SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 20
Descargar para leer sin conexión
FILOCOMIC
A PROCURA DA VERDADE
Esta exposición reúne os traballos realizados polo alumnado do IES Plurilingüe de
Ames sobre os textos propostos na materia de Historia da Filosofía de segundo de
Bacharelato. Todos eles representan os grandes momentos do pensamento filosófico
sobre a verdade, o coñecemento e o lugar do home no Cosmos. No seu percorrido
histórico podemos ver algunhas das posicións que historicamente teñen dado lugar a
preguntas de investigación específicas de cada un deses momentos históricos que
definiron os avances científicos, pero tamén dirixiron desde a vida humana a actividade
política. Todos eles son interpretacións libres deses textos e, xa que logo, en moitas
ocasións representan analoxías que requiren un esforzo por parte do espectador.
Carlos Furelos, María e Lucía García, Mar Vázquez, Iria Gümil, Nerea Montes,
Claudia Mosquera, Sofía Suárez e Paula Valiño
BANDA DESEÑADA E FILOSOFÍA: ARTE E COÑECEMENTO.
O noso alumnado é historicamente único no consumo de imaxes, tanto por ser nativos
dixitais, como por vivir nunha era de consumo onde os medios de comunicación
abondan na emisión de imaxes fixas e en movemento. Polo tanto teñen no seu “disco
duro” unha cantidade inxente de datos visuais e moreas de coñecementos,
practicamente inconscientes en moitos casos, sobre lectura de textos visuais e
narración secuenciada. Se ben é certo que a inmensa maioría non son lectores de
banda deseñada (nin lectores de texto impreso en xeral) posúen coñecementos e
destrezas aprendidos desde os primeiros anos de vida que lles facilitan moito a
adquisición das destrezas necesarias para o debuxo de historietas.
Con dar unhas poucas pautas aos alumnos de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato que
lles axuden a ordenar a información que xa posúen son capaces de debuxar e artellar
relatos de banda deseñada en moitos casos con resultados notables. Así pois, o
emprego deste formato creativo na aula serve para cubrir varios obxectivos
pedagóxicos máis aló da área específica da EPV: reforza a alfabetización visual e a
intelixencia visual/espacial a través do debuxo e obriga a empregar a narrativa visual,
a iconicidade, a abstracción, as elipses... Obriga a perfeccionar a técnica gráfica para
crear personaxes, fondos e ambientacións; mellora a expresión literaria ao
interrelacionar narracións, descricións, onomatopeas, cuestión gramaticais e
ortográficas. E, por suposto incide directamente na capacidade oral xa que os diálogos
son expresión oral en forma escrita. A través destas actividades avanzarán en
coñecementos transmedia, mesturando debuxos e diálogos, con sons, con transicións
temporais, cambios de escenografías e así, a banda deseñada proponse coma un
exercicio que permite ilustrar as preguntas das que partirá o proceso de elaboración
da información e do que xurdirán preguntas para iniciar un traballo de investigación
persoal.
E se algunha materia ten por función a xeración de preguntas de investigación esa é a
Filosofía. Así que a nosa proposta foi xuntar a expresión plástica en formato cómic e a
lectura e interpretación dos grandes textos da Historia da Filosofía Occidental. Cando
o noso alumnado le textos filosóficos dos grandes autores, custa saber o grao de
comprensión que xeran neles, por iso, a expresión gráfica a través deste formato é tan
interesante. Non só por que é unha forma de expresión que permite usar facetas
intelectuais como as mencionadas xa (abstracción, narrativa visual, as elipses ou os
elementos icónicos). senón tamén porque a banda deseñada permite, coma ningún
outro medio de expresión plástica, a ironía e a analoxía con situación reais, de forma
que achegan o coñecemento máis abstracto dunha forma lúdica e comprensible e
amosan, con iso, o grao de comprensión do texto dunha forma evidente.
Cando visualizamos cada unha das propostas realizadas, decatámonos de que o autor
ou autora foi quen de plasmar o sentido do texto, facer bromas con el ou sobre el e
traelo ao noso presente permitindo que o comprendamos mellor. E, ademais, cada
unha destas obras é un luxo para os nosos sentidos, un produto estético que non
precisa ningunha xustificación a maiores.
Alicia Eva Garea, Profesora Filosofía no IES Plurilingüe de Ames
1ª Parada: O MITO DA CAVERNA. Platón. Século IV a. C
Este traballo de Paula Valiño é unha representación gráfica das diferentes etapas do
coñecemento polas que pasa o ser humano na procura da verdade. Alcanzar o mundo
das verdades absolutas está representado pola saída difícil dunha cova para acadar o
mundo da luz, da razón, única via de conseguir verdadeiro coñecemento. A autora
comprende que a verdadeira mensaxe que o Mito quere transmitir é a obriga do sabio
de regresar á cova, a liberar os prisioneiros que non conseguiron saír por si mesmos,
pese a que estes se revolvan contra el. O traballo de Paula, literal case ao texto ate a
súa última viñeta, cobra nesta derradeira parte unha calidade especial por mor da
ironía. O mestre Platón di ao seu discípulo que esa tarefa o fará feliz, pese ao seu
maltreito estado físico.
TEXTO: Platón. República libro VII, 514a—517c
Comentarios persoais:
2ª Parada: O SÍMIL DA LIÑA. Platón. Século IV a. C
Nerea Montes realiza aquí unha versión libre e actual do texto no que Platón describe
os tipos de coñecemento, a gradación e relación entre eles. No texto platónico os graos
de coñecemento son verdadeiros chanzos na procura dunha verdade que só acadamos
ao final do percorrido, pero que nos chama continuamente enviándonos, a través dos
nosos recordos ou reminiscencias, mensaxes que nos impulsan a seguir ascendendo
ate un mundo que xa non é o mundo dos sentidos, abandonando estes para liberarnos
da escuridade e a confusión á que nos someten. Hugo Cazapantasmas é a personaxe
elixida para investigar nestes diferentes chanzos, convertidos agora en partes dunha
estraña casa. E, coma unha personaxe platónica, vai de habitación en habitación
seguindo a voz dunha “pantasma”. O uso desta misteriosa personaxe está en relación
directa co que o texto quere dicir. Recordemos que a palabra “pantasma” ten a súa
orixe no grego antigo υάντασμα a través do latín “phantasma” (phántasma). O termo
facía referencia para os gregos ao que se facía visible, amosábase e relucía. Así a
verdade vaise desvelando tamén pouco a pouco para o ser humano que a busca e vai,
