1. As posibilidades de DELICIOUS
Esta páxina é moi útil cando buscamos información sobre un tema en concreto e non
sabemos onde buscar. Por medio de etiquetas ( tags ) aparecen ordeados infinidade de
ligazóns nas que podemos atopar casi calquera cousa. As etiquetas son palabras clave
que nos axudan a precisar a nosa búsqueda, por exemplo: educación, inglés, recursos,
cancións, etc. Tamén podemos suscribirnos a unha determinada etiqueta que nos
interese especialmente (porque ten relación co noso traballo ou proxecto, por exemplo), e
crear un grupo de traballo ( network ) que nos permite ter unha relación das páxinas
marcadas por outros usuarios ( que traballen no mesmo campo ca nos, por exemplo).
É moi sinxelo ( e gratis ) ter crear unha conta en Delicious e pódeselle sacar moito partido,
así que anímovos a todos a facelo!