8. Rosalía de Castro
Nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de
1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais
responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas
celébrase por motivo de ser a data de edición da súa obra “Cantares gallegos”.
9. Vida
Nos seus primeiros anos Rosalía viviu unha infancia
leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón. Nunha das
pasaxes bibliográficas dun dos seus poemas de
Cantares Gallegos, Rosalía bota unha ollada
nostálxica á casa de Arretén, casa de Iria Flavia.
Unha infancia lembrada por cancións, risas e as
badaladas das campás que contrasta co silencio
desolado que agora predomina sobre o lugar.
10.
Non se sabe exactamente cando nai e filla se trasladaron a
Compostela, pero si que en 1850 vivían nai e filla nesa
cidade. Alí comeza a formarse en torno á Sociedad
Económica de Amigos del País. En Santiago recibe
formación musical, artística e literaria; participou nas
actividades do Liceo de la Juventud, lugar de encontro
dos intelectuais comprometidos co movemento
provincialista. As súas correntes ideolóxicas, que
impregnarán a obra de Rosalía, eran o socialismo e o
republicanismo. No liceo coincidiría con Eduardo Pondal,
Aurelio Aguirre e Juan Manuel Paz Novoa.
11. Manuel Murguía.
En 1856 trasladouse a Madrid, onde
viviu cunha curmá. Comezou a
publicar e, en 1858 casou con
Manuel Murguía, investigador,
cronista e xornalista. A vida do
matrimonio fíxose itinerante
debido aos cargos funcionariais de
Murguía.
12.
En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu Alejandra, a súa
primeira filla; en 1861, de novo en Madrid. Logo duns
anos en Madrid, trasladáronse a Lugo, e despois voltaron
a Madrid, onde naceu Aura; as actividades do seu home
leváronos por diferentes lugares: Simancas, A Coruña
Compostela, Lestrobe, Estremadura, Alacant... e
mentres, foron nacendo máis fillos: Aura, nada en
decembro de 1868 (morreu en 1942). Gala e
Ovidio, xemelgos, naceron en xullo de 1871 (Gala morreu
en 1964 e Ovidio en 1900), Amara, nada en xullo de 1873
(morreu en 1921), Adriano Honorato Alejandro, nado en
marzo de 1875, (morreu en novembro de 1876 debido a
unha caída) e Valentina, nada morta en febreiro de 1877.
13. De esquerda a dereita: Alejandra, Gala, Ovidio, Murguía,
Rosalía, Aura e Amara. (1884)
14.
Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón,
onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se
convertería en casa-museo. A morte do seu fillo máis
novo aos dous anos por mor dun accidente e a súa
enfermidade amargáronlle os derradeiros anos. Morreu
de cancro de útero en 1885, aos 48 anos na súa casa de
Padrón. Rosalía foi soterrada no camposanto da Andina
(Iria Flavia). Anos máis tarde, en 1891, os seus restos
foron trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na
igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de
Compostela.
16.
En Galego En Castelán
Poesía
Poesía
La Flor (1857)
A mi madre (1863)
En las orillas del Sar (1884)
-Cantares gallegos (1863) Prosa
-Follas novas (1880) La hija del mar (1859)
Flavio (1861)
El cadiceño (1863)
Ruinas (1866)
Prosa
Las literatas (1866)
El caballero de las botas azules (1867)
El primer loco (1881)
El domingo de Ramos (1881)
-Contos da miña terra I(1864) Padrón y las inundaciones (1881)
17. Cantares Gallegos.
Coa publicación de Cantares
Galegos no ano 1863 acadouse o
fito culmen do Rexurdimento das
letras galegas, asemade marcouse
un punto de inflexión na historia
da literatura galega. Cun elevado
exercicio lingüístico e literario, a
escritora prestixiou ao galego como
lingua e reivindicou o seu uso.
18. Follas Novas
Con Follas Novas (1880) Rosalía
creou un universo novo e
extremadamente persoal, no que o
puro lirismo intimista acada a máis
alta realización artística, alén das
vivencias estéticas, nunha continua
e angustiada pregunta sobre o
sentido da existencia humana.
19. Lingua
Non se pode afirmar que Rosalía de Castro escribise nun
dialecto determinado, aínda que o seu elástico sistema de
normas lingüísticas tiña como base xeográfica as falas das
comarcas bañadas polo Sar e o Ulla, cunha clara tendencia
ao seseo. Como consecuencia da precaria situación na que
se atopaba a lingua galega escrita da época, Rosalía
adoitaba empregar vulgarismos, hipergaleguismos e
castelanismos. Tamén son habituais nas súas obras as
vacilacións e morfolóxicas, adoptando diferentes
solucións para a formación do plural das palabras
agudas.