pouco a pouco aproximándose a ela. Pero esa voz pantasmal que dirixe a Hugo tamén
é ilusoria, porque non é completa e desaparece totalmente na derradeira estancia,
chea de luz que representa a verdade á que se accede a través da Filosofía.
TEXTO: Platón. República libro VI, 509c—511e
Comentarios persoais:
3ª Parada: A XUSTIZA. Platón . Século IV a.C
A busca da verdade non era para os antigos unha actividade só teórica, senón unha
actividade vital. A verdade era necesaria para dirixir correctamente a vida, para facer
progresar a sociedade, para convivir e relacionarnos mellor. En fin, para ser máis
xustos. Todas as teorías de Platón xúntanse finalmente nunha explicación de como
levar a cabo unha cidade máis xusta. Un modo de vida máis humano. As alumnas
Claudia Mosquera e Sofía Suárez abordaron esta idea platónica nun fermoso tríptico
no que a representación dunha xustiza feminina ten o papel fundamental. Non é casual
a elección dunha figura de muller para representar á xustiza, pois foi Platón un dos
filósofos que máis defendeu, na antigüidade clásica, a igualdade de homes e mulleres
na cidade.
TEXTO: Platón. República libro IV, 427e—435c
Comentarios persoais:
4ª Parada O MOTOR INMOBIL. Aristóteles. Século V a. C
A busca da verdade, na súa faceta mais científica, abordou a pregunta sobre a orixe do
Cosmos, por que se moven as cousas? Que son as estrelas? Como inflúen no
movemento da Terra? Preguntas que tardariamos moito en poder respostar, foron
propostas xa por Aristóteles na súa obra de Física. Na súa Metafísica abordará unha
das solución máis famosas sobre estes temas que será recollida pola Filosofía
Medieval e Cristián e converterá a Deus no “motor do mundo” ademais de ser o seu
creador. As alumnas Claudia Mosquera e Sofía Suárez, abordan aquí a tarefa de
representar este concepto aristotélico que lonxe de proporse como un concepto
relixioso que explica como un concepto físico. O Motor Inmóbil representa a forza que
atrae a todos os corpos do Universo poñéndoos en movemento cara el.
TEXTO: Aristóteles, Metafísica 1073a 3-13.
Comentarios persoais:
5ª Parada: LINGUAXE E RAZÓN. Aristóteles. Século V a. C
Lucía García lémbranos co seu debuxo que, a xuízo de Aristóteles, o home está rodeado
de palabras. O Logos, que une linguaxe e razón, é a base da natureza humana e a súa
expresión e, na relación cos demais homes, produce a política. A viñeta tamén nos
lembra que, para Aristóteles, esa razón tiña a súa base no corazón e a súa función era o
coñecemento do mundo. As figuras humanas que xorden do corazón do home poñen de
manifesto a necesidade de “educar o corazón para educar a cabeza”.
TEXTO:Aristóteles. Política. Libro primero. Capitulo III
Comentarios persoais:
6ª Parada: RAZÓN Y FE. Agustín de Hipona. Siglo IV d. C
O mundo medieval buscou as fronteiras entre a razón e a fe. Desde que a relixión cristiá
comezou a súa expansión polo Imperio Romano, que María García introduce no seu
debuxo coa “iluminación de Pablo de Tarso”, precisaba convencer e, para o ser humano,
iso pasa sempre pola comprensión. A relixión busca na Filosofía un apoio para
racionalizar as súas crenzas e, na ilustración, pódese ver esa unión na academia romana
na que discuten o filósofo e o monxe. E, que ocorre cando fe e razón opóñense? a quen
deberá obedecer o home? A resposta de San Agustín estará na correcta elección do
xuíz: “Cre para que entendas”, porque a fe lévanos a entender o que, coa soa razón, non
podo. Tamén nos di “Entende para que creas”, porque a razón amosános a quen se
debe crer.
Así, a viñeta móstra case todos os procesos desta época histórica e a súa particular
procura da verdade: a conversión do cristianismo nunha doutrina que se pretende
universalizar, a unión entre Filosofía e Fe e por último a confrontación entre lei divina e
lei positiva, un dos debates crave da baixa Idade Media.
TEXTO: San Agustín. Sermón 43
Comentarios persoais:
7ª Parada: O PENSO, LOGO EXISTO. Descartes. Século XVII d. C
Neste percorrido pola historia unha parada importante foi o momento no que o ser
humano se decatou de que para conseguir a verdade necesitaba, a máis de investigar
no mundo que o rodeaba, investigar tamén en si mesmo. A mente humana é a
responsable do coñecemento e coñecer os seus procesos, os seus límites e tamén as
súas deficiencias é cousa importante se queremos evitar o erro. Paula Valiño tenta
representar nesta banda deseñada o proceso de Meditación de Descartes.
Efectivamente Descartes non quere caer como o Emperador do conto na ilusión de ir
vestido, cando camiña nu pola rúa. O camiño máis doado para comprender a nosa
mente é indagar nela a través dun proceso de reflexión que Descartes anota
coidadosamente no seu diario: os seus soños, a súa reflexión sobre os sentidos e as
posibilidade de que entes malignos nos confundan. Mais todas estas dúbidas quedan
superadas pola conciencia da propia existencia. Se hai unha verdade sólida e que eu,
que penso (aínda erradamente), estou a existir, pero ese só é o punto de arranque da
investigación. Queda aínda moito traballo por diante tanto para saber do funcionamento
da mente, coma do mundo.
TEXTO: René Descartes; Meditacións Metafísicas (1641), «Meditación 2ª: Da natureza
do espírito humano, e de que é máis doado de coñecer que o corpo»
Comentarios persoais:
8ª Parada: A ILLA É O RELOXO OU O DOMINÓ de Hume. Século XVIII d. C
TEXTO: HUME; Investigación sobre el conocimiento humano, Sec. IV. Dudas escépticas acerca
de las Operaciones del entendimiento.
De novo Nerea Montes produce unha analoxía que nos permite entender que as
conexión causa-efecto son unha cuestión de supervivencia. Tal é como explicaba
Hume os seres humanos relacionamos fenómenos entre si a través das secuencias
temporais, como o lóstrego e o trono, que sempre se seguen e por iso, agardamos que
de novo sempre sucedan do mesmo xeito. A nosa mente establece de forma natural
esas relacións e busca sempre explicacións causais aos fenómenos. Que sería
efectivamente do noso mundo se esas relacións non foran máis ca un froito do costume?
Poderiamos sobrevivir coma humanos?
Na viñeta, como no texto de Hume, unha persoa nunha illa deserta atopa un elemento
artificial e extrae consecuencias dese feito, despois explora a natureza e establece
hipóteses causais que lle permiten buscar explicacións que guían as súas decisións e a
súa vida.
Comentarios persoais:
María García afonda coa súa viñeta na idea de relación causal, usando como símbolo
