e a
enerxía alimentándose doutros animais ou plantas.
Os consumidores poden ser:
 Consumidores primarios (herbívoros): aliméntanse dos produtores. p.e..:
elefantes, antílopes, roedores...
 Consumidores secundarios (carnívoros): aliméntanse dos primarios p.e.: lobos,
leóns, paxaros insectívoros...
 Consumidores terciarios: aliméntanse dos secundarios. p.e.: algunhas serpes,
aves rapaces...
As veces, podemos falar incluso de consumidores cuaternarios que se alimentan
dos terciarios, aínda que rara vez é dun xeito exclusivo. p.e. O home, algunhas
rapaces e peixes grandes e en xeral grandes super-predadores.
 DESCOMPOÑEDORES: son as bacterias e os fungos que transforman
os restos orgánicos e inorgánicos (cadáveres, excrementos...) en materia
útil para os produtores.
12. AS RELACIÓNS TRÓFICAS
As relacións tróficas son as que se establecen entre os organismos que se
alimentan uns dos outros. Podemolas representar como cadeas tróficas ou
como redes tróficas.
Unha cadea trófica é a representación lineal das relacións alimentarias que se
dan entre os distintos niveis tróficos.
Como na natureza é habitual que un consumidor se alimente de máis dunha
especie do nivel inferior e ésta a súa vez serve de alimento a varias do nivel
superior. As cadeas tróficas teñen conexións entre sí. A representación de
todas estas relacións denomínase rede trófica.
13. A ENERXÍA E A MATERIA NOS ECOSISTEMAS
FLUXO DA ENERXÍA
 A enerxía utilizada polos seres vivos provén do SOL en último termo.
 A través da fotosíntese as plantas e algas obteñen a enerxía do sol e
almacenan a súa propia materia orgánica.
 Os animais conseguen enerxía ó alimentarse de plantas ou doutros
animais.
 Esta enerxía de plantas e animais emprégase en distintos procesos
(respirar, moverse, xerar calor, medrar, reproducirse...).
 Esta enerxía empregada deixa de estar dispoñible para os seres vivos.
Polo que a enerxía que atravesa un ecosistema é UNIDIRECCIONAL
FLUXO DA MATERIA
 A materia orgánica morta é transformada en materia inorgánica por algúns
microorganismos (fungos e bacterias).
 Esta materia inorgánica é aproveitada polos autótrofos que xeran nova
materia orgánica que será o alimento dos heterótrofos.
 Cando morren os autótrofos e os heterótrofos, son transformados en
materia inorgánica polos microorganismos; e de novo comeza o ciclo.
 Polo tanto, o fluxo de materia nun ecosistema é UN CICLO PECHADO
14. OS PARÁMETROS TRÓFICOS
Permiten avaliar a acumulación e transferencia de materia e enerxía que se
produce nun ecosistema.
 Biomasa (B): Cantidade de materia orgánica acumulada nun individuo, nivel
trófico, poboación ou ecosistema. Exprésase en g, Kg, Tm… Aumenta coa
reprodución e o crecemento dos organismos.
 Produción (P): cantidade de enerxía que se almacena en forma de biomasa
en cada nivel trófico por unidade de tempo.
A produción exprésase en g/cm2 · día, Kg/m2 · ano …
Produción (P) = Biomasa (B) / Tempo (T)
En función do nivel trófico:
 Produción primaria: representa a enerxía captada polos produtores.
 Produción secundaria: representa a enerxía captada polos consumidores.
Dentro da produción diferenciamos entre:
 Produción Bruta (PB): cantidade total de biomasa xerada por un nivel
trófico calquera.
 Produción Neta (PN): cantidade total de biomasa que queda dispoñible para
o seguinte nivel trófico tras descontar a parte consumida na respiración
celular (R).
PN = PB - R
A produtividade é tanto maior canto máis rápido medran os organismos
e canto menor é a súa biomasa. O exemplo típico é o fitoplancto.
15. AS PIRÁMIDES TRÓFICAS
Unha pirámide trófica é un modo de representar graficamente as diferenzas
entre os distintos niveis tróficos en relación a unha característica. Os niveis
tróficos represéntanse por medio de pisos superpostos. A base son os
produtores, e cara riba dispóñense, por orde, os demais niveis. Todos os
pisos teñen a mesma altura, pero varía a súa largura en función do valor da
característica que estemos a representar. Existen distintos tipos de
pirámides tróficas: de números, de biomasa e de enerxía.
 Pirámides de números
Represéntase o número de
individuos de cada nivel por
unidade de superficie ou
volume. Non se ten en conta
o tamaño do individuo. Pode
haber pirámides invertidas
con maior número de
individuos no nivel superior.
Por exemplo, unha árbore
que da alimento a multitud
de herbívoros.
 Pirámides de biomasa
Represéntase a biomasa de cada nivel
trófico. A biomasa é a cantidade de
materia orgánica de un organismo, nivel
ou ecosistema. Mídese en gr. ou Kg. de
materia seca por unidade de superficie
ou volume. Ao ascender na pirámide o
habitual é que os pisos sexan menores,
pero poden darse casos de pirámides
invertidas. Por exemplo, un ecosistema
mariño onde os produtores son o
fitoplancto cunha biomasa menor aos
niveis superiores. Esto compénsase cun
alta tasa de reprodución por parte deste
fitoplancto.
 Pirámides de produción
Represéntase a enerxía almacenada en
cada nivel nun tempo determinado. Son
as pirámides que nos facilitan máis
información porque mostran o fluxo de
enerxía entre niveis. Non poden ser
invertidas porque a enerxía dun nivel
inferior sempre ten que ser superior ca
do superior para podelo sustentar.
Ademais parte da enerxía libérase en
forma de calor na respiración. De feito,
cada nivel trófico só aproveita como
moito un 10% da enerxía dispoñible no
nivel anterior.
16. OS CICLOS BIOXEOQUÍMICOS
O carbono, o hidróxeno, o osíxeno e o nitróxeno e en menor proporción o
fósforo e o xofre son os elementos máis abundantes que compoñen a materia
viva (bioelementos primarios).
Pero estos bioelementos son tamén os que están presentes no aire, nas rochas,
na auga…; polo tanto co transcurso do tempo estos elementos químicos pasan
dos seres vivos ao medio e viceversa, completando percorridos cíclicos
denominados ciclos bioxeoquímicos que se suceden no noso planeta dende que
existe a vida.
O Ciclo do Carbono
O carbono forma parte de todas as biomoléculas orgánicas ( glícidos, lípidos,
proteínas e ácidos nucleicos). Se incorpora a elas na forma de CO2.
 Os autótrofos captan o CO2 do aire e disolto na auga e o transforman en
compostos orgánicos (fotosíntese). Coa alimentación este C pasa aos
consumidores. Os restos orgánicos de produtores e consumidores pasan aos
descompoñedores.
 Algúns organismos mariños captan o CO2 da auga para construir as súas
cunchas e esqueletos. Os restos destes organismos, co tempo, formarán
rochas calcarias que son a maior reserva de C.
 Parte dos restos orgánicos dos seres vivos poden quedan enterrados en
terra ou no mar orixinando co paso do tempo os combustibles fósiles. A
queima destes e da biomasa vexetal libera o CO2 a atmosfera de novo.
 As erupcións volcánicas liberan CO2 á atmosfera.
O Ciclo do Nitróxeno
O nitróxeno forma parte das proteínas e dos ácidos nucleicos. Constitúe o 78% do
volume total da atmosfera, pero son moi poucos os seres vivos capaces de utilizar o
nitróxeno gasoso (N2).:
 Algunhas bacterias libres do solo e bacterias en simbiose con leguminosas captan
o nitróxeno gasoso (N2) e transformano en nitratos (NO3
-) que é a forma en que as
plantas poden asimilar o nitróxeno.
 Os nitratos son utilizados para formar compostos orgánicos.
 Coa alimentación o nitróxeno dos compostos orgánicos pasa dos produtores aos
consumidores que o utilizan para xerar as súas moléculas orgánicas e como fonte de
enerxía.
 Cos restos orgánicos dos seres vivos (cadáveres, excrementos…) o nitróxeno volve
ao medio onde as bacterias nitrificantes converten parte de novo en nitratos
quedando dispoñible para os produtores.
 As bacterias desnitrificantes usan os NO3
- do solo e xeran N2 pechando o ciclo.
Diversas actividades humanas teñen unha grande influenza neste ciclo:
exceso de fertilizantes, cultivo de leguminosas, verteduras de augas
residuais, queima de bosques…
De feito, o nitróxeno pode chegar a ser un elemento contaminante da
atmosfera e da hidrosfera, por exemplo das augas subterráneas.
©De Johann Dréo - →Esta imagen ha sido extraída del archivo: Nitrogen Cycle.svg, CC BY 4.0,
https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=39748410
O Ciclo do Fósforo
O fósforo forma parte dos ácidos nucleicos e do ATP (molécula enerxética),
tamén o atopamos nas membranas celulares e en estruturas como os ósos ou
as cunchas.
 A maioría atópase nas rochas sedimentarias de orixe mariña. A súa erosión
liberao, e disolto na auga pode ser aproveitado por plantas para formar a súa
materia orgánica.
 Coa alimentación pasa ao resto da cadea trófica. Produtores e
consumidores cando morren pola acción dos descompoñedores liberan
fosfatos ao medio que serán utilizados polas plantas.
 Unha parte dos fosfatos son arrastrados cara ao mar, parte pasa ao
fitoplancto e deste ao resto da cadea e outra parte incorpórase a cunchas e
esqueletos. Cando estes restos se depositan forman sedimentos que co
tempo orixinarán rochas sedimentarias.
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
 www.biologiaescolar.com
http://www.coladaweb.com/biologia/bioquimica/ciclo-do-fosforo
http://www.curriculumenlineamineduc.cl/605/w3-article-18491.html
e-ducativa.catedu.es
http://es.slideshare.net/damiansolis712/ciclo-del-carbon-en-el-ecosistema
http://ecologia-diccionario.es.tl/Ciclo-de-Carbono.htm
http://juliotovar.wix.com/ciclos#!news-and-events/c24vq
 www.madrimasd.org
 http://www.slideshare.net/adaneco/a-estrutura-dos-ecosistemas-mara-casares-t-5
 http://www.slideshare.net/adaneco/ecosistemas-da-terra-t6-54643764
www4.tecnun.es

