SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 6
Descargar para leer sin conexión
MOCIÓN EN DEFENSA DUN SERVIZO PÚBLICO DE
CALIDADE NA CIDADE DA CORUÑA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O servizo postal universal existe para garantir o dereito ao acceso as comunicacións
postais cun prezo asequible e en condicións de igualdade e de calidade a toda a
cidadanía, sen discriminación algunha. Este servizo contribúe de forma decisiva na
cohesión social dunha sociedade achegando ás persoas e facilitando o envío tanto de
correspondencia como de paquetería. No tocante á relación entre a administración e
as persoas este servizo público segue sendo a forma máis usual e frecuente de
notificación. Na actualidade é a empresa pública Correos S.A.E a que ten encomendada
en todo o territorio estatal a prestación deste servizo.
Este servizo público esta regulado por diferentes lexislacións, se ben a máis importante
é a lei 43/2010 que designa a Correos como prestador e fixa as condicións que debe
ter a prestación:
Ley 43/2010, de 30 de diciembre, del servicio postal universal, de los derechos de los
usuarios y del mercado postal
"Condiciones de prestación del servicio postal universal exigibles al operador
designado por el Estado"
Artículo 8. Derecho a la prestación de un servicio postal universal de calidad.
Los usuarios tendrán derecho a la prestación de un servicio postal universal de calidad
prestado de forma permanente, en todo el territorio nacional y a precios asequibles.
El alcance y la prestación efectiva del servicio postal universal deberán responder a los
principios de cohesión social y territorial, no discriminación por razón de cualquier
circunstancia o condición personal, social o geográfica, continuidad, eficacia y
eficiencia en el servicio, y deberá adecuarse permanentemente a las condiciones
técnicas, económicas, sociales y territoriales y a las necesidades de los usuarios, en
particular en materia de densidad de puntos de acceso y de accesibilidad a los mismos,
sin menoscabo de su calidad.
Artículo 22 Principios y requisitos de la prestación del servicio postal universal
1. La prestación del servicio postal universal así como las relaciones de los usuarios con
el operador designado, se regirán por los principios de equidad, no discriminación,
continuidad, buena fe, y adaptación a las necesidades de los usuarios.
Artçiculo 24: Condiciones de la distribución y envío de las entregas postales.
(...)
"Las entregas se practicarán, al menos, todos los días laborables, de lunes a viernes",
salvo en el caso de concurrir circunstancias o condiciones geográficas especiales,
conforme a lo previsto en esta ley y en su normativa de desarrollo.
Tamén o artigo 3.3 da directiva 97/67/CE do Parlamento Europeo e do Consello
Europeo, de 15 de decembro de 1997, relativa a "las normas comunes para el
desarrollo del mercado interior de los servicios postales de la comunidad y la mejora
de la calidad del servicio". Modificada pola directiva 2008/06/CE do Parlamento
Europeo e do Consello, de 20 febreiro de 2008, pola que se modifica a directiva
97/67/CE en relación coa plena realización do mercado interior de servizos postais
comunitarios, que estabelece que
(...)"los estados miembros adoptarán medidas para asegurar que el servicio postal
universal quede garantizado, al menos, 5 días laborales por semana (…) y para que
incluya, como mínimo:
-…
-una entrega al domicilio de cada persona física o jurídica…
Enténdese con isto que Correos ten fixadas, pola devandita lei Postal e as normativas
Europeas de aplicación as súas obrigas como prestador do servizo antes citado. No
