Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Visita do patrón maior
1. Proxecto Os faros e a luz
Curso 2014-2015
VISITA DO PATRÓN
MAIOR DA CONFRADÍA
DE PESCADORES DE
CAMBADOS
2. O patrón maior da Confraría de
Pescadores de Cambados, Ruperto
Costa, acompañado por un membro do
seu equipo, aceptou a invitación feita
polo equipo da Biblioteca para que
nos falara do seu traballo.
4. A sesión estaba moi ben preparada, pero
Ruperto e o seu acompañante sorprendéronnos
moi gratamente porque non só contaron quenes
eran, que facían, as súas preocupacións polo
sector da pesca e do marisqueo, pola
importancia de educar no respecto ao medio
mariño en canto ás capturas, aos tamaños, ao
peso… senón que nos entusiasmaron falándonos
e ensinándonos sobre os barcos, o sentido das
cores das luces dos barcos, de faros, boias e
balizas…
8. Contaron polo miudo a utilidade dos
instrumentos de navegación , as cartas
náuticas, como recoñecer os faros a
través da cadencia dos destellos e da cor
da luz, as “estradas” que existen no mar,
como evitar abordar outros barcos pola
noite…
20. E ao rematar contestaron todas as
preguntas que lles tiñan preparadas e
aquelas que xurdiron ao longo da charla.
E máis de un, e de unha, xa quere ser patrón
maior de Cambados cando lle chegue a
idade.
21. A semana seguinte, esto é, o xoves 12 de
febreiro, o alumnado de 2º ciclo ,
acompañados polas titoras e dous
profesores máis, remataron a
experiencia visitando a baliza do porto
de Tragove, o edificio de Portos do
Estado, a lonxa e unha depuradora.
Moitas grazas a Ruperto