SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 12
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
O HOME NO SEU MUNDO-
OS YANOMAMI
Beltrán Fernández López 2º de ESO E IES de Ames Curso 2012-2013
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
1
A raza humana evolucionou por camiños moi diversos ao longo da
historia: uns atopámonos entre enormes masas de cemento e formigón,
sometidos á vontade e complexidade das grandes cidades, mais coa
valiosísima axuda da tecnoloxía; outros encóntranse nun estado de avance
menor, pero quizais a súa situación sexa máis desexable ca nosa. Estoume
referindo ás etnias que nós, despectivamente ás veces, chamamos primitivas,
a aquelas que viven gobernadas polas tradicións e as crenzas, tal e como
vivían os seus antepasados hai miles de anos. Que se encontran eles mellor,
quen o sabe, pero como mínimo, as súas vidas merecen ser motivo de estudo
pola nosa parte. Hoxe voume referir a unha destas últimas etnias
<<primitivas>>, en concreto: os yanomami.
O pobo yanomami debe o seu nome aos misioneiros salesianos, de
orixe italiana, que chegaron á Amazonia para rexentar as misións católicas da
zona. Isto débese a que en italiano, o plural de “yanomamo” sería
“yanomami”, e de aí veñen as distintas variantes deste nome en idioma
yanomami: <<yąnomamö>> e <<yąnomami>>. Xeralmente, o nome dado
polos italianos é traducido ao galego literalmente así: “ser humano” ou “a
xente”. Son unha etnia indíxena de orixe suramericana, que provén ao
parecer da mesma familia ca outros indios indíxenas da zona, coma os
“guajiros”. Están divididos en tres grandes grupos segundo criterios
lingüísticos, que son os yanomam ou waiká, habitantes de Brasil; os
sanumá/tsanuma/sanima, que habitan en Bolívar, no país de Venezuela; e os
yanam/ninam/yanm-ninam, que están asentados entre o estado de Bolívar e
algunhas zonas do Brasil.
Esta etnia fala un conxunto de dialectos propios chamados linguas
yanomami, que parecen non estar relacionada con ningunha das outras
familias lingüísticas establecidas ata o momento, polo que é considerado
polos expertos un dialecto cuasi-aislado. Fálase nas Guaianas e na zona
fronteiriza de Brasil (estado de Roraima) con Venezuela (estados de Bolívar e
Amazonas). Os seus principais dialectos son o yanam, con 570 falantes,
aprox., o sanumá, que ten 4610 falantes aprox., e o yanomam. Este último se
divide en dous subdialectos, o waiká, con aproximadamente 9000 falantes e o
yanomamö, que posúe 17.640 falantes. As súas linguas caracterízanse por
presentar determinantes, nomes, adxectivos e verbos e por ter unha estrutura
bastante simple. Unha curiosidade é que os verbos varían a súa forma
segundo se o falante presenciou os feitos, os deduciu, os asumiu ou os
escoitou. Posúe vogais tanto orais coma nasais, e presenta sete calidades
vogais básicas. O seguinte é un exemplo de transcrición da súa lingua:
<<wäro-n shama shyra-wei ware-ma>> (o home que cazou o tapir, comeuno).
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
2
Debemos centrarnos tamén para orientarnos ao falar da etnia
yanomami, de números, é dicir de demografía. Arredor de 20.000 individuos
esparexidos por aldeas de toda a selva amazónica integran o pobo yanomami.
Cerca dun 70% vive en Venezuela, e o resto distribúese polos distintos
territorios do Brasil. Outro asunto importante no estudo de calquera etnia é a
clasificación do tipo humano, é dicir, as características antropométricas.
Presentan as mesmas características básicas ca o resto dos indios da
Amazonia: posúen unha altura media menor ca a europea, de 166,6 cm aprox.
nos homes e de menos nas mulleres, arredor de 153 cm. A súa cor corporal é
morena pero non excesivamente, digamos que entre dourada e marrón. Os
seus cabelos son negros nunha inmensa porcentaxe da poboación, e os seus
ollos de cores escuras, principalmente negros e marróns. Os seus ollos contan
cun pequeno rasgo de brida mongólica na súa maioría, o que comunmente é
chamado ollos achinados, e polo xeral teñen un tamaño maior ca os dos
europeos. Posúen o abdome lixeiramente avultado e saído cara a fóra e, nas
mulleres, os peitos están máis caídos e son máis grosos do que é habitual
entre as europeas.
Fixémonos agora nun aspecto importantísimo da vida dos yanomami,
o territorio no que viven. Esta etnia habita tradicionalmente nos actuais
estados de Amazonas, en Venezuela, e Amazonas e Roraima en Brasil, no
interior da selva tropical da Amazonia. A selva amazónica é un inmenso
territorio de América do Sur, con cerca de 7,3 millóns de quilómetros
cadrados. Este territorio divídese entre nove países, entre os que destacan
Brasil, cun 63% da superficie total, e Perú, cun 13%. As poboacións yanomami
concéntranse arredor do río Mavaca, un dos afluentes do Orinoco, situado na
Serra Parima. Esta Serra é un lugar parcialmente inexplorado no que viven, na
súa gran maioría e desde antes da colonización europea, soamente individuos
da etnia yanomamö. É unha cadea montañosa que divide as concas dos ríos
Orinoco e Amazonas e forma a fronteira natural entre Brasil e Venezuela,
discorrendo en sentido sur-sudeste arredor duns 320 km de lonxitude. Esta
zona caracterízase por posuír unha vexetación tupida, exuberante e sempre
verde, na que se dan as condicións necesarias para que haxa unha enorme
cantidade de distintas especies de seres vivos, incluso se chega a pensar que é
a zona con máis biodiversidade de todo o planeta, xa que posúe milleiros de
tipos de animais e plantas aínda sen identificar.
A flora e a fauna deben ocupar un lugar destacado se falamos da
selva tropical amazónica. Millóns de especies animais viven nas grandes
extensións da Amazonia, algunhas tan únicas e características que non se
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
3
atopan en ningún outro lugar do planeta. Entre elas destacan os mamíferos,
coma os tapires, unha parte importante da dieta yanomami; os monos, os
xaguares, os pumas e unha especie única deste lugar: o absolutamente
excepcional delfín rosado, sobre o que circulan tantas lendas nas terras do
Perú. Tamén abundan os réptiles, como a tartaruga, os caimáns, os crocodilos
ou as serpes, entre as que destaca a anaconda, o maior ofidio do mundo e
característico da selva do Amazonas; existe tamén unha inmensa variedade de
aves e a maior parte de especies de peixes que hai no noso planeta,
preséntanse na Amazonia. Todas estas clases de animais son moi abundantes
no bosque amazónico, pero sen dúbida, os animais máis comúns de atopar na
Amazonia son os insectos, que voan e se arrastran por toda a superficie do
“pulmón verde”, asombrándonos coas súas variedades e cores.
Toda esta diversidade de animais é moi destacada, pero se falamos
da selva amazónica, o primeiro que nos vén á mente son xigantescas árbores
e plantas. Non sen razón, a Amazonia é chamada o pulmón do planeta. Unha
gran cantidade do osíxeno que se produce día a día na Terra provén deste
inmenso bosque tropical, no que tamén hai unha importante actividade de
procesamento de CO2. Estas especies vexetais que todas as xornadas nos
axudan a manter a vida no planeta, destacan polo seu gran tamaño, con
árbores de arredor de 60 metros. Tamén hai gran cantidade de lianas,
sotobosque e maleza, orquídeas, manglares, tilandisias, tulipáns e ollos de
león, unha especie recentemente descuberta. A pesar de todo isto, as
especies propias e características da Amazonia son as plantas epífitas e
epífilas, que viven sobre outras plantas pero sen parasitalas nin facerlles mal,
e que se caracterizan tamén por non ter raíces que vaian ata o chan. Estas son
as auténticas raíñas do bosque amazónico.
En relación co tema anterior, o aspecto do clima conta cunha grande
importancia. Como na maior parte de selvas tropicais, o territorio yanomamö
presenta abundantes precipitacións e unha temperatura media elevada. Goza
dun característico clima tropical húmido ou monzónico, que destaca por ser
temperado ao longo de todo ano e por unha duración dos días máis ou menos
igual en todas as estacións debido á súa proximidade ao Ecuador terrestre. As
precipitacións, a pesar de ser de réxime estacional, poucas veces baixan dos
1500 mm. Mantéñense entre 1500 e 2000 mm e son regulares ao longo de
todo o ano, polo que hai unha forte humidade constante. Hai polo xeral dúas
estacións moi húmidas no ano, marcadas pola chegada da Terra aos
equinoccios, e outras dúas algo máis secas e nas que se poden dar ventos
fortes e algunha que outra tormenta. As temperaturas non son extremas, cun
máximo aproximado de 35 ºC, pero si son constantes, cunha media anual de
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
4
entre 25 e 27 ºC, que non sufre grandes variacións estacionais nin entre o día
e a noite, por exemplo, as diferencias entre a etapa máis fría e a máis cálida
do ano non pasan de 2 ºC. A exposición solar é un tema complicado, xa que
por enriba da foresta, o Sol dá de cheo, pero máis abaixo, as enormes
estruturas vexetais, tápano. Por esta razón, moitas veces atopamos loitas de
crecemento entre plantas por conseguir raios de Sol.
A vestimenta, un tema moi condicionado polo aspecto anterior, é