artigo 24 indica con claridade que “las entregas se practicarán, al menos, todos los
días laborales de lunes a viernes” e a excepcionalidade proposta como condición
xeográfica especial non é de aplicación nas zonas urbanas, como é o caso da nosa
cidade.
Correos debe ter o persoal e os medios necesarios para garantir que o servizo se
cumpra nesas condicións.
Situación do servizo postal na nosa cidade:
Na Coruña traballan ao redor de 170 persoas nas tarefas de distribución de
correspondencia e máis de 60 en atención ao cliente. No tocante á distribución nos
últimos anos perdéronse máis de 23 postos de reparto fixos. A finais de 2013 a
unidade de reparto máis grande da cidade da Coruña (situada na rúa Alcalde M.Casas)
foi reestruturada e reducidas as seccións de reparto en case un 20 por cento, pasando
a ter 8 seccións de distribución menos. Tamén a unidade número 2 (situada na rúa
Viscaia- Os Mallos) sufriu unha reforma semellante pasando de 44 a 35 persoas. Este
feito faise extensible ás outras dúas unidades de reparto situadas nos Castros (Monte
das Moas) e na Agra do Orzán (rúa Entrepeñas). Nestas unidades, a pesar de non
levarse adiante unha reforma oficial, o persoal está asumindo o reparto de zonas que
quedaron sen carteri@ titular por xubilacións ou traslados a outro ministerio.
Tamén a chamada USE (Unidade de servizos especiais, con base no pavillón postal da
estación do ferrocarril) dedicada principalmente á paquetería sufriu unha severa
redución de efectivos traballando a maior parte do ano unha falla do 25 por cento de
efectivos sobre as 16 seccións que teñen na quenda da mañá.
Ao mesmo tempo que se levaban a cabo estes recortes Correos advertiu ao persoal de
que terían, ademais, que asumir tamén todas as ausencias temporais (baixas,
vacacións, etc) o que, a efectos prácticos, supuña un axuste moito maior do persoal
prescindindo da necesaria contratación eventual.
Desde o mesmo primeiro momento o persoal alertou do feito de que, co persoal que
quedaba tras as restructuracións, sería moi difícil levar adiante as obrigacións de
repartir diariamente todo o correo en toda a cidade.
Por este motivo @s carteir@ da unidade de reparto 1 (zona centro) - especialmente o
distrito 4 que cobre as zonas comprendidas entre Riazor, Obelisco e a Praza de Vigo-
decidiu levar a cabo unha acción sistemática de recollida de datos diarios sobre as rúas
que quedaban sen repartir por incapacidade do persoal de repartir todo ou por estar
esa sección de reparto ese día sen titular. Estes datos recolléronse en informes
persoalizados e foron rexistrados oficialmente e enviados directamente ao
responsable de distribución da zona 1, co obxectivo de informarlle de que a falta de
persoal estaba a levar a incumprir o servizo postal diario e instando a que se tomaran
medidas para atallalo.
En decembro de 2015 son xa máis de 1000 partes de pendentes de reparto e
incidencias rexistrados por deferentes persoas desta unidade sen recibir resposta
algunha destes incumprimentos por parte da dirección de Correos.
Estes datos de incumprimentos dunha zona concreta da nosa cidade pretenden ser un
exemplo da realidade que se está a vivir no resto das unidades de reparto, e os
resultados son extrapolables a outras zonas da nosa cidade.
Nesta táboa podemos ver un breve resume dos dados aportados polo persoal, tendo
en conta o número de veces que as rúas de esa zona da Coruña quedaron sen reparto
parcial ou totalmente, incumprindo así o reparto diario:
Estes dados están atualizados a día 09/12/2015.
Como se pode observar a simple vista nesta táboa varias de esas rúas sumarían varios
meses sen reparto efectivo ao longo do ano, sendo as rúas máis longas, que se
