SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 41
Descargar para leer sin conexión
FACENDO UN

TITORIAL DO SEMINARIO PERMANENTE
     “USO EDUCATIVO DOS BLOGS”

  Cesp “Xesús san luís romero”

         Curso 2011-12



                                   1
FACENDO UN BLOG
                                Indice
1.- CREAR O BLOG______________________________________________páx 3

2.- PERSONALIZAR A APARIENCIA_________________________________páx 6

3.- COMEZAR A PUBLICAR

3.1.- TÍTULO___________________________________________________páx 8

3.2.- CREACIÓN DE ENTRADAS____________________________________ páx 9

3.3.- SUBIR ENLACES NAS ENTRADAS______________________________páx 13

3.4.- SUBIR VIDEOS OU PRESENTACIÓNS NAS ENTRADAS

3.4.1.- SUBIR VÍDEOS __________________________________________páx 16

3.4.2.-CREAR E SUBIR PRESENTACIÓNS

  •   CON PICTURETRAIL_________________________________________páx 19

  •   CON KIZOA_______________________________________________páx 21

3.4.3.- SUBIR PDF NAS ENTRADAS________________________________páx 23

4.- SUBIR GADGETS

4.1.- DE TIPO HTML:   CALENDARIO, RELOXO, CONTADOR DE VISITAS, FEDJIT________páx   28

4.2.- DE TIPO IMAXE__________________________________________páx 31

4.3.- DE TIPO TEXTO__________________________________________páx 34

4.4.- DE TIPO LISTA DE BLOGS__________________________________páx 35

4.5.- DE TIPO LISTA DE ENLACES________________________________páx 37

4.6.- DE TIPO PÁXINA__________________________________________páx 39




                                                                                        2
1.- CREAR O BLOG
  •   Abrir un correo en gmail.com. Buscalo en Google e seguir os pasos de crear unha
      conta




No exemplo práctico usaremos equipoapoio@gmail.com

  •   Entrar en Blogger.com . Buscalo en Google e rexistrarse coa conta de correo de
      gmail creada.




                                                                                   3
Ou ben entrar camdo xa se está rexistrado




•   Neste caso xa hai dous blogs asociados á mesma conta, pero pódese crear outro ou
    ben o primeiro.




                                                                                  4
•   Continuar cos pasos que pide: título, dirección do blog. Recoméndase usar unha
       dirección que teña un nome relacionado co título.




Xa está creado o blog. Agora podemos personalizar a apariencia ou publicar xa. Gardar ben
nome, contrasinal…..




                                                                                       5
2.- PERSONALIZAR A APARIENCIA.
 •   Escoller unha plantilla




 •   A partires de agora, e cada cousa que escollamos non se pode esquecer marcar
     Aplicar al blog




 •   Ir escollendo distintos aspectos na columna da esquerda




                                                                                6
•   Fondo




•   Axustar ancho




•   Escoller o deseño que nos conveña




•   En avanzado escollemos cores, tipos de letras, etc.




                                                          7
3.- COMEZAR A PUBLICAR.
3.1.- TÍTULO.                                                       Marcar DISEÑO




                                                                                    Editar




  •   Pode poñerse un subtítulo no que se explica para que é o blog. Pode engadirse tamén
      unha imaxe que teñamos gardada ou ben dende unha páxina web.




                                                                                            8
3.2.- CREACIÓN DE ENTRADAS.                                                Nueva entrada




•   Pódese escribir título e subir todo tipo de cousas: texto, imaxes, enlaces, etc.




• Hai dúas posibilidades: REDACTAR OU EDICIÓN DE HTML.
As dúas pódense utilizar nunha mesma entrada.
HTML é todo o que se sube en forma de códigos, coma un programiña, un vídeo, unha
presentación de imaxes, etc.
Nesta entrada subimos Titulo + texto + imaxe
OLLO! QUE ESTEA MARCADO REDACTAR




                                                                                           9
•   Escríbese o texto dándolle o formato que se queira: fonte, tamaño, cor, etc.




                                                                 Para subir a imaxe premer




                                                                      Seguir as instrucións.
                                                                       Elexir arquivo dende
                                                                       onde temos a imaxe.

                                                                                Ao rematar




As imaxes deberían ter poucos kb, non máis de 100, para iso en Picasa pódense reducir




                                                                                      Exportar

                                                                                            10
Márcanse os píxeles que queremos, dáselle a exportar de novo e aparecerá nunha carpeta
que se chama EXPORTACIONES DE PICASA




Para ter Picasa no ordenador:
Buscar en Google Picasa. Aparece picasa.google.com. Abrimos e temos xa a descarga
directa e gratuíta




Gardar arquivo.




                                                                                   11
Executar e cando estea rematando o proceso danos a escoller de onde coller as imaxes.
Hai como mínimo dúas opcións
   • De MIS IMÁGENES
   • DE TODO O EQUIPO
   O mellor é pedirlle que o faga so de MIS IMÁGENES.




Cando rematamos de facer calquera cambio no blog acordarse de GUARDAR




                                                                                        12
3.3.- SUBIR ENLACES NAS ENTRADAS

Podemos subir un enlace asociado a unha imaxe ou a unha palabra.
A unha imaxe.
Dámoslle a crear entrada nova, poñemos título e con Redactar marcado escribimos o que
queremos. E para subir a imaxe dámoslle aquí




Sae o seguinte. Eliximos a imaxe de onde a temos.




Facemos dobre clic enriba da imaxe




                                                                                  13
E dámoslle a Subir la imagen seleccionada.
Marcámola e clicamos en enlace




Sáenos o seguinte, e pegamos o enlace que queremos que se abra cando clicamos na imaxe




                                                                                         14
Se queremos que o enlace se abra ao clicar nunha palabra escribiremos esa palabra e
marcarémola




Do mesmo xeito, clicamos en enlace




E pegamos a dirección a onde queremos que nos leve.




                                                                                 15
3.4.- SUBIR VIDEOS OU PRESENTACIÓNS NAS ENTRADAS
3.4.1.- SUBIR VÍDEOS
Os vídeos estarán aloxados en youtube.com, vimeo.es ou outro programa similar. Se son
gravacións nosas hai que aloxalas neses programas.
Para iso hai que rexistrarse e subir o vídeo.
En Picasa tamén temos a opción de subir a youtube directamente.




Unha vez que temos xa aloxado o vídeo no programa que queremos dános a posibilidade de
subilo como enlace ou como código HTML




Dámoslle a Compartir

                                                                                   16
Sae o seguinte




De aí sacaremos o enlace, ou ben dámoslle a Insertar e sairá o código.




Temos varias opcións de tamaño, de xeito que se os cambiamos cámbianos o código.
Copiaremos o que nos conveña.

Para inserilo no blog. Nunha nova entrada poñemos o título e texto que queiramos, ou non
poñemos nada, e estando en formato HTML copiaremos o código




                                                                                     17
Se o queremos poñer como enlace, cando prememos nunha imaxe ou palabra usaremos a
dirección url




Podemos copialo en edición de HTML ou ben en REDACTAR.




                                                  En calquera caso pegamos o enlace




Marcando a palabra




                                                                                 18
3.4.2.- CREAR E SUBIR PRESENTACIÓNS
CON PICTURETRAIL
   • Entrar en picturetrail.com
   • Rexistrarse. Se xa estás rexistrado entra e dálle a CREAR UNA PELÍCULA AHORA
   Se xa fixeches outras sairanche as túas presentacións e dáslle a CREA UNA PELÍCULA




   Elexir o tipo de presentación que se quere . Hai moitas posibilidades




Subir as fotos de onde as teñamos. Coma sempre deben ter poucos kb




                                                                           Poñer un nome
                                                                              ao álbum
                                                                               e darlle
                                                                           a GUARDAR




                                                                                    19
Antes podes reordear as fotos, poñerlles pe de páxina, cambiar algo do formato.
Poñerlle un título, gardar e obter código,




                                      O programa produce un código HTLM que hai que
                                   copiar co botón dereito.




 Entrar no blog, en Crear Entrada Nova
 Pegar o código sempre en EDICIÓN DE HTML




PUBLICAR ENTRADA




                                                                                  20
CON KIZOA
  • Entrar en Kizoa.es
  • Hai que rexistrarse e darlle a ABRIR KIZOA




Darlle a AGREGAR FOTOS




Subilas e cando remata darlle a CONTINUAR




Pasar as fotos para a parte de abaixo e engadir transicións, efectos,…..




                                                                           21
En todos os casos hai que evitar coller transicións, efectos, etc Premium, porque non
permite gardalos, son de pago.
Pode ofrecer inserilos en toda a presentación.




Pódese engadir texto, escollendo o formato en cada caso




Remátase con Ferramentas,     poñéndolle un título, tempo de transición… e ao rematar
GARDAR




Cando remata sae este cadro. Se lle damos a Continuar sae o seguinte




Marcamos a presentación e prememos en Insertar blog.
Xerará un código HTLM que pegaremos na entrada




                                                                                   22
3.4.3.-SUBIR PDF NAS ENTRADAS
Primeiro hai que crear un documento PDF a partires dun documento Word.
Para iso temos que ter un programa, que o transforme, por exemplo o PDFcreator, que ven
en moitos ordenadores, ou o Primo PDF que pode descargarse gratis.
Calquera deles crea unha especie de impresora virtual.
Cando temos o documento que queremos aberto en Word, imos a
Archivo. Imprimir




Escollemos o programa, neste caso Primo PDF e seguimos as instrucións.




Proporciónanos un documento en PDF que podemos subir utilizando dous programas, o
SLIDESHARE e o CALAMEO.




                                                                                    23
SLIDESHARE.
Éntrase en slideshare.net, e rexistrámonos a primeira vez. Vai almacenar todos os
documentos que se fagan coma se fosen unha biblioteca nosa.
Outro programa similar é o SCRIBD http://es.scribd.com/. Ambos suben pdf e pps

Unha vez aberto o programa dáselle a Subir ou Upload




Búscase o documento, pódese cambiar o título, facer unha descrición, e escollera a
categoría, as etiquetas…e darlle a Saved details se se cambia algo.
Cando remata de facer o traballo seleccionar o código que aparece en EMBED e copialo




Para subilo ao blog abrimolo en Crear entrada nueva. Poñer o título e   pegar o código
sempre en Edición de HTML




Non esquecer clicar en Publicar entrada.
Quedará un documento que podemos ver páxina a páxina.
                                                                                    24
CALAMEO
Hai que entrar en calameo.com. Tamén hai que rexistrarse a primeira vez.
Darlle a Crear una publicación




                                                               Explorar, buscando o documento




Poñemos o título e escollemos de todas as posibilidades que nos da, se deixamos descargalo,
imprimilo, a quen…..




Ao final darlle a Iniciar carga e vai aparecendo o seguinte.




                                                                                          25
Cando remata podemos escoller como queremos cargalo e que tipo de documento queremos.
Neste caso escollemos un Mini-camaleo, que podemos personalizar.




                                                              Crea un código HTML que se
                                                           pode colgar nunha entrada nova
                                                           igual que o slideshare anterior,
                                                              ou ben nun Gadget a un lado.




Para colgalo nun lateral, abriremos en Diseño, e Añadir un Gadget. Escoller de tipo HTML




                                                                                           26
Sae o seguinte, pode poñerse un título, aínda que sairá o que xa lle puxemos ao Camaleo ao
subilo e pegamos o código. Darlle a guardar




                                                           Arrástrase o Gadget e móvese.
                                                                 Poñémolo onde queremos.
                                                                      Dámoslle a Guardar




O aspecto é o seguinte. Clicando nel podemos velo en grande, descargalo, imprimilo….




                                                                                       27
4.- SUBIR GADGETS
4.1.- DE TIPO HTML: CALENDARIO, RELOXO, CONTADOR DE VISITAS, FEDJIT

Este tipo de gadgets son programiñas que proporcionan distintas páxinas de forma
gratuíta.
Hai que ir ás páxinas, escoller e copiar os códigos que farán que funcionen os programas.
Por exemplo.
Reloxo: http://www.clocklink.com/
Calendario: http://www.free-blog-content.com/
Contador de visitas: http://contador-de-visitas.com/
Dende onde nos visitan:
http://feedjit.com/?utm_source=ltf&utm_medium=web&utm_campaign=ltfCampaign
O tempo en Carballo: http://www.eltiempo.es/carballo.html
Nalgún caso inserirá o programa automáticamente, e sairá algo similar ao seguinte:




Noutros casos buscaremos o código e pegarémolo seguindo estas instrucións
Premer en Diseño




                                                                                      28
Dáselle a Engadir un gadget onde nós queiramos




Sairá sempre o seguinte e escolleremos o tipo de gadget que queremos




                                                                       29
Exemplo: o reloxo. Entramos na páxina e escollemos o que nos guste.
Ao pedir o código HTML diranos que escollamos entre os distintos fusos horarios.




Seleccionamos o código, copiámolo e pegámolo no blog.




Non esquecer darlle a GUARDAR.


                                                                                   30
As “caixas” de cada gadget poden colocarse onde queiramos arrastrándoas. Cando
cambiemos algo hai que darlle a Guardar




4.2.- DE TIPO IMAXE
Premer en Diseño




Dáselle a Engadir un gadget onde nós queiramos




                                                                            31
Sairá sempre o seguinte e escolleremos o tipo de gadget que queremos




Sairá o seguinte




 Deses elementos póñense os que queiran, neste caso subimos unha imaxe que queremos que
nos leve a un enlace. A imaxe da páxina web lévanos á páxina web




                                                                                    32
Cando estea todo dámoslle a Gardar.
Miramos como quedou e ordeamos os gadgets ao noso gusto. Para rematar non se pode
esquecer darlle de novo a Gardar, pois se non lle damos quedamos sen o gadget novo




                                                                                33
4.3.- DE TIPO TEXTO
Por exemplo o noso correo electrónico
O proceso iníciase igual que no caso 4.1 e 4.2 e escollemos TEXTO




Sae o seguinte e completamos o que queiramos.




Sempre hai que gardar.
Vemos se se colocou correctamente e gardámolo




                                                                    34
4.4.- DE TIPO LISTA DE BLOGS
Iníciase o proceso da mesma maneira, engadindo un gadget, neste caso de tipo lista de
blogs.




Sae o seguinte. Configuramos a lista de blogs segundo o que queiramos que apareza. Ao
remate dámoslle a Agregar un blog a tu lista.




                                                                                  35
Sae o seguinte




Pegamos o enlace dámoslle a Añadir
Vaise facendo a lista, podemos gardar de cada vez ou ao final.
Ímoslle dicindo Agregar a la lista en cada caso.




Cando estea a lista completa darlle a Gardar aquí e tamén no deseño.




                                                                       36
4.5.- DE TIPO LISTA DE ENLACES
Podemos facer listas de enlaces de programas, páxinas, lugares on line aos que imos
habitualmente, e aos que, deste xeito accedemos facilmente.
O primeiro paso é igual que nos casos anteriores. Tipo de gadget: lista de enlaces




Sae o seguinte cadro para configurar a lista de enlaces e imos pegando as url de cada un e o
texto-título que queremos que apareza na lista.




                                                                                  url
                                                                                  nome




Darlle a Añadir Enlace de cada un que engadamos.




                                                                                         37
Os enlaces pódense ir gardando un a un, ou ben cando está rematada a lista,




                                                                              38
4.6.- DE TIPO PÁXINA
O proceso é diferente aos anteriores.
Blogger permítenos facer unha lista de ata dez páxinas, pero so unha vez
Unha páxina podería definirse coma unha caixa onde metemos máis cousas.
Podemos facer por exemplo un almacén de recursos clasificados por materias.
1º paso
Crear o gadget de páxina
En diseño, engadir novo gadget, clicar en páxina




Sae a configuración da páxina, se queremos poñerlle título, etc. Ao final darlle a Guardar




                                                                                             39
2º paso
Crear unha a unha as páxinas.
En DESEÑO darlle a Creación de entradas




Despois editar páxinas




Creamos unha páxina nova




Poñemos o título á páxina e publicámola




Pódese crear unha páxina e enchela, ou crear todas as que se queiran.
O que sairá despois, cando lle demos a editar páxinas será o seguinte




                                                                        40
Cada unha delas pode encherse do que se queira, enlaces, texto, imaxes, etc.
Para facelo dámoslle a EDITAR na páxina que queiramos.
Enchémola, neste caso de palabras que nos levan a enlaces de actividades.




                                                                               41

Más contenido relacionado

Destacado (13)

Samaín para carteis
Samaín para carteisSamaín para carteis
Samaín para carteis
 
O entroido
O entroidoO entroido
O entroido
 
Xogos do magosto
Xogos do magostoXogos do magosto
Xogos do magosto
 
Guía de lectura nadal 2014 pdf
Guía de lectura nadal 2014 pdfGuía de lectura nadal 2014 pdf
Guía de lectura nadal 2014 pdf
 
A candeloria
A candeloriaA candeloria
A candeloria
 
Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
Guia de lectura lectores expertos final
Guia de lectura lectores expertos finalGuia de lectura lectores expertos final
Guia de lectura lectores expertos final
 
Magosto
MagostoMagosto
Magosto
 
El Renacimiento
El RenacimientoEl Renacimiento
El Renacimiento
 
Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
Nadal no mundo
Nadal no mundo Nadal no mundo
Nadal no mundo
 
O magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaO magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en Galiza
 
Cancións para corda, goma e corro
Cancións para corda, goma e corroCancións para corda, goma e corro
Cancións para corda, goma e corro
 

Similar a Facendo un blog

Creación de un blog con blogger
Creación de un blog con bloggerCreación de un blog con blogger
Creación de un blog con bloggeraa40estudo
 
Education,Slideshow
Education,SlideshowEducation,Slideshow
Education,Slideshowmartirosi
 
presentación slide
presentación slidepresentación slide
presentación slideCharomarinez
 
Introduccion Moodle Para Profes 2
Introduccion Moodle Para Profes 2Introduccion Moodle Para Profes 2
Introduccion Moodle Para Profes 2alomba
 
Tutorial blogger-v2r
Tutorial blogger-v2rTutorial blogger-v2r
Tutorial blogger-v2rfacendoblog
 
ABALAR-LIM-PREZI
ABALAR-LIM-PREZIABALAR-LIM-PREZI
ABALAR-LIM-PREZIFiz
 
O teu espazo en Slideshare
O teu espazo en SlideshareO teu espazo en Slideshare
O teu espazo en SlideshareRomeoBarreiro
 
Webs dinamicas-abalar
Webs dinamicas-abalarWebs dinamicas-abalar
Webs dinamicas-abalarFiz
 
Creación e edición de espazos web
Creación e edición de espazos webCreación e edición de espazos web
Creación e edición de espazos webIES Monte Carrasco
 
