SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 12
Descargar para leer sin conexión
NEGRA E CRIMINAL
Selección en clave feminina
Se ata o século XX a paternidade e a escritura da literatura policiaca e de
misterio estaba nas mans de homes, a época dourada do xénero ven da
man de escritoras que souberon compoñer grandes tramas e misterios, e
mesmo empezaron a ter papeles protagonistas ben recoñecidos por todos.
O que está claro é que sempre foi un auténtico pracer ler as páxinas dunha
boa novela negra con historias cheas de tramas e enredos, segredos,
intrigas, mentiras, sicópatas, culpables e inocentes, dor e sangue, moito
sangue. As historias que seleccionamos aquí farán que sintas o pracer de
participar dunha investigación na que as mulleres teñen un protagonismo
moi especial. Nestas páxinas descubrirás unha pequena mostra de obras
das escritoras consideradas grandes damas do crime, mais tamén
recomendamos a novos talentos en voz feminina da literatura negra
contemporánea que non te deixarán indiferente. Segue as pistas, capítulo a
capítulo, e acompáñanos na procura das asasinas ou asasinos.
NEGRA E CRIMINAL
Premendo sobre a mancha de sangue que aparece nalgúns
documentos, accederás directamente á plataforma correspondente
para poder lelo en liña ou descargalo
CAPÍTULO I: Talento feminino para resolver crimes
Sete caveiras: Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun
motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode
imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do
morto, está a piques de mudarlle a vida.
Triloxía do Baztán: Ás beiras do río Baztán a aparición do cadáver
dunha adolescente obriga á inspectora de homicidios Amaia Salazar a
regresar ao val no que naceu e do que leva toda a vida fuxindo.
Crímenes exquisitos: O corpo de Lida Naveira, unha moza da alta
sociedade coruñesa, aparece flotando no estanque de Eiris recreando a
famosa Ofelia de Millais. A inspectora Valentina Negro, coa axuda do
famoso criminólogo Javier Sanjuán, será a encargada de liderar a
investigación.
La novia gitana: Elena Blanco, xefa da Brigada de Análise de Casos,
investiga o asasinato de Susana Macaya, desaparecida  trala súa festa
de despedida de solteira. O cadáver é atopado dous días despois, con
sinais de tortura seguindo un ritual insólito e atroz, como o sufrira a súa
irmá Lara sete anos atrás, tamén en vésperas da súa voda.
C de cadáver: Bobby Callahan, un mozo reservado e co rostro
deformado, solicita axuda á policía Kinsey Millhone no ximnasio do
barrio, pois está convencido de que alguén quere matalo, aínda que
ignore o motivo.
Un cadáver en la biblioteca: Miss Marple investiga a aparición do
corpo inerte dunha moza descoñecida na biblioteca da casa dos
Bantry. Son as sete da mañá. Leva un vestido de noite e bastante
maquillaxe, que agora embadurna as súas fazulas. Quen é ela? Como
chegou alí? E cal é a conexión con outra moza morta, cuxos restos
carbonizados descubríronse nunha canteira abandonada?
Crímenes que no olvidaré: Ao longo de nove episodios, Petra Delicado
protagoniza a investigación doutros tantos crimes que rompen o
habitual devir de feitos anuais como o Nadal, os entroidos ou as
vacacións estivais.
Los hermanos de la costa: Un cadáver coas concas dos ollos baleiras e
as mans seccionadas aparece nunha praia deserta situada a dúas
horas da poboación de Portocristo, vítima aparentemente dun ritual
satánico. Martina de Santo, a subinspectora de policía chegada desde a
capital para investigar o caso, tropeza case de inmediato cunha
irmandade de novos artistas que profesan nas súas creacións un
morboso culto á morte.
La detective miope: Irene Ricart é unha detective privada cuxo marido,
un mosso d’esquadra e a filla de ambos de 10 anos, foron asasinados.
Perde o contacto coa realidade e acaba nun psiquiátrico onde se
amolda ao tipo de vida que os médicos requiren dela. Aplica a teoría
dos seis graos de separación e comprende que pode chegar a saber
quen asasinou o seu marido e á súa filla porque só lle separan del seis
persoas contactadas entre si.
Negras tormentas: A subinspectora Norma Forester, ademais dunha
familia moi variada (o pai executado trala Guerra Civil, a nai hippy, a filla
okupa, a tía monxa de clausura), investiga a morte de Francesc
Parellada. A investigación avanza cando relacionan a morte cun
homicidio anterior e cunhas memorias nas que se describe o duro