reparten entre varias persoas as máis afectadas.
Accións legais realizadas pola representación do persoal.
Paralelamente a estes feitos un dos sindicatos máis representativos de Correos, a CGT,
recolleu eses datos, dirixíndose á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia a
finais do ano 2013.
Este Organismo ten entre as súas funcións (Lei 3/2013 de 4 de Xuño, de creación da
Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, artigo 8, como unha das funcións
de esa comisión, “velar para que se garantice el Servicio Postal Universal, en
cumplimento de la normativa postal y la libre competencia en el sector” requiríndolle
a súa intervención (DOC1). A resposta desta Comisión, apelando a un estudo realizado
por Correos no verán de 2014 a nivel Estatal, é que se está cumprindo o servizo tendo
en conta que se están cumprindo “os prazos de entrega”, (DOCS 2 a 7) apelando a
unha suposta “calidade” medida polo sistema SPEX e alegando que os resultados de
prestación do SPU son similares aos de anos anteriores sen que existan diferenzas
suficientemente significativas nos prazos de entrega.
É realmente sorprendente que a resposta desta comisión fale de “prazos de entrega”
cando a lei esixe "cobertura territorial diaria”. A cuestión non é unicamente que unha
carta chegue dentro dun prazo fixado por Correos a un destino, a cuestión é que a lei
non se está cumprindo porque non se está levando a todo o territorio a
correspondencia diariamente que é ao que está obrigado o prestador.
Neste momento debemos, ademais, indicar que esta comisión respondeu á denuncia
da Coruña exactamente da mesma forma e, sospeitosamente, co mesmo redactado
literal que a outras localidades que denunciaran estes incumprimentos noutros lugares
do Estado como Castelló, Cijuela, Ciutadella de Menorca ou Sabadell. O que
demostraría que non entrou a valorar realmente os dados ofrecidos polo persoal da
Coruña.
Entendemos que a comisión non entrou nunca a estudar esta denuncia, apoiada con
datos obxectivos aportados polo persoal e de fácil comprobación, de que son varias as
zonas céntricas da nosa cidade que quedan diariamente sen ser repartidas. A resposta
dirixida á Coruña é totalmente xenérica e baseada nun estudo realizado nun espazo
temporal totalmente diferente ao que fai alusión a denuncia.
En febreiro de 2015 a representación do persoal acudiu ao Valedor do Pobo de Galicia
(DOC8), facéndolle ver a importancia deste tema como unha clara vulneración da
prestación dun servizo público. O Valedor dirixiuse á sección sindical (DOC9) indicando
que este tema superaba o seu ámbito de actuación e redirixindo así mesmo o tema á
Defensora del Pueblo estatal onde está pendente de resolución definitiva.
En base ao anterior, na defensa dos dereitos da cidadanía Coruñesa, tomamos os
seguintes
ACORDOS
O concello da Coruña instará á empresa pública Correos SAE a manter o persoal
necesario para cumprir con todo rigor as súas obrigas de reparto diario da
correspondencia, nas condicións que fixa a lei, en todos os domicilios da nosa cidade
de luns a venres, en condicións de igualdade e sen discriminar ningunha zona.
O concello da Coruña vixiará o cumprimento da prestación do servizo postal universal
colaborando activamente co persoal de Correos SAE abrindo as canles de
comunicación necesaria.
O noso concello solicitará á Sociedade Estatal de Correos y Telégrafos SAE, á Comisión
Nacional do sector Postal e ao Ministerio de Fomento que Correos amplíe a plantilla
estrutural que ten asignada á nosa cidade tanto en reparto como en atención ao
cliente.
Na Coruña, a 14/12/2015
Aprobada polos grupos municipais de Marea Atlántica, BNG, PSOE e PP.