Titorial: Como configurar un blog en Blogger
Titorial: Como configurar un blog en BloggerTitorial: Como configurar un blog en Blogger
Titorial: Como configurar un blog en Bloggerurraca60
 

Similar a Facendo un blog (20)

Creación de un blog con blogger
Creación de un blog con bloggerCreación de un blog con blogger
Creación de un blog con blogger
 
Education,Slideshow
Education,SlideshowEducation,Slideshow
Education,Slideshow
 
curso slide
curso slidecurso slide
curso slide
 
Slideshow
SlideshowSlideshow
Slideshow
 
presentación slide
presentación slidepresentación slide
presentación slide
 
Glogster
GlogsterGlogster
Glogster
 
Introduccion Moodle Para Profes 2
Introduccion Moodle Para Profes 2Introduccion Moodle Para Profes 2
Introduccion Moodle Para Profes 2
 
Un blogue en Blogaliza
Un blogue en BlogalizaUn blogue en Blogaliza
Un blogue en Blogaliza
 
Tutorial blogger-v2r
Tutorial blogger-v2rTutorial blogger-v2r
Tutorial blogger-v2r
 
ABALAR-LIM-PREZI
ABALAR-LIM-PREZIABALAR-LIM-PREZI
ABALAR-LIM-PREZI
 
O teu espazo en Slideshare
O teu espazo en SlideshareO teu espazo en Slideshare
O teu espazo en Slideshare
 
Webs dinamicas-abalar
Webs dinamicas-abalarWebs dinamicas-abalar
Webs dinamicas-abalar
 
Presentacion
PresentacionPresentacion
Presentacion
 
Hiperenlaces
HiperenlacesHiperenlaces
Hiperenlaces
 
Creación e edición de espazos web
Creación e edición de espazos webCreación e edición de espazos web
Creación e edición de espazos web
 
Titorial: Como configurar un blog en Blogger
Titorial: Como configurar un blog en BloggerTitorial: Como configurar un blog en Blogger
Titorial: Como configurar un blog en Blogger
 
Creación dun blog
Creación dun blogCreación dun blog
Creación dun blog
 
Creación dun blog
Creación dun blogCreación dun blog
Creación dun blog
 
Usar o blog climantica
Usar o blog climanticaUsar o blog climantica
Usar o blog climantica
 
Usar o blog climantica
Usar o blog climanticaUsar o blog climantica
Usar o blog climantica
 

Más de Chelo Alvarez Veira (20)

Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blog
 
O traxe novo do emperador
O traxe novo do emperadorO traxe novo do emperador
O traxe novo do emperador
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Debuxos da paz
Debuxos da pazDebuxos da paz
Debuxos da paz
 
Contos da paz
Contos da pazContos da paz
Contos da paz
 
Concurso relatos de terror
Concurso relatos de terrorConcurso relatos de terror
Concurso relatos de terror
 
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
MARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENOMARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENO
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
Rosalind Franklin
Rosalind FranklinRosalind Franklin
Rosalind Franklin
 
MARUXA MALLO
MARUXA MALLOMARUXA MALLO
MARUXA MALLO
 
Maruxa Mallo
Maruxa MalloMaruxa Mallo
Maruxa Mallo
 
Programación plambe
Programación plambeProgramación plambe
Programación plambe
 
Triptico nadal
Triptico nadalTriptico nadal
Triptico nadal
 
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdadeGuia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
 
Relatos terror samaín
Relatos terror samaínRelatos terror samaín
Relatos terror samaín
 