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
mxcamba
 
Evolución correxido axustado
Evolución correxido axustadoEvolución correxido axustado
Evolución correxido axustado
mperille
 
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
Cristina
 

La actualidad más candente (20)

O ecosistema
O ecosistemaO ecosistema
O ecosistema
 
Os ecosistemas
Os ecosistemasOs ecosistemas
Os ecosistemas
 
Tema 9. Reino Plantas
Tema 9. Reino PlantasTema 9. Reino Plantas
Tema 9. Reino Plantas
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
Unidade 4 dinámica dos ecosistemas (1ª parte)
 
Os ecosistemas
Os ecosistemas Os ecosistemas
Os ecosistemas
 
Tema 7. invertebrados
Tema 7. invertebradosTema 7. invertebrados
Tema 7. invertebrados
 
Seres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºBSeres vivos 5ºB
Seres vivos 5ºB
 
Tema 5. a biosfera
Tema 5. a biosferaTema 5. a biosfera
Tema 5. a biosfera
 
Unidade 6 ecosistemas
Unidade 6  ecosistemasUnidade 6  ecosistemas
Unidade 6 ecosistemas
 
Resumo t1 naturais_6
Resumo t1 naturais_6Resumo t1 naturais_6
Resumo t1 naturais_6
 
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivosClasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
 
Bioloxía
BioloxíaBioloxía
Bioloxía
 
Os seres vivos
Os seres vivosOs seres vivos
Os seres vivos
 
Evolución correxido axustado
Evolución correxido axustadoEvolución correxido axustado
Evolución correxido axustado
 
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
Ud6 Historia Da Vida (1º Eso)
 
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
 
Resumo t3 naturais_6
Resumo t3 naturais_6Resumo t3 naturais_6
Resumo t3 naturais_6
 
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
 
Tema 6. vertebrados
Tema 6. vertebradosTema 6. vertebrados
Tema 6. vertebrados
 

Similar a O estudo dos ecosistemas

Ecosistemas bio 4º
Ecosistemas bio 4ºEcosistemas bio 4º
Ecosistemas bio 4º
verinlaza
 
Unudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outrosUnudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outros
cooonchiiitaaa
 

Similar a O estudo dos ecosistemas (20)

Ecosistemas
EcosistemasEcosistemas
Ecosistemas
 
Os animais
Os animaisOs animais
Os animais
 
Ecosistemas bio 4º
Ecosistemas bio 4ºEcosistemas bio 4º
Ecosistemas bio 4º
 
Tardígrado
TardígradoTardígrado
Tardígrado
 
Que é un ecosistema
Que é un ecosistemaQue é un ecosistema
Que é un ecosistema
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Nematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscosNematodos anélidos moluscos
Nematodos anélidos moluscos
 