moi característica no pobo yanomami. As roupaxes yanomami non presentan
moitos compoñentes e son máis ben sinxelas, cunha fin máis ornamental e
tradicional que protectora, debido ao clima extremadamente favorable en
canto a temperaturas que acabamos de mencionar. As roupas tradicionais
dun varón adulto ben vestido son unicamente unhas cordas atadas nos
pulsos, nos nocellos e na cintura, co prepucio suxeito a esta última. Aparte,
usan tamén unha especie de ramas enroladas no corpo chamadas guayucos
para adornarse. A vestimenta das mulleres é igualmente sinxela, pero elas
adoitan levar outros engadidos como plumas de aves incrustadas na cabeza,
na cara ou no nariz, brazaletes, cordas atadas en brazos e pernas, pendentes
e, sobre todo, teñen a costume de facer pintadas por todo o seu corpo,
principalmente en negro e vermello con intención protectora e decorativa, xa
que esas pinturas teñen un significado relixioso e simbólico para eles.
Moi importante e curiosa tamén é a súa sociedade tribal, á que nos
referiremos agora. Os yanomami basean a súa sociedade nos principios de
tribo tradicionais: a supremacía do parentesco e de provir duns mesmos
antepasados sobre outras relacións, tales como o valor matrimonial e a
dirección da tribo por parte dun xefe ou autoridade recoñecido. A dirección
do grupo adoita estar vinculada ao antes citado, por exemplo, o fillo dun líder,
ten máis posibilidades de ser xefe ca un curmán. Aos mandatarios da
comunidade chámanlles xefes ou homes grandes, e proceden normalmente
de familias numerosas e poderosas da aldea. O seu deber é manter a orde no
grupo e establecer relacións con outras comunidades yanomami. Algúns xefes
se converten nunha especie de autócratas, mais a maioría se conforma con
actuar como superiores frente aos seus iguais. Non están exentos doutras
labores, coma a de limpar as hortas, recolectar, cazar e outros traballos
propios da súa sociedade.
As familias yanomami agrúpanse en casas comunais ou shabonos nos
que poden convivir entre 20 e 200 persoas. É común nos yanomamö que se
constrúan shabonos múltiples, que están formados por un espazo central
aberto rodeado de numerosas casiñas con formas cónicas ou rectangulares
cubertas por folla de palma. Cada familia posúe un área propia dentro do
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
5
shabono en concreto. Estas familias poden ser monógamas ou polígamas, e
neste último caso, cada muller ocupará o seu propio fogón cos seus fillos no
interior do shabono, sen mesturar nunca a dúas agrupacións de fillos de
distintas mulleres. Os fogóns, entre outras moitas cousas, simbolizan a unión
familiar, e para eles sería case un sacrilexio unir nun mesmo fogón a dúas
subfamilias distintas. No caso de que exista un problema interno nunha
familia, esta escíndese por consenso en dous grupos que pasarán a vivir
separados en zonas preferiblemente lonxanas unha da outra. Un dato curioso
nas familias yanomami é que non existe un membro dominante que tome as
decisións e se impoña ao resto, senón que estas se toman mediante unha
especie de debates interfamiliares. Isto débese a que a cultura yanomami cre
firmemente na igualdade de dereitos entre todas as persoas, sexan do sexo
que sexan.
Facendo un pequeno inciso, ao mellor as persoas dos países
supostamente civilizados deberíamos dirixir a mirada cara estas tribos e
aprender algo deles, que cos seus principios de vida básicos e tradicionais, e
nun mundo distinto completamente do noso, se mostran máis coherentes ca
os amantes da xustiza que nós dicimos ser á hora de falar de cuestións tan
importantes para o funcionamento dunha sociedade como a toma de
decisións.
Retomemos agora o tema anterior. A grande comunidade yanomami
está formada por tres grandes grupos, os sanumá, os yanam e os yanomam.
Estes, á súa vez, se dividen en innumerables shabonos, que son as
agrupacións de casas que forman poboados, ao longo de toda a selva
amázonica. As relacións entre distintas aldeas son tarefa do xefe do poboado,
mais o comercio non está apenas desenvolvido neste grupo humano, polo que
as relacións non adoitan ser moi firmes. A consecuencia disto, non se
establecen xerarquías entre os distintos grupos yanomami, e os xefes só
teñen autoridade no interior do seu shabono.
Para facerse unha idea de como é a existencia destes individuos, é
necesario referirnos ao seu modo de vida. A economía baséase en principios
básicos de autoconsumo, é dicir, que se consume o que se produce. Practican
principalmente a agricultura, a recolección, a caza e a pesca.
As tarefas neste caso divídense segundo o sexo: os varóns son os
encargados de cazar. Para iso, utilizan un extracto vexetal letal de cor marrón
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
6
parda chamada curare, que é fabricado polos chamanes cociñando raíces e
talos dunhas especies concretas de plantas velenosas mesturados con velenos
de serpe. O produto final gárdase en cabazas ou canas de bambú, e déixase
fermentar durante algúns días nunha cova con animais mortos, de maneira
que o cheiro destes se mesture coa substancia do curare. Este veleno,
aplicado na cantidade que sexa, é letal, xa que ao entrar en contacto co
sangue, o curare libera unha serie de aminoácidos sintetizados chamados
alcaloides, o que provoca unha parálise muscular progresiva que afecta tamén
ao corazón e aos pulmóns, producindo finalmente a morte do animal por
asfixia. Maioritariamente, as presas dos yanomami son tapires, para eles un
manxar exquisito; distintas clases de monos; pecaríes e unha especie de
cérvidos propios da Amazonia chamados venaditos ou pudús. Esta actividade
non lles produce máis que un 10% da súa comida total, mais goza dun gran
prestixio entre os yanomamö. Esta tribo ten unha norma que goza de moita
importancia para eles respectar en relación coa caza: un cazador nunca
comerá a carne que el mesmo cazou, senón que a repartirá entre os seus
amigos e familiares e esperará a que outro cazador lle dea parte do que el
conseguiu. O incumprimento desta norma traería desgrazas sobre o cazador e
a súa familia, segundo di a tradición.
As encargadas das tarefas de recolección de froitos e de organizar os
cultivos son as mulleres. Debido á pouca produtividade do solo amazónico, os
yanomami son nómades, e se ven obrigados a construír shabonos na súa
marcha en busca de alimento. Os cultivos duran aproximadamente entre dous
e tres anos, e cando se acaban, os yanomamö vense obrigados a talar outra
zona da selva para poder utilizala, e a mudarse alí. Principalmente cultivan
plátanos, ocumo, yuca dulce, cana de azucre, millo, batata, ñame, malanga,
cambur, aguacate, pijiguao, tabaco, algodón e arredor de 60 tipos distintos de
gran. Tamén aprecian moito o mel silvestre, do que colleitan ata 15
variedades. Os vexetais gozan dunha grande importancia na vida nos
shabonos, xa que os yanomami viven rodeados de árbores e outras plantas, o
que inflúe en que no seu día a día utilicen máis de 500 especies distintas de
vexetais para facer cousas como hamacas, as súas vivendas e outras
ferramentas.
A pesca é considerada unha ocupación tanto masculina coma
feminina, e para levala a cabo, botan na auga timbó, outro extracto vexetal
elaborado con vide machucada que se esparexe pola auga e aturde aos
peixes, que nese momento flotan ata a superficie. Unha vez alí, os yanomami
utilizan cestos para recollelos e levalos ata o shabono.
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
7
O pobo yanomami elabora os seus propios utensilios de caza e pesca,
coma arpóns e lanzas rudimentarias, arcos, frechas, machadas primitivas...
Tamén constrúen recipientes, por exemplo unha especie de olas ou cestas,
que se fabrican trenzando ou unindo ramiñas, lianas, follas e outros produtos
vexetais. Ás veces fabrican estes instrumentos tamén con barro seco. Os
individuos deste pobo só traballan unha media de catro horas e media ao día,
pero aínda así posúen todos os produtos necesarios para vivir comodamente
dentro das súas posibilidades. Ademais, ao ter tanto tempo libre, gozan dunha
animada e activa vida social entre eles e, menos frecuentemente, entre xente
doutros poboados.
Dentro do seu modo de vida, non destacan polas súas composicións
artísticas, pero tamén posúen mostras moi belas de arte coma as
características pinturas que realizan sobre a súa pel con pigmentos vexetais
ou os numerosos elementos ornamentais que levan no corpo, como poden
ser plumas e lianas decorativas, pendentes, brazaletes, colares feitos con
dentes de presas... Os seus chamanes destacan na arte de curar e librar de
supostos meigallos. Tamén din que, consumindo unha planta alucinóxena
chamada epená machucada e en pequenas cantidades que introducen nas
fosas nasais do chaman por medio dun pau oco polo que se sopra, son
capaces de ver e falar cos espíritos e influír neles para que curen a alguén ou
para obter algún beneficio.
Despois de falar do modo de vida desta etnia tan especial, parece
unha boa idea que dedicásemos un momentiño ao lugar onde habitan, das
súas vivendas: os shabonos. Como xa dixen anteriormente, os yanomami
viven en pequenas aldeas xeralmente de entre 40 e 50 habitantes, pero que
poden chegar ata os 200. As vivendas teñen formas cónicas ou rectangulares
e nelas agrúpanse os individuos por familias. Están construídas mediante
ramas de distintas árbores da selva e lianas como elementos de unión entre
unhas e outras. Ás veces, as estruturas refórzanse con barro que se deixa
secar, o que o volve resistente. As aldeas adoitan construírse en círculo e cun
espazo aberto no medio, mais tamén se poden dispoñer simplemente en filas.
Estas pequenas casiñas forman unha casa comunal ou shabono, que se
organiza en torno á praciña descuberta da que falabamos antes, que é o
símbolo de unión e o lugar de reunión do poboado. Tamén é esta praza o
lugar onde polas noites os habitantes do shabono se reúnen arredor da
fogueira e conversan, comen, fabrican os seus instrumentos e contan as súas
historias, mitos e lendas aos máis pequenos. Todos os habitantes do poboado
se axudan entre si, colaboran nas tarefas de supervivencia e teñen o deber de
aprender aos nenos as tradicións e métodos da súa cultura.
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
8
Por último, as historias do pobo yanomami ocupan un lugar
primordial nesta exposición. Estes mitos e tradicións son transmitidas, como
xa dixen antes nas fogueiras comúns dos shabonos, onde os máis sabios e
expertos da tribo as comparten cos máis xoves. Agora falaremos dalgúns
costumes e mitos moi característicos desta etnia.
Un rito moi primitivo e interesante é, por exemplo, a comida
funeraria que se celebra comendo as cinzas dos seus mortos mesturadas
cunha especie de salsa de plátano chamada pijiguao. Ao morrer un individuo,
hai unha serie de rituais que se deben cumprir para que este pase ben á outra
vida. As mulleres da familia e do poboado deben chorar todo o día do seu
falecemento na súa honra, e máis tarde quéimanse os restos do defunto
xunto cos seus obxectos persoais. Se o corpo non se queima ben, considérase
que o morto realizou algunha mala acción en vida e que por iso non é capaz
de chegar ao “máis alá”. Á mañá seguinte á defunción, as mulleres deben
aparecer coas meixelas ennegrecidas como símbolo de pena, xa que o negro é
a cor da pena e a tristura para os yanomami, e comezan as lamentacións polo
morto. Tras ese día, o poboado volve á súa actividade normal. Sen embargo,
ao pasar un mes da defunción, organízase a famosa comida funeraria das
cinzas do individuo mesturadas con pijiguao da que estamos a falar. Esta
celebración é moi característica deste pobo, xa que durante ela se agasalla
aos visitantes que vaian a darlle o seu último adeus ao corpo do morto, e se
establecen alianzas e ligazóns entre familias. Esta práctica é chamada rehao.
Posúen tamén un mito moi curioso sobre como está establecido o
mundo. Din que o cosmos está formado or catro capas independentes, con
forma de prato e preto unhas das outras. Seica nestas rexións se producen
cousas anómalas e están habitadas por espíritos e seres fantásticos. A capa
superior non ten un papel importante na vida dos yanomami; dela
simplemente e segundo a historia, <<caen>> cousas, e é chamada DUKU
KÄMISI. A seguinte, chamada HEDU KÄMISI, é parecida á Terra, cunha capa
superior invisible para nós, onde viven os defuntos en aldeas con árbores,
cultivos, animais, plantas... Segundo eles, cada elemento que existe no noso
mundo terreal, existe nesta capa tamén pero dunha maneira distinta.
Consideran que a súa parte inferior é o ceo que nós vemos desde abaixo. Os
yanomami viven supostamente na capa HEI KÄMISI, nivel que se creou a
partires dun cacho de HEDU KÄIMISI que caeu. A capa inferior, a HEI TÄBEBI, é
unha zona estéril na que se supón que vive unha variante dos yanomami:
caníbales malévolos que capturan as almas dos nenos e as comen. Este parece
ser o seu equivalente ao “inferno” cristián.
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
9
A súa creación explícana a partir de “O mito do sangue da Lúa”.
Segundo este, a Lúa era un home malvado que comera á súa filla e se
transformara en Lúa. Os homes bos que vivían na Terra lanzaron unha frecha
ao peito da malvada Lúa. Das gotas do sangue desta naceron os feros
guerreiros yanomami. Un bo día, un yanomamö que se atopaba só colleu
unha fruta chamada wabu, e esta, inmediatamente, se transformou en muller.
Tiveron xuntos moitos fillos e fillas, e por iso agora hai tantos yanomami
esparexidos por todo o HEI KÄMISI .
Outra lenda que lles contan aos seus descendentes é a dos homes
xaguar, que explica a desaparición ocasional de nenos nas tribos yanomami e
os ataques ocasionais e repentinos que teñen lugar por parte doutros indios
coma os caribes e que comen vivos aos habitantes dos poboados. Segundo as
súas historias, na Terra hai unha especie de monstros chamados “homes
xaguar”, que nun pasado foran yanomami, pero que foron moi crueis na súa
vida e que agora están condenados a vagar polo HEI KÄMISI raptando e
comendo a outros yanomami para manterse con vida.
Os yanomami afirman que toda persoa que nace posúe un dobre
animal na natureza. Polo tanto, as persoas ás veces se ven influenciadas polo
seu dobre. Por exemplo, cando estás nunha encrucillada e atopas por
casualidade o camiño correcto, eles pensan que o que pasa é que o teu
espírito animal correspondente xa pasou por ese camiño, e que intenta
axudarte mandando a información en forma de pensamento. Pero para eles,
non todo o relacionado cos seus dobres é bo, se o teu animal equivalente
sofre unha enfermidade, a persoa correspondente verase afectada tamén por
ese mal.
Unha figura importantísima na vida e na cultura yanomami é o
shaman. Este é o encargado de expulsar aos malos espíritos do seu territorio e
de manter en bo estado aos habitantes do seu poboado e as relacións cos
espíritos. Tamén se ocupan de curar as enfermidades, que segundo a
tradición poden estar causadas por catro factores: que una chamán veciño lle
lance a alguén un meigallo; polo mal de ollo que che pon enriba outro home;
que os malos espíritos lle queiran danar á persoa en concreto; ou que o teu
dobre animal estea sufrindo dor ou maltrato. Os chamanes intentan mellorar
o estado das persoas mediante cantos, feitizos diversos, unha especie de
pocións curativas e variedade de mesturas vexetais que se aplican en forma
de emplastos.
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
10
Algunha que outra curiosidade da súa cultura é que, a pesar de
defender que a muller pode traballar tan ben coma o home, afirman que no
proceso de elaboración e destilación do curare, que é o veleno letal ao que
nos referiamos antes, non deixan que participe ningunha muller, xa que
consideran que o veleno se <<destemplaría>> e non serviría para a caza.
Outro dato un tanto curioso é que para eles é tabú pronunciar o seu nome
propio. Por raro que pareza, o nome verdadeiro de cada persoa é o seu maior
segredo, e educan desde pequenos aos nenos para que soamente o digan en
situacións moi especiais a xente de extrema confianza, como pode ser a súa
parella ou os seus fillos. Chegan a respectar a tradición ata tal punto, que nin
despois de morto se atreven a pronunciar o nome lexítimo da persoa. Hai que
dicir que o repertorio de historias, mitos, lendas e costumes curiosos e
particulares dos yanomami é amplísimo debido á grande cantidade de tempo
que o levan elaborando e a todas as xeneracións que o transmitiron, mais eu
só seleccionei as historias que me pareceron máis importantes e que
diferencian a cultura yanomamö doutras culturas indíxenas sudamericanas.
Facendo unha pequena síntese de todo o mencionado antes, cabe
destacar que os yanomami son unha etnia moi pouco avanzada no sentido
que ten para nós esta palabra, pero que son perfectamente capaces de
convivir coas difíciles situacións que lle pon por diante o seu medio. Non
penso que eles sexan os primitivos, soamente se comportan e teñen unha
forma de entender o mundo distinta á nosa. E baseo esta afirmación en que
superaron todas as dificultades que a evolución lles puxo de por medio e
seguiron o seu camiño cara o desenvolvemento, chegando así a ser hoxe en
día os verdadeiros reis da Amazonia, os primates a dúas patas que constitúen
neste momento a representación dos humanos neste territorio onde a lei
principal é a da nai Natureza. Hoxe son considerados primitivos polas grandes
civilizacións postindustriais modernas, incluso ás veces inferiores. Son de
verdade inferiores? Non o creo. Hoxe están así, pero quen sabe o que farán
mañá. A historia do home escribiuse por distintos camiños, e cada camiño ten
as características que ten, pero non por ir nós a Casalonga e eles a Balcaide
son peores. Eles son, simplemente, diferentes. Eles son, simplemente, os
yanoamami.
O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami
11
BIBLIOGRAFÍA:
-www.monografias.com/trabajos81/yanomami/yanomami2.shtml
-es.wikipedia .org/wiki/Pueblo_yanomami
-www.survival.es/indígenas/yanomami
-es.wikipedia.org/wiki/Curare
-es.wikipedia.org/wiki/Pueblo_yanomami#subsistencia
-venciclopedia.com/index.php?title=yanomami
-es.wikipedia.org/wiki/Lenguas_yanomami
-es.wikipedia.org/wiki/Selva_tropical
-es.wikipedia.org/wiki/Amazonia
-es.wikipedia.org/wiki/Estatura

Más contenido relacionado

Destacado

Visita fotográfica a los petroglifos de ames
Visita fotográfica a los petroglifos de amesVisita fotográfica a los petroglifos de ames
Visita fotográfica a los petroglifos de amesEva Garea
 
Trabajo de investigacion
Trabajo de investigacionTrabajo de investigacion
Trabajo de investigacionEva Garea
 
Plan de trabajo
Plan de trabajoPlan de trabajo
Plan de trabajoEva Garea
 
El trabajo de_campo
El trabajo de_campoEl trabajo de_campo
El trabajo de_campoEva Garea
 
Presentación proyecto aldeas
Presentación proyecto aldeasPresentación proyecto aldeas
Presentación proyecto aldeasEva Garea
 
Metodologia de investigacion
Metodologia de investigacionMetodologia de investigacion
Metodologia de investigacionEva Garea
 

Destacado (6)

Visita fotográfica a los petroglifos de ames
Visita fotográfica a los petroglifos de amesVisita fotográfica a los petroglifos de ames
Visita fotográfica a los petroglifos de ames
 
Trabajo de investigacion
Trabajo de investigacionTrabajo de investigacion
Trabajo de investigacion
 
Plan de trabajo
Plan de trabajoPlan de trabajo
Plan de trabajo
 
El trabajo de_campo
El trabajo de_campoEl trabajo de_campo
El trabajo de_campo
 
Presentación proyecto aldeas
Presentación proyecto aldeasPresentación proyecto aldeas
Presentación proyecto aldeas
 
Metodologia de investigacion
Metodologia de investigacionMetodologia de investigacion
Metodologia de investigacion
 

Similar a Os yanomami. Beltrán Fernández

Similar a Os yanomami. Beltrán Fernández (20)

Diversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos EcosistemasDiversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos Ecosistemas
 
Ecosistemas da terra (t6)
Ecosistemas da terra (t6)Ecosistemas da terra (t6)
Ecosistemas da terra (t6)
 
Traballo ecosistema
Traballo ecosistemaTraballo ecosistema
Traballo ecosistema
 
Crocodilos
Crocodilos Crocodilos
Crocodilos
 
Cocodrilos p
Cocodrilos pCocodrilos p
Cocodrilos p
 
Anfibios e réptiles 2
Anfibios e réptiles  2Anfibios e réptiles  2
Anfibios e réptiles 2
 
Bosque mediterráneo
Bosque mediterráneoBosque mediterráneo
Bosque mediterráneo
 
Presentación2
Presentación2Presentación2
Presentación2
 
Os bosques
Os bosquesOs bosques
Os bosques
 
Presentacion pdf
Presentacion pdfPresentacion pdf
Presentacion pdf
 
ECOSISTEMAS DE ESPAÑA
ECOSISTEMAS DE ESPAÑAECOSISTEMAS DE ESPAÑA
ECOSISTEMAS DE ESPAÑA
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Parque Natural Monte Aloia
Parque Natural Monte AloiaParque Natural Monte Aloia
Parque Natural Monte Aloia
 
Os peixes
Os peixesOs peixes
Os peixes
 
Os peixes
Os peixesOs peixes
Os peixes
 
A selva
A selvaA selva
A selva
 
Ecosistemas2º
Ecosistemas2ºEcosistemas2º
Ecosistemas2º
 
Fragas do eume
Fragas do eumeFragas do eume
Fragas do eume
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 
Senegal
SenegalSenegal
Senegal
 

Más de Eva Garea

Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Eva Garea
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Eva Garea
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socratesEva Garea
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Eva Garea
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019Eva Garea
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
ProyectollegadaEva Garea
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoEva Garea
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feministaEva Garea
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteEva Garea
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Eva Garea
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iEva Garea
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasEva Garea
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoEva Garea
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaEva Garea
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesEva Garea
 

Más de Eva Garea (20)

Quecultura
QueculturaQuecultura
Quecultura
 
Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
 
O eu
O euO eu
O eu
 
Serhumano
SerhumanoSerhumano
Serhumano
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
Proyectollegada
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajo
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da mente
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab i
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andas
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmo
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquina
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres Pensantes
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
 