Lectores autónomos
Lectores autónomosLectores autónomos
Lectores autónomos
 

Facendo un blog

  • 1. FACENDO UN TITORIAL DO SEMINARIO PERMANENTE “USO EDUCATIVO DOS BLOGS” Cesp “Xesús san luís romero” Curso 2011-12 1
  • 2. FACENDO UN BLOG Indice 1.- CREAR O BLOG______________________________________________páx 3 2.- PERSONALIZAR A APARIENCIA_________________________________páx 6 3.- COMEZAR A PUBLICAR 3.1.- TÍTULO___________________________________________________páx 8 3.2.- CREACIÓN DE ENTRADAS____________________________________ páx 9 3.3.- SUBIR ENLACES NAS ENTRADAS______________________________páx 13 3.4.- SUBIR VIDEOS OU PRESENTACIÓNS NAS ENTRADAS 3.4.1.- SUBIR VÍDEOS __________________________________________páx 16 3.4.2.-CREAR E SUBIR PRESENTACIÓNS • CON PICTURETRAIL_________________________________________páx 19 • CON KIZOA_______________________________________________páx 21 3.4.3.- SUBIR PDF NAS ENTRADAS________________________________páx 23 4.- SUBIR GADGETS 4.1.- DE TIPO HTML: CALENDARIO, RELOXO, CONTADOR DE VISITAS, FEDJIT________páx 28 4.2.- DE TIPO IMAXE__________________________________________páx 31 4.3.- DE TIPO TEXTO__________________________________________páx 34 4.4.- DE TIPO LISTA DE BLOGS__________________________________páx 35 4.5.- DE TIPO LISTA DE ENLACES________________________________páx 37 4.6.- DE TIPO PÁXINA__________________________________________páx 39 2
  • 3. 1.- CREAR O BLOG • Abrir un correo en gmail.com. Buscalo en Google e seguir os pasos de crear unha conta No exemplo práctico usaremos equipoapoio@gmail.com • Entrar en Blogger.com . Buscalo en Google e rexistrarse coa conta de correo de gmail creada. 3
  • 4. Ou ben entrar camdo xa se está rexistrado • Neste caso xa hai dous blogs asociados á mesma conta, pero pódese crear outro ou ben o primeiro. 4
  • 5. Continuar cos pasos que pide: título, dirección do blog. Recoméndase usar unha dirección que teña un nome relacionado co título. Xa está creado o blog. Agora podemos personalizar a apariencia ou publicar xa. Gardar ben nome, contrasinal….. 5
  • 6. 2.- PERSONALIZAR A APARIENCIA. • Escoller unha plantilla • A partires de agora, e cada cousa que escollamos non se pode esquecer marcar Aplicar al blog • Ir escollendo distintos aspectos na columna da esquerda 6
  • 7. Fondo • Axustar ancho • Escoller o deseño que nos conveña • En avanzado escollemos cores, tipos de letras, etc. 7
  • 8. 3.- COMEZAR A PUBLICAR. 3.1.- TÍTULO. Marcar DISEÑO Editar • Pode poñerse un subtítulo no que se explica para que é o blog. Pode engadirse tamén unha imaxe que teñamos gardada ou ben dende unha páxina web. 8
  • 9. 3.2.- CREACIÓN DE ENTRADAS. Nueva entrada • Pódese escribir título e subir todo tipo de cousas: texto, imaxes, enlaces, etc. • Hai dúas posibilidades: REDACTAR OU EDICIÓN DE HTML. As dúas pódense utilizar nunha mesma entrada. HTML é todo o que se sube en forma de códigos, coma un programiña, un vídeo, unha presentación de imaxes, etc. Nesta entrada subimos Titulo + texto + imaxe OLLO! QUE ESTEA MARCADO REDACTAR 9
  • 10. Escríbese o texto dándolle o formato que se queira: fonte, tamaño, cor, etc. Para subir a imaxe premer Seguir as instrucións. Elexir arquivo dende onde temos a imaxe. Ao rematar As imaxes deberían ter poucos kb, non máis de 100, para iso en Picasa pódense reducir Exportar 10
  • 11. Márcanse os píxeles que queremos, dáselle a exportar de novo e aparecerá nunha carpeta que se chama EXPORTACIONES DE PICASA Para ter Picasa no ordenador: Buscar en Google Picasa. Aparece picasa.google.com. Abrimos e temos xa a descarga directa e gratuíta Gardar arquivo. 11
  • 12. Executar e cando estea rematando o proceso danos a escoller de onde coller as imaxes. Hai como mínimo dúas opcións • De MIS IMÁGENES • DE TODO O EQUIPO O mellor é pedirlle que o faga so de MIS IMÁGENES. Cando rematamos de facer calquera cambio no blog acordarse de GUARDAR 12
  • 13. 3.3.- SUBIR ENLACES NAS ENTRADAS Podemos subir un enlace asociado a unha imaxe ou a unha palabra. A unha imaxe. Dámoslle a crear entrada nova, poñemos título e con Redactar marcado escribimos o que queremos. E para subir a imaxe dámoslle aquí Sae o seguinte. Eliximos a imaxe de onde a temos. Facemos dobre clic enriba da imaxe 13
  • 14. E dámoslle a Subir la imagen seleccionada. Marcámola e clicamos en enlace Sáenos o seguinte, e pegamos o enlace que queremos que se abra cando clicamos na imaxe 14
  • 15. Se queremos que o enlace se abra ao clicar nunha palabra escribiremos esa palabra e marcarémola Do mesmo xeito, clicamos en enlace E pegamos a dirección a onde queremos que nos leve. 15