icónico un dominou, no que cada peza pode mover á anterior nunha secuencia causal
infinita. Pero non esquece tampouco situar ao ser humano como a causa inicial que
provoca esa cadea causal. O homiño negro empuxando a peza inicial lémbranos que
as conexións causais son algo “creado” polo ser humano e vánnolo lembrando ao
longo deeste dominou en varios momentos, vinculando esa actividade humana á
natureza (que nos lembra a imaxe do homiño entre as árbores) , á lingua (que nos
lembra o bocadillo que xorde do homiño), á relación con outros seres humanos (o
sobre e as mans xuntas, os ideais da Ilustración que nos lembra a bandeira francesa),
aos descubrimentos de terras afastadas (propios do espírito inglés da Ilustración). Ao
final está a investigación científica da Natureza e por suposto a creación da experiencia
humana.
Comentarios persoais:
9ª Parada: EL NOMBRE DE LA ROSA. KANT. Século XVIII d. C
TEXTO: KANT; Crítica de la Razón Pura, (A51/B75-A52/B76) I. Doctrina trascendental de los
elementos, 2ª parte: La Lógica trascendental.
Como se forman os xuízos na nosa mente? Esa é a pregunta básica que propón Kant na súa obra
Critica da Razón Pura. O seu obxectivo: solucionar a discusión entre empirÍstas e racionalistas,
buscando unha explicación definitiva que permita asegurar a “verdade” dos contidos da nosa
mente. Como na actualidade, conxugar sensibilidade con razoamento é a base do noso
coñecemento, e harmonizar ciencia e arte a lección que aprendemos con este proxecto. Sofía
Suárez é capaz de traer a tese de Kant á actualidade para axudarnos a entender mellor como
aproveitar a totalidade do potencial da nosa mente.
Comentarios persoais:
10ª Parada: O CONTRATO SOCIAL. ROUSSEAU. Siglo XVIII d. C
Se a verdade depende en boa medida da nosa mente, como non o fará a nosa capacidade de
organización, a nosa vida social, as nosas leis. Os selos da igualdade e a liberdade, son os selos
dunha época na que a racionalidade humana ponse ao servizo da política e exprésase a través da
palabra impresa e o contrato. Lucía García selecciona como frases fundamentais aquelas que
recalcan estas ideas e tamén aquelas que poñen a atención sobre a necesidade de xerar unha
sociedade xusta, na que a pobreza non condicione as nosas decisións e a nosa vontade. É
interesante a idea de representar os principais conceptos mediante selos, pois eses conceptos
foron presentados como os elementos fundamentais para as sociedades humanas precisamente
neste texto.
TEXTO: ROUSSEAU, El contrato social, libro II, cap. 11
Comentarios persoais:
11ª Parada: A HISTORIA QUE SE REPITE. Marx. Siglo XIX d. C
Carlos Furelos recrea o espírito de decadencia que Marx reflicte na súa análise do 18 Brumario,
lémbranos que a historia está condenada a repetirse se non nos enfrontamos á verdade. A
verdade materialízase na historia e só comprendendo a sucesión de acontecementos poderá o ser
humano avanzar. Esta é a verdadeira esencia do Materialismo histórico de Marx. A súa análise
da sociedade do século XVIII, e dos momentos anteriores á Toma da Bastilla, achégannos ao
concepto central do marxismo para a comprensión da historia: a loita de clases
TEXTO: Karl Marx: 18 Brumario de Napoleón Bonaparte. Fundación Federico Engels P.18
Comentarios persoais:
12ª Parada: HAI QUE TRANSFORMAR O MUNDO. Marx. Siglo XIX d. C
Iria Gümil interpreta para nós a Tese 11 sobre Feuerbach na que Marx aborda a importancia da
acción sobre a reflexión, propoñendo para a Filosofía a tarefa de transformar o mundo. A
verdade non é unicamente unha cuestión teórica, é fundamentalmente unha obrigación práctica.
Para Marx, como o fose para Platón, o coñecedor da Verdade debe usar este coñecemento en
beneficio da sociedade, transformándoa nunha sociedade máis xusta e equitativa. Marx critica
aos filósofos que, como nosa protagonista só pensan sen levar nada á práctica e ve neles un
egocentrismo intelectual que os separa do mundo e pecha á Filosofía dentro das paredes do
edificio do coñecemento e as súas institucións e convérteno nun coñecemento inútil e baleiro.
TEXTO: Karl Marx: Tesis 11 sobre Feuerbach
Comentarios persoais:
Sofía Suárez pola súa parte recrea os elementos fundamentais das teses económicas de Marx no
Prólogo á Contribución da Economía Política: A Inglaterra de finais do século XIX, as
condicións do traballo, as loitas obreiras no seo do Capitalismo e, coma un visionario, predí o
avance do capitalismo sobre a natureza coas columnas de chemineas que sobresaen sobre un
conxunto de casas uniformes, visibles á luz dos farois dun parque ordenado seguindo os criterios
máis racionais.
Comentarios persoais:
13 ª Parada: AS 3 IDADES DO HOME E O VERDADEIRAMENTE HUMANO.
Nietzsche. Século XIX d. C
O estilo Naif do debuxo de Mar Vázquez é en grao sumo apropiado para un dos textos centrais
da Filosofía de Nietzsche. O Ser humano desenvólvese na historia, e tamén quizais na súa vida,
grazas ás súas transformacións. O espírito humano escravo dos seus deberes sociais, relixiosos
morais, representado polo camelo convértese en león fero, liberando os seus instintos naturais e
opoñéndose ao dragón, para finalmente converterse en neno que xoga. Os símbolos están moi
próximos ao texto: a cruz que carga o camelo, excesivamente grande; o dragón, enroscado sobre
se mesmo, remítenos a unha estrutura moral retorta e oposta á evolución; por fin o neno vestido
de superheroe pero cunha cara infantil que lembra ao pequeno príncipe de Exupery tráenos o
amor á vida e o xogo, única verdade do Ser humano. E así, o estilo infantil da viñeta, dá forma á
mensaxe do texto que transmite a necesidade de ser neno, coa liberdade dun neno, os desexos
dun neno e a inocencia dun neno.
Comentarios persoais:
Houbo moitas paradas antes, moitas consideracións sobre o proceso adquisición da
verdade, pero ninguén coma Nietzsche para amosarnos o que verdadeiramente
importa. Se no camiño da verdade abandonamos as emocións, as paixóns, os
sentimentos, por unha racionalidade fría e afastada do natural e da vida, entón non
seremos xa humanos, senón meras máquinas. O riso, é a calidade especificamente
humana, a diversión e o xogo o que nos permiten aprender, por iso pensar que o
coñecemento debe ser algo serio non é mais ca un prexuízo. Nerea Montes elabora de
novo unha analoxía que nos permite ver o importante dos sentimentos para a vida
humana, cunha fábula que non se afasta dos perigos que corre a civilización de hoxe:
un progresivo afastamento do natural a prol do artificial.
Comentarios persoais:

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

La actualidad más candente (8)

1. O saber filosófico
1. O saber filosófico1. O saber filosófico
1. O saber filosófico
 
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos LozanoHistoria da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
 
Filosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea SalgadoFilosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea Salgado
 
Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)Aristóteles (384-322 a.C.)
Aristóteles (384-322 a.C.)
 
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede RodríguezEl mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
El mundo de Sofía de Jostein Gaarder... por Alba Guede Rodríguez
 
Aristóteles (384-322 a. C.)
Aristóteles (384-322 a. C.)Aristóteles (384-322 a. C.)
Aristóteles (384-322 a. C.)
 
5. Aristóteles, vida e obra
5. Aristóteles, vida e obra5. Aristóteles, vida e obra
5. Aristóteles, vida e obra
 
Coñecemento e realidade en platón
Coñecemento e realidade en platónCoñecemento e realidade en platón
Coñecemento e realidade en platón
 

Destacado

Dialectica socrática e relativismo dos sofistas
Dialectica socrática e relativismo dos sofistasDialectica socrática e relativismo dos sofistas
Dialectica socrática e relativismo dos sofistasEva Garea
 
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conducta
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conductaO Corazón da máquina Bases biologicas de la conducta
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conductafilonexosames
 
Danza y filosofia
Danza y filosofiaDanza y filosofia
Danza y filosofiaEva Garea
 
Presentacion1
Presentacion1Presentacion1
Presentacion1Eva Garea
 
Allport la naturaleza del prejuicio
Allport   la naturaleza del prejuicioAllport   la naturaleza del prejuicio
Allport la naturaleza del prejuicioEva Garea
 
Presentacion HISTORIA DA FILOSOFIA
Presentacion HISTORIA DA FILOSOFIAPresentacion HISTORIA DA FILOSOFIA
Presentacion HISTORIA DA FILOSOFIAEva Garea
 
Esquema exposicion FILOCOMIC
Esquema exposicion FILOCOMICEsquema exposicion FILOCOMIC
Esquema exposicion FILOCOMICEva Garea
 
T15 percepción del mundo social
T15 percepción del mundo socialT15 percepción del mundo social
T15 percepción del mundo socialeortega1965
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoEva Garea
 
Antropoloxía e política en platón
Antropoloxía e política en platónAntropoloxía e política en platón
Antropoloxía e política en platónEva Garea
 

Destacado (10)

Dialectica socrática e relativismo dos sofistas
Dialectica socrática e relativismo dos sofistasDialectica socrática e relativismo dos sofistas
Dialectica socrática e relativismo dos sofistas
 
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conducta
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conductaO Corazón da máquina Bases biologicas de la conducta
O Corazón da máquina Bases biologicas de la conducta
 
Danza y filosofia
Danza y filosofiaDanza y filosofia
Danza y filosofia
 
Presentacion1
Presentacion1Presentacion1
Presentacion1
 
Allport la naturaleza del prejuicio
Allport   la naturaleza del prejuicioAllport   la naturaleza del prejuicio
Allport la naturaleza del prejuicio
 
Presentacion HISTORIA DA FILOSOFIA
Presentacion HISTORIA DA FILOSOFIAPresentacion HISTORIA DA FILOSOFIA
Presentacion HISTORIA DA FILOSOFIA
 
Esquema exposicion FILOCOMIC
Esquema exposicion FILOCOMICEsquema exposicion FILOCOMIC
Esquema exposicion FILOCOMIC
 
T15 percepción del mundo social
T15 percepción del mundo socialT15 percepción del mundo social
T15 percepción del mundo social
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosófico
 
Antropoloxía e política en platón
Antropoloxía e política en platónAntropoloxía e política en platón
Antropoloxía e política en platón
 