clima da posguerra española.
El libro de los muertos: A forense Kay Scarpetta instalouse en
Charleston, onde estableceu un moderno laboratorio no que traballa
co seu equipo. Nesta ocasión viaxa a Italia para investigar a cruenta
morte de Drew Martin, unha nova e famosa tenista cuxo corpo
mutilado apareceu no venerable centro histórico de Roma.
Donde fuimos invencibles: O verán está a terminar e a tenente
Valentina Redondo está a contar os días para empezar as súas
vacacións. Pero algo insólito sucede no centro mesmo do pobo
costeiro de Suances: o xardineiro do antigo Palacio do Amo apareceu
morto no céspede desa enigmática propiedade.
Lejos del corazón: Un mozo de vinte e cinco anos, con antecedentes
por delitos informáticos, desaparece na zona do Campo de Xibraltar. O
subtenente Bevilacqua e a sarxento Chamorro reciben o encargo de
tratar de esclarecer o ocorrido. Viaxan para iso ao Estreito, onde se
atopan nun mundo de leis relativas, diñeiro negro e branqueo.
Quen matou a Inmaculada de Silva?: Trala Guerra Civil española
morren en circunstancias estrañas Inmaculada e Antón, unha rapaza da
alta burguesía e un maquis. Moitos anos despois, Etel, descendente de
Inmaculada, co galo de ser escritora, inicia unha investigación sobre o
asunto. Na literatura, coma no amor, sempre hai cabos soltos.
La brigada de Anne Capestan: Anne é unha policía nova e apaixonada.
Foi unha estrela, pero é apartada do corpo temporalmente. Ao
reincorporarse, o seu xefe comunícalle que estará á fronte dunha
brigada especial, sen nome, sen coche e sen armas: un borracho, unha
escritora escandalosa -e o seu can-, un informático descoidado e un
gafe. Deberán resolver dous casos aparentemente anodinos e nunca
resoltos.
Triloxía da cidade branca: Unha cidade aterrorizada polo regreso
duns asasinatos rituais. Un experto en perfís criminais que esconde
unha traxedia. Un thriller hipnótico cuxas claves descansan nuns
misteriosos restos arqueolóxicos. O inspector Unai López de Ayala,
experto en perfís criminais, e os seus métodos pouco ortodoxos
enervan á súa xefa, Alba, a subcomisaria coa que mantén unha
ambigua relación marcada polos crimes.
Trilogía Negra de Pekín: Para chegar á verdade, a moza investigadora
Mei Wang aprendeu a moverse con toda soltura entre os vertixinosos
contrastes do Pequín moderno, esa dinámica megalópolis convertida
en símbolo do gran cambio cultural e económico que está a
experimentar o xigante asiático: dos neons e a riqueza do centro
financeiro ata o milenario dédalo de escuros...
Yeruldelgger, tiempos salvajes: No medio das xélidas estepas
mongolas, a inspectora Oyun, axudante do comisario Yeruldelgger,
tópase cunha escena difícil de interpretar: un xinete e o seu cabalo
xacen esmagados baixo o lombo dunha femia de iac que parece caer
do ceo.
El artesano: A carreira profesional de Florence Lovelady chegou todo
o máis alto cando trinta anos atrás ela mesma dirixiu o arresto de
Larry Grassbrook, un fabricante de cadaleitos e asasino en serie.
Como algo propio dos nosos peores pesadelos, as vítimas eran nenos
e foron enterrados vivos.
Las lágrimas de Claire Jones: O que tiñan que ser uns días tranquilos
en Santander convértense no mellor incentivo para a comisaria Ruiz. O
novo caso que Carlos ten entre mans arrinca cun coche abandonado
na zona do porto. No maleteiro, unha moza morta, e no asento do
copiloto, un exemplar do xornal The Times con data do 15 de outubro
de 1998 e unha noticia recortada.
Vestido de novia: Sophie Duguet non entende que lle sucede: perde
obxectos, esquece situacións, é detida nun supermercado por
pequenos roubos que non lembra cometer. E os cadáveres comezan a
acumularse ao seu ao redor...
Matar a papá: Unha muller planifica a morte da persoa que converteu
a súa vida nun auténtico inferno, o seu pai. O macabro plan toma forma
aos poucos nun caderno decorado cunhas apetitosas madalenas. Unha
nota no frigorífico coas palabras "Matar a papá", lémbralle todos os días
cal é o motor que impulsa a súa vida. 
Reina Roja: Antonia Scott é especial. Moi especial. Non é policía nin
criminalista. Nunca empuñou unha arma nin levou unha placa, e, con
todo, resolveu decenas de crimes. Pero hai un tempo que Antonia non
sae do seu ático de Lavapiés. As cousas que perdeu impórtanlle moito
máis que as que esperan aí fóra.
Beleza vermella: En Santiago cométese un espantoso crime que, en
realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A
asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en
que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda: todo
o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima.
CAPÍTULO II: As mulleres son protagonistas
Progenie: Camiño Vargas, xefa accidental do Grupo de Homicidios,
investiga o salvaxe atropelo dunha muller, á que lle colocan un chupete
na boca. Os asasinatos comezan a sucederse.  
Mujeres que no perdonan: Ingrid, Vitoria e Birgitta son tres mulleres
moi distintas. Para o resto do mundo, levan vidas aparentemente
perfectas, pero as tres teñen algo en común: sofren en segredo a
traxedia de vivir sometidas aos seus maridos. Ata que un día, levadas ao
límite, planean, sen tan sequera coñecerse, o crime perfecto.
La condesa sangrienta: Hungría, século XVI. A nova condesa Elizabeth
Bathory organiza orxías no seu castelo nas que tortura e mata a mozas
para bañarse no seu sangue, coa esperanza de obter para sempre a
mocidade eterna. Vampiro para a lenda, asasina en serie para a
historia.
Corazón enfermo: Dous anos despois de ser secuestrado, torturado e
inexplicablemente liberado pola guapa asasina Gretchen Lowell, o
detective Archie Sheridan acepta volver ao traballo para deter a outro
psicópata que asasina e viola a adolescentes.
Siempre hemos vivido en el castillo: Merricat leva unha vida solitaria
nunha gran casa apartada do pobo. Alí pasa as horas recluída coa súa
irmá maior e o seu ancián tío Julián. No fogar dos Blackwood os días
discorrían apracibles se non fose porque os outros membros da familia
morreron envelenados alí mesmo, no comedor, seis anos atrás.
Perdida en su memoria: o esclarecemento dun brutal asasinato
conclúe rapidamente para a policía, pero non así para a acusada.
Todos os indicios e probas sinalan a Molly Carpenter como autora do
asasinato do seu marido, un reputado médico e, por iso, é condenada a
cinco anos de cárcere. Con todo, ela perdeu a memoria e non lembra
nada da tráxica noite en que foi achado o cadáver do seu marido.
Asesinato en el Orient Express. Agatha Christie, presenta unha nova
investigación do detective belga Poirot. Terá que poñer a proba as súas
dotes dedutivas e o seu enxeño detectivesco para aclarar a orixe dos
crimes que ameazan o grupo internacional de viaxeiros no convoi. O
primeiro caso de Poirot foi escrito mentres traballaba como enfermeira
durante a Primeira Guerra Mundial.
Asesino en la oscuridad. Mentres patrulla o Támesis á fronte dun
grupo da Policía Fluvial, William Monk presencia a caída dunha parella
desde unha ponte. Cando a autora, Anne Perry, tiña quince anos, foi
condenada xunto coa súa mellor amiga Pauline Parker polo asasinato
da nai desta última no coñecido como Caso Parker- Hulme ocorrido en
xuño dese ano en Nova Zelandia.
Crepúsculo en Oslo. Unha coñecida presentadora de televisión
aparece asasinada no seu domicilio. O superintendente Yngvar Stubø
e a que fose profiler do FBI Inger Johanne Vik, son requiridos para
levar a cabo a investigación. Anne Holt, avogada e xornalista, é unha
das autoras escandinavas referentes da actualidade.
Sacrificio a Mólex. Un grupo de cazadores mata a un oso nos bosques
próximos a Kiruna. Cando abren o ventre do animal, atopan un dedo
humano entre as vísceras. Asa Larsson cre que o seu afán por
escribir novela negra vén das súas lecturas infantís da Biblia, que
afirma, "está chea de historias violentas". O seu pai, bibliotecario de
profesión, guiouna cara á literatura.
CAPÍTULO III: Grandes damas do crime
La sala del crimen. O maior atractivo do Dupayne, un museo privado
dedicado aos anos de entreguerras (1919-1939), é unha inquietante
Sala do Crime onde se estudan os casos máis soados da época. Cando
o menor dos irmáns Dupayne aparece morto, Dalgliesh emprende a
ardua tarefa de estudar o caso. P.D. James publicou a súa primeira
novela con 43 anos e nela aparece por primeira vez o policía Adam
Dalgliesh, o seu personaxe máis famoso.
Cuando sale la reclusa. O comisario Jean- Baptiste Adamsberg,
investiga a morte de tres anciáns por mor dunha araña esquiva e
venenosa, pero en ningún caso letal, coñecida como a reclusa. Fred
Vargas  é o pseudónimo de Frédérique Audoin- Rouzeau e fai
referencia ao personaxe de María Vargas, interpretado pola actriz Ava
Gardner no filme A condesa descalza.
Con el agua al cuello. Benedetta Toso, enferma de cancro con apenas
trinta e oito anos, quere falar con Brunetti de algo que non quere levar
consigo á tumba. Donna Leon reside en Venecia, onde é case unha
descoñecida, xa que a pesar de que os seus libros foron traducidos a
vinte e tres idiomas, non quere que as súas obras tradúzanse ao
italiano e prefire que no seu barrio sígana tratando como a unha
veciña máis.
Las distintas guaridas de los hombres. Primeira entrega da serie do
comisario Simon Serrailler. Unha muller solitaria  desaparece  no
medio da néboa nun pequeno pobo inglés. A  nova  sarxento de
detectives Freya Graffham, non se resigna a abandonar o
caso. Algunhas das obras de  Susan Hill foron levadas ao cinema e ao
teatro.
Los crímenes del número primo. A xuíza MacHor e o inspector Iturri
investigan a aparición dos cadáveres dun abade e do arcebispo de
Pamplona, xunto a un relicario e unha gran cantidade de diñeiro.
Fáltalles un dedo e teñen as vestiduras rachadas. Reyes Calderón foi
decana da Facultade de Económicas centrando a súa actividade no
estudo de boas prácticas de goberno corporativo e de estratexias de
anticorrupción e transparencia.
El daño está hecho. O inspector xefe Wexford investiga a desaparición
e posterior reaparición de dúas adolescentes, ao parecer sas e salvas,
pero tamén sen lembrar o que lles pasou. O peor é que a terceira en
desaparecer é unha nena de tres anos. Ruth Rendell escribiu tamén
baixo o pseudónimo de Barbara Vin. Gañadora de premios como a
Daga de Prata da Crime Writers Association, a Daga de Ouro en catro
ocasions, a Daga de Diamantes, o National Book Award, tres premios
Edgar Allan Poe e o premio literario do Sunday Times en 1990.
Las damas negras: A novela policiaca é un estudo do pasado, un
repaso aos desencadenamentos da traxedia, unha ruptura da orde
establecida cuxa reestruturación regala un coñecemento extra da
realidade. As grandes damas da idade de ouro Christie e Sayers, cuxa
prosa parecía desenvolverse allea á convulsión de entreguerras, e as
súas discípulas P. D. James e Ruth Rendell consolidaron un xénero
que nacía a mediados do XIX nos contos de Poe. Con Patricia
Highsmith chegou o relativismo moral e a introspección psicolóxica.
Detectives victorianas: Nos últimos anos da era victoriana, a opinión
pública británica estaba fascinada —e preocupada!— por esa
sospeitosa figura coñecida como a nova muller. Montaba en bicicleta,
conducía eses perigosos automóbiles e na novela policiaca, estas
detectives pioneiras preferían perseguir a un sospeitoso baixo a
espesa néboa de Londres e tomar elas mesmas as pegadas...
Para saber máis...
Detectives victorianas só está dispoñible en e-biblio
Podcast Negra y criminal: o podcast de suspense, medo e crime de
Podium Podcast dirixido por Mona León Siminiani. Entre as súas
historias atoparás ficcións e casos reais onde o coidado no son é a
insignia de cada audio. Unha experiencia sonora que poñerá ao límite a
túa adrenalina. Emítese na SER.
Negra y Mortal: Recensións, críticas literarias, eventos, festivais e
entrevistas. Dirixido e presentado por Paco Atero coa colaboración do
resto de autores de Negra e Mortal.
Semana Negra: Páxina oficial do festival literario e cultural Semana
Negra de Xixón, que cada mes de xullo reúne a máis de 150 autores e
autoras chegadas de todo o mundo.
Biblioteca Municipal Ágora
Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Tlf.: 981 189 886 Fax: 981 189 887
bagora@coruna.es
Biblioteca Municipal Castrillón
Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
Tlf.: 981 184 390 Fax: 981 184 391
bcastrillon@coruna.es
Biblioteca Municipal Estudos Locais
Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
Tlf.: 981 184 386 Fax: 981 184 385
bestudiosl@coruna.es
Biblioteca Municipal Fórum
Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tlf.: 981 184 298
bforum@coruna.es
Biblioteca Municipal Durán Loriga
Rúa Durán Loriga10,Bj. 15003 A Coruña
Tlf.: 981 184 388 Fax: 981 184 385
binfantil@coruna.es
Biblioteca Municipal Monte Alto
Rúa Vereda del Polvorín s/n, 3º. 15002 A Coruña
Tlf.: 981 184 382
bmontealto@coruna.es
Biblioteca Municipal Os Rosales
Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Tlf.: 981 184 389
brosales@coruna.es
Biblioteca Municipal Sagrada Familia
Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
Tlf.: 981 184 392
bsagradaf@coruna.es
Punto de servizo Mesoiro
Centro Cívico Mesoiro
Rúa Os Ancares 15. 15190 A Coruña
Tlf.: 981 184 370
bmesoiro@coruna.es
@bibcoruna
www.coruna.gal/bibliotecas

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Día das escritoras
Día das escritorasDía das escritoras
Día das escritorassoigca
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNangelciencia
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)Xenza
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017iessalvabiblio
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015iessalvabiblio
 

La actualidad más candente (12)

Día das escritoras
Día das escritorasDía das escritoras
Día das escritoras
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Os mellores do humor
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 

Similar a Negra e criminal: selección en clave feminina

Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blogangelciencia
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)Xenza
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectorasBiblioBece
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014trasnoparoleiro
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfBibliotecadicoruna
 
O meu libro é o sangue dos camiños(1)
O meu libro é o sangue dos camiños(1)O meu libro é o sangue dos camiños(1)
O meu libro é o sangue dos camiños(1)aproferaquel
 
Guía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAGuía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAMarlou
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017iessalvabiblio
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeSusana Losada
 
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Bibliotecadicoruna
 
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterGuía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterBibliotecadicoruna
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Contos Estraños
 

Similar a Negra e criminal: selección en clave feminina (20)

Novela policíaca defin.
Novela policíaca defin.Novela policíaca defin.
Novela policíaca defin.
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
La ratonera
La ratoneraLa ratonera
La ratonera
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014Relatos gañadores samaín 2014
Relatos gañadores samaín 2014
 
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdfGuía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
Guía de lectura violencia de xénero 2023.Biblioteca da Deputación da Coruña.pdf
 
O meu libro é o sangue dos camiños(1)
O meu libro é o sangue dos camiños(1)O meu libro é o sangue dos camiños(1)
O meu libro é o sangue dos camiños(1)
 
Guía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGAGuía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGA
 
Recomendacións
RecomendaciónsRecomendacións
Recomendacións
 
Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
 
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
Boletín de novidades electrónicas Letras Galegas 2018
 
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente BallesterGuía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
Guía de lectura dos Premios de Narrativa Torrente Ballester
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
 

Más de Bibliotecas Municipais de A Coruña

Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Achega. A Biblioteca como Espazo Inclusivo para Persoas con Diversidade Funci...
Achega. A Biblioteca como Espazo Inclusivo para Persoas con Diversidade Funci...Achega. A Biblioteca como Espazo Inclusivo para Persoas con Diversidade Funci...
Achega. A Biblioteca como Espazo Inclusivo para Persoas con Diversidade Funci...Bibliotecas Municipais de A Coruña
 

Más de Bibliotecas Municipais de A Coruña (20)

Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Polimatía: Leonardo e o Renacemento
Polimatía: Leonardo e o RenacementoPolimatía: Leonardo e o Renacemento
Polimatía: Leonardo e o Renacemento
 
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...
 
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBoletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da Coruña
 
Presentación Mulleres na tecnoloxía
Presentación Mulleres na tecnoloxíaPresentación Mulleres na tecnoloxía
Presentación Mulleres na tecnoloxía
 
Achega. A Biblioteca como Espazo Inclusivo para Persoas con Diversidade Funci...
Achega. A Biblioteca como Espazo Inclusivo para Persoas con Diversidade Funci...Achega. A Biblioteca como Espazo Inclusivo para Persoas con Diversidade Funci...
Achega. A Biblioteca como Espazo Inclusivo para Persoas con Diversidade Funci...
 