  • 16. 3.4.- SUBIR VIDEOS OU PRESENTACIÓNS NAS ENTRADAS 3.4.1.- SUBIR VÍDEOS Os vídeos estarán aloxados en youtube.com, vimeo.es ou outro programa similar. Se son gravacións nosas hai que aloxalas neses programas. Para iso hai que rexistrarse e subir o vídeo. En Picasa tamén temos a opción de subir a youtube directamente. Unha vez que temos xa aloxado o vídeo no programa que queremos dános a posibilidade de subilo como enlace ou como código HTML Dámoslle a Compartir 16
  • 17. Sae o seguinte De aí sacaremos o enlace, ou ben dámoslle a Insertar e sairá o código. Temos varias opcións de tamaño, de xeito que se os cambiamos cámbianos o código. Copiaremos o que nos conveña. Para inserilo no blog. Nunha nova entrada poñemos o título e texto que queiramos, ou non poñemos nada, e estando en formato HTML copiaremos o código 17
  • 18. Se o queremos poñer como enlace, cando prememos nunha imaxe ou palabra usaremos a dirección url Podemos copialo en edición de HTML ou ben en REDACTAR. En calquera caso pegamos o enlace Marcando a palabra 18
  • 19. 3.4.2.- CREAR E SUBIR PRESENTACIÓNS CON PICTURETRAIL • Entrar en picturetrail.com • Rexistrarse. Se xa estás rexistrado entra e dálle a CREAR UNA PELÍCULA AHORA Se xa fixeches outras sairanche as túas presentacións e dáslle a CREA UNA PELÍCULA Elexir o tipo de presentación que se quere . Hai moitas posibilidades Subir as fotos de onde as teñamos. Coma sempre deben ter poucos kb Poñer un nome ao álbum e darlle a GUARDAR 19
  • 20. Antes podes reordear as fotos, poñerlles pe de páxina, cambiar algo do formato. Poñerlle un título, gardar e obter código, O programa produce un código HTLM que hai que copiar co botón dereito. Entrar no blog, en Crear Entrada Nova Pegar o código sempre en EDICIÓN DE HTML PUBLICAR ENTRADA 20
  • 21. CON KIZOA • Entrar en Kizoa.es • Hai que rexistrarse e darlle a ABRIR KIZOA Darlle a AGREGAR FOTOS Subilas e cando remata darlle a CONTINUAR Pasar as fotos para a parte de abaixo e engadir transicións, efectos,….. 21
  • 22. En todos os casos hai que evitar coller transicións, efectos, etc Premium, porque non permite gardalos, son de pago. Pode ofrecer inserilos en toda a presentación. Pódese engadir texto, escollendo o formato en cada caso Remátase con Ferramentas, poñéndolle un título, tempo de transición… e ao rematar GARDAR Cando remata sae este cadro. Se lle damos a Continuar sae o seguinte Marcamos a presentación e prememos en Insertar blog. Xerará un código HTLM que pegaremos na entrada 22
  • 23. 3.4.3.-SUBIR PDF NAS ENTRADAS Primeiro hai que crear un documento PDF a partires dun documento Word. Para iso temos que ter un programa, que o transforme, por exemplo o PDFcreator, que ven en moitos ordenadores, ou o Primo PDF que pode descargarse gratis. Calquera deles crea unha especie de impresora virtual. Cando temos o documento que queremos aberto en Word, imos a Archivo. Imprimir Escollemos o programa, neste caso Primo PDF e seguimos as instrucións. Proporciónanos un documento en PDF que podemos subir utilizando dous programas, o SLIDESHARE e o CALAMEO. 23
  • 24. SLIDESHARE. Éntrase en slideshare.net, e rexistrámonos a primeira vez. Vai almacenar todos os documentos que se fagan coma se fosen unha biblioteca nosa. Outro programa similar é o SCRIBD http://es.scribd.com/. Ambos suben pdf e pps Unha vez aberto o programa dáselle a Subir ou Upload Búscase o documento, pódese cambiar o título, facer unha descrición, e escollera a categoría, as etiquetas…e darlle a Saved details se se cambia algo. Cando remata de facer o traballo seleccionar o código que aparece en EMBED e copialo Para subilo ao blog abrimolo en Crear entrada nueva. Poñer o título e pegar o código sempre en Edición de HTML Non esquecer clicar en Publicar entrada. Quedará un documento que podemos ver páxina a páxina. 24
  • 25. CALAMEO Hai que entrar en calameo.com. Tamén hai que rexistrarse a primeira vez. Darlle a Crear una publicación Explorar, buscando o documento Poñemos o título e escollemos de todas as posibilidades que nos da, se deixamos descargalo, imprimilo, a quen….. Ao final darlle a Iniciar carga e vai aparecendo o seguinte. 25
  • 26. Cando remata podemos escoller como queremos cargalo e que tipo de documento queremos. Neste caso escollemos un Mini-camaleo, que podemos personalizar. Crea un código HTML que se pode colgar nunha entrada nova igual que o slideshare anterior, ou ben nun Gadget a un lado. Para colgalo nun lateral, abriremos en Diseño, e Añadir un Gadget. Escoller de tipo HTML 26