Os yanomami. Beltrán Fernández

  • 1. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami O HOME NO SEU MUNDO- OS YANOMAMI Beltrán Fernández López 2º de ESO E IES de Ames Curso 2012-2013
  • 2. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 1 A raza humana evolucionou por camiños moi diversos ao longo da historia: uns atopámonos entre enormes masas de cemento e formigón, sometidos á vontade e complexidade das grandes cidades, mais coa valiosísima axuda da tecnoloxía; outros encóntranse nun estado de avance menor, pero quizais a súa situación sexa máis desexable ca nosa. Estoume referindo ás etnias que nós, despectivamente ás veces, chamamos primitivas, a aquelas que viven gobernadas polas tradicións e as crenzas, tal e como vivían os seus antepasados hai miles de anos. Que se encontran eles mellor, quen o sabe, pero como mínimo, as súas vidas merecen ser motivo de estudo pola nosa parte. Hoxe voume referir a unha destas últimas etnias <<primitivas>>, en concreto: os yanomami. O pobo yanomami debe o seu nome aos misioneiros salesianos, de orixe italiana, que chegaron á Amazonia para rexentar as misións católicas da zona. Isto débese a que en italiano, o plural de “yanomamo” sería “yanomami”, e de aí veñen as distintas variantes deste nome en idioma yanomami: <<yąnomamö>> e <<yąnomami>>. Xeralmente, o nome dado polos italianos é traducido ao galego literalmente así: “ser humano” ou “a xente”. Son unha etnia indíxena de orixe suramericana, que provén ao parecer da mesma familia ca outros indios indíxenas da zona, coma os “guajiros”. Están divididos en tres grandes grupos segundo criterios lingüísticos, que son os yanomam ou waiká, habitantes de Brasil; os sanumá/tsanuma/sanima, que habitan en Bolívar, no país de Venezuela; e os yanam/ninam/yanm-ninam, que están asentados entre o estado de Bolívar e algunhas zonas do Brasil. Esta etnia fala un conxunto de dialectos propios chamados linguas yanomami, que parecen non estar relacionada con ningunha das outras familias lingüísticas establecidas ata o momento, polo que é considerado polos expertos un dialecto cuasi-aislado. Fálase nas Guaianas e na zona fronteiriza de Brasil (estado de Roraima) con Venezuela (estados de Bolívar e Amazonas). Os seus principais dialectos son o yanam, con 570 falantes, aprox., o sanumá, que ten 4610 falantes aprox., e o yanomam. Este último se divide en dous subdialectos, o waiká, con aproximadamente 9000 falantes e o yanomamö, que posúe 17.640 falantes. As súas linguas caracterízanse por presentar determinantes, nomes, adxectivos e verbos e por ter unha estrutura bastante simple. Unha curiosidade é que os verbos varían a súa forma segundo se o falante presenciou os feitos, os deduciu, os asumiu ou os escoitou. Posúe vogais tanto orais coma nasais, e presenta sete calidades vogais básicas. O seguinte é un exemplo de transcrición da súa lingua: <<wäro-n shama shyra-wei ware-ma>> (o home que cazou o tapir, comeuno).
  • 3. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 2 Debemos centrarnos tamén para orientarnos ao falar da etnia yanomami, de números, é dicir de demografía. Arredor de 20.000 individuos esparexidos por aldeas de toda a selva amazónica integran o pobo yanomami. Cerca dun 70% vive en Venezuela, e o resto distribúese polos distintos territorios do Brasil. Outro asunto importante no estudo de calquera etnia é a clasificación do tipo humano, é dicir, as características antropométricas. Presentan as mesmas características básicas ca o resto dos indios da Amazonia: posúen unha altura media menor ca a europea, de 166,6 cm aprox. nos homes e de menos nas mulleres, arredor de 153 cm. A súa cor corporal é morena pero non excesivamente, digamos que entre dourada e marrón. Os seus cabelos son negros nunha inmensa porcentaxe da poboación, e os seus ollos de cores escuras, principalmente negros e marróns. Os seus ollos contan cun pequeno rasgo de brida mongólica na súa maioría, o que comunmente é chamado ollos achinados, e polo xeral teñen un tamaño maior ca os dos europeos. Posúen o abdome lixeiramente avultado e saído cara a fóra e, nas mulleres, os peitos están máis caídos e son máis grosos do que é habitual entre as europeas. Fixémonos agora nun aspecto importantísimo da vida dos yanomami, o territorio no que viven. Esta etnia habita tradicionalmente nos actuais estados de Amazonas, en Venezuela, e Amazonas e Roraima en Brasil, no interior da selva tropical da Amazonia. A selva amazónica é un inmenso territorio de América do Sur, con cerca de 7,3 millóns de quilómetros cadrados. Este territorio divídese entre nove países, entre os que destacan Brasil, cun 63% da superficie total, e Perú, cun 13%. As poboacións yanomami concéntranse arredor do río Mavaca, un dos afluentes do Orinoco, situado na Serra Parima. Esta Serra é un lugar parcialmente inexplorado no que viven, na súa gran maioría e desde antes da colonización europea, soamente individuos da etnia yanomamö. É unha cadea montañosa que divide as concas dos ríos Orinoco e Amazonas e forma a fronteira natural entre Brasil e Venezuela, discorrendo en sentido sur-sudeste arredor duns 320 km de lonxitude. Esta zona caracterízase por posuír unha vexetación tupida, exuberante e sempre verde, na que se dan as condicións necesarias para que haxa unha enorme cantidade de distintas especies de seres vivos, incluso se chega a pensar que é a zona con máis biodiversidade de todo o planeta, xa que posúe milleiros de tipos de animais e plantas aínda sen identificar. A flora e a fauna deben ocupar un lugar destacado se falamos da selva tropical amazónica. Millóns de especies animais viven nas grandes extensións da Amazonia, algunhas tan únicas e características que non se
  • 4. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 3 atopan en ningún outro lugar do planeta. Entre elas destacan os mamíferos, coma os tapires, unha parte importante da dieta yanomami; os monos, os xaguares, os pumas e unha especie única deste lugar: o absolutamente excepcional delfín rosado, sobre o que circulan tantas lendas nas terras do Perú. Tamén abundan os réptiles, como a tartaruga, os caimáns, os crocodilos ou as serpes, entre as que destaca a anaconda, o maior ofidio do mundo e característico da selva do Amazonas; existe tamén unha inmensa variedade de aves e a maior parte de especies de peixes que hai no noso planeta, preséntanse na Amazonia. Todas estas clases de animais son moi abundantes no bosque amazónico, pero sen dúbida, os animais máis comúns de atopar na Amazonia son os insectos, que voan e se arrastran por toda a superficie do “pulmón verde”, asombrándonos coas súas variedades e cores. Toda esta diversidade de animais é moi destacada, pero se falamos da selva amazónica, o primeiro que nos vén á mente son xigantescas árbores e plantas. Non sen razón, a Amazonia é chamada o pulmón do planeta. Unha gran cantidade do osíxeno que se produce día a día na Terra provén deste inmenso bosque tropical, no que tamén hai unha importante actividade de procesamento de CO2. Estas especies vexetais que todas as xornadas nos axudan a manter a vida no planeta, destacan polo seu gran tamaño, con árbores de arredor de 60 metros. Tamén hai gran cantidade de lianas, sotobosque e maleza, orquídeas, manglares, tilandisias, tulipáns e ollos de león, unha especie recentemente descuberta. A pesar de todo isto, as especies propias e características da Amazonia son as plantas epífitas e epífilas, que viven sobre outras plantas pero sen parasitalas nin facerlles mal, e que se caracterizan tamén por non ter raíces que vaian ata o chan. Estas son as auténticas raíñas do bosque amazónico. En relación co tema anterior, o aspecto do clima conta cunha grande importancia. Como na maior parte de selvas tropicais, o territorio yanomamö presenta abundantes precipitacións e unha temperatura media elevada. Goza dun característico clima tropical húmido ou monzónico, que destaca por ser temperado ao longo de todo ano e por unha duración dos días máis ou menos igual en todas as estacións debido á súa proximidade ao Ecuador terrestre. As precipitacións, a pesar de ser de réxime estacional, poucas veces baixan dos 1500 mm. Mantéñense entre 1500 e 2000 mm e son regulares ao longo de todo o ano, polo que hai unha forte humidade constante. Hai polo xeral dúas estacións moi húmidas no ano, marcadas pola chegada da Terra aos equinoccios, e outras dúas algo máis secas e nas que se poden dar ventos fortes e algunha que outra tormenta. As temperaturas non son extremas, cun máximo aproximado de 35 ºC, pero si son constantes, cunha media anual de