Más contenido relacionado

Similar a Moción apoio servizo Correos polo Concello da Coruña

Similar a Moción apoio servizo Correos polo Concello da Coruña (8)

Carta a xefe do cta pedindo días AP
Carta a xefe do cta pedindo días APCarta a xefe do cta pedindo días AP
Carta a xefe do cta pedindo días AP
 
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial NadalO Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
 
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24 Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
 
Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017Comunicado orzamentos 2017
Comunicado orzamentos 2017
 
Buzón Rebelde 22
Buzón Rebelde 22Buzón Rebelde 22
Buzón Rebelde 22
 
Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdfBuzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
 
Carta a xefe do cta
Carta a xefe do cta Carta a xefe do cta
Carta a xefe do cta
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019
 

Más de Cgt Correos A Coruña

Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Cgt Correos A Coruña
 
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018Cgt Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Cgt Correos A Coruña
 
Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Cgt Correos A Coruña
 
Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Cgt Correos A Coruña
 
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosAcordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosCgt Correos A Coruña
 
Caos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCaos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCgt Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaBuzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaCgt Correos A Coruña
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaCgt Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Cgt Correos A Coruña
 
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
Instruccións campaña  nadal 2016 (1)Instruccións campaña  nadal 2016 (1)
Instruccións campaña nadal 2016 (1)Cgt Correos A Coruña
 
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Cgt Correos A Coruña
 

Más de Cgt Correos A Coruña (20)

Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021
 
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
 
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
 
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018
 
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
 
Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018
 
Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018
 
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosAcordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
 
Caos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCaos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de Correos
 
Comunicado xuizo bolsas Correos
Comunicado xuizo bolsas CorreosComunicado xuizo bolsas Correos
Comunicado xuizo bolsas Correos
 
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaBuzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial EventuaisBuzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial Eventuais
 
Bolsa de emprego 2017
Bolsa de emprego 2017Bolsa de emprego 2017
Bolsa de emprego 2017
 
Comunicado 1% salario Correos
Comunicado 1% salario Correos Comunicado 1% salario Correos
Comunicado 1% salario Correos
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
 
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
 
Acción social 2017 ok
Acción social 2017 okAcción social 2017 ok
Acción social 2017 ok
 
Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017
 
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
Instruccións campaña  nadal 2016 (1)Instruccións campaña  nadal 2016 (1)
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
 