Similar a Guia da exposición filocomic

Análise socioloxico da animación infantil
Análise socioloxico da animación infantil Análise socioloxico da animación infantil
Análise socioloxico da animación infantil Lucas Torres
 
Memoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix DecodificadoMemoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix DecodificadoEva Garea
 
Nome da rosa-mauricio_heredia
Nome da rosa-mauricio_herediaNome da rosa-mauricio_heredia
Nome da rosa-mauricio_herediaEva Garea
 
4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco históricoAfrica Lopez
 
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Encarna Lago
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoMulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoPSM
 
Filosofía presocrática
Filosofía presocráticaFilosofía presocrática
Filosofía presocráticaavellanacova
 
Platón. O mito da caverna 2
Platón. O mito da caverna 2Platón. O mito da caverna 2
Platón. O mito da caverna 2honomastico
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónstrafegandoronseis
 
A influencia de teixeira de pascoaes no saudosismo
A influencia de teixeira de pascoaes no saudosismoA influencia de teixeira de pascoaes no saudosismo
A influencia de teixeira de pascoaes no saudosismoAlfonso Lopez
 

Similar a Guia da exposición filocomic (20)

Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
 
Análise socioloxico da animación infantil
Análise socioloxico da animación infantil Análise socioloxico da animación infantil
Análise socioloxico da animación infantil
 
Guía Mostra de Filosofía e Pensamento Crítico
Guía Mostra de Filosofía e Pensamento CríticoGuía Mostra de Filosofía e Pensamento Crítico
Guía Mostra de Filosofía e Pensamento Crítico
 
ColeccióN 1
ColeccióN 1ColeccióN 1
ColeccióN 1
 
Memoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix DecodificadoMemoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix Decodificado
 
Nome da rosa-mauricio_heredia
Nome da rosa-mauricio_herediaNome da rosa-mauricio_heredia
Nome da rosa-mauricio_heredia
 
4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico
 
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
Eu , ti , elas, eles, nosoutras, nosoutrxs en Rede.
 
Historia da filosofia presentación da materia
Historia da filosofia   presentación da materiaHistoria da filosofia   presentación da materia
Historia da filosofia presentación da materia
 
As mulleres obxecto e suxeito da arte
As mulleres obxecto e suxeito da arteAs mulleres obxecto e suxeito da arte
As mulleres obxecto e suxeito da arte
 
As mulleres obxecto e suxeito da arte
As mulleres obxecto e suxeito da arteAs mulleres obxecto e suxeito da arte
As mulleres obxecto e suxeito da arte
 
As mulleres obxecto e suxeito da arte
As mulleres obxecto e suxeito da arteAs mulleres obxecto e suxeito da arte
As mulleres obxecto e suxeito da arte
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o MuseoMulleres en / para / por / desde / ante o Museo
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo
 
Filosofía presocrática
Filosofía presocráticaFilosofía presocrática
Filosofía presocrática
 
risco
riscorisco
risco
 
Platón. O mito da caverna 2
Platón. O mito da caverna 2Platón. O mito da caverna 2
Platón. O mito da caverna 2
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
 
A influencia de teixeira de pascoaes no saudosismo
A influencia de teixeira de pascoaes no saudosismoA influencia de teixeira de pascoaes no saudosismo
A influencia de teixeira de pascoaes no saudosismo
 
Resumo platón
Resumo platónResumo platón
Resumo platón
 

Más de Eva Garea

Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Eva Garea
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Eva Garea
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socratesEva Garea
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Eva Garea
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019Eva Garea
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
ProyectollegadaEva Garea
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoEva Garea
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feministaEva Garea
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteEva Garea
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Eva Garea
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iEva Garea
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasEva Garea
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoEva Garea
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaEva Garea
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesEva Garea
 

Más de Eva Garea (20)

Quecultura
QueculturaQuecultura
Quecultura
 
Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019
 
O eu
O euO eu
O eu
 
Serhumano
SerhumanoSerhumano
Serhumano
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
Proyectollegada
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajo
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da mente
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab i
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andas
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmo
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquina
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres Pensantes
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
 