  • 5. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 4 entre 25 e 27 ºC, que non sufre grandes variacións estacionais nin entre o día e a noite, por exemplo, as diferencias entre a etapa máis fría e a máis cálida do ano non pasan de 2 ºC. A exposición solar é un tema complicado, xa que por enriba da foresta, o Sol dá de cheo, pero máis abaixo, as enormes estruturas vexetais, tápano. Por esta razón, moitas veces atopamos loitas de crecemento entre plantas por conseguir raios de Sol. A vestimenta, un tema moi condicionado polo aspecto anterior, é moi característica no pobo yanomami. As roupaxes yanomami non presentan moitos compoñentes e son máis ben sinxelas, cunha fin máis ornamental e tradicional que protectora, debido ao clima extremadamente favorable en canto a temperaturas que acabamos de mencionar. As roupas tradicionais dun varón adulto ben vestido son unicamente unhas cordas atadas nos pulsos, nos nocellos e na cintura, co prepucio suxeito a esta última. Aparte, usan tamén unha especie de ramas enroladas no corpo chamadas guayucos para adornarse. A vestimenta das mulleres é igualmente sinxela, pero elas adoitan levar outros engadidos como plumas de aves incrustadas na cabeza, na cara ou no nariz, brazaletes, cordas atadas en brazos e pernas, pendentes e, sobre todo, teñen a costume de facer pintadas por todo o seu corpo, principalmente en negro e vermello con intención protectora e decorativa, xa que esas pinturas teñen un significado relixioso e simbólico para eles. Moi importante e curiosa tamén é a súa sociedade tribal, á que nos referiremos agora. Os yanomami basean a súa sociedade nos principios de tribo tradicionais: a supremacía do parentesco e de provir duns mesmos antepasados sobre outras relacións, tales como o valor matrimonial e a dirección da tribo por parte dun xefe ou autoridade recoñecido. A dirección do grupo adoita estar vinculada ao antes citado, por exemplo, o fillo dun líder, ten máis posibilidades de ser xefe ca un curmán. Aos mandatarios da comunidade chámanlles xefes ou homes grandes, e proceden normalmente de familias numerosas e poderosas da aldea. O seu deber é manter a orde no grupo e establecer relacións con outras comunidades yanomami. Algúns xefes se converten nunha especie de autócratas, mais a maioría se conforma con actuar como superiores frente aos seus iguais. Non están exentos doutras labores, coma a de limpar as hortas, recolectar, cazar e outros traballos propios da súa sociedade. As familias yanomami agrúpanse en casas comunais ou shabonos nos que poden convivir entre 20 e 200 persoas. É común nos yanomamö que se constrúan shabonos múltiples, que están formados por un espazo central aberto rodeado de numerosas casiñas con formas cónicas ou rectangulares cubertas por folla de palma. Cada familia posúe un área propia dentro do
  • 6. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 5 shabono en concreto. Estas familias poden ser monógamas ou polígamas, e neste último caso, cada muller ocupará o seu propio fogón cos seus fillos no interior do shabono, sen mesturar nunca a dúas agrupacións de fillos de distintas mulleres. Os fogóns, entre outras moitas cousas, simbolizan a unión familiar, e para eles sería case un sacrilexio unir nun mesmo fogón a dúas subfamilias distintas. No caso de que exista un problema interno nunha familia, esta escíndese por consenso en dous grupos que pasarán a vivir separados en zonas preferiblemente lonxanas unha da outra. Un dato curioso nas familias yanomami é que non existe un membro dominante que tome as decisións e se impoña ao resto, senón que estas se toman mediante unha especie de debates interfamiliares. Isto débese a que a cultura yanomami cre firmemente na igualdade de dereitos entre todas as persoas, sexan do sexo que sexan. Facendo un pequeno inciso, ao mellor as persoas dos países supostamente civilizados deberíamos dirixir a mirada cara estas tribos e aprender algo deles, que cos seus principios de vida básicos e tradicionais, e nun mundo distinto completamente do noso, se mostran máis coherentes ca os amantes da xustiza que nós dicimos ser á hora de falar de cuestións tan importantes para o funcionamento dunha sociedade como a toma de decisións. Retomemos agora o tema anterior. A grande comunidade yanomami está formada por tres grandes grupos, os sanumá, os yanam e os yanomam. Estes, á súa vez, se dividen en innumerables shabonos, que son as agrupacións de casas que forman poboados, ao longo de toda a selva amázonica. As relacións entre distintas aldeas son tarefa do xefe do poboado, mais o comercio non está apenas desenvolvido neste grupo humano, polo que as relacións non adoitan ser moi firmes. A consecuencia disto, non se establecen xerarquías entre os distintos grupos yanomami, e os xefes só teñen autoridade no interior do seu shabono. Para facerse unha idea de como é a existencia destes individuos, é necesario referirnos ao seu modo de vida. A economía baséase en principios básicos de autoconsumo, é dicir, que se consume o que se produce. Practican principalmente a agricultura, a recolección, a caza e a pesca. As tarefas neste caso divídense segundo o sexo: os varóns son os encargados de cazar. Para iso, utilizan un extracto vexetal letal de cor marrón
  • 7. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 6 parda chamada curare, que é fabricado polos chamanes cociñando raíces e talos dunhas especies concretas de plantas velenosas mesturados con velenos de serpe. O produto final gárdase en cabazas ou canas de bambú, e déixase fermentar durante algúns días nunha cova con animais mortos, de maneira que o cheiro destes se mesture coa substancia do curare. Este veleno, aplicado na cantidade que sexa, é letal, xa que ao entrar en contacto co sangue, o curare libera unha serie de aminoácidos sintetizados chamados alcaloides, o que provoca unha parálise muscular progresiva que afecta tamén ao corazón e aos pulmóns, producindo finalmente a morte do animal por asfixia. Maioritariamente, as presas dos yanomami son tapires, para eles un manxar exquisito; distintas clases de monos; pecaríes e unha especie de cérvidos propios da Amazonia chamados venaditos ou pudús. Esta actividade non lles produce máis que un 10% da súa comida total, mais goza dun gran prestixio entre os yanomamö. Esta tribo ten unha norma que goza de moita importancia para eles respectar en relación coa caza: un cazador nunca comerá a carne que el mesmo cazou, senón que a repartirá entre os seus amigos e familiares e esperará a que outro cazador lle dea parte do que el conseguiu. O incumprimento desta norma traería desgrazas sobre o cazador e a súa familia, segundo di a tradición. As encargadas das tarefas de recolección de froitos e de organizar os cultivos son as mulleres. Debido á pouca produtividade do solo amazónico, os yanomami son nómades, e se ven obrigados a construír shabonos na súa marcha en busca de alimento. Os cultivos duran aproximadamente entre dous e tres anos, e cando se acaban, os yanomamö vense obrigados a talar outra zona da selva para poder utilizala, e a mudarse alí. Principalmente cultivan plátanos, ocumo, yuca dulce, cana de azucre, millo, batata, ñame, malanga, cambur, aguacate, pijiguao, tabaco, algodón e arredor de 60 tipos distintos de gran. Tamén aprecian moito o mel silvestre, do que colleitan ata 15 variedades. Os vexetais gozan dunha grande importancia na vida nos shabonos, xa que os yanomami viven rodeados de árbores e outras plantas, o que inflúe en que no seu día a día utilicen máis de 500 especies distintas de vexetais para facer cousas como hamacas, as súas vivendas e outras ferramentas. A pesca é considerada unha ocupación tanto masculina coma feminina, e para levala a cabo, botan na auga timbó, outro extracto vexetal elaborado con vide machucada que se esparexe pola auga e aturde aos peixes, que nese momento flotan ata a superficie. Unha vez alí, os yanomami utilizan cestos para recollelos e levalos ata o shabono.
  • 8. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 7 O pobo yanomami elabora os seus propios utensilios de caza e pesca, coma arpóns e lanzas rudimentarias, arcos, frechas, machadas primitivas... Tamén constrúen recipientes, por exemplo unha especie de olas ou cestas, que se fabrican trenzando ou unindo ramiñas, lianas, follas e outros produtos vexetais. Ás veces fabrican estes instrumentos tamén con barro seco. Os individuos deste pobo só traballan unha media de catro horas e media ao día, pero aínda así posúen todos os produtos necesarios para vivir comodamente dentro das súas posibilidades. Ademais, ao ter tanto tempo libre, gozan dunha animada e activa vida social entre eles e, menos frecuentemente, entre xente doutros poboados. Dentro do seu modo de vida, non destacan polas súas composicións artísticas, pero tamén posúen mostras moi belas de arte coma as características pinturas que realizan sobre a súa pel con pigmentos vexetais ou os numerosos elementos ornamentais que levan no corpo, como poden ser plumas e lianas decorativas, pendentes, brazaletes, colares feitos con dentes de presas... Os seus chamanes destacan na arte de curar e librar de supostos meigallos. Tamén din que, consumindo unha planta alucinóxena chamada epená machucada e en pequenas cantidades que introducen nas fosas nasais do chaman por medio dun pau oco polo que se sopra, son capaces de ver e falar cos espíritos e influír neles para que curen a alguén ou para obter algún beneficio. Despois de falar do modo de vida desta etnia tan especial, parece unha boa idea que dedicásemos un momentiño ao lugar onde habitan, das súas vivendas: os shabonos. Como xa dixen anteriormente, os yanomami viven en pequenas aldeas xeralmente de entre 40 e 50 habitantes, pero que poden chegar ata os 200. As vivendas teñen formas cónicas ou rectangulares e nelas agrúpanse os individuos por familias. Están construídas mediante ramas de distintas árbores da selva e lianas como elementos de unión entre unhas e outras. Ás veces, as estruturas refórzanse con barro que se deixa secar, o que o volve resistente. As aldeas adoitan construírse en círculo e cun espazo aberto no medio, mais tamén se poden dispoñer simplemente en filas. Estas pequenas casiñas forman unha casa comunal ou shabono, que se organiza en torno á praciña descuberta da que falabamos antes, que é o símbolo de unión e o lugar de reunión do poboado. Tamén é esta praza o lugar onde polas noites os habitantes do shabono se reúnen arredor da fogueira e conversan, comen, fabrican os seus instrumentos e contan as súas historias, mitos e lendas aos máis pequenos. Todos os habitantes do poboado se axudan entre si, colaboran nas tarefas de supervivencia e teñen o deber de aprender aos nenos as tradicións e métodos da súa cultura.