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
 

Moción apoio servizo Correos polo Concello da Coruña

  • 1. MOCIÓN EN DEFENSA DUN SERVIZO PÚBLICO DE CALIDADE NA CIDADE DA CORUÑA EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O servizo postal universal existe para garantir o dereito ao acceso as comunicacións postais cun prezo asequible e en condicións de igualdade e de calidade a toda a cidadanía, sen discriminación algunha. Este servizo contribúe de forma decisiva na cohesión social dunha sociedade achegando ás persoas e facilitando o envío tanto de correspondencia como de paquetería. No tocante á relación entre a administración e as persoas este servizo público segue sendo a forma máis usual e frecuente de notificación. Na actualidade é a empresa pública Correos S.A.E a que ten encomendada en todo o territorio estatal a prestación deste servizo. Este servizo público esta regulado por diferentes lexislacións, se ben a máis importante é a lei 43/2010 que designa a Correos como prestador e fixa as condicións que debe ter a prestación: Ley 43/2010, de 30 de diciembre, del servicio postal universal, de los derechos de los usuarios y del mercado postal "Condiciones de prestación del servicio postal universal exigibles al operador designado por el Estado" Artículo 8. Derecho a la prestación de un servicio postal universal de calidad. Los usuarios tendrán derecho a la prestación de un servicio postal universal de calidad prestado de forma permanente, en todo el territorio nacional y a precios asequibles. El alcance y la prestación efectiva del servicio postal universal deberán responder a los principios de cohesión social y territorial, no discriminación por razón de cualquier circunstancia o condición personal, social o geográfica, continuidad, eficacia y eficiencia en el servicio, y deberá adecuarse permanentemente a las condiciones técnicas, económicas, sociales y territoriales y a las necesidades de los usuarios, en particular en materia de densidad de puntos de acceso y de accesibilidad a los mismos, sin menoscabo de su calidad. Artículo 22 Principios y requisitos de la prestación del servicio postal universal 1. La prestación del servicio postal universal así como las relaciones de los usuarios con el operador designado, se regirán por los principios de equidad, no discriminación, continuidad, buena fe, y adaptación a las necesidades de los usuarios.
  • 2. Artçiculo 24: Condiciones de la distribución y envío de las entregas postales. (...) "Las entregas se practicarán, al menos, todos los días laborables, de lunes a viernes", salvo en el caso de concurrir circunstancias o condiciones geográficas especiales, conforme a lo previsto en esta ley y en su normativa de desarrollo. Tamén o artigo 3.3 da directiva 97/67/CE do Parlamento Europeo e do Consello Europeo, de 15 de decembro de 1997, relativa a "las normas comunes para el desarrollo del mercado interior de los servicios postales de la comunidad y la mejora de la calidad del servicio". Modificada pola directiva 2008/06/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 febreiro de 2008, pola que se modifica a directiva 97/67/CE en relación coa plena realización do mercado interior de servizos postais comunitarios, que estabelece que (...)"los estados miembros adoptarán medidas para asegurar que el servicio postal universal quede garantizado, al menos, 5 días laborales por semana (…) y para que incluya, como mínimo: -… -una entrega al domicilio de cada persona física o jurídica… Enténdese con isto que Correos ten fixadas, pola devandita lei Postal e as normativas Europeas de aplicación as súas obrigas como prestador do servizo antes citado. No artigo 24 indica con claridade que “las entregas se practicarán, al menos, todos los días laborales de lunes a viernes” e a excepcionalidade proposta como condición xeográfica especial non é de aplicación nas zonas urbanas, como é o caso da nosa cidade. Correos debe ter o persoal e os medios necesarios para garantir que o servizo se cumpra nesas condicións. Situación do servizo postal na nosa cidade: Na Coruña traballan ao redor de 170 persoas nas tarefas de distribución de correspondencia e máis de 60 en atención ao cliente. No tocante á distribución nos últimos anos perdéronse máis de 23 postos de reparto fixos. A finais de 2013 a unidade de reparto máis grande da cidade da Coruña (situada na rúa Alcalde M.Casas) foi reestruturada e reducidas as seccións de reparto en case un 20 por cento, pasando a ter 8 seccións de distribución menos. Tamén a unidade número 2 (situada na rúa Viscaia- Os Mallos) sufriu unha reforma semellante pasando de 44 a 35 persoas. Este feito faise extensible ás outras dúas unidades de reparto situadas nos Castros (Monte
