1. Educación para a saúde e do consumidor
Visita á panadería
PROCESO DO PAN
ORIXE DOS ALIMENTOS
PRODUTOS DA PANADERÍA
CONSERVANTES
COLORANTES
A BIOMASA
INGREDIENTES
UTENSILIOS
HABILIDADES BÁSICAS
• AMASAR
• MESTURAR
• CORTAR
Fomos de visita á Panadería Roiser, en Coristanco
Portámonos moi ben no autobús
2. Chegamos deseguida á Panadería ROISER
Cando chegamos baixamos do autobús e recibiunos Pilar, a dona da panadería.
Ensinounos o escaparate, que tiña moitos niños de
paxaros.
QUE CHULADA!!!!
3. Logo entramos na panadería onde xa temos
ido algunhas veces a comprar doces e pan coa
nosa familia.
Leváronnos máis para adentro onde había unha mesa con moitos pans e doces que se fan na
panadería:
• MOLETE DE CORNO
• BOLA CON BURATO
• BOLA SEN BURATO
• BARRA
• LIBRETA
• BAGUETTE
• PAN DE MOLDE
• PAN DE HAMBURGUESA
• PAN DE PERRITO
• PAN DE OVO
• BISCOITO………..
4. Coñecemos a Manolo, o xefe dos panadeiros e
ensinounos moito deste oficio, por se de
mayores queremos ser panadeiros.
Contounos que o seu fillo fixo un debuxo e gañou un premio
Os panadeiros Manolo e David axudáronnos a cortar
as barras antes de cocer e logo botáronas no forno a
cocer.
5.
6. Manolo explicounos que para darlle
calor ao forno usaban un combustible
que parecía comida de cans, e chámase
BIOMASA, faise con anaquiños de leña
picados e arde sen contaminar
Tamén nos ensinou as máquinas da panadería,
e explicounos o proceso dende o trigo ata
que temos pan.
Porque a fariña sácase do trigo que se moe
nun muiño
7. MUÍÑO DE TRIGO
MÉTESE O TRIGO, E SAE A FARIÑA
Había máquinas que amasaban, facían barras,
transportaban o pan, e amasou nunha das
máquinas.
A amasadora ten dous brazos, como as
persoas.
8. Para facer pan hai que mesturar ben:
• AUGA
• SAL
• FERMENTO
• LEVADURA
• FARIÑA
O Panadeiro amasou unha pouca masa, e repartiunos un anaco a cada un
Fixemos coa masa o que quixemos: molete de corno, rosca de burato, baguettes, serpes,
baleas…….
9. Marchamos no autobús moi contentos, cunha barra de pan e unha bolsa de masa para cocer
na casa.