Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos
1. PARA SITUAR A NOSA LINGUA NO FUTURO
DESDE OS CONCELLOS
Hoxe, 17 de maio de 2015, todas as persoas que conformamos as candidaturas
do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas nas eleccións do 24 de maio
de 2015 queremos facer explícito un compromiso continuado coa nosa lingua.
E falamos de continuado porque non comeza hoxe, aquí, senón que vén de
lonxe na nosa longa vida colectiva, herdeiras e herdeiros, como somos, das
Irmandades da Fala, cuxo nacemento aconteceu hai case cen anos e, por
tanto, nos meses previos existía unha efervescencia especial para crear a
conciencia necesaria a este respecto. E tampouco remata hoxe, senón que se
materializará todos e cada un dos días deste ano e do seguinte e do próximo e
do que está por vir...
Mostramos esta nosa firme determinación nestes momentos porque sabemos
que, desde os concellos, podemos realizar un labor fundamental para enraizar
o galego coa maior das dignidades e contaxiar o optimismo que sentimos ao
escoitar con orgullo a nosa lingua na boca de persoas de todas as idades que
queren continuar a se sentir galegas a través do idioma. Planificar tempos
de esperanza para a lingua galega é a nosa prioridade política. Por iso,
para alén doutras moitas accións que rodean a nosa vida diaria e fan posíbel
que vivamos en galego a pesar de todas as dificultades e do intento de
rematar de vez coa expresión colectiva deste pobo creador, anunciamos unha
serie de medidas polas que traballaremos para se converteren nunha
realidade. Queremos formar un coro de voces que percorra a Galiza desde a
Guarda a Ribadeo, de Verín a Camariñas, de Cariño a Lobios e que atravese,
de maneira especial, as cidades e as vilas máis poboadas da nosa nación.
Por todo isto, facemos explícito o noso compromiso para:
1. Promover unha revisión e actualización dos acordos e normas municipais
en materia de uso da lingua guiada polo criterio da transversalidade da
normalización lingüística en todos os ámbitos da acción municipal.
2. Apoiar o asociacionismo a prol da lingua como unha garantía de avance
nas políticas lingüísticas que xulgan prioritaria a defensa do galego e a
aposta pola diversidade lingüística.
3. Considerar as crianzas e a mocidade sectores estratéxicos a que irán
orientadas boa parte das medidas que se desenvolverán. Por tanto, será
2. un labor continuado deseñar medidas e ofrecer actividades para a
socialización en galego, tanto en colaboración con centros de ensino de
todos os niveis, como con outras entidades ou ámbitos de especial
relevancia para a socialización da infancia e da mocidade.
4. Comprometerse a aplicar as medidas incluídas no Plan xeral de
normalización da lingua galega.
5. Aproveitar o potencial normalizador que presta o carácter internacional
da nosa lingua co obxectivo de incrementar a autoestima lingüística da
cidadanía e de enfatizar a proxección do galego. Realizar todas as
presións necesarias para facilitar e facer realidade a recepción das
televisións de Portugal na Galiza.
6. Garantir que todas as accións do concello procuren unha maior
valoración, calidade e uso do galego, como por exemplo a comunicación
municipal, as contratacións de empresas, as intervencións dos cargos
públicos, os actos xurídicos, a contratación de persoal, a concesión de
subvencións, os programas de formación etc. Garantir os dereitos
lingüísticos da veciñanza.
7. Recuperar a microtoponimia e incorporar as denominacións do rueiro.
8. Solicitar dos medios de comunicación que respecten a lingua das noticias
xeradas en galego.
9. Crear ou reforzar servizos de normalización lingüística estábeis, dotados
de recursos humanos e partidas orzamentarias suficientes, que
xestionarán e executarán as accións e as medidas necesarias para o
fomento do uso e prestixio do galego en todos os ámbitos sociais.
10. Traballar a prol da diversidade lingüística e cultural desde o orgullo do
noso.
#dependedenós
bng.gal