20.
Malia todo, a Rosalía interésalle máis a vivacidade cá
pureza da lingua galega que emprega para
expresarse, o que deixa patente no prólogo de
Cantares gallegos. É alí onde se di que a pesar de
carecer de gramáticas e de regras que propiciarán a
aparición de erros ortográficos, a autora puxo o seu
maior coidado en reproducir o verdadeiro espírito
do pobo galego.
21.
22. Día das letras galegas.
O 20 de marzo de 1963, tres membros numerarios da Real
Academia Galega, (concretamente Francisco Fernández
del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo),
enviaron unha carta ao que por aquel entón ostentaba o
cargo de presidente da institución, Sebastián Martínez
Risco, na que se sometía a consideración da Xunta Xeral a
proposta de celebrar o centenario da publicación da obra
Cantares Galegos, de Rosalía de Castro. O 28 de abril, a
consecuencia da proposta elevada ao presidente, ten lugar
unha Xunta ordinaria nos salóns municipais que ten como
resultado a declaración de Día das Letras Galegas o 17 de
maio de cada ano, quedando reflectido tal decisión na
acta da sesión.
23.
24. Recoñecementos
Na actualidade, son varias as institucións, espazos públicos e bens
de consumo designados co nome de Rosalía de Castro, pondo isto
de manifesto o arraigamento social que ten a figura da escritora.
Deste xeito, é posible atopar centros de educación tanto en Galicia
como no resto de rexións de España, en Rusia ou en Uruguai
chamados igual cá escritora, ao que se debe engadir numerosos
parques, prazas e rúas, asociacións culturais, premios outorgados a
persoas intimamente vencelladas á lingua galega e castelá,
bibliotecas, agrupacións folclóricas, coros musicais e mesmo un
viño con Denominación de Orixe Rías Baixas. Con todo, resulta
curioso que un avión da compañía Iberia, así como unha aeronave
pertencente a Salvamento Marítimo, fosen bautizados igual cá
escritora. Obviamente, tamén son varios os monumentos (placas
conmemorativas e esculturas principalmente) dedicados á súa
figura en diversos países do mundo.
25.
Coa emisión do 23 de outubro de 1979
apareceu o último dos billetes de 500
pesetas, posto que este sería
substituído en 1987 por moedas de
igual valor. O billete distinguíase por
presentar no anverso o retrato de
Rosalía de Castro, gravado por Pablo
Sampedro Moledo, así como por
mostrar no reverso casa-Museo de
Rosalía sita en Padrón e uns versos
coa caligrafía da súa autora,
pertencentes á obra Follas Novas.
Desta forma, Rosalía de Castro
converteuse xunto con Isabel a
Católica, no único personaxe feminino
non alegórico retratado no anverso
dun billete propiamente español
28. Fundación
O Patronato Rosalía de Castro, que se fundara no Hotel Compostela de
Santiago o 15 de novembro de 1947, tranformouse en Fundación Rosalía de
Castro nun acto celebrado no Colexio de Fonseca da mesma cidade o 29 de
decembro de 1995. Os seus estatutos foron legalizados pola Xunta de
Galicia en decembro de 1997.
É unha organización de interese galego que ten como finalidade fomentar e
difundir o culto á memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus
fillos; conservar o conxunto da Casa-Museo de Rosalía; conservar e
incrementar o patrimonio rosaliano dispoñéndoo do mellor xeito para que
poida ser contemplado e estudado; coidar do Mausoleo de Rosalía sito San
Domingos de Bonaval; e celebrar actos en conmemoración das datas
rosalianas (24 de febreiro e 15 de xullo) así como o 25 de xullo en Santiago
de Compostela.
Ten a súa sé na Casa da Matanza, en Padrón (A Coruña).
29. Historia
No outono de 1947 créase o Patronato Rosalía de
Castro, co fin de arranxar a Casa da Matanza, en
Padrón, casa na que Rosalía de Castro viviu os
derradeiros anos da súa vida.
Restaurouse en 1971 e converteuse na Casa-Museo
en 1972. A Fundación, que continúa a labor do
Padronato, é a actual propietaria.
Neste espazo, proponse un percorrido polos
acontecementos que marcaron a vida e a obra de
Rosalía.
30.
31. Distribución
Na planta baixa, denominada “O perfil dunha
sombra”, o visitante pode apreciar a verdadeira
dimensión desta emblemática figura da cultura
galega e universal: a súa vida, o entorno que a
rodeou e a relación do pobo galego coa figura da
escritora.
Na primeira planta, denominada “O seu”, proponse
unha recreación da casa rural da época, entre labrega
e fidalga.