1. TEMA 2 SOCIAIS – 6º
Tempo atmosférico é o estado da atmosfera nun período curto de tempo. Clima é o
estado da atmosfera pero durante un período longo de tempo. Os factores que máis
inflúen no clima son a temperatura e as precipitacións.
TEMPERATURAS: o planeta podemos diferenciar 5 zonas climáticas: 2 frías nos
Polos, 1 cálida preto ecuador e 2 temperadas, entre as anteriores. Nisto inflúe á...
*Latitude: distancia desde calquera punto ao ecuador. Mídese en graos, minutos e
segundos e pode ser N ou S. A menor latitude, os raios do sol inciden máis
perpendiculares, polo que quentan máis (máis calor).
*Altitude: altura de calquera punto con relación ao nivel do mar. A maior altitude,
menor temperatura (1 grao menos cada 150 m que ascendemos).
*Distancia ao mar: nas zonas costeiras danse temperaturas máis suaves.
PRECIPITACIÓNS: son a cantidade de auga que cae nunha zona (chuvia, neve,
sarabia). Mídese en litros por metro cadrado (l/m2
). Mídese co pluviómetro.
Ciclo da auga: a auga de mares, ríos, lagoas,... evapórase e elévase. Este vapor de
auga ao subir arrefríase condensándose en forma de gotas, formando as nubes.
Cando se dan as condicións, por efecto da gravidade, caen ao chan. Regan campos e
van parar a ríos, lagoas e océanos. Este proceso repítese constantemente.
Nas zonas onde se dan temperaturas altas e grandes masas de auga, chove moito.
O clima dun lugar represéntase en climogramas. Neles represéntanse as
temperaturas e precipitacións dun lugar, ao longo dos meses do ano.
A paisaxe é unha extensión de terreo onde atopamos elementos naturais(existentes
na natureza) e elementos artificiais(creados polo ser humano). Podemos distinguir
paisaxes... de interior (montaña ou chaira)
montañas (elevacións naturais do terreo +600 m); chairas (extensións grandes sen
grandes desniveis ou ondulacións, a menos de 200 m de altura sobre o mar);
mesetas (chairas elevadas sobre o mar +200 m); depresións (zonas por onde van os
ríos, a baixa altitude).
...de costa
*albufeira (lagoa de auga salobre próxima ao mar, pouco profunda; arquipélago
(conxunto de illas próximas entre elas); golfo (gran porción de mar que entra na
terra); baía (entrada do mar similar ao golfo, pero de menor tamaño); cabo (porción
de costa que entra no mar); cantil (terreo abrupto en forte pendente); illa (porción
de terreo rodeado de auga por todas partes); istmo (zona estreita de terra que une
dúas zonas terrestres); marisma (terras baixas inundadas polo mar); península
(terra rodeada de auga e unida por un istmo a outra extensión de terra maior) ;
praia (extensión de area á beira do mar); ría (entrada do mar na desembocadura
dun río).
CÁLIDOS –preto do ecuador: Ecuatorial (forte calor e humidade; temperaturas
elevadas e choivas abundantes todo o ano). Tropical (caloroso todo o ano, cunha
estación seca e outra chuviosa). Desértico (calor e aridez, sen apenas precipitacións)
TEMPERADOS –entre os trópicos e os círculos polares: Oceánico (temperaturas
suaves todo o ano e chuvias abundantes). Continental (veráns calorosos e invernos
fríos; precipitacións escasas). Mediterráneo (veráns calorosos e secos e invernos
suaves; chuvias na primavera e outono).
FRÍOS –zonas polares e alta montaña: Polar (frío intenso e duradeiro, sen verán). De
montaña (veráns frescos e invernos fríos).
RELEVO DE EUROPA E ESPAÑA POLOS MAPAS
Ríos de España: *vertente cantábrica (curtos e de caudal abundante).*vertente
mediterránea (mediana lonxitude, agás o Ebro, e de réxime irregular). *vertente
atlántica (caudalosos e de réxime regular)
OCEÁNICO: dáse no norte da península (Galicia e cornixa cantábrica). Caracterízase
por ter temperaturas suaves todo o ano; abundantes chuvias regulares; paisaxes
verdes. MEDITERRÁNEO: nas zonas próximas ao mar Mediterráneo. As
temperaturas altas en verán e invernos temperados; chuvias escasas e
irregulares.DE MONTAÑA: en zonas de alta montaña (+1200 m). Ten temperaturas
moi baixas no inverno e frescas no verán. Chuvias abundantes todo o ano.
SUBTROPICAL: dáse nas Illas Canarias. Temperaturas altas todo o ano (pouca
diferenza entre estacións). Chuvias escasas.