Naturais resumo tema_5_quinto
Naturais resumo tema_5_quintoNaturais resumo tema_5_quinto
Naturais resumo tema_5_quinto
 
Habitat e nicho ecolóxico
Habitat e nicho ecolóxicoHabitat e nicho ecolóxico
Habitat e nicho ecolóxico
 
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
 
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_bAnimais e ecosistemas_t5_natu_5_b
Animais e ecosistemas_t5_natu_5_b
 
Unudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outrosUnudade 6 moneras e outros
Unudade 6 moneras e outros
 
Invertebrados marinos celia
Invertebrados marinos celiaInvertebrados marinos celia
Invertebrados marinos celia
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 

Más de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

Más de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 
A célula unidade de vida
A célula unidade de vidaA célula unidade de vida
A célula unidade de vida
 

Último

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

O estudo dos ecosistemas

  • 1. Profesor: Adán Gonçalves O ESTUDO DOS ECOSISTEMAS ©www.adelaleiro.com
  • 2. 1. O MEDIO NATURAL O medio natural ou medio está definido polo conxunto de condicións ou factores ambientais que existen nun lugar. Os factores ambientais que determinan a distribución e abundancia dunha especie denomínanse factores limitantes. Cada especie admite un intervalo, entre un máximo e un mínimo, nos valores de cada factor ambiental. Este intervalo denomínase zona de tolerancia. Dentro da zona de tolerancia existe unha zona óptima na que a especie sobrevive mellor. A medida que nos afastamos dos valores óptimos a especie ten máis dificultades para reproducirse ata valores que impiden a supervivencia da mesma.
  • 3. Hai dous tipos de factores ambientais: abióticos e bióticos. FACTORES DUN ECOSISTEMA BIÓTICOS ABIÓTICOS
  • 4. Algúns factores abióticos poden ser:  A temperatura  A luz  A humidade  A salinidade  A presión  A cantidade de osíxeno  A estacionalidade  O substrato onde viven os organismos (fondo arenoso ou rochoso, solo pobre ou fértil...) A continuación, observa as distintas imaxes de ecosistemas e indica cales pensas que son os factores abióticos máis relevantes en cada caso. 1.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS
  • 6. IMAXE 2 IMAXE 3 IMAXE 4 IMAXE 5 IMAXE 6 IMAXE 7
  • 8. 2.2. OS SERES VIVOS: FACTORES BIÓTICOS Os factores bióticos dun ecosistema son os seres vivos (biocenose ou comunidade) que nos atopamos nese ecosistema e as asociacións ou relacións que establecen entre sí. Podemos falar de dous tipos de asociacións: intraespecíficas (entre individuos da mesma especie) e interespecíficas (entre individuos de distintas especies). ACTIVIDADE: Pensade durante 5 minutos en asociacións entre seres vivos que podemos atoparnos na natureza. Imaxina como se poden relacionar individuos da mesma e de distintas especies.
  • 9. 1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS Entre organismos da mesma especie:  FAMILIAR: conxunto de individuos con alto grao de parentesco que conviven e se axudan mutuamente no coidado das crías, a obtención do alimento e/ou a defensa. Ex. Leóns  COLONIAL: constituidas por organismos unidos e comunicados entre eles orixinados todos a partir dun mesmo proxenitor. Ex. Corais.  GREGARIA: reunión de individuos de distintas familias para conseguir un obxectivo concreto. Ex. Banco de peixes, manada de ñúes.  SOCIAL: está integrada por individuos que presentan diferencias anatómicas e fisiolóxicas e entre os cales existe división do traballo e xerarquía. Ex. Abellas, formigas...  COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA: todos os individuos dunha especie loitan entre sí polos recursos do medio .Ex. Loita polo alimento, loita dos machos polas femias, loita polo espacio...
  • 13. SOCIEDADE Tamaño: Obreiras, raíña e zánganos 1.1.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS
  • 15. 1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS Son as que se establecen entre individuos de distintas especies.  COMPETENCIA INTERESPECÍFICA: individuos de distintas especies loitan por recurso (alimento ou espazo). p.e. O coello e a lebre.  DEPREDACIÓN: o individuo dunha especie (presa) serve de alimento ó de outra especie. (predador) p.e.: a foca e os peixes.  MUTUALISMO: individuos de distintas especies que se relacionan e obteñen un beneficio mutuo. Cando a relación perpetúase no tempo e hai dependencia, fálase de simbiose. p.e. Un líque.
  • 16. 1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS  PARASITISMO: relación entre individuos de distintas especies, na que un individuo (parásito) vive a expensas da outra (hóspede), pero sen darlle morte, polo menos de xeito inmediato. p.e. Unha carracha e un can.  COMENSALISMO: unha soa das especies (comensal) benefíciase, sen que a outra (hóspede) resulte afectada pola súa presenza ou acción. p.e. A quenlla e a rémora.  INQUILINISMO: un individuo (o inquilino) refúxiase no corpo doutro sen prexudicalo. P.e. O cangrexo ermitaño.
  • 20. PARASITISMO ACCÉSIT RELACIONES INTERESPECÍFICAS Juan Carlos Martínez - Parasitismo 1.1.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS
  • 22. Os ecosistemas terrestres son aqueles nos que os seres vivos poden vivir sobre terra firme, rodeados de aire. Teñen menor extensión que os acuáticos, pero debido a heteroxeneidade dos factores abióticos proporcionan unha grande diversidade de seres vivos. Os factores abióticos máis importantes nestes medios terrestres son : a temperatura, a luz e a humidade atmosférica. O solo é o soporte físico sobre o que se desenvolve a vida terrestre. 2. O MEDIO TERRESTRE
  • 23.  Temperatura: un mesmo lugar pode acadar grandes variacións estacionais. Ademais a temperatura descende coa altitude e aumenta dende os polos ata o ecuador. Asemade, o mar ten un efecto termorregulador e as zonas costeiras teñen menor variación.  Luz: É a principal fonte de enerxía na maioría dos ecosistemas (fotosíntese). A radiación solar é maior nas zonas de alta montaña e aumenta dos polos cara o ecuador. En xeral a marxe vital de temperaturas: de 0 a 50 ºC.  Humidade atmosférica: é a cantidade de auga que contén o aire. É esencial para a vida. Os organismos terrestres precisan auga para levar a cabo as funcións vitais, un dos principais problemas neste medios é evitar as perdas de auga, por iso moitos seres vivos posúen estruturas para captala ou evitar a desecación. As distintas especies están adaptadas ao medio no que viven e presentan adaptacións anatómicas, fisiolóxicas e comportamentais ao medio no que viven.