  • 9. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 8 Por último, as historias do pobo yanomami ocupan un lugar primordial nesta exposición. Estes mitos e tradicións son transmitidas, como xa dixen antes nas fogueiras comúns dos shabonos, onde os máis sabios e expertos da tribo as comparten cos máis xoves. Agora falaremos dalgúns costumes e mitos moi característicos desta etnia. Un rito moi primitivo e interesante é, por exemplo, a comida funeraria que se celebra comendo as cinzas dos seus mortos mesturadas cunha especie de salsa de plátano chamada pijiguao. Ao morrer un individuo, hai unha serie de rituais que se deben cumprir para que este pase ben á outra vida. As mulleres da familia e do poboado deben chorar todo o día do seu falecemento na súa honra, e máis tarde quéimanse os restos do defunto xunto cos seus obxectos persoais. Se o corpo non se queima ben, considérase que o morto realizou algunha mala acción en vida e que por iso non é capaz de chegar ao “máis alá”. Á mañá seguinte á defunción, as mulleres deben aparecer coas meixelas ennegrecidas como símbolo de pena, xa que o negro é a cor da pena e a tristura para os yanomami, e comezan as lamentacións polo morto. Tras ese día, o poboado volve á súa actividade normal. Sen embargo, ao pasar un mes da defunción, organízase a famosa comida funeraria das cinzas do individuo mesturadas con pijiguao da que estamos a falar. Esta celebración é moi característica deste pobo, xa que durante ela se agasalla aos visitantes que vaian a darlle o seu último adeus ao corpo do morto, e se establecen alianzas e ligazóns entre familias. Esta práctica é chamada rehao. Posúen tamén un mito moi curioso sobre como está establecido o mundo. Din que o cosmos está formado or catro capas independentes, con forma de prato e preto unhas das outras. Seica nestas rexións se producen cousas anómalas e están habitadas por espíritos e seres fantásticos. A capa superior non ten un papel importante na vida dos yanomami; dela simplemente e segundo a historia, <<caen>> cousas, e é chamada DUKU KÄMISI. A seguinte, chamada HEDU KÄMISI, é parecida á Terra, cunha capa superior invisible para nós, onde viven os defuntos en aldeas con árbores, cultivos, animais, plantas... Segundo eles, cada elemento que existe no noso mundo terreal, existe nesta capa tamén pero dunha maneira distinta. Consideran que a súa parte inferior é o ceo que nós vemos desde abaixo. Os yanomami viven supostamente na capa HEI KÄMISI, nivel que se creou a partires dun cacho de HEDU KÄIMISI que caeu. A capa inferior, a HEI TÄBEBI, é unha zona estéril na que se supón que vive unha variante dos yanomami: caníbales malévolos que capturan as almas dos nenos e as comen. Este parece ser o seu equivalente ao “inferno” cristián.
  • 10. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 9 A súa creación explícana a partir de “O mito do sangue da Lúa”. Segundo este, a Lúa era un home malvado que comera á súa filla e se transformara en Lúa. Os homes bos que vivían na Terra lanzaron unha frecha ao peito da malvada Lúa. Das gotas do sangue desta naceron os feros guerreiros yanomami. Un bo día, un yanomamö que se atopaba só colleu unha fruta chamada wabu, e esta, inmediatamente, se transformou en muller. Tiveron xuntos moitos fillos e fillas, e por iso agora hai tantos yanomami esparexidos por todo o HEI KÄMISI . Outra lenda que lles contan aos seus descendentes é a dos homes xaguar, que explica a desaparición ocasional de nenos nas tribos yanomami e os ataques ocasionais e repentinos que teñen lugar por parte doutros indios coma os caribes e que comen vivos aos habitantes dos poboados. Segundo as súas historias, na Terra hai unha especie de monstros chamados “homes xaguar”, que nun pasado foran yanomami, pero que foron moi crueis na súa vida e que agora están condenados a vagar polo HEI KÄMISI raptando e comendo a outros yanomami para manterse con vida. Os yanomami afirman que toda persoa que nace posúe un dobre animal na natureza. Polo tanto, as persoas ás veces se ven influenciadas polo seu dobre. Por exemplo, cando estás nunha encrucillada e atopas por casualidade o camiño correcto, eles pensan que o que pasa é que o teu espírito animal correspondente xa pasou por ese camiño, e que intenta axudarte mandando a información en forma de pensamento. Pero para eles, non todo o relacionado cos seus dobres é bo, se o teu animal equivalente sofre unha enfermidade, a persoa correspondente verase afectada tamén por ese mal. Unha figura importantísima na vida e na cultura yanomami é o shaman. Este é o encargado de expulsar aos malos espíritos do seu territorio e de manter en bo estado aos habitantes do seu poboado e as relacións cos espíritos. Tamén se ocupan de curar as enfermidades, que segundo a tradición poden estar causadas por catro factores: que una chamán veciño lle lance a alguén un meigallo; polo mal de ollo que che pon enriba outro home; que os malos espíritos lle queiran danar á persoa en concreto; ou que o teu dobre animal estea sufrindo dor ou maltrato. Os chamanes intentan mellorar o estado das persoas mediante cantos, feitizos diversos, unha especie de pocións curativas e variedade de mesturas vexetais que se aplican en forma de emplastos.
  • 11. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 10 Algunha que outra curiosidade da súa cultura é que, a pesar de defender que a muller pode traballar tan ben coma o home, afirman que no proceso de elaboración e destilación do curare, que é o veleno letal ao que nos referiamos antes, non deixan que participe ningunha muller, xa que consideran que o veleno se <<destemplaría>> e non serviría para a caza. Outro dato un tanto curioso é que para eles é tabú pronunciar o seu nome propio. Por raro que pareza, o nome verdadeiro de cada persoa é o seu maior segredo, e educan desde pequenos aos nenos para que soamente o digan en situacións moi especiais a xente de extrema confianza, como pode ser a súa parella ou os seus fillos. Chegan a respectar a tradición ata tal punto, que nin despois de morto se atreven a pronunciar o nome lexítimo da persoa. Hai que dicir que o repertorio de historias, mitos, lendas e costumes curiosos e particulares dos yanomami é amplísimo debido á grande cantidade de tempo que o levan elaborando e a todas as xeneracións que o transmitiron, mais eu só seleccionei as historias que me pareceron máis importantes e que diferencian a cultura yanomamö doutras culturas indíxenas sudamericanas. Facendo unha pequena síntese de todo o mencionado antes, cabe destacar que os yanomami son unha etnia moi pouco avanzada no sentido que ten para nós esta palabra, pero que son perfectamente capaces de convivir coas difíciles situacións que lle pon por diante o seu medio. Non penso que eles sexan os primitivos, soamente se comportan e teñen unha forma de entender o mundo distinta á nosa. E baseo esta afirmación en que superaron todas as dificultades que a evolución lles puxo de por medio e seguiron o seu camiño cara o desenvolvemento, chegando así a ser hoxe en día os verdadeiros reis da Amazonia, os primates a dúas patas que constitúen neste momento a representación dos humanos neste territorio onde a lei principal é a da nai Natureza. Hoxe son considerados primitivos polas grandes civilizacións postindustriais modernas, incluso ás veces inferiores. Son de verdade inferiores? Non o creo. Hoxe están así, pero quen sabe o que farán mañá. A historia do home escribiuse por distintos camiños, e cada camiño ten as características que ten, pero non por ir nós a Casalonga e eles a Balcaide son peores. Eles son, simplemente, diferentes. Eles son, simplemente, os yanoamami.
  • 12. O HOME NO SEU MUNDO – Os yanomami 11 BIBLIOGRAFÍA: -www.monografias.com/trabajos81/yanomami/yanomami2.shtml -es.wikipedia .org/wiki/Pueblo_yanomami -www.survival.es/indígenas/yanomami -es.wikipedia.org/wiki/Curare -es.wikipedia.org/wiki/Pueblo_yanomami#subsistencia -venciclopedia.com/index.php?title=yanomami -es.wikipedia.org/wiki/Lenguas_yanomami -es.wikipedia.org/wiki/Selva_tropical -es.wikipedia.org/wiki/Amazonia -es.wikipedia.org/wiki/Estatura