Negra e criminal: selección en clave feminina

  • 1. NEGRA E CRIMINAL Selección en clave feminina
  • 2. Se ata o século XX a paternidade e a escritura da literatura policiaca e de misterio estaba nas mans de homes, a época dourada do xénero ven da man de escritoras que souberon compoñer grandes tramas e misterios, e mesmo empezaron a ter papeles protagonistas ben recoñecidos por todos. O que está claro é que sempre foi un auténtico pracer ler as páxinas dunha boa novela negra con historias cheas de tramas e enredos, segredos, intrigas, mentiras, sicópatas, culpables e inocentes, dor e sangue, moito sangue. As historias que seleccionamos aquí farán que sintas o pracer de participar dunha investigación na que as mulleres teñen un protagonismo moi especial. Nestas páxinas descubrirás unha pequena mostra de obras das escritoras consideradas grandes damas do crime, mais tamén recomendamos a novos talentos en voz feminina da literatura negra contemporánea que non te deixarán indiferente. Segue as pistas, capítulo a capítulo, e acompáñanos na procura das asasinas ou asasinos. NEGRA E CRIMINAL Premendo sobre a mancha de sangue que aparece nalgúns documentos, accederás directamente á plataforma correspondente para poder lelo en liña ou descargalo
  • 3. CAPÍTULO I: Talento feminino para resolver crimes Sete caveiras: Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto, está a piques de mudarlle a vida. Triloxía do Baztán: Ás beiras do río Baztán a aparición do cadáver dunha adolescente obriga á inspectora de homicidios Amaia Salazar a regresar ao val no que naceu e do que leva toda a vida fuxindo. Crímenes exquisitos: O corpo de Lida Naveira, unha moza da alta sociedade coruñesa, aparece flotando no estanque de Eiris recreando a famosa Ofelia de Millais. A inspectora Valentina Negro, coa axuda do famoso criminólogo Javier Sanjuán, será a encargada de liderar a investigación. La novia gitana: Elena Blanco, xefa da Brigada de Análise de Casos, investiga o asasinato de Susana Macaya, desaparecida  trala súa festa de despedida de solteira. O cadáver é atopado dous días despois, con sinais de tortura seguindo un ritual insólito e atroz, como o sufrira a súa irmá Lara sete anos atrás, tamén en vésperas da súa voda. C de cadáver: Bobby Callahan, un mozo reservado e co rostro deformado, solicita axuda á policía Kinsey Millhone no ximnasio do barrio, pois está convencido de que alguén quere matalo, aínda que ignore o motivo.
  • 4. Un cadáver en la biblioteca: Miss Marple investiga a aparición do corpo inerte dunha moza descoñecida na biblioteca da casa dos Bantry. Son as sete da mañá. Leva un vestido de noite e bastante maquillaxe, que agora embadurna as súas fazulas. Quen é ela? Como chegou alí? E cal é a conexión con outra moza morta, cuxos restos carbonizados descubríronse nunha canteira abandonada? Crímenes que no olvidaré: Ao longo de nove episodios, Petra Delicado protagoniza a investigación doutros tantos crimes que rompen o habitual devir de feitos anuais como o Nadal, os entroidos ou as vacacións estivais. Los hermanos de la costa: Un cadáver coas concas dos ollos baleiras e as mans seccionadas aparece nunha praia deserta situada a dúas horas da poboación de Portocristo, vítima aparentemente dun ritual satánico. Martina de Santo, a subinspectora de policía chegada desde a capital para investigar o caso, tropeza case de inmediato cunha irmandade de novos artistas que profesan nas súas creacións un morboso culto á morte. La detective miope: Irene Ricart é unha detective privada cuxo marido, un mosso d’esquadra e a filla de ambos de 10 anos, foron asasinados. Perde o contacto coa realidade e acaba nun psiquiátrico onde se amolda ao tipo de vida que os médicos requiren dela. Aplica a teoría dos seis graos de separación e comprende que pode chegar a saber quen asasinou o seu marido e á súa filla porque só lle separan del seis persoas contactadas entre si. Negras tormentas: A subinspectora Norma Forester, ademais dunha familia moi variada (o pai executado trala Guerra Civil, a nai hippy, a filla okupa, a tía monxa de clausura), investiga a morte de Francesc Parellada. A investigación avanza cando relacionan a morte cun homicidio anterior e cunhas memorias nas que se describe o duro clima da posguerra española.
  • 5. El libro de los muertos: A forense Kay Scarpetta instalouse en Charleston, onde estableceu un moderno laboratorio no que traballa co seu equipo. Nesta ocasión viaxa a Italia para investigar a cruenta morte de Drew Martin, unha nova e famosa tenista cuxo corpo mutilado apareceu no venerable centro histórico de Roma. Donde fuimos invencibles: O verán está a terminar e a tenente Valentina Redondo está a contar os días para empezar as súas vacacións. Pero algo insólito sucede no centro mesmo do pobo costeiro de Suances: o xardineiro do antigo Palacio do Amo apareceu morto no céspede desa enigmática propiedade. Lejos del corazón: Un mozo de vinte e cinco anos, con antecedentes por delitos informáticos, desaparece na zona do Campo de Xibraltar. O subtenente Bevilacqua e a sarxento Chamorro reciben o encargo de tratar de esclarecer o ocorrido. Viaxan para iso ao Estreito, onde se atopan nun mundo de leis relativas, diñeiro negro e branqueo. Quen matou a Inmaculada de Silva?: Trala Guerra Civil española morren en circunstancias estrañas Inmaculada e Antón, unha rapaza da alta burguesía e un maquis. Moitos anos despois, Etel, descendente de Inmaculada, co galo de ser escritora, inicia unha investigación sobre o asunto. Na literatura, coma no amor, sempre hai cabos soltos. La brigada de Anne Capestan: Anne é unha policía nova e apaixonada. Foi unha estrela, pero é apartada do corpo temporalmente. Ao reincorporarse, o seu xefe comunícalle que estará á fronte dunha brigada especial, sen nome, sen coche e sen armas: un borracho, unha escritora escandalosa -e o seu can-, un informático descoidado e un gafe. Deberán resolver dous casos aparentemente anodinos e nunca resoltos.