  • 24. 3. AS ADAPTACIÓNS AO MEDIO TERRESTRE ADAPTACIÓNS VEXETAIS ANIMAIS HUMIDADE Zonas Secas: follas pequenas ou como espiñas para reducir as perdas por evaporación (Xerófilas) Zonas húmidas: epidermes finas e moitos estomas (Hidrófilas) Zonas secas: caparazóns ou escamas que evitan a sequedade (réptiles); exoesqueleto de artrópodos. LUZ Crecen na procura da luz (fototropismos). Estratificación dos fotosintéticos. Actividade de día ( a maioría) ou de noite ( morcegos, polillas...) TEMPERATURA Plantas anuais (deixan as sementes na época desfavorable). Árbores caducifolios. As sementes poden resistir ata - 25ºC Poiquilotermos: non regulan a súa temperatura corporal (peixes, anfibios e réptiles) Homeotermos: regulan a súa temperatura corporal. (aves (plumas) e mamíferos (pelo))
  • 25. 4. O MEDIO ACUÁTICO Os ecosistemas acuáticos son aqueles nos que os seres vivos atópanse rodeados de auga. Hai dous tipos: mariños e de auga doce. Os factores abióticos máis importantes nestes biomas acuáticos son: a luz, a temperatura, a salinidade, a cantidade de osíxeno, a presión hidrostática, a viscosidade, a densidade e os movementos de auga.  A luz: condiciona a presenza dos organismos fotosintéticos. Neste medio a cantidade de luz depende de dous factores a transparencia e a profundidade. A transparencia é menor que no aire e a luz diminúe coa profundidade, falamos de zona fótica (iluminada) e zona afótica (sen luz).  A temperatura: menos variable que nos medios terrestres. Varía segundo a distancia a costa e a profundidade. Dela dependen o osíxeno e as correntes.
  • 26.  A salinidade: é a concentración de sales disoltos. Nas augas mariñas o contido é estable, nas continentais varía máis por exemplo dependendo do solo polo que circula o río. A maioría dos seres vivos están adaptados a marxes estreitos de salinidade.  A cantidade de osíxeno disolto: depende da axitación, da temperatura e da profundidade. É maior en augas frías.  Presión hidrostática: Aumenta 1 atm. cada 100 m de profundidade. Inflúe no metabolismo (aumenta a presión polos gases) e no desprazamento.  Viscosidade: facilita a suspensión, pero dificulta o movemento.  Densidade: relacionada coa flotabilidade (extensións corporais = máis flotabilidade).  Movementos da auga: importantes na costa e nos tramos altos dos ríos.
  • 27. A vida nas augas: Plancto, Necto e Bentos
  • 28. 5. ADAPTACIÓNS AO MEDIO ACUÁTICO ADAPTACIÓNS ANIMAIS DISPOÑIBILIDADE DE OSÍXENO Os mamíferos mariños almacenan osíxeno grazas á mioglobina das súas células musculares. SALINIDADE O salmón ou a anguía viven tanto no mar como nos ríos porque son capaces de regular, mediante procesos osmóticos, a súa concentración interna de sales. DENSIDADE DA AUGA Forma hidrodinámica dos animais nadadores. Moitos peixes posúen vexiga natatoria que lles axuda a flotar.
  • 29. ADAPTACIÓNS VEXETAIS ANIMAIS LUZ A auga absorbe de xeito desigual as radiacións, os fotosintéticos distribúense dependendo da capacidade dos seus pigmentos para captar a luz. Onde non hai luz non hai fotosíntese. Nas zonas abisais os animais posúen mecanismos propios de produción de luz (bioluminiscencia) MOVEMENTO DA AUGA Fixadas ao substrato e con talos flexibles (Posidonia) Agochados nas rochas ou enterrados. Formas redondeadas e aplanadas e esqueletos duros. Mecanismos de suxección (ventosas). ELEVADA DENSIDADE E VISCOSIDADE DA AUGA Plantas e algas con vesículas aeríferas que as manteñen verticais facilitando a captación da luz (Kelp) Forma hidrodinámica dos animais nadadores. Moitos peixes posúen vexiga natatoria que lles axuda a flotar e a soportar os cambiosde presión.
  • 30. 6. A BIOSFERA, OS ECOSISTEMAS E OS BIOMAS A Ecoloxía é a ciencia que estuda a composición e o funcionamento dos ecosistemas. Todos os seres vivos pertencen a algunha especie, é dicir, cada un dos tipos de seres vivos que existen. Os individuos dunha especie normalmente non están illados, senón que habitan un área determinada formando unha poboación. Polo xeral, as poboacións tampouco están illadas. O conxunto de poboacións de distintas especies que comparten un territorio e establecen relacións entre elas denomínase comunidade ou biocenose. O territorio ocupado por unha biocenose e que presenta unhas características físicas e climáticas chámase biotopo.
  • 31. O conxunto formado pola biocenose (os seres vivos) e o biotopo (medio físico onde se asentan) é un ecosistema. Os ecosistemas non teñen límites definidos. Podemos considerar o estudo do ecosistema dunha bosta de vaca ou ampliar o estudo ó prado onde se atopa. De feito,ampliando, a nosa observación a Terra constitúe por si mesma un enorme ecosistema que chamamos Ecosfera e a súa biocenose é a Biosfera. Compoñentes dos ecosistemas En conclusión, os compoñentes dun ecosistema son a súa comunidade biolóxica (biocenose) e o lugar onde se asenta (biotopo). Por iso, os factores dun ecosistema poden ser bióticos ( referidos aos seres vivos) ou abióticos ( referidos ó medio físico no que os atopamos). A zona de transición entre dous ecosistemas claramente diferentes recibe o nome de Ecotón.
  • 32. BIOMAS: OS ECOSISTEMAS DA TERRA Un bioma é un conxunto de comunidades (biocenoses) que ocupan unha área cunhas características xeográficas e climáticas determinadas (biótopo) o que determina unha fauna e flora específica (biocenose). Aínda que podemos diferenciar entre biomas terrestres e acuáticos, éste concepto emprégase habitualmente nos ecosistemas terrestres Os grandes biomas terrestres distribúense dun xeito uniforme no planeta dependendo da latitude e da altitude, é dicir, das características climáticas. Segundo as condicións climáticas diferéncianse tres grandes zonas en cada hemisferio: zona fría (dos polos ata os círculos polares), zona temperada (entre os círculos polares e os trópicos) e zona cálida (entre os trópicos).
  • 33. Zona fría Zona fría Zona templada Zona templada Zonacálida Ecuador Trópico de Cáncer Trópico de Capricornio ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA
  • 34. BIOMAS DE CLIMAS FRÍOS Deserto polar e tundra Taiga BIOMAS DE CLIMAS TEMPLADOS Bosque caducifolio Bosque mediterráneo Estepa Deserto Sabana Selva tropical BIOMAS DE CLIMAS CÁLIDOS BIOMAS TERRESTRES Bosque ecuatorial e bosque tropical