  • 3. das Moas) e na Agra do Orzán (rúa Entrepeñas). Nestas unidades, a pesar de non levarse adiante unha reforma oficial, o persoal está asumindo o reparto de zonas que quedaron sen carteri@ titular por xubilacións ou traslados a outro ministerio. Tamén a chamada USE (Unidade de servizos especiais, con base no pavillón postal da estación do ferrocarril) dedicada principalmente á paquetería sufriu unha severa redución de efectivos traballando a maior parte do ano unha falla do 25 por cento de efectivos sobre as 16 seccións que teñen na quenda da mañá. Ao mesmo tempo que se levaban a cabo estes recortes Correos advertiu ao persoal de que terían, ademais, que asumir tamén todas as ausencias temporais (baixas, vacacións, etc) o que, a efectos prácticos, supuña un axuste moito maior do persoal prescindindo da necesaria contratación eventual. Desde o mesmo primeiro momento o persoal alertou do feito de que, co persoal que quedaba tras as restructuracións, sería moi difícil levar adiante as obrigacións de repartir diariamente todo o correo en toda a cidade. Por este motivo @s carteir@ da unidade de reparto 1 (zona centro) - especialmente o distrito 4 que cobre as zonas comprendidas entre Riazor, Obelisco e a Praza de Vigo- decidiu levar a cabo unha acción sistemática de recollida de datos diarios sobre as rúas que quedaban sen repartir por incapacidade do persoal de repartir todo ou por estar esa sección de reparto ese día sen titular. Estes datos recolléronse en informes persoalizados e foron rexistrados oficialmente e enviados directamente ao responsable de distribución da zona 1, co obxectivo de informarlle de que a falta de persoal estaba a levar a incumprir o servizo postal diario e instando a que se tomaran medidas para atallalo. En decembro de 2015 son xa máis de 1000 partes de pendentes de reparto e incidencias rexistrados por deferentes persoas desta unidade sen recibir resposta algunha destes incumprimentos por parte da dirección de Correos. Estes datos de incumprimentos dunha zona concreta da nosa cidade pretenden ser un exemplo da realidade que se está a vivir no resto das unidades de reparto, e os resultados son extrapolables a outras zonas da nosa cidade.
  • 4. Nesta táboa podemos ver un breve resume dos dados aportados polo persoal, tendo en conta o número de veces que as rúas de esa zona da Coruña quedaron sen reparto parcial ou totalmente, incumprindo así o reparto diario:
  • 5. Estes dados están atualizados a día 09/12/2015. Como se pode observar a simple vista nesta táboa varias de esas rúas sumarían varios meses sen reparto efectivo ao longo do ano, sendo as rúas máis longas, que se reparten entre varias persoas as máis afectadas. Accións legais realizadas pola representación do persoal. Paralelamente a estes feitos un dos sindicatos máis representativos de Correos, a CGT, recolleu eses datos, dirixíndose á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia a finais do ano 2013. Este Organismo ten entre as súas funcións (Lei 3/2013 de 4 de Xuño, de creación da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, artigo 8, como unha das funcións de esa comisión, “velar para que se garantice el Servicio Postal Universal, en cumplimento de la normativa postal y la libre competencia en el sector” requiríndolle a súa intervención (DOC1). A resposta desta Comisión, apelando a un estudo realizado por Correos no verán de 2014 a nivel Estatal, é que se está cumprindo o servizo tendo en conta que se están cumprindo “os prazos de entrega”, (DOCS 2 a 7) apelando a unha suposta “calidade” medida polo sistema SPEX e alegando que os resultados de prestación do SPU son similares aos de anos anteriores sen que existan diferenzas suficientemente significativas nos prazos de entrega. É realmente sorprendente que a resposta desta comisión fale de “prazos de entrega” cando a lei esixe "cobertura territorial diaria”. A cuestión non é unicamente que unha carta chegue dentro dun prazo fixado por Correos a un destino, a cuestión é que a lei non se está cumprindo porque non se está levando a todo o territorio a correspondencia diariamente que é ao que está obrigado o prestador. Neste momento debemos, ademais, indicar que esta comisión respondeu á denuncia da Coruña exactamente da mesma forma e, sospeitosamente, co mesmo redactado literal que a outras localidades que denunciaran estes incumprimentos noutros lugares do Estado como Castelló, Cijuela, Ciutadella de Menorca ou Sabadell. O que demostraría que non entrou a valorar realmente os dados ofrecidos polo persoal da Coruña. Entendemos que a comisión non entrou nunca a estudar esta denuncia, apoiada con datos obxectivos aportados polo persoal e de fácil comprobación, de que son varias as zonas céntricas da nosa cidade que quedan diariamente sen ser repartidas. A resposta dirixida á Coruña é totalmente xenérica e baseada nun estudo realizado nun espazo temporal totalmente diferente ao que fai alusión a denuncia.
  • 6. En febreiro de 2015 a representación do persoal acudiu ao Valedor do Pobo de Galicia (DOC8), facéndolle ver a importancia deste tema como unha clara vulneración da prestación dun servizo público. O Valedor dirixiuse á sección sindical (DOC9) indicando que este tema superaba o seu ámbito de actuación e redirixindo así mesmo o tema á Defensora del Pueblo estatal onde está pendente de resolución definitiva. En base ao anterior, na defensa dos dereitos da cidadanía Coruñesa, tomamos os seguintes ACORDOS O concello da Coruña instará á empresa pública Correos SAE a manter o persoal necesario para cumprir con todo rigor as súas obrigas de reparto diario da correspondencia, nas condicións que fixa a lei, en todos os domicilios da nosa cidade de luns a venres, en condicións de igualdade e sen discriminar ningunha zona. O concello da Coruña vixiará o cumprimento da prestación do servizo postal universal colaborando activamente co persoal de Correos SAE abrindo as canles de comunicación necesaria. O noso concello solicitará á Sociedade Estatal de Correos y Telégrafos SAE, á Comisión Nacional do sector Postal e ao Ministerio de Fomento que Correos amplíe a plantilla estrutural que ten asignada á nosa cidade tanto en reparto como en atención ao cliente. Na Coruña, a 14/12/2015 Aprobada polos grupos municipais de Marea Atlántica, BNG, PSOE e PP.