2. Vida de M.C. Escher
Maurits Cornelis Escher, máis coñecido como M. C. Escher
(Leeuwarden, Países Bajos, 17 de xuño de 1898 - Hilversum,
Países Baixos, 27 de marzo de 1972), artista holandés,
coñecido polos seus gravados en madeira, xilografías e
litografías que tratan sobre figuras imposibles, teselados e
mundos imaxinarios. A obra de M.C. Escher interesou a moitos
matemáticos.
3. Obra de M.C. Escher
Ao longo da súa carreira
realizou máis de 400
litografías e gravados en
madeira, e tamén uns 2.000
debuxos e borradores.
Existen unha morea de
reproduccións das súas obras.
4. Características de Escher
Escher non baseaba o seu
traballo nos sentimentos,
como outros artistas, senón
simplemente en situacións,
xogos visuais e guiños ó
espectador. Visións, en
ocasións, que se lle aparecían
polas noites, que pasaban pola
súa imaxinación e que cría
merecedoras de ser expresadas
nos seus cadros.
5. Escher
Él mesmo recoñeceu que non
lle interesaba moito a
realidade, nin a humanidade
en xeral, as personas ou a
psicoloxía, senón só as cousas
que pasaban pola súa cabeza.
En certo modo era alguén
introvertido, din incluso que
de trato difícil, que prefería
crear o seu propio universo.
6. Escher
Os expertos coinciden en que unha das súas principais
características é a busca do equilibrio, a utilización do branco e
negro, a simetría... A análise das súas obras, como definiu
Bruno Ernst, un dos seus biógrafos, permite clasificalas
básicamente en tres temas e diversas categorías:
-A estructura do espazo. Incluíndo paisaxes e corpos
matemáticos.
-A estructura da superficie. Metamorfoses, ciclos e
aproximacións ao infinito.
-O uso da proxección tridimensional. Coa utilización de
figuras imposibles.
7. Escher
As obras máis coñecidas de
Escher son probablemente as
figuras imposibles, seguidas
dos ciclos, metamorfoses e,
directa ou indirectamente, os
seus diversos traballos sobre a
estructura da superficie e a
partición regular do plano
(patróns que enchen o plano).
8. Máis sobre Escher
-M.C. Escher, the official website, a web oficial.
-M.C. Escher na Wikipedia, en español.
-M.C. Escher na Wikipedia, en inglés.
-Cuadros de M.C. Escher, outra coleción, en castelán.
- M.C. Escher, outra pequena biografía de Sospeitosos
Habituais.
9. Escher
● Clasificala obra de Escher é
algo sinxelo, pra os
matemáticos: foi un artista.
Pra os artistas: foi un
matemático. A creación de
escenarios fantásticos ou
situacións imposibles
podería vinculalo cos
artistas surrealistas, anque
non se interesou pola
psicoloxía e as súas obras
non derivaron
específicamente dos soños.
10. Escher
● O seu estilo máis
recoñecido baséase na
experimentación ata os
límites do posible que
mostran o seu dominio da
xeometría, a perspectiva e a
división do plano en figuras
iguais.