  • 35. BIOMAS ACUÁTICOS Dentro dos biomas acuáticos podemos falar de bioma doceacuícola e bioma mariño.
  • 36. 7. HÁBITAT E NICHO ECOLÓXICO
  • 37.
  • 38. 8. O SOLO COMO ECOSISTEMA O solo é a capa máis superficial da codia terrestre. está formado por materiais que proveñen da alteración e disgregación das rochas e da actividade da auga, o aire e os seres vivos. Pode considerarse unha interfase entre atmosfera, biosfera, xeosfera e hidrosfera. É unha mestura de compoñentes inorgánicos e orgánicos.  Compoñentes inorgánicos: sólidos (gravas, areas, limos e arxilas), líquidos (auga con sales) e gasosos (aire nos poros).  Compoñentes orgánicos: os seres vivos e o humus (materia orgánica morta prodecente da descomposición).
  • 39.  Biótopo do solo: as características do solo (composición, estrutura...) dependen dos factores abióticos:  Clima: participa na formación do solo. Inflúe no tipo de vexetación que a súa vez determina a materia orgánica do solo.  Topografía: condiciona a cantidade de auga que penetra no solo e o grao de erosión. Pendentes elevadas non favorecen a formación do solo.  Temperatura: altas temperaturas promoven reaccións de descomposición que aceleran a formación dun solo.  Luz: excepto na superficie, o solo é un ambiente escuro. Moitos organismos presentan adaptacións á falta de luz.  Composición gasosa: ao afondar diminúe o osíxeno e aumenta o dióxido de carbono.  Concentración de sales: depende dos descompoñedores e da alteración das rochas.
  • 40.  Biocenose do solo: o solo é o soporte e a fonte de auga e nutrientes para moitos seres vivos.  As plantas extraen auga e sales minerais polas raíces  No solo viven moitas bacterias e fungos que son descompoñedores  Tamén viven moitos animais insectos, toupas, arañas...  As miñocas teñen unha especial relevancia xa que coas súas galerías airean o solo e facilitan o crecemento das raíces, e as súas feces reteñen a auga e son importantes nutrientes para as plantas.
  • 41.  Formación dun solo  Os fenómenos atmosféricos (temperatura) producen a meteorización física da rocha nai. A rocha proporciona materiais inorgánicos.  Nos materiais disgregados instálanse seres vivos (liques, carrizas) que colaboran na disgregación e achegan materia orgánica.  A comunidade vai aumentando e os restos orgánicos son o alimento de fungos e bacterias que transformanos no humus.  Co paso do tempo, nun solo maduro diferéncianse capas que chamamos horizontes.
  • 42. o Horizontes do solo: un solo ben formado presenta unha serie de capas superpostas que denominamos horizontes. Na maioría dos casos son tres: • Horizonte A: capa máis superficial pola que circula a auga. Adoita a ter cor escura e humus. • Horizonte B: onde se acumulan as sales minerais que arrastra a auga dendo o horizonte A. • Horizonte C: é a rocha nai alterada.
  • 43. 9. OS PRINCIPAIS ECOSISTEMAS ACUÁTICOS DE ESPAÑA Os ecosistemas acuáticos albergan gran parte da biodiversidade deste país. Destacan os ríos, os lagos, as zonas húmidas e as zonas mariñas.  Ríos Discorren por leitos fixos e o seu curso adoita a ser permanente e sofre variacións de caudal ao longo do ano. Podemos diferenciar neles unha zonación:  Curso alto: pendente acusada e velocidade de auga alta. Os organismos desenvolven mecanismos de suxección. Vexetais: carrizas e algas nas rochas. Moluscos e peixes (salmón e troita).  Curso medio e baixo: pendente máis suave, menor velocidade da auga. Isto propicia unha maior diversidade e o establecemento de bosques de ribeira (ameneiros, bidueiros, abeleiras, salgueiros...).
  • 44. RÍOS Son ecosistemas acuáticos moi variados en función da temperatura do movemento da auga, e da profundidade. Por iso, posúen tamén unha grande variedade de hábitats para a fauna e flora. ©www.adelaleiro.com
  • 45. FLORA: Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos, molinia, chantaxe de auga.... Herba lameiriña (Callitriche satagnalis)‫‏‬ Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica)‫‏‬ Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)‫‏‬ ©www.adelaleiro.com
  • 46. FAUNA: Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita, anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas, mexillón de río... A londra (Lutra lutra) caza peixes nos ríos limpos. A troita (Salmo trutta) é o peixe que podemos atopar en todas as zonas do curso do río. Ra patilonga ©www.adelaleiro.com
  • 47. ©www.adelaleiro.com Os Bosques de ribeira formados por salgueiros, ameneiros e abeleiras que se desenvolven nas marxes dos nosos ríos. Flora característica: ameneiros, salgueiros, abeleiras, fentos, brións... Fauna: merlo rieiro, lavandeiras, anfibios (como a saramaganta), escaravellos...
  • 48. Salgueiro (Salix atrocinerea Brot.)‫‏‬ http://www.rios-galegos.com/vidario3.htm
  • 50.  Lagos: masas de augas profundas e permanentes. No noso país soen ser pequenos e de orixe glaciaria. É un ecosistema moi condicionado pola luz e a temperatura. Se é suficientemente profundo hai unha zona onde iluminada (organismos fotosintéticos) e outra onde non chega a luz (se acumula materia orgánica en descomposición). A temperatura determina a dinámica dos lagos, cando as augas superficiais arrefrían (outono e inverno) afúdense e a dos fondos, que é rica en nutrientes, ascende a superficie.
  • 51.  Zonas húmidas: son aquelas nas que o terreo está saturado de auga ou inundadas durante unha determinada época do ano. En España e Galicia hai un bo número de zonas húmidas, son zonas cunha alta biodiversidade. Sen embargo, ata mediados do século XX foron consideradas zonas insalubres e sen valor ecolóxico, pola presenza de mosquitos transmisores de enfermidades e moitas foron desecadas. A Lagoa de Antela
  • 52. LAGOAS E HUMIDAIS GÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS Podemos consideralas como elementos en distinta fase do proceso de colmatación (recheo natural producido nas lagoas polos restos que van caendo e as achegas dos ríos) de zonas húmidas pechadas. Iríamos dende a menor colmatación nas lagoas á maior colamatación nas turbeiras. Presentan un tipo de vexetación en sucesión entre os vexetais acuáticos, de ribeira e típicamente terrestres da zona na que se atopan. Evolución desde unha lagoa a unha braña Gándara Braña Lagoa ©www.adelaleiro.com
  • 53. ©www.adelaleiro.com FLORA: Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios, rorelas, breixos, pinguícola... Pinguicula... planta carnívora das brañas de monte. Os narcisos (Narcisus...) florecen nos lugares húmidos. A rorela (Drosera...) é unha planta carnívora común nas brañas.
  • 54. O salgueiro (Salix cinerea) é a árbore máis común das zonas húmidas. Eneas ou palla real (Typha latifolia). ©www.adelaleiro.com
  • 55. FAUNA: Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía, espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas... Lavanco real (Anas plathyrrynchos), macho e femia. A galiñola negra (Fulica atra) é común en todos os lugares onde exista unha pequena lagoa rodeada de vexetación. ©wwww.adelaleiro.com
  • 56. Aeshna. O máis grande dos cabalos do demo. Ra verde (Rana perezi)‫‏‬ ©www.adelaleiro.com
  • 57. AS RÍAS: UN ECOSISTEMA MOI GALEGO En realidade as nosas rías son unha mestura de ecosistemas cunha grande riqueza biolóxica debido a combinación das augas mariñas e o seu afloramento coas achegas dos ríos, presentando ademais diferenzas en canto a profundidade e o batido das súas augas. Sustenta amplos bosques de algas (golfos) onde viven invertebrados como os ourizos, polbos, nécoras… e peixes como o congro, lorchos, maragotas… As zonas húmidas das rías destacan por ser refuxio de moitas aves como a garza real, o corvo mariño ou o mazarico. Así mesmo son un enclave importante para a vexetación de marisma.
  • 58.  Zonas mariñas: os litorais constitúen áreas de transición entre os sistemas terrestres e mariños. Reciben a achega de sedimentos e nutrientes das concas hidrográficas e manteñen unha elevada biodiversidade. Podemos diferenciar:  Litoral cantábrico: máis abrupto con numerosos cantís. Bañado por augas frías con forte influenza da ondada e as mareas. Predominan fondos rochosos con abundancia de algas (golfos e bochos), anemones, corais, moluscos, crustáceos, equinodermos. Aquí incluiríamos a costa galega.  Litoral mediterráneo: augas máis cálidas. Moitas prais interrompidas por deltas e albuferas. Predominio de fondos areentos con abundancia de pradeiras de posidonias (planta endémica que ofrece hábitat e refuxio a moitos animais).
  • 59. COSTA ROCHOSA FLORA: Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar... Golfos (Laminaria ochroleuca). Algas pardas que poden acadar máis de 2 m de lonxitude e forman bosques submariños no infralitoral exposto. Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que viven na zona intermareal da costa protexida e resisten ben a desecación ©www.adelaleiro.com
  • 60. Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están perfectamente adaptados á vida nas rochas, teñen cunchas fortes e órganos de suxección. FAUNA: Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas, ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes... Os percebes (Pollicipes cornucopia) son crustáceos cirripedos que viven fixos nas rochas batidas na zona intermareal. ©www.adelaleiro.com Arneirón (Balanus spp).
  • 61. FAUNA: Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola, ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos... Coquina (Donax vitatus). Un molusco abundante nos fondos areosos das praias de mar aberto. Ourizo de area (Echinocardium cordatum). Vive enterrado ata 20 cm de profundidade na area das praias expostas. Navalla (Ensis ensis). Vive enterrada verticalmente en fondos de area fina. Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos están adaptados á vida nos fondos areosos. Arola (Lutratia lutraria). Molusco bivalvo que pode acadar os 13 cm de lonxitude. Vive en fondos de area e grava ata os 100 m de profundidade. ©www.adelaleiro.com
  • 62. Lique (Lichina pigmaea), vive xusto na línea a onde chega o mar. Prixel do mar (Crithmum maritimum). Vive en rochas abrigadas. Herba de namorar (Armeria maritima). Reúne todas as características necesarias para sobrevivir nestes lugares: raíces longas, forma compacta, follas con pelos, … ©www.adelaleiro.com ACANTILADOS
  • 63. 10. OS PRINCIPAIS ECOSISTEMAS TERRESTRES DE ESPAÑA España posúe unha grande diversidade, de feito é o pais europeo con maior biodiversidade, esto débese a diversos factores:  A localización xeográfica e a orografía que proporcionan gran variedade de ecosistemas e hábitats.  Ser ponte de unión entre dous continentes (Europa-África), sendo paso para numerosas especies migratorias.  As características diferentes das illas Canarias (illamento.climatoloxía).  Industralización tardía respecto o resto de Europa que mantivo mellor conservadas grandes áreas naturais. Dentro desta biodiversidade destacan pola súa extensión o bosque atlántico e o bosque mediterráneo.
  • 64.  Bosque atlántico É un bosque caducifolio que se estende polo norte e noroeste da Península, desde Galicia ata Cataluña. É o tipo de bosque característico do clima oceánico de invernos fríos e veráns temperados con abundantes precipitacións todo o ano. É o bosque máis típico de Galicia, existen todavía zonas ben conservadas no noso país sobre todo na provincia de Lugo (as fragas galegas). Caracterizado por árbores de folla caduca que forman bosques de faias (faiais) e carballos (carballeiras) acompañados de zonas de bidueiros, freixos e castiñeiros. Nestes bosques as especies que medran baixo a cuberta arborea reciben pouca luz, pero o aporte de materia orgánica da caída das follas permite o desenvolvemento dun sotobosque con especies arbustivas como os acivros e abruñeiros, e un estrato herbaceo de fungos e fentos.
  • 65. © www.adelaleiro.com É o tipo de bosque que lle corresponde a Galicia pola súa situación. Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques. Acollen aos animais máis grandes da fauna galega. As fragas son os bosques naturais de maior diversidade. BOSQUE CADUCIFOLIO
  • 66. Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media. ©www.adelaleiro.com
  • 67. ©fundacionmatrix.blogspot.es As fragas son bosques caducifolios antigos e ben conservados como este que vemos das Fragas do Eume en Pontedeume (A Coruña)‫‏‬
  • 68. ©www.adelaleiro.com Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociadas aos terreos calcarios. Os máis importantes atópanse en Ancares, O Courel e Serra de Meira.
  • 69. Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e escuras nas montañas de Ancares e o Courel. ©www.adelaleiro.com
  • 70.  Bosque mediterráneo Característico do clima mediterráneo, un clima temperado e húmido no inverno e moi seco e caloroso no verán (seca estival). Ocupa a maior parte da Península, pero no noso territorio está emplazado só a provincia de Ourense e o sur de Lugo e podería considerarse clima oceánico con influenza mediterránea ou de transición entre os dous climas. Este bosque está predominado por plantas esclerófilas, é dicir, con adaptacións a seca como son follas perennes e pequenas, duras, as veces espiñentas para evitar a perda de auga. Son especies representativas as aciñeiras, as sobreiras, as oliveiras bravas, os piñeiros. No sotobosque aparecen arbustos como o érbedo e as xaras e plantas romáticas como o romeu e a lavanda. En Galicia o bosque mediterráneo está representado sobre todo polas reboleiras de rebolos, unha especie de carballo de clima seco.
  • 71. A fauna nos bosques mediterráneos é rica e variada, raposo, xineta, corzo, lebre e gran variedade de insectos. Fóra da nosa comunidade aparece lince, voitre negro ou águia imperial. Linces en Galicia? Tamén fóra do noso territorio atopamos as dehesas que son bosques mediterráneos de aciñeiras e sobreiras que foron aclarados pola acción humana eliminando parte das árbores e arbustos que foron substituidos por herba para o gando e que teñen unha gran relevancia ecolóxica e económica.  En Galicia ademais ten e tivo unha importancia ecolóxica e económica fundamental a matogueira de toxos e queirugas que ocupa máis do 30% do noso territorio.
  • 72. ©www.adelaleiro.com REBOLEIRAS BOSQUE MEDITERRÁNEO Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas. FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva , cantroxo, orquídeas... FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, xeneta, gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
  • 75. MATOGUEIRA-MONTE BAIXO Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do 30% do territorio, a maior parte dos terreos sen cultivar e as partes máis altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a zona. ©www.adelaleiro.com
  • 76. FLORA: Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas, breixos, queirugas, abrodias, arandeiras... O toxo (Ulex...) é a planta máis común nas zonas baixas. Todos os toxos son arbustos espiñentos comúns en Galicia. Foron moi usados sobre todo para estrar as cortes do gando de onde se sacaba máis tarde para abonar as leiras. ©www.adelaleiro.com
  • 77. FAUNA: Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco, lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas... Perdices Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse na herba para alimentarse doutros insectos. Fregando as as produce un son característico. Os saltóns vense no verán nos lugares secos. Aliméntanse de vexetais. ©www.adelaleiro.com
  • 78. Carqueixa (Pterospartum tridentatum). Vive en terreos pobres e soleados. Xesta (Cytisus striatus). Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas castes de breixos en todas as matogueiras. Os arandos (Vaccinium myrtillus) maduran ao abrigo dos piornos. ©www.adelaleiro.com
  • 79. 11. ALIMENTACIÓN DOS SERES VIVOS Para que os seres vivos poidan realizar as súas función vitais precisan materia e enerxía que obteñen dos nutrientes dos alimentos. O conxunto de organismos que obteñen alimento de xeito similar constitúen un nivel trófico. Podemos diferenciar tres niveis tróficos:  PRODUTORES: son os autótrofos (plantas, algas e algunhas bacterias) que captan a enerxía solar, e mediante a fotosíntese, a empregan en obter materia orgánica a partir de materia inorgánica.  CONSUMIDORES: son principalmente os animais, que obteñen a materia e a enerxía alimentándose doutros animais ou plantas.
  • 80. Os consumidores poden ser:  Consumidores primarios (herbívoros): aliméntanse dos produtores. p.e..: elefantes, antílopes, roedores...  Consumidores secundarios (carnívoros): aliméntanse dos primarios p.e.: lobos, leóns, paxaros insectívoros...  Consumidores terciarios: aliméntanse dos secundarios. p.e.: algunhas serpes, aves rapaces... As veces, podemos falar incluso de consumidores cuaternarios que se alimentan dos terciarios, aínda que rara vez é dun xeito exclusivo. p.e. O home, algunhas rapaces e peixes grandes e en xeral grandes super-predadores.  DESCOMPOÑEDORES: son as bacterias e os fungos que transforman os restos orgánicos e inorgánicos (cadáveres, excrementos...) en materia útil para os produtores.
  • 81. 12. AS RELACIÓNS TRÓFICAS As relacións tróficas son as que se establecen entre os organismos que se alimentan uns dos outros. Podemolas representar como cadeas tróficas ou como redes tróficas. Unha cadea trófica é a representación lineal das relacións alimentarias que se dan entre os distintos niveis tróficos.
  • 82. Como na natureza é habitual que un consumidor se alimente de máis dunha especie do nivel inferior e ésta a súa vez serve de alimento a varias do nivel superior. As cadeas tróficas teñen conexións entre sí. A representación de todas estas relacións denomínase rede trófica.
  • 83. 13. A ENERXÍA E A MATERIA NOS ECOSISTEMAS FLUXO DA ENERXÍA  A enerxía utilizada polos seres vivos provén do SOL en último termo.  A través da fotosíntese as plantas e algas obteñen a enerxía do sol e almacenan a súa propia materia orgánica.  Os animais conseguen enerxía ó alimentarse de plantas ou doutros animais.  Esta enerxía de plantas e animais emprégase en distintos procesos (respirar, moverse, xerar calor, medrar, reproducirse...).  Esta enerxía empregada deixa de estar dispoñible para os seres vivos. Polo que a enerxía que atravesa un ecosistema é UNIDIRECCIONAL
  • 84. FLUXO DA MATERIA  A materia orgánica morta é transformada en materia inorgánica por algúns microorganismos (fungos e bacterias).  Esta materia inorgánica é aproveitada polos autótrofos que xeran nova materia orgánica que será o alimento dos heterótrofos.  Cando morren os autótrofos e os heterótrofos, son transformados en materia inorgánica polos microorganismos; e de novo comeza o ciclo.  Polo tanto, o fluxo de materia nun ecosistema é UN CICLO PECHADO
