Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da
1. ENCONTROS
PARTICIPATIVOS
BIBLIOTECA VERDE 2015
MONOGRÁFICO: CONSUMO CONSCIENTE,
RESPONSABLE E TRANSFORMADOR
Estainformaciónestáimpresaenpapel100%recicladoeFSC
BIBLIOTECA VERDEBIBLIOTECA VERDE
PROPOSTAS SUSTENTABLES
PARA UN MUNDO MELLOR
Sustentable
2. CASTRILLÓN I 28 DE XANEIRO
Hortas urbanas: unha vía cara
ao autoconsumo
As hortas urbanas buscan cidades flexibles
coa práctica da agricultura ecolóxica e da
alimentación saudable; fan partícipe a
comunidade e posibilitan a transmisión de
coñecementos; favorecen os espazos verdes,
sustentables e de ocio; utilizan soares en desuso
de maneira creativa e comunitaria; e promoven
alternativas de consumo. Pensas que estas
iniciativas lle corresponden á Administración
ou á cidadanía? Ven coñecer e debater sobre os
proxectos que hai no noso contorno.
Cunha representación dos colectivos Hortas do
Val, de Feáns, e Hortas Urbanas de Monelos e
a experiencia a nivel particular dunha veciña
do barrio.
ÁGORA I 19 DE FEBREIRO
Consumo consciente:
ideas prácticas
Comida, roupa, enerxía, ocio, banca,
telefonía... Cando intentamos consumir de
maneira “diferente”, son moitas as preguntas,
dificultades e inseguridades que encontramos
no camiño. Ofrecémosvos un espazo ameno
e participativo para aclararnos dúbidas e
inspirarnos con novas propostas.
Con Toni Lodeiro, autor do libro Consumir
menos, vivir mejor e redactor da revista
Opciones. Consumo y estilos de vida
transformadores.
INFANTIL E XUVENIL
25 DE MARZO
Comunidades en transición:
Pódese reducir a dependencia
do petróleo?
Se cres que existe outra forma de consumir e
que a vida sen petróleo é posible, interesarache
vir a esta charla para coñecer o movemento
“Comunidades en transición”, cuxo obxectivo
principal é dotar as comunidades de ferramentas
para loitar contra o cambio climático e reducir
así a súa dependencia do petróleo.
Con Rocío García Carregal membro da
asociación ACIDE (Asociación cidadáns
polo desenvolvemento)
ROSALES I 23 DE ABRIL
Consumo transformador:
estilos de vida sustentables
Como vivir mellor consumindo dunha maneira
máis consciente? Como buscar opcións que
apoien modelos transformadores de produción-
distribución-consumo-refugallo? Estas e outras
preguntas guiarannos nun diálogo participativo
sobre estilos de vida satisfactorios e
sustentables de cara a transformarmos as nosas
relacións como sociedade e coa natureza.
Con Conchi Piñeiro, membro de Altekio,
iniciativas hacia la sostenibilidad, cooperativa
de promoción de estilos de vida sustentables
de Madrid
MONTE ALTO I 27 DE MAIO
Moda sustentable, unha
alternativa á industria
Todos vestimos con roupa das grandes cadeas
de moda pero, que sabemos realmente do que
hai detrás da produción e creación de cada
unha das prendas que máis nos gustan?
A man de obra, os tecidos e a súa procedencia,
a súa distribución, custos etc. son algunhas
das dúbidas que xorden en canto se fala da
industria da moda.
Con Nanda Couñago, Directora de AMARANTE
SETEM, impulsora da Plataforma MOV3.Galicia
Viste Consciente
Todas as charlas comezan ás 19:00h e teñen
entrada libre, ata completar a capacidade.
ENCONTROS PARTICIPATIVOS
BIBLIOTECA VERDE 2015
MONOGRÁFICO: CONSUMO CONSCIENTE,
RESPONSABLE E TRANSFORMADOR
Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña, apostamos por iniciativas
responsables co medio e queremos apoiar e difundir proxectos sustentables
que están tendo lugar no noso contorno máis cercano. Por iso nos comprace
presentarvos o II CICLO DE ENCONTROS BIBLIOTECA VERDE.
Volvemos con ilusións renovadas para este segundo ciclo e moi
satisfeitos tras o resultado do primeiro: en 2014, coñecemos experiencias
interesantísimas sobre banca ética, bioconstrución, permacultura,
alimentación consciente, xestión enerxética… e tivemos a oportunidade
de debatermos sobre estes temas de actualidade que nos concernen a
todos. Moitas grazas pola vosa participación!
Retomamos o ciclo de encontros cun monográfico sobre consumo
consciente, responsable e transformador que, sen dúbida, abriranos
perspectivas novas, ofreceranos opcións atractivas e, sobre todo,
proporcionaranos espazos para compartirmos experiencias alternativas
ao consumo convencional.
Contaremos, entre outros, con integrantes da iniciativa cidadá Hortas
Urbanas, o autor de Consumir menos, vivir mellor e a plataforma galega
de moda sostible MOV3.
Agardámosvos para seguirmos creando
xuntos propostas sustentables para un
mundo mellor.
3. Biblioteca Municipal Ágora
Rúa Ágora, s/n, 15010 A Coruña
T.: 981 189 886
bagora@coruna.es
Biblioteca Municipal
Castrillón
Praza de Pablo Iglesias, s/n, 15009 A Coruña
T.: 981 184 390 / fax: 981 184 391
bcastrillon@coruna.es
Biblioteca Municipal
Estudos Locais
Rúa Durán Loriga, 10, 1º, 15003 A Coruña
T.: 981 184 386 / Fax: 981 184 385
bestudiosl@coruna.es
Biblioteca Municipal Fórum
Metropolitano
Rúa Río Monelos, 1, 15006 A Coruña
T.: 981 184 298 / Fax: 981 184 295
bforum@coruna.es
Biblioteca Municipal
Infantil e Xuvenil
Rúa Durán Loriga, 10, bx., 15003 A Coruña
T.: 981 184 388 / Fax: 981 184 385
binfantil@coruna.es
Biblioteca Municipal
Monte Alto
Praza dos Avós, s/n, 3º, 15002 A Coruña
T.: 981 184 382 / fax: 981 184 383
bmontealto@coruna.es
Biblioteca Municipal
Os Rosales
Praza Elíptica, 1, 15011 A Coruña
T.: 981 184 389 / fax: 981 184 351
brosales@coruna.es
Biblioteca Municipal
Sagrada Familia
Rúa Antonio Pereira, 1-3, bx.,
15007 A Coruña
T.: 981 184 392 / fax: 981 184 393
bsagradaf@coruna.es
www.coruna.es/bibliotecas