Kant1
Kant1Kant1
Kant1
 

Guia da exposición filocomic

  • 1. FILOCOMIC A PROCURA DA VERDADE Esta exposición reúne os traballos realizados polo alumnado do IES Plurilingüe de Ames sobre os textos propostos na materia de Historia da Filosofía de segundo de Bacharelato. Todos eles representan os grandes momentos do pensamento filosófico sobre a verdade, o coñecemento e o lugar do home no Cosmos. No seu percorrido histórico podemos ver algunhas das posicións que historicamente teñen dado lugar a preguntas de investigación específicas de cada un deses momentos históricos que definiron os avances científicos, pero tamén dirixiron desde a vida humana a actividade política. Todos eles son interpretacións libres deses textos e, xa que logo, en moitas ocasións representan analoxías que requiren un esforzo por parte do espectador. Carlos Furelos, María e Lucía García, Mar Vázquez, Iria Gümil, Nerea Montes, Claudia Mosquera, Sofía Suárez e Paula Valiño
  • 2.
  • 3. BANDA DESEÑADA E FILOSOFÍA: ARTE E COÑECEMENTO. O noso alumnado é historicamente único no consumo de imaxes, tanto por ser nativos dixitais, como por vivir nunha era de consumo onde os medios de comunicación abondan na emisión de imaxes fixas e en movemento. Polo tanto teñen no seu “disco duro” unha cantidade inxente de datos visuais e moreas de coñecementos, practicamente inconscientes en moitos casos, sobre lectura de textos visuais e narración secuenciada. Se ben é certo que a inmensa maioría non son lectores de banda deseñada (nin lectores de texto impreso en xeral) posúen coñecementos e destrezas aprendidos desde os primeiros anos de vida que lles facilitan moito a adquisición das destrezas necesarias para o debuxo de historietas. Con dar unhas poucas pautas aos alumnos de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato que lles axuden a ordenar a información que xa posúen son capaces de debuxar e artellar relatos de banda deseñada en moitos casos con resultados notables. Así pois, o emprego deste formato creativo na aula serve para cubrir varios obxectivos pedagóxicos máis aló da área específica da EPV: reforza a alfabetización visual e a intelixencia visual/espacial a través do debuxo e obriga a empregar a narrativa visual, a iconicidade, a abstracción, as elipses... Obriga a perfeccionar a técnica gráfica para crear personaxes, fondos e ambientacións; mellora a expresión literaria ao interrelacionar narracións, descricións, onomatopeas, cuestión gramaticais e ortográficas. E, por suposto incide directamente na capacidade oral xa que os diálogos son expresión oral en forma escrita. A través destas actividades avanzarán en coñecementos transmedia, mesturando debuxos e diálogos, con sons, con transicións temporais, cambios de escenografías e así, a banda deseñada proponse coma un exercicio que permite ilustrar as preguntas das que partirá o proceso de elaboración da información e do que xurdirán preguntas para iniciar un traballo de investigación persoal. E se algunha materia ten por función a xeración de preguntas de investigación esa é a Filosofía. Así que a nosa proposta foi xuntar a expresión plástica en formato cómic e a lectura e interpretación dos grandes textos da Historia da Filosofía Occidental. Cando o noso alumnado le textos filosóficos dos grandes autores, custa saber o grao de comprensión que xeran neles, por iso, a expresión gráfica a través deste formato é tan interesante. Non só por que é unha forma de expresión que permite usar facetas intelectuais como as mencionadas xa (abstracción, narrativa visual, as elipses ou os elementos icónicos). senón tamén porque a banda deseñada permite, coma ningún outro medio de expresión plástica, a ironía e a analoxía con situación reais, de forma que achegan o coñecemento máis abstracto dunha forma lúdica e comprensible e amosan, con iso, o grao de comprensión do texto dunha forma evidente. Cando visualizamos cada unha das propostas realizadas, decatámonos de que o autor ou autora foi quen de plasmar o sentido do texto, facer bromas con el ou sobre el e traelo ao noso presente permitindo que o comprendamos mellor. E, ademais, cada
  • 4. unha destas obras é un luxo para os nosos sentidos, un produto estético que non precisa ningunha xustificación a maiores. Alicia Eva Garea, Profesora Filosofía no IES Plurilingüe de Ames
  • 5. 1ª Parada: O MITO DA CAVERNA. Platón. Século IV a. C Este traballo de Paula Valiño é unha representación gráfica das diferentes etapas do coñecemento polas que pasa o ser humano na procura da verdade. Alcanzar o mundo das verdades absolutas está representado pola saída difícil dunha cova para acadar o mundo da luz, da razón, única via de conseguir verdadeiro coñecemento. A autora comprende que a verdadeira mensaxe que o Mito quere transmitir é a obriga do sabio de regresar á cova, a liberar os prisioneiros que non conseguiron saír por si mesmos, pese a que estes se revolvan contra el. O traballo de Paula, literal case ao texto ate a súa última viñeta, cobra nesta derradeira parte unha calidade especial por mor da ironía. O mestre Platón di ao seu discípulo que esa tarefa o fará feliz, pese ao seu maltreito estado físico. TEXTO: Platón. República libro VII, 514a—517c Comentarios persoais:
  • 6. 2ª Parada: O SÍMIL DA LIÑA. Platón. Século IV a. C Nerea Montes realiza aquí unha versión libre e actual do texto no que Platón describe os tipos de coñecemento, a gradación e relación entre eles. No texto platónico os graos de coñecemento son verdadeiros chanzos na procura dunha verdade que só acadamos ao final do percorrido, pero que nos chama continuamente enviándonos, a través dos nosos recordos ou reminiscencias, mensaxes que nos impulsan a seguir ascendendo ate un mundo que xa non é o mundo dos sentidos, abandonando estes para liberarnos da escuridade e a confusión á que nos someten. Hugo Cazapantasmas é a personaxe elixida para investigar nestes diferentes chanzos, convertidos agora en partes dunha estraña casa. E, coma unha personaxe platónica, vai de habitación en habitación seguindo a voz dunha “pantasma”. O uso desta misteriosa personaxe está en relación directa co que o texto quere dicir. Recordemos que a palabra “pantasma” ten a súa orixe no grego antigo υάντασμα a través do latín “phantasma” (phántasma). O termo facía referencia para os gregos ao que se facía visible, amosábase e relucía. Así a verdade vaise desvelando tamén pouco a pouco para o ser humano que a busca e vai, pouco a pouco aproximándose a ela. Pero esa voz pantasmal que dirixe a Hugo tamén é ilusoria, porque non é completa e desaparece totalmente na derradeira estancia, chea de luz que representa a verdade á que se accede a través da Filosofía. TEXTO: Platón. República libro VI, 509c—511e Comentarios persoais:
  • 7. 3ª Parada: A XUSTIZA. Platón . Século IV a.C A busca da verdade non era para os antigos unha actividade só teórica, senón unha actividade vital. A verdade era necesaria para dirixir correctamente a vida, para facer progresar a sociedade, para convivir e relacionarnos mellor. En fin, para ser máis xustos. Todas as teorías de Platón xúntanse finalmente nunha explicación de como levar a cabo unha cidade máis xusta. Un modo de vida máis humano. As alumnas Claudia Mosquera e Sofía Suárez abordaron esta idea platónica nun fermoso tríptico no que a representación dunha xustiza feminina ten o papel fundamental. Non é casual a elección dunha figura de muller para representar á xustiza, pois foi Platón un dos filósofos que máis defendeu, na antigüidade clásica, a igualdade de homes e mulleres na cidade. TEXTO: Platón. República libro IV, 427e—435c Comentarios persoais:
  • 8. 4ª Parada O MOTOR INMOBIL. Aristóteles. Século V a. C A busca da verdade, na súa faceta mais científica, abordou a pregunta sobre a orixe do Cosmos, por que se moven as cousas? Que son as estrelas? Como inflúen no movemento da Terra? Preguntas que tardariamos moito en poder respostar, foron propostas xa por Aristóteles na súa obra de Física. Na súa Metafísica abordará unha das solución máis famosas sobre estes temas que será recollida pola Filosofía Medieval e Cristián e converterá a Deus no “motor do mundo” ademais de ser o seu creador. As alumnas Claudia Mosquera e Sofía Suárez, abordan aquí a tarefa de representar este concepto aristotélico que lonxe de proporse como un concepto relixioso que explica como un concepto físico. O Motor Inmóbil representa a forza que atrae a todos os corpos do Universo poñéndoos en movemento cara el. TEXTO: Aristóteles, Metafísica 1073a 3-13. Comentarios persoais:
  • 9. 5ª Parada: LINGUAXE E RAZÓN. Aristóteles. Século V a. C Lucía García lémbranos co seu debuxo que, a xuízo de Aristóteles, o home está rodeado de palabras. O Logos, que une linguaxe e razón, é a base da natureza humana e a súa expresión e, na relación cos demais homes, produce a política. A viñeta tamén nos lembra que, para Aristóteles, esa razón tiña a súa base no corazón e a súa función era o coñecemento do mundo. As figuras humanas que xorden do corazón do home poñen de manifesto a necesidade de “educar o corazón para educar a cabeza”. TEXTO:Aristóteles. Política. Libro primero. Capitulo III Comentarios persoais:
  • 10. 6ª Parada: RAZÓN Y FE. Agustín de Hipona. Siglo IV d. C O mundo medieval buscou as fronteiras entre a razón e a fe. Desde que a relixión cristiá comezou a súa expansión polo Imperio Romano, que María García introduce no seu debuxo coa “iluminación de Pablo de Tarso”, precisaba convencer e, para o ser humano, iso pasa sempre pola comprensión. A relixión busca na Filosofía un apoio para racionalizar as súas crenzas e, na ilustración, pódese ver esa unión na academia romana na que discuten o filósofo e o monxe. E, que ocorre cando fe e razón opóñense? a quen deberá obedecer o home? A resposta de San Agustín estará na correcta elección do xuíz: “Cre para que entendas”, porque a fe lévanos a entender o que, coa soa razón, non podo. Tamén nos di “Entende para que creas”, porque a razón amosános a quen se debe crer. Así, a viñeta móstra case todos os procesos desta época histórica e a súa particular procura da verdade: a conversión do cristianismo nunha doutrina que se pretende universalizar, a unión entre Filosofía e Fe e por último a confrontación entre lei divina e lei positiva, un dos debates crave da baixa Idade Media. TEXTO: San Agustín. Sermón 43 Comentarios persoais:
  • 11. 7ª Parada: O PENSO, LOGO EXISTO. Descartes. Século XVII d. C Neste percorrido pola historia unha parada importante foi o momento no que o ser humano se decatou de que para conseguir a verdade necesitaba, a máis de investigar no mundo que o rodeaba, investigar tamén en si mesmo. A mente humana é a responsable do coñecemento e coñecer os seus procesos, os seus límites e tamén as súas deficiencias é cousa importante se queremos evitar o erro. Paula Valiño tenta representar nesta banda deseñada o proceso de Meditación de Descartes. Efectivamente Descartes non quere caer como o Emperador do conto na ilusión de ir vestido, cando camiña nu pola rúa. O camiño máis doado para comprender a nosa mente é indagar nela a través dun proceso de reflexión que Descartes anota coidadosamente no seu diario: os seus soños, a súa reflexión sobre os sentidos e as posibilidade de que entes malignos nos confundan. Mais todas estas dúbidas quedan superadas pola conciencia da propia existencia. Se hai unha verdade sólida e que eu, que penso (aínda erradamente), estou a existir, pero ese só é o punto de arranque da investigación. Queda aínda moito traballo por diante tanto para saber do funcionamento da mente, coma do mundo. TEXTO: René Descartes; Meditacións Metafísicas (1641), «Meditación 2ª: Da natureza do espírito humano, e de que é máis doado de coñecer que o corpo» Comentarios persoais:
  • 12. 8ª Parada: A ILLA É O RELOXO OU O DOMINÓ de Hume. Século XVIII d. C TEXTO: HUME; Investigación sobre el conocimiento humano, Sec. IV. Dudas escépticas acerca de las Operaciones del entendimiento. De novo Nerea Montes produce unha analoxía que nos permite entender que as conexión causa-efecto son unha cuestión de supervivencia. Tal é como explicaba Hume os seres humanos relacionamos fenómenos entre si a través das secuencias temporais, como o lóstrego e o trono, que sempre se seguen e por iso, agardamos que de novo sempre sucedan do mesmo xeito. A nosa mente establece de forma natural esas relacións e busca sempre explicacións causais aos fenómenos. Que sería efectivamente do noso mundo se esas relacións non foran máis ca un froito do costume? Poderiamos sobrevivir coma humanos? Na viñeta, como no texto de Hume, unha persoa nunha illa deserta atopa un elemento artificial e extrae consecuencias dese feito, despois explora a natureza e establece hipóteses causais que lle permiten buscar explicacións que guían as súas decisións e a súa vida. Comentarios persoais:
