INVERNO
Era un home e non sabía moitas cousas de él... 
quizais fora un romántico. 
Un romántico sempre ten medo de que a realidad...
estou escribindo liñas 
cos dedos dos meus labios secos 
estou facendo un diario 
pequeno 
e de recordos 
estou construind...
hoxe escoitei vozes antigas 
que xa non se usan. 
veñen do frío 
das cidades do norte, 
nas que os amantes non correspondi...
sinto coma o vento frío 
percorre o meu estómago 
méteseme nas tripas 
e ocupa os meus pulmóns 
está aí 
na miña cabeza
chove outra vez 
logo de ter chovido 
volve o gris luminoso 
do peito encollido 
pel de galiña 
tra-las xanelas polas que ...
atopei de novo un espazo nesta libreta 
voltou o inverno
dúas parellas no gran sol 
as dúas de ferro
téñoche perdida 
e non se me olvida 
quixera saber 
o que ti xa sabías
sempre me gustaron 
as mozas de pelo corto
lembro a primeira faísca 
do noso lume 
do incendio das nosas vidas
todos os barcos de ribeira 
teñen a proa mirando ao norte. 
están esperando a que volvas
suxerencia do teu corpo 
olor a pelo 
a maleta 
todo indica que estás aquí
suave e palpitante se presenta 
o escuro e húmido 
encontro co meu desexo 
alá ao fondo 
na confluencia dos corpos 
que me...
unha cama nun quinto piso 
nunha noite de inverno 
a túa cara e a miña 
un faro no pelo
soñei que navegaba 
pola liña curva das túas costas 
en calma 
sen naufraxios 
co vento a favor
soñei que corría polo monte 
cun murmúrio de sorrisos e musgo 
soñei que voaba
pronunciei mil veces o teu nome 
pronuncieino mil veces 
e nunca foi en van
era triste, 
como unha cuna vacía
escríboche dende a vila morena 
nun serán de principios de xullo 
dende a terra das mulleres 
dende a igualdade e a espera...
Hoxe morreu o alemán de Camelle 
e choraba o mar, e mailo vento 
que trouxo voando a unha muller loira 
hoxe chiaba o corm...
mañá fai un ano da marea 
da coraxe 
da dignidade 
mañá fai un ano daquel día 
no que morreu o estado 
e nacemos nós
silenzo intacto 
medo octoxenario 
cadeas aínda por abrir, 
amnistiade dunha vez 
a este pobo imaxinario 
que na procesión...
venres de viño e vaidades 
aire mesto e máscaras de fume 
xa fago pouco aquí 
nesta babel de codazos e fotos
a verdade ten raíces 
amarradas á terra. 
os púlpitos i escenarios 
están demasiado altos 
demasiado lonxe
marcharei pronto 
a comer herba 
e a beber aire 
nunha montaña chá
o mundo enténdense mellor no alto dun outeiro 
alá arriba 
en sabuceda
libertario 
liberto 
libertino 
liberado 
libertade
“porque non hai nada nesta vida 
que nos acenda máis 
que buscar a nosa puta ruína..” 
maría lado 
a bea
Inverno
Inverno
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Inverno

869 visualizaciones

Publicado el

poemas cativos pero sentidos

Publicado en: Estilo de vida
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
869
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
642
Acciones
Compartido
0
Descargas
0
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Inverno

  1. 1. INVERNO
  2. 2. Era un home e non sabía moitas cousas de él... quizais fora un romántico. Un romántico sempre ten medo de que a realidade non colme as súas espectativas. Tódolos románticos esperan demasiado. Grahan Greene (O noso home na Habana)
  3. 3. estou escribindo liñas cos dedos dos meus labios secos estou facendo un diario pequeno e de recordos estou construindo un refuxio para os habitantes dos meus soños
  4. 4. hoxe escoitei vozes antigas que xa non se usan. veñen do frío das cidades do norte, nas que os amantes non correspondidos beben licor nas noites de inverno para esquencer que ninguén os espera nas súas xeadas e enormes camas
  5. 5. sinto coma o vento frío percorre o meu estómago méteseme nas tripas e ocupa os meus pulmóns está aí na miña cabeza
  6. 6. chove outra vez logo de ter chovido volve o gris luminoso do peito encollido pel de galiña tra-las xanelas polas que miro
  7. 7. atopei de novo un espazo nesta libreta voltou o inverno
  8. 8. dúas parellas no gran sol as dúas de ferro
  9. 9. téñoche perdida e non se me olvida quixera saber o que ti xa sabías
  10. 10. sempre me gustaron as mozas de pelo corto
  11. 11. lembro a primeira faísca do noso lume do incendio das nosas vidas
  12. 12. todos os barcos de ribeira teñen a proa mirando ao norte. están esperando a que volvas
  13. 13. suxerencia do teu corpo olor a pelo a maleta todo indica que estás aquí
  14. 14. suave e palpitante se presenta o escuro e húmido encontro co meu desexo alá ao fondo na confluencia dos corpos que me achega máis, se cabe á túa mirada
  15. 15. unha cama nun quinto piso nunha noite de inverno a túa cara e a miña un faro no pelo
  16. 16. soñei que navegaba pola liña curva das túas costas en calma sen naufraxios co vento a favor
  17. 17. soñei que corría polo monte cun murmúrio de sorrisos e musgo soñei que voaba
  18. 18. pronunciei mil veces o teu nome pronuncieino mil veces e nunca foi en van
  19. 19. era triste, como unha cuna vacía
  20. 20. escríboche dende a vila morena nun serán de principios de xullo dende a terra das mulleres dende a igualdade e a esperanza escríboche, filla, dende o futuro dende a dignidade que aboiou do naufraxio daquel barco escríboche dende o pobo-pulo dende a ilusión e a frescura dende a xente escríboche dende o aire e tamén dende o chan sentado nun banco de obra nunha acera pequena, na ponte goiáns
  21. 21. Hoxe morreu o alemán de Camelle e choraba o mar, e mailo vento que trouxo voando a unha muller loira hoxe chiaba o cormonrán no peirao embadurnado de progreso negro cheirando a home hoxe morreu o alemán e cambiou a cor das pedras sin horario, como cambia a mirada dos mortos aínda vivos Hoxe entroulle a presa aos osos colgantes na selva do orinoco e os gatos da xaneira vestiron de longo nun súbito ataque de pudor hoxe subeu a bolsa máis cá vida subeu o chan cinco alturas e acabaron de medir o espazo aéreo Hoxe oín calar a unha bubela porque pasaba o corvo, cos outros corvos e notei o ambiente seco, parado co cheiro a moho dos armarios vellos hoxe morreu o alemán de camelle e con él, morremos un pouco todos
  22. 22. mañá fai un ano da marea da coraxe da dignidade mañá fai un ano daquel día no que morreu o estado e nacemos nós
  23. 23. silenzo intacto medo octoxenario cadeas aínda por abrir, amnistiade dunha vez a este pobo imaxinario que na procesión dos caladiños vive dende hai mil anos
  24. 24. venres de viño e vaidades aire mesto e máscaras de fume xa fago pouco aquí nesta babel de codazos e fotos
  25. 25. a verdade ten raíces amarradas á terra. os púlpitos i escenarios están demasiado altos demasiado lonxe
  26. 26. marcharei pronto a comer herba e a beber aire nunha montaña chá
  27. 27. o mundo enténdense mellor no alto dun outeiro alá arriba en sabuceda
  28. 28. libertario liberto libertino liberado libertade
  29. 29. “porque non hai nada nesta vida que nos acenda máis que buscar a nosa puta ruína..” maría lado a bea

×