4. Para a administración dun sistema baseado en Ubuntu teremos dous lugares básicos para a realización de tarefas de administración, é dicir, para instalar ou desinstalar programas: O primeiro é o Synaptic Accedemos a el dende a pestana de Sistema> Administración > Xestor de paquetes Synaptic . Dende esta aplicación realizarase a xestión de paquetes.
8. Descrición dos paquetes Instalar un paquete é tan sinxelo como premer dobre clic sobre el ou co botón dereito de seleccionar “marcar para instalar” Unha vez marcados, prémese sobre o botón Aplicar.
9. Tamén se poden buscar paquetes e empregando a caixa de busca podemos localizalos mediante o seu nome ou descrición .
10. O segundo lugar fundamental é o “Centro de software” que podemos localizar dende o menú Aplicacións > Centro de software . Dende este Centro de Software podemos atopar aplicacións para instalar ou desinstalar no equipo. Podemos localizar as aplicacións agrupadas nos Departamentos ou a través do buscador .
12. Instalación de hardware: impresora Unha vez conectada a impresora e acesa, seguramente Ubuntu a detectará e se poderá instalar automaticamente, sen ter que facer nós nada. Si non é así, debemos escoller a icona de “Novo" no menú de xestión de impresoras situado na ruta: Sistema > Administración > Impresoras > Novo . Aparecerán varias opcións onde escolleremos a impresora que queremos instalar e seleccionamos o modelo e o controlador. Pode ser que Ubuntu xa faga isto automaticamente por nós.