2. Volvo a comentar este logotipo .Está composto por un cadrado que é
símbolo de terra e que ten dúas verticais, que representan o equilibrio e o
principio activo e quente que se libera do horizontal, e dúas horizontais que
representan o repouso frío ; liñas que determinan o abaixo-arriba e a dereita-
esquerda. Tranquilidade e equilibrio son dous significados esencias que debe
transmitir o logotipo no seu mensaxe visual Tamén culturalmente sabemos
que é unha caixa,un contedor ou un edificio.
Non ten marco esta imaxe, co cal o que interesa son as relacións entre
as diferentes formas. O cadrado negro e atravesado con gran dinamismo por
un triángulo ( que eiquí representamos en vermello para visualizalo) moi
agudo, grande , que emerxe ascendendo de abaixo arriba,atravesando os
límites do cadrado co cal non xera tensións e é percibido nunha secuencia
temporal; contrasta co cadrado negro en ton ( contraste máximo ), en
orientación e en configuración, pero se relaciona con el por superposición e
estruturalmente a través dos lados que coinciden cos vértices da diagonal
ascendente do cadrado, xerando dous puntos quentes que se alternan como
nun xogo; e remata o seu vértice en contacto con outro triángulo mais
pequeno co cal non hai tensións senón harmonía xa que son formas triangulares e co mesmo eixo
estrutural e formando un ritmo de tamaños e ángulos. Os dous triángulos representan tamén forza
motriz, son a abstracción dun avión a reacción e o seu chorro de fume tal como o vemos no ceo. O
cadrado e o aeroporto ( edificio e pista de despegue ), e o triángulo branco tamén pode ser visto
como a raia central da pista (en perspectiva cónica ). É o logotipo do aeroporto de Heathrow .
3. Caixa metafísica ( Oteiza )
A caixa ou cubo (definido por seis cadrados) contedor ou
receptor, feminino e terra ( Gea ) , forma platónica e que nesta Caixa
Metafísica Oteiza xoga co vacuo e o cheo, co aberto e o pechado, co
terreal e co espiritual
Pureza formal a do cubo coas súas caras cadradas, os ángulos
rectos....que nos achegan ao divino e que delimitan neste caso un
espacio vacuo que opera como contedor ou casa, ao cal se abren unhas
ventás, que o relacionan co resto do espazo ou universo. Esas aberturas
están delimitadas por liñas rectas que nin son horizontais nin verticais
nin diagonais , tampouco pasan polo centro e non forman ángulos
rectos ; liñas libres acéntricas e que dotan as caras e ao conxunto de
dinamismo, que contrasta coa quietude do cubo. Dinamismo que tamén
está presente no xeito de mirar esta obra ( punto de vista móbil). A súa vez esta ventás permiten a
entrada da luz que proxecta sombras e todo un xogo de matices de gris no interior da caixa.
Podemos apreciar que os ángulos desas liñas libres son moi próximos ao recto e non crean
grandes acentos ou tensións , aminorada tamén porque esas liñas chegan aos límites dos planos e
perden toda tensión
Cal é a relación entre caras? ; podemos apreciar relacións de igualdade dimensional,
coincidencia e continuidade de liñas entre caras contiguas,....: pero, como é o conxunto de todas
esas liñas e de onde sae?.Unha posibilidade que ocórreseme é de que nos remiten a outra estrutura
que está oculta na súa totalidade e da que so vemos unha parte .
Para ver a caixa temos que movernos arredor dela ( punto de vista móbil) e así captar as
relacións do interior co exterior, as relacións en cada cara e as relacións dunha cara coas contiguas
Probo con estas dúas, a segunda e múltiplo da primeira; compároas con fotografías pero non
hai coincidencias.
4. Fago estas probas, vendo tamén o desenrolo o cubo.... e non chego a ningunha conclusión.
Podería ser que non houbera estrutura superior, que sexan liñas “libres” que por unha banda
farían planos ou aberturas en xeración ,a partires dun punto e que non terían nada a ver coa estrutura
cadrada (nin co centro , nin coas medianas nin paralelismo ), pero si son liñas rectas e polo tanto
harmonizan co cubo e sería a expresión dunha racionalidade na creación desas ventás da caixa, e
que falaría dun xeito de relacionarse a traveso da razón co mundo exterior.
5. LA DANZA (Matisse)
Este cadro Matisse de
formato rectangular horizontal e que
acentúa a terrenalidade que lle quere
conferir ao tratamento do tema,está
composto por un plano verde
redondo que pode representar o
universo pero dende logo reducido
eiquí a Terra e que por chegar aos
límites do plano básico non mostra
tensións e expándese fora dos límites.
Forma pesada e na zona da terra,
mentras outro plano azul representa o ceo e o infinito, ocupando a zona livián do
cadro.
Encerrados nos límites desa terrealidade atópanse un conxunto de figuras
humanas que a pesares de ocupar todo o espazo non xeran tensións ao tocar os
límites dese marco terreal. Os brazos forman un óvalo que é a proxección dunha
circunferencia e por tanto debe ser vista como unha figura harmónica. Esa mesma
liña repítese nos pes.
Tódalas liñas do cadro son curvas e polo tanto están en harmonía, o contraste
ven pola cor.
Terrealidade, harmonía universal, humanidade son palabras clave para falar
deste cadro
As figuras humanas ,unidas en círculo, poden ser expresadas por liñas curvas
ou por triángulos, e transmiten a
sensacións de dinamismo e actividade.
Habería que falar da cor e do
ritmo, tamén, como unhas
características moi importantes deste
cuadro.
6. TRISQUEL
O deseño deste trisquel, vórtice ou torbeliño
está composto polas figuras que se ven na figura , e é
obvia a súa construción xeométrica. O canteiro, para
que o deseño destacara no granito, tivo que recorrer a
un refundido plano que xerase unhas sombras para
conseguir contraste por ton.
A lectura desta imaxe faise dende a periferia ao
centro, guiados por dúas circunferencias concéntricas
e unha serie de liñas curvas que se cortan no centro
provocando un gran punto de interese que reforza a
idea de centro.
O círculo exterior representa o universo, o todo
e a forma perfecta orixinal, e neste marco desenrolase un vórtice, un movemento
circular expresado a traveso das aspas, debuxadas por unha sucesión de
circunferencias en simétrica radial, en total harmonía co círculo exterior ou universo.
Esta sensación de movemento é reforzada pola estrutura oblicua de diámetros que
pasan polos centros das curvas das aspas. Todo isto fálanos dunha concepción
cosmocéntrica dun universo en evolución, en movemento infinito, pero predicible e
en harmonía
O deseño pode lerse de dous xeitos ( as aspas refundidas como figura ou noutra
lectura como fondo) e provocando nesa alternancia de lecturas unha forma de
intranquilidade. Pero non están equilibradas as
dúas xa que o refundido pode verse con unha
forma pechada e o outro ( o plano superior),as tres
aspas semellan expansionarse.
A sensación de xiro no sentido contrario as
agullas do relo non ten dúbidas para min, así o
percibo. Si facemos caso a o que sinala
Kandinsky no seu libro “Punto e liña sobre o
plano”referido a que as curvas posúen unha
tensión principal que actúa sobre o arco, a
conxunción desas tensións provocaría a sensación
de xiro. E.H.Gombrich, no seu libro “ O sentido
do orden” fala do vórtice e preguntase de onde
procede esta enerxía; suxire unha explicación acorde ao que defende no libro e
remata “É dubidoso que esta reacción ante as formas xiratorias poida ser explicada en
conxunto tan so en función da visión”.A sensación de xiro para min e explicable con
un coñecemento do comportamento das masas en movemento, refírome ao concepto
da Física da inercia ( si a estrutura de diámetros imprímeselle un xiro, estes tenderían
a deformarse semellando o deseño de aspas ). Tamén a experiencia que temos do
noso mundo pode levarnos a esa percepción, refírome aos debuxos dos torbeliños
nos fluídos e que son motivados, algúns, pola aceleración de coriolis.
7. Cadrado branco sobre un cadro
cadrado: acentuación da calidade cadrado. O
cadrado como forma equilibrada entre
horizontais frías e pasivas e verticais quentes
e activas, perpendicularidade, simetría e
forma simbólica, está eiquí reforzado ao estar
paralelo ao plano do cadro. A esta acentuación
oponse a acentralidade da posición , que xera
unha combinacións de tensións cos límites do
cadro.
Facendo un percorrido visual pola
periferia do plano básico no sentido das
agullas do reloxo vemos que a separación do cadrado cos límites vai en aumento e as
tensións van diminuíndo. Esa separación está estruturada nunha serie de rectángulos
nos que aparecen unha serie de acentos: plano azul, tensión da liña que non chega ao
límite vertical-esquerdo ( na parte superior ), plano amarelo,plano negro e plano
vermello. Como estas planos e as liñas que os delimitan tocan os límites, perden
tensión e semella que a estrutura de liñas negras continúa.
8. Contraste entre as formas
curvilíneas, suaves e expansivas coas
formas puntiagudas, agresivas e con unha
direccionalidade moi potente xa que se
trata de tres puntas ou conos moi agudos
e rectos. Contraste entre o volume
tridimensional ( o macizo e o oco ) e o
punto ao que concorren as tres puntas;
puro punto inmaterial onde se anulan as
tensións ( as tres puntas están moi
próximas e perden tensión) que parecen
anunciar as tres puntas na súa evolución,
e que en conxunto fan outro contraste.
9. Na imaxe debúxanse as figuras
básicas que compoñen a fachada deste
edificio. Tomarémolo como un cadro
xa que o deseño arquitectónico reforza
a frontalidade e o punto de vista único.
O simetría sobre un eixo vertical
sentido é unha característica
importante desta fachada xa que
expresa o equilibrio e a igualdade de
pesos a un lado e outro.
O cadrado da totalidade da fachada
expresa o equilibrio, o real e a vida
cotiá e sua base coincide co plano
horizontal da rua e tamén co cadrado
da entrada ( non hai tensións entre os dous cadrados ) e reforza a unión co cotiá ,non
hai elevación e polo tanto faio mais democrático.
Partindo da base horizontal xorden catro columnas ou vectores verticais
ascensionais que nos falan dunha actividade equilibrada e superior, e que conecta cun
poder representado polo triángulo isósceles .Poder que que está dentro dese cadrado
do cal falabamos antes e na parte superior, facendo referencia a unha actividade
superior e que non xera tensions tampouco co cadrado porque está en contacto con el.
É un palacio de xustiza?