2. ELEMENTOS DA AULA ABALAR
O seu uso durante as clases está rexido por unha serie
de normas. De non cumprirse ditas normas suporá a
restricción ou perda dos privilexios de acceso a estes
recursos TIC, nos termos que se recolle nas normas de
funcionamento do centro.
3. NORMATIVA DE CUMPRIMENTO
•
O usuario/a que incumpra as directrices
establecidas neste protocolo e os
procedementos establecidos pola
Consellería de Educación, estará
suxeito/a á suspensión temporal ou
definitiva dos seus dereitos de utilización
do portátil e da rede/sistema, e estará
suxeito/a ás correspondentes sancións
disciplinarias, recollidas no Regulamento
de Réxime Interno ou nos procedementos
legais oportunos (Lei 4/2011, do 30 de
xuño, de Convivencia e Participación da
Comunidade Educativa), polo que se
establecen os dereitos e deberes dos
Alumnos e as normas básicas de
convivencia nos centros educativos). O
feito de non aceptar estas normas ou de
non respectalas pode traer consigo a
restrición do acceso ao mesmo ou a súa
retirada definitiva.
4. PROTOCOLO DE ENTREGA E
RECOLLIDA DE ULTRAPORTÁTILES
•
•
•
•
•
•
Antes de coller o portátil das casiñas establecidas para
gardalos os alumnos deixarán as súas mesas libres para
evitar ter que colocalo en situacións de equilibrio
precario.
Cada alumno/a irá ao armario (ao casilleiro que ten
asignada por orde). E en ningún caso se acudirá en
grupos para evitar aglomeracións que deriven en
posibles caídas dos equipos.
Cada un dos netbooks ten unha etiqueta identificativa
que se corresponde con cada alumno/a . De aí que
sempre se collerá o portátil que se ten asignado para
que exista unha responsabilidade persoal no coidado
do mesmo.
Durante os recreos os equipos non se poderán sacar
da aula. Neste tempo os equipos deixaranse no
armario de carga, apagados e conectados á rede
eléctrica para recargar a batería.
Os alumnos/as devolverán o portátil ao lugar que lle
corresponde no armario de carga, cando non se estea
a utilizar, asegurándose de que queda conectado ao
cargador.
Os portátiles, unha vez rematada a xornada lectiva
permanecerán no centro gardados na clase no seu
correspondente armario e baixo chave.
5. •
•
•
•
•
•
•
•
•
•
•
•
•
•
•
•
•
•
NORMAS DE USO
ULTRAPORTÁTILES
Son responsable da custodia do portátil que teño adxudicado.
Teño a mesa libre.
Recollo o portátil por orde de lista, e de forma, individual, e utilizo as dúas mans para transportalo.
Non se pode coller o portátil pola pantalla, sempre hai que collelo pola base.
Usarei soamente o portátil que teño asignado. Que estará etiquetado.
Acenderei o portátil cando o profesor/a o indique, rematada a exposición do traballo que se vai
realizar.
Non se colocarán obxectos sobre o portátil.
Non se toca a pantalla, é moi delicada, soamente co material especialmente establecido para
tal fin.
Cando o profesorado teña que interromper o traballo do alumnado para explicar, baixarei a
tapa sen chegar a pechala de todo.
Son responsable de gardar o meu traballo, manter ordenado o meu escritorio e apagar o portátil
ao finalizar a clase.
Devolvo o portátil ao carro, por orde de lista, asegurándome de que queda conectado ao
cargador. De non ser así no seguinte día lectivo, deberá continuar a clase sen el.
Nos desdobres o traslado do portátil polo centro, deberá de facerse con todo o coidado posible.
Se hai algunha incidencia co portátil deberase cubrir unha ficha de incidencia e entregarlla ao
profesor/a, procuro non interromper a clase nin as explicacións por este motivo.
Nos recreos os equipos estarán gardados no carro de carga.
O equipo é propiedade da consellería, e está prohibida a instalación de programas, aplicacións
ou ferramentas que non estean previamente autorizadas polo centro.
Non se pode sacar o equipo do centro.
Para gardar o traballo e poder continuar a actividade didáctica en casa, cada alumno/a debe
dispor dun lapis de memoria.
O uso indebido da cámara do portátil estará sancionado segundo a Lei 4/2011 de Convivencia e
Participación da Comunidade Educativa, cap. II, art. 15.d
6. NORMAS DE USO
PIZARRA INTERACTIVA DIXITAL
• Non utilizar obxectos ou instrumentos puntiagudos/afiados
coma os bolígrafos, lapis ou os rotuladores de punta fina. Aínda
que a superficie é moi duradeira, este tipo de elementos
poden danar a superficie analóxica-resistiva se se aplican
cunha forte presión.
• Evitar que os borradores ou materiais de limpeza abrasivos
entre en contacto coa EDI.
• E requisito indispensable para o uso do EDI que as mans reúnan
unha perfecta condición hixiénica (coidado coas unllas).
• Non pegar cinta adhesiva sobre a superficie de escritura (
posible desprendemento do recubremento exterior da pizarra).
• Evitar o uso de rotuladores de borrado en seco ou de tinta
indeleble (no caso de escritura accidental borrar o antes
posible seguindo as instrucción do fabricante para eliminar as
manchas).
• Os alumnos/as non deben usar o EDI sen permiso.
7. Internet é moi positiva pero
teño que respectar as normas