1. CEIP PENA DE FRANCIA
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
CURSO 2015/16
2. 1º OS MAIOS: ORIXE
• A festa dos Maios é unha festividade estreitamente relacionada coa
agricultura e a celebración do espertar da vida vexetal, do poder
rexenerador da natureza que coincide coa chegada da Primavera,
do bo tempo, dos días máis longos e o comezo do ano agrícola.
• É posible que este tipo de celebración nacera co fin de festexar e
de dar grazas á natureza pola súa xenerosidade e polo don da
fertilidade e, ó mesmo tempo, servir de medio para garantir e
propicia-los dons da fecunda Nai Terra.
3. 2º MANIFESTACIÓNS TRADICIONAIS
• Son moitas as manifestacións tradicionais que se dan na nosa terra
dentro do denominado ciclo de maio. Poderíamos citar, entre
outros, os seguintes costumes :
- •Alumea-lo pan: cando na noite anterior o 1 de maio os veciños percorrían
con fachos de colmo ou palla os campos cultivados coa intención de que este ritual
protexera as sementes de calquera mal que lles poIdera afectar.
- Os ramos: a tradición de pór ramos de xesta ou codeso nas terras cultivadas
despois da semente posiblemente con fins protectores ou, segundo outros etnógrafos,
como rito agrario de fecundidade .
- Os arcos: era costume en moitos lugares de Galicia facer arcos decorados con
flores e follas que se colocaban nas prazas e camiños .
- Árbore de Maio consistente en erguer na praza, rueiro ou lugar principal da
aldea unha alta árbore toda derramada salvo na súa parte máis alta na que se
conservaban as pólas. Ás veces, esta árbore era enfeitada con cintas de cores, flores ou
froitas.
4. 3º TIPOS DE MAIOS
-Ramo de Maio: pequenos ramos que facían os rapaces para ofrecerllos ós veciños en
troques dalgunha larpeirada .
- Os Maios Humanos ou viventes: eran rapaces, ou homes, que se cubrían de follas,
flores e outros materiais vexetais para ir cantando e pedindo lambonadas polas casas.
5. • Os Maios figurados: é o típico Maio que coñecemos todos. Normalmente
se trata dunha estrutura ou armadillo de madeira de forma cónica ou
piramidal que se cubre de flores e un manto vexetal e se adobían con froitos,
como por exemplo laranxas. Os rapaces danzan ó seu arredor cantando
cantigas, xeralmente satíricas, sobre as autoridades ou os veciños da aldea.
6. • As Maias: Distinguíanse as Maias pagás e as Maias cristiás. As
pagás, consistían nun grupo de nenas pequenas que levaban
un arco adornado por flores e fitas de cores. Baixo o arco ía
outra nena, a Raíña do Maio. O grupo de rapazas ía pedindo
polas casa e cantando coplas anunciadoras da primavera e da
vida. A persecución eclesial deste tipo de ritos daría lugar
ás Maias cristiás onde os elementos e símbolos cristiás eran
predominantes, incluso na temática das letras cantadas.
7. 4. ESTRUCTURAS DOS MAIOS
Estrutura do Maio:
• Os Maios variaban dunhas zonas a outras de Galicia, tanto na forma ou
tamaño como nos materiais empregados.
• Con media ducia de varas longas faise unha estrutura piramidal de base
cadrada e duns 2 m de alto.
• A esta estrutura engádenselle as dúas andas para poder levalo.
• Colócanse a continuación varios aros de barril atados ás varas con arame ou
cordel.
• Seguidamente se procede á colocación do manto vexetal feito de fiúncho,
sempre de abaixo cara arriba, unhas enriba doutras como se dun tellado de
tellas se tratase e facendo varias capas vexetais.
• Rematada a tarefa máis pesada pasaremos a coloca-los adobíos pertinentes.
Laranxas, margaridas, rosas, camelias, pampillos, calas e mesmo ovos son
enfiados en longas guirnaldas que despois son colocadas rodeando o Maio e
facendo diferentes deseños como ondas, zigzag e outras figuras.
• Para remata-la figura do Maio cómpre facerlle a coroa que pode ser en forma
de ramo, de cruz ou outro deseño. Ás veces, estas coroas, en vez de remata-
lo Maio, fanse sobre un pau que se porta a xeito de estandarte.
8.
9. 5. COPLAS
As coplas de maio:
• Ó redor destes Maios os nenos e nenas xiraban, recitando cantigas ó
ritmo do bater dos paus e repetindo os versos que cantaba o rapaz
que vai debaixo do Maio.
• Estas coplas están formadas por estrofas de catro versos octosílabos.
A primeira estrofa da copla é a presentación do Maio, ou unha
solicitude de permiso ou licenza para cantar, e a derradeira é a
despedida.
• A liña temática do resto da copla soe xirar sobre tres temas:
-A alegría pola chegada da primavera.
- O traballo de elaboración do Maio .
- As críticas e sátiras retranqueiras sobre veciños ou sobre as
autoridades do lugar.
10. O MAIO Curros Enríquez
Aí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero….