SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 24
Descargar para leer sin conexión
COUSELO




    Lorena Tato e Marcos Torres (3ºB)
COUSELO
   San Miguel de Couselo é unha parroquia que se
   localiza no norte do concello de Cuntis. Non é
   una aldea moi antiga, xa que non hai moitos anos
   foi anexo da parroquia de Portela. Segundo o
   padrón municipal do 2004 tiña 187 habitantes (99
   mulleres e 88 homes), distribuídos nos lugares
   de: As Carballas, Constenla, Couselo, Mourigade,
   O Pazo e A Raxeira. Couselo limita ao Norte con
   Portela, ao Sur con Piñeiro, ao Leste con Arcos e
   o Oeste co concello de Valga.

   Ás súas costas está o monte Xesteiras cunha
   altura     aproximada      duns      710     m.
   É a parroquia máis pequena do Concello de
   Cuntis, grazas iso convértese nun lugar moi
   acolledor, agradable e relaxante… É o lugar
   perfecto para os que van buscando tranquilidade.
   Na parroquia de Couselo celébrase dúas festas: a
   rapa das bestas e o patrón da festa que e o San
   Miguel de Couselo.

    Na nosa aldea abundan as terras de cultivo de
   cereais para o mantemento do gando vacún de
   algunhas explotacións gandeiras.Tamén abundan
   as casas antigas que no seu momento foron a
   envexa de todos os veciños por seren as máis
   ricas.
COUSELO: IGREXA DE SAN MIGUEL

                       •   A igrexa de San Miguel
                           de Couselo tivo a súa
                           orixe noutra máis antiga,
                           que había no monte de
                           Masteiro. Unha a unha
                           foron    baixando   polo
                           monte as pedras para
                           construír a nova igrexa.
                           Tamén se baixou unha
                           pía bautismal.
                       •   Este ano restaurouse a
                           sancristía, o que custou
                           uns dous mil euros, para
                           quedar peor do que
                           estaba. Saíu en La Voz
                           de Galicia co título “
                           chapuzada” por poñerlle
                           unha cor azul.
COUSELO: os muíños
          •   Hai uns 10 muiños na parroquia de
              Couselo, case todos conservan o rodicio
              e a moa onde se trituraba o
              millo,centeo…,
          •   A forza da auga que entra polo rego move
              o rodicio, ao chocar coas penlas, que son
              as que reciben o impulso da auga,
              facendo xirar a moa, que é a que tritura.
              Como o gran de trigo ou centeo ou millo
              baixa pola muxega remata triturado entre
              as pedras. O tarabelo salta sobre a pedra
              e fai vibrar a cornizuela para que vaia
              deixando caer o gran.
          •   Hai tres muiños na parroquia. O da foto
              está situada ó noroeste, e para chegar hai
              que ir polo medio do monte nun lugar
              difícil de localizar. A este muiño fáltalle o
              tellado e o rodicio está bastante gastado.
              Ó lado deste hai dous muiños máis, pero
              están en moi mal estado. Na actualidade
              o regato non pasa por debaixo de ningún
              dos tres muiños.
COUSELO: a fonte do joio
           Esta é a fonte máis famosa de Couselo, xa que é a
           máis antiga e a calidade da súa auga é das mellores
           que se pode encontrar en moitos quilómetros á
           redonda.

           A auga desta fonte nace no monte do Catadoiro e
           baixa polo monte pasando por varios muíños. A
           auga que cae da fonte vai cara os lavadoiros, onde
           antes se ía lavar a roupa, pero non cae dentro da
           poza senón que xa vai directamente cara ó río. A
           carón da fonte había un gran campo de herba no
           que se poñían as sabas a clare Esta fonte tamén
           dispoñía dun gran campo con herba no que se
           poñían as sabas a clareo.

           Antes había unha placa onde poñía o ano exacto no
           que se puxo a fonte, pero uns seguidores de Franco
           sacáronlla, ninguén sabe por qué o fixeron.

           É unha pena que estas cousas da arquitectura
           popular se deixen abandonadas e se arruínen,
           podendo restauralas e presumir das cousas máis
           significativas que temos na aldea. Na actualidade
           os lavadoiros case non se usan.
COUSELO: hórreos

        Na nosa parroquia hai uns trinta hórreos. O
        hórreo de arriba é o máis grande de Couselo, con
        catro claros. Pertence a casa máis rica da aldea.
        Foi restaurado hai uns cinco anos, estando
        situado nun xardín a carón dunha mina de auga.

        O único defecto que ten este hórreo son os muros
        de ladrillos e cemento que, os donos da casa lle
        tiveron que poñer, por mor do seu derrubamento,
        xa que este hórreo é moi antigo.

        Ao hórreo de abaixo fáltalle a cruz do tellado que
        rompeu. Os ladrillos que ten debaixo quédanlle
        moi mal porque non se lle ven os pés. Os
        tornarratos serven para que os ratos non poidan
        entrar dentro a comer. O hórreo utilízase (ou
        utilizábase) para gardar o gran ou outros
        produtos agrarios. As portas do horreo sitúanse
        case sempre cara o Norte. Na actualidade moita
        xente restaura antigos hórreos como simples
        adornos.
COUSELO: o carro das vacas

                  •   O carro de vacas era moi utilizado
                      fai uns anos na agricultura como
                      transporte de carga. Este carro
                      era   tirado   por   dúas   vacas
                      xunguidas ao carro cos xugos.
                      Ten dúas rodas de madeira co
                      borde de ferro para poder andar
                      máis facilmente polos camiños,
                      que soían ser de pedra e terra.
                      Aos lados levaba dúas ladras
                      (madeiras) ou estadullos (paos)
                      para suxeitar o que levara dentro.
                  •   Coa chegada da mecanización
                      ó     campo      ( aparición dos
                      tractores)    foron     quedando
                      abandonados no curral, nas airas
                      ou nas palleiras.
COUSELO: O POMBAL

            •   Este é o único pombal que hai na
                parroquia, en Mourigade de Arriba.
                Está bastante conservado aínda
                que lle falta o tellado, que xa fai
                tempo que lle caeu. Tiña forma de
                pico    cunhas      ventaniñas.    Os
                pombáis na antigüidade estaban
                nos pazos ou casas ricas, pero
                neste caso está nunha casa común
                da aldea.

                Por dentro ten unhas especies de
                mesas onde se lle poñía a comida
                ás pombas, ten dúas “mesas” pero
                a unha fáltalle o prato de arriva; e
                ten numerosos ocos que serían o
                lugar   onde   se    acubillaban   as
                pombas.
COUSELO: río da pena

               Éste é o chamado “Río da Pena”.
               Nace no monte do Mosteiro e
               desemboca na ponte da Anllada
               no río Gallo.

               Máis cun río é un regato porque
               seca no verán, aínda que non fai
               falla que chova moito para que vaia
               a tope. Cando o río vai cheo
               séntese o ruído que fai a auga ao
               chocar coas rochas, a moita
               distancia, xa que o desnivel que
               presenta o seu curso é moi alto.

               Éste río foi vítima dos xogos de
               moitos rapaces xa que era o lugar
               elixido por todos para pasalo ben.

               Agora, este río só é vítima    dos
               humanos xa que non hai         que
               buscar moito para encontrar   todo
               tipo de residuos, os cales     non
               deberían estar alí.
COUSELO: río do masteiro

                 Éste é o río do Masteiro . Éste río
                 forma unha gran fervenza duns 20
                 metros de altura. Ata non hai moito
                 este salto    víase perfectamente,
                 pero agora non se ve nada, por
                 culpa de árbores , silvas, toxos e
                 outros arbustos que a tapan.

                 Éste río é un dos máis fermosos de
                 Couselo polas súas fervenzas e
                 cuncas. Pero tamén é un “vertedoiro
                 público” xa que moitas persoas
                 veñen verten alí desperdicios como
                 rodas, e incluso hai latas de
                 gasolina.

                 Cando verdadeiramente a este río se
                 lle apreza ben a súa fermosura é en
                 outono, porque vai cheo de auga e
                 toda a carriza está verde, mentres
                 destacan o laranxa e o amarelo das
                 follas dos carballos. En inverno,
                 cando fai moito frío, das rochas e
                 dalgunhas       árbores    pequenas,
                 penduran pequenos carambelos de
                 xeo, o que fai todo máis fermoso.
COUSELO: río do joio

               Gústame porque é un lugar ó que non
               vai ninguén, polo que é o sitio
               perfecto para pensar, estar soa…

               O peor é que este río pasa ao lado
               dunha casa e os donos botan alí todo
               tipo de desperdicios, como plásticos,
               rodas, cadeiras, animais mortos…

               Un grupo de amigos e eu intentamos
               varias veces limpalo e algunha vez
               conseguímolo,       pero    se    nos
               despistábamos uns días xa volvía a
               estar igual. E incluso algunhas veces
               os donos da casa berráronnos por
               estar alí limpándoo. Non teñen razón
               porque o río non é da súa
               propiedade. Ó contrario, teríamos
               que     ser    nós     os   que    os
               demandáramos por contaminar o río.

               Alí tamén está o carballo máis vello
               de todo Couselo e o río , no outono,
               sempre está cheo de landras, e iso
               aínda o fai todo máis fermoso.
COUSELO: a corticeira



                 •   A corticeira ten unha altura
                     duns 20 metros. Esta árbore
                     está dentro da miña horta, en
                     Constenla.   Ten    máis      dun
                     século e pode superar os 150
                     anos.    A cortiza sácase da
                     capa externa da e serve para
                     protexer a capa interna da
                     árbore. A cortiza externa é
                     unha     masa      elástica     e
                     homoxénea que está formada
                     por células mortas, o quea fai
                     case    impermeable    para     a
                     auga e os gases.
COUSELO: a pedra da aguia

                 Ésta é a famosa Pedra da Aguia, é
                 un conxunto de aproximadamente
                 catro pedras montadas de forma que
                 aguantan de pé. Hai un oco no
                 centro, polo que se pode subir á
                 cima. Outros, en cambio, prefiren
                 escalar xa que aínda que non se
                 apreza na foto, ten unha gran altura.

                 Dende arriba da Pedra vese unha
                 panorámica que en moi poucos
                 lugares de aquí se pode mirar, aínda
                 que moitas veces a néboa non o
                 permite.

                 Ao subirse á Pedra pódense ver os
                 danos que a erosión do vento e a
                 auga ten producido nela, con varias
                 cuncas e fendas.

                 En tempos foi o acubillo de moitos
                 homes cando empezou a Guerra por
                 temor ao terrible “paseo”.
COUSELO: o xesteiras

                 O monte Xesteiras cunha altura
                 de uns 710 m e a súa cima
                 domina paisaxes de gran
                 beleza. Dese o cume divísanse
                 ó    norte     as  localidades
                 coruñesas de Padrón e Iria
                 Flavia      situadas        nas
                 proximidades do río Ulla. Ó sur
                 vemos as vilas de Caldas de
                 Reis e Cuntis.

                 Este tamén foi un dos poucos
                 montes da zona que carece de
                 un parque eólico, aínda que
                 está planificado facer un. Isto
                 creo que vai a estragarr toda a
                 fermosura da que agora
                 presume o noso monte.

                 Tamén é famoso pola caza e
                 por terse convertirse nun
                 circuíto para os moteiros. Non
                 terán outro sitio!
COUSELO: A RAPA DAS BESTAS



                   A rapa das bestas celébrase ao
                 longo dun fin de semana de agosto,
                 durante tres días seguidos, venres,
                 sábado e domingo. O primeiro día
                 pola noite faise unha degustación
                 gratuita do poldro, o segundo día é a
                 festa do cabalo e o terceiro día a
                 rapa, que consiste en reunir os
                 cabalos nun curro para marcalos e
                 cortarlle as crinas. Tódolos anos
                 habilítase unha zona de acampada.
                 Cada ano sortean un poldro.
COUSELO: A economía


             •   Na parroquia só hai tres veciños
                 que teñan vacas para vender o
                 leite. As crías   véndenas ou
                 déixanas para o seu consumo.
                 Nesta granxa teñen 10 vacas.
                 Está feita de bloques e uralita
                 para conservar o fresco de
                 verán e a calor no inverno. As
                 vacas están separadas por uns
                 ferros curvados e están atadas
                 con cadeas. Cada dúas vacas
                 hai bebedoiro. Diante delas esta
                 o presebe onde comen herba,
                 millo… Detrás delas hai unha
                 canaleta por donde pasan os
                 excrementos que van para un
                 pozo onde se almacenan os
                 residuos, para despois utilizalos
                 como abono.
COUSELO: A economía



           •   En Couselo destacan os invernadoiros
               de Enanflor, adicados ao cultivo de
               plantas e árbores              de adorno, e
               froiteiras. Ten cinco invernadoiros de
               ferro e plástico.         O     interior é de
               cemento e teñen unhas pozas onde
               están as prantas. Ó lado teñen unha
               parcela      de       terreo   onde        plantan
               directamente na terra algunhas árbores
               de     adorno     e     froiteiras.         Estes
               invernadoiros están situados nunha
               zona despexada ao Norte de Couselo ó
               lado    da    estrada     xeral.      De     noite
               podemos       velos     grazas     aos      tubos
               fluorescentes.
COUSELO: AS CASAS

               Ésta casa foi unha das máis
               importantes e ricas de Couselo.
               Chamada      “A     casa    do
               panadeiro”. Os donos da casa
               eran dunha familia rica de
               Santiago de Compostela, e un
               panadeiro da aldea mercoulla. A
               ela acudían antes tódolos
               rapaces da aldea a recibir a
               ensinanza     imposta    polos
               profesores.

               Ademais de ser unha casa de
               pedra moi antiga e grande, esta
               casa tamén destaca por teren o
               hórreo máis grande e antigo de
               Couselo, de catro claros, unha
               palleira de pedra, onde aínda
               están gardados algúns antigos
               utensilios de labranza e o máis
               importante, unha antiga mina
               de auga, que era de onde se
               sacaba a auga para o uso dos
               habitantes da propia casa.
COUSELO: AS CASAS
          Ésta foi a casa máis importante de Couselo
          e a que tivo máis que ver no
          desenvolvemento da nosa aldea. Era a casa
          dun médico chamado Don Gabriel Porto
          Neira, que faleceu o 1 de xullo de 1951 ós 72
          anos e a súa muller Dª Consuelo Gontad
          Rey, que faleceu o 15 de Agosto de 1940.

           Nesta casa o prestixioso médico pasaba
          consulta a todos os veciños con algunha
          doenza e a veciños de aldeas próximas.
          Tamén pasaba consulta en Cuntis.

          Foi a primeira casa de Couselo en ter unha
          televisión, e isto revolucionou o mundo da
          tecnoloxía nesta pequena aldea.

          Esta casa está reformada, xa que tiña unha
          pedra moi fina e cambiáronlla por unha máis
          grosa sobre o ano 1941.

          Tamén foi a primeira casa en utilizar un
          pequeno terreo para un xardín, para o cal
          tiñan o seu propio xardiñeiro.
COUSELO: AS CASAS



                Ésta é a casa que menos me
                gusta    de    todo   Couselo,
                chamada a “casa do Camiño
                Novo”. Non é porque sexa a
                máis pobre, o cal, non é certo;
                senón porque os donos desta
                casa,   intentando   restaurala
                esnaquizárona aínda máis.

                Os donos desta casa estiveron
                en Suíza durante uns anos, e
                isto supuxo que gañaran máis
                cartos e que quixeran reformar a
                casa. Antes era unha casa como
                calquera outra, non moi grande,
                de     cor     branca…       Pero
                empezaron       a     aumentarlle
                anacos, e cada vez se fixo máis
                grande, o cal xa a fai máis fea, e
                como remate pintárona desa cor
                tan chamativa.
COUSELO: AS CASAS



           •   A casa esta é unha das máis bonitas
               da parroquia, porque foi restaurada fai
               pouco tempo. Nela podemos aprezar
               as características da casa típica do
               rural galego, xa que ten as fiestras
               pequenas, os muros son grosos o
               tellado a dúas augas, utilizando a tella
               do pais.
           •   Ten un alpendre no fondo para gardar
               os animais e os apeiros de labranza.
               Tamén ten un hórreo, ainda que non
               aparezca na foto, onde se gardaba os
               cereais    durante   o   inverno.    Os
               elementos máis novos son o xardín e
               máis o cerramento.
COUSELO: AS CASAS



        •   E outra das casas que me gustan da
            parroquia. Esta casa foi construída xa fai
            moitos anos por uns veciños que emigraran
            a Andorra. Por iso permanece pechada
            durante todo o ano, agás nas vacacións, que
            as veñen pasar aquí coa súa familia.
        •   O que lle queda bastante mal é a entrada,
            porque o portal é máis alto que a parede, e
            as columnas de ladrillo quédalle mal coa
            pedra. Destaca como elementos típicos do
            rural e a utilización da pedra do país. A
            diferenza da anterior casa, non ten alpendre
            nin hórreo.
COUSELO: AS CASAS


            •   Nesta diapositiva móstrase unha
                casa de recente construción, a cal
                non me gusta porque é moi
                moderna, e non se integra no medio,
                polos elementos que a conforman e
                pola súa arquitectura en xeral.
            •   A casa está situada no medio
                dunhas leiras, sin agruparse nunha
                aldea. Esto supón uns gastos dos
                servizos públicos, como a recollida
                de lixo, alumeado … Ademais está a
                beira dun río, o que supón durante
                moitos días do ano néboa, e ao
                mesmo tempo é unha zona onde
                sopra moito o vento do norte.
COUSELO: o campo da festa


                O edificio de cor branca que aparece
                por detrás do palco é a antiga escola, a
                que aínda fun ata os cinco anos, e ao
                marchar os rapaces para o colexio, esta
                tivo que pechar. Agora úsase como
                “estudo de música” para algúns e
                obradoiro de manualidades para outros.

                Aquí tamén estaba o patio da escola,
                onde había un gran xardín e xogos
                como os columpios, pero como un ano
                un camión dun grupo musical se
                enterrou na lama tiveron que botarlle
                formigón para que non volvese a
                suceder.

                Este campo tamén o utilizamos algúns
                rapaces como parada do autobús xa
                que se chove podémonos resgardar da
                choiva no palco,

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Humidais da Terra Cha
Humidais da Terra ChaHumidais da Terra Cha
Humidais da Terra Chamonadela
 
Edac muinhos
Edac muinhosEdac muinhos
Edac muinhossatelite1
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio culturalAmeazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio culturalHumberto Martínez
 
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Agrela Elvixeo
 

La actualidad más candente (9)

Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Humidais da Terra Cha
Humidais da Terra ChaHumidais da Terra Cha
Humidais da Terra Cha
 
Guia natural
Guia naturalGuia natural
Guia natural
 
Edac muinhos
Edac muinhosEdac muinhos
Edac muinhos
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Os muíños
Os muíñosOs muíños
Os muíños
 
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio culturalAmeazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural
Ameazas e ideas de futuro sobre o patrimonio cultural
 
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
 

Destacado (8)

Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
Vanesa Trasponte
Vanesa TrasponteVanesa Trasponte
Vanesa Trasponte
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Gontade
GontadeGontade
Gontade
 
Cardecide E Laxos
Cardecide E LaxosCardecide E Laxos
Cardecide E Laxos
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
A ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURAA ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURA
 

Similar a Couselo

Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 172TERE
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna2TERE
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augamonadela
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da augaiesasorey
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxeiesasorey
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxemonadela
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de coracurradbc
 
Muíño de marea a seca
Muíño de marea a secaMuíño de marea a seca
Muíño de marea a secaiesasorey
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBmarloga
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxoalbela
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláBergantera
 
Rota de 5º curso
Rota de 5º cursoRota de 5º curso
Rota de 5º cursosenlleiro2
 
A auga na cultura galega. Auga que traballa
A auga na cultura galega. Auga que traballa A auga na cultura galega. Auga que traballa
A auga na cultura galega. Auga que traballa monadela
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte bibliolois
 
Auga que traballa
Auga que traballaAuga que traballa
Auga que traballaiesasorey
 

Similar a Couselo (20)

Magán
MagánMagán
Magán
 
Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 17
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
O relevo en galicia (8)
O relevo en galicia (8)O relevo en galicia (8)
O relevo en galicia (8)
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
Os muiños
Os muiñosOs muiños
Os muiños
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da auga
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da auga
 
Auga paisaxe
Auga paisaxeAuga paisaxe
Auga paisaxe
 
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxeA auga na cultura galega. Auga e paisaxe
A auga na cultura galega. Auga e paisaxe
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de cora
 
Muíño de marea a seca
Muíño de marea a secaMuíño de marea a seca
Muíño de marea a seca
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxo
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De Acolá
 
Rota de 5º curso
Rota de 5º cursoRota de 5º curso
Rota de 5º curso
 
A auga na cultura galega. Auga que traballa
A auga na cultura galega. Auga que traballa A auga na cultura galega. Auga que traballa
A auga na cultura galega. Auga que traballa
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte
 
Auga que traballa
Auga que traballaAuga que traballa
Auga que traballa
 

Más de Heladio Anxo Fernández (19)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 

Couselo

  • 1. COUSELO Lorena Tato e Marcos Torres (3ºB)
  • 2. COUSELO San Miguel de Couselo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cuntis. Non é una aldea moi antiga, xa que non hai moitos anos foi anexo da parroquia de Portela. Segundo o padrón municipal do 2004 tiña 187 habitantes (99 mulleres e 88 homes), distribuídos nos lugares de: As Carballas, Constenla, Couselo, Mourigade, O Pazo e A Raxeira. Couselo limita ao Norte con Portela, ao Sur con Piñeiro, ao Leste con Arcos e o Oeste co concello de Valga. Ás súas costas está o monte Xesteiras cunha altura aproximada duns 710 m. É a parroquia máis pequena do Concello de Cuntis, grazas iso convértese nun lugar moi acolledor, agradable e relaxante… É o lugar perfecto para os que van buscando tranquilidade. Na parroquia de Couselo celébrase dúas festas: a rapa das bestas e o patrón da festa que e o San Miguel de Couselo. Na nosa aldea abundan as terras de cultivo de cereais para o mantemento do gando vacún de algunhas explotacións gandeiras.Tamén abundan as casas antigas que no seu momento foron a envexa de todos os veciños por seren as máis ricas.
  • 3. COUSELO: IGREXA DE SAN MIGUEL • A igrexa de San Miguel de Couselo tivo a súa orixe noutra máis antiga, que había no monte de Masteiro. Unha a unha foron baixando polo monte as pedras para construír a nova igrexa. Tamén se baixou unha pía bautismal. • Este ano restaurouse a sancristía, o que custou uns dous mil euros, para quedar peor do que estaba. Saíu en La Voz de Galicia co título “ chapuzada” por poñerlle unha cor azul.
  • 4. COUSELO: os muíños • Hai uns 10 muiños na parroquia de Couselo, case todos conservan o rodicio e a moa onde se trituraba o millo,centeo…, • A forza da auga que entra polo rego move o rodicio, ao chocar coas penlas, que son as que reciben o impulso da auga, facendo xirar a moa, que é a que tritura. Como o gran de trigo ou centeo ou millo baixa pola muxega remata triturado entre as pedras. O tarabelo salta sobre a pedra e fai vibrar a cornizuela para que vaia deixando caer o gran. • Hai tres muiños na parroquia. O da foto está situada ó noroeste, e para chegar hai que ir polo medio do monte nun lugar difícil de localizar. A este muiño fáltalle o tellado e o rodicio está bastante gastado. Ó lado deste hai dous muiños máis, pero están en moi mal estado. Na actualidade o regato non pasa por debaixo de ningún dos tres muiños.
  • 5. COUSELO: a fonte do joio Esta é a fonte máis famosa de Couselo, xa que é a máis antiga e a calidade da súa auga é das mellores que se pode encontrar en moitos quilómetros á redonda. A auga desta fonte nace no monte do Catadoiro e baixa polo monte pasando por varios muíños. A auga que cae da fonte vai cara os lavadoiros, onde antes se ía lavar a roupa, pero non cae dentro da poza senón que xa vai directamente cara ó río. A carón da fonte había un gran campo de herba no que se poñían as sabas a clare Esta fonte tamén dispoñía dun gran campo con herba no que se poñían as sabas a clareo. Antes había unha placa onde poñía o ano exacto no que se puxo a fonte, pero uns seguidores de Franco sacáronlla, ninguén sabe por qué o fixeron. É unha pena que estas cousas da arquitectura popular se deixen abandonadas e se arruínen, podendo restauralas e presumir das cousas máis significativas que temos na aldea. Na actualidade os lavadoiros case non se usan.
  • 6. COUSELO: hórreos Na nosa parroquia hai uns trinta hórreos. O hórreo de arriba é o máis grande de Couselo, con catro claros. Pertence a casa máis rica da aldea. Foi restaurado hai uns cinco anos, estando situado nun xardín a carón dunha mina de auga. O único defecto que ten este hórreo son os muros de ladrillos e cemento que, os donos da casa lle tiveron que poñer, por mor do seu derrubamento, xa que este hórreo é moi antigo. Ao hórreo de abaixo fáltalle a cruz do tellado que rompeu. Os ladrillos que ten debaixo quédanlle moi mal porque non se lle ven os pés. Os tornarratos serven para que os ratos non poidan entrar dentro a comer. O hórreo utilízase (ou utilizábase) para gardar o gran ou outros produtos agrarios. As portas do horreo sitúanse case sempre cara o Norte. Na actualidade moita xente restaura antigos hórreos como simples adornos.
  • 7. COUSELO: o carro das vacas • O carro de vacas era moi utilizado fai uns anos na agricultura como transporte de carga. Este carro era tirado por dúas vacas xunguidas ao carro cos xugos. Ten dúas rodas de madeira co borde de ferro para poder andar máis facilmente polos camiños, que soían ser de pedra e terra. Aos lados levaba dúas ladras (madeiras) ou estadullos (paos) para suxeitar o que levara dentro. • Coa chegada da mecanización ó campo ( aparición dos tractores) foron quedando abandonados no curral, nas airas ou nas palleiras.
  • 8. COUSELO: O POMBAL • Este é o único pombal que hai na parroquia, en Mourigade de Arriba. Está bastante conservado aínda que lle falta o tellado, que xa fai tempo que lle caeu. Tiña forma de pico cunhas ventaniñas. Os pombáis na antigüidade estaban nos pazos ou casas ricas, pero neste caso está nunha casa común da aldea. Por dentro ten unhas especies de mesas onde se lle poñía a comida ás pombas, ten dúas “mesas” pero a unha fáltalle o prato de arriva; e ten numerosos ocos que serían o lugar onde se acubillaban as pombas.
  • 9. COUSELO: río da pena Éste é o chamado “Río da Pena”. Nace no monte do Mosteiro e desemboca na ponte da Anllada no río Gallo. Máis cun río é un regato porque seca no verán, aínda que non fai falla que chova moito para que vaia a tope. Cando o río vai cheo séntese o ruído que fai a auga ao chocar coas rochas, a moita distancia, xa que o desnivel que presenta o seu curso é moi alto. Éste río foi vítima dos xogos de moitos rapaces xa que era o lugar elixido por todos para pasalo ben. Agora, este río só é vítima dos humanos xa que non hai que buscar moito para encontrar todo tipo de residuos, os cales non deberían estar alí.
  • 10. COUSELO: río do masteiro Éste é o río do Masteiro . Éste río forma unha gran fervenza duns 20 metros de altura. Ata non hai moito este salto víase perfectamente, pero agora non se ve nada, por culpa de árbores , silvas, toxos e outros arbustos que a tapan. Éste río é un dos máis fermosos de Couselo polas súas fervenzas e cuncas. Pero tamén é un “vertedoiro público” xa que moitas persoas veñen verten alí desperdicios como rodas, e incluso hai latas de gasolina. Cando verdadeiramente a este río se lle apreza ben a súa fermosura é en outono, porque vai cheo de auga e toda a carriza está verde, mentres destacan o laranxa e o amarelo das follas dos carballos. En inverno, cando fai moito frío, das rochas e dalgunhas árbores pequenas, penduran pequenos carambelos de xeo, o que fai todo máis fermoso.
  • 11. COUSELO: río do joio Gústame porque é un lugar ó que non vai ninguén, polo que é o sitio perfecto para pensar, estar soa… O peor é que este río pasa ao lado dunha casa e os donos botan alí todo tipo de desperdicios, como plásticos, rodas, cadeiras, animais mortos… Un grupo de amigos e eu intentamos varias veces limpalo e algunha vez conseguímolo, pero se nos despistábamos uns días xa volvía a estar igual. E incluso algunhas veces os donos da casa berráronnos por estar alí limpándoo. Non teñen razón porque o río non é da súa propiedade. Ó contrario, teríamos que ser nós os que os demandáramos por contaminar o río. Alí tamén está o carballo máis vello de todo Couselo e o río , no outono, sempre está cheo de landras, e iso aínda o fai todo máis fermoso.
  • 12. COUSELO: a corticeira • A corticeira ten unha altura duns 20 metros. Esta árbore está dentro da miña horta, en Constenla. Ten máis dun século e pode superar os 150 anos. A cortiza sácase da capa externa da e serve para protexer a capa interna da árbore. A cortiza externa é unha masa elástica e homoxénea que está formada por células mortas, o quea fai case impermeable para a auga e os gases.
  • 13. COUSELO: a pedra da aguia Ésta é a famosa Pedra da Aguia, é un conxunto de aproximadamente catro pedras montadas de forma que aguantan de pé. Hai un oco no centro, polo que se pode subir á cima. Outros, en cambio, prefiren escalar xa que aínda que non se apreza na foto, ten unha gran altura. Dende arriba da Pedra vese unha panorámica que en moi poucos lugares de aquí se pode mirar, aínda que moitas veces a néboa non o permite. Ao subirse á Pedra pódense ver os danos que a erosión do vento e a auga ten producido nela, con varias cuncas e fendas. En tempos foi o acubillo de moitos homes cando empezou a Guerra por temor ao terrible “paseo”.
  • 14. COUSELO: o xesteiras O monte Xesteiras cunha altura de uns 710 m e a súa cima domina paisaxes de gran beleza. Dese o cume divísanse ó norte as localidades coruñesas de Padrón e Iria Flavia situadas nas proximidades do río Ulla. Ó sur vemos as vilas de Caldas de Reis e Cuntis. Este tamén foi un dos poucos montes da zona que carece de un parque eólico, aínda que está planificado facer un. Isto creo que vai a estragarr toda a fermosura da que agora presume o noso monte. Tamén é famoso pola caza e por terse convertirse nun circuíto para os moteiros. Non terán outro sitio!
  • 15. COUSELO: A RAPA DAS BESTAS A rapa das bestas celébrase ao longo dun fin de semana de agosto, durante tres días seguidos, venres, sábado e domingo. O primeiro día pola noite faise unha degustación gratuita do poldro, o segundo día é a festa do cabalo e o terceiro día a rapa, que consiste en reunir os cabalos nun curro para marcalos e cortarlle as crinas. Tódolos anos habilítase unha zona de acampada. Cada ano sortean un poldro.
  • 16. COUSELO: A economía • Na parroquia só hai tres veciños que teñan vacas para vender o leite. As crías véndenas ou déixanas para o seu consumo. Nesta granxa teñen 10 vacas. Está feita de bloques e uralita para conservar o fresco de verán e a calor no inverno. As vacas están separadas por uns ferros curvados e están atadas con cadeas. Cada dúas vacas hai bebedoiro. Diante delas esta o presebe onde comen herba, millo… Detrás delas hai unha canaleta por donde pasan os excrementos que van para un pozo onde se almacenan os residuos, para despois utilizalos como abono.
  • 17. COUSELO: A economía • En Couselo destacan os invernadoiros de Enanflor, adicados ao cultivo de plantas e árbores de adorno, e froiteiras. Ten cinco invernadoiros de ferro e plástico. O interior é de cemento e teñen unhas pozas onde están as prantas. Ó lado teñen unha parcela de terreo onde plantan directamente na terra algunhas árbores de adorno e froiteiras. Estes invernadoiros están situados nunha zona despexada ao Norte de Couselo ó lado da estrada xeral. De noite podemos velos grazas aos tubos fluorescentes.
  • 18. COUSELO: AS CASAS Ésta casa foi unha das máis importantes e ricas de Couselo. Chamada “A casa do panadeiro”. Os donos da casa eran dunha familia rica de Santiago de Compostela, e un panadeiro da aldea mercoulla. A ela acudían antes tódolos rapaces da aldea a recibir a ensinanza imposta polos profesores. Ademais de ser unha casa de pedra moi antiga e grande, esta casa tamén destaca por teren o hórreo máis grande e antigo de Couselo, de catro claros, unha palleira de pedra, onde aínda están gardados algúns antigos utensilios de labranza e o máis importante, unha antiga mina de auga, que era de onde se sacaba a auga para o uso dos habitantes da propia casa.
  • 19. COUSELO: AS CASAS Ésta foi a casa máis importante de Couselo e a que tivo máis que ver no desenvolvemento da nosa aldea. Era a casa dun médico chamado Don Gabriel Porto Neira, que faleceu o 1 de xullo de 1951 ós 72 anos e a súa muller Dª Consuelo Gontad Rey, que faleceu o 15 de Agosto de 1940. Nesta casa o prestixioso médico pasaba consulta a todos os veciños con algunha doenza e a veciños de aldeas próximas. Tamén pasaba consulta en Cuntis. Foi a primeira casa de Couselo en ter unha televisión, e isto revolucionou o mundo da tecnoloxía nesta pequena aldea. Esta casa está reformada, xa que tiña unha pedra moi fina e cambiáronlla por unha máis grosa sobre o ano 1941. Tamén foi a primeira casa en utilizar un pequeno terreo para un xardín, para o cal tiñan o seu propio xardiñeiro.
  • 20. COUSELO: AS CASAS Ésta é a casa que menos me gusta de todo Couselo, chamada a “casa do Camiño Novo”. Non é porque sexa a máis pobre, o cal, non é certo; senón porque os donos desta casa, intentando restaurala esnaquizárona aínda máis. Os donos desta casa estiveron en Suíza durante uns anos, e isto supuxo que gañaran máis cartos e que quixeran reformar a casa. Antes era unha casa como calquera outra, non moi grande, de cor branca… Pero empezaron a aumentarlle anacos, e cada vez se fixo máis grande, o cal xa a fai máis fea, e como remate pintárona desa cor tan chamativa.
  • 21. COUSELO: AS CASAS • A casa esta é unha das máis bonitas da parroquia, porque foi restaurada fai pouco tempo. Nela podemos aprezar as características da casa típica do rural galego, xa que ten as fiestras pequenas, os muros son grosos o tellado a dúas augas, utilizando a tella do pais. • Ten un alpendre no fondo para gardar os animais e os apeiros de labranza. Tamén ten un hórreo, ainda que non aparezca na foto, onde se gardaba os cereais durante o inverno. Os elementos máis novos son o xardín e máis o cerramento.
  • 22. COUSELO: AS CASAS • E outra das casas que me gustan da parroquia. Esta casa foi construída xa fai moitos anos por uns veciños que emigraran a Andorra. Por iso permanece pechada durante todo o ano, agás nas vacacións, que as veñen pasar aquí coa súa familia. • O que lle queda bastante mal é a entrada, porque o portal é máis alto que a parede, e as columnas de ladrillo quédalle mal coa pedra. Destaca como elementos típicos do rural e a utilización da pedra do país. A diferenza da anterior casa, non ten alpendre nin hórreo.
  • 23. COUSELO: AS CASAS • Nesta diapositiva móstrase unha casa de recente construción, a cal non me gusta porque é moi moderna, e non se integra no medio, polos elementos que a conforman e pola súa arquitectura en xeral. • A casa está situada no medio dunhas leiras, sin agruparse nunha aldea. Esto supón uns gastos dos servizos públicos, como a recollida de lixo, alumeado … Ademais está a beira dun río, o que supón durante moitos días do ano néboa, e ao mesmo tempo é unha zona onde sopra moito o vento do norte.
  • 24. COUSELO: o campo da festa O edificio de cor branca que aparece por detrás do palco é a antiga escola, a que aínda fun ata os cinco anos, e ao marchar os rapaces para o colexio, esta tivo que pechar. Agora úsase como “estudo de música” para algúns e obradoiro de manualidades para outros. Aquí tamén estaba o patio da escola, onde había un gran xardín e xogos como os columpios, pero como un ano un camión dun grupo musical se enterrou na lama tiveron que botarlle formigón para que non volvese a suceder. Este campo tamén o utilizamos algúns rapaces como parada do autobús xa que se chove podémonos resgardar da choiva no palco,