  • 27. Sae o seguinte, pode poñerse un título, aínda que sairá o que xa lle puxemos ao Camaleo ao subilo e pegamos o código. Darlle a guardar Arrástrase o Gadget e móvese. Poñémolo onde queremos. Dámoslle a Guardar O aspecto é o seguinte. Clicando nel podemos velo en grande, descargalo, imprimilo…. 27
  • 28. 4.- SUBIR GADGETS 4.1.- DE TIPO HTML: CALENDARIO, RELOXO, CONTADOR DE VISITAS, FEDJIT Este tipo de gadgets son programiñas que proporcionan distintas páxinas de forma gratuíta. Hai que ir ás páxinas, escoller e copiar os códigos que farán que funcionen os programas. Por exemplo. Reloxo: http://www.clocklink.com/ Calendario: http://www.free-blog-content.com/ Contador de visitas: http://contador-de-visitas.com/ Dende onde nos visitan: http://feedjit.com/?utm_source=ltf&utm_medium=web&utm_campaign=ltfCampaign O tempo en Carballo: http://www.eltiempo.es/carballo.html Nalgún caso inserirá o programa automáticamente, e sairá algo similar ao seguinte: Noutros casos buscaremos o código e pegarémolo seguindo estas instrucións Premer en Diseño 28
  • 29. Dáselle a Engadir un gadget onde nós queiramos Sairá sempre o seguinte e escolleremos o tipo de gadget que queremos 29
  • 30. Exemplo: o reloxo. Entramos na páxina e escollemos o que nos guste. Ao pedir o código HTML diranos que escollamos entre os distintos fusos horarios. Seleccionamos o código, copiámolo e pegámolo no blog. Non esquecer darlle a GUARDAR. 30
  • 31. As “caixas” de cada gadget poden colocarse onde queiramos arrastrándoas. Cando cambiemos algo hai que darlle a Guardar 4.2.- DE TIPO IMAXE Premer en Diseño Dáselle a Engadir un gadget onde nós queiramos 31
  • 32. Sairá sempre o seguinte e escolleremos o tipo de gadget que queremos Sairá o seguinte Deses elementos póñense os que queiran, neste caso subimos unha imaxe que queremos que nos leve a un enlace. A imaxe da páxina web lévanos á páxina web 32
  • 33. Cando estea todo dámoslle a Gardar. Miramos como quedou e ordeamos os gadgets ao noso gusto. Para rematar non se pode esquecer darlle de novo a Gardar, pois se non lle damos quedamos sen o gadget novo 33
  • 34. 4.3.- DE TIPO TEXTO Por exemplo o noso correo electrónico O proceso iníciase igual que no caso 4.1 e 4.2 e escollemos TEXTO Sae o seguinte e completamos o que queiramos. Sempre hai que gardar. Vemos se se colocou correctamente e gardámolo 34
  • 35. 4.4.- DE TIPO LISTA DE BLOGS Iníciase o proceso da mesma maneira, engadindo un gadget, neste caso de tipo lista de blogs. Sae o seguinte. Configuramos a lista de blogs segundo o que queiramos que apareza. Ao remate dámoslle a Agregar un blog a tu lista. 35
  • 36. Sae o seguinte Pegamos o enlace dámoslle a Añadir Vaise facendo a lista, podemos gardar de cada vez ou ao final. Ímoslle dicindo Agregar a la lista en cada caso. Cando estea a lista completa darlle a Gardar aquí e tamén no deseño. 36
  • 37. 4.5.- DE TIPO LISTA DE ENLACES Podemos facer listas de enlaces de programas, páxinas, lugares on line aos que imos habitualmente, e aos que, deste xeito accedemos facilmente. O primeiro paso é igual que nos casos anteriores. Tipo de gadget: lista de enlaces Sae o seguinte cadro para configurar a lista de enlaces e imos pegando as url de cada un e o texto-título que queremos que apareza na lista. url nome Darlle a Añadir Enlace de cada un que engadamos. 37
  • 38. Os enlaces pódense ir gardando un a un, ou ben cando está rematada a lista, 38
  • 39. 4.6.- DE TIPO PÁXINA O proceso é diferente aos anteriores. Blogger permítenos facer unha lista de ata dez páxinas, pero so unha vez Unha páxina podería definirse coma unha caixa onde metemos máis cousas. Podemos facer por exemplo un almacén de recursos clasificados por materias. 1º paso Crear o gadget de páxina En diseño, engadir novo gadget, clicar en páxina Sae a configuración da páxina, se queremos poñerlle título, etc. Ao final darlle a Guardar 39
  • 40. 2º paso Crear unha a unha as páxinas. En DESEÑO darlle a Creación de entradas Despois editar páxinas Creamos unha páxina nova Poñemos o título á páxina e publicámola Pódese crear unha páxina e enchela, ou crear todas as que se queiran. O que sairá despois, cando lle demos a editar páxinas será o seguinte 40
  • 41. Cada unha delas pode encherse do que se queira, enlaces, texto, imaxes, etc. Para facelo dámoslle a EDITAR na páxina que queiramos. Enchémola, neste caso de palabras que nos levan a enlaces de actividades. 41