Ponencia de Roberto Hermida, da Asociación Drosera, na II edición de Arquitectura con luz propia (2015). Roberto falou de como a luz pode variar os comportamentos dos morcegos evitando que, por exemplo, estos abandonen o refuxio no momento adecuado para alimentarse.
1. Os morcegos e a
iluminación artificial
Dr. Roberto J. Hermida
Arquitectura con luz propia
A Coruña, 28 de abril de 2015
2. Os morcegos
- Son a segunda Orde máis diversa de mamíferos (>1200
especies)
- 34 especies na Península Ibérica
- Especies “delicadas”: baixas densidades, ecoloxía peculiar…
- Dependencia de refuxios antrópicos en Europa
- Todas as especies protexidas pola lexislación
- 11 especies incluidas no Catálogo Galego de Especies
Ameazadas
- Todos os morcegos europeos son especies nocturnas, afeitas a
desenvolverse en entornos con baixos niveis de luz.
3. Os morcegos
Por tanto, calquera proxecto, obra, actividade… que poda
perturbar aos morcegos (no refuxio, rutas de paso, zonas de
alimentación, etc.) debe ser sometida a unha avaliación que
permita prever o impacto e propoñer medidas que o
minimicen ou compensen.
E ás veces o impacto será inasumible e a obra, actividade,
etc… non será ambientalmente viable.
7. Impactos das luces nos
morcegos:
Arredor do refuxio:
- Retraso na emerxencia nocturna (alteración de ritmos circadianos, impacto en alimentación)
- Abandono de refuxio
- Redución do éxito reproductor
- Alteracións durante a hibernación
Rutas de paso e zonas de alimentación:
- Perda de hábitat e fragmentación
- Incremento das oportunidades de alimentación para especies xeralistas
- Disminución de oportunidades de alimentación para especies sensibles
8. Correción dos impactos das
luces nos morcegos:
- Evitar a iluminación de zonas sensibles
- Evitar a iluminación no entorno dos refuxios, rutas de acceso, rutas
de paso, ribeiras fluviais e outras zonas de alimentación.
- Apagar a iluminación no entorno da entrada dos refuxios no
momento da emerxencia.
- Reducir a intensidade da luz.
- Axeitado enfoque da iluminación.
- Selección do tipo de lámparas: evitar lámparas de mercurio e
halóxenos metálicos.