A Sala de Ámbar

473 visualizaciones

Publicado el

Presentación sobre a Sala de Ámbar

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
473
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
190
Acciones
Compartido
0
Descargas
1
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

A Sala de Ámbar

  1. 1. En 1717, ο Rei de Prusia, Federico Guillermo I, sabedor de que o Tsar de Rusia, Pedro o Grande, era un profundo amante das artes, regaloulle un conxunto de magníficos paneis de puro ámbar, selando así unha alianza entre os dous países. O Tsar Pedro o Grande Pero... que é o ámbar?
  2. 2. O ámbar é unha resina fósil, producida por un certo tipo de piñeiro que existía en Escandinavia, na costa do Mar Báltico, hai 50 millóns de anos. A resina pegañenta escorría do tronco e ramas, lentamente, apreixando insectos, follas, plumas, ras, sementes, etc. Logo espesaba e, co paso do tempo endurecía e transformábase en ámbar O interesante deses “apreixamentos” é que conservan a súa forma tridimensional, constituíndo unha importante fonte de estudio de especies xa extinguidas
  3. 3. O ámbar sempre fascinou, desde os tempos máis remotos, non só pola crenza nos seus poderes medicinais e máxicos, senón tamén pola beleza dos seus diferentes matices dourados (aínda que existe noutras cores), lixeireza e facilidade de manipulación
  4. 4. Para o revestimento dunha das salas do grandioso Pazo de Verán (hoxe Pazo de Catarina), próximo a San Petersburgo, foron utilizados os fermosos paneis de ámbar, en 1755. O arquitecto Bartolomeo Rastrelli executou una verdadeira obra mestra. Enteiramente en ámbar de diferentes matices, con fermosos espellos de Venecia e magníficos ornamentos en ouro, a sala reflectía as luces de 565 veas dispostas en luxosos candelabros nas paredes, proporcionando unha visión fantástica. Considerada a Oitava Maravilla do Mundo, conservouse ata 1941, cando Hitler invadíu a URSS
  5. 5. Os pazos preto de San Petersburgo foron os primeiros en ser bombardeados. Desde o inicio da guerra, os rusos foron transportando os seus valiosos tesouros a lugares distantes e seguros. A sala de ámbar tamén tiña o seu plano de evacuación, mais non deu tempo a levalo a cabo. Os alemáns, que posuían listas coa localización exacta dos máis valiosos obxectos, non tiveron dificultades en ubicar a sala. Foi completamente desmontada, enviada a Alemaña e instalada no Pazo de Königsberg (hoxe Kaliningrado)
  6. 6. En 1944, Alemaña foi á súa vez bombardeada polos aliados. O Pazo de Königsberg non escapou a este destino, e sufríu un incendio. E a Sala de Ámbar? Velaí o misterio. Nunca foi atopada Logo da guerra, os organismos rusos encargados de desvear ese misterio procederon a minuciosas búsquedas para atopar o seu paradoiro. En van. Pode que a sala fora desmontada antes dos bombardeos, ou que se queimara, ou que os paneis fosen levados en grandes caixas a buques, logo afundidos; mesmo pode ser que esas caixas fosen agochadas en minas baixo terra, ou que os propios rusos fosen responsables da súa destrucción ó invadiren Alemaña
  7. 7. En 1979, diante do fracaso da busca, o goberno soviético determinou a reconstrucción da Sala de Ámbar. Baseándose tan só nas fotos existentes, utilizando técnicas avanzadas, os mellores mestres, 6 toneladas de ámbar puro, preto de 8 millóns de dólares e extenuantes esforzos, finalmente, no ano 2003, a nova Sala de Ámbar foi inaugurada Daguerrotipo de 1859 Autocromo de 1917
  8. 8. Esta é a nova Sala de Ámbar en todo o seu antigo esplendor
  9. 9. O s máis variados tonos de ámbar e os magníficos espellos dan á sala una enorme suntuosidade
  10. 10. Todos os detalles da ant iga sala foron recreados, mesmo os cadros con mosaicos florentinos
  11. 11. Deste xeito, debido á mestría dos seus creadores do pasado e os seus recreadores do presente, a Sala de Ámbar, única no mundo, volveu ocupar o seu antigo lugar de xoia máis preciada do Pazo de Catarina

×