  • 6. Triloxía da cidade branca: Unha cidade aterrorizada polo regreso duns asasinatos rituais. Un experto en perfís criminais que esconde unha traxedia. Un thriller hipnótico cuxas claves descansan nuns misteriosos restos arqueolóxicos. O inspector Unai López de Ayala, experto en perfís criminais, e os seus métodos pouco ortodoxos enervan á súa xefa, Alba, a subcomisaria coa que mantén unha ambigua relación marcada polos crimes. Trilogía Negra de Pekín: Para chegar á verdade, a moza investigadora Mei Wang aprendeu a moverse con toda soltura entre os vertixinosos contrastes do Pequín moderno, esa dinámica megalópolis convertida en símbolo do gran cambio cultural e económico que está a experimentar o xigante asiático: dos neons e a riqueza do centro financeiro ata o milenario dédalo de escuros... Yeruldelgger, tiempos salvajes: No medio das xélidas estepas mongolas, a inspectora Oyun, axudante do comisario Yeruldelgger, tópase cunha escena difícil de interpretar: un xinete e o seu cabalo xacen esmagados baixo o lombo dunha femia de iac que parece caer do ceo. El artesano: A carreira profesional de Florence Lovelady chegou todo o máis alto cando trinta anos atrás ela mesma dirixiu o arresto de Larry Grassbrook, un fabricante de cadaleitos e asasino en serie. Como algo propio dos nosos peores pesadelos, as vítimas eran nenos e foron enterrados vivos. Las lágrimas de Claire Jones: O que tiñan que ser uns días tranquilos en Santander convértense no mellor incentivo para a comisaria Ruiz. O novo caso que Carlos ten entre mans arrinca cun coche abandonado na zona do porto. No maleteiro, unha moza morta, e no asento do copiloto, un exemplar do xornal The Times con data do 15 de outubro de 1998 e unha noticia recortada.
  • 7. Vestido de novia: Sophie Duguet non entende que lle sucede: perde obxectos, esquece situacións, é detida nun supermercado por pequenos roubos que non lembra cometer. E os cadáveres comezan a acumularse ao seu ao redor... Matar a papá: Unha muller planifica a morte da persoa que converteu a súa vida nun auténtico inferno, o seu pai. O macabro plan toma forma aos poucos nun caderno decorado cunhas apetitosas madalenas. Unha nota no frigorífico coas palabras "Matar a papá", lémbralle todos os días cal é o motor que impulsa a súa vida.  Reina Roja: Antonia Scott é especial. Moi especial. Non é policía nin criminalista. Nunca empuñou unha arma nin levou unha placa, e, con todo, resolveu decenas de crimes. Pero hai un tempo que Antonia non sae do seu ático de Lavapiés. As cousas que perdeu impórtanlle moito máis que as que esperan aí fóra. Beleza vermella: En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda: todo o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima. CAPÍTULO II: As mulleres son protagonistas Progenie: Camiño Vargas, xefa accidental do Grupo de Homicidios, investiga o salvaxe atropelo dunha muller, á que lle colocan un chupete na boca. Os asasinatos comezan a sucederse.  
  • 8. Mujeres que no perdonan: Ingrid, Vitoria e Birgitta son tres mulleres moi distintas. Para o resto do mundo, levan vidas aparentemente perfectas, pero as tres teñen algo en común: sofren en segredo a traxedia de vivir sometidas aos seus maridos. Ata que un día, levadas ao límite, planean, sen tan sequera coñecerse, o crime perfecto. La condesa sangrienta: Hungría, século XVI. A nova condesa Elizabeth Bathory organiza orxías no seu castelo nas que tortura e mata a mozas para bañarse no seu sangue, coa esperanza de obter para sempre a mocidade eterna. Vampiro para a lenda, asasina en serie para a historia. Corazón enfermo: Dous anos despois de ser secuestrado, torturado e inexplicablemente liberado pola guapa asasina Gretchen Lowell, o detective Archie Sheridan acepta volver ao traballo para deter a outro psicópata que asasina e viola a adolescentes. Siempre hemos vivido en el castillo: Merricat leva unha vida solitaria nunha gran casa apartada do pobo. Alí pasa as horas recluída coa súa irmá maior e o seu ancián tío Julián. No fogar dos Blackwood os días discorrían apracibles se non fose porque os outros membros da familia morreron envelenados alí mesmo, no comedor, seis anos atrás. Perdida en su memoria: o esclarecemento dun brutal asasinato conclúe rapidamente para a policía, pero non así para a acusada. Todos os indicios e probas sinalan a Molly Carpenter como autora do asasinato do seu marido, un reputado médico e, por iso, é condenada a cinco anos de cárcere. Con todo, ela perdeu a memoria e non lembra nada da tráxica noite en que foi achado o cadáver do seu marido.
  • 9. Asesinato en el Orient Express. Agatha Christie, presenta unha nova investigación do detective belga Poirot. Terá que poñer a proba as súas dotes dedutivas e o seu enxeño detectivesco para aclarar a orixe dos crimes que ameazan o grupo internacional de viaxeiros no convoi. O primeiro caso de Poirot foi escrito mentres traballaba como enfermeira durante a Primeira Guerra Mundial. Asesino en la oscuridad. Mentres patrulla o Támesis á fronte dun grupo da Policía Fluvial, William Monk presencia a caída dunha parella desde unha ponte. Cando a autora, Anne Perry, tiña quince anos, foi condenada xunto coa súa mellor amiga Pauline Parker polo asasinato da nai desta última no coñecido como Caso Parker- Hulme ocorrido en xuño dese ano en Nova Zelandia. Crepúsculo en Oslo. Unha coñecida presentadora de televisión aparece asasinada no seu domicilio. O superintendente Yngvar Stubø e a que fose profiler do FBI Inger Johanne Vik, son requiridos para levar a cabo a investigación. Anne Holt, avogada e xornalista, é unha das autoras escandinavas