SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 13
Descargar para leer sin conexión
PDC 3 (1º CURSO)
OBXECTIVOS XERAIS
A Área Lingüístico-Social debe ter como obxectivo fundamental a
formación de cidadáns informados, capaces de interpretar a realidade social
de forma reflexiva e crítica, e de comunicarse e relacionarse cos demais
empregando correctamente os códigos da cultura social e xunto á
consecución dese obxectivo primordial tamén se establecer outros cinco
grandes obxectivos xerais:
● Coñecer e apreciar a diversidade espacial, cultural e lingüística do mundo
e de Galicia, manifestando respecto e tolerancia cara aos pobos e culturas
diferentes.
● Comprender a comunicación como un proceso básico da vida social e
apreciar as dúas linguas oficiais de Galicia, entendendo as circunstancias
que inflúen no seu uso e na súa evolución.
● Identificar e analizar as interaccións das sociedades co medio, e facerse
conscientes das consecuencias medio-ambientais máis importantes.
● Apreciar os dereitos e liberdades das persoas como unha conquista das
sociedades avanzadas, e rexeitar situacións de inxustiza e discriminación.
● Valorar o patrimonio histórico, cultural e artístico da humanidade en
xeral e de Galicia en particular como ben común que debemos respectar e
transmitir ás xeracións futuras.
Nesta reformulación e aglutinación dos obxectivos das áreas de Lingua
Galega e Castelá e Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, outórgaselle
unha especial importancia ás capacidades e actitudes que constitúen o cerne
do ámbito, entendendo que a educación non consiste só en apropiarse de
certos contidos informativos, senón tamén en desenvolver os valores e as
capacidades que forman parte esencial da cultura da que participamos. Esta
formulación dos obxectivos non supón en ningún caso unha substitución
dos propios das tres áreas, senón un tratamento integrado para facilitar a
súa reinterpretación e desenvolvemento.
CONTIDOS/UNIDADES DIDÁCTICAS:
PDC 3 (1º CURSO)
1) A terra I:
-O relevo galego
-As comarcas de Galicia
-A orixe da lingua galega
-Vocabulario relacionado coa terra (galego e castelán)
-Regras de acentuación do galego e do castelán
-O til diacrítico en galego e castelán.
-Os tipos de textos: a descrición
2)A terra II:
-A poboación, o poboamento e actividades económicas de Galicia.
-As regras de puntuación.
-Vocabulario relacionado coa terra (galego e castelán)
-As clases de palabras en galego e castelán: o substantivo e o adxectivo.
-Os tipos de textos: os textos dialogados.
3) A auga:
-Os ríos e as rías galegas.
-As contraccións en galego e castelán
-Vocabulario relacionado coa auga (galego e castelán)
-As regras de formación do xénero e do número.
-Os determinantes e os pronomes.
-Os tipos de textos: a narración.
4) A diversidade:
-As comunidades autónomas do Estado español e as súas capitais.
-O relevo da Península Ibérica.
-As regras ortográficas.
-Vocabulario: toponimia e os principais xentilicios en galego e castelán.
-O uso e colocación dos pronomes persoais nas oracións.
-Os tipos de textos: a narración fantástica.
-A diversidade lingüística no Estado español.
5) O camiño:
-A Unión Europea: características, estados e principais capitais.
-Os ríos, mares e océanos de Europa.
-As regras ortográficas.
-Vocabulario: as vías de comunicación.
-As clases de palabras: os verbos regulares.
-Os tipos de textos: a exposición.
-As linguas de Europa: orixe, características e situación
6) A viaxe e a emigración:
-Os outros continentes: Asia e África (características de relevo, países e
principais capitais).
-As regras ortográficas.
-Vocabulario: os medios de transporte.
-As clases de palabras: os verbos irregulares.
-Os tipos de textos: a argumentación.
-As linguas do mundo.
7) A viaxe e a emigración:
-Os outros continentes (características de relevo, países e principais
capitais).
-As regras ortográficas.
-Vocabulario: os anglicismos e outros préstamos no galego e castelán.
-As perífrases verbais.
-Os tipos de textos: os textos administrativos.
-A linguaxe literaria e o nacemento da literatura.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Os criterios de avaliación suxeridos para o conxunto do programa sinalan
os niveis de aprendizaxe que deben acadar os estudantes en congruencia
coa selección e organización dos contidos e coa forma de desenvolver o
proceso de ensinanza.
Nestes criterios téntase condensar e integrar as principais aprendizaxes
sociais e lingüísticas do ámbito:
● Identificar e localizar a diversidade de pobos do planeta sinalando algúns
trazos do seu medio natural, das actividades humanas, da cultura, da lingua
e das relacións de poder que os caracterizan, entendendo a situación actual
como o resultado dun proceso histórico.
● Identificar e caracterizar as Comunidades Autónomas de España e as
linguas e culturas do territorio español. Comprender a situación
sociolingüística que se produce en Galicia produto do contacto entre as
dúas linguas.
● Recordar os grandes movementos e desprazamentos da poboación ao
longo da historia, con especial referencia a Galicia e España; analizar
algunhas das súas consecuencias sociais, culturais e lingüísticas máis
destacadas.
● Localizar as grandes áreas urbanas do mundo e describir a xerarquía
urbana en Galicia e en España. Comentar os principais problemas que
afectan ao modo de vida urbano nos aspectos ambiental, social, cultural e
comunicativo.
● Localizar as principais zonas desenvolvidas e subdesenvolvidas do
mundo, e explicar os desequilibrios económicos, políticos e culturais
existentes entre elas.
● Analizar algúns riscos e problemas medioambientais máis graves en
Galicia, en España e no mundo ocasionados polas actividades humanas, e
sinalar prácticas e comportamentos cotiáns que poden contribuír á
preservación do medioambiente.
● Recoñecer os principios e as institucións característicos dos réximes
políticos democráticos en xeral, e en España en particular, e apreciar os
dereitos e liberdades das persoas e dos pobos como conquistas das
sociedades avanzadas.
● Identificar en textos orais e escritos de diverso tipo e ámbito de uso,
imaxes e expresións que denoten distintos tipos de discriminación por
razón de raza, sexo, relixión, condición social ou cultural, etc., e buscar
alternativas que eviten o seu uso.
● Obter de distintas fontes (orais, escritas, cartográficas, estatísticas, etc.)
informacións que sexan relevantes desde distintas perspectivas e
intencións, e mostrar a súa comprensión mediante a paráfrase verbal e o
resumo escrito.
● Completar, contrastar e integrar informacións procedentes de distintos
medios de comunicación coa finalidade de elaborar unha síntese ou
informe que reflicta datos e os puntos de vista principais , así como as
propias.
● Identificar manifestacións literarias e artísticas que exemplifiquen
movementos ou estilos ben definidos, sinalando os seus trazos máis
característicos e valorando a súa dimensión estética.
● Establecer relacións entre as obras, autores e movementos máis
relevantes das literaturas galega e castelá e o contexto histórico no que
aparecen, e producir textos de intención literaria seguindo unhas
determinadas pautas ou modelos.
● Producir textos orais e escritos axustándose a un plano ou guión previo, e
respectando criterios de orde lóxica, claridade expositiva, corrección
gramatical e, de ser o caso, presentación gráfica.
● Analizar e avaliar acontecementos e situacións da vida cotiá
manifestando actitude crítica ante a violencia, os abusos e as
discriminacións, e defendendo os valores da paz, a solidariedade e a
tolerancia.
● Participar en situacións de comunicación colectiva (exposicións, debates,
coloquios, etc.) sobre cuestións problemáticas da vida cotiá empregando a
linguaxe como medio de comunicación, e respectar e ter en conta as
opinións dos demais para atopar solucións de consenso.
● Planificar e desenvolver algunha investigación sinxela sobre un tema de
ámbito local ou de actualidade abordando tarefas de busca e recolleita de
información, organización e tratamento dos datos e elaboración de
informes, comunicando os resultados de forma clara e intelixible.
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E SISTEMAS DE
CUALIFICACIÓN
PDC 3:
-EXAMES ESCRITOS:
-número: tres por trimestre. Nos exames escritos combinaranse as cuestións
teóricas coas prácticas, aínda que se tentará dar prioridade a estas últimas.
-valoración: ata un máximo de 6 puntos. PARA QUE FAGAN MEDIA AS
NOTAS DOS EXAMES DÉBESE OBTER UNHA PUNTUACIÓN
MÍNIMA DE 2,5
-Importante: as incorreccións no emprego da lingua restarán ata un máximo
de 2 puntos, teranse en conta aspectos como a ortografía, a acentuación, a
puntuación, a construción de oracións... As faltas máis graves (erros no uso
de b/v, -c-/-cc-/-ct-, c/z,g/j, h, r, x/s, y/ll, maiúsculas /minúsculas) baixarán
0,20.
As demais implicarán a perda de 0,10 cada unha.
-LECTURA OBRIGATORIA (novela ou relatos):
-número: 2 por trimestre (unha lectura en cada unha das linguas.
-valoración: ata un máximo de 2 puntos (valorarase a comprensión dos
feitos que se contan na obra (máx. 0,75) e a expresión dos mesmos por
escrito( máx. 0,75) a partir dunhas cuestións realizadas polo profesor.
Tamén se terá en conta o dominio do vocabulario presente na obra lida
(máx. 0,5).
-EXERCICIOS:
-valoración: ata un máximo de 1 punto.
-número: dependerá dos temas e da duración dos trimestres, cunha
puntuación máxima de 0,20 cada un.
-Importante: Por cada exercicio non realizado restarase 0,20
-CADERNO:
-Valoración: ata un máximo de 1 punto.
-Importante: terase en conta a orde do mesmo, a recollida dos
apuntamentos, a presenza de todos os exercicios realizados e a corrección
dos mesmos.
-IMPORTANTE: UNHA NOTA DE CERO NUN DOS APARTADOS
SUPÓN O SUSPENSO DA MATERIA.
-A AVALIACIÓN É CONTINUA, AÍNDA QUE, CO OBXECTIVO DE
QUE OS ALUMNOS E ALUMNAS SEXAN QUEN DE
ENFRONTARSE AOS CONTIDOS ESIXIDOS OFRECERÁSELLES A
POSIBILIDADE DE RECUPERAR A MATERIA ESTUDADA EN
CADA UN DOS TRIMESTRES POR SEPARADO NUN EXAME.

Más contenido relacionado

Similar a Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfLOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
MoniVL1
 
Reunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º cursoReunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º curso
psargibay
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
Luz Zas
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
Luz Zas
 
Di Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilDi Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 Fil
Luz Zas
 
Lingua e sociedade
Lingua e sociedadeLingua e sociedade
Lingua e sociedade
Jonathan7991
 
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
papoularosa
 

Similar a Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL (20)

Programación 2011 12
Programación 2011 12Programación 2011 12
Programación 2011 12
 
Evaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizajeEvaluacion y estándares de aprendizaje
Evaluacion y estándares de aprendizaje
 
PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO
PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESOPROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO
PROGRAMACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO
 
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfLOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
 
Guía do Traballo da Lección 02
Guía do Traballo da Lección 02Guía do Traballo da Lección 02
Guía do Traballo da Lección 02
 
Orientación 2º eso
Orientación 2º esoOrientación 2º eso
Orientación 2º eso
 
Implicacións didácticas do currículo de lingua galega e literatura
Implicacións didácticas do currículo de lingua galega e literaturaImplicacións didácticas do currículo de lingua galega e literatura
Implicacións didácticas do currículo de lingua galega e literatura
 
Titoría 5º-
Titoría 5º-Titoría 5º-
Titoría 5º-
 
Reunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º cursoReunion pais e nais 2º curso
Reunion pais e nais 2º curso
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
PROGRAMACIÓN GREGO I
PROGRAMACIÓN GREGO IPROGRAMACIÓN GREGO I
PROGRAMACIÓN GREGO I
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
 
Di Se Li 22
Di Se Li 22Di Se Li 22
Di Se Li 22
 
Di Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 FilDi Se Li 22 Fil
Di Se Li 22 Fil
 
Respóndoche graficamente
Respóndoche graficamenteRespóndoche graficamente
Respóndoche graficamente
 
Lingua e sociedade
Lingua e sociedadeLingua e sociedade
Lingua e sociedade
 
PROGRAMACIÓN LATÍN I
PROGRAMACIÓN LATÍN IPROGRAMACIÓN LATÍN I
PROGRAMACIÓN LATÍN I
 
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
 
Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017
 
Belenchu
BelenchuBelenchu
Belenchu
 

Más de Consellería de Educación

Más de Consellería de Educación (20)

Rúbrica exposición oral
Rúbrica exposición oralRúbrica exposición oral
Rúbrica exposición oral
 
La dentadura
La dentaduraLa dentadura
La dentadura
 
Partes da carta de amor pola lingua galega
Partes da carta de amor pola lingua galegaPartes da carta de amor pola lingua galega
Partes da carta de amor pola lingua galega
 
Poemas para o Día Internacional da Lingua Materna.
Poemas para o Día Internacional da Lingua Materna.Poemas para o Día Internacional da Lingua Materna.
Poemas para o Día Internacional da Lingua Materna.
 
Banda deseñada 1º ESO
Banda deseñada 1º ESOBanda deseñada 1º ESO
Banda deseñada 1º ESO
 
1º ESO A descrición dun obxecto/ A caricatura
1º  ESO A descrición dun obxecto/ A caricatura1º  ESO A descrición dun obxecto/ A caricatura
1º ESO A descrición dun obxecto/ A caricatura
 
Descrición dun obxecto 3º Diversificación
Descrición dun obxecto 3º DiversificaciónDescrición dun obxecto 3º Diversificación
Descrición dun obxecto 3º Diversificación
 
Rúbrica descrición
Rúbrica descriciónRúbrica descrición
Rúbrica descrición
 
Análisis Dafo pra el curso ABP MOOC
Análisis Dafo pra el curso ABP MOOCAnálisis Dafo pra el curso ABP MOOC
Análisis Dafo pra el curso ABP MOOC
 
DAFO para ABP MOOC- intef
DAFO para ABP MOOC- intefDAFO para ABP MOOC- intef
DAFO para ABP MOOC- intef
 
Rella abp 2
Rella abp 2Rella abp 2
Rella abp 2
 
Destrezas de trabajo colaborativas ( rella 1)
Destrezas de trabajo colaborativas ( rella 1)Destrezas de trabajo colaborativas ( rella 1)
Destrezas de trabajo colaborativas ( rella 1)
 
Proyecto mínimo viable
Proyecto mínimo viableProyecto mínimo viable
Proyecto mínimo viable
 
Rúbrica exposición oral
Rúbrica exposición oralRúbrica exposición oral
Rúbrica exposición oral
 
Rúbrica traballo en grupo
Rúbrica traballo en grupoRúbrica traballo en grupo
Rúbrica traballo en grupo
 
Poema nº 14 de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Poema nº 14 de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.Poema nº 14 de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Poema nº 14 de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
 
O texto argumentativo
O texto argumentativoO texto argumentativo
O texto argumentativo
 
Día Mundial Contra a Violencia de Xénero
Día Mundial Contra a Violencia de XéneroDía Mundial Contra a Violencia de Xénero
Día Mundial Contra a Violencia de Xénero
 
Sintaxe fn
Sintaxe fnSintaxe fn
Sintaxe fn
 
Sintaxe: A frase preposicional. As funcións de REL. e TERMO.
Sintaxe: A frase preposicional. As funcións de REL. e TERMO.Sintaxe: A frase preposicional. As funcións de REL. e TERMO.
Sintaxe: A frase preposicional. As funcións de REL. e TERMO.
 

Último

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Programacion 3º PDC ÁMBITO LINGÜÍSTICO SOCIAL

  • 1. PDC 3 (1º CURSO) OBXECTIVOS XERAIS A Área Lingüístico-Social debe ter como obxectivo fundamental a formación de cidadáns informados, capaces de interpretar a realidade social de forma reflexiva e crítica, e de comunicarse e relacionarse cos demais empregando correctamente os códigos da cultura social e xunto á consecución dese obxectivo primordial tamén se establecer outros cinco grandes obxectivos xerais: ● Coñecer e apreciar a diversidade espacial, cultural e lingüística do mundo e de Galicia, manifestando respecto e tolerancia cara aos pobos e culturas diferentes. ● Comprender a comunicación como un proceso básico da vida social e apreciar as dúas linguas oficiais de Galicia, entendendo as circunstancias que inflúen no seu uso e na súa evolución.
  • 2. ● Identificar e analizar as interaccións das sociedades co medio, e facerse conscientes das consecuencias medio-ambientais máis importantes. ● Apreciar os dereitos e liberdades das persoas como unha conquista das sociedades avanzadas, e rexeitar situacións de inxustiza e discriminación. ● Valorar o patrimonio histórico, cultural e artístico da humanidade en xeral e de Galicia en particular como ben común que debemos respectar e transmitir ás xeracións futuras. Nesta reformulación e aglutinación dos obxectivos das áreas de Lingua Galega e Castelá e Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, outórgaselle unha especial importancia ás capacidades e actitudes que constitúen o cerne do ámbito, entendendo que a educación non consiste só en apropiarse de certos contidos informativos, senón tamén en desenvolver os valores e as capacidades que forman parte esencial da cultura da que participamos. Esta formulación dos obxectivos non supón en ningún caso unha substitución dos propios das tres áreas, senón un tratamento integrado para facilitar a súa reinterpretación e desenvolvemento.
  • 3. CONTIDOS/UNIDADES DIDÁCTICAS: PDC 3 (1º CURSO) 1) A terra I: -O relevo galego -As comarcas de Galicia -A orixe da lingua galega -Vocabulario relacionado coa terra (galego e castelán)
  • 4. -Regras de acentuación do galego e do castelán -O til diacrítico en galego e castelán. -Os tipos de textos: a descrición 2)A terra II: -A poboación, o poboamento e actividades económicas de Galicia. -As regras de puntuación. -Vocabulario relacionado coa terra (galego e castelán)
  • 5. -As clases de palabras en galego e castelán: o substantivo e o adxectivo. -Os tipos de textos: os textos dialogados. 3) A auga: -Os ríos e as rías galegas. -As contraccións en galego e castelán -Vocabulario relacionado coa auga (galego e castelán) -As regras de formación do xénero e do número. -Os determinantes e os pronomes. -Os tipos de textos: a narración.
  • 6. 4) A diversidade: -As comunidades autónomas do Estado español e as súas capitais. -O relevo da Península Ibérica. -As regras ortográficas. -Vocabulario: toponimia e os principais xentilicios en galego e castelán. -O uso e colocación dos pronomes persoais nas oracións. -Os tipos de textos: a narración fantástica. -A diversidade lingüística no Estado español.
  • 7. 5) O camiño: -A Unión Europea: características, estados e principais capitais. -Os ríos, mares e océanos de Europa. -As regras ortográficas. -Vocabulario: as vías de comunicación. -As clases de palabras: os verbos regulares. -Os tipos de textos: a exposición. -As linguas de Europa: orixe, características e situación
  • 8. 6) A viaxe e a emigración: -Os outros continentes: Asia e África (características de relevo, países e principais capitais). -As regras ortográficas. -Vocabulario: os medios de transporte. -As clases de palabras: os verbos irregulares. -Os tipos de textos: a argumentación. -As linguas do mundo.
  • 9. 7) A viaxe e a emigración: -Os outros continentes (características de relevo, países e principais capitais). -As regras ortográficas. -Vocabulario: os anglicismos e outros préstamos no galego e castelán. -As perífrases verbais. -Os tipos de textos: os textos administrativos. -A linguaxe literaria e o nacemento da literatura. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Os criterios de avaliación suxeridos para o conxunto do programa sinalan os niveis de aprendizaxe que deben acadar os estudantes en congruencia
  • 10. coa selección e organización dos contidos e coa forma de desenvolver o proceso de ensinanza. Nestes criterios téntase condensar e integrar as principais aprendizaxes sociais e lingüísticas do ámbito: ● Identificar e localizar a diversidade de pobos do planeta sinalando algúns trazos do seu medio natural, das actividades humanas, da cultura, da lingua e das relacións de poder que os caracterizan, entendendo a situación actual como o resultado dun proceso histórico. ● Identificar e caracterizar as Comunidades Autónomas de España e as linguas e culturas do territorio español. Comprender a situación sociolingüística que se produce en Galicia produto do contacto entre as dúas linguas. ● Recordar os grandes movementos e desprazamentos da poboación ao longo da historia, con especial referencia a Galicia e España; analizar algunhas das súas consecuencias sociais, culturais e lingüísticas máis destacadas. ● Localizar as grandes áreas urbanas do mundo e describir a xerarquía urbana en Galicia e en España. Comentar os principais problemas que afectan ao modo de vida urbano nos aspectos ambiental, social, cultural e comunicativo. ● Localizar as principais zonas desenvolvidas e subdesenvolvidas do mundo, e explicar os desequilibrios económicos, políticos e culturais existentes entre elas. ● Analizar algúns riscos e problemas medioambientais máis graves en Galicia, en España e no mundo ocasionados polas actividades humanas, e sinalar prácticas e comportamentos cotiáns que poden contribuír á preservación do medioambiente. ● Recoñecer os principios e as institucións característicos dos réximes políticos democráticos en xeral, e en España en particular, e apreciar os dereitos e liberdades das persoas e dos pobos como conquistas das sociedades avanzadas. ● Identificar en textos orais e escritos de diverso tipo e ámbito de uso, imaxes e expresións que denoten distintos tipos de discriminación por
  • 11. razón de raza, sexo, relixión, condición social ou cultural, etc., e buscar alternativas que eviten o seu uso. ● Obter de distintas fontes (orais, escritas, cartográficas, estatísticas, etc.) informacións que sexan relevantes desde distintas perspectivas e intencións, e mostrar a súa comprensión mediante a paráfrase verbal e o resumo escrito. ● Completar, contrastar e integrar informacións procedentes de distintos medios de comunicación coa finalidade de elaborar unha síntese ou informe que reflicta datos e os puntos de vista principais , así como as propias. ● Identificar manifestacións literarias e artísticas que exemplifiquen movementos ou estilos ben definidos, sinalando os seus trazos máis característicos e valorando a súa dimensión estética. ● Establecer relacións entre as obras, autores e movementos máis relevantes das literaturas galega e castelá e o contexto histórico no que aparecen, e producir textos de intención literaria seguindo unhas determinadas pautas ou modelos. ● Producir textos orais e escritos axustándose a un plano ou guión previo, e respectando criterios de orde lóxica, claridade expositiva, corrección gramatical e, de ser o caso, presentación gráfica. ● Analizar e avaliar acontecementos e situacións da vida cotiá manifestando actitude crítica ante a violencia, os abusos e as discriminacións, e defendendo os valores da paz, a solidariedade e a tolerancia. ● Participar en situacións de comunicación colectiva (exposicións, debates, coloquios, etc.) sobre cuestións problemáticas da vida cotiá empregando a linguaxe como medio de comunicación, e respectar e ter en conta as opinións dos demais para atopar solucións de consenso. ● Planificar e desenvolver algunha investigación sinxela sobre un tema de ámbito local ou de actualidade abordando tarefas de busca e recolleita de información, organización e tratamento dos datos e elaboración de informes, comunicando os resultados de forma clara e intelixible.
  • 12. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN PDC 3: -EXAMES ESCRITOS: -número: tres por trimestre. Nos exames escritos combinaranse as cuestións teóricas coas prácticas, aínda que se tentará dar prioridade a estas últimas. -valoración: ata un máximo de 6 puntos. PARA QUE FAGAN MEDIA AS NOTAS DOS EXAMES DÉBESE OBTER UNHA PUNTUACIÓN MÍNIMA DE 2,5 -Importante: as incorreccións no emprego da lingua restarán ata un máximo de 2 puntos, teranse en conta aspectos como a ortografía, a acentuación, a puntuación, a construción de oracións... As faltas máis graves (erros no uso de b/v, -c-/-cc-/-ct-, c/z,g/j, h, r, x/s, y/ll, maiúsculas /minúsculas) baixarán 0,20. As demais implicarán a perda de 0,10 cada unha. -LECTURA OBRIGATORIA (novela ou relatos): -número: 2 por trimestre (unha lectura en cada unha das linguas. -valoración: ata un máximo de 2 puntos (valorarase a comprensión dos feitos que se contan na obra (máx. 0,75) e a expresión dos mesmos por escrito( máx. 0,75) a partir dunhas cuestións realizadas polo profesor. Tamén se terá en conta o dominio do vocabulario presente na obra lida (máx. 0,5). -EXERCICIOS: -valoración: ata un máximo de 1 punto. -número: dependerá dos temas e da duración dos trimestres, cunha puntuación máxima de 0,20 cada un. -Importante: Por cada exercicio non realizado restarase 0,20 -CADERNO: -Valoración: ata un máximo de 1 punto.
  • 13. -Importante: terase en conta a orde do mesmo, a recollida dos apuntamentos, a presenza de todos os exercicios realizados e a corrección dos mesmos. -IMPORTANTE: UNHA NOTA DE CERO NUN DOS APARTADOS SUPÓN O SUSPENSO DA MATERIA. -A AVALIACIÓN É CONTINUA, AÍNDA QUE, CO OBXECTIVO DE QUE OS ALUMNOS E ALUMNAS SEXAN QUEN DE ENFRONTARSE AOS CONTIDOS ESIXIDOS OFRECERÁSELLES A POSIBILIDADE DE RECUPERAR A MATERIA ESTUDADA EN CADA UN DOS TRIMESTRES POR SEPARADO NUN EXAME.