  • 13. María García afonda coa súa viñeta na idea de relación causal, usando como símbolo icónico un dominou, no que cada peza pode mover á anterior nunha secuencia causal infinita. Pero non esquece tampouco situar ao ser humano como a causa inicial que provoca esa cadea causal. O homiño negro empuxando a peza inicial lémbranos que as conexións causais son algo “creado” polo ser humano e vánnolo lembrando ao longo deeste dominou en varios momentos, vinculando esa actividade humana á natureza (que nos lembra a imaxe do homiño entre as árbores) , á lingua (que nos lembra o bocadillo que xorde do homiño), á relación con outros seres humanos (o sobre e as mans xuntas, os ideais da Ilustración que nos lembra a bandeira francesa), aos descubrimentos de terras afastadas (propios do espírito inglés da Ilustración). Ao final está a investigación científica da Natureza e por suposto a creación da experiencia humana. Comentarios persoais:
  • 14. 9ª Parada: EL NOMBRE DE LA ROSA. KANT. Século XVIII d. C TEXTO: KANT; Crítica de la Razón Pura, (A51/B75-A52/B76) I. Doctrina trascendental de los elementos, 2ª parte: La Lógica trascendental. Como se forman os xuízos na nosa mente? Esa é a pregunta básica que propón Kant na súa obra Critica da Razón Pura. O seu obxectivo: solucionar a discusión entre empirÍstas e racionalistas, buscando unha explicación definitiva que permita asegurar a “verdade” dos contidos da nosa mente. Como na actualidade, conxugar sensibilidade con razoamento é a base do noso coñecemento, e harmonizar ciencia e arte a lección que aprendemos con este proxecto. Sofía Suárez é capaz de traer a tese de Kant á actualidade para axudarnos a entender mellor como aproveitar a totalidade do potencial da nosa mente. Comentarios persoais:
  • 15. 10ª Parada: O CONTRATO SOCIAL. ROUSSEAU. Siglo XVIII d. C Se a verdade depende en boa medida da nosa mente, como non o fará a nosa capacidade de organización, a nosa vida social, as nosas leis. Os selos da igualdade e a liberdade, son os selos dunha época na que a racionalidade humana ponse ao servizo da política e exprésase a través da palabra impresa e o contrato. Lucía García selecciona como frases fundamentais aquelas que recalcan estas ideas e tamén aquelas que poñen a atención sobre a necesidade de xerar unha sociedade xusta, na que a pobreza non condicione as nosas decisións e a nosa vontade. É interesante a idea de representar os principais conceptos mediante selos, pois eses conceptos foron presentados como os elementos fundamentais para as sociedades humanas precisamente neste texto. TEXTO: ROUSSEAU, El contrato social, libro II, cap. 11 Comentarios persoais:
  • 16. 11ª Parada: A HISTORIA QUE SE REPITE. Marx. Siglo XIX d. C Carlos Furelos recrea o espírito de decadencia que Marx reflicte na súa análise do 18 Brumario, lémbranos que a historia está condenada a repetirse se non nos enfrontamos á verdade. A verdade materialízase na historia e só comprendendo a sucesión de acontecementos poderá o ser humano avanzar. Esta é a verdadeira esencia do Materialismo histórico de Marx. A súa análise da sociedade do século XVIII, e dos momentos anteriores á Toma da Bastilla, achégannos ao concepto central do marxismo para a comprensión da historia: a loita de clases TEXTO: Karl Marx: 18 Brumario de Napoleón Bonaparte. Fundación Federico Engels P.18 Comentarios persoais:
  • 17. 12ª Parada: HAI QUE TRANSFORMAR O MUNDO. Marx. Siglo XIX d. C Iria Gümil interpreta para nós a Tese 11 sobre Feuerbach na que Marx aborda a importancia da acción sobre a reflexión, propoñendo para a Filosofía a tarefa de transformar o mundo. A verdade non é unicamente unha cuestión teórica, é fundamentalmente unha obrigación práctica. Para Marx, como o fose para Platón, o coñecedor da Verdade debe usar este coñecemento en beneficio da sociedade, transformándoa nunha sociedade máis xusta e equitativa. Marx critica aos filósofos que, como nosa protagonista só pensan sen levar nada á práctica e ve neles un egocentrismo intelectual que os separa do mundo e pecha á Filosofía dentro das paredes do edificio do coñecemento e as súas institucións e convérteno nun coñecemento inútil e baleiro. TEXTO: Karl Marx: Tesis 11 sobre Feuerbach Comentarios persoais:
  • 18. Sofía Suárez pola súa parte recrea os elementos fundamentais das teses económicas de Marx no Prólogo á Contribución da Economía Política: A Inglaterra de finais do século XIX, as condicións do traballo, as loitas obreiras no seo do Capitalismo e, coma un visionario, predí o avance do capitalismo sobre a natureza coas columnas de chemineas que sobresaen sobre un conxunto de casas uniformes, visibles á luz dos farois dun parque ordenado seguindo os criterios máis racionais. Comentarios persoais:
  • 19. 13 ª Parada: AS 3 IDADES DO HOME E O VERDADEIRAMENTE HUMANO. Nietzsche. Século XIX d. C O estilo Naif do debuxo de Mar Vázquez é en grao sumo apropiado para un dos textos centrais da Filosofía de Nietzsche. O Ser humano desenvólvese na historia, e tamén quizais na súa vida, grazas ás súas transformacións. O espírito humano escravo dos seus deberes sociais, relixiosos morais, representado polo camelo convértese en león fero, liberando os seus instintos naturais e opoñéndose ao dragón, para finalmente converterse en neno que xoga. Os símbolos están moi próximos ao texto: a cruz que carga o camelo, excesivamente grande; o dragón, enroscado sobre se mesmo, remítenos a unha estrutura moral retorta e oposta á evolución; por fin o neno vestido de superheroe pero cunha cara infantil que lembra ao pequeno príncipe de Exupery tráenos o amor á vida e o xogo, única verdade do Ser humano. E así, o estilo infantil da viñeta, dá forma á mensaxe do texto que transmite a necesidade de ser neno, coa liberdade dun neno, os desexos dun neno e a inocencia dun neno. Comentarios persoais:
  • 20. Houbo moitas paradas antes, moitas consideracións sobre o proceso adquisición da verdade, pero ninguén coma Nietzsche para amosarnos o que verdadeiramente importa. Se no camiño da verdade abandonamos as emocións, as paixóns, os sentimentos, por unha racionalidade fría e afastada do natural e da vida, entón non seremos xa humanos, senón meras máquinas. O riso, é a calidade especificamente humana, a diversión e o xogo o que nos permiten aprender, por iso pensar que o coñecemento debe ser algo serio non é mais ca un prexuízo. Nerea Montes elabora de novo unha analoxía que nos permite ver o importante dos sentimentos para a vida humana, cunha fábula que non se afasta dos perigos que corre a civilización de hoxe: un progresivo afastamento do natural a prol do artificial. Comentarios persoais: