4. Non chega con falar de paz. Un debe crer nela e traballar para conseguila . Eleanor Roosevelt
5. Para matar ao home que era un pobo tiveron que quedarse sen o pobo. Mario Benedetti
6. A guerra é a saída covarde aos problemas da paz. Thomas Mann
7. A paz é non a ausencia da guerra, é unha virtude, un estado mental, unha disposición en pro da benevolencia, a confianza e a xustiza." Baruch Spinoza
8. A guitarra do soldado novo é o seu mellor fusil . Silvio Rodríguez
9. Cantas veces deben voar as balas de canón antes de seren prohibidas para sempre? Bob Dylan
10. Cando me preguntaron sobre algunha arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica eu suxerín a mellor de todas: A paz . Albert Einstein
11. Se non estamos en paz connosco, non podemos guiar outros na busca da paz. Confucio
12. En tódolos países do mundo, cando se produce unha conflagración, os nenos sofren o mesmo odio do que son víctimas os seus pais. Martin Monestier
13. Tristes armas se non son as palabras. Tristes, tristes . Miguel Hernández
14. A guerra é un fracaso da humanidade. Xesús R. Jarés
15. Fai máis ruído un só home berrando que cen mil que están calados. José de San Martín
16. Non é mais valente o que non ten medo, senón o que o sabe conquistar. Nelson Mandela
17. Explícame ti quen gaña cando se remata a guerra. Aos mortos entérranos: Gañadores, perdedores, dá igual do bando que sexan. Ismael Serrano
18. Se queremos un mundo de paz e de xustiza hai que poñer decididamente a intelixencia ao servizo do amor . Antoine de Saint Exupery
19. Cando o poder do amor sexa máis grande que o amor ao poder, o mundo coñecerá a paz. Jimmy Hendrix
20. A verdade é máis importante que a paz, porque a mentira é a nai da guerra Mahatma Gandhi
21. Canto máis suemos na paz, menos sangraremos na guerra. Vijaya Lakshmi Pandit
22. A paz constitúe un ben tal, que non cabe desexar ouro máis prezado nin posuír outro máis útil . San Agustín de Hipona
23. A raza humana atópase na mellor situación cando posúe o máis alto grao de liberdade . Dante Alighieri