referentes da actualidade. Sacrificio a Mólex. Un grupo de cazadores mata a un oso nos bosques próximos a Kiruna. Cando abren o ventre do animal, atopan un dedo humano entre as vísceras. Asa Larsson cre que o seu afán por escribir novela negra vén das súas lecturas infantís da Biblia, que afirma, "está chea de historias violentas". O seu pai, bibliotecario de profesión, guiouna cara á literatura. CAPÍTULO III: Grandes damas do crime La sala del crimen. O maior atractivo do Dupayne, un museo privado dedicado aos anos de entreguerras (1919-1939), é unha inquietante Sala do Crime onde se estudan os casos máis soados da época. Cando o menor dos irmáns Dupayne aparece morto, Dalgliesh emprende a ardua tarefa de estudar o caso. P.D. James publicou a súa primeira novela con 43 anos e nela aparece por primeira vez o policía Adam Dalgliesh, o seu personaxe máis famoso.
  • 10. Cuando sale la reclusa. O comisario Jean- Baptiste Adamsberg, investiga a morte de tres anciáns por mor dunha araña esquiva e venenosa, pero en ningún caso letal, coñecida como a reclusa. Fred Vargas  é o pseudónimo de Frédérique Audoin- Rouzeau e fai referencia ao personaxe de María Vargas, interpretado pola actriz Ava Gardner no filme A condesa descalza. Con el agua al cuello. Benedetta Toso, enferma de cancro con apenas trinta e oito anos, quere falar con Brunetti de algo que non quere levar consigo á tumba. Donna Leon reside en Venecia, onde é case unha descoñecida, xa que a pesar de que os seus libros foron traducidos a vinte e tres idiomas, non quere que as súas obras tradúzanse ao italiano e prefire que no seu barrio sígana tratando como a unha veciña máis. Las distintas guaridas de los hombres. Primeira entrega da serie do comisario Simon Serrailler. Unha muller solitaria  desaparece  no medio da néboa nun pequeno pobo inglés. A  nova  sarxento de detectives Freya Graffham, non se resigna a abandonar o caso. Algunhas das obras de  Susan Hill foron levadas ao cinema e ao teatro. Los crímenes del número primo. A xuíza MacHor e o inspector Iturri investigan a aparición dos cadáveres dun abade e do arcebispo de Pamplona, xunto a un relicario e unha gran cantidade de diñeiro. Fáltalles un dedo e teñen as vestiduras rachadas. Reyes Calderón foi decana da Facultade de Económicas centrando a súa actividade no estudo de boas prácticas de goberno corporativo e de estratexias de anticorrupción e transparencia. El daño está hecho. O inspector xefe Wexford investiga a desaparición e posterior reaparición de dúas adolescentes, ao parecer sas e salvas, pero tamén sen lembrar o que lles pasou. O peor é que a terceira en desaparecer é unha nena de tres anos. Ruth Rendell escribiu tamén baixo o pseudónimo de Barbara Vin. Gañadora de premios como a Daga de Prata da Crime Writers Association, a Daga de Ouro en catro ocasions, a Daga de Diamantes, o National Book Award, tres premios Edgar Allan Poe e o premio literario do Sunday Times en 1990.
  • 11. Las damas negras: A novela policiaca é un estudo do pasado, un repaso aos desencadenamentos da traxedia, unha ruptura da orde establecida cuxa reestruturación regala un coñecemento extra da realidade. As grandes damas da idade de ouro Christie e Sayers, cuxa prosa parecía desenvolverse allea á convulsión de entreguerras, e as súas discípulas P. D. James e Ruth Rendell consolidaron un xénero que nacía a mediados do XIX nos contos de Poe. Con Patricia Highsmith chegou o relativismo moral e a introspección psicolóxica. Detectives victorianas: Nos últimos anos da era victoriana, a opinión pública británica estaba fascinada —e preocupada!— por esa sospeitosa figura coñecida como a nova muller. Montaba en bicicleta, conducía eses perigosos automóbiles e na novela policiaca, estas detectives pioneiras preferían perseguir a un sospeitoso baixo a espesa néboa de Londres e tomar elas mesmas as pegadas... Para saber máis... Detectives victorianas só está dispoñible en e-biblio Podcast Negra y criminal: o podcast de suspense, medo e crime de Podium Podcast dirixido por Mona León Siminiani. Entre as súas historias atoparás ficcións e casos reais onde o coidado no son é a insignia de cada audio. Unha experiencia sonora que poñerá ao límite a túa adrenalina. Emítese na SER. Negra y Mortal: Recensións, críticas literarias, eventos, festivais e entrevistas. Dirixido e presentado por Paco Atero coa colaboración do resto de autores de Negra e Mortal. Semana Negra: Páxina oficial do festival literario e cultural Semana Negra de Xixón, que cada mes de xullo reúne a máis de 150 autores e autoras chegadas de todo o mundo.
  • 12. Biblioteca Municipal Ágora Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña Tlf.: 981 189 886 Fax: 981 189 887 bagora@coruna.es Biblioteca Municipal Castrillón Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña Tlf.: 981 184 390 Fax: 981 184 391 bcastrillon@coruna.es Biblioteca Municipal Estudos Locais Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña Tlf.: 981 184 386 Fax: 981 184 385 bestudiosl@coruna.es Biblioteca Municipal Fórum Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña Tlf.: 981 184 298 bforum@coruna.es Biblioteca Municipal Durán Loriga Rúa Durán Loriga10,Bj. 15003 A Coruña Tlf.: 981 184 388 Fax: 981 184 385 binfantil@coruna.es Biblioteca Municipal Monte Alto Rúa Vereda del Polvorín s/n, 3º. 15002 A Coruña Tlf.: 981 184 382 bmontealto@coruna.es Biblioteca Municipal Os Rosales Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña Tlf.: 981 184 389 brosales@coruna.es Biblioteca Municipal Sagrada Familia Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña Tlf.: 981 184 392 bsagradaf@coruna.es Punto de servizo Mesoiro Centro Cívico Mesoiro Rúa Os Ancares 15. 15190 A Coruña Tlf.: 981 184 370 bmesoiro@coruna.es @bibcoruna www.coruna.gal/bibliotecas