  • 85. 14. OS PARÁMETROS TRÓFICOS Permiten avaliar a acumulación e transferencia de materia e enerxía que se produce nun ecosistema.  Biomasa (B): Cantidade de materia orgánica acumulada nun individuo, nivel trófico, poboación ou ecosistema. Exprésase en g, Kg, Tm… Aumenta coa reprodución e o crecemento dos organismos.  Produción (P): cantidade de enerxía que se almacena en forma de biomasa en cada nivel trófico por unidade de tempo. A produción exprésase en g/cm2 · día, Kg/m2 · ano … Produción (P) = Biomasa (B) / Tempo (T)
  • 86. En función do nivel trófico:  Produción primaria: representa a enerxía captada polos produtores.  Produción secundaria: representa a enerxía captada polos consumidores. Dentro da produción diferenciamos entre:  Produción Bruta (PB): cantidade total de biomasa xerada por un nivel trófico calquera.  Produción Neta (PN): cantidade total de biomasa que queda dispoñible para o seguinte nivel trófico tras descontar a parte consumida na respiración celular (R). PN = PB - R A produtividade é tanto maior canto máis rápido medran os organismos e canto menor é a súa biomasa. O exemplo típico é o fitoplancto.
  • 87. 15. AS PIRÁMIDES TRÓFICAS Unha pirámide trófica é un modo de representar graficamente as diferenzas entre os distintos niveis tróficos en relación a unha característica. Os niveis tróficos represéntanse por medio de pisos superpostos. A base son os produtores, e cara riba dispóñense, por orde, os demais niveis. Todos os pisos teñen a mesma altura, pero varía a súa largura en función do valor da característica que estemos a representar. Existen distintos tipos de pirámides tróficas: de números, de biomasa e de enerxía.
  • 88.  Pirámides de números Represéntase o número de individuos de cada nivel por unidade de superficie ou volume. Non se ten en conta o tamaño do individuo. Pode haber pirámides invertidas con maior número de individuos no nivel superior. Por exemplo, unha árbore que da alimento a multitud de herbívoros.
  • 89.  Pirámides de biomasa Represéntase a biomasa de cada nivel trófico. A biomasa é a cantidade de materia orgánica de un organismo, nivel ou ecosistema. Mídese en gr. ou Kg. de materia seca por unidade de superficie ou volume. Ao ascender na pirámide o habitual é que os pisos sexan menores, pero poden darse casos de pirámides invertidas. Por exemplo, un ecosistema mariño onde os produtores son o fitoplancto cunha biomasa menor aos niveis superiores. Esto compénsase cun alta tasa de reprodución por parte deste fitoplancto.
  • 90.  Pirámides de produción Represéntase a enerxía almacenada en cada nivel nun tempo determinado. Son as pirámides que nos facilitan máis información porque mostran o fluxo de enerxía entre niveis. Non poden ser invertidas porque a enerxía dun nivel inferior sempre ten que ser superior ca do superior para podelo sustentar. Ademais parte da enerxía libérase en forma de calor na respiración. De feito, cada nivel trófico só aproveita como moito un 10% da enerxía dispoñible no nivel anterior.
  • 91. 16. OS CICLOS BIOXEOQUÍMICOS O carbono, o hidróxeno, o osíxeno e o nitróxeno e en menor proporción o fósforo e o xofre son os elementos máis abundantes que compoñen a materia viva (bioelementos primarios). Pero estos bioelementos son tamén os que están presentes no aire, nas rochas, na auga…; polo tanto co transcurso do tempo estos elementos químicos pasan dos seres vivos ao medio e viceversa, completando percorridos cíclicos denominados ciclos bioxeoquímicos que se suceden no noso planeta dende que existe a vida.
  • 92. O Ciclo do Carbono O carbono forma parte de todas as biomoléculas orgánicas ( glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos). Se incorpora a elas na forma de CO2.  Os autótrofos captan o CO2 do aire e disolto na auga e o transforman en compostos orgánicos (fotosíntese). Coa alimentación este C pasa aos consumidores. Os restos orgánicos de produtores e consumidores pasan aos descompoñedores.  Algúns organismos mariños captan o CO2 da auga para construir as súas cunchas e esqueletos. Os restos destes organismos, co tempo, formarán rochas calcarias que son a maior reserva de C.  Parte dos restos orgánicos dos seres vivos poden quedan enterrados en terra ou no mar orixinando co paso do tempo os combustibles fósiles. A queima destes e da biomasa vexetal libera o CO2 a atmosfera de novo.  As erupcións volcánicas liberan CO2 á atmosfera.
  • 93.
  • 94. O Ciclo do Nitróxeno O nitróxeno forma parte das proteínas e dos ácidos nucleicos. Constitúe o 78% do volume total da atmosfera, pero son moi poucos os seres vivos capaces de utilizar o nitróxeno gasoso (N2).:  Algunhas bacterias libres do solo e bacterias en simbiose con leguminosas captan o nitróxeno gasoso (N2) e transformano en nitratos (NO3 -) que é a forma en que as plantas poden asimilar o nitróxeno.  Os nitratos son utilizados para formar compostos orgánicos.  Coa alimentación o nitróxeno dos compostos orgánicos pasa dos produtores aos consumidores que o utilizan para xerar as súas moléculas orgánicas e como fonte de enerxía.  Cos restos orgánicos dos seres vivos (cadáveres, excrementos…) o nitróxeno volve ao medio onde as bacterias nitrificantes converten parte de novo en nitratos quedando dispoñible para os produtores.  As bacterias desnitrificantes usan os NO3 - do solo e xeran N2 pechando o ciclo.
  • 95. Diversas actividades humanas teñen unha grande influenza neste ciclo: exceso de fertilizantes, cultivo de leguminosas, verteduras de augas residuais, queima de bosques… De feito, o nitróxeno pode chegar a ser un elemento contaminante da atmosfera e da hidrosfera, por exemplo das augas subterráneas. ©De Johann Dréo - →Esta imagen ha sido extraída del archivo: Nitrogen Cycle.svg, CC BY 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=39748410
  • 96. O Ciclo do Fósforo O fósforo forma parte dos ácidos nucleicos e do ATP (molécula enerxética), tamén o atopamos nas membranas celulares e en estruturas como os ósos ou as cunchas.  A maioría atópase nas rochas sedimentarias de orixe mariña. A súa erosión liberao, e disolto na auga pode ser aproveitado por plantas para formar a súa materia orgánica.  Coa alimentación pasa ao resto da cadea trófica. Produtores e consumidores cando morren pola acción dos descompoñedores liberan fosfatos ao medio que serán utilizados polas plantas.  Unha parte dos fosfatos son arrastrados cara ao mar, parte pasa ao fitoplancto e deste ao resto da cadea e outra parte incorpórase a cunchas e esqueletos. Cando estes restos se depositan forman sedimentos que co tempo orixinarán rochas sedimentarias.
  • 97.
  